1
ANTÓN ALONSO RÍOS Naceu en Silleda o 15 de agosto de 1887. Cursou maxisterio en Santiago, e en 1908 emigrou a Arxentina. Traballa de mestre e cofunda a sociedade “Hijos de Silleda” para crear escolas na súa comarca natal.Alí ca- sou e tivo catro fillos. Aínda que lonxe, sem- pre tivo na súa mente a causa galega: o caciquismo, os foros, a incultura, a supers- tición. En 1921 promove a “Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales” para traballar contra os foros e polo desen- volvemento do campo galego. Dirixe os seus órganos: “El Despertar Gallego” e “Galicia”. No ano 1931 volta a Galicia para traballar nas reformas propiciadas pola segunda repúbli- ca; traballa de mestre en Tomiño e preside a Asemblea que redactou o Anteproxecto de Estatuto para Galicia. Adícase con intensidade ao movemento agra- rio, presidindo a Federación de Tui e a pro- vincial. En Sobredo, le o discurso de inauguración do Monumento en 1932; afirma traer a voz dos emigrados, espiritualmente ao lado dos agra- rios de Galicia. Define as liñas da Federación agraria e anuncia unha homenaxe para cando as sociedades agrarias unidas obteñan a liber- dade da terra. Tamén anticipa o que será unha Galicia autónoma: “Non queremos ser máis, pero tampouco consentiremos ser menos”. Pide a formación dun bloque agrario que afronte os problemas do campo, doutro modo de nada valería o “sangue aquí vertido polos mártires que viñemos a ensalzar”. No 1936 sae elixido deputado. Co golpe militar, Alonso Ríos é perseguido a morte. Consigue fuxir facéndose pasar por un esmoleiro e un criado. Toda esta historia recóllea no seu libro: “O siñor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte”. Despois de tres anos chega a Buenos Aires. Alí con Castelao e outros galegos ilustres, funda o Consello de Galiza. Durante os últimos anos da súa vida, Alonso Ríos continuou participando activamente en todas as actividades patrióticas da colectivida- de, até a súa morte en 1980.

ANTÓN ALONSO RÍOS

Embed Size (px)

DESCRIPTION

BIOGRAFÍA do agrarista Antón Alonso Ríos

Citation preview

Page 1: ANTÓN ALONSO RÍOS

ANTÓN ALONSO RÍOS

Naceu en Silleda o 15 de agosto de 1887.Cursou maxisterio en Santiago, e en 1908emigrou a Arxentina. Traballa de mestre ecofunda a sociedade “Hijos de Silleda” paracrear escolas na súa comarca natal.Alí ca-sou e tivo catro fillos. Aínda que lonxe, sem-pre tivo na súa mente a causa galega: ocaciquismo, os foros, a incultura, a supers-tición. En 1921 promove a “Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales”para traballar contra os foros e polo desen-volvemento do campo galego. Dirixe os seusórganos: “El Despertar Gallego” e “Galicia”.No ano 1931 volta a Galicia para traballar nasreformas propiciadas pola segunda repúbli-ca; traballa de mestre en Tomiño e preside aAsemblea que redactou o Anteproxecto deEstatuto para Galicia.Adícase con intensidade ao movemento agra-rio, presidindo a Federación de Tui e a pro-vincial.En Sobredo, le o discurso de inauguración doMonumento en 1932; afirma traer a voz dosemigrados, espiritualmente ao lado dos agra-rios de Galicia. Define as liñas da Federaciónagraria e anuncia unha homenaxe para candoas sociedades agrarias unidas obteñan a liber-dade da terra. Tamén anticipa o que será unhaGalicia autónoma: “Non queremos ser máis,pero tampouco consentiremos ser menos”. Pidea formación dun bloque agrario que afronte os problemas do campo, doutro modo de nadavalería o “sangue aquí vertido polos mártiresque viñemos a ensalzar”.No 1936 sae elixido deputado. Co golpe militar,Alonso Ríos é perseguido a morte. Consiguefuxir facéndose pasar por un esmoleiro e uncriado. Toda esta historia recóllea no seulibro: “O siñor Afranio, ou como me rispei dasgadoupas da morte”.Despois de tres anos chega a Buenos Aires.Alí con Castelao e outros galegos ilustres,funda o Consello de Galiza.Durante os últimos anos da súa vida, Alonso Ríos continuou participando activamente en todas as actividades patrióticas da colectivida-de, até a súa morte en 1980.