Exame 1º eso 1ª ava (2)

Preview:

Citation preview

CIENCIAS DA NATUREZA – 1º ESO – CURSO ACADÉMICO 2014-2015------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

PROBA ESCRITA 1ª AVALIACIÓN (2)------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------APELIDOS/NOME:----------------------------------------------------------------------DATA:--------------

VALORACIÓN DOS SEGUINTES ASPECTOS FORMAIS1. Presentación.2. Ortografía e puntuación.3. Lexibilidade.4. Corrección gramatical.5. Orde e coherencia das exposicións.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------1) Escribe no esquema da estrutura da atmosfera o nome de cada unha das capas que a forman,

a altura á que se atopan e os acontecementos máis representativos. Valoración. 1,6 puntos

2) Realiza un gráfico no que consten os gases que compoñen a atmosfera, indicando tamén asporcentaxes dos mesmos. Valoración: 1 punto

3) Calcula a que distancia (en quilómetros) se atopa unha tormenta se transcorreron 6 segundosentre a visión do lóstrego e a escoita do trono. Valoración: 1 punto

4) As seguintes fotografías corresponden a diferentes instrumentos meteorolóxicos. Indica onome e a función de cada un deles.

Valoración: 0,9 puntos

5) Completa o mapa do tempo significativo coas seguintes indicacións, utilizando os símbolos correspondentes. Valoración: 0,6 puntos

Día solleiro nas Illas Canarias. Chuvia en Galicia. Neve nos Pireneos. Tormenta en Cataluña. Día cuberto en Madrid. Vento moderado do nordés na Costa da Morte.

6) Observa os seguintes esquemas. Indica coas letras A e B, cal corresponde á formación dunhaborrasca e cal á formación dun anticiclón. Explica que acontece en cada situación.

Valoración: 2 puntos

7) Observa o seguinte mapa meteorolóxico e responde: Valoración: 1,5 puntos

a. Que é unha isóbara?

b. Indica no mapa se Galicia está baixo influencia anticiclónica ou de borrasca.

d. Realiza un breve informe meteorolóxico da previsión do tempo en Europa.

8) CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA Valoración: 1,4 puntosa. Por que aumenta o efecto invernadoiro natural? Cales son as consecuencias?

b. Por que se produce o burato na capa de ozono? Cales son as consecuencias?

c. Indica dúas medidas institucionais e dúas medidas individuais que se poden adoptar para reducir a contaminación atmosférica.

Recommended