Illlas galápagos

Preview:

Citation preview

As Illas Galápagos están situadas no Océano Pacífico, arredor da liña do Ecuador, a 972 kilómetros da costa de Ecuador, país ao que pertencen.É un arquipélago formado por 13 grandes illas volcánicas, 6 illas máis pequenas e 107 rochas e illotes.

Estímase que a formación da primera illa tivo lugar hai máis de 5 millóns de anos, como resultado da actividade tectónica. As máis recentes (Isabela e Fernandina) están aínda en proceso de formación, rexistrándose a erupción volcánica máis recente en 2009.

Foron descubertas por casualidade o en 1535, por Fray Tomás de Berlanga, cando a súa nave foi arrastrada polas correntes. A primeira misión científica que visitou as Galápagos foi a de Malaspina, en 1790. En 1793, James Collnet describeu a flora e fauna das illas e fixo as primeiras cartas de navegación.En 1832 foron anexionadas por Ecuador co nome de Arquipélago de Colón. O Beagle chegou ás Galápagos baixo o mando do capitán Robert FizRoy o 15 de setembro de 1835 para investigar os accesos aos portos. Alí comezou Darwin a pensar na Evolución das Especies.

“Aquí, tanto no espazo como no tempo, temos a sensación de que estamos algo máis preto dese gran acontecemento -ese misterio dos misterios-, que é a aparición de novos seres vivos sobre a Terra”

Todas as especies recolectadas eran raras e non se atopaban en ningunha outra parte. As mesmas especies diferían dunha illa a outra a pesar de non haber distancias superiores a 100 km.

Charles Darwin estivo un mes percorrendo as ILLAS GALÁPAGOS no BEAGLE. O estudo da fauna destas illas foi un dos fitos para fundamentar a súa teoría sobre a “Evolución das especies”.

A UNESCO declarou as Illas Galápagos como PATRIMONIO NATURAL DA HUMANIDADE en 1979 e como RESERVA DA BIOSFERA en 1985. Desde 2007 están declaradas PATRIMONIO DA HUMANIDADE EN RISCO MEDIOAMBIENTAL e están incluidas na LISTA DO PATRIMONIO DA HUMANIDADE EN PERIGO.

BALTRA27 km2

Lobos mariños

Iguana mariña, chamada por Darwin “demo das tebras”, por semellar un dragón en miniatura.

SANTA CRUZ 986 km2, 15.000 habitantes

Praia das Bachas

Palo verde

Cactus

cangrexo

lagartixa

Niño de tartaruga mariña

Iguana mariña

Pimpín

Pimpín

Canario

Pelícano

Piqueiros de patas azuis

Gaivota de lava

Flamingos

Fragata

Fragata acosando a unha gaivota

FUNDACIÓNDARWIN

Pimpín

Iguana terrestre

Tartarugas xigantes

ESPAÑOLA60 km2

Punta Suárez

Cangrexos

Iguanas mariñas

Lagartixa

Lagartixa

Gaivota de rabo gallado

Cucuve

Pomba das Galápagos

Piqueiros de nazca

Piqueiro de patas azuis

Albatros de cellas

al

Garza de lava

Pimpíns

Gabián

Lobos mariños

FloreanaFloreanaFLOREANA172 km2, 100 habitantes

Liques

Area con olivino

Area de lava

Palosanto

Amargo

arraianciño

Cactus

Algas e caracois

Ofiura

Ourizos

Lagartixa

Flamingos

Canario

Pimpín

FERNANDINA642 km2

Area con pugas de ourizos

Cactus de lava

Mangles

Polbo

Cangrexos

Tartaruga mariña

Iguanas mariñas

Lagartixa

Pelícano

Corvo mariño áptero

Fragata

Gabián

IsabelaIsabelaISABELA4588 km2, 2.200 habitantes

Punta Vicente Roca

Gaivotín

Piqueiros de patas azuis

fragatas

lobo peleteiro

DARWIN1,1 km2

Leva o nome de Charles Darwin. Aquí habitan focas peleteiras, fragatas, iguanas mariñas, gaivotas de cola bifurcada, lobos mariños, baleas, tartarugas mariñas, golfiños, piqueiros de patas vermellas e enmascarados...

Cono volcánico e liña do Ecuador

Paso do Ecuador

Solpor na liña do Ecuador

Montaxe: Adela LeiroFotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet

agosto 2007Luar na liña do Ecuador

Recommended