Upload
lupemm
View
646
Download
1
Embed Size (px)
Citation preview
Este é o protagonista da
nosa historia, chámase
Faetón e é o fillo de Febo.
Este é Febo, o pai de
Faetón.
Febo é o deus do sol e
o encargado de
iluminar o mundo
todos os días co carro
do sol.
Viaxa de leste a oeste durante todo o día.
Cando remata a súa viaxe o carro baixa polo horizonte ata afundirse no inmenso mar.
Mentres todos os días o
seu pai viaxaba Faetón
facíase maior.
E cando se decatou de
que o seu pai era o deus
do sol, non o cría…
Rapidamente dirixiuse ao palacio de ouro onde vivía Febo.
Febo viu que no seu palacio
de ouro entraba un mozo
coa mirada acendida.
Aínda que había moitos anos
que Febo non vía a Faetón,
recoñeceuno enseguida.
FAETÓN ! FILLO ! Febo … é certo que ti es o meu
pai?
Claro que o son ? Por que o
preguntas?
Non creo que alguén coma ti poida
ser meu pai.
- Pide o que sexa , eufareino posible para que vexas que si son eu.
Quero conducir o carro do sol .
Aínda que Febo pensaba que era unha loucura
deixarlle o carro do sol a Faetón, quería facer todo o
posible para que este non desconfiase del . Ao final
deixoulle o carro para demostrarlle que si era o seu
fillo e que depositaba a súa confianza nel.
Como todo pai , Febo aconsellou a Faetón antes de saír da casa.
Non te achegues moito á terra ou a incendiarás.
pero tampouco podes subir moi alto
porque incendiarás o ceo…
E ten coidado cos cabalos,
gústalles moito a carreira e é
complicado controlalos.
Faetón non podía coa
emoción, non imaxinaba
que fora conducir o carro
do sol e poder iluminar o
mundo por un día
Faetón impaciente non esperou nin un
segundo máis e aventurouse na súa
viaxe:
•Primeiro parecíalle que ía ben.
• O vento comezou a cortarlle a respiración.
• Os cabalos decatáronse de que estaban
sendo levados por unhas mans
inexpertas.
• Desviáronse do seu camiño e O CARRO
CAEU SOBRE A TERRA.
Gea, a terra, choraba porque a súa pel
estaba en chamas e pediulle a Xúpiter que
fixese algo, que a axudase.
Xúpiter, como deus supremo, tiña que
facer algo e non lle quedou máis remedio
que … Lanzarlle un
raio a Faetón
para que
parase toda a
desgraza.
O cadáver fumeante de Faetón
afundiuse no río Po e as ninfas que
vivían alí o rescataron e o
sepultaron ás beiras do río.
• As súas irmás, as cinco Helíades, foron á
tumba para chorar por Faetón, a natureza
convertiunas en árbores para que sufrisen
menos.
• Tamén foi a chorar ao río o seu
amigo Cigno e a pena fixo que se
convertese nun cisne.
Febo saíu enfurecido do seu
palacio.
DIME, XÚPITER, ERA NECESARIO TODO ISTO?
Febo, moi triste, pensaba que Xúpiter fora moi inxusto con el e díxolle que nunca máis conduciría o carro do sol.
• Ao día seguinte o mundo estivo escuro ata que
os Deuses se disculparon con Febo, incluso
Xúpiter lle pediu perdón. Nese momento Febo
decatouse de que tiña que cumprir o seu deber
e iluminar o mundo.
Dende ese día o sol brilla menos pola pena.
E cando Febo está triste escóndese detrás
das nubes e chora, e as súas lágrimas
caen na terra.
Feito por
Laura
Martínez
Carrodeguas
1ºA
Bacharelato
Nº13