Vocabulario de arte

Preview:

DESCRIPTION

Vocabulario de arte para a proba de selectividade en Galicia

Citation preview

ÁBSIDA: construción semicircular cuberta xeralmente con bóveda de cuarto de esfera; na basílica romana era o lugar adicado aos maxistrados. Nos templos está situada na cabeceira, xeralmente de planta semicircular ou poligonal, con cuberta de bóveda de forno, na súa orixe orientada cara o levante.

ALTORRELEVO: Relevo (escultura non exenta) que sobresae máis da metade do vulto.

APARELLO (disposición dos materiais construtivos nun muro ou paramento) ALMOFADADO: cando as cantarías(pedra labrada) presentan as súas caras exteriores labradas en forma de almofada.

APARELLO DE CACHOTERÍA: obra con pedras non labradas ou pouco labradas, colocadas sen orde de ringleiras ou tamaños.

APARELLO DE CANTARÍA: cando a obra presenta pedras ben labradas e ordenadas.

ARCO: elemento construtivo de sostén, xeralmente curvo, que cubre un van desde dous puntos

1 Clave 2 Doela3 Extradorso 4 Imposta 5 Intradorso 6 Frecha 7 Luz8 Contraforte

CLAVE DUN ARCO : doela central dun arco

DOELA : cada unha das pezas que forman o intradorso dun arco; ten forma de cuña e está disposta de forma radial

ARCO DE FERRADURA: o que presenta un trazado maior a media circunferencia, a súa frecha e maior que a semiluz.

ARCO DE MEDIO PUNTO: semicircular, de frecha igual á semiluz.

ARCO APUNTADO: formado por dous arcos de circunferencia de igual radio pero distintos centros.

ARCO DE FAIXA : o que corta unha bóveda no sentido transversal ao seu eixe. Tamén chamado perpiaño.

ARCO FORMEIRO : aquel que é paralelo ao eixe lonxitudinal dunha nave, xeralmente poñéndoa en comunicación coa nave lateral.

ARCO REBAIXADO : aquel no que a altura ou frecha e menor que a semiluz.

ARCO PERALTADO : aquel no que a altura ou frecha e maior que a semiluz.

ARCOBOTANTE : arco rampante* que transmite os empuxes dunha bóveda a un contraforte onde apoia o seu arranque inferior.

* aquel arco que ten os seus arranques a distinto nivel

ARQUITRABE : Parte baixa do entablamento que apoia directamente nas columnas ou outro elemento sustentante. Por extensión, a moldura que enmarca un van alintelado.

ARQUIVOLTA: moldura que forma a cara exterior frontal dun arco. En plural, arcos inscritos uns en outros que organizan unha portada abucinada (a luz aumenta desde un paramento -cada unha das dúas caras dun muro- cara o outro.

BAIXORRELEVO : a proxección dunha figura por encima da superficie de fondo é inferior á metade do seu espesor. Diferénciase ás veces o semirrelevo (mezzo-relievo) : o avance da figura ao exterior con respecto ao fondo é igual ou lixeiramente superior á metade do seu espesor.

BALDAQUINO : estrutura con dosel (cuberta decorativa), xeralmente sobre catro elementos (piares, columnas...) para cubrir un altar ou unha tumba.

BAPTISTERIO : Parte do templo ou edificio exento onde ten lugar a cerimonia do bautismo; os exentos son de pequenas dimensións e planta central.

BASA : Parte inferior da columna, sirve de asento ao fuste e normalmente está formado por molduras.

Unha COLUMNA é unha peza arquitectónica vertical e de forma alongada que serve, en xeral, para soster o peso da estrutura, anque tamén pode ter fins decorativos. Xeralmente,a súa sección é circular; cando é cadrangular ou poligonal denomínase piar, ou piastra se está adosada a un muro. A columna clásica está formada por tres elementos: basa, fuste e capitel.

COLUMNA SALOMÓNICA: a que ten o seu fuste formado por varias espiras superpostas arredor dun mesmo eixe vertical. É dicir, ten un desenvolvemento retorcido en forma helicoidal que, xeralmente, dá seis voltas, conseguindo un efecto de movemento e dramatismo; as veces, o fuste leva decoración vexetal con follas de parra. O seu apoxeo foi no Barroco.

FUSTE : parte da columna situada entre o capitel e a basa; segundo a decoración pode ser liso, acanalado...

BÓVEDA: estrutura que cubre, de forma arqueada, un espazo situado entre dous muros ou series de columnas ou aliñados

BÓVEDA DE CANÓN : orixinada por un arco de medio punto cabalgando sobre soportes paralelos segundo un eixe lonxitudinal. Moi usada para cubrir espazos lonxitudinais como as naves ou transeptos dunha igrexa.A bóveda de canón cuxa directriz non é recta senon circular denomínase bóveda anular; utilizouse para cubrir deambulatorios.

BÓVEDA POR ARESTA: formada ao cruzarse dúas bóvedas de canón de igual frecha

BÓVEDA DE CRUZARÍA : formada polo cruce de dous bóvedas de canón apuntado, reforzada por dous ou máis nervios diagonais que se cruzan na clave (pódese multiplicar o número de nervios e claves) o espazo entre os arcos cúbrese cunha plementería. Considérase un elemento distintivo do gótico, xunto co arco apuntado e o arcobotante.

CADRO DE HISTORIA : pintura que representa un tema tomado da historia. As veces cunha forte carga didáctica, tivo un gran desenvolvemento no século XIX

CADRO DE XÉNERO: pintura que representa escenas da vida cotiá, tratadas dun xeito realista: vida familiar, festas, rúas...

NATUREZA MORTA: pintura que representa unha composición a base de seres inanimados ( cousas, vexetais, animais mortos). O término naceu no século XVIII pero o xénero é moito máis antigo. Tamén chamada bodegón.

CANON: regra de proporcións humanas conforme ao tipo ideal de cara á determinación da medida ou escala proporcional para o conxunto e as partes dunha escultura.

CAPITEL XÓNICO : o máis característico son as volutas ou espirais que adornan o equino, xunto con outros elementos como ovas.

CAPITEL CORINTIO : ten forma de campá invertida ou cesta, da que rebosan as follas de acanto, os seus tallos dan orixe a unha especie de volutas (caulículos) nos catro lados.

CAPITEL DÓRICO: está integrado por tres pezas: o ábaco, que é unha peza prismática de planta cadrada que soporta directamente a estrutura horizontal do edificio; o equino, que é unha figura convexa que se expande cara o ábaco, o collarino, que é unha prolongación do fuste, separado diste por unha acanaladura.

CAPITEL : elemento sobre o fuste que soporta un arquitrabe, un arco, etc. Formado por molduras e elementos decorativos que establecen as diferenzas entre as ordes.

CAPITEL COMPOSTO : é unha mistura entre o capitel corintio e o xónico, de aí o seu nome; do primeiro toma os follas de acanto da parte inferior e do segundo as volutas da parte superior.

Ciborio : construción elevada sobre o cruceiro, normalmente con forma de torre de planta cuadrada ou octogonal e rematada en chapitel (remate apuntado dunha torre). Tamén pequeno baldaquino que coroaba o altar nos antigos templos cristiáns.

CLAROSCURO : en pintura, o contraste entre luces e sombras; concretamente o xeito de destacar as figuras iluminadas sobre un fondo escuro.

CONTRAFORTE: construción adosada a un muro, de xeito vertical, que funciona como reforzo do mesmo ou como contrarresto dos empuxes dun arco ou unha bóveda

CONTRAPPOSTO : termo italiano que define a oposición harmónica das distintas partes do corpo, especialmente cando algunhas delas están en tensión ou movemento fronte o repouso das súas simétricas. Foi profundamente estudado polos gregos e retomado co Renacemento.

COR COMPLEMENTARIA: aquelas que na composición cromática compleméntanse: o complementario dunha cor primaria será a cor secundaria produto da mistura das outras dúas cores primarias (do amarelo será o violeta). COR PLANA : aquela que é homoxénea, sen degradacións tonais.COR PRIMARIA: son o vermello, o amarelo e o azul, da súa mestura saen as tres cores binarias ou secundarias. Tamén chamados simples ou fundamentais.COR SECUNDARIA OU BINARIA: a que xorde de combinar cores primarias: naranxa (vermello máis amarelo), verde (azul máis amarelo) e violeta (azul mais vermello)

CORNIXA: Parte superior e máis saínte dun entablamento; a súa función orixinaria era impedir ca auga de chuvia incidira ou esvarara polo muro.

CÚPULA : cuberta que xorde da proxección imaxinaria dun arco que segue un movemento de rotación sobre si mesmo. Leva o nome do arco que a enxendra agás co de medio punto, que se chama de media laranxa ou semiesférica. Normalmente a cúpula asenta sobre un tambor e ten na clave unha linterna.

CURVA PRAXITELIANA : con ela, a escultura desprázase do eixe vertical, formando un S invertido o que lle da lixereza. O nome deriva do escultor que a utilizou: Praxíteles.

DEAMBULATORIO ( “Girola” en castelán): espazo de unha o máis naves que xira arredor do presbiterio ou capela maior dalgunhas igrexas; é o resultado da prolongación das naves laterais máis aló do transepto e permite dar paso ás capelas que nel se abren de forma radial.

ENTABLAMENTO: parte horizontal sustentada dun edificio, composto de arquitrabe, friso e cornixa, xeralmente sobre piares, columnas ou pilastras.

ÉNTASE: engrosamento no fuste da columna, xeralmente no centro, para correxir deformacións ópticas.

ESCULTURA DE VULTO REDONDO OU ESCULTURA EXENTA: tratase dunha escultura concebida de xeito que pode ser observada desde todos los lados, ou desde case todos os lados : o vulto redondo repousa sobre o chan e con frecuencia está colocado nun nicho

ESFUMADO/SFUMATO: Pintura de difuminados que consiste en rebaixar os contornos das figuras, creando vaguedade nos perfís. Destaca nesta técnica Leonardo da Vinci.

ESPAZO MEDIO : aplícase a aquela escultura que domina o espazo que a rodea, xeralmente pode ser así vista desde múltiples puntos de vista.

ESPAZO LIMITE : aplícase a aquela escultura que está limitada no seu desenvolvemento por unha forma xeométrica determidada que xeralmente ven marcada por un marco arquitectónico,non domina o espazo que a rodea, xeralmente pode ser así vista desde un único punto de vista ou ten uns puntos de vista privilexiados.

ESTATUA ECUESTRE : Tipo escultórico con figura a cabalo. A estatua ecuestre de Marco Aurelio é unha das máis coñecidas e que marcou as pautas doutras futuras.

ESTATUA-COLUMNA : Estatua adosada ao fuste dunha columna e da mesma altura. Característico das portadas de igrexas no século XII.

ESTILO : conxunto de rasgos orixinais e persistentes nun artista, época, escola ou zona xeográfica, que permite identificar as obras como feitas por ou en eles.

FRISO : faixa decorativa de desenvolvemento horizontal, especificamente a parte entre o arquitrabe e a cornixa. No dórico está dividido en triglifos e metopas.

ICONOGRAFÍA : ciencia que estuda a orixe, formación e desenvolvemento das imaxes e dos atributos con que poden identificarse e dos que normalmente van acompañadas. Na arte occidental destacan dúas grandes series iconográficas: a mitoloxía clásica e a cristiá.ICONOLOXÍA : ciencia que estuda o sentido que as formas, imaxes, etc. dunha obra posúen en canto ao simbólico ou alegórico.

IMPOSTA : superficie de apoio dos puntos de arranque dun arco ou bóveda e a partir do cal inicia a descripción da curvatura. Normalmente está organizado como cornixa.

LIÑA SERPENTINATA: propia do Manierismo, onde as figuras amosan un movemento xiratorio de cadeiras, ombreiros e cabeza que se contrabalancean.

MÉNSULA : adorno saínte como soporte de calquera outro elemento: arco, cuberta, balcón...

METOPA : no friso dórico, o elemento comprendido entre dous triglifos; pode estar cuberto con relevos. A súa orixe estaría no trozo de muro entre dúas cabezas de viga nun teito de madeira (segundo Vitrubio)

TRIGLIFO : elemento decorativo do friso dórico, de fronte rectangular, con canais verticais, normalmente dous centrais e medio a cada extremo.

NÁRTEX : na basílica paleocristiá, a parte porticada do atrio, situada antes do ingreso á mesma e que servía para catecúmenos e penitentes: co cambio de liturxia caeu en desuso, conservándose un vestíbulo que antecede ás igrexas. Cando se atopa no exterior das fachadas, como pórtico aberto, chámase exonártex. No caso de ter un segundo nártex interior, denomínaselle esonártex, como é o caso da igrexa bizantina de San Salvador de Chora de Estambul.

MODELADO: execución en barro ou cera do modelo que se propón o artista reproducir nunha substancia consistente. En pintura, todo o que lle da a unha pintura un aspecto de vulto redondo.

PAISAXE : cadro que reproduce un exterior natural ou inspirado na natureza, o seu desenvolvemento como xénero independente é sobre todo no século XIX, acadando o seu cumio co Impresionismo.

Parteluz: elemento vertical que divide un van ou oco en dúas ou máis partes

PENDENTE: elemento arquitectónico que permite o paso dunha superficie cadrada a outra circular, consiste en un triángulo ou un trapecio curvilíneos formado polo anel da cúpula e os dous arcos torais.

TROMPA : bovediñas semicónicas proxectadas cara fóra do muro e que permiten o paso dunha superficie cadrada a outra circular u octogonal.

PERSPECTIVA XERÁRQUICA:as figuras aparecen de distintos tamaños co obxecto de recalcar a súa importancia social

PERSPECTIVA: modo de representar os obxectos e figuras nunha superficie de xeito que se asemellen a como aparecen á vista na realidade.

PERSPECTIVA LINEAL: diminución do tamaño dos obxectos canto máis alonxados están do primeiro plano e existencia dun punto ideal onde converxen tódolos eixes visuais (é un efecto óptico que nos permite calcular distancias).

PERSPECTIVA AÉREA: as figuras ao alonxarse degradan a súa intensidade cromática e desfigúranse os contornos. Intenta representar a atmosfera que envolve ás figuras, debuxando as do fondo máis desvaídas, creando así unha impresión real de distancia.

PICTÓRICO : todo o que está relacionado coa pintura. O que é axeitado para ser representado en pintura.

PIAR : elemento vertical, xeralmente exento, de sección poligonal (cadrado, rectángulo...) , con función de soporte, pero que non está sometido a unha orde

PILASTRA : elemento vertical de sección rectangular ou poligonal adosado ao muro; pode ter función de soporte ou ornamental, e pode estar sometido á normativa das ordes clásicas.

PLANTA BASILICAL : ou lonxitudinal, a que se desenvolve arredor dun eixe.

PLANTA CENTRAL: a que se desenvolve arredor dun punto central onde se cruzan, al menos, dous eixes de simetría iguais.

PLANTA EN CRUZ: planta dun edificio distribuído en naves que se cruzan perpendicularmente.

PLANTA CRUZ GREGA : tipo de planta central cos catro brazos iguais. Típica das igrexas bizantinas

PLANTA CRUZ LATINA : tipo de planta basilical no que o transepto divide a nave maior en dúas partes desiguais. Típica das igrexas cristiás, por exemplo a catedral de Santiago de Compostela.

PLÁSTICO : especialmente aplicado á pintura e á escultura, cualidade que fai expresiva á obra, especialmente no que se refire á consecución da sensación de volume.

PRESBITERIO : na igrexa cristiá, área arredor do altar, xeralmente elevado, e ocupando a ábsida da cabeceira na nave. Dispóñense aquí os elementos necesarios para o rito e as veces o coro. En época paleocristiá estaba levantado sobre a cripta.

ROSETÓN: ventá circular con decoración calada ou pechada con vidrieiras, xeralmente en disposición radial. Propio do Románico e o Gótico sobre todo en fachadas

RETRATO : reprodución da efixie dunha persoa fundamentalmente en pintura e escultura.

TÉCNICA DE PANOS MOLLADOS : técnica escultórica moi usada no relevo, consiste en representar a corpo humano por medio das transparencias que orixina a roupa mollada; usado xa polos gregos (trono Ludovisi, Fidias no Partenón) o recolle tamén o relevo romano e perdura ao longo da Historia da Arte.

Tímpano : Espazo delimitado polo linteis e as arquivoltas nas portadas ( porta ornamentada) das igrexas. En xeral, todo o espazo de peche entre as molduras ou cornixas dun frontón.

Torso : representación humana que carece de cabeza, brazos e pernas. Exemplo: torso Belvedere.

TRIFORIO : serie de ventás ornamentais, partidas por maineis, practicadas no muro da nave central e por riba das arcadas que dan paso ás naves laterais.

TRIBUNA : mirador, palco ou tamén ventá ou balcón que serve para asistir aos oficios. Diferenciase do triforio en que posúe unha anchura igual a da nave lateral sobre a que está construída. No gótico, pode haber ata catro pisos: arcada, tribuna, triforio e grandes ventás.

XAMBA : cada un dos elementos verticais que sosteñen un arco ou un lintel nun van.

VELADURA : fina capa de pintura transparente que se dá á pintura xa seca para suavizar o ton do pintado. Típica dos pintores renacentistas venecianos e usada despois por outros pintores como Rembrandt

Recommended