11
A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTIL 1. COÑECEMENTOS PREVIOS Como paso previo para o uso e manexo da calculadora nos diferentes niveis da etapa infantil, fixemos una presentación previa en cada aula. Presentamos a calculadora para averiguar o que sabían sobre ela. Algunhas das respostas dadas polos cativos foron as seguintes: NIVEL DE 3 ANOS: “iso é una calculadora”, “hainas no supermercado”, “serven para pagar”, “teñen números e letras”,… Deixamos un momento de libre manipulación da calculadora, e posteriormente desenvolvemos un pequeno exercicio de percepción e discriminación numérica: consistía en teclear una serie de números iguais agás un, e identifica-lo intruso. Exemplo: 77777177 / 99969999 NIVEL DE 4 ANOS: “é unha calculadora”, “meu primo ten unha para facer os deberes”, “serve para poner números”… Deixamos un momento de libre manipulación e de seguido realizamos un xogo consistente en adiviñar o número que faltaba dentro da serie numérica que a mestra lle marcaba na pantalla (exemplo: 1-2-3-4-6- 7-8-9). NIVEL DE 5 ANOS: “é una calculadora”, “meu pai ten unha, empregouna un día para escribir cousas no aeroporto”, “serve para anotar e que non se nos olviden as cousas”, “meu irmá Pablo ten unha na casa para sumar”,”na miña tenda hai sete e na casa non teño ningunha”,… Deixamos un momento de libre manipulación, e fixemos dous xogos: un consistía en sumar as cifras que aparecían reflectidas na lousa dixital, e outra foi escribir na pantalla números significativos para eles (ano 2013, o teléfono de seus pais…).

A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTILPrimeiro presentamos os números 1,2 e 3 nunha folla impresa para que os alumnos os identifiquen (os números están debuxados seguindo a forma

  • Upload
    others

  • View
    11

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTILPrimeiro presentamos os números 1,2 e 3 nunha folla impresa para que os alumnos os identifiquen (os números están debuxados seguindo a forma

A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTIL

1. COÑECEMENTOS PREVIOS

Como paso previo para o uso e manexo da calculadora nos diferentes

niveis da etapa infantil, fixemos una presentación previa en cada aula.

Presentamos a calculadora para averiguar o que sabían sobre ela.

Algunhas das respostas dadas polos cativos foron as seguintes:

• NIVEL DE 3 ANOS: “iso é una calculadora”, “hainas no

supermercado”, “serven para pagar”, “teñen números e letras”,…

Deixamos un momento de libre manipulación da calculadora, e

posteriormente desenvolvemos un pequeno exercicio de

percepción e discriminación numérica: consistía en teclear una serie

de números iguais agás un, e identifica-lo intruso. Exemplo:

77777177 / 99969999

• NIVEL DE 4 ANOS: “é unha calculadora”, “meu primo ten unha para

facer os deberes”, “serve para poner números”… Deixamos un

momento de libre manipulación e de seguido realizamos un xogo

consistente en adiviñar o número que faltaba dentro da serie

numérica que a mestra lle marcaba na pantalla (exemplo: 1-2-3-4-6-

7-8-9).

• NIVEL DE 5 ANOS: “é una calculadora”, “meu pai ten unha,

empregouna un día para escribir cousas no aeroporto”, “serve para

anotar e que non se nos olviden as cousas”, “meu irmá Pablo ten

unha na casa para sumar”,”na miña tenda hai sete e na casa non

teño ningunha”,… Deixamos un momento de libre manipulación, e

fixemos dous xogos: un consistía en sumar as cifras que aparecían

reflectidas na lousa dixital, e outra foi escribir na pantalla números

significativos para eles (ano 2013, o teléfono de seus pais…).

Page 2: A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTILPrimeiro presentamos os números 1,2 e 3 nunha folla impresa para que os alumnos os identifiquen (os números están debuxados seguindo a forma

2. ELABORACIÓN DE MATERIAIS

Para levar a cabo as actividades planificadas para o manexo da

calculadora, precisamos elaborar previamente certos materiais cos que

logo traballar, como por exemplo:

• BARALLA DE CARTAS TAMAÑO DIN-A 4: confeccionamos una baralla

de 9 cartas (a serie numérica do 1 ó 9). Nun lado da baralla aparece

un número determinado de gomets. Do outro lado, a

representación gráfica do número de gomets.

• BARALLA DE CARTAS TAMAÑO DIN-A 5: fixemos outra baralla de

menor tamaño coa serie numérica (do 1 ao 9). Nesta baralla

aparecen do mesmo lado una serie de elementos determinados (3

porquiños, 6 globos…) e o número gráfico que representa a

cantidade de elementos (oculto por una lapela que permite ver ou

tapar o número según precisemos).

Page 3: A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTILPrimeiro presentamos os números 1,2 e 3 nunha folla impresa para que os alumnos os identifiquen (os números están debuxados seguindo a forma

• PLANILLAS DE NÚMEROS: elaboramos planillas tamaño Din A-4 coas

grafías dos números, tanto grafismo convencional como o grafismo

da numeración da calculadora.

• MATERIAIS COMERCIAIS: para o desenvolvemento das actividades

tamén empregamos outros materiais comerciais xa elaborados,

como por exemplo, barallas de números, tarxetas con números e

debuxos…

3. DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES

• NIVEL DE 3 ANOS: manipulación da calculadora para discriminar as

grafías dos números e comparalos cos números “ordinarios”.

Primeiro presentamos os números 1,2 e 3 nunha folla impresa para que

os alumnos os identifiquen (os números están debuxados seguindo a

forma dos palillos depresores).

O número 1 presentámolo da forma que eles coñecen (1).

Dámoslles palillos depresores para que compoñan os números (cada

palillo foi coloreado por eles coas cores das regretas : 1 sen cor ,2 de

vermello, 3 de verde claro).

Dámoslles logo a calculadora. Ensinámoslles a acendela e apagala.

Page 4: A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTILPrimeiro presentamos os números 1,2 e 3 nunha folla impresa para que os alumnos os identifiquen (os números están debuxados seguindo a forma

Observaron que tiña diferentes números algúns xa coñecidos por eles.

Identifican na calculadora o nº que teñen na ficha e comproban que o

número 2 e 3 se parecen moito ao que eles teñen na ficha (e o 3 ademais

se parece a unha E, algún incluso se confunde) pero o número 1 aparece

diferente na calculadora , polo que o volven compoñer cos palillos tal e

como aparece na calculadora.

Para rematar deixámoslles que manipulasen libremente a calculadora.

Page 5: A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTILPrimeiro presentamos os números 1,2 e 3 nunha folla impresa para que os alumnos os identifiquen (os números están debuxados seguindo a forma
Page 6: A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTILPrimeiro presentamos os números 1,2 e 3 nunha folla impresa para que os alumnos os identifiquen (os números están debuxados seguindo a forma

• NIVEIS DE 4 E 5 ANOS:

No nivel de 5 anos centramos o noso traballo por medio das barallas das

que falabamos no apartado 2.

O obxectivo é que os nenos estimen a cantidade de elementos ou gomets

alí debuxados, que busquen o número que eles cren que corresponde na

calculadora e o tecleen, e posteriormente, nun exercicio de

autocorrección (ben levantando a lapela que agocha o número ou ben

virando a carta), que comproben se o número marcado era o correcto.

Nalgúns casos, o exercicio desenvolveuse a nivel individual.

Page 7: A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTILPrimeiro presentamos os números 1,2 e 3 nunha folla impresa para que os alumnos os identifiquen (os números están debuxados seguindo a forma

Noutras ocasións, realizouse a actividade por parellas.

No nivel de 4 anos realizamos a mesma tarefa con materiais comerciais,

tal e como se aprecia nas seguintes imaxes.

Page 8: A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTILPrimeiro presentamos os números 1,2 e 3 nunha folla impresa para que os alumnos os identifiquen (os números están debuxados seguindo a forma
Page 9: A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTILPrimeiro presentamos os números 1,2 e 3 nunha folla impresa para que os alumnos os identifiquen (os números están debuxados seguindo a forma
Page 10: A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTILPrimeiro presentamos os números 1,2 e 3 nunha folla impresa para que os alumnos os identifiquen (os números están debuxados seguindo a forma
Page 11: A CALCULADORA EN EDUCACIÓN INFANTILPrimeiro presentamos os números 1,2 e 3 nunha folla impresa para que os alumnos os identifiquen (os números están debuxados seguindo a forma