View
6
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
Os dereitos de autora do presente número de Unión Libre están protexidos por unha licenza Creative Commons (CC-BY-NC-ND)
Recoñecemento - Non Comercial - Non Derivadas
2
LOBO AMOR
Carmen Blanco
Ilustracións Sara Lamas
3
Ao lobo sempre
Ás libertarias e aos libertarios do mundo saúde
4
Limiar
En Lobo amor reúno e refago os poemas do Lobo azul da miña heterónima Emma Luaces que leva no seu nome unha homenaxe dupla, á feminista libertaria xudía Emma Goldman e á miña liñaxe materna das Luaces, miña nai e miña avoa, mulleres progresistas cunha vida profundamente afanada no amor.
Emma Luaces e máis eu somos íntimas amigas e estamos unidas por moi fondas afinidades. E, desde esta amizade afín, presento o seu libro de lobos, inspirado polo seu compañeiro e escrito con toda a calma necesaria da vida desde os anos da súa xuventude máis entusiasmada ata os momentos da madureza da metade da existencia nos que segue vivindo nela todo o brillo da ilusión sen límites.
Este Lobo amor quere recoller e revelar a liberdade dos
poemas de Lobo azul da Luaces, un conxunto de composicións inspiradas polo amor ao seu compañeiro, á súa filla, ás mulleres, a Lugo, ao mar e aos animais, agrupadas nas súas catro partes: “Lobos”, “Lobas”, “Lugo lobo” e “Lobos de mar”.
Eu sei que este libro non é unha obra acabada, pois penso
que, mentres viva, o lobo lúdico do pracer que canta volverá a ditar novos poemas. Mais, se estes viviron tantos anos gardados na súa intimidade amorosa de Emma Luaces, e agora non lle importa darmos a min para que os faga meus e dálos a coñecer ao público, eu vexo moi ben que se publiquen. E máis tan ben acompañados polos lobos negros, azuis e vermellos de Sara Lamas.
Carmen Blanco Lugo, decembro, 2011.
5
Lobos
6
7
Animal amor Lobo animal amor
8
Animal auténtico Lobo animal auténtico
9
Animal preciso
Lobo animal preciso
10
Animal precioso Lobo animal precioso
11
Animal magnífico Lobo animal magnífico
12
Lobo bo Lobo bo ámote
13
Lobo libre Lobo libre ámote
14
Lobo liberdade Lobo liberdade quérote non te temo
15
Lobo liber Lobo liber liberación
16
Lobo lugar
Lobo lugar libre
Lobo amor Lobo amor vivo por ti
Lobo louco Vexo o lobo lobo louca lobo louco
Lobo ámame
Lobo ámame azul lobo ámote luz
17
Lobo lévame Lobo lévame na escuridade azul do teu lume lobo Lobo de auga lámbeme lagoa de veludo Lávame leito de leite lampo azul Enlámame de luz lingua de lume lobo de lúa Lévame leguas lombo de herba aló Que o lume do aloumiño fundirá lóbulo labio lobo azul
18
Lobo de lume Leva lonxe a noite longo lobo de lume Acende lóstregos de lava luva de liño Aluma lobo de amor aloumiñeiro louco lobo de amar lobo mariño
19
Cova do lobo Onde habita o lobo no cume da cova fondo da furna onde pel e tempo eco e oco afondan tobo desfaise auga de vulva Onte o leito morte campo de furnas vólvese ventre espazo aberto buraco cunca Carne e óso corpo e coiro concéntranse grupa en groba como coce a broa no forno o cazo no fogar aló na cova do lobo
20
Lobo azul Lobo de escuro azul lucente semellas sempre sombra noite azulada Luces en azul negro esmaltado de alabastro lampos de libélula Brillas acibeche carbón tornasolado azul turquesa e azur augamariña Tes o ton negro do cabelo en irisado azul mariño de alga azul Pareces ceo cosmos galaxia universo inmenso alongado azul luminoso de lúas Na noite cor escura sen azul azulado aceso perenne permanece lobo azul
21
Lobo líquido Onde val e veiga calla mol en leito duro discorre un río de lobo líquido Pel e pedra carne seixo desfanse po de laxe talco ou pómez Todo empapa envolve en néboa en lama logo licúa vólvese auga orballo mollo loba de líquido lobo
22
Lobo levas Lobo levas o bo da vida
23
Lobo lévasme Lobo lévasme e déixome
24
Lobo sígote Lobo sígote porque sabes
25
Lúa azul Lúas e lobos alimentan o meu amor nas intensas noites deste mes inmenso de dúas lúas cheas O lobo e a lúa iluminan alegría louca de vivir azul coa sombra azul do lobo e coa luz azul da lúa Lúas cheas vida plena loba azul
26
Música de lobo Musitas gozo de música voo nunha voz inusitada vou no máis intenso na túa música de lobo raro rumor fragor asombroso son descoñecido estraño silencio estrondo misteriosa mudez murmurio muxicas música de musgo máxica música de lobo
27
Ollos libres Miro o mundo con amor no azul dos teus amorosos ollos libres Mírote a ti e miro a vida con amor na liberdade azul dos meus amorosos ollos libres E licúo lágrimas de amor pola liberación total que se desatará un día
28
Lingua libre Loba lingua libre líquida louca lúdica revolta arrola río ri canta conta corre voa lóstrego lontra laverca toca todo auga aire violín veludo musgo musita pel pedra terra toma tona toca historia abre abre libera cosmos mar mira todo escoita todo
29
sente todo ama todo contempla todo pensa todo se todo fai todo abre todo liberta vive todo libre loba lingua libre
30
Linguas lobas Linguas lobas lobo babel bosque de linguas pracer verbal esperanto esperanza lingua lobeira
31
Libro de lume Lobo lume vivo ardes libro vivo libro de letras de lume
32
Letra de leite Lobo letra de leite libre Libro de leite libre
33
Chora de chuvia Lobo chora de chuvia choves liberdade choves chorimas chuvieiras arroias diluvias lobas chuviscas marmañas caes a cántaros a mares choves chuzos chorreas enchoupas orballas gasas de auga neboas envolves en brumas mollas manas chorume lobo de chuvia
34
Lugh Só o sol sabe que Lugh leva de lobos o sangue Só o sol venta a loba guerra gris namorada da lúa que alampa nas túas tempas Sabio Lugh de lobos lazo sabes que só estás só es sabes na loba mar salgada Somos sos soles sen galaxias Lugh fillo de lobos
35
Tótem Tótem Fenris de ferro devora o sol tumba tamén a noite e derruba os deuses Vírate solpor lume xeo auga de lava Volve ocaso en lago de laz destrúe e aniquila Inverte todo mito e logos Lobo tótem de ferro fero Fenris Fulmina Que nada fique só fume fer amor tolo
36
Tabú Lobo tu aniquila todo tabú Loba eu non teño ningún tabú
37
Morte loba
Por mor da morte amor a nada Cando morra nada quero só cova e colo no que caer calco a calco furando o tempo pozo fondo Nada se morro só aperta eterna amor sen fin morte contigo morte loba
38
Lobeiras A Loba Lobato Lobos Lobón Loboso Lobada Estar en Lobeira estado mental corpo lobo
39
Lobada da xente Lobishomes lobicáns cadelas cruzadas mulleres lobas dos misterios dos montes dos bosques e das metrópoles lobada libertaria fuxida dos fascismos amiga exiliada amada mestiza animal imaxinaria
40
Xente alobada Xente alobada con olor a lobo andando a noite para sobrevivir nos silencios das serras
41
Digo lobo Digo lobo e vés e ves
42
Celebración do tabú Lobo lobo ven sabio abrázame bicho home animal compañeiro amigo outro xitano viaxante ouveón la longa lobo vou abrázote sabia
43
Lume vivo Lobo lume vivo fervenza de fume elevado perfume firmamento da tola do monte sempre acesa
44
Lume negro Xitano lobo negro lúa negra lume negro de carqueixa negra beleza da nena do meu carqueixo gusto gundivós
45
Lume novo Lobo lume de novo no lugar lume na aldea lume de vida na vila no vilar cacharela na cidade lume novo na metrópole fogueira de futuro
46
Lume branco Fogo fraterno foco branco lume albar pacifica
47
Lobo de leite Lobo de leite deleite vivo bico boca labios de leite
Lobo de auga
Vou beber ao río lobo de auga
Lávame lobo Lavo no río lávame lobo
Fonte loba .
Lobo fonte fonte loba boa auga
48
Lobo mollado Lobo mollado corpo bo boa terra
49
Vin o lobo Vin o lobo e vai comigo
50
Levo lobos Levo lobos en min lobos na boca lobos nos ollos lobos nos adentros nos fóras lobos
51
A boca do lobo Na boca na túa boca na boca do lobo devórote devórame lobo
52
Boca negra Lobo boca negra bucaneiro bo
53
Boca de neve Lobo boca de neve envólveme no alento
54
Lingua de lobo Lingua de lobo lámbeme a neve
55
Lobo lambón Lingua alba lambe a neve da muralla de merengue Toda a tona dos montes nata montada
56
Fociñudo Lobo fociño fermoso fociñudo
57
O bico do lobo O bico do lobo a lúa
58
Os ollos do lobo Os ollos do lobo os soños do lobo
Ollos penetrantes
Ollos penetrantes penétrame a min
Ollos de ouro Ollos azuis ollos de ouro ollos de lobo
59
As orellas do lobo Vexo as orellas do lobo todo o corpo de animal delicado
60
O peito do lobo O peito do lobo a paz
61
O lombo do lobo O lombo do lobo o lonxe
62
O pelo do lobo Do pelo do lobo todos os tons
63
Lobo de inverno Lobo de inverno abrígame
64
Lobo nevado Lobo nevado névame
65
Lobo alude Lobo alude de lúa
66
A pata do lobo Lobo pata negra pata branca ensíname as túas pernas libres sen portas nin cancelas
67
Os pés do lobo Os pés do lobo o baile
68
As mans do lobo As mans do lobo as suaves
69
A sombra do lobo
A sombra do lobo a cabeza
70
A barriga do lobo A barriga do lobo o sol
71
A gorxa do lobo A gorxa do lobo a noite
72
A presenza do lobo A presenza do lobo a silenciosa compaña
73
O baleiro do lobo O baleiro do lobo as sabias
74
Os dedos do lobo Os dedos do lobo lobiños
75
As pegadas do lobo Pegadas do lobo imprescindibles como os ouriños e as feces
76
O andar do lobo O andar do lobo a soidade
77
Os olores do lobo Os olores do lobo o sentido
78
O olfacto do lobo O olfacto do lobo o futuro
79
O olor do lobo O olor do lobo a resistencia
80
Ulir lonxe Ulir lonxe para ser no esplendor do olor Ulir lonxe o olor do latexo Ulir nos longos da existencia
81
O refuxio do lobo O refuxio do lobo a emerxencia
82
O pensamento do lobo O pensamento do lobo a existencia
83
O ouveo do lobo O ouveo do lobo a música da vida
84
As posturas do lobo As posturas do lobo a política
85
O corpo do lobo Lobo meu corpo sabio intelixente esquivo limpo lixeiro forte e veloz
86
O corazón do lobo O corazón do lobo o amor
87
O cerebro do lobo O cerebro do lobo a liberdade
88
O pracer do lobo O pracer do lobo o compracer libre
89
Os foxos do lobo Os foxos do lobo a dor
90
A caza do lobo A caza do lobo a vida
A cacería do lobo
A cacería do lobo a morte
As trampas do lobo As trampas do lobo o acoso As partidas de lobos As partidas de lobos a persecución
91
Os cartos do lobo
Os cartos do lobo a delación
92
A árbore do lobo A árbore do lobo a forca
93
Os límites do lobo Os límites do lobo a extinción
94
A cola do lobo A cola do lobo o cometa
95
O rastro do lobo O rastro do lobo a memoria
96
O fósil do lobo O fósil do lobo a proba
97
O furor do lobo Ninfomanía folía do furor fálico
98
Os líquidos do lobo Os líquidos do lobo o licor
99
A cópula do lobo O seme cae e cae no colo do útero na cópula permanente na que estamos aínda cando estamos de costas a nós
100
O colo do lobo Colo cópula cúpula lóbula
101
Os xogos do lobo Lobo lúdico alimento quero os teus xogos como o que como como o que amo
102
As cancións do lobo Lobín lobates loba lobiña lobo lobo
103
Os piollos do lobo Os piollos do lobo o parche no ollo
104
Manadas
Manadas de lobas e de lobos andamos territorios móbiles procuramos espazos precisos para vivir
105
Man loba Lobo as túas mans amadas en min
106
Lobo lámbeme Lobo lámbeme son a lebre
107
Lobo longo Lobo longo alóngate alóngame
108
Lobo grande Grande amor
109
Pequeno lobo Amado lobiño
110
Lobo preñado Preñeite non de pedras de amor lobo
111
Mancha negra Lobo mancha negra
112
Todos os lobos Lobo gris lobo vermello lobo branco lobo azul todos os lobos
113
Os contos do lobo Os contos do lobo os medos
114
A verdade do lobo A verdade do lobo Alicia
115
Noite inmensa Negro negrísimo lobo agora aquí en ti a noite é inmensa
116
Alba Branca de neve e lobo branco nus na neve
117
Belo dormente Contemplo a beleza durmida Lobo belo dormente
118
Bosque Lobo bosque beleza clara
119
Lobo con botas Lobo con botas de leguas imos máis alá das fronteiras contigo
120
Lobo con sandalias Lobo con sandalias de gandhi pés de paz
121
Lobo descalzo Lobo descalzo poesía
122
Lobo con lentes Lobo con lentes de avó o presente
123
Apolo Apolo lobo de Leto
124
Orfeo Lobo Orfeo animal de mulleres
125
Resplandor ante o abismo Loba negra anarquía Contemplamos o teu resplandor ante o abismo
126
Beleza azul Lobo azul estraña beleza móbil mariña libre estraña estranxeira
127
Elemental Elemental querido lobo alén mental
Liberdade
Nela alén
128
Como lobos Loitamos como lobos pola liberdade Fame loba de xustiza negra fame
129
Terra de lobos Terra de lobos boa terra
130
Lugar libre Só ti lobo lugar libre nin nación nin patria nin bandeira
131
Lobo alba Lobo alba loba
132
Lobo branco Amor lobo branco tigre branco todo branco
133
Lobas
134
135
Loba Fermosa como unha loba
136
Vés filla Vés filla do aló das illas Fuches concibida enxoval de lume líquido no límite fisterra Máis alá do linde en amor lobo soños de serea tecéronte mariña filla lenzo bordado encaixe de cristal alba lobeira limpo liño
137
Lobeca En portocubelo pode coller todo xusto como ti colles no meu colo
138
Aleito a loba Aleito a loba Leite loba para miña loba Amor líquido libre para a súa liberdade para a miña liberdade loba Colo cálido para que nunca chore Unión amorosa para que nunca morra Imos na mar branca do amor de mulleres as dúas libres no leite libre O seu corpo no meu corazón e caricias a súa man na miña man e bicos da boca e bico do peito para o seu bico e o lobo tenro Mamai mai para a mamonciña que mama Teta total o mundo todo para ti mamila miña de leite libre para a miña loba Aleito a loba libre co lobo ao lado
139
Ven loba Ven loba lobeca aloia laverca lobada miña Chega loira licor lambetada lumieira de quentura lume quente Fai que foxes en lóstrego ledo bulideira cousa lontra amantiña Volve de veludo osa algodón e liño Aniña novelo de la gata tenra Fúndete flanela felpa peles e pel calor perdida Fica fondo na pel toda tenrura
140
Illa de liberdade Filla naciches e medraches en illa loba estraña ínsula fermosísima illa de liberdade Coñeciches o pracer profundo a plenitude da vida o albedrío total Que esta experiencia do extraordinario che dea sempre forza liberdade de loita e alegría no doloroso encontro co mundo
141
Loba libre Alá quedou a lobada e a calor da cova mais van contigo Durmiches tantas noites con lobos que nunca xamais estarás soa Mais xa es soa e nacida de ti mesma para a túa máis absoluta liberdade Segue cantando para ti o lobo do pracer que canta o lobo libre do gozo da vida libre xa loba libre para sempre
142
Lambemos Xa estades lambendo Lambe loba as lobas lambemos
143
Mulleres e lobos Mulleres e lobos compartimos a lúa sol e noite dos lobos e das mulleres Somos do sol e da noite Collemos o sol libamos a lúa
144
Bosques e lobos A loba é unha femia que está soa rodeada de bosques e lobos
145
A cova das lobas Cova corazón das lobas
146
Loba de leite Son loba de leite filla de leite dunha loba filla do leite dun lobo Libre como as silvas salvaxes tenra como a tona de tenrura
147
Leoa
Leoa recolle o roxo revólver a furia amazona da frecha O arco en curva como a lúa Loba vólvete bandoleira Vírate Vita fusta e fusil audacia cazadora Femia leopardo desafía a noite Sorprende actriz excéntrica Compite en todo alto tacón tacos e tabaco verba rival no fume do faladoiro Loita Logo será o soño Loba Leoa de Lesbos
148
Pantera
Bestialmente bela bébeda de alcanfor e perfumada posas perfecta cauda de veludo e luvas altas Paseas apracible paso elástico raíña das bestas poderosa Lanzas alustres desde os ollos recendos e imaxes exquisitas Fascinas vacante viras feita fera na aperta mortal petrificante Pasa pantera nocturna solitaria
149
Irmá loba Irmá loba de Labio de Delos do Lacio do Ilicio
150
Lúa loba Lúa de Lugo lúa de Al-Andalus no Libredón lúa moura loba lúa
151
Loba da xente Son estranxeira e estraña loba da xente
152
Lobas libres Lobas libres libertarias loitan liberadas Libran lobas lupas lurpias lumias loucas licántropas lavandeiras Libertan lugares locen ledicia lanzan luzadas liban líquidos límpidos Libres logran liberdade total
153
Lugo lobo
154
Lugo Lugo é un lobo
155
Loba Lugo é unha loba
156
Lugo lobo
Lugo lobo ámote
157
Lobo Lugo Lobo Lugo ámote
158
Lugo logo Lugo logo lobo
159
Lugo lago Lugo lago de lobos
160
Lugo lagoa Lugo lagoa de lúas
161
Lugo lancha Lugo lancha de lobas
162
Lugo ledicia Loba leda lobo ledo Lugo ledo
163
Lugo delicia Delicias Lugo Lobos me coman osas me coman
Lugo lagar
O lobo no lagar O lobo no lugar
Os lobos nas viñas
164
Lugo de lobos Lugo lugar de lobos
165
Lugos Lugos lugares de lobos
166
Lucus Lugo gozo Lucus a gusto
167
Lugho Lugho un lujo
168
Lucense Lucente lúcida loba
169
Lugués Lúdico lúcido lobo
170
Lugo azul Lugo azul blu blue cian azur luz azul brillo ignorado azul sidol alustre anil negro índigo azul líquido diluído branco e gris azulados sólido azul vermello verde e negro azulados ceo mariño cambiante claro cobalto multicolor augas gazas aires violáceos gozos de glicinas azulexos azuis ollos azuis pedras preciosas peixe pedra serea abisal casa do océano río ceo bosque irisado olor azul óleo azul cidade azul azuleas lapislázuli
171
zafiro azurita augamariña tons turquesa azul noite ultramar tuareg indio cigano sargadelos azul exipcio xacinto violeta malva morado maxenta púrpura peixes azuis tacto azul azulete azucre cuarzo branco nuclear láser titanio aceiro azul lobo lila cebra azul luz negra ultravioleta
172
Lobos en Lugo
Aínda hai lobos en Lugo que haxa sempre lobos en Lugo
173
Mandas de lobos Nas noites máis negras mandas de lobos andan a muralla ata o amencer Nas noites luminosas baixan desde o parque a beber no río Nos días de chuvia pasean pisando as pedras molladas Nos días de sol soben ao alto da muralla e enchen os xardíns En tempos tranquilos pasan as pontes cara aos bosques Á hora da revolta embizcan os arrabaldes e os volcáns das casas e os mares dos parias No momento da paz toman as rúas mansamente Ás veces concéntranse á sombra dos magnolios Sempre que entran ao Recanto do Miño no lugar das lobas oulean con amor E no centro do cume do castro derruído oulean libres á lúa
174
Solitarios e solidarios As lobas e os lobos solitarios e solidarios coñecen os lugares máis ocultos da cidade e saben dos segredos salvadores de Lugo
175
Lobas nas lousas Hai lobas nas lousas de Lugo lobas nas lousas dos tellados lobas nas lousas do chan andando os días e as noites
176
Lobos nas fontes Lobas nos regos Lobos nas fontes
177
Azul violáceo Lobo azul violáceo do parque
178
Miradoiros Miro nos miradoiros ollos que levan lobos amantes das costas dos ríos das pontes e da vía láctea
179
Augas férreas Augas férreas chemin de fer
180
Lugo Lugh Lávame na ilusión da luz loba Lugo Lugh
181
O lobo no corazón O lobo no castro O lobo na cidade O lobo no carme O lobo no cantón O lobo no corazón
182
O Portal dos Lobos Na cidade aberta aos bos ventos as peles e as peles dos animais mortos expostas por séculos no Portal dos Lobos abrigan nos invernos lobas vivas
183
Lugo León Lobos de Lugo Lobos de León
184
Lugo gato Gato mouro gatos roxos gato tigre Lugo gato
185
Lugo corvo Lugo corvo Lugo corgo
186
Lugo libro
Lugo libro lobo aberto
Lobo galego Lugo lobo galego
Lingua de Lugo
Lobo lingua de Lugo
187
Lugo libre Lugo limpo da memoria do mal
188
Lugo en loita Lugo en loita pola vida boa Lugo loita pola liberdade total
189
Lugo dos Ollos Libres Lugo lugar dos Ollos Libres Lugo lugar da liberdade
190
Lugo de Lupa Lugo lugar de Lupa Lugo lugar da liberdade
191
Lugo de Alende
Lugo lugar da Castaña Lugo lugar da liberdade
Lugo lugar de Cereixa Lugo lugar da liberdade
Lugo lugar de Alende Lugo lugar da liberdade
192
Lugo das Literatas
Lugo lugar das Literatas Lugo lugar da liberdade
193
Lugo das Botas Azuis
Lugo lugar das Botas Azuis Lugo lugar da liberdade
194
Lugo de Libertarios
Lugo lugar de Libertarios Lugo lugar da liberdade
195
Lugo de Luís
Lugo lugar de Luís Lugo lugar da liberdade
196
Lugo de Lorca
Lugo lugar de Lorca Lugo lugar da liberdade
197
Lugo de Urania Lugo lugar de Urania Lugo lugar da liberdade
198
Lugo de Luz Lugo lugar de Luz Lugo lugar da liberdade
199
Lugo da Voz Violeta Lugo lugar da Voz Violeta Lugo lugar da liberdade
200
Lugo lugar dos sen Lugar Lugo lugar dos sen Lugar Lugo lugar da liberdade
201
Lugo de Ela Lugo lugar de Ela Lugo lugar da liberdade
202
Lugo de El Lugo lugar de El Lugo lugar da liberdade
203
Lugo da Anarquía Lugo lugar da Anarquía Lugo lugar da liberdade
204
Lucus Angustia Lugo libre do Lucus Angustia
205
Libre elección Lugo lugar de libre elección
206
Lugar da liberdade Lugo lugar da liberdade
207
Lobos de mar
208
209
Lobo de mar Lobo de mar ámote mariña
210
Lobo lobo Lobo lobo lóbulo labio lingua Longo lonxe lombo lúnala lobo lobo Lúa lusca luceiro lumieira lobo lobo Libido libre louca lied loleo louco lelia loulo aluma lume lume lobo lobo
211
Ouveo Ouuuh ouveo do mar na noite Ouuuh ouveo do amor na noite
212
Abisal Lobo boca bico busca azul infinito abismo abisal
213
Desexo Que vaias co vento que veñas no aire que non quedes no mar
214
Amante Á alba partes para encontrarte coa túa amante mar dadora como a vida Ámaa e volve a min
215
Tempestade Eu son a amante que te leva e a mar que te ama e te devolve vivo a terra
216
Barca Unha muller é un navío e vas na barca dos brazos
217
Brazos Que os brazos nunca estean baleiros Que permaneza a pesca no pequeno porto
218
Loba mar Á alba vas ao mar da loba salgada Sen a loba estarías perdido coma min sen ti
219
Lobos soños
O lobo dos soños aluma a loba mar de ovellas
O amor únenos ovella e lobo
220
Lobos mariños Vives do mar fas o que sabes facer Lobos mariños son os teus desexos Lobas mariñas son os meus desexos
221
Petrificada Miro o mar pasmada porque non volves
222
Abrazo No abrazo do porto sentiamos só a vida
223
Loba enorme Na forte aperta da noite a morte envolvía a mar Ela era unha loba enorme ti eras un lobo enorme eu era unha loba enorme E a mar non era a morte
224
Lobos negros Nas noites máis negras a loba volvía e nós eramos lobos negros vivindo na cor negra da anarquía
225
Beleza terrible Tiven un soño que me separaba para sempre de ti O mar inundaba Rinlo as ondas azuis chegaban aos tellados máis altos das casas as augas gazas anegaban as veigas e a branca xerfa interceptaba os camiños A beleza era terrible Ti estabas en todas partes pero eu non podía acceder a ti
226
Vida Bebo o teu licor e ámote como se fose esta a última noite da terra
227
Mar de inverno Meu mar de inverno miña vida
228
Nana da noite Nanaina nai nai nai meu neno anáinote na noite amor amante Nanaina nai nai nai meu neno anáinote no mar amor amante Nanaina nai nai nai meu neno anáinote na marea da noite amor amante Nanaina nai nai nai meu neno
229
Amamanto o meu amante Amamanto o meu amante na noite e el aléitame no mar líquido libre lobo
230
Mar sen fondo No centro da noite do mar sen fondo onde está o noso lobo
231
Illa de auga Miña luminosa illa de auga libre
232
Neve no mar Cae a neve no mar e derrétome
233
Nevas en min Nevas en min e fúndome en ti
234
Lobos de mar A M. nena Miska nas Pribilof Cuquiña en Ribadeo focas fluíndo frías Amados lobos mariños libres lobos de mar vivos sempre en nós
235
Índice
Limiar............................................. ...................................................4 Lobos.............................................. ..................................................5 Animal amor Animal auténtico Animal preciso Animal precioso Animal magnífico Lobo bo Lobo libre Lobo liberdade Lobo liber Lobo lugar Lobo amor Lobo louco Lobo ámame Lobo lévame Lobo de lume Cova do lobo Lobo azul Lobo líquido Lobo levas Lobo lévasme Lobo sígote Lúa azul Música de lobo Ollos libres Lingua libre Linguas lobas Libro de lume Letra de leite Chora de chuvia Lugh Tótem Tabú Morte loba Lobeiras Lobada da xente Xente alobada Digo lobo
236
Celebración do tabú Lume vivo Lume negro Lume novo Lume branco Lobo de leite Lobo de auga Lávame lobo Fonte loba Lobo mollado Vin o lobo Levo lobos A boca do lobo Boca negra Boca de neve Lingua de lobo Lobo lambón Fociñudo O bico do lobo Os ollos do lobo Ollos penetrantes Ollos de ouro As orellas do lobo O peito do lobo O lombo do lobo O pelo do lobo Lobo de inverno Lobo nevado Lobo alude A pata do lobo Os pés do lobo As mans do lobo A sombra do lobo A barriga do lobo A gorxa do lobo A presenza do lobo O baleiro do lobo Os dedos do lobo As pegadas do lobo O andar do lobo Os olores do lobo O olfacto do lobo
237
O olor do lobo Ulir lonxe O refuxio do lobo O pensamento do lobo O ouveo do lobo As posturas do lobo O corpo do lobo O corazón do lobo O cerebro do lobo O pracer do lobo Os foxos do lobo A caza do lobo A cacería do lobo As trampas do lobo As partidas de lobos Os cartos do lobo A árbore do lobo Os límites do lobo A cola do lobo O rastro do lobo O fósil do lobo O furor do lobo Os líquidos do lobo A cópula do lobo O colo do lobo Os xogos do lobo As cancións do lobo Os piollos do lobo Manadas Man loba Lobo lámbeme Lobo longo Lobo grande Pequeno lobo Lobo preñado Mancha negra Todos os lobos Os contos do lobo A verdade do lobo Noite inmensa Alba Belo dormente Bosque
238
Lobo con botas Lobo con sandalias Lobo descalzo Lobo con lentes Apolo Orfeo Resplandor ante o abismo Beleza azul Liberdade Elemental Como lobos Terra de lobos Lugar libre Lobo alba Lobo branco Lobas.............................................. ..............................................133 Loba Vés filla Lobeca Aleito a loba Ven loba Illa de liberdade Loba libre Lambemos Mulleres e lobos Bosques e lobos A cova das lobas Loba de leite Leoa Pantera Irmá loba Lúa loba Loba da xente Lobas libres Lugo lobo.......................................... ...........................................153 Lugo Loba Lugo lobo Lobo Lugo Lugo logo Lugo lago
239
Lugo lagoa Lugo lancha Lugo ledicia Lugo delicia Lugo lagar Lugo de lobos Lugos Lucus Lugho Lucense Lugués Lugo azul Lobos en Lugo Mandas de lobos Solitarios e solidarios Lobas nas lousas Lobos nas fontes Azul violáceo Miradoiros Augas férreas Lugo Lugh O lobo no corazón O Portal dos lobos Lugo León Lugo gato Lugo corvo Lugo libro Lobo galego Lingua de Lugo Lugo libre Lugo en loita Lugo dos Ollos Libres Lugo de Lupa Lugo de Alende Lugo das Literatas Lugo das Botas Azuis Lugo de Libertarios Lugo de Luís Lugo de Lorca Lugo de Urania Lugo de Luz Lugo da Voz Violeta Lugo dos sen Lugar
240
Lugo de Ela Lugo de El Lugo da Anarquía Lucus Angustia Libre elección Lugar da liberdade Lobos de mar....................................... ........................................207 Lobo de mar Lobo lobo Ouveo Abisal Desexo Amante Tempestade Barca Brazos Loba mar Lobos soños Lobos mariños Petrificada Abrazo Loba enorme Lobos negros Beleza terrible Vida Mar de inverno Nana da noite Amamanto o meu amante Mar sen fondo Illa de auga Neve no mar Nevas en min Lobos de mar
241
Este libro preparouse para publicar en
Unión libre. Cadernos de vida e culturas cando se cumprían 111 anos
da imposible participación de Emma Goldman na
Conferencia Internacional Anarquista de París de 1900.
Recommended