Upload
filmotecaforum
View
36
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
A primeira proxección cinematográfica en Portugal tivo lugar en o 18 de xuño de 1896 no Real Colyseu, que estivo aberto na Rúa da Palma entre 1887 e 1925.
“Todos aqueles personagens que num pequeno quadro se movem aos nossos olhos, têm vida, têm alma; aqueles movimentos são perfeitos, aquela vista da Ponte Nova de Paris é de um efeito surpreendente, e aquelas danças guerreiras, aqueles bailes parisienses, aquele baile egipcio, aqueles serralheiros forjando na oficina, tudo aquilo tem tal carácter de verdade e de vida, que o público que quase enchía ontem a sala, surpreendido e encantado, e num recolhimento silencioso enquanto à sua vista desfilavam aqueles interessantes quadros, rompeu en bravos e palmas, aclamando com todo o entusiasmo Mr. Rousby, que tão superiormente exibe a maravilhosa invenção de Edison.”
Correio da Manhã, 19 de xuño de 1896
Os iniciosOs primeiros “motivos portugueses” do cinema datan dese mesmo 1896. Henry Short, por encargo de Robert William Paul, filmou o 10 de setembro Uma corrida de toiros na Praça do Campo Pequeno (estreada o 9 de decembro) e tres días despois A boca de inferno em Cascais, que se presentou antes, o 29 de setembro de 1896 no Real Colyseu de Lisboa. Esas serían, pois, as primeiras imaxes filmadas en Portugal que foron vistas no país das que hai proba confirmada.
Aurélio da Paz dos Reis (18621931), do Porto, era un próspero negociante no campo da horticultura e floricultura con ampla actividade social, cultural e política (chegou a ser vereador e presidente substituto da Câmara Municipal). Era un republicano convencido participou na revolta do 31 de xaneiro de 1899 contra a monarquía e colaborou con moitas entidades de beneficencia.
Tamén era alguén apaixonado pola fotografía, así que non era de estrañar que se interesase polo novo invento do “animatógrafo”. Logo de descubrir as imaxes animadas nas primeiras sesións do Porto, en xullo de 1896, trasladouse a París para facerse non sen dificultade cun aparello.
A primeira sesión pública do “Kinetographo portuguez” de Aurélio da Paz dos Reis celebrouse o 12 de novembro de 1896 no Teatro Príncipe Real. Foron exhibidos “12 grandiosos quadros sendo 7 portugueses e 5 estrangeiros” entre o segundo e o terceiro acto da zarzuela As campanadas.
Aquela sesión fundacional do cinema portugués presentou Jogo de Pau, Saída do pessoal da Fábrica Confiança, Chegada de um comboio americano a Cadouços, O Zé Pereira das romarias do Minho, Feira de S. Bento, A Rua de Ouro (Lisboa) e Marinha. Os filmes foron feitos polo propio Aurélio e o seu cuñado Francisco Fernandes Magalhães Bastos Júnior.
O éxito da experiencia animounos a ir ao Brasil para exhibir unha colección de filmes. A primeira sesión foi o 15 de xaneiro de 1897 mais os resultados non foron os esperados: tiveron diversos problemas técnicos e, ademais, o cinema xa chegara ao Brasil medio ano antes, en xullo de 1896, co cal o espectador non estaba sorprendido pola novidade. O tour brasileiro foi un revés financeiro e iso alentou a rápida perda de interese de Aurélio polo cinema.
Dos 22 filmes portugueses de que constaba o catálogo Paz dos Reis, só 4 se conservan. Ao parecer, deixaba que os fillos xogasen a recortar as fitas fílmicas, non así os negativos fotográficos (o seu espólio fotográfico consérvase moi ben).
Pouco a pouco van aparecendo máis nomes pioneiros na exhibición e creación de imaxes cinematográficas como Manuel Maria da Costa Veiga, Júlio Martins Costa fundador en 1904 do Salão Ideal de Lisboa, o primeiro específico para proxeccións de cinema, espazo hoxe recuperado polo Cinema Ideal, xunto ao Largo do Camões ou João Freire Correia e Lino Ferreira, realizadores d'O rapto de uma actriz, considerada a primeira ficción portuguesa (non se conserva). Freire Correia, asociado con Manuel Cardoso Pereira, fundou a compañía Portugália Film e con ela produciu Os crimes de Diogo Alves (1911), dirixido por João Tavares. As proxeccións eran “faladas” ao vivo por actores situados detrás do ecrã.
O filme trata das atroces andanzas do home do título, galego nacido en 1810 en Santa Xertrude de Samos. Foi mandado polos seus pais moi novo a Lisboa para traballar. Dos 26 anos en adiante cometeu infinidade de asasinatos ás veces coa complicidade e/ou a instigación da súa compañeira Gertrudes Maria "a Parreirinha", antes de ser detido e condenado á forca (foi executado o 19 de febreiro de 1841).
Os científicos da Escola MédicoCirúrgica conservaron a súa cabeza en formol coa intención de investigar a causa da súa maldade, nunha altura en que a frenoloxía aínda era tomada en serio.
Portugal, anos 10O cinema portugués durante varios anos “resumirseia a actualidades políticas e desportivas, sobre exercícios militares, romarias e festas religiosas e faitdivers de natureza históricocultural” (Maria do Carmo Piçarra en Cinema portugués, um guia essencial). A excepción vén dada por algúns primeiros exemplos de comedia co personaxe “Cardo”, un imitador de Charlot.
A aposta pola ficción renace a final da década no Porto coa Invicta Film baixo o lema “Romance Português – Filme Português – Cenas Portuguesas – Artistas Portugueses”. Xorden títulos como A rosa do adro (Georges Pallu, 1918), O comissário de polícia, O mais forte...
Portugal, anos 20“A história do cinema mudo em Portugal ficou marcada por constantes apelos à produção de filmes especificamente portugueses” (Tiago Baptista en Cinema portugués, um guia essencial). Valórase a presenza da paisaxe, monumentos, costumes e tradicións do país veciño, así como os argumentos tirados das novelas do XIX e o protagonismo de actores procedentes do teatro. Paradoxalmente, moitos deses filmes tipicamente portugueses foron feitos por cineastas estranxeiros: os franceses Georges Pallu (Amor de perdição, 1921; O primo Basílio, 1923), Maurice Mariaud (Os faroleiros, 1923; As pupilas do Senhor Reitor, 1923; O fado, 1924) e Roger Lion (Os olhos da alma, 1923) e o italiano Rino Lupo (Mulheres da Beira, 1923; Os Lobos, 1923; Fátima Milagrosa, 1928).
Figura curiosa é a do reporteiro sensacionalista Reinaldo Ferreira, coñecido polo alcume Repórter X, que levou ao cinema o seu relato folletinesco O Táxi nº 9297 e logo probou sorte coa farsa bufa en Rita ou Rito?
José Leitão de BarrosN: 22 de outubro de 1896, Lisboa (Portugal)M: 29 de xuño de 1967, Lisboa (Portugal)
Os seus primeiros filmes datan de 1918, mais despois de case dez anos de silencio “renace” coma cineasta ao final dos 20 achegando un dos fitos maiores do cinema silente portugués, Maria do Mar. É autor do primeiro filme sonoro do país, A Severa (1931) e de “superproducións” históricas como Inês de Castro (1944) e Camões (1946).
Mal de Espanha (1918)
O Homem dos Olhos Tortos (1918) (inacabado)
Malmequer (1918)
Sidónio Pais Proclamação do Presidente da República (1918)
Nazaré, Praia de Pescadores (1929)
Lisboa, crónica anedótica (1930)
Maria do Mar (1930)
Manoel de OliveiraN: 12 de decembro de 1908, Porto (Portugal)M: 2 de abril de 2015, Porto (Portugal)
Naceu no seo dunha familia da alta burguesía do Porto. Estudou na súa cidade natal e logo no colexio dos xesuítas da Guarda, en Galicia. Interesouse dende novo polo cinema e baixo o impacto de Berlin, sinfonía dunha gran cidade de Walter Ruttman, filma Douro, faina fluvial en 1931.
En 1933 actúa como galán na comedia A canção de Lisboa. Dirixe algunhas curtas documentais mais non será até 1942 que consegue facer unha longa de ficción, AnikiBobó.
A súa carreira avanza entre longos silencios durante décadas. O 80% das súas longas fíxoas con máis de 75 anos. Permaneceu en activo até a súa morte, aos 106 anos.
Jorge Brum do CantoN: 10 de febreiro de 1910, Lisboa (Portugal)M: 7 de febreiro de 1994, Lisboa (Portugal)
Tiña 17 anos cando empezou a exercer a crítica cinematográfica no xornal O Século; antes xa aparecer como actor nun filme de Rino Lupo, O desconhecido (1925).
Baixo a influencia das vangardas francesas dirixe en 1930 A dança dos paroxismos, que dedica a Marcel L'Herbier. Fixo algúns documentais para logo asentarse no cinema de ficción popular con filmes como A canção da Terra (1938), João Ratão (1940) ou Chaimite (1952).