45

Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética
Page 2: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

A Pureza da boca

Este é un poema que me Gustou porque me da unha sensación de esperanza.

Page 3: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

E todo se nos volve fugaz e transitoriose esquecemos a luz

Se non vemos a luz como presaxioa desvelar as sombras

Se non descubre a seducción dos labiosque son libres

A pureza da boca cando calaA pureza da boca cando fala en gaélicoA pureza da boca cando canta un alalá

perdidoOs oficios humildes

madeiras de abeleira serradas nun alpendrecoa saudade da patria

cando nacen as xestas na harmonía do cosmose o Celtic twilight mesmo

que concede ó poeta tantos saberes feéricos

Page 4: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Derrotas domésticasDebeu ser moi difícildegolar as anguíassen cortar os dedos

arrandearte para que non te cubrisenas escamas do ollomol

liscar do nó corredío das sabas

nas noites opacasque batallas contra os garavanzosmedrando disformes na auga que

absurda tarefaescoller lentellas de arroz

que impotenciacando o leite fervido vai por fóra

inevitablemente

Page 5: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

e se o batifundo das tixolasnon che deixaba oír a música

se o teu francés e alemáneran inútiles contra a graxa nos fogóns

se os tubos de agua berran como nenosou gaivotas e as patacas se pegan

no fondo da tarteira

nai¿como é que estás sorrindo nas fotos?

Fíxome moita gracia como refírese a cocinar. Pícoume a atención os últimos versos, onde se pregunta coma a súa nai podia facelo todo e seguir sorrindo. Dándose de conta da gran tarefa que fan as nais.

Page 6: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Aquil neno que eu fun.

Non me doi iste anceio, ista procurade bens, que con soñalos

abonda. Non me firea anguria do vivir que non se atopa,

nin o noxo da xente que me luxaco soio seu ollar de can doente.

Non me inquedan as dores,nin as tebras da noite, que resoa

con chamadas do Alén que eu soio escoito.

Nada xa me conmove.O que me fire e doi, o que me inqueda,

é aquil neno que eu fun, sempre perdido.

Este poema ten un sentimento de tristura, fórmaseme un nó na boca do estomago.

Page 7: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

PesadeloA noite brúa no cantil de ferro

e o meu sono, que estaba recollido,

debátese cal cervo malferidodecontra os murallóns do seu encerro.

Fóra, me chama con urxente berroaquila voz que eu tiña xa esquencido.

Saio tras dela... ¡Pero vou perdidoe toda a noite polos montes erro!

Logo comenza a verdecer a viña,mentres os ourioles en bandada

regalan co seu bico a ialma miña.

Érguese o fino vento da alboradae o sol ven sementando unha rapiñaalí onde a lúa aínda está acochada...

Page 8: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Rol de escuros

RECORDADE a eses outros, incesantes,construíndo a paisaxe,ou liberados nun discreto ritmo polas pedras da vida ensombrecida, por longos arrabaldos ou nos trens das viaxes máis tristes.

Recordade ós que nunca se achegan cun argazo de evidente derrota: libélulas de loito nas mans, copias do horror,nin fan xuntanza alí nun sol caído,nin incordian, nin inventan desgracias na baixamar da vida. E son, seguen de pé nalgunha partecoma vivos e enteiros.

Pensade nos inscritos na causa dos que perden e levan un narciso á altura da caída. Nos da arenga no alto do penedo. Os que negan Inferno e Paraíso.Areeiros que asubíanvendo vi-las tormentas.

Page 9: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

E naqueles que escriben subornados por unha luz azul acetileno,por unha queimadura vixiante.Pensade nos anónimos dun trópico perdido, nos que renegan fronte os grandes pórticos e venden polas feiras cousas que dan sosego: novísimo cannabis en tarros que antes foron de olivas e manteiga.

Pensade nos que chegan no nome da utopía, nos do plano catártico ó final do relato, nos de tanto milenio de candil e cantiga. Nas glorias máis inútiles.

E naqueles mandados á fogueira en nome do decoroe da normal circulación dos días

Elexín este poema porque me poñe triste cando o leo.

Page 10: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

El coñecía a mística das calmas

.El coñecía a mística das calmas.

Que espeso corazón polas ausencias:unha ollada de tarde moi cansada:un territorio adentro nos solsticios.

Só quixo ir de paso e remontándosecoa memoria en dura contramarcha,

con leguas de memoria,avellentando en barro merecente,

cun fardel de razóns sempre en exilio.

Na luz pavonada dos crepúsculos,en dirección contraria viña o mundo;ciñan de volta moitas singraduras;viñan moitas parábolas-principios

Page 11: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Soubo moi poucas cousas e bastaron.Soubo que era de aquí polas desgracias,

polo lugar de abaixo e outros mares.

Xace mirando o ceo por onde pasandesaforados ventos, tremesías,

un caudal de novembros boca abaixo,augas ó biés que rachan os pespuntes

dunha alba con promesas,velocidades brancas

e algunha que outra ave do sosego.

Page 12: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Neste momento existo simplemente

Neste momento existo simplemente.Simplemente respiro, ollo a árbore.Sobrenado na calma do crepúsculo,

pronuncio este silencio, oio o profundocorazón que non late por un intre.

Non hai unha aventura que me agarde.Non hai can que me ladre dende un soño.Unha man sobre a outra. O corpo como

lonxe...

Habítame unha inmóbil aspiración a nada,unha absorción de agosto.

Florezo no abandono.

Case non sei de min si pecho os ollos.

Este poema gustoume porque me sentín identificada.

Page 13: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Pero a música rexe e arrebataOnde agroma a floresta,e o froito cumpre ó rito

unha man inocente persevera,busca a curva perfecta do instante;

quere perpetuarse na afirmación dun orbe,tocar a xema húmida e sagrada,cegar secretamente para ollar

o centro do milagreque só así se afirma: a súa luz...

Asedio do violín nos interiores:prismas mornos de claustro e veladura,

suavísima tormentade bolboreta única;

xardín de feno e edra e caracolae paxaro que nunca toca terra;

alma quizais non nosa soando quedamente.

A música sen lindes;xa todo o tempo a música;xa todo asunto: incendio,tránsito adentro e bóvedae xuizo e bágoa e tacto,

clima renacentistanas oxivas da umbría enfoscada de tarde.

Salvándonos de ser esa outra cousa.

Page 14: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Os números non serven.

Os números non serven para saber que alturaé o reino do paxaro, por onde a súa parábola

o salvará da morte, da última epidemiaque habita entre nosoutros.

É alta a súa plegaria, súa raíz de ceo,a súa ocupación, a confianza:

sempre el, inaudito, como un vértice ardido.

Burlou todas as redes tendidas pola sombra,naceu dun diminuto, instantáneo delirio,é noticia caudal e o vento a súa forma,

bebe na cunca dunha folla seca,desordena o silencio do castaño de indias

e nunca é tan posible como cando é un desexoe se afirma nos ollos pechados que o recreanou canta polos homes que non teñen canción.

Page 15: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

E lle abrimos a man por si baixa ó milagre,por si descende ó humano e come do seu trigo

e nos deixa as súas claves de desmedido ámbitoe insomnes, cavilosos, coa tenrura intacta

esquecemos as torres que foron da soberbia,a expansión do nocturno, o labirinto,

o nunca redimido na concordia de maio.

Page 16: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

E, sen embargo, é doce esta derrota

E, sen embargo, é doce esa derrota:dulcificada febre sobre o vidro,

chuvia que se comprace nas maceiras,a desgana do mundo: ese pasivocorazón de bodegas e carburos:

cinza do que abrasou o incombustiblee gozou como brasa circundando

e mesmo foi a razón de novas pascuas.

Luminoso destino entre a pobrezasen máis palabras e sen máis milagre:

paciente, desangrada luz nas lilas,suite da tarde dos desconsolados,

gando desmemoriado e sen morada.

Que longo ese camiño que aínda insistee cita polo nome e nos agarda.

Gústame a sensación de que a

pesares de que as cousas van mal todo

pode estar ben.

Page 17: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Batían os ourizos na pereza das horas

Batían os ourizos na pereza das horas,rizóns de ferro frío.

Nos círculos ociosos o terror era mudo.Depredaban carnívoros abafos.

Eran de madrugada os naufraxios posibles.

Vivir foi a solemne conquista da conciencia,a ascensión á pregunta que delinque,sentir moi duramente a transparencia.

Morríase a un centímetro do lirio,á beira mesmo da primeira morte;morríase a un minuto do milagre,do amor máis cabal en precipicio,

da violencia das bocas penetrándose.Morríase vestido para ir pola vida,para facer a suma dos setembros,

dos animais penososque acariñamos antes do martirio.

Foi a vixilia lanza predisposta.

Gañamos a metáfora-artificio,a imperfección con proba irrefutable.

Foi noso o verbo rouco,a torpeza dun soño nun parteluz de xullo,

a ocupación do home renacido,en pé, arbóreo, abrazo planetario

e contrario a si mesmo.

Page 18: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

DesconsoloDeixando a fonte á chorar

fuxe o río pol-o quenllecon pasadas de cristal...

— Ay amante, amante ¿cando voltarás?, será pol-a Páscoa ou pol-a Trindá...

O cantar do merloquérea consolar:nin pol-a Trindá.

Soyo follas secas Outono m'ha dar.

Ficaban tan soyona branca mañán,

o fuxir do ríoy-a fonte a chorar.

Sempre chamoume a atención que Nos poemas unha persoa sintase

Coma se o mundo se fose a Acabar por non estar co namorado/a

Page 19: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

A lúa

A lua é velliña,de brancos cabelos,de enrugas de ouroe de olliños cegos.

Érguese do leitodas foulas do mar

palpando os espazospara camiñar.

Anda pol-o mundosin ver a onde vaypoil-as estreliñaslévanna da man.

Envolveita en néboashase de abrigar

pois como vai vellatense de coidar.

Cando na outa noitebrua o temporal

a lua antr'as tebrastápase a tremar.

E así qu'o mal tempoamainado vai

asoma a facianay-espalla o luar.

Page 20: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Os ReisNa branca noite de inverno

acochadiño co frío,envolveito no luar,

no salgueiral chora o río. O camiño torto

que vai pra Belén levaba no colo

aos tres vellos reis.Anda a lua poI-o ceo,

vaga lembranza a chorar,o vento ficóu pousadonas ponlas do piñeiral.

A estreliña errante aboya no alén,

dos mares do ceo bíblico bourel.

A noite está caladiñae o silenzo abríu as azas,pra non espertar ao nenoaté os astros se pararan.

Ao roibo meniño que ven de nacer,

dos xardíns da groria tenro carabel.

Page 21: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

PoI-os montes e valgadaschegan pastoriños nenos

levando nos corazónsarrecendores d'encenso.

Líricas ovellas andan a xemer

no colo das mozas con voz de rabel.

Cantan salmos as estrelasacunadas poI-o mar

que brua con son de orgaounha canzón de arrolar. Cinguidos das tebras

os velliños reis camiñan soñando

co amañecer.PoI-as rayolas da lua

baixan falando a modiñoanxos que velan o sono

do divino pequeniño. O craro camiño

que levaba aos Reis chegando ond'o neno

bicáball'os pés.

Porque me fai graza.

Page 22: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

VendimaDuro coitelo de lua,o aturuxo da raza,

fai vendima de cantaresna viña da miña alma.

De tanto sol que acotíoentra no peto do mar

un asombrante tesouronas suas fonduras hai.

Cheo de lus amarelao albariño miudo,

garda nos seus louros ácioso celme do sol maduro.

O pano longo do marinxuta o suor da lua.

As estrelas embazadascabelan as suas prumas.

A corda do hourizonteaforcará ao día mesto

cando o sol coroe as ágoasde saloucos sanguiñentos.

Picoume a curiosidade esta maneira de

falar da vendima e gústame o viño.

Page 23: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Mariñeiro

Era un peixe e ficou presaa tua ollada sangal

no aparello do hourizontesin poder ir mais alá.

Pigoreiro das mansas foulas

que borracho de lua estás, nos teus ollos debalan os lonxes

como as foulas no horfo areal.No Stadium do mar abertosintindo a marea ampear

ganache o Derby do ventoJockey en foulas pur sang.

Mariñeiro

—poeta das ágoas— o teu remo bravo e lanzal

escribíu unha estrofa na ría para un canto de libertá.

Teu corazón ao garetealgún día ancorarás

nos portos sentimentaesque treman no teu ollar.

Mariñeiro de ollos viaxeiros

—irmandado cô temporal— o proel ispido da canzón tua no argazo balbo foi aniñar.

Nunha noite de galernaos ventos atoparán

como unha cruz, teu cadavrenas mans viudas do mar.

Page 24: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Outa mar

Sal o fato albar das foulasá espallarse pol-o mar,a lua vainas gardando

con fidelidá de can.

Encol do berce das ágoasestá o vento adormecido,no ceo morno e cinzentoficóu o día esquencido.

No mar noviño do trinquebáñanse as nubens preñadasque pra curar mal de andacio

viñeron dend'a montana.

Page 25: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

As estrelas pescadorasmaman o leite do abrente,

nas cuncas de pau das dornasa escuma das velas ferve.

Nas ágoas do amañecera choiva larga o aparello,fican pechadal-as roitase o mar tornarase cego.

Fuxe o día encol das ágoas nas velas do galeón

que leva a estrela da tarde na punta do botalón.

Cabela, cabela arado e traineira, unha poI-o mar

outro poI-a terra.

Page 26: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Pandeirada do bó e do mal tempo

Quente como un corazónnos secos beizos da terra

oxe deita sangue o sol.

O vento é bon tecelánque côs novelos das nubens

faille unha sabán ao mar.

Soa o mar como un pandeironos cons da costa baruda

baticado pol-o vento.

O sol berróu coa mañán,ela ten bágoas nos ollosél non saíu a alumear.

Pra tomar pulo no vôo sol póusase na terranos uzales do Avión.

Cando vai pechando a noitea neve con medo ao lobo

ven baixando poI-o monte.

Fíxoseme extraña así que a escollin.

Page 27: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Da muller que foxe dos peitos

Teño mentiras amarradas á traquea por iso cuspo en intentos de anorexia. Teño unha bala proxectada no peito e bótasme sal na ferida aberta. Teño medo de que non saibas coser con teas de viúva negra o meu corpo. Teño o embigo medrado de medo para alugarte mellor, se vés de roxo. Teño cogomelos do pan no útero teño queixo con furadiños nos pulmóns teño chícharos insomnes entre as costelas teño un virus publicitario na autoestima teño instintos que me psicanalizan teño sorte...de que me teñas.

Collína porque púxenme tritelendo este poema.

Esa maneira de autodescribirse.

Page 28: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

ArrieiroOubeando pol-a bouza

o vento murcho d'outonoanda pol-a noite adiante

triste como o can sin dono. Ao baixar poI-o Paraño

xa se esperguizaba a Luaantr'as foIlas d-un carballo.PoI-o camiño de estrelas

esbara o cantar do arrieiro,leva o compás nas campaíñas

o macho que vai dianteiro. Medra como unha marea

o avalar perguiceiro das montanas de Tras- Deza.Nos meus beizos dorme o bico

qu'algún día ch-ei de darcomo dormen as estrelas

arroladas pol-o mar. Ao chegar ao Carballiño

eran as doce na lua y-estaba morto o camiño.

Page 29: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

No argadelo do teu corpodevano a miña emoción,un repinicar de estrelasvoa no meu corazón.

A costiña de Canedo agarda ao sol que lle faga

a loira trenza do pelo.Contei meu querer â lua

por non ter con quen chorar,dend'entón as miñas mágoas

son dondas com-o luar.

Xa canta o vento gaiteiro peiteando os soutos barbudos

que a luzada virá cedo.Pra o muiño do luar

que fartan ríos de tebrasa moura moega do ceo

botaba o seu grau de estrelas.

Page 30: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

IrmausCamiña ao meu rente moitos homes.

Non os coñezo. Sonme estraños

Pero ti , que te encontras alá lonxe

máis alá dos desertos e dos lagos,

máis alá das sabanas e das illas,

coma un irmau che falo.

Se é túa a miña noite,

se choran os meus ollos o teu pranto,

se os nosos berros son igoales,

coma un irmau che falo.

Page 31: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Anque as nosas palabras sexan distintas,

e ti negro i eu branco,

se temos semellantes as feridas,

coma un irmau che falo.

Por enriba de tódalas fronteiras,

por enriba de muros e balados,

se os nosos soños son igoales,

coma un irmau che falo.

Común temos a patria,

común a loita, ambos.

A miña mau che dou,

coma un irmau che falo.

Iste sentimento de igoaldade co

próximo chegoume moi ondo,

conmoveume.

Page 32: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Luz Pozo Garza

Page 33: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Luz pozo garza é unha muller moi culta e sensata, que pasou por moitas experiencias na vida. É tamén moi sensible e atenta ao que lle gusta. É fiel aos seus ideais ,mais non humilla aos dos demáis.

Page 34: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

AleixandreMarilar

Page 35: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Aleixandre é unha muller detallista, que se fixa nos pequenos detalles e dalles importancia. Ten un sentido do humor un pouco particular. É considerada cos demais e os valora.

Page 36: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Xosé María

Álvarez Blazquez

Page 37: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Blazquez é un home sensible, que pasou por moitas cousas na súa vida, e iso formouno para ser o home que foi.

Page 38: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Manuel Alvarez Torneiro.

Page 39: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

É un home moi culto. Cunha capacidade de mostrar as cousas dunha maneira bonita, a pesares de no selo. Sensible , amable.

Page 40: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Celso Emilio Ferreiro

Page 41: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Celso E. Ferreioro é un home bastante considerado cos sentimentos dos demáis. Ten unha gran solidaridade coas persoas que comparten sentimentos, non lle gusta como está a sociedade , e fai criticas ao respecto.

Page 42: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Xose María Alvarez

Caccamo

Page 43: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

É unha persoa seria pero sentimental. Sensible para as situacións nas que se encontran os demáis. De gran capacidade e cultura.

Page 44: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética

Feita por: Andrea Estefania Seguela Cuns

Page 45: Andrea estefania seguela cuns 4ºb nº12 antoloxía poética