Experiencia PIALE 2015

Preview:

Citation preview

Experiencia PIALE 2015Carmen Meiriño González

O SISTEMA EDUCATIVO CANADIENSEOs sistemas educativos en Canadá non son homoxéneos nas 10 provincias.

Existe unha regulación marco a nivel federal, pero hai unha gran flexibilidade con importantes diferenzas a nivel provincial.

Na táboa vemos un resumo das características máis uniformes e homoxéneas.

A integración en Canadá

Este curso 2015 a modalidade de integración do profesorado en Canadá tivo lugar na cidade de Montreal, na provincia de Quebec.

Como é sabido en Canadá hai dúas linguas oficiais, inglés e francés.

Os distritos escolares están repartidos segundo liñas lingüísticas.

Nós estivemos integrados no Lester B. Pearson School Board, un dos máis extensos de Montreal.

O sistema educativo en Quebec

Depende do Ministerio de Educación e comprende 4 niveis.

Difire do resto de Canadá en que a secundaria comeza no grade 7 e abarca ata o grade 11, trala cal hai dous cursos de collegial education antes da universidade.

A reforma do sistema educativo en QuebecNa década dos 1990 Quebec realizou unha importante reforma educativa para adecuala ao carácter multiétnico da súa realidade social.

Os centros educativos veñen definidos pola súa base lingüística e non pola súa base relixiosa (peculiaridade única en Canadá).

A reforma prima a importancia da escola na preparación do alumnado para a súa integración no mundo laboral.

Para iso, o enfoque parte do traballo en equipo para resolver problemas máis que aprender contidos académicos.

A educación privada en QuebecQuebec ten a máis alta proporción de estudantes nas escolas privadas (relixiosas ou non) de toda norteamérica (17% na secundaria).

O goberno dálles unha axuda por cada estudante que asiste, alcanza os obxectivos e segue as prescripcións do goberno.

Para entrar nunha escola privada o alumnado debe pasar un exame de ingreso e acreditar bos antecedentes escolares.

Educación bilingüe en Quebec

Quebec financia con fondos públicos tanto escolas en inglés como escolas en francés.

Desde 2006 o inglés é segunda lingua obrigatoria en todas as escolas en francés.

OS EIXES DOS PROGRAMAS EDUCATIVOS EN QUEBEC

OBXECTIVOS E ORIENTACIÓNS DA EDUCACIÓN EN QUEBEC

ITINERARIOS FORMATIVOS EN SECUNDARIA

O currículo no primeiro ciclo de Secundaria

O currículo no segundo ciclo de Secundaria

PROGRAMA EDUCATIVO SEGUNDO CICLO SECUNDARIA

ITINERARIO XERAL SEGUNDO CICLO SECUNDARIA

ITINERARIO DE ESTUDOS APLICADOS

ITINERARIO LABORAL

A secundaria en Montreal: Lakeside AcademyLakeside Academy é un centro de secundaria que conta co Bacharelato Internacional.

PROGRAMAS ACADÉMICOS EN LAKESIDEDesde o ano 2009 esta escola incorporouse ao Bacharelato Internacional, dentro da súa modalidade do programa dos anos intermedios (dos 11 aos 16 anos).Ofrece as modalidades de:

IB enriquecidoIB inmersiónIB inglésInmersión en francésPrograma orientado ao mundo laboralPrograma de Educación Física

Unha pequena panorámica en Lakeside

Unha pequena panorámica en Lakeside

Unha pequena panorámica en Lakeside

Unha pequena panorámica en Lakeside

Unha pequena panorámica en Lakeside

Unha pequena panorámica en Lakeside

Unha pequena panorámica en Lakeside

ASPECTOS DESTACABLES DOS CENTROSRotación dos períodos lectivos (ciclos de 6 días)

Aulas de materia/profesor (os alumnos desprázanse, non o profesor).

Variedade de actividades extracurriculares ofertadas.

Importante dotación material das aulas (ordenador, canón, biblioteca de aula).

Metodoloxía participativa, grande importancia da comunicación oral.

Máximo respecto á diversidade cultural.

CONCLUSIÓNS

Unha experiencia formativa única. Grazas ao progarma PIALE

● coñecimos o sistema educativo doutro país● melloramos notablemente a nosa competencia lingüística en

inglés● tivemos contacto con outras metodoloxías e maneiras de

traballar● vivimos integrados nunha familia canadiense durante un mes

Recommended