16
Audioloxía infantil PROGRAMA GALEGO PARA A DETECCIÓN DA HIPOACUSIA EN PERÍODO NEONATAL

Audioloxía infantil - SERGAS

  • Upload
    others

  • View
    11

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Audioloxía infantil - SERGAS

Audioloxíainfantil

PROGRAMA GALEGO PARA A DETECCIÓN DA HIPOACUSIA EN PERÍODO NEONATAL

Page 2: Audioloxía infantil - SERGAS

A hipoacusia é a disminución da percepciónauditiva. A hipoacusia neurosensorial (HNS) é unhadiscapacidade de especial importancia na infancia,xa que é permanente e afecta ao desenvolvementointelectual e social do neno, que está ligado áinformación auditiva que chega ao sistema nerviosocentral.

Co fin de abordar este problema, a Dirección Xeralde Saúde Pública da Consellería de Sanidadeiniciou no ano 2002 a posta en marcha do Programagalego para a detección da hipoacusia enperíodo neonatal, que ten como obxetivo xeralmellorar a capacidade de comunicación (linguaxereceptiva e expresiva) dos nenos nacidos conhipoacusia moderada, severa ou profunda paraequiparala aos normoíntes.

O nenocon deficiencia auditiva

2

Page 3: Audioloxía infantil - SERGAS

Para conseguilo, é necesario detectar precozmente aqueles nenos que podenpadecer hipoacusia e, para iso, realízaselles unha proba a todos os acabados denacer antes da alta hospitalaria. Aqueles nenos que non dan un resultado axeitadona proba pasan a ser valorados nas unidades de diagnóstico e tratamento dosservizos de otorrinolaringoloxía dos sete grandes hospitais de Galicia. Nestasunidades diagnostícase definitivamente e da forma máis precoz posible aos nenosque presentan hipoacusia. Todo isto, co obxectivo de que estes nenos poidan iniciarcanto antes un tratamento encamiñado a adquirir unha capacidade de comunicaciónequiparable aos nenos que oen normalmente.

Seguiendo a Organización Mundial da Saúde, nos nenos cunha agudeza auditivainsuficiente para permitirlles aprender a súa propia lingua, participar nas actividadesnormais da súa idade e seguir con aproveitamento o ensino escolar, os primeirosanos da vida son os máis decisivos. A estimulación precoz deberá potenciartodas as súas posibilidades de relación, comunicación e desenvolvemento global.É imprescindible para o futuro desenvolvemento do neno/a que todos os esforzosse fagan canto antes, para ter éxito na aprendizaxe.

3

Page 4: Audioloxía infantil - SERGAS

Tratamiento dahipoacusia neonatal

O tratamento da hipoacusia neonatalconsiste na adecuación do estímuloauditivo ao limiar que presenta opaciente, amplificando o sinalmediante próteses auditivas(audiófonos) ou implantes cocleares.Polo tanto, a estratexia terapéuticaé suplir a carencia e evitar assecuelas que provoca, e baséase endous pilares fundamentais:

- Adecuación do estímulo sonoro- Atención temperá

4

Page 5: Audioloxía infantil - SERGAS

Adecuación do estímulo sonoro

Trátase de facer chegar ao neno o son quenon está a oir. Dependendo da severidade dahipoacusia, o neno necesita a axuda de mediostécnicos diferentes:

Se a hipoacusia non é profunda, isto é, seol neno ten restos auditivos, amplifícase e adecuaseo sinal antes de que chegue aos oídos, mediante aspróteses auditivas ou audíofonos (adaptación protética).

Se a hipoacusia é profunda ou total (cofose) e non existecontraindicación, mediante un implante coclear, que é un dispositivoelectrónico que transforma os sinais auditivos en sinais microeléctricose que se coloca no interior do oído interno do paciente nunha intervencióncirúrxica.

1

Atención temperá

Ademais de adecuar o estímulo sonoro ásituación do neno, necesítase estimular oneno para que o problema de audición nonatrase o seu normal desenvolvemento

intelectual. Isto realízase mediante untratamento logopédico específico para a súa

idade. Para que este tratamento teña éxito, é devital importancia a colaboración dos pais e familiares co

logopeda, quen proporcionará as pautas de interacción co neno/a.

2

5

Page 6: Audioloxía infantil - SERGAS

A necesidade de iniciar o tratamento de forma precoz baséase napremisa de que os primeiros anos ,e mesmo meses, da vida do nenoconstitúen un período crítico para a adquisición da linguaxe. Nesteperíodo é imprescindible que o neno teña o estímulo auditivo axeitadopara conseguir o seu desenvolvemento normal.

O tratamento precoz está enfocado a minimizar os efectos que a ausenciado estímulo auditivo provoca sobre a maduración dos sistemas nerviosose motores que interveñen na linguaxe, a comunicación e as habilidadescognitivas. Estes supuestos baséanse en coñecementos asentados erecoñecidos sobre o desenvolvemento do sistema nervioso central e oimpacto que a ausencia de estímulo ten sobre un sistema sensorial,neste caso o auditivo.

Disto pódese deducir que a amplificación durante esta etapa terá unmaior beneficio que se se realiza máis tardiamente.

A interaccióncomunicativa familiar

é fundamental para o posterior

desenvolvemento do voso fillo

6

Page 7: Audioloxía infantil - SERGAS

Por iso, a adaptación protética (a adaptación de audiófonos) nos nenosfaise imprescindible para que a adquisición da linguaxe sea o máistemperá posible.

A adaptación e o axuste duns audiófonos destinados á poboación infantil,aínda que precisa da mesma sistematización que a adaptación destinadaá poboación adulta, require dun maior rigor, se cabe, e, nalgúns aspectos,presenta trazos diferenciadores: normalmente a adaptación debe serprogresiva, e cos nenos moi pequenos a información sobre a funcionalidadeauditiva e a optimización dos audiófonos debe ser deducida a travésdas observacións de pais, logopedas o profesores especialistas; iso faique os procesos de avaliación e adaptación anteriormente mencionadosprecisen de profesionais altamente cualificados e con experiencia e quesexa fundamental o papel colaborador dos pais.

A correcta adaptación e axuste dos audiófonos ás diferentes necesidadesde cada neno debe realizarse coa máxima sistematización e rigurosidade.

7

Page 8: Audioloxía infantil - SERGAS

A unidade de audioloxía, en colaboración co Programa de detecciónprecoz da hipoacusia en período neonatal, creará xunto aos paise outros profesionais un contorno axeitado para unha planificaciónauditivo-protésica personalizada, con próteses auditivas que permitanque a súa integración na sociedade sexa plena e optimizada.

Por todo iso o Programa galegopara a detección da xordeira en

período neonatal da Consellería deSanidade ofrécelles como prestación aos pais

con cobertura sanitaria do Servizo Galego deSaúde a posibilidade de adquirir os audiófonos que o seu fillonecesita de forma GRATUÍTA e realizar a súa adaptación naUNIDADE DOCENTE DE AUDIOLOXÍA da Escola Universitariade Óptica-Optometría da Universidade de Santiago deCompostela.

Se o seu fillo naceu despois do 1 de xaneiro de 2008 e unotorrinolaringólogo dunha das unidades de diagnóstico do Programagalego de detección de hipoacusia en período neonatal realizoua indicación de audiófonos no seu informe diagnóstico, póñaseen contacto con esta unidade docente para iniciar o tratamentoprotésico que o seu fillo necesita.

8

Page 9: Audioloxía infantil - SERGAS

Unha unidade para os nosos pacientes. Tratáse dunhaunidade experta e innovadora, que desde 1992 traballa naatención individualizada a persoas con déficits auditivos ecognitivos de alta complexidade. Realiza estudos audiolóxicosa bebés, nenos e adultos coa tecnoloxía máis avanzada eun persoal altamente cualificado. Tamén realiza adaptaciónsde audiófonos de forma personalizada e co seguimentoconcreto que necesita cada paciente, ofrecendo un servizode alta especialización e calidade.

Que achega a unidade a bebés ou nenos/as? Comocentro especializado na exploración e tratamento deproblemas da audición, a unidade pon ao servizo dospais toda a súa experiencia en audioloxía e en adaptaciónsde audífonos.

Despois dun diagnóstico realizado polo otorrinolaringólogo,e unha vez valorado o déficit auditivo do bebé ou neno/a,selecciona os audiófonos que mellor se adaptan ás súasnecesidades e ás da súa familia entre unha ampla gama demarcas e modelos.

Unidade Docente de Audioloxíada Universidade de Santiago de CompostelaCampus Sur 15782 Santiago de Compostela

9

Page 10: Audioloxía infantil - SERGAS

Que son os audiófonos?

Son aparatos que axudan a mellorar acapacidade do neno para oír sons e voces.

A amplificación que subministran estárelacionada co grao e perfil da perda de audicióne as características do sinal de entrada, é dicir,

para cada bebé ou neno/a hai que atopar oaudiófono axeitado.

Ademais, como son aparellos pequenos e complicados,os pais necesitan aprender o seu funcionamento parapoder axudar mellor ao seu fillo.

10

Page 11: Audioloxía infantil - SERGAS

Que se necesita coñecer para adaptaros audiófonos?

Os aparellos auditivos deben ser adaptadoscoidadosamente en cada neno/a. Cando se

trate de seleccionar os audiófonos necesariospara un neno/a, o audiólogo debe considerar

información tan importante como:

_ A historia clínica do bebé ou neno/a._ O diagnóstico do otorrinolaringólogo: resultados das probas que

realizou e grao e tipo de perda auditiva do bebé, neno/a._ O tipo de audiófono máis apropiado para cada caso.

Ademais, teremos en conta:

_ A durabilidade do aparello auditivo._ O servizo posvenda do fabricante._ A habilidade do aparello auditivo para conectarse a outros aparellos

que deben ser usados na escola._ Que teñan unha gama de accesorios divertidos e funcionais._ Que exista unha selección de cores desde as máis discretas ás

máis alegres e brillantes.

Se a hipoacusia é bilateral, os audiófonos deberán ser adaptados nosdous oídos, posto que escoitar cos dous oídos axudaralle ao neno naaprendizaxe da fala e linguaxe. Aínda que un neno/a teña diferentesgraos de perda auditiva en cada oído, usualmente recomendaranse dousaparellos auditivos.

11

Page 12: Audioloxía infantil - SERGAS

Como se sabe que están ben adaptadosos audiófonos?

O mellor xeito de examinar o beneficio doaparello auditivo é observar como o audiófono

traballa no oído do bebé ou neno/a.

Na unidade medirase a ganancia do audífono no oído ao usar un sistemade sonda de micrófono xunto ao test que se lle fará ao audiófono na caixade probas. A sonda do micrófono mide a cantidade de son que sae doaparello auditivo mentres está no oído. Os nenos teñen oídos moito máispequenos en comparación cos dos adultos, polo tanto, é importante tomarmedidas en cada oído do bebé, neno/a para asegurarse de que os aparellosestean colocados correctamente.

12

Page 13: Audioloxía infantil - SERGAS

Como se efectúa o seguimento dosaudiófonos?

A orientación sobre o uso e mantemento dosaudiófonos pode levar varias sesións,dependendo da idade do bebé ou neno/a edas habilidades da familia.

A primeira sesión inclúe os aspectos máisbásicos, como:

1. Manexo e colocación del aparello e do molde.2. Suxestións de uso do aparello diariamente.3. Colocación das pilas.4. Solucións a problemas diarios (baterías, molde, feedback, humidade…).5. Dispositivos de retención e sistemas de suxeición para evitar perdas.6. Axudas técnicas dispoñibles.

Na segunda sesión, compróbase como se adapta o bebé ou neno/a aoaudiófono, se o acepta, se está alegre, se atende á voz da nai/pai oucoidador/a, etc. Tamén se realizan medicións específicas no oído do bebéou neno/a.

Nas seguintes sesións, que se programarán cos pais, primeiro cada quincedías e logo cada mes, realizaranse diversas probas para comprobar como seadapta e incorpora o bebé ou neno/a ao mundo sonoro, realizando tets sobrea función auditiva temperá para saber como detecta sons verbais e non verbaisa diferentes distancias con e sen ruído de fondo.

En todo o proceso, os pais poderán contactar cos profesionais da unidade porteléfono ou e-mail, calquera día a cualquera hora, para consultar as dúbidasque poidan xurdir no uso e manipulación do audiófono.

13

Page 14: Audioloxía infantil - SERGAS

Unidade Docentede AudioloxíaEscola Universitaria de

Óptica-OptometríaCampus Sur

Universidade de Santiago de Compostela

14

É unha prestación gratuita que ofrece o Programa galego dedetección da hipoacusia en período neonatal para aquelesbebés e nenos/as que:

_ Nacesen despois do 1 de xaneiro de 2008.

_ Estean cubertos polo Servizo Galego de Saúde.

_ Recibisen a indicación de colocar audiófonos nunha das unidadesde diagnóstico e tratamento do programa.

O inicio precoz do tratamento será un factor de éxito para onormal desenvolvemento do seu fillo/a. Póñase en contacto coaUnidade de Audioloxía no menor tempo posible tras a indicacióndo seu otorrinolaringólogo.

Page 15: Audioloxía infantil - SERGAS

ComplexoHospitalarioUniversitariode Santiago

Como contactar coa unidade?

Tel. 981 563 100 extensións 13521/13516Móbiles Dra. Luz M Gigirey 639 893 269

Dpda. Covadonga Vázquez 629 243 346e-mail [email protected]

[email protected]@rai.usc.es 15

Page 16: Audioloxía infantil - SERGAS

Audioloxíainfantil

CONSELLERÍA DE SANIDADEDirección Xeral de Saúde Pública