12
MISA CON NENOS 4 de marzo de 2018 Coresma 3º-B Evanxeo de Xoán 2, 13-25: “Levade isto de aquí”. Mensaxe: 40 días CAMIÑANDO: Vamos ao TEMPLO. Elimina o CONSUMO que te CONSOME.

Enel programa de caritas nose debe de escribir ... · Web viewMISA CON NENOS 4 de marzo de 2018 C o resma 3º-B Evanxeo de Xoán 2, 13-25: “Levad e i sto de aquí”. Mensa x e:

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Enel programa de caritas nose debe de escribir ... · Web viewMISA CON NENOS 4 de marzo de 2018 C o resma 3º-B Evanxeo de Xoán 2, 13-25: “Levad e i sto de aquí”. Mensa x e:

MISA CON NENOS4 de marzo de 2018

Coresma 3º-B

Evanxeo de Xoán 2, 13-25: “Levade isto de aquí”.Mensaxe: 40 días CAMIÑANDO: Vamos ao TEMPLO.

Elimina o CONSUMO que te CONSOME.

Page 2: Enel programa de caritas nose debe de escribir ... · Web viewMISA CON NENOS 4 de marzo de 2018 C o resma 3º-B Evanxeo de Xoán 2, 13-25: “Levad e i sto de aquí”. Mensa x e:

1. ACOGIDA Irmáns e irmás:

Continuamos preparándonos para a celebración da pascua. Neste domingo 3º de Coresma recordamos o momento en que Xesús entrou no templo convertido nun mercado e todo enfadado gritou: “levádevos isto de aquí, non convertades nun mercado a casa do meu Pai”. Que veñamos cada domingo ao templo a atoparnos con Deus, que aprendamos a respectar o templo e que vivamos as celebracións con moita fe. E empecemos esta semana dándonos unha nova oportunidade para converternos, para botar da nosa vida todo o que nos consome, o que nos separa de Deus e endurece o noso corazón.

(Podemos poñer diante do altar un cartel dun corazón vermello tapado por anacos de papel que poña o que queremos limpar del: egoísmo, envexa, preguiza, violencia, enfados, esquecemento de Deus… No momento de perdón imos retirando estas palabras. Pódese colocar unha inscrición: “Levádevos isto de aquí”).

-No nome... - O Señor que nos chama á conversión, e quere habitar non en templos de pedra senón no noso corazón, sexa convosco.

2. PERDÓN

Purifiquemos o noso corazón que é casa de Deus e preparémolo para a gran festa da resurrección de Xesús.

-(Posible… pai-nai) Porque entramos no templo sen respectar o silencio e a presenza do Señor. Señor, ten piedade de nós.

-(Posible… catequista) Porque nos deixamos levar da preguiza, do egoísmo, da falta de comprensión. Cristo, ten piedade de nós.

-(Posible… neno-nena) Porque nos custa converternos a Deus e vivir para el. Señor, ten piedade de nós.

Page 3: Enel programa de caritas nose debe de escribir ... · Web viewMISA CON NENOS 4 de marzo de 2018 C o resma 3º-B Evanxeo de Xoán 2, 13-25: “Levad e i sto de aquí”. Mensa x e:

3.- PALABRA DE DEUSMONICIÓN ÁS LECTURAS

A 1ª lectura segue mostrándonos os momentos principais da historia do pobo de Deus, en clave de alianza ou pacto que Deus fai co seu pobo. Hoxe escoitamos no libro do Éxodo os mandamentos que Deus entrega a Moisés para que sexamos os seus amigos e vaiamos polo seu camiño de amor. No evanxeo, Xesús, indignado, expulsa do templo aos que o converteron nun negocio e non no lugar de encontro con Deus.

LECTURAS

Éxodo (breve) 20, 1-3. 7-8. 12-17: A Lei deuse por medio de Moisés.

Naqueles días, o Señor pronunciou estas palabras: «Eu son o Señor, o teu Deus, que che saquei da terra de Exipto, da casa de escravitude. Non terás outros deuses fronte a min. Non pronunciarás o nome do Señor, o teu Deus, en falso. Porque non deixará o Señor impune a quen pronuncie o seu nome en falso. Recorda o día do sábado para santificalo. Honra ao teu pai e á túa nai, para que se prolonguen os teus días na terra, que o Señor, o teu Deus, vaiche a dar. Non matarás. Non cometerás adulterio. Non roubarás. Non darás falso testemuño contra o teu próximo. Non cobizarás os bens do teu próximo. Non cobizarás a muller da túa próximo, nin o seu escravo, nin a súa escrava, nin o seu boi, nin o seu asno, nin nada que sexa do teu próximo». Palabra do Señor.

Salmo 18: R/.- Señor, ti tes palabras de vida eterna.

1ª Corintios 1, 22-25: Predicamos a Cristo crucificado, escándalo para os homes; pero para os chamados é sabedoría de Deus

Page 4: Enel programa de caritas nose debe de escribir ... · Web viewMISA CON NENOS 4 de marzo de 2018 C o resma 3º-B Evanxeo de Xoán 2, 13-25: “Levad e i sto de aquí”. Mensa x e:

Xoán 2, 13-25: Destruíde este templo, e en tres días levantareino.

Narrador: Achegábase a Pascua dos xudeus e Xesús subiu a Xerusalén. E encontrou no templo os vendedores de bois, ovellas e pombas, e os cambiadores sentados; e, facendo un vergallo con cordas, botounos a todos do templo, ovellas e bois; e aos cambiadores guindoulles as moedas e envorcoulles as mesas; e aos que vendían pombas díxolles:

Xesús: -«Quitade isto de aquí: non convertades nun mercado a casa de meu Pai».

Narrador: Os seus discípulos acordáronse do que está escrito: «O celo da túa casa devórame».

Palabra do Señor.

(Narrador - Xesús)

Page 5: Enel programa de caritas nose debe de escribir ... · Web viewMISA CON NENOS 4 de marzo de 2018 C o resma 3º-B Evanxeo de Xoán 2, 13-25: “Levad e i sto de aquí”. Mensa x e:

4.ORACIÓN DA COMUNIDADE

(Sacerdote) Unamos as nosas voces en oración, dicindo:

-Convértenos a ti, Señor.

1. Polo papa Francisco, os bispos e sacerdotes, para que cando presidan os sacramentos saiban transmitir a alegría da fe e da presenza do Señor a todos. Oremos.

2. Polos que se esforzan por renovar a liturxia, de forma que vivamos a eucaristía con maior espírito de fe e de oración, e con máis amor a Deus e os irmáns. Oremos.

3. Polos que se preparan para recibir o bautismo, a confirmación ou a primeira comuñón. Que a graza de Deus se derrame sobre eles e lles dea fortaleza para vivir como fieis seguidores de Xesús. Oremos.

4. Polas mulleres do mundo. Que en todo lugar reciban un trato de igualdade e de respecto, e desapareza todo tipo de discriminación. Oremos.

5. Por nós. Para que neste tempo de Coresma cambiemos de sentido as nosas vidas, non nos sirvamos de Deus e nunca profanemos a dignidade de toda persoa. Oremos.

(Sacerdote) Escoita, Señor Xesús, a nosa oración. Ti que vives e reinas por sempre eternamente.

Page 6: Enel programa de caritas nose debe de escribir ... · Web viewMISA CON NENOS 4 de marzo de 2018 C o resma 3º-B Evanxeo de Xoán 2, 13-25: “Levad e i sto de aquí”. Mensa x e:

4.POSIBLE PRESENTACIÓN DE OFRENDAS

-FOTOGRAFÍA DEL TEMPLO PARROQUIAL:

Hoxe Xesús, queremos agradecerche o templo parroquial que os nosos antepasados nos regalaron (pódese destacar algún lugar, imaxe bonita). Queremos que sexa o lugar onde cada domingo nos atopámonos contigo e con toda a comunidade. Grazas por quedarte connosco na eucaristía.

-A TÁBOA DOS 10 MANDAMENTOS:

Deixáchesnos o camiño para seguirte, o camiño do amor, pero tantas veces deixámonos levar por outros camiños. Axúdanos a cambiar e non fallarche nunca, Deus amigo.

-PAN E VIÑO:

Que o pan e o viño co que nos alimentas nos axuden a facer do noso corazón a casa onde habites para sempre.

Page 7: Enel programa de caritas nose debe de escribir ... · Web viewMISA CON NENOS 4 de marzo de 2018 C o resma 3º-B Evanxeo de Xoán 2, 13-25: “Levad e i sto de aquí”. Mensa x e:

6. SUXESTIÓNS:

-Tal como indica Fano nos seus debuxos para a Coresma 2018 pódese facer un cartel grande que se vai coloreando todas as semanas e engadíndolles bocadillos: https://drive.google.com/drive/folders/1BKKLFB2h9ekmy8uhhn5_sw1BnpcJpqVg -Seguimos cantando con xestos a canción Corenta días camiñando do Grupo Ixcis: https://www.youtube.com/watch?v=WiSWRZkem5Q-Enviade aos vosos compañeiros por wassap o debuxo da beira. Podemos poñer diante do altar un cartel dun corazón vermello tapado por anacos de papel que poña o que queremos limpar del: egoísmo, envexa, preguiza, violencia, enfados, esquecemento de Deus… No momento de perdón imos retirando estas palabras. Pódese coloca unha inscrición: “Levádevos isto de aquí”. Pódese dicir: “Ofrecemos a Xesús o noso desexo de purificar, neste tempo de Coresma, o noso corazón que é casa de Deus e preparalo para a gran festa da resurrección de Xesús”.-Hoxe poderiamos destacar os lugares importantes do templo, as posturas, os xestos, que facer ao entrar, como facer unha visita a Xesús.

ORACIÓN

Señor, eu quero ser como unha casa, pedirche ser un templo cústame moito. Quixer ser unha casa na que as contraventás

abertas serían os meus brazos para acoller os que están sos, para soster os que tropezan para abrazar os que quero, para

rezarche a ti, Señor.As fiestras abertas serían os meus ollos… para descubrir

mellor os que me rodean, para distinguir mellor os que andan perdidos polos labirintos das súas preocupacións, para

marabillarme máis da túa confianza, Señor… A porta sería o meu corazón… alixeirado de todo o que lle estorba, dispoñible

para todos, e para todas as súas palabras, disposto a dicirche, Señor: Esta é a miña casa de oración!

Page 8: Enel programa de caritas nose debe de escribir ... · Web viewMISA CON NENOS 4 de marzo de 2018 C o resma 3º-B Evanxeo de Xoán 2, 13-25: “Levad e i sto de aquí”. Mensa x e:

Señor, limpa o meu corazónSeñor, limpa o meu corazón e éncheo de amor, para que descubra…

que non hai razón para levantar ningunha clase de discriminación; que non hai razón para o fanatismo; para maldicir e condenar a ninguén; que hai razón para tender pontes, dar a todos a paz e traballar pola paz.

Señor, limpa o meu corazón e éncheo de amor, para que descubra…

que todos somos obra de Deus e levamos algo de bo no corazón, que todos somos dignos de amor, xustiza, liberdade, perdón, que todas as criaturas son as miñas irmás e a creación é obra marabillosa de Deus.

Señor, limpa o meu corazón e éncheo de amor, para que descubra…

que os anciáns son fonte de sabedoría; e os mozos, de ideais; que os adolescentes teñen un mar de ilusión; e os nenos, de tenrura; que as mulleres son un manancial de fortaleza; e os enfermos, de paciencia; que os pobres teñen un caudal de riqueza; e os discapacitados, de capacidades.

Señor, limpa o meu corazón e éncheo de amor.

Posible acción de grazas

RED CATEQUISTAS GALICIA