11
MARíA TERESA AMADO RODR1GUEZ O VELLIÑO DE JOSÉ RUBINOS, UNHA RECREACióN DO MITO DE EDIPO UNIVERSIDADE DO MINHO Centro de Estudos Humaní sticos BRAGA-2006

O Velliño de José Rubinos, unha recreación do mito de Edipo

  • Upload
    usc-es

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

MARíA TERESA AMADO RODR1GUEZ

O VELLIÑO DE JOSÉ RUBINOS, UNHA RECREACióN DO MITO DE EDIPO

UNIVERSIDADE DO MINHO Centro de Estudos Humanísticos

BRAGA-2006

O Velliño de José Rubinos, unha recreación do mito de Edipo ,.,

O poeta e o contexto

María Teresa Amado Rodríguez Universidade de Sa ntiago de Compos1ela

José Rubinos, xesu íta nacido na Coruii.a en 1898, pasou boa parte da súa vida en Cuba, onde exerceu un importante labor literario, tanto en lingua galega como castelá . Precisamente, na cidade de La Habana, en 1961, sae do prelo unha da súas derradeiras creacións, O Velliño 1

, moi pouco antes de que o poeta tivese que saír exiliado cara a Estados Unidos, onde morrer ía d ous años despois.

O VelWio é un diálogo en prosa, de pouco máis dunha ducia de páxinas, escrito en lingua galega, pero publicado, como xa tiña feíto con outras das súas creacións, cunha versión castelá anexa que [acía máis doada a súa difu­sión entre un abano máis am plo de público lector. O subtítulo da obra, Edipo n.a Caliza, descobre xa a iden tidade do protagonista e máis o espazo onde se desenvolve a acción, un espazo que logo concreta no prólogo e sitúa na cos ta da cidade da Comña, ó pé mesmo da torre de Hércules.

É esta unha das escasas achegas ó xénero teatral dun autor moito máis dado á creación lírica e ó articulismo periodístico 2

, e nun tempo no que a renovación do teatro galego, despois da ruptura da guerra civil, aínda que avanzaba paseniño, xa dera froitos importantes, cosque este texto, de cativa calidade, non pode ser comparado. Entre a escasa produción dramática dos anos anteriores, os personaxes e temas do mundo clásico eran case anecdó­ticos, pero curiosamente no ano 61 a obriii.a de Rubinos vai coincidir con outro Edipo, aquel co que Manuel María acada o premio Villar Ponte de

'' Este traba llo foi realizado no marco do proxecto BFF2003-04259 financiado polo Minis­terio de Ciencia y Tecnología. Quero dcixar constancia do meu agradecemento a D. Francisco Redondo Aba!, bibliotecario da Facultade de Filoloxía da USC, porque pola súa mediación pu iden ter acceso ó texto ele Rubinos.

1 O Vellhio. (Edipo 11a Caliza}, imprenta Nacional de Cuba, La Habana, !961. Ese mcsmo ano e tamén na Habana publica Cantigas de piedade.

2 De fcito é a única peza teatral que publicou. Outro pequeno texto manuscrito titulado Sim ón o Cirineu, permanece u inédito ata o 2000, ano no que (oi editado por D. López Mui'íoz e X. Ferro Ruiba l (2000: 139-141).

460 O Vclliño de José Rubinos, wliw recreaciót1 do m ito de Edi¡Jo

Teatro do Centro Galego de Bos Aires 3: dúas recreacións contemporáneas da sorle do vello heroe, con ben d istinto resultado, que responden a motivacións moi diferentes.

O Velliño e a romántica visión celto-helénica de Galicia

Na lenda grega o vello rei Edipo, despois de descubrir a súa verdadeira orixe, marcha ó desterro para cumprir a ameaza que el mesmo lanzara sobre o asasino de Laio, cando aínda descoñecía a súa identidade. Errante e casi moribundo, cl1ega a Colono, unha aldea nos arredores d e Atenas, onde é acollido por Teseo. Cando sente que a súa morte está cerca, Edipo revela que o lugar onde fique n os seus restos sempre quedará libre de inimigos, pero a ubicación da súa tumba só deberá coñecela Teseo, o único que o acompañará no momento do trance. Os derradeiros momentos da vida do vello rei son, polo tanto, un misterio para o resto dos mortais , misterio que agora Rubinos desvela nesta peza, ó contarnos cal roi a sorte do heroe trala súa desapari­ción. Segundo o noso autor, a Edipo, unha vez desaparecido da vista d e Teseo e cando xa se dispón a entrar no Hades, sáelle ó encontro Hermes para lle encomendar a derradeira misión que debe cumpr.ir na terra, antes de chegar defin itivamente ó m undo dos mortos. O heroe, por expreso desexo de Atenea, deberá ir á fin da terra no occidente, ó lugar onde chegaron en tempos os ateniense e onde, polo tanto, hai aínda sangue ateniense, para a nunciar que a deusa fai extensiva a esa terra de acollida a promesa de paz e liberdade que fixera para Atenas. Deste xeito, Rubinos entronca coa tradición que , xa d esde a Idade Media, vencellaba o occidente peninsular cos gregos, mesmo atribuíndolles a orixe de moitas das nosas cidades a algúns dos máis ilustres heroes da lenda : Pontevedra a Teucro, Tu i a Diomedes ou Lisboa a Odiseo, por poñer algún exemplo. Galicia e tamén Portugal, polo tanto, teñen por tradición un compoñente civi lizador helénico que vai vencellado ós relatos dos nostoi . A novidade de Rubinos está en asociar directamente, por primeira vez na li teratura galega, Galicia e os a tenienses e tamén a historia dun .heroe da casa de Tebas coa nosa terra.

A obra comeza coa chegada do vell o rei á praia situada a carón da torre de Hércules, esa construción debaixo da que o heroe dorio enterrou a cabeza de Xerión . A lenda da mo rte do xigante, documen tada xa desde Hesíodo 4

, foi obxecto de intcrpre tacións evemeris tas a partir de Diodoro de S icilia e chega á historiografía medieval onde, tamén desde unha perspectiva historicista, se asocia á chegada dos gregos á Península Ibérica, para encher o baleiro de datos históricos . Así fai na súa Estoria de Espanha Alfonso X o Sabio, quen como novidad e principal, ubica o episodio en terras galegas e vencella a el a

1 En 1·ealidadc a obra esc1·ibíraa o ano anrc1·ior e quedou inédita a ta o ano 2004, que foi 1·ccuperada pola Colección de Teatro da Universidadc da Coruña, Bibl ioLeca Pillado Mayoc

• Hes. Th. 287-294 e 979-983.

r

S

e e a o ·s >, IT

IS

a

·e :a )Í

~a

a, le !D

a

foi

M ARIA T ERE-SA AMADO R ODRIGUEZ 461

fundación da Coruña por orde de Heracles 5. Esta cidade súmase á lista das outras que os gregos fundaran no occidente e acada des te xeito o lustre que lle dá tan nobre orixe.

Como vemos, no fondo da obriña de Rubinos fican varias lendas tradi­cionais sob re as que o autor constrúe un novo produto literario, no que lle interesa salien tar unha idea fundamental: o compoñente xenético grego do noso pobo; compofiente qu e, mes turado co elemento celta, d á orixe á Galicia con temporánea. En efecto, cando Edipo, logo de desembarcar, entra en con­tacto cos habitantes do lugar e pregunta pola terra que está p isando, entérase de que está << na Cruii.a, de doces ares, rica en naus, a fror fermosa dos céltigos y-helenos», e os seus interlocutores, que levan nomes de tanta sona entre os celtas como Tude ou Brego, confírmanlle que moitos dos gregos que alí chega ron para vender as súas mercadorías «fixeron lar connosco» (pp. 12-13). O texto de Rubinos inscríbese, xa que logo, na corrente ideolóxica celta-helé­nica, desenvolvida para Galicia por Verea y Aguiar (1838), e logo recollida e popularizada por Vicetto (1965) 6, que baseaba na fusión destes dous pobos a grandeza e a diferenza da Galicia contemporánea. O nacionalismo oitocentista de corte romántico fixera desa suposta Idade de Ouro da nosa terra garan­tía dun futuro próspero e libre. Pobos tan ilustres e d e pasado tan brillante habían despertar desta paréntese oscura de conformidade e resignación, para crear unha nación que recuperaría o antigo esplendor. Cando Edipo trans­mite ós galegos a promesa d e liberdade para a súa terra porque os atenienses se estableceran a lí noutro lempo, está facéndose eco desa ideoloxía que xustifica o futuro co pasado. Pero o que chama a atención é que Rubinos acode a ela cando xa había moito tempo que o helenismo desaparecera das teorías nacionalistas, deixando o celtismo como compoñente único da nosa identidade 7. O noso autor neste punto, como en tantos outros que non é cousa de tratar agora, está fóra do seu tempo, pero isto non nos debe levar a concluír erróneamente que Rubinos era un nacionalista mil itante anclado mm celta-helenis mo anacrónico. Unha ollada por algún dos seus discursos revela que para el é a mestura do elemento racial celta e o cristianismo o que constitúe a esencia do corazón galego 8

, polo tanto a súa recorrencia ó elemento grego, non se debe tanto á súa ideoloxía nacionalis ta, como a razóns literarias. A súa fonda formación clás ica e a admi ración que profesaba pola cultura e a literatura gregola tinas lévao á imitación e recreación d e temas e

5 Sobre as u·ansformacións dcste mito e os pos ibles antecedentes da versión a lfonsí vid. González, 1997: 87ss.

6 Unha anáJise polo miúdo do helen ismo de Vicetto e os seus antecedentes atopámola na moi ben documentada monografía de Renales Cortés ( 1996).

7 Concretamente a partir da Historia de Galicia de Murguía (1865- 1913) a va lorac ión do pobo grego va i dar un xiro ele 180 graos e a e l vánselle atribuír as peores inAuenzas e defectos. Por iso pouco a pouco desaparece das teorías nacionalistas e a súa mención non é máis ca anecdó­tica . Para un ha panorámica xeral sobre a presencia ele gregos en Galicia vid. Mot·a lejo (2000).

~ Vid. p. ex. o discurso de Rubinos cando foi nomeado «capellán de honor• da Benefi­cencia Gallega (Rubinos 2002: 256-266).

462 O Vcll iño de José Rubi11os, 1m lw recreació11 do 111i1o de Edipo

motivos clásicos , como unha forma de engrandecer e dar lu stre a unha lite­ratura que, por non ter acadado aínda madureza dabondo, ten necesidade de acud ir á imitación e em ulación d as ob ras da Antigüid ade.

A intertextualidade co Edipo en Colono de Sófocles

Na intr odu ción a O Velliii o, Rubinos exp resa, con ese to n román tico qu e o carac teriza, a súa idea sobre os antigos mitos e a ra zón que o leva a recrear nes ta ocasión a figura de Edipo: <<Os m itos no n son nubes en tes tecidas, quedas, inmu tábeles ( .. . ). Móvense cos ventas dos séculas e dos pobos ... >>;

e un pou co m áis adiante afirm a:

Por ise a mor [a Galicia] quixera oxe mover esa nube inmorredoira do gran mi to de Edipo, do vello peleg1·iño e desbo tado e cego po1· culpas horrendas que non foron suas culpas( ... ). Non fango pequeno o mito: quero a longal- o mais sobre dos galegos: quíxen-o facer sa ir, e nmigrar - cousa m oi galega! - do cor runcho da sua terra helena, como maor camiña nte dos camiñantes hele nos. Símbolo dos seus sofrimentos no camiña r pol-os mundos» (p. 5).

O noso auto r es tá a re ivindicar deste xeito a p erman ente actualidade dos m itos clásicos e a súa universalidade que per mite descubrir nas vellas len das os gra ndes p roblemas da huma nidade de tód olos tempos , e poñer e n paralelo, neste caso concre to, o desgraciad o desterro do vello rei teban o coa s penalidades dos na sos emigrantes, deste1Tad os ta mén , pero pola fame e a m iseria da qu e ta m pouco son culpab les . Ru binos adopta consciente e delibe­ra damente a ac ti tude dos hum anistas, afiliá ndose a unha tradición culta que en tende o pasado como m odelo 9

.

O n oso texto insp írase nos derradeir os m omen tos da vida de Edipo, rela tad os p or Sófocles en Edipo en Colono , fonte prin cipa l d esla lenda. Xa Ca rballo Calero (198 1: 605) afi rmara que O Velliño era como un escolio da traxedia sofoclea , per o u nh a lectura compa ra da dos d ous textos a mósanos que Rubinos, no n só tom a dela os datos que precisa pa ra co ntinuar desen ­volvend o a his tori a , senón que adem a is constrú e a s esce nas do seu diá logo sobre pasaxes concretas do drama grego, coa abr igada transformación que req uire o novo contexto. E ntre as dúas o bras hai, p olo tanto, unha rela ción de intertextualidade que irnos ver deseguido.

O p rólogo da traxedia de Sófo cles ( vv. 1-116) co meza coa entrada en escena de Edipo chegando a un lugar descoñecido, guiado por Antígon a . A conve rsa en tre os d ous personaxes xira arredor do lugar onde se atopan , que a filla recoñece com o Atenas, aín da que sen poder concretar máis . Un colonense, ríspido e pouco com prensivo, ach égase onda eles e a dvír te lles que están a profanar lugar sagrado, ó tempo que lles revela cal é o s itio e quen o seu re i. Unha vez que Ed ipo lle roga que alguén lle an uncie a Teseo o bene-

9 Sobre esta forma de tradición culta vid. Cristóbal (2005).

M ARIA T ERESA A MADO R ODRIGUEZ

ficio qu e el vén traer a comun icárllelo ós sobre a súa que a entrada do coro

A primeira parte aínda que con algún (tres), a orde na que os e por último o inocen lacen o texto sofocleo. semellante ó que dia : cego, derrotado, terrae. Pero coas súas para reparar no interior m om ento case feliz, de dar cumprimento á o noso personaxe, nese ciamos, reflectise a e\ ó longo de toda a obra.

As primeiras polo lugar de chegada, trouxéronme as ondas manifesta o Edipo da acollida (vv. 3-8), agoirar un bo reci · qu e son ben vido neste posición, na que o ton

Un grupo de toma a p alabra para como espectadores dos da obra . A conversa, p ersonaxes. A nena responde facendo unha do seu inter ior, que e bo» (p. 7). Natu esixido pola n ova si Sen embargo, Rubinos as p ala bras agarimosas súa filia e ve nesta loutra que deixou na SÚa seguin te inrPT"\IPlnrl,n.• (p. 8), como fai An lévao ata unha pedra

Na traxedia, cando inform e do lugar onde sonaxe será despexar a

1

MARIA T~RESA AMADO RODRiGUEZ 463

ficio que el vén traer a Atenas a cambio de ser acollido, o mensaxeiro decide comunicárllelo ós colonenses, para que sexan eles os que tomen a decisión sobre a súa permanencia o u non na cidade. Edipo e Antígona agardan ata que a entrada do coro de anciáns pon remate a esta parte.

A primeira parte do Velliño de Rubinos constrúese sobre este prólogo, aínda que con algún detalle collido doutras par tes. O número d e personaxes (tres), a orde na que os coñece o espectad or (primeiro Edipo, despois a nena e por último o inocentiño), e mesmo algún dos elementos da conversa trans­locen o texto sofocleo. Edipo acaba de desembarca r na p raia cun aspecto moi semellan te ó que p resenta o rei cando chega a Atenas, no comenzo da traxe­dia: cego, derrotado, envellecido e cansado pola d ureza da longa viaxe ó Fin.is terrae. Pero coas súas primeiras palab ras, axiña esquecemos a apariencia, para reparar no interior e descubrir un Edipo sosegado, e mesmo en algún momen to case feliz, pola esperanza de acadar o repouso defin itivo, despois de dar cumprimento á misión divina encomendada por Hermes. É como se o naso personaxe, nese instan te puntual da súa historia que agora presen­ciamos, reflectise a evolución emociona l que se d á no protagonista sofocleo ó longo de toda a obra.

As primeiras palabras do rei, aínda só na praia, son para preguntarse polo lugar de chegada, igual que no modelo grego: «¿Onde ostou? ¿Onde trouxéronme as ondas que o vento diviño move?»; pero a resignación que manifesta o Edipo sofocleo para aceptar calesqueira que sexan as condicións da acollida (vv. 3-8), transfórmanse no de Rubinos nun optimismo que lle fai agoirar un bo recibimento : << Ü ar morne e doce, a rayola agarimosa predinme que son ben vido neste país>> (p. 7). Esta actitude positiva inza toda a com­posición, na que o ton tráxico e sombrío xa pertence a un pasado superado.

Un grupo de rapaces entran en escena con gri tos de benvida. Unha nena toma a palabra para dirixirse ó rei mentres os demais pasan a segundo plano, como espectadores dos acon tecementos, sen n ingunha outra función no resto da obra. A conversa, como é de esperar, comeza pola identificación mutua dos personaxes. A nena pregunta a Edipo a súa identidade e p rocedencia e o rei responde facendo unha descrición do seu exterior, innecesaria por evidente, e do seu interior, que acaba resumindo nuha frase case lapidaria: <<SOn ceguiño e bO>> (p. 7). Naturalmente nada disto está no texto sofocleo, pero aquí vén esixido pola nova situación e a diferente relación entre os dous personaxes. Sen embargo, Rubines pronto volverá ó modelo, pois o noso Edipo, ó escoitar as palabras agarimosas coas que o acolle a rapaza, acórdase decan tado da súa filia e ve nesta nena unha nova Antígona, que agora, como antes aque­Joutra que deixou na Hélade, será para el guía e consolo. Por iso a nena na súa seguinte intervención xa non Jle chama só <<velliño», senón «velliño pai>> (p . 8), como fai Antígena, e igual que ela (vv. 19-20), colle a Edipo pola mane lévao ata unha pedra para que repouse, antes de presentalo ós adul tos.

Na traxedia, cando An tígona se dispón a ir en busca dalguén que lle informe do lugar onde se a topan, aparece un colonense. A función deste per­sonaxe será despexar a dúbida de Edipo e servir de intermediario entre o reí

464 O Velliño de José Rubi11os, tmha recreación do 111iro de Edipo

tebano e os habitantes de Colono que constitúen o coro. Tamén na nosa obra, cando Edipo está xa sentado e descansando, entra en escena un home que vén ser a transposición do colonense. A cuestión é que as funcións que este desempeñaba na traxedia, na nosa peza xa están asignadas á nena, polo que cómpre transformalo dalgún xeito. Pero Rubinos está pouco a tinado nisto e, non atopando outra xustificación para a súa presenza, máis cá fidelidade imita tiva ó modelo, converte ó colonense nun pobre tolo, un inocentiño, co que é imposible manter unha conversa asisada. Só o seu permanente desa­cougo e o seu medo recordan vagamente o malestar do a teniense pola pre­senza de Edipo en lugar sagrado.

Edipo e a nena quedan de novo sós, igual que ocorre na traxedia mentres o home vai buscar o coro (vv. 81-116). Nela Edipo aproveitaba o m omento para facer unha pregaria ás Euménides, pedíndolles que o acollan, para dar cumprimento ós agoiros de Febo, e anunciando ditas para os que o reciban. Despois, cando Antígona o avisa da chegada duns anciáns, por prudencia agóchase no bosque, rematando así o prólogo.

No noso texto Edipo aponlle á vontade de Apolo a súa presenza nese confín do mundo e amósase convencido de acharse ó pé da torre, aínda sen poder vela, xa que « OS cegos - di el- ternos ollos en cada un dos buratos da nosa pele» (p. 10). Tamén en Sófocles outros sentidos suplían no cego os ollos: <<Pola voz vexo» (v. 138). Pero o noso Edipo, malia a súa seguridade, aínda pregunta se realmente está alí onde pensa, e a resposta da nena: <<Sobre de nos está a gran torre que escomenzara Heracles » (p. 10), remítenos á pri­meira intervención de Antígona na traxedia sofocJea, cando, a instancias do seu pai, describe o lugar onde se atopan: <<Pobre pai Edipo, unhas torres defenden a cidade» (vv. 14-15). Quizais estas son as palabras que inspiraron o espazo e tamén a idea bás ica da nosa obra.

En Rubinos, Edipo, ó recibir a confirmación da nena, sabe que os vati­cinios de Febo están cumpridos e que el non ten nada que temer. Pero aínda así, mantendo o paralelismo co texto da traxedia, fai unha breve pregaria ós deuses locais que contén os mesmos elementos que en Sófocles: petición de acollida, mención da mis ión de Apolo e anu ncio de dita para <<todol-os helenos de ourente e oucidente» (p. 10). Cando remata, a nena anúncialle a chegada duns homes: <<V ex o que veñen cara aquí tres vellos pescos d os mais bós ... >> (p. 11). Esta caracte1ización positiva dos anciáns provoca opti­mismo en Edipo e o desexo de entrar en conversa con eles. O noso autor está a facer unha imitación por contraste, xa que no orixinal as palabras de Antígona: <<Cala, achéganse uns homes de idade avanzada para vixiar o lugar onde ficas» (vv.111-11 2), translocen medo e desconfianza e provocaban no pai unha ac titude de prudenc ia e reserva que o levaba a agacharse na [Tonda, da que sae unicamente para non atraer as maldicións por profanar o lugar sagrado.

Con todo, o contacto entre o noso Edipo e os homes, o mesm o que na traxedia, non ocorre inmediatamente, xa que es tes avanzan paseniño e tardan en en trar en escena. Mentres, a nena colle da man ó velliño para axudalo a

MARIA TERESA AMADO RonniGlJEZ 465

achegar·se a eles, igual que fará Antígona na párodos cando por fin pai e filia deciden poñerse á vista do coro (v. 173). En ámbolos do us casos hai un pequeno diá logo entre os protagonistas, aínda que de contido ben distinto: O Edipo de Sófocles manifesta medo e implora piedade, o naso Edipo non ten máis que palabras de bendic ión para a nena, a súa nova Anlígona, e para esta ten·a na que empeza a sen tir mesmo un pouco da felicidade prometida. Así rema ta a primeira parte do noso texto.

Na segunda parte Edipo é acollido polos anciáns celtas ós que lle trans­mite a promesa de paz e liberdade para sempre. Despois, cumprida xa a súa mis ió n, termina marchando cara ó mar men tres bendice os homes e aterra. Se antes o noso autor seguira con bastante fidelidade o esquema do prólogo da traxedia sofoclea, a partir de agora va i contruír o que resta do diálogo mesturando elementos tomados da párodos, do estásimo 1°, dos episodios l o e 4° e do éxodo 10 . Na nosa obrii'í.a non hai nada do incidente con Creonte, da chegada de Ismene e do rapto das dúas filias de Edipo, do violento encontro de todos eles con Po li nices, nin tampouco dos estásimos nos que o coro fai os lamentos máis desgarrados ou expresa os agoiros máis terribles. Rubinos deixa de lado estas partes porque tan só lle interesa a misión do rei e a relación deste co pobo a teniense, é dicir, a cara menos tráxica de toda esta historia, que case converle mm episodio feliz.

A toma de contacto entre Edipo e os tres anciáns desenvólvese cunha conversa de inten,encións breves ondeo tema principal é descubrir a identi­dade e as intencions do vello rei. O noso autor concentra nela os encontros de Edipo co coro, no principio da párodos, e despois con Teseo, ó final do episodio 1°. Igual que o coro na traxedia, só que cunha actit ud predisposta a unha acollida favorable, o ancián Tude pregun ta ó rei pola súa identidade e circuns tancias: «¿Quen es? ¿A- ónde vas? ¿Quéns trouxéronte?» (p. 12). A reticencia do coro contra Edipo na obra de Sófocles está reflectida , aínda que notablemente rebaixada, na prudente actitude do ancián Brego, que quere obter respostas antes de darlle a aceptación definitiva: « Facer todo ben ao viaxeiro, é leí nosa, mais ta mén é lei a prudenza >> (p. 12). O resto da con­versa de presentación remítenos ás palabras que pronuncia Teseo cando sae por primeira vez a escena. Tres son as ideas básicas que expresa o ateniense: Di recoñecer a Edipo porque o seu aspecto está en consonancia coa fama que chega del, interésase polo que demanda e manifesta a súa boa disposición. Todo isla aparece no noso texto, en outra orde e repartido en tre Edipo e Tude. Ptimeiro o ancián cel ta acolle a Edipo; o rei tebano describe o seu aspecto, malia ser evidente para os seus interlocutores; Tude expresa que tamén ata alí chegou a sana dos agoiros d e Delfos e acaba preguntando palas demandas

10 Noé a primeira vez que Rubinos [ai algo así. En Covado11ga, epopea que conta os pd­meiros episodios da Reconquista, o nosos autor construía as dúas primeiras xestas seguindo paso por paso, con bastante fidelidade, os dous primci ros cantos da !Hada. Sen embargo, a part ir da terceira emp1·egaba este mesmo proceclemento de mesturar episodios procedentes ele varios cantos apartándose do ffo argumental da epopea grega. Vid. Amado (2003).

466 O Velliño de José Rubinos, 1mlta recreación do IIIÍIO de Edipo

de Edipo. Neste diálogo hai tamén unha p equena parte que nos léva ata o estásimo l 0 , no que o coro tráxico fai unha loa á beleza e grandeza d e Colono e de Atenas e que comeza a sí: «Es tranxeiro, chegach es a esta terra d e bos cabalos, a mellor morada da terra ... » (vv.668 ss .). Tamén o an cián Tude, logo de preguntarlle a Edipo p oJa súa identidade, in fórmao da terra onde se atopa: «Ti falas cos galaicos que mouran dende o tempo non sabido, nesta terrada Galiza ... » e logo esté ndese nunha descrición en ton lírico das bele­zas deJa, rematando cunha loa da Coruña «a fror fermosa dos céltigos y helenOS >> (p. 12).

Un ha la n ga intervención de Edipo dá a coñecer ós galaicos as súas peripecias en Colono e os acontecementos que ocorreron d espois da súa desaparición no bosque. Pouco a ntes o rei m encionara as súas desgrazas anteriores cunha breve referencia, «Fun gran p ecador sen o coñecer>> (p. 14) omitindo os detalles escabrosos, que non lle acaen nin a esta composición nin a un au tor que sempre procura obviar os aspectos m á is desagradables e tráxicos das causas. Desp ois, as palabras de Edipo resum en brevemente, pero con fidelidade, os feítos acontecidos na úl tim a parte do episodio 4a (vv.l448-1555): Os sinais qu e anunciaban a cercanía da morte, a revelación do segredo e as instrución s a Teseo . O que vén a continuación xa é a apor­tación orixinal do noso autor á vella lenda, o celme desta obriña , ó nos descubrir o que os atenienses e o mesmo Teseo descoñecen, aqueJes feítos que o mensaxeiro dicía que non era posible contar (vv.lSSl -1582) e que ocorreron así: Antes de entrar no Hades, Hermes transmítelle a Edipo o encargo qu e lle fai Atenea de levar o mesmo agoiro de liberdade ás terras de occidente que acolleron ós helenos. Despois d e cumprir esa misión e sen pasar alí máis dun día, m orrerá de verdade, «segredamente, co'a m aor d ozura>> (p. 15). Daquela si serán certas esas palab ras que pronunciaba o m en saxeiro da traxedia: «Foi u n ho me que m.archou sen salou cos e sen a dor das enfer­midades>> (vv. 1663-1 664).

E ste rela to en che de entusia sm o a todos, ata o punto de que Brego, o único que m a nifestara reticencia, pretend e reteJo p ara que A Coruña sexa a sú a tumba . Pero Edipo, que sab e por exp erien cia que os designios dos deuses son inevitables, xa non se rebela e exclama: «¡Que todo fine com o os deuses dispoñen, meu s fillos!>> (p. 16).

A parti r deste m omento o noso autor volve ó texto grego para compoñer o rema te da obra . A E dipo quédalle agora só a d erradeira viaxe e, igual que acorre e n Colono, un sinal vaille ind icar que chegou o momento de partir. Pero Rubinos non pode acudir ó raio de Zeus nunha terra onde os deuses son outros, e por iso converte os Jampexos do espello da torre de Hércules que a nuncian a chegad a dun ba rco n o sinal que Edip o espera. Os últimos momentos de Edipo na n osa obriña son a transpos ición da súa p artida cara ó bosque ó final do episodio 4° (vv. 1540-1 555). Na traxedia o rei avanza só diante das súas filias, guiado por Herm es ata o lugar da súa tumba, mentres in voca a luz, que en realidade é unha im axe da vida, e enche de bendicións a Teseo e ós atenienses coa solemnidade que o trance require. Tamé n o noso

MARIA T ERESA A \1A00 R OI>RÍGUE7. 467

Edipo, cando coñece pola nena os sinais do faro, levántase e camiña só cara ó mar, e lamén a luz está presente en forma dun roibén que percibe malia súa cegueira e que actúa de guía dos seus pasos. A súa aclitude resulta un tanto desproporc ionada para unha situación, a chegada dun barco, que non deixa de ser cotiá, por máis que esa viaxe teña un significado especial para Ed ipo. A obra termina coas repetidas e mesmo estoxadizas benclicións que o rei lle dedica ós seus hóspecles e a tóclolos galegos.

A xeito de resumo

O Velliiio é unha das escasas incurs ións no xénero dramático clun autor moi to máis dado á lírica.

Reflicte unha ideoloxía celto-helénica que fo i a base do primeiro nacio­na lismo o itocentista, pero está produc ida cando había moito lempo que o compoñente grego xa non se tiña como pa rte da nosa identidade racial e cultura l. ese sen tido, por tanto, podemos di cir que se tt-ata dunha obra ex temporánea.

Este helenismo extemporáneo non se debe a unha militancia naciona­lista, senón que se xustifica pala formación clás ica do au tor que o leva a ache­garse ó mundo greco-latino como modelo e fonte de inspirac ión.

O baleiro sobre o que ocorreu nas derracleiras horas d e Eclipo inspí­ra llc esta pequena peza. A traxedia de Sófocles, Edipo en Colono é a fonte da his toria, pero tamén o texto sobre o que o noso autor constrúe a súa obra, imitando pasaxes concretas que modifica segundo as esixencias do novo argumento . Polo tanto entre a traxeclia so(oclea e O Velliiio hai unha relación intertextual.

En cle fininiti va, trátase dunha obriña curiosa cuxo valor fica, má is que nada, no que ten ele arqueolóxico.

Bibliografía

AMADO R. , M . T. (2003), Covadonga de X. Rubinos. Unha llíac/a galega do século XX, Sada­A Corui'la, Ed iciós do Castro.

CARBALLO CALERO, R. (198 1), Historia da Lilera/u ra Calega Contemporánea 1808-1 936, Vigo, Galaxia.

CRISTÓUAL, V. (2005), «Sobre el concepto de tradici ón clásica>>, e 11 J. S!GNES CoooÑER et al. (edd. ), Antiquae Lectiones. El legado clásico desde la Antigüedad hasta la Revolución Fraucesa, M adrid, Cátedra, pp. 29-34.

GoNZÁLEZ, F. J. ( 1997), Hércules contra Gerión. Mitos y leyendas de la Torre de Hércules 1, Ol ciros (La Coruña), Vía Láctea.

LórEz M UÑOZ, D. 1 FERRO R uiBAL, X . (edd.) (2000) , A palabra (ai camif'io , A Coruña, Asocia­ción Jr im ia.

468 O Vclliño de José Rubiuos, uuha recreación do mito de Edipo

MORALEJO, J. J. (2000), «De griegos en Galicia >>, en M . ALGANZA (ed.), Epieikeia: studia graeca in memoriam Jesús Lens Tuero, Granada, Athos-Pérgamos, pp. 327-358.

MURGUiA, M. (1865- 1913), Historia de Galicia, Lugo-A Coruña, Soto Freire.

RENALES CoRTÉS, J. ( 1996), Cel!ismo y lileralura gallega. La obra de Benilo Vice/lo y su entorno literario, Santiago, Xunta de Galicia.

R uBINOS, J . (2002), Ca migas, fábulas e out ros poe111as (Escolnza poética), edición de L. Alonso Gi rgado e T. Monteagudo Cabaleiro, Santiago, Follas Novas.

VEREA Y AG UIAR, J . (1838), Historia de Galicia, F en·ol, Imprenta de D. N icasio Taxonera.

Vi CETTO, B. (1865), Historia de Galicia por Don Benilo Vicetto . Tomo l , Fen·ol, Estableci­miento tipográfico de Taxonera.