31
O libro Lingua 2 para segundo curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: TEXTO Teresa Broseta Fandos (lecturas «Tempo para ler») Ánxela Carril Caldelas Luísa March Soler Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz Natalia Vázquez García ILUSTRACIÓN Jesús Aguado EDICIÓN Ánxela Carril Caldelas EDICIÓN EXECUTIVA Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero PRIMARIA Lingua 2 1

2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

  • Upload
    others

  • View
    7

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

O libro Lingua 2 para segundo curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

TEXTO Teresa Broseta Fandos (lecturas «Tempo para ler») Ánxela Carril Caldelas Luísa March Soler Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz Natalia Vázquez García

ILUSTRACIÓN Jesús Aguado

EDICIÓN Ánxela Carril Caldelas

EDICIÓN EXECUTIVA Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz

DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero

PRIM

AR

IA

Lingua2

1

Page 2: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu
Page 3: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

Presentación do proxecto

Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu Saber Facer Contigo.

Saber Facer Contigo incorpora importantes innovacións metodolóxicas e pedagóxicas que os docentes nos reclamaron para a súa práctica educativa, de aí o seu nome. O obxectivo primordial é desenvolver no alumnado as capacidades imprescindibles para a futura cidadanía do século XXI:

As habilidades de comunicación

A comunicación é un dos eixes esenciais do proxecto. A través de diferentes programas, presentes en todas as áreas, trabállanse as destrezas comunicativas:

– Tempo para falar. Comunicación oral.

– Tempo para ler. Competencia lectora.

– Tempo para escribir. Comunicación escrita.

As destrezas de pensamento

Aprender a pensar e desenvolver o razoamento lóxico son outros dos eixes de Saber Facer Contigo. Para iso trabállanse as estratexias e as rutinas que cómpren para lograr unha aprendizaxe autónoma e eficaz, co obxectivo de que o alumnado adquira habilidades de pensamento de orde superior:

– Fortalecer a comprensión e sintetizar as ideas máis importantes.

– Reter e lembrar a información.

– Relacionar coñecementos entre si.

A interiorización destas estratexias e rutinas facilitará o control do pensamento e unha maior eficacia á hora de aplicar os novos coñecementos. Ao longo das unidades inclúese unha sección destinada ao adestramento do pensamento, que se destaca cun sombreiro de cor azul.

A intelixencia emocional

A educación das emocións é esencial para a educación integral do alumnado. Os obxectivos fundamentais que se establecen en Saber Facer Contigo versan arredor destes aspectos:

– A identificación das emocións propias e alleas.

– A autoxestión e a regulación emocional.

– A expresión das emocións.

– As habilidades sociais e a empatía.

Un sombreiro de cor vermella enmarca as actividades e propostas encamiñadas de forma específica ao desenvolvemento da intelixencia emocional.

3

Page 4: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

Para finalizar, e atendendo aos últimos avances da neurociencia, Saber Facer Contigo incorpora unha proposta de GAMIFICACIÓN para activar a emoción e a curiosidade do alumnado, grandes pancas da aprendizaxe. No proxecto ofrécense dinámicas propias do xogo que van axudar a transformar a aula, creando un ambiente estimulante e motivador.

A creatividade

A creatividade implica ter unha imaxinación viva, ser capaz de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros trabállanse basicamente estas capacidades:

– A busca de estratexias persoais e innovadoras.

– A utilización de formas creativas de expresión.

As actividades que implican poñer en xogo a creatividade de xeito especial identifícanse cun sombreiro de cor verde.

O traballo cooperativo

Co obxectivo de que o alumnado desenvolva a súa capacidade de cooperar e sexan capaces de traballar xuntos para alcanzar un obxectivo común, neste proxecto propóñense actividades que requiren diferentes niveis de agrupamento:

– Traballo por parellas.

– Traballo en equipo.

– Traballo en grupo-clase.

Estas actividades identifícanse con distintas iconas.

Ademais, ao finalizar cada trimestre inclúese un pequeno proxecto denominado Cooperamos, en que se poñen en xogo diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa.

A autorregulación da aprendizaxe

En Saber Facer Contigo o alumnado ten un papel activo no proceso de ensinanza e promóvese a reflexión persoal sobre a súa propia aprendizaxe, para mellorar o coñecemento de si mesmos e detectar fortalezas e debilidades.

Ao longo das unidades deste libro inclúense pequenas rúbricas para que os alumnos e as alumnas tomen conciencia do que aprenderon e valoren como o fixeron.

4

Page 5: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

Comezamos ......................................................... 119

Unidade 1. Feliz aniversario! ............................... 113

Unidade 2. Unha vista magnífica ........................ 127

Unidade 3. Xogamos? ......................................... 141

Unidade 4. Amigos especiais ............................... 155

Cooperamos ..................................................... 168

Unidade 5. Estamos de festa! ............................... 171

Unidade 6. A natureza viva ................................. 185

Unidade 7. De paseo polo centro ........................ 199

Unidade 8. Un recanto verde ............................... 113

Cooperamos ..................................................... 126

Unidade 9. Divertímonos no río .......................... 129

Unidade 10. A reciclar! ........................................ 143

Unidade 11. Viaxamos ao pasado ....................... 157

Unidade 12. Eliximos un xoguete ........................ 171

Cooperamos ..................................................... 184

Saber máis ........................................................... 188

O meu álbum de Lingua .................................... 200

Índice

5

Page 6: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

Cadro de contidos

UnidadesTempo para falar e escoitar

VocabularioTempo para ler

Comezamos9

• Falar da volta ao colexio

A xerra do lago

1. Feliz aniversario! 13

• Identificar persoas • Dar as grazas

O parque infantil A festa de Escarlata

2. Unha vista magnífica 27

• Ordenar un itinerario • Xustificar unha elección

A excursión ao miradoiro

Unha familia numerosa

3. Xogamos?41

• Identificar un xogo • Convidar a alguén

Os xogos tradicionais

Domingo no Regueiriño

4. Amigos especiais 55

• Reter información básica

• Animar a alguén

A clínica veterinaria

Sol e Lúa

SABER MÁIS: Repaso trimestral. Celebro o Nadal. O meu primeiro dicionario AUDICIÓNS

5. Estamos de festa! 71

• Identificar unha escena • Expresar preferencias

Os espectáculos de rúa

Un concerto accidentado

6. A natureza viva 85

• Recoñecer o significado dunha palabra

• Dar pistas

Os insectos Campo de papoulas

7. De paseo polo centro 99

• Identificar un edificio • Describir unha persoa

O centro da cidade

O bosque sen árbores

8. Un recanto verde 113

• Manter a atención • Falar sobre unha planta

O coidado do parque

Libros para a primavera

SABER MÁIS: Repaso trimestral. O meu primeiro dicionario AUDICIÓNS

9. Divertímonos no río 129

• Comprender normas • Dar argumentos

As actividades no río

A viaxe de Carolina

10. A reciclar!143

• Entender unha explicación• Expresar posibilidades

A reciclaxe Un frasco de perfume

11. Viaxamos ao pasado 157

• Identificar un obxecto • Facer preguntas

A escavación arqueolóxica

Un achado inesperado

12. Eliximos un xoguete 171

• Ordenar instrucións • Facer un anuncio

Os xoguetes A viaxe secreta

SABER MÁIS: Repaso final. Obradoiro de teatro. O meu primeiro dicionario O MEU ÁLBUM DE LINGUA

6

Page 7: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

Aprendo e practico(Gramática)

Tempo para escribir mellor(Ortografía)

Máis tempo para ler

Saber facer (Escritura)

• Escribir datos persoais• Ordenar sílabas

As letras. O abecedario

Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos!

Escribir unha invitación de aniversario

Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo: Paisaxes curiosas

Explicar unha ruta

A oración. Clases de oracións

O punto, a interrogación e a admiración

Poema: Un paseo en bici

Explicar un xogo

O suxeito e o predicado

Palabras con mp e mb Poema: O gato

Describir un animal

Os pronomes persoais

Palabras co son R forte e con son R suave

Texto informativo: Un monicreque famoso

Anunciar un acto

O substantivo. Clases de substantivos

Palabras con maiúscula Poema: A xoaniña

Escribir un conto

O xénero e o número dos substantivos

Palabras con c e z Texto informativo: Unha praza moi animada

Describir un lugar

Os determinantes Contraccións do artigo Poema: O parque na primavera

Describir un personaxe fantástico

O adxectivo Palabras con br e bl Fábula: O can e a súa imaxe

Escribir unha carta

O verbo en presente Palabras con x Cómic: Unha boa lección

Elaborar carteis

O verbo en pasado Palabras con i e con ll Texto informativo: Os castros e os castrexos

Facer un catálogo

O verbo en futuro A coma Poema: Naiciña

Escribir instrucións

SABER MÁIS: Repaso final. Obradoiro de teatro. O meu primeiro dicionario O MEU ÁLBUM DE LINGUA AUDICIÓNS

7

Page 8: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

Símbolos utilizados neste libro

Sombreiros de cores

Sinala as actividades en que vas traballar co teu compañeiro ou compañeira.

Para realizar estas actividades, vas ter que traballar en equipo.

Indica que actividades debes realizar escoitando unha gravación.

É o sombreiro do pensamento. Valo poñer para reflexionar e sacar conclusións.

É o sombreiro da creatividade. Con el poñerás en xogo a túa imaxinación para achegar ideas orixinais.

É o sombreiro das emocións. Valo usar para expresar o que sentes e poñerte no lugar dos demais.

PENSAMENTO

CREATIVIDADE

EMOCIÓNS

8

Page 9: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

9

Tempo para falar

1 Contesta.

Onde cres que están esta rapaza e este rapaz? Que día será?

Paréceche que están contentos de estar aquí? Por que?

Coidas que xa se coñecían de antes? Por que o pensas?

2 Como te sentes agora que comezas un curso novo?

Pensa e explica o que máis che gusta de volver ao colexio e o que menos.

Comezamos

9

Page 10: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

10

3 Preséntate ao resto da clase.

Podes empregar este modelo.

4 Comenta coas compañeiras e cos compañeiros algunha cousa interesante que fixeches este verán.

Un amigo ou amiga que coñeciches.

Unha cousa que aprendiches a facer.

Unha excursión que fixeches con alguén.

Un lugar que visitaches.

5 Que actividades extraescolares che gustaría facer durante este curso? Marca tres.

patinaxe baloncesto atletismo

robótica debuxo e pintura teatro

música danza fútbol

natación balonmán cociña

papiroflexia xadrez informática

Poñede en común as respostas e facede unha lista no encerado coas actividades máis solicitadas.

Chámome Iria e teño 7 anos. O que máis me gusta é bailar.

10

Page 11: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

11

Comezamos

Tempo para escribir

1 Completa cos teus datos.

2 Arrodea as sílabas que necesites e escribe os seus nomes.

Fixándote nas cores, copia as sílabas que non arrodeaches e le a mensaxe.

!

©hámome .

Vivo en .

Vou ao colexio .

©omecei curso de primaria.

O mestre/a mestra chámase .

O

VI

RA DOVE

SEGAA LLACO

PO

DOS LI SO

GUN BEN ÑA POR

11

Page 12: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

12

Tempo para ler

1 Le este conto en voz alta.

2 Escribe V se é verdadeiro ou F se é falso.

O príncipe expulsou do reino a seu pai e a todos os vellos.

Un mozo labrego foi quen conseguiu coller a xerra de ouro.

A xerra de ouro atopábase en realidade no fondo do lago.

3 Que lección aprendeu o príncipe ao final? Comentade na clase.

A xerra do lago

Había unha vez un príncipe novo e orgulloso que, para se converter

en rei, expulsou do reino a seu pai e a todos os vellos.

Un día, o príncipe descubriu unha xerra de ouro nun lago. Pero nin el

nin os seus mozos guerreiros podían collela.

–Maxestade, eu vouvos conseguir a xerra! –dixo daquela un mozo labrego.

E a continuación subiu a unha árbore que había

ao lado do lago e baixou a xerra.

–Como soubeches que a xerra estaba na

árbore? –preguntou o príncipe sorprendido.

–Ao saber do caso, voso pai e os vellos que

expulsastes do reino dixéronme que só cumpría

mirar ben ao redor para saber onde estaba a xerra.

Daquela, o príncipe decatouse de que a experiencia

dos maiores é a mellor escola do mundo.

Conto popular

12

Page 13: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

13

Feliz aniversario!

Escribo unha invitación de aniversario.

1

SABER FACER

Para resolver Onde cres que están estas persoas? Que estarán celebrando?

De quen é o aniversario? Cantos anos fai? Como o sabes?

Como felicitarías a rapaza? Que lle dirías?

Como celebras o teu aniversario? Onde o fas? Con quen o celebras?

Cal foi o último aniversario ao que fuches? Como te convidaron?

13

Page 14: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

14

Tempo para falar e escoitar

Agora contesta

Onde están os rapaces e rapazas? Como cres que o pasan?

Que se pode facer na zona de xogos? Que está prohibido?

Estiveches nalgún parque coma este? Que fixeches?

PENSAMENTO

Que vexo? Que penso? Que me pregunto?

Page 15: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

15

1

Palabras sobre o parque infantil

• En que se parecen un tobogán e unha rampla? En que se diferencian?

• En que lugares te podes arrandear?

• Podes explicar o que é gabear? Di algúns lugares polos que podes gabear.

escorregar

arrandearse

bracear

agatuñar

tobogán

gabear

brincar

rampla

1 De quen é o aniversario? Escoita a pista 1 e marca.

En que lingua a felicita cada un? Escoita agora a pista 2 e ordena.

En catalán. En castelán. En vasco.

2 Dálle as grazas a Xiana por convidarte á festa. Que lle dirías?

3 VALORES. Comenta coa clase.

• Consideras que é importante ter amigos e amigas? Por que?

• Gústache estar cos amigos e coas amigas? Cando che gusta máis?

Agradézoche que...Moitas grazas por... Alégrome moito de que...

Page 16: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

16

Tempo para ler

Melloro a lectura

Escoita como se pronuncian as palabras ao e aos e despois le en alto.

Mañá iremos ao parque. Hoxe xogamos aos birlos no patio.

Lembra como tes que ler as palabras ao e aos cando as atopes no texto.

A festa de Escarlata

Faltaban poucos minutos para que soasen as doce dunha noite

xeada e escura. Sentada ao pé dun carballo milenario,

acompañada polo seu moucho e por dúas arañas peludas,

a bruxa Escarlata choraba os sete chorares

abrazada á súa vasoira.

–Ai, que desgraciada son!

Ai, que ninguén me quere! –berraba

con desesperación.

Choraba así porque o día do seu

aniversario estaba a piques de rematar

e ninguén se lembrara de felicitala

nin de facerlle un regalo. ¿Como non

ía chorar, se era a bruxa máis triste

e máis soa do bosque? E da aldea,

da comarca, do país... do universo

enteiro! Estaba segura de que, aínda

que a buscase con lupa, ninguén atoparía

outra bruxa máis infeliz ca ela.

De súpeto, o moucho abriu as ás e lanzou un chío

tan agudo que fixo fuxir as arañas, tremer as follas

da árbore e cambalear o sombreiro aguzado de Escarlata.

Page 17: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

17

1A bruxa, alarmada, detivo en seco aquela fervenza

de bágoas e ergueuse dun chimpo. Algo pasaba,

iso estaba claro! O seu moucho era serio e responsable,

daqueles que non oulean sen un motivo de peso.

Ao mirar cara ao camiño, Escarlata quedou coa boca

aberta. Entre as sombras da noite viu que chegaban

un montón de bruxas e bruxos, trasnos e fadas, magos

e gnomos... Todos levaban na man unha candea acesa,

de xeito que semellaban unha estraña procesión

de vagalumes. E no medio, entre uns cantos, cargaban

un enorme agasallo.

–Moitos parabéns, Escarlata! –berraron desafinando

en canto a descubriron ao pé do carballo.

Escarlata, feliz ao ver que os seus amigos non se

esqueceran do seu aniversario, limpou as bágoas

coa manga e mostroulles un sorriso radiante

aos visitantes. Cando aquela tropa risoña e ruidosa a

arrodeou, a bruxa Escarlata comezou a encher de aire

os pulmóns. Boa falta lle facía para apagar dun soprido

as trescentas vinte e catro candeas da súa torta

de aniversario!

Busca as palabras destacadas en

O meu primeiro dicionario, ao final do libro.

Póñome no lugar dos demais

Como te sentirías se che pasase o mesmo ca á bruxa Escarlata?

Que farías se atopases un compañeiro ou unha compañeira só e triste no patio? Como poderías axudalos?

EMOCIÓNS

Page 18: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

18

1 Le e marca a resposta correcta en cada caso.

• Quen se lamentaba deste xeito?

A bruxa Carlota.

A bruxa Escarlata.

• Por que se sentía así?

Porque non tiña ningún amigo no bosque onde vivía.

Porque ninguén se lembrara de felicitala nin de facerlle un regalo o día do seu aniversario.

2 Responde.

• Quen apareceu de súpeto entre as sombras da noite?

• Que viñan facer?

3 VOCABULARIO. Que quere dicir cada expresión destacada? Marca.

Botaba moitas bágoas. Non soubo que dicir.

Choraba enriba dunha cunca. Enfadouse moitísimo.

Tempo para ler

Ai, que desgraciada son!

Escarlata quedou coa boca aberta.

Escarlata choraba os sete chorares.

Page 19: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

19

1 Fíxate na palabra escrita na tarxeta e responde.

• Cantas letras ten esta palabra?

• Que letras están repetidas?

As letras. O abecedario

Para escribir palabras utilizamos letras: unhas son vogais (a, e, i, o, u) e outras son consoantes (b, l, p…). Cada lingua ten un grupo de letras que forman o seu abecedario. O abecedario galego ten 23 letras.

2 Copia en minúscula as 23 letras do noso abecedario e memorízaas.

3 Colorea en cada caso a letra que vai detrás no abecedario.

M L

N

E

F

D

R T

S

4 Cambia a letra destacada por outra e forma unha palabra nova.

• horta • marmelo

• capela • allo

Ñ O P Q R S T U V X Z

A B C D E F G H I L M N

1APRENDO E PRACTICO

FELICIDADES!

Page 20: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

20

1 Le o texto e clasifica as palabras destacadas.

Palabras con c e qu

Escríbese c diante de a, o, u: ca, co, cu.

Escríbese qu diante de e, i: que, qui.

2 Completa con c ou qu, segundo corresponda.

• re eixo • olar • e∫ udo • c astelo

3 Escribe unha oración con cada serie de palabras.

Carme mercar quiosco

Nicolao buscar raqueta

ca

co

cu

que

qui

Tempo para escribir mellor

Benqueridos amigos e amigas:Estou moi contenta de que viñésedes onte ao meu aniversario. Que festa máis bonita! E non sobrou nin unha chisca de torta! Grazas

por acudir. Biquiños! Sabela

Page 21: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

21

14 Fíxate no exemplo e escribe palabras semellantes engadindo -iño e -eiro.

• arco • cunca

• banco • vaca

5 Que son? Arrodea e escribe os nomes.

R E S Q U Í O L U A

T U C O E L L O Q U E

H C U L L E R A T A Q

6 DITADO. Prepara o ditado para facelo no caderno. Fíxate nas palabras

que teñen c ou qu.

Ricas, riquísimas!

A tía Camila é unha cociñeira estupenda. Encántalle

cociñar! Polo aniversario preparou un quilo de rosquillas

caseiras riquísimas. Que banquete!

barco barquiño pataca pataqueiro

Melloro a ortografía

Completa con c, qu ou k segundo corresponda.

cómi iwi∫

uilogramo anora

Hai algunhas palabras de orixe estranxeira que se

escriben coa letra k!

Page 22: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

22

1 Que se celebra no poema? Marca.

Unha festa de disfraces

Unha festa de aniversario

Un concurso de pasteis

2 Por que cres que no lugar da festa De súpeto todo escurece? Subliña.

Porque se puxo o Sol e fíxose de noite.

Porque alguén apagou as luces do cuarto.

Máis tempo para ler

Por moitos anos!

De súpeto todo escurece

e o balbordo desaparece

e ábrese amodo unha porta

e entran cunha rica torta.

Daquela, os convidados

cántanche, emocionados:

«Parabéns para ti

nesta data querida,

moitas felicidades,

moitos anos de vida!».

Agora só che queda,

pedir un desexo,

apagar as candeas

e gozar do festexo.

Equipo obradoiro

Page 23: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

23

1

23

3 Como pasa? Escribe 1, 2 e 3.

4 Que desexo de aniversario pedirías ti? Escribe.

E¬u pediría

5 Poñede en común os xeitos de felicitar que coñecedes.

• Que palabras dicides? Que cantades?

• Coa axuda dun adulto, podedes buscar en Internet mensaxes de felicitación noutras linguas e aprender a cantar Feliz aniversario en inglés, francés, italiano…

CREATIVIDADE

Escribe con letras bonitas unha felicitación para quen queiras.

Parabéns para ti...

Page 24: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

SABER FACER

24

Escribo unha invitación de aniversario

1 Le o texto e contesta.

INVITACIÓN PARA ©ibránO vindeiro sábado, 13 de outubro,

ás 5 da tarde, celebro

o meu aniversario.

Vou facer unha festa na casa do meu

avó, na rúa do Outeiro, número 3.

Anímate a vir. Habémolo pasar moi ben!

Sƒabela

• Quen escribiu a invitación?

• Para quen é a invitación?

• Que día vai ser a festa?

• A que hora vai comezar?

• En que lugar se vai celebrar?

2 Que datos non poden faltar na invitación? Une.

Na invitación non poden faltar...

… os xogos que se farán na festa.

… o día, a hora e o lugar da festa.

Escritura

Page 25: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

1

25

3 Responde como queiras para escribir a túa invitación de aniversario.

• Que día vas celebrar o teu aniversario?

• Onde che gustaría celebralo?

4 Que dirías ao final da túa invitación? Subliña a opción que queiras.

• Espérote! • Vai ser moi divertido! • Non podes faltar!

5 Invita a alguén ao teu aniversario seguindo o modelo da actividade 1.

Adorna a invitación ao teu gusto e asínaa.

INVITACIÓN PARA

Page 26: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

26

COMO O FIXEN? Colorea , ou .

Ordenei ben series de letras do alfabeto.

Completei palabras con c e qu.

Lin textos con boa entoación.

COMPROBO O MEU PROGRESO 11 Escribe unha palabra de cada tipo usando estas letras.

De 3 letras

De 3 letras

De 3 letras

De 4 letras

De 3 letras

De 7 letras

De 3 letras

De 8 letras

2 Completa cada serie seguindo a orde alfabética.

a c e

g i m

t v

3 Completa con c ou qu.

oitelo cro eta∫ un a e∫ í∫

4 Arrodea as palabras anteriores seguindo o código.

Escríbense con c Escríbense con qu

26

C

O A M

EL

A R

Page 27: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

Anexos• Saber máis

Repaso trimestral

Celebro o Nadal

O meu primeiro dicionario

• Audicións Tempo para falar e escoitar Melloro a lectura

71

Page 28: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

1 Cantas letras ten o abecedario galego? Marca a opción correcta.

19 consoantes e 6 vogais. 21 consoantes e 5 vogais.

18 consoantes e 5 vogais. 20 consoantes e 4 vogais.

2 Clasifica as seguintes palabras segundo o número de sílabas.

• bolboreta • botella • prato • man

• sal • bolígrafo • tren • cadeira

• mesa • teclado • trasno • castiñeiro

Teñen 1 sílaba

Teñen 2 sílabas

Teñen 3 sílabas

Teñen máis de 3 sílabas

3 Risca a palabra intrusa en cada grupo e explica por que.

Xogos tradicionais buxaina - birlos - mariola - bólas - vendaxe

Clínica veterinaria xiringa - menciñas - colar - vendaxe - corda

fotografar - cantimplora - panel - tobogán - cantil A excursión

Parque infantil agatuñar - escorregar -gabear - estudar - brincar

SABER MÁIS Repaso trimestral

Page 29: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

4 Completa coas grafías que corresponda.

eixo a á pin ín an uro

e ude ros illas a ia parau eiro

5 Escribe unha oración utilizando cada grupo de palabras.

xogan - parque - nenos

estrada - coches - circulan

6 Arrodea de azul o suxeito e de vermello o predicado das oracións que escribiches.

7 Escribe unha oración de cada tipo.

Non esquezas os signos de puntuación.

Interrogativa

Exclamativa

Enunciativa

Page 30: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

Ffachadas: paredes dun edificio que se ven desde a rúa.

Ggrilandas: tiras de adorno feitas con flores e follas unidas.

H I L

Mmágoa: pena.

manchea: gran cantidade de cousas.

mata de pelo: conxunto de cabelos dunha persoa cando son abundantes.

matogueiras: conxunto de plantas de pouca altura.

minguando: diminuíndo, sendo menos intensa.

N Ñ

Oouteiriño: pequena elevación do terreo.

Ppelouros: pedras pequenas e lisas, xeralmente arredondadas.

pílulas: medicamentos en forma de boliña que se tragan enteiros; pastillas.

Q

SABER MÁIS O meu primeiro dicionario

Page 31: 2 Lingua - Santillana1. Presentación do proxecto Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu

Rrabuños: feridas superficiais que se fan na pel xeralmente coas uñas ou con algo afiado.

rebumbio: ruído de voces.

regueiro: pequena corrente de auga máis pequena ca o río.

resignación: aceptación de algo que non nos gusta.

Sse decatou: se deu de conta.

sen dar un chío: calados, sen dicir nada.

soneca: sono lixeiro e curto.

Ttarima: plataforma feita de táboas.

tobeira: burato que fan debaixo da terra algúns animais para refuxiarse nel.

topou: encontrou.

U

Vvagalumes: insectos que emiten luz na escuridade.

Xxeso: material que se pon nas pernas e nos brazos cando rompen para inmobilizalos mentres se curan.

Z