26
O libro Lingua para o 5.º curso de primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: Teresa Broseta Fandos Anxos Campos González Ánxela Carril Caldelas Rafael Fortes Otero Rosa Isabel García de Blas Luísa March Soler Afonso Toimil Castro ILUSTRACIÓN Azulamarillo EDICIÓN EXECUTIVA Luísa March Soler Afonso Toimil Castro DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero As actividades non se deben realizar en ningún caso no libro. As táboas, os esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os copie no caderno. Lingua PRIMARIA 5

5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

O libro Lingua para o 5.º curso de primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

Teresa Broseta Fandos Anxos Campos González Ánxela Carril Caldelas Rafael Fortes Otero Rosa Isabel García de Blas Luísa March Soler Afonso Toimil Castro

ILUSTRACIÓN Azulamarillo

EDICIÓN EXECUTIVA Luísa March Soler Afonso Toimil Castro

DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero

As actividades non se deben realizar en ningún caso no libro. As táboas, os esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os copie no caderno.

LinguaPRIM

AR

IA5

Page 2: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso
Page 3: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

Presentación do proxecto

Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu SABER FACER CONTIGO.

Saber Facer Contigo incorpora importantes innovacións metodolóxicas e pedagóxicas que os docentes nos reclamaron para a súa práctica educativa, de aí o seu nome. O obxectivo primordial é desenvolver no alumnado as capacidades imprescindibles para a futura cidadanía do século XXI:

As habilidades de comunicación

A comunicación é un dos eixes esenciais do proxecto. A través de diferentes programas, presentes en todas as áreas, trabállanse as destrezas comunicativas:

– Tempo para falar. Comunicación oral.

– Tempo para ler. Competencia lectora.

– Tempo para escribir. Comunicación escrita.

As destrezas de pensamento

Aprender a pensar e desenvolver o razoamento lóxico son outros dos eixes de Saber Facer Contigo. Para iso trabállanse as estratexias e as rutinas que cómpren para lograr unha aprendizaxe autónoma e eficaz, co obxectivo de que o alumnado adquira habilidades de pensamento de orde superior:

– Fortalecer a comprensión e sintetizar as ideas máis importantes.

– Reter e lembrar a información.

– Relacionar coñecementos entre si.

A interiorización destas estratexias e rutinas facilitará o control do pensamento e unha maior eficacia á hora de aplicar os novos coñecementos. Ao longo das unidades inclúese unha sección destinada ao adestramento do pensamento, que se destaca cunha icona de cor azul.

A intelixencia emocional

A educación das emocións é esencial para a educación integral do alumnado. Os obxectivos fundamentais que se establecen en Saber Facer Contigo versan arredor destes aspectos:

– A identificación das emocións propias e alleas.

– A autoxestión e a regulación emocional.

– A expresión das emocións.

– As habilidades sociais e a empatía.

Unha icona de cor vermella enmarca as actividades e propostas encamiñadas de forma específica ao desenvolvemento da intelixencia emocional.

3

Page 4: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

A creatividade

A creatividade implica ter unha imaxinación viva, ser capaz de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros trabállanse basicamente estas capacidades:

– A busca de estratexias persoais e innovadoras.

– A utilización de formas creativas de expresión.

As actividades que implican poñer en xogo a creatividade de xeito especial identifícanse cunha icona de cor verde.

O traballo cooperativo

Co obxectivo de que as alumnas e os alumnos desenvolvan a súa capacidade de cooperar e sexan capaces de traballar xuntos para alcanzar un obxectivo común, neste proxecto propóñense actividades que requiren diferentes niveis de agrupamento:

– Traballo por parellas.

– Traballo en equipo.

– Traballo en grupo-clase.

Estas actividades identifícanse con distintas iconas.

Ademais, ao finalizar cada trimestre inclúese un pequeno proxecto denominado Cooperamos, en que se poñen en xogo diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa.

A autorregulación da aprendizaxe

En Saber Facer Contigo o alumnado ten un papel activo no proceso de ensinanza e promóvese a reflexión persoal sobre a súa propia aprendizaxe, para mellorar o coñecemento de si mesmos e detectar fortalezas e debilidades.

Ao longo das unidades deste libro inclúense pequenas rúbricas para que os alumnos e as alumnas tomen conciencia do que aprenderon e valoren como o fixeron.

Para finalizar, e atendendo aos últimos avances da neurociencia, Saber Facer Contigo incorpora unha proposta de GAMIFICACIÓN para activar a emoción e a curiosidade do alumnado, grandes pancas da aprendizaxe. No proxecto ofrécense dinámicas propias do xogo que van axudar a transformar a aula, creando un ambiente estimulante e motivador.

4

Page 5: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

Índice

Unidade 1. Coñecemos os demais ..................... 9

Unidade 2. Valoramos os traballos ..................... 25

Unidade 3. Tradición ou modernidade? ............ 41

Unidade 4. Informámonos ................................. 57

Cooperamos ........................................................ 72

Saber máis ........................................................... 76

Audicións de Comunicación oral. 1.º trimestre .... 78

Unidade 5. Descubrimos o universo .................. 81

Unidade 6. Informamos os demais .................... 99

Unidade 7. Vivimos en sociedade ...................... 115

Unidade 8. Como nos sentimos ......................... 131

Cooperamos ........................................................ 146

Saber máis ........................................................... 150

Audicións de Comunicación oral. 2.º trimestre .... 162

Unidade 9. Temos dereitos e deberes ................ 165

Unidade 10. Coñecemos lugares novos ............. 181

Unidade 11. Coñecemos mitos ........................... 197

Unidade 12. Descubrimos o pasado .................. 213

Cooperamos ........................................................ 228

Saber máis .......................................................... 232

Audicións de Comunicación oral. 3.º trimestre ... 238

5

Page 6: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

Cadro de contidos

UnidadesTempo para ler

Vocabulario Gramática

1. Coñecemos os demais

9

Unha fábula: O león que era unha formiga

Os animais O dicionario

Os determinantes. O artigo

2. Valoramos

os traballos25

Unha anécdota histórica: Un descubrimento fundamental

As xoias Palabras polisémicas

O substantivo

3. Tradición ou modernidade?

41

Un conto de humor: Unha idea xenial

O circuíto eléctricoPalabras homónimas

O adxectivo. Graos do adxectivo

4. Informámonos57

Un folleto informativo: Ecovila, o hotel invisible

A Terra O campo léxico

O grupo nominal

COOPERAMOS Lemos textos técnicos

5. Descubrimos o universo

81

Un conto de ficción científica: Un roubo no espazo

O espazo Sentido literal e sentido figurado

Os demostrativos Os posesivos

6. Informamos os demais

99

Un conto de misterio: Os paraugas desaparecidos

O tempo Palabras primitivas e palabras derivadas

Os numerais e os indefinidos

7. Vivimos en sociedade

115

Unha lenda: Roldán e as costureiras

O parque acuático Palabras simples e palabras compostas

Os pronomes persoais

8. Como nos sentimos131

Unha entrevista: A forza da vontade

O relevo Familia de palabras

O verbo (I)

COOPERAMOS Escribimos un conto entre todas e todos

9. Temos dereitos e deberes

165

Un conto realista: Historia dunha pelota

O centro comercial A prefixación

O verbo (II)

10. Coñecemos lugares novos

181

Un relato biográfico: A Princesa da Pampa

A tenda de antigüidades A sufixación

O verbo (III)

11. Coñecemos mitos

197

Un relato mitolóxico: Apolo e Dafne

A casa romana Os sufixos aumentativos

O adverbio

12. Descubrimos o pasado

213

Unha publirreportaxe: Campo Lameiro: unha viaxe no tempo

O poboado prehistórico Os xentilicios

As preposicións, as conxuncións e as interxeccións

COOPERAMOS Facemos a ficha de lectura dun libro

6

Page 7: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

OrtografíaMáis tempo para ler

Literatura Saber facer

Escritura de contraccións A linguaxe literaria Unha narración oral desde diferentes puntos de vista

Sílaba tónica e acento gráfico

Un texto publicitario: Sorrisos sans, sorrisos felices

Unha explicación oral sobre un traballo

Normas de acentuación Prosa e verso Un folleto de instrucións

Acentuación de ditongos e tritongos

Unha noticia: Uns pais reparten larpeiradas…

Unha redacción a partir de diversas fontes

SABER MÁIS Outras regras de acentuación

Acentuación de hiatos Os xéneros literarios A descrición dunha imaxe do espazo

A partición de palabras. O guión

Un artigo de opinión: Un baño de realidade

Unha exposición oral sobre o tempo

Contraccións dos pronomes persoais

Os textos teatrais Un cartel con normas de comportamento

Signos que pechan enunciados

Unhas recomendacións: Facerlle fronte ao estrés

Unha narración oral que expresa emocións

SABER MÁIS Palabras sinónimas Palabras antónimas A comunicación Verbos regulares

A coma A estrutura da narración Unha reclamación

O punto e coma Un folleto turístico: Pena Trevinca, máis preto do ceo

Un parladoiro sobre medio ambiente

Os dous puntos e as comiñas

O narrador e os personaxes

A narración oral dunha historia

A raia e as parénteses Un cómic: Cepillo O argumento dun conto

SABER MÁIS Conxugacións verbais Verbos irregulares

7

Page 8: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

Iconas utilizadas neste libro

As actividades en que terás que traballar cun compañeiro ou cunha compañeira están marcadas con esta icona.

Naquelas actividades en que figura esta icona terás que cooperar cos demais e traballar en equipo.

Esta icona identifica as actividades en que terás que exercitar de maneira especial a túa capacidade de reflexión para sacar conclusións.

PENSA

MENTO

Coas propostas que vas atopar na sección de creatividade terás que poñer en xogo a túa imaxinación para achegar ideas orixinais.

C

REATIVIDADE

As actividades que aparecen sinaladas con esta icona animarante a expresar o que sentes e a poñerte no lugar dos demais.

EMOCIÓNS

Indica que actividades tes que facer escoitando unha audición.

8

Page 9: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

Tempo para escoitar

1 Escoita a pista 1 e responde.

• Onde se mantén a conversa: na rúa ou no colexio?

• Cantos rapaces falan en total? Cantos son rapaces? E rapazas?

• De onde son as persoas que falan? Di, polo menos, o nome de dous países.

• A quen esperan? Como se chama?

2 Que erro se cometeu en cada palabra? Escoita a pista 2 e relaciona con números.

ERROS

1 Non se pronunciou ben o e aberto.

2 Non se pronunciou ben o o aberto.

3 Non se pronunciou ben o R forte.

4 Non se pronunciou ben o R suave.

Tempo para falar

3 Presenta o teu compañeiro ou compañeira seguindo estes pasos.

– Elixe dúas ou tres características positivas que permitan identificar o teu compañeiro ou compañeira entre o resto da clase.

– Presenta esta persoa á clase empregando as características elixidas. Non esquezas dicir como se chama.

Coñecemos os demais1

• dixeron • podes

• queres • escola

• terra • teñen

9

Page 10: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

Tempo para ler

O león que era unha formiga

Á sombra dunha árbore durmía un león. Un rato que xogaba polas pólas caeulle enriba da barriga e espertouno.

–León... Perdoa... Se me deixas vivir, heite servir sempre –dixo o rato, temoroso de que o león se anoxase.

Pero, antes de que puidese acabar, o león, asustado, agachouse de-trás da árbore:

–Non me manques, por favor... –suplicou.O rato, estrañado, contestou: –Tranquilo, león, que non che vou facer nada.–Grazas, rato, grazas...De súpeto pasou preto de alí unha bolboreta e o león sentiu un

arrepío.–Tamén lles tes medo ás bolboretas? –preguntou o rato sorprendido.– Non o sei. Pican?–Non, as bolboretas non pican.–Daquela non lles teño medo ás bolboretas –dixo o león un pouco

avergoñado.

5

10

15

SABER MÁIS

As fábulas son historias protagonizadas por animais que falan e se comportan coma se fosen persoas. Xeralmente, os animais das fábulas representan determinadas virtudes ou determinados defectos e, a través da historia que protagonizan, transmiten algún tipo de ensinanza ou moralidade.

10

Page 11: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

1Unha fábula

–Pero, como pode ser que un león tan grande coma ti lles teña medo a uns bichos tan pequenos coma nós? –preguntou sorprendido o rato.

–Porque en realidade son unha formiga –confesou o león.–Pero non tes antenas e só tes catro patas... –dixo o rato mirando para

o león coma se estivese tolo.–Ben o sei... Son unha formiga atrapada nun corpo de león. A min

non me gusta saír de caza coma a meus irmáns; eu prefiro apañar follas e ramalliños, e agachalos en buratiños debaixo da terra. Ademais, son-vos vexetariano.

O rato non sabía que pensar, así que, decidido a aclarar aquel caso tan estraño, foi buscar a raíña das formigas e o rei dos leóns.

–Non é unha das nosas –asegurou a raíña das formigas ao ver o león. –Si que o son. Son unha formiga obreira –ratificouse na súa afirma-

ción o león.–Non, home, non –contradíxoo o rei dos leóns–. Con esta melena tan

grande e escura está clarísimo que es un dos nosos.E, sen facer caso das protestas, o rei dos leóns decidiu levalo para a

casa. Mentres marchaba, o león-formiga díxolle entre bágoas á raíña das formigas:

–Abofé que son unha de vós. Pero, se non me queredes, non podo facer nada.

Aquelas palabras partiron o corazón da raíña formiga, que decidiu pedir unha terceira opinión. Así que lle preguntaron á serpe, que era o animal máis listo de toda a selva.

A serpe examinou o león atentamente. Miroulle a lingua, os ollos, as orellas, o rabo...

–A verdade é que ten toda a traza de ser un león... –dixo pensativa despois dun anaco–. Pero se camiña coma unha formiga, traballa coma unha formiga e fala coma unha formiga, debe ser unha formiga. Ás ve-ces as aparencias enganan...

Daquela, o rei dos leóns preguntoulle ao león:–De verdade que non queres ser o rei da selva? –Non –respondeu o león convencido.–E estás seguro de que queres ser unha das nosas? –inquiriu a raíña

das formigas.–Non hai nada no mundo que me puidese facer máis feliz –confirmou

o león.Desde aquel día, o león foi vivir coas formigas e din que foi feliz para

sempre.

E alá, na selva, todos aprenderon a ver que o que parece non sempre é.

20

25

30

35

40

45

50

55

anoxase: enfadase.

arrepío: sensación de medo producida por algo que non se espera.

ratificouse: confirmou as súas palabras, mantívoas.

contradíxoo: dixo o contrario ou algo diferente do que dixo outro.

E se fose…

Imaxina outro desenvolvemento para o conto: que outro animal podería querer ser o león?, que lle gustaría facer se fose ese animal?

C

REATIVIDADE

11

Page 12: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

1 Di en cal destas oracións está mal utilizada a expresión destacada.

A Púxose tan contento que se lle partiu o corazón.

B Cando a viu chorar, partíuselle o corazón.

2 Explica coas túas palabras o que significa a expresión partirlle o corazón a alguén.

3 Escribe o nome do animal da lectura con que se adoita relacionar cada adxectivo.

sabio/-a feroztraballador/-a

4 Le e responde as preguntas.

• Por que di iso o león?

• Como cres que se debe sentir? Por que?

5 Como se sente o rato en cada momento? Explica por que.

• Cando cae enriba da barriga do león.

• Cando o león lle pide que non lle faga dano.

• Cando o león lle di que é unha formiga atrapada nun corpo de león.

6 Escolle o personaxe que, para ti, se comporta mellor ca o rei dos leóns e di por que.

o ratoa raíña das formigas

7 Escribe un texto breve en que expliques como pensas que será a vida do león coas formigas.

Comprensión lectora

TEST DE COMPRENSIÓN

1. Que animal espanta ao león cando está co rato?

a) Unha formiga.

b) Unha bolboreta.

c) Unha abella.

2. A quen vai buscar o rato para que resolva o problema?

a) Unha bolboreta.

b) Unha serpe.

c) A raíña das formigas e ao rei dos leóns.

3. Que lle gusta facer ao león da fábula?

a) Xogar coas formigas.

b) Apañar follas e ramalliños para agachalos debaixo da terra.

c) Saír a cazar.

4. Que come o león da fábula?

a) Carne doutros animais.

b) Formigas.

c) Só verduras.

5. Que di a serpe cando ve o león?

a) Que indubidablemente é un león.

b) Que é claramente unha formiga.

c) Que aparentemente é un león, pero que se comporta coma unha formiga.

6. Cal é a ensinanza que transmite a fábula?

a) Os animais son seres incribles.

b) O medo é un mal compañeiro.

c) As aparencias enganan.

Son unha formiga atrapada nun corpo de león.

12

Page 13: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

1 Completa co nome do grupo que corresponda en cada caso.

GRUPOS enxame rabaño bandada banco

• Un grupo de andoriñas forma unha • Un grupo de abellas forma un

• Un grupo de cabras forma un • Un grupo de sardiñas forma un

2 Di de que animais son fillas cada unha destas crías.

poldro becerro cervato lobeto

Exemplo O poldro é o fillo do e da

3 Forma palabras que nomeen berros de animais seguindo o exemplo.

• ouvear ouveo • rinchar • piar • bruar

4 Di que palabra de cada parella aparece primeiro no dicionario e explica por que.

xirafa xirasol

mono momia

leopardo leituga

gol gorra

UTILIZA O DICIONARIO

1Vocabulario. Os animais

5 Escribe a forma con que aparecerán no dicionario as palabras destacadas.

Cun pouco de sorte...

A semana próxima os meus curmáns e mais eu visitaremos o parque natural das Fragas do Eume. Apetéceme tanto ir! Dixéronme que hai uns lugares preciosos e que se poden ver lontras no río. Se temos sorte, quizais vexamos algunha...

O DICIONARIO

O dicionario é o libro en que se recollen os significados das palabras.

No dicionario as palabras atópanse ordenadas alfabeticamente, letra por letra.

Á hora de buscar no dicionario, cómpre ter en conta que os substantivos aparecen sempre en singular, os adxectivos en masculino singular e os verbos en infinitivo.

13

Page 14: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

QUE SABES XA

Di que palabras dos seguintes grupos son artigos, demostrativos, posesivos, numerais e indefinidos.

• a casa • tres lapis • o noso coche • algunhas follas

• cinco chaves • este camiño • aquelas leitugas • as súas fillas

Os determinantesXeralmente, os substantivos non aparecen sós, senón precedidos doutras palabras. Exemplo: a casa, esta casa. Estas palabras, que van diante do substantivo, serven para concretar o seu significado ou para determinalo. Por iso se di que funcionan como determinantes.

Os determinantes son palabras que van diante do substantivo e que o con-cretan ou o determinan. Hai varias clases de palabras que poden funcionar como determinante: o artigo (o can), os demostrativos (este can), os posesivos (o teu can), os numerais (tres cans, o primeiro can) e os indefinidos (algún can).

O artigoO artigo é unha clase de palabra que anuncia a presenza dun substantivo e que indica o xénero e o número que ten este. Sempre se utiliza diante do substantivo e a súa función é determinalo.

O artigo pode ser determinado (o paseo) ou indeterminado (unhas fotos) e sempre vai no mesmo xénero e no mesmo número ca o substantivo que acompaña. No cadro seguinte recóllense as formas do artigo.

Singular Plural

Masculino Feminino Masculino Feminino

o a os as

un unha uns unhas

Artigo determinado

Artigo indeterminado

ACTIVIDADES

1 Escolle a afirmación correcta.

A

B

GRAMÁTICA Os determinantes. O artigo

LEMBRA

Cando vai precedido polas preposicións a, con, de, en e por, o artigo contrae con elas. O resultado son as contraccións ao / ó, á, aos / ós, ás; co, coa, cos, coas; do, da, dos, das; no, na, nos, nas; polo, pola, polos, polas.

Demostrativos

Numerais

Posesivos

Indefinidos

Determinantes

Artigos

DeterminadosIndeterminados

Os determinantes expresan calidades dos substantivos e van no mesmo xénero e número ca eles.

Os determinantes úsanse diante dos substantivos. Os artigos son un tipo de determinantes.

14

Page 15: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

Que son os determinantes? Que palabras poden realizar esta función?

Que é o artigo?

Que dous tipos de artigo hai?

Os determinantes son as que van do substantivo e Poden funcionar como determinantes o , os , os , os e os

O artigo é que anuncia e indica

O artigo pode ser (o, a...) ou (un, unha...).

ELABORA O TEU RESUMO

2 Copia o texto e arrodea os determinantes segundo o código. Ten en conta as contraccións do artigo.

Artigo Demostrativo Posesivo Numeral Indefinido

Unha sorpresa

O meu amigo Martiño queríalle preparar unha sorpresa á nova compañeira da clase polo seu aniversario. Por iso, onte fomos a aquela tenda que hai preto da praza. O dependente ensinounos algunhas cousas: dous tipos de globos, varias grilandas... Pero finalmente decidímonos por estas bandeirolas con letras. Son moi bonitas!

3 Di se cres que as palabras subliñadas destes grupos desempeñan a función de determinantes ou non e explica por que.

o compañeiro aquel unha obra súa uns xoguetes calquera

4 Subliña os artigos destas oracións e clasifícaos. Repara en que algúns formaron contraccións.

• Fomos ao aeroporto a buscar uns sobriños da avoa.

• O meu grupo fixo aquel cartel cunhas fotos antigas.

• Os veciños da amiga de Sabela son italianos.

• Non sei se mercarlle un patinete, unha bici ou as lentes de sol que quería.

5 Copia os carteis e complétaos co artigo determinado ou coa contracción que corresponda en cada caso.

1

Mañá, grupo teatral PAXAROS

vai presentar obra«Conversa (con) home gris»

(en) sala de teatro Gaivotas.

Non faltedes!

xoiaría Brillantes pon todos reloxos e todas pulseiras (de)

inverno pasado (a) metade de prezo! XOIARÍA BRILLANTES, poder (de) elegancia.

OFERTA

BE

N V I D A

ARTIGOS DETERMINADOS

ARTIGOS INDETERMINADOS

15

Page 16: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

ORTOGRAFÍA Escritura de contraccións

ACTIVIDADES

1 Copia as contraccións do texto e explica como se formou cada unha.

Unha científica relevante

No último número da revista Animais, nalgunha páxina das centrais, aparece a entrevista que lle fixeron á doutora Celia Penas. É unha das zoólogas máis destacadas da universidade desta cidade. Noutra ocasión xa publicaran un artigo en que falaba daquel animal en perigo de extinción que acabou recuperándose.

2 Copia as oracións no caderno facendo as contraccións necesarias.

• (EN + ESA) maleta meteu as peluches (DE + AQUELA) amiga.

• Se saio (DE + ESTE) problema, non me meto (EN + OUTRO).

• Non me gusta esa camisa; prefiro (AQUELA + OUTRA).

• A Pedro xa o colleron (EN + ALGUNHA) mentira.

• (EN + ALGÚN) sitio oín falar (DE + ISO).

• Antes a xente comunicábase (DE + OUTRO) xeito.

QUE SABES XA

Di cales das palabras destacadas en cada oración son contraccións.

• Diso prefiro non falar; cóntame daquela vez que fostes a Suíza.

• A dona desa tenda vén andando desde a súa casa todos os días.

• Desta vez axúdoche, pero non me pillas noutra.

Ademais das contraccións do artigo e dos pronomes persoais, na lingua prodúcense outras contraccións. Vexamos:

• As preposicións de e en contraen cos demostrativos este, ese, aquel, iso… e dan como resultado as contraccións deste, dese, daquel, diso…; neste, nese…

• As preposicións de e en contraen cos indefinidos algún, algunha, algúns, algunhas e con outro, outra, outros, outras e dan como resultado as contraccións dalgún, dalgunha…; nalgún, nalgunha…; doutro, doutra…; noutro, noutra…

• Os demostrativos este, esta; ese, esa; aquel, aquela… contraen cos indefinidos outro, outra, outros, outras e dan como resultado as contraccións estoutro, esoutro, aqueloutro, estoutra, esoutra…

16

Page 17: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

3 Copia o cadro no caderno, complétao coas contraccións que cumpran e apréndeas.

este, ese, aquel esta, esa, aquela estes, eses, aqueles estas, esas, aquelas

de desta, desa, daquela

en nestes, neses, naqueles

4 Fíxate na situación de comunicación e completa o diálogo coas contraccións de demostrativo ou indefinido que cumpran.

No mercado

– Bo día, podería poñerme un quilo mazás de aí?– De cales, que están aquí á miña esquerda?– Si, E dous quilos peras de alí atrás,

que teñen moi boa pinta.– Se quere, póñolle que lle están riquísimas!

E caixa tamén teño algunhas das que apaño eu.– Graciñas, ocasión igual llas probo. Aburiño.

5 DITADO. Prepara o ditado para facelo no caderno.

Fíxate nas contraccións.

Un xornalista bárbaro

Xurxo, o fillo dese veciño que vive no piso de arriba, é un dos mellores xornalistas galegos da actualidade. É tan bo que, nunha ocasión, unha coñecida cadea de televisión mesmo lle ofreceu facer unha reportaxe polas praias do Caribe. Desa vez, o curioso foi que lle pagaron o aloxamento no hotel dalgunha das praias da zona. E aínda me lembro daqueloutra ocasión en que viaxou ao deserto… que envexa!

APRENDO COMO SE ESCRIBE

1

harmónicaInstrumento musical de vento que soa ao soprar ou ao aspirar por uns furadiños.

• Di que palabra está ben escrita.

A armónica B harmonica C harmónica D harmonia

• Localiza as letras que forman a palabra e escríbeas ordenadas en maiúscula e en minúscula.

C H Ó A R M I N X A

• Completa coas grafías que corresponda estas palabras da familia de harmónica.

*armon*a fil*armóni*o *armon*o

17

Page 18: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

Hai textos que explican as cousas dun xeito especial, co obxectivo de crear beleza e espertar determinadas emocións no lector. Estes textos chámanse textos literarios e o tipo de linguaxe en que están escritos é a linguaxe literaria.

Na linguaxe literaria, as palabras selecciónanse e combínanse usando diversos recursos, segundo as emocións que se queren transmitir.

Bolboreta

Bolboreta fascinante,debuxante e escritora,como es tan boa lectora,pasas páxinas ao instante.Coa túa pluma enroladorazugas tinta en tantas flores...Con palabras de mil cores,cada libro teu namora!

Héctor cajaraville

A bolboreta

A bolboreta é un insecto voador con catro ás de cores vivas que move con moita rapidez. Na boca, a bolboreta ten unha trompa enrolada en espiral que estira para zugar o néctar das flores que poliniza.

1 Fíxate no obxectivo dos textos anteriores e di cal dos dous non é literario.

2 Cales destas características do poema Bolboreta se poden considerar propias da linguaxe literaria? Escolle tres.

A Ten un ritmo e unha musicalidade especiais.

B Os verbos están en segunda persoa do singular.

C Utiliza determinadas palabras cun sentido que non teñen na linguaxe habitual.

D Diríxese á bolboreta coma se fose unha persoa.

E Utiliza palabras como escritora, pluma, libro, etc., relacionadas coa literatura.

Literatura

néctar: zume moi doce que segregan as flores.

fascinante: que gusta moitísimo.

18

Page 19: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

1A linguaxe literaria

3 Con que se comparan? Relaciona cada número coa letra correspondente.

1 As ás da bolboreta. A Cunha pluma.

2 A trompa da bolboreta. B Con tinta.

3 O néctar das flores. C Coas páxinas dun libro.

4 Cres que este texto é literario? Por que? Le e responde.

Posta de sol

As vistas eran impresionantes. O sol, canso despois dun longo día de traballo, agochábase tras das dunas, vestindo o ceo de belísimas tonalidades moradas. Ao fondo, unha caravana de camelos poñía puntos suspensivos a unha paisaxe inesquecible.

5 Le con atención. Despois, busca na prensa, na televisión ou en Internet dous exemplo do uso da linguaxe literaria na publicidade.

Os anuncios publicitarios teñen por obxectivo fundamental facer atractivo o produto aos ollos do posible consumidor. Por iso, a linguaxe literaria é cada vez máis importante na publicidade. Velaquí tes exemplo dalgúns dos recursos máis utilizados.

Viaxa cómodo. Cambia o teu TREN de vida.

MILFLORES, a fragrancia que te abraza.

AIRVOA, as zapatillas máis lixeiras de todos os tempos.

Lentes LUMINoLpara te protexeres do sol.

6 Escribe en linguaxe literaria as seguintes oracións.

• A cebra ten a pel de raias.

• A tartaruga ten unha cuncha dura no lombo.

Faino así:

– Relaciona cada característica dos animais cun destes elementos.

– Substitúe en cada oración a característica descrita polo elemento correspondente.

escudo pixama

DEMOSTRA O TEU TALENTO

A RIMA A PERSONIFICACIÓN

A HIPÉRBOLE OU ESAXERACIÓN

OS XOGOS DE PALABRAS

19

Page 20: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

Unha narración oral desde diferentes puntos de vistaAgora vas contar unha historia desde dous puntos de vista diferentes, é dicir, segundo como a viviron dous dos personaxes que interveñen nela.

Pero, antes, vas realizar actividades que che poden axudar a preparar este traballo. E, ao final, xa verás como es capaz de facelo moi ben!

PREPARA O TEU TRABALLO

1 Le a seguinte situación e responde.

O señor Trigo acolleu esta fin de semana na súa granxa un grupo de alumnos e alumnas do colexio A Carballeira para que descubrisen como é a vida no campo. Antes de volver á casa, o encargado da revista escolar falou con algúns participantes para ver como foi a experiencia.

• Onde se atopará a granxa do señor Trigo: no medio do campo ou preto dalgunha localidade?

• Con que instalacións contará: palleira, cortes, galiñeiro, hórreo, algunha lagoa ou estanque para os parrulos e os gansos...?

• Que animais se criarán nela? Haberá outras preto?

2 Que fixeron na granxa? Copia as tres actividades que prefiras.

SABER FACER

Montar a cabalo.

Alimentar os animais.

Recoller mel. Asistir ao nacemento dalgún animal.

Durmir en tendas de campaña.

Pasear de noite polo campo.

3 Escolle dous destes personaxes ou inventa outros para contar as dúas versións da experiencia na granxa.

ALDARA

Encántanlle os animais e o campo. Pasouno moi ben.

SEÑOR TRIGO

É moi simpático, pero ten pouca paciencia coa rapazada.

GUILLERME

É algo medroso. Pasouno mal, sobre todo de noite.

20

Page 21: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

ELABORA O TEU GUIÓN

4 Ponte na pel dos personaxes elixidos e responde coma se foses eles.

• Que fixeches esta fin de semana? Con quen?

• Apetecíache pasar unha fin de semana coma esta? Por que?

• Que actividades fixeches durante a fin de semana?

• Que é o que máis che gustou do que fixeches? Por que?

• Que é o que menos che gustou? Por que?

• Repetirías a experiencia? Por que?

5 Escribe un borrador para a narración de cada personaxe elixido.

Procura que a narración completa non ocupe máis de 10 liñas.

1.º PARÁGRAFO Explica o que fixo e se lle apetecía vivir esta experiencia.

2.º PARÁGRAFO Expón en que actividades participou e como se sentiu.

3.º PARÁGRAFO Valora a experiencia que tivo cada personaxe.

6 Ensaia a narración desde o punto de vista de cada personaxe.

DEMOSTRA QUE O SABES FACER

7 Realiza a narración oral en público de cada un dos personaxes.

8 Pídelle ao resto da clase que valore a túa intervención.

1

Baséate nos borradores da actividade anterior.

Pensa en movementos, xestos, tons de voz, etc., que poidan caracterizar mellor cada personaxe e ensáiaos.

Repite cada narración varias veces para memorizala.

Fala con voz alta e clara, pero sen berrar.

Utiliza tons de voz diferentes segundo cada personaxe.

Acompaña a túa narración con xestos e movementos axeitados.

SI NON

Notouse a diferenza de punto de vista entre as dúas narracións?

Utilicei un ton de voz adecuado e xestos?

Podería mellorar algún aspecto?

21

Page 22: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

1 RESUMO. Copia e completa o resumo destes contidos da unidade.

2 ESQUEMA. Copia e completa o seguinte esquema.

O ARTIGO

función tipos

(as galiñas, unha casa) (o, a, os, as)

3 Escolle os grupos en que as palabras están ordenadas coma no dicionario.

A coartar

coala

coalición

B león

leoneira

leopardo

C meda

medeiro

media

D xullo

xuño

xulgado

4 Escribe baixo que entrada se atopan estas palabras no dicionario.

• falabas • rapazas • crueis

COMPROBO O MEU PROGRESO

Le os enunciados, reflexiona e responde.

–Vin un gato! –Visitamos unha casa! –O gato era negro? –É a casa da praza?

En que casos se utiliza o artigo indeterminado? E o determinado?

PENSAMENTO

• O é o libro onde se recollen os significados das palabras.

• As palabras que preceden ao substantivo para concretalo ou determinalo son os As clases de palabras que desempeñan a función de determinantes son os , os , os , os e os

• As preposicións en e contraen cos e cos indefinidos , algunha, algúns, e outro, , ,

• Os textos que teñen por obxectivo e chámanse textos literarios. O tipo de linguaxe en que están escritos estes textos chámase

22

Page 23: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

5 Busca no dicionario estas palabras e indica cales nomean animais.

6 Completa co substantivo que corresponda tendo en conta a forma do artigo.

• O sábado pasado avariouse a microondas / lavalouza

• A Mateo encántalle o que lle regalaches. libro / cadros

• Entre os dous comeron todos os pasteis / filloas

• Cando están xuntos, as pásanlles voando. minutos / horas

7 Copia os determinantes e clasifícaos tendo en conta o esquema. Repara nas contraccións.

8 Indica a partir de que palabras se formaron as seguintes contraccións.

COMO O FIXEN? Responde as preguntas no caderno.

Sei buscar palabras no dicionario? En que forma busco os verbos?

Identifico todos os determinantes? Utilizo sempre a forma correcta segundo o substantivo que hai detrás?

Fago ben as contraccións do artigo? Utilizo correctamente as contraccións dos demostrativos e as dos indefinidos?

Distingo un texto literario dun que non o é? En que me fixo?

Uxío:

Telefonou Xiana para convidarte á súa festa de aniversario. Será o sábado 25 de setembro ás seis da tarde nun local que hai na praza da Verdura. Tes que levar un disfrace e unhas lentes de sol. Se podes ir, debes avisala hoxe á tarde neste número de teléfono: 600333333.

Biquiños!

Os avós

regueifa ñandú silva peñortucano

ouriolo

DETERMINANTES

ARTIGO

estoutros

nisto

dalgunhas

daqueles

noutros

nalgúns

OUTROS

DETERMINADO

INDETERMINADO

1

23

Page 24: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

1 Copia só as oracións.

• De veñen amigos os Madrid.

• Na festa cantarán Xoán e Uxía.

• Breixo xoga ao baloncesto.

• Roi, Martiño e David non.

• Os paxaros voan cara ao sur.

• Bombóns compra tenda.

2 Subliña o suxeito nas oracións da actividade anterior.

3 Escribe con maiúscula inicial as palabras que corresponda.

os meus curmáns xulio e maría viñéronnos visitar este verán. había case medio ano que non os viamos! e é que, desde que se mudaron ao norte, é máis difícil estar xuntos. que mágoa!

4 Escribe tres substantivos en cada caso.

Que conteñan o son R forte.

Que conteñan o son X.

5 Clasifica as seguintes palabras segundo o número de sílabas.

• boi • bolboreta

• neve • ficha

• carteira • fábrica

• mazá • botella

• tren • informática

• sol • impermeable

SON MONOSÍLABAS

SON BISÍLABAS

SON TRISÍLABAS

SON POLISÍLABAS

6 DITADO ACUMULATIVO. Prepara o ditado para facelo no caderno.

• As maiúsculas

• As grafías c e q

• As grafías c e z

• As grafías g/gu/gü

Un día moi completo

Mañá visitaremos co colexio o bosque dos Esquíos, preto de Sigüeiro. Despois, iremos á Pena das Aguias e cearemos no albergue «A agulla». Ao acabar, tocaremos a guitarra, danzaremos e cantaremos un pouco. Que ben!

REPASO ACUMULATIVO

Escribe SI ou NON e puntúate. Cada resposta correcta vale 2 puntos.

1 No dicionario os verbos están sempre en xerundio.

2 O artigo vai diante do substantivo e ten como función determinalo.

3 As preposicións de e en contraen co demostrativo.

4 O artigo vai no mesmo xénero e na mesma persoa ca o substantivo.

5 O obxectivo dos textos literarios é crear beleza e emocionar.

AUTOAVALIACIÓN

24

Page 25: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

• SABER MÁIS Outras regras de acentuación

• Audicións de Comunicación oral Primeiro trimestre

Page 26: 5 Lingua · 2020. 4. 2. · Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso

SABER MÁIS

76

Outras regras de acentuación

Con acento gráfico Sen acento gráfico

á contracción a + a; 'ala' a artigo; pronome; preposición

ás contracción a + as; 'alas' as artigo; pronome

cómpre 'é necesario' compre 'merque'

dá presente e imperativo de dar da contracción de + a

dás presente de dar das contracción de + as

dó 'compaixón'; nota musical do contracción de + o

é presente de ser e conxunción

fóra adverbio de lugar fora pretérito pluscuamperfecto de ser e ir

má 'mala, ruín' ma contracción me + a

más 'malas, ruíns' mas contracción me + as

máis adverbio de cantidade mais 'pero'

nó 'lazo' no contracción en + o

nós 'lazos'; pronome tónico nos pronome átono; contracción en + os

óso peza do esqueleto oso animal plantígrado

pé parte do corpo pe letra

póla 'rama' pola 'galiña'; contracción por + a

pór 'poñer' por preposición

présa 'apuro' presa 'prisioneira'; 'encoro'; 'manchea'

só adverbio; adxectivo so preposición

té 'infusión' te pronome; letra

vén presente de vir ven presente de ver; imperativo de vir

vés presente de vir ves presente de ver

vós pronome tónico vos pronome átono

O acento diacrítico

O acento diacrítico úsase para diferenciar palabras con significados distintos, pero que se escriben igual. Por exemplo: no par bóla ('esfera') / bola ('pan'), o acento diacrítico permítenos distinguir as dúas palabras e indícanos, ademais, que a vogal acentuada ten unha pronuncia aberta, a diferenza da vogal non acentuada, que é pechada.