Upload
nexosfilosofia
View
453
Download
7
Embed Size (px)
Citation preview
GUÍA DO CURSO
AS TIC APLICADAS Á DIDÁCTICA DA FILOSOFÍA
Índice Descrición do curso ...................................................................................................................... 3
Persoas titoras .............................................................................................................................. 3
Obxectivos .................................................................................................................................... 3 Competencias profesionais do profesorado .............................................................................. 4
Contidos ........................................................................................................................................ 6
Correlación das competencias básicas cos contidos do curso ............................................... 7
Metodoloxía .................................................................................................................................. 7 Seguimento e desenvolvemento do curso ................................................................................. 8
Comunicación coas persoas titoras.......................................................................................... 10
Avaliación .................................................................................................................................... 10 Aplicación práctica nas aulas .................................................................................................... 11
Requirimentos para seguir o curso ........................................................................................... 11
Descrición do curso
De que falamos cando falamos de ensinar filosofía no ensino medio? Neste curso iniciaremos, na medida do posible, unha discusión sobre as necesidades da materia de Filosofía, sobre os seus supostos didácticos e o papel da filosofía no currículo de secundaria. Finalmente, unha valoración sobre o uso das ferramentas TIC para a posta en práctica nas aulas. Tentaremos solucionar os déficits de coñecementos, que cadaquén puidese ter, sobre as diferentes ferramentas que haberá que utilizar nas tarefas propostas.
Porén, este non é o obxectivo prioritario do curso. Máis aló das ferramentas a utilizar parécenos prioritario centrarnos nas dificultades que poidan aparecer cando iniciamos o traballo na aula e abordalas, non só desde unha perspectiva práctica e solucionadora, senón tamén desde outra teórica que inclúa unha análise dos seus fundamentos.
Persoas titoras
MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE.
Catedrático de Filosofía do
IES Eduardo Pondal.
Santiago de Compostela
RICARDO RODRÍGUEZ
DE RÁVENA.
Profesor de Filosofía
no IES Xulián
Magariños. Negreira
EVA GAREA TRABA
Profesora de Filosofía no
IES de Ames.
NEXOS. Grupo de
didáctica da
Filosofía
www.nexosfilosofia.org
Obxectivos
Aprender a construír unha aula virtual para o ensino da Filosofía
Debater sobre os fundamentos do ensino da Filosofía á luz das novas teorías da mente
Repensar a actividade na aula de Filosofía
Reflexionar sobre as achegas ao ensino da Filosofía e as ciencias sociais das TIC e as ferramentas 2.0
Coñecer algúns dos recursos existentes na web para o ensino da Filosofía e aprender a catalogalos e arquivalos
Aprender a elaborar recursos multimedia sinxelos
Valorar a implantación dos proxectos de investigación na área de filosofía no bacharelato e coñecer as principais liñas de traballo
Elaborar cooperativamente un documento sobre a competencia filosófica a desenvolver no ensino secundario
Ao final do curso, o profesorado será capaz de elaborar e manter a súa aula virtual na que poderá introducir elementos da aula tradicional e elementos TIC da súa elección. Entre todos fixaremos as liñas xerais duna educación filosófica por capacidades ou competencias, elaborando os indicadores para as diferenes dimensións.
Competencias profesionais do profesorado
A tendencia en diversos estudos e informes sobre a profesión docente en Europa, desenvolvidos desde o ano 2000 por diferentes organismos (Comité mixto OIT/UNESCO, Eurydice, OCDE, Comisión das Comunidades Europeas), é considerar que as competencias que debe posuír un docente inclúen saberes ou coñecementos (saber), habilidades e destrezas aplicadas (saber facer), valores, actitudes e compromisos persoais (saber ser e estar). O docente ademais deberá ser capaz de usar eses saberes de forma funcional e integrada en contextos variados para resolver retos profesionais. Neste curso atenderemos fundamentalmente as seguintes competencias que, segundo o marco europeo, compón o abano das competencias dun profesional do ensino:
Saber:
Competencia científica ou epistemolóxica
Coñecemento das últimas novas no ámbito das teorías da educación
Coñecemento de diferentes propostas metodolóxicas e
curriculares
Xestión do coñecemento e a información mediante
ferramentas dixitais
Saber facer:
Competencia didáctica
Didácticas específicas da área de filosofía e ciencias
sociais (aprendendo a xustificar a elaboración de materiais a través da metodoloxía TPACK)
Atención á diversidade (a través de distintas propostas
e modelos de traballo en aula)
Xestión da aula (en espazos virtuais: Moodle, Blog,
Portafolios)
Recursos e materiais (selección, catalogación e arquivo)
Avaliación (comprensión de diferentes modelos en
contornos de traballo diversos e introdución a unha avaliación por competencias)
Saber como:
Competencia en traballo en equipo
Traballo cooperativo e colaboración entre pares
Preparación de proxectos educativos comúns
Coñecemento de técnicas de traballo en grupo
Toma de decisións
Competencia en innovación e mellora
Promover cambios nas prácticas educativas e nos
modelos profesionais
Introducir a investigación na docencia mediante da
avaliación de modelos e a investigación-acción
Propostas para realizar na aula con diferentes modelos
de traballo e ferramentas
Competencia comunicativa
Xestión da información e transparencia a través de
diferentes plataformas de exposición de contidos e intercambio de información, e protocolos a seguir
Expresión e comunicación en contornos dixitais: foros
chats...
Competencia dixital (TIC)
Coñecemento das ferramentas tecnolóxicas básicas:
de creación e comunicación de contidos
Uso didáctico das ferramentas e contextos de
xustificación
Desenvolvemento profesional e xestión en contornos
virtuais
Aspectos actitudinais e éticos coa reflexión sobre o
uso e autoría dos materiais dixitais
Saber estar:
Competencia relacional
Habilidades sociais a través da práctica en redes
virtuais
Xestión da participación do alumnado en contornos
virtuais de aprendizaxe
Contidos
Os contidos do curso están divididos en 6 módulos:
MODÚLO 1: PRIMEIROS PASOS
Iniciará ao docente no uso e xestión dunha aula virtual Moodle e no debate
sobre a incorporación das TIC á docencia e a súa posible xustificación nun
contorno TPACK. Ademais insistirá no coñecemento das principais licenzas
e a súa aplicación aos contidos dixitais educativos.
MÓDULO 2: RECURSOS TIC PARA A FILOSOFÍA
Iniciación ao coñecemento dalgúns dos recursos existentes na Web para o
ensino da Filosofía e a súa clasificación. Aprenderemos a clasificalos e
integralos na nosa aula virtual. Ademais reflexionaremos sobre as achegas
das TIC ao ensino da Filosofía e ás ciencias sociais en xeral.
MÓDULO 3: IMAXES E EMOCIÓNS
Ao longo deste módulo debateremos sobre a dualidade razón/emoción na
aprendizaxe da Filosofía á luz das neurociencias contemporáneas.
Aprenderemos a elaborar recursos multimedia sinxelos e os principios
dunha síntese multimedia eficaz.
MÓDULO 4: FILOSOFÍA E FERRAMENTAS 2.0
Examinaremos o uso de diferentes platormas 2.0 na aula de filosofía e a
súa aplicación no contexto dunha aula Moodle e os seus principais usos
didácticos.
MÓDULO 5: TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN
Iniciación ao traballo por proxecctos e ao desenvolvmento de
investigacións co alumnado, que nos permitirán repensar a actividade na
aula de Filosofía. Coñeceremos tamén as principais estratexias de
investigación na rede.
MÓDULO 6: A COMPETENCIA FILOSÓFICA
Debateremos sobre o traballo por competencias, selección de indicadores e
sistemas de avaliación. Tentaremos distinguir as diferenzas entre as
competencias básicas e as complexas. Elaboraremos cooperativamente un
documento sobre a competencia filosófica e as dimensións a desenvolver
no bacharelato.
Correlación das competencias básicas cos contidos do curso
As competencias básicas definidas pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación, que se dan por suposto no profesorado, son un pano de fondo no desenvolvemento deste curso. Dedícase especialmente un dos módulos (6) a clarificar o concepto de competencia, e a definir e valorar indicadores que permitirán seleccionar e dirixir os instrumentos de avaliación do alumnado.
Metodoloxía
Este curso desenvólvese na súa totalidade a través da plataforma virtual Platega. A metodoloxía que usaremos será mixta:
1. Por unha parte será participativa e de aprendizaxe colaborativa. Para iso, será imprescindible a participación nos foros de debate, de forma que o intercambio de opinións enriqueza a comprensión e as posibles modificacións nas prácticas de aula dos participantes. Os debates e as diferentes posicións relacionadas cos temas tratados serán centrais ao longo do curso e, xa que logo, avaliables e xeradores de contidos.
Para colaborar nesta tarefa contaremos con 3 axudantes: Apocalíptico, Integrado e Crítica. Os tres representarán diferentes perspectivas nos debates, sen que as súas posicións teñan por que limitar a manifestación doutras diferentes.
2. Por outra banda servirá de adestramento en diferentes ferramentas e plataformas. En cada un dos módulos existirá unha tarefa a desenvolver, aínda que esta poderá levarse de formas diversas, en función das necesidades, coñecementos ou preferencias dos participantes.
Seguimento e desenvolvemento do curso
O curso consta de 6 módulos que se irán abrindo de forma progresiva seguindo o calendario presentado na temporalización do mesmo. Unha vez finalizado o intervalo de datas de realización do módulo, este pecharase sen que poidan enviarse máis tarefas ao mesmo. Cada módulo contén:
Unha presentación temática que inclué os materiais multimedia
necesarios. Será recoñecible polo símbolo da esquerda.
O contido do módulo en PDF para a súa descarga (opcional).
Unha tarefa de participación no foro de discusión do módulo (agás
no módulo inicial e nos módulos 4 e 6).
Unha tarefa de traballo individual que se enviará para a súa cualificación seguindo as instruccións.
Unha Wiki de grupo no módulo 6.
Ademais no módulo inicial e final os participantes terán que cubrir:
Unha consulta (módulo 1), non avaliable pero obrigatoria.
Unha enquisa (módulo final), non avaliable pero obrigatoria.
Durante toda a duración do curso estará aberto o foro de dúbidas, no módulo de presentación, de forma que se poida usar para calquera dúbida técnica ou de traballo e tamén como comunicación cos titores. Este non será un módulo de debate senón de resolución de dúbidas, que poderán ser respondidas polos titores ou por calquera outro dos participantes no curso. Outras indicacións: Nas presentacións temáticas:
Algunhas seccións están contraídas. Sinálanse cunha frecha interactiva : ao premer nela despregase unha explicación opcional.
Ao longo da redacción aparecen diferentes elementos interactivos que axudan á
comprensión e lectura. Todos eles veñen sinalados coa icona que corresponde:
CADRO DE TEMPORALIZACIÓN DO CURSO
Módulo Inicial (1 hora)
Nº Actividade Datas
1 Foro de presentacións Do ao
2 Enquisa Do ao
Módulo 1 (4 horas)
Nº Actividade Datas
3 Foro de reflexión Do ao
4 A miña aula virtual Do ao
Módulo 2 (5 horas)
Nº Actividade Datas
5 Foro: As TIC no ensino da Filosofía, vantaxes ou
inconvenientes Do ao
6 Selección e organización de webs e recursos TIC Do ao
Módulo 3 (5 horas)
Nº Actividade Datas
7 Foro: Emoción ou razón no ensino? Do ao
8 Elaborando un recurso multimedia Do ao
Módulo 4 (3 horas)
Nº Actividade Datas
9 Construción dun blog ou dunha wiki Do ao
Módulo 5 (5 horas)
Nº Actividade Datas
10 Preparando unha investigación Do ao
11 Foro: Propostas de investigación no ensino medio Do ao
Módulo 6 (5 horas)
Nº Actividade Datas
12 Artigo sobre a competencia filosófica Do ao
14 Wiki: A competencia filosófica Do ao
Módulo Final (1 hora)
Nº Actividade Datas
15 Enquisa: A túa valoración do curso Do ao
Comunicación coas persoas titoras
Cada vez que comeza un curso de formación a través de PLATEGA, unha das primeiras cousas que se debe facer é presentarse á comunidade de aprendizaxe. Para iso atoparáse en todos os cursos, no primeiro módulo, un Foro de presentación de participantes.
Esta primeira mensaxe servirá de presentación tanto ao conxunto da comunidade de aprendizaxe como aos titores e titoras do curso.
Existen varias opcións de comunicación co titor ou titora:
A través dos foros xerais, ou dos que existen en cada módulo. A comunicación que se realiza nos foros é pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler todas as intervencións.
A través do sistema de mensaxería interna da plataforma, tamén coñecido como chat. As mensaxes enviadas por este medio son privadas.
Avaliación
A avaliación do curso terá en conta todas as tarefas do curso: Cada unha das tarefas avaliarase sobre 10 puntos, así como cada artigo para o foro. Para determinar a cualificación de cada tarefa establecerase cadansúa rúbrica de avaliación ou lista de cotexo, que se inclúe con cada unha das tarefas individuais ou no foro. Ademais avaliarase a participación activa a través das reflexións compartidas nos foros sobre os contidos e tarefas presentados. Cada unha destas intervencións (sempre que sexan relevantes) cualificarase con 1 punto, ata un máximo de 10 puntos. Para superar satisfactoriamente o curso, será condición acadar 50 puntos sobre os 100 posibles. A puntuación conseguida amais deberá responder necesariamente a:
A participación en todos os foros do curso. A superación de cando menos o 50% das tarefas A participación na Wiki final.
Ao longo do curso iranse recordando todos estes criterios e prazos, e poderanse flexibilizar as tarefas e/ou os prazos cando estivese motivado. Todas as tarefas pódense volver reenviar no caso de que teñan sido cualificadas negativamente. Este reenvío terá que facerse dentro do prazo acordado e suporá a revisión da cualificación
Aplicación práctica nas aulas
Este curso pretende servir de ocasión para promover unha actitude favorable ao cambio de metodoloxía didáctica do profesorado de filosofía, ao mesmo tempo que mellora as súas competencias dixitais e profesionais. Por iso recomendamos a aplicación práctica da formación adquirida. Suxerimos que, paralelamente ao curso, se experimente levando as tarefas que se propón a situacións reais de aula, valorando as vantaxes que aportan ao ensino e creando, pouco a pouco, unha estrutura TIC propia.
Requirimentos para seguir o curso
Ter un equipo de sobremesa ou portátil con acceso a internet para acceder a PLATEGA.
Dispor dun navegador web actualizado, preferentemente Firefox
Lector de documentos PDF. Se non se dispón do programa pódese descargar na páxina web http://get.adobe.com/es/reader/
Ferramenta de reprodución multimedia VLC.
Dispor de conta de correo “@edu.xunta.es”
Dispor dunha conta de correo “gmail”