Galiza e os seus primeiros habitantes

Preview:

Citation preview

Galiza e os seus primeiros habitantes

Gabriel Gómez Rodríguez – 2º BACH F

Sabes que estas terras de Galiza hai moitos anos que están habitadas? Posiblemente, xa no Paleolítico. Máis tarde chegarán pobos como os os celtas e os mouros entre outros.

Grupos de homes e mulleres

nómadas, que sobrevivían

recolectando froitos

silvetres, cazando,

pescando e mariscando, chegaron a

estes lugares do Noroeste de Galicia, pero non

temos restos deles.

En FERROL, os primeiros testemuños que atopamos do pasado son de comezos do Neolítico. Nesta época, unha importantísima novidade foise estendendo entre os nosos antepasados: a agricultura e gandería.

Por suposto, seguían empregando os recursos que podían sacar do mar. O instrumentos de pedra, pulimentada facilitábanlle o traballo, ó tempo que se estendía o uso da cestería e da cerámica.

Nacen os primeiros poboados estables. Os homes fanse sedentarios, e establécense naqueles sitios que lles poden ofrecer alimentos e

posibilidades e defensa.

AS MÁMOAS

En FERROL non se atoparon pegadas dos lugares onde vivían pero si de onde enterraban ós seus mortos :

As mámoas son de pequenas dimensións, normalmente con planta circular e con forma de media laranxa. Están feitas con capas de

pequenas pedras e terra, e cubertas cunha lousa grande.

Atopámolas espalladas por toda Galicia e mostran as crenzas relixiosas do culto á morte. Esta arquitectura funeraria de

grandes pedras chámase MEGALITISMO.

En FERROL hai restos de mámoas en zonas de Mougá e

Brión.

A CULTURA CASTREXA

CRONOLOXÍA

A cultura castrexa prodúcese nun período moi amplo de tempo, e non a podemos identificar só cos celtas, xa que viviron pobos moi diversos.

En FERROL, aínda que non quedan restos materiais, por ser unha zona habitada dende hai moitos anos, pénsase que en Ferrol Vello existiu

un castro marítimo.

Os historiadores chegan a esta conclusión baseándose nos topónimos: nas antigas murallas que rodeaban Ferrol,

existía unha Porta do Castro e actualmente unha rúa achegada ó porto segue denominándose rúa do Castro.

A forma dun castro marítimo adaptábase á pequeña península onde se situaba. Estaba defendido con murallas, e polos cantís na parte que daba ó mar.

Os castros eran pequenas aldeas fortificadas. As vivendas eran de pequenas dimensións, circulares e con teitos de palla. En épocas tardías, por influenza dos romanos, aparecen vivendas de forma cuadrangular.

Pénsase que os seus

habitantes eran pacíficos

e que as murallas indicaban prestrixio social e

defensa do territorio só en

caso de ataque.

Os habitantes dos castros cultivaban cereais, practicaban a recolleita de froitos e a gandería. Na costa explotaban os recursos marítimos, pesca a

marisqueo, e intercambiaban productos con fenicios, romanos e pobos do Sur da Península que chegaban por vía marítima ata as nosas rías.

XACEMENTOS NO CONCELLO DE FERROL

Consérvanse importantes restos dun castro marítimo en Lobadiz (San Xurxo) e doutros castros situados no cume de pequenos outeiros nas terras do noso concello.

Neles atopáronse anacos de cerámicas, pezas de muiño, fíbulas, etc. Tamén pezas de xoiería castrexa, que foron depositadas no Museo de Pontevedra. Forman o chamado Tesouro Bedoya, composto por diademas, aneis e arracadas de ouro. Xunto a estas xoias apareceron varias moedas romanas.

OS PETROGLIFOS

Os petroglifos son unha das manifestacións culturais máis salientadas na Prehistoria de

Galiza.

Son gravados rupestres que despertaron moito interese entre os investigadores ó longo da historia.