Upload
ngothien
View
235
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 1 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa CMUS E CDAN DO SISTEMA EDUCATIVO DE GALICIA
Modelo MD75ACO01
Guía do alumnado do CDAN
Curso 2017/18
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 2 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
Índice
Presentación do centro
Planos, localización e acceso
Oferta educativa
Organigrama funcional
Política de calidade
Dereitos e deberes do alumnado
Normas de convivencia no centro
Servizos do centro
Biblioteca
Caixa de correo da convivencia
Información de interese
Validacións, exencións e promoción
Faltas de asistencia
Traslado
Renuncia á matrícula
Bolsas
Premios Nacionais de Educación ao Rendemento Académico do Alumnado
Recursos informativos
Obradoiros
Compra de vestiario
Cadeados para os armarios
Responsabilidade
Información médica
Información relevante sobre prazos
Procedemento para as titorías
Actividades culturais e de promoción das ensinanzas
Hábitos saudables
Normas en caso de evacuación
Calendario escolar
Horario
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 3 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
Presentación do centro
O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo é un centro público creado no ano 2003 en Lugo, onde non
existía tradición en Danza Clásica nin en Danza Contemporánea, debido á inexistencia de escolas tanto de
carácter privado como público, aínda que si escolas e compañías de Danza Tradicional Galega.
É un centro de nova creación con instalacións axeitadas ás ensinanzas de danza, aínda que un pouco escaso
de espazos. É o primeiro centro destas características dependente da Consellería de Educación da Xunta de
Galicia.
No curso 2003/04 comezamos as nosas ensinanzas cos tres primeiros cursos de Grao Elemental. No curso
2005/06 comezamos o Grao Profesional coa especialidade de Danza Clásica. No curso 2008/09
implantouse tamén a especialidade de Danza Contemporánea no Grao Profesional, e dende o curso
académico 2009/10, solicitamos permiso á Consellería de Educación para impartir un Curso Preparatorio
previo aos estudios de Grao Elemental.
No curso 2011/12 produciuse a implantación definitiva das nosas ensinanzas, cos catro cursos de Grao
Elemental e os seis cursos de Grao Profesional nas especialidades de Danza Clásica e Danza
Contemporánea. Cos espazos do centro a pleno rendemento con 8 grupos en grao elemental e 12 de grao
profesional (un grupo por curso en cada especialidade), o centro decide que só poderá garantir horario para
cursar simultaneamente as dúas especialidades de Danza Contemporánea e Danza Clásica no primeiro
curso de Grao Profesional.
Ao longo destes anos fixemos unha grande labor de difusión do noso centro e na actualidade a demanda de
prazas supera xa a nosa oferta educativa nos primeiros cursos.
O propio Conservatorio e algunhas entidades privadas (bancos, fundacións, etc...) programan actividades
relacionadas coa Danza, pero é o Concello de Lugo quen máis está a apostar pola difusión da Danza na
cidade, apoiando as propostas e as iniciativas do noso centro, como a implantación dunha Semana da
Danza, a finais de abril, coincidindo coa celebración do 29 de abril, Día Internacional da Danza.
No centro realízanse diferentes actividades culturais e de promoción das ensinanzas co obxectivo de
completar a formación do alumnado: actuacións, concursos, conferencias, asistencia a espectáculos,
obradoiros e cursos de especialización.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 4 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
1.1 Planos, localización e acceso
O conservatorio está situado na Ronda Xosé Castiñeira nº 3, 27002, Lugo.
Contacto:
Tel.: 982 284704
FAX: 982 284706
Mail:[email protected]
TELÉFONO DE CONTACTO EN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: 698131906
Dependencias
O CDAN de Lugo dispón nas súas instalacións das seguintes dependencias:
1º Andar:
- Biblioteca
- Administración e Conserxaría
- Despachos Equipo Directivo
- Aula de Danza
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 5 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
- Aula de Teóricas
- Aula de Música
- Aula de Audiovisuais
- Sala de Profesorado
- Departamentos de Carácter, Clásica, Contemporánea, Pianista Acompañante
- Local da ANPA
- Local de Alumnado
- Aseos
Baixo:
- Aula Polivalente
- 6 Aulas de Ballet
- Aseos
Soto:
- Vestiarios e aseos de profesorado
- Vestiarios e aseos de alumnado
- Vestiario da limpadora.
- Almacén de artículos de limpeza
- Almacén de material xeral, atrezzo e vestiario de danza
- Zona de caldeiras
- Grupo electróxeno
1.2 Oferta educativa
ESTUDOS DIRIXIDOS A:
Nenos e nenas a partir dos sete anos.
ACCESO:
Para acceder a estes estudos e necesario superar unha proba que se realiza no mes de xuño e na que se
valora as aptitudes físicas e expresivas do aspirante en relación coa danza, así como o seu sentido musical
e idade idónea.
Pode accederse a calqueira outro curso do grao elemental ou profesional superando unha proba de
coñecementos das materias que compoñen o currículo dos diferentes cursos. Esta proba realizarase no mes
de setembro.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 6 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
ESTRUTURA DESTES ESTUDOS:
Grao Elemental: Consta de catro cursos onde se da unha formación básica coas materias de: Danza
Clásica, Música, Danza Galega, Danza de Carácter , Iniciación a Danza Contemporánea e Iniciación a
Danza Española e ao Baile Flamenco.
Ao finalizar este grao os alumnos obteñen un Certificado de Estudos Elementais.
Grao Profesional: Consta de seis cursos que poden realizarse segundo catro especialidades: Danza Clásica,
Danza Española, Danza Contemporánea e Baile Flamenco .
Neste Centro ofrécese a posibilidade de cursar a especialidade de Danza Clásica e de Danza
contemporánea.
Ao finalizar este grao os alumnos obteñen o Título de Grao Profesional na especialidade cursada.
Grao Superior: Consta de catro cursos e dúas especialidades : Coreografía e Interpretación dunha banda e
Pedagoxía doutra.
O título que obteñen o finalizar este grao e equivalente a todos os efectos a unha licenciatura.
Este grao polo de agora só se pode cursar en Madrid, Barcelona, Málaga, Valencia, Alicante e Bilbao.
Tamén se pode cursar "Pedagogía de las Artes Visuales y de la Danza" na Univesidade Juan Carlos
Tercero de Madrid.
GRAO PROFESIONAL
FINALIDADE
As ensinanzas profesionais de danza teñen como finalidade proporcionarlle ao alumnado unha formación
artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da danza.
A finalidade das ensinanzas profesionais de danza ordénase en catro funcións básicas: formativa,
orientadora, profesionalizadora e preparatoria para estudos posteriores.
O ensino da danza no grao profesional organízase nun grao de seis cursos de duración.
OBXECTIVOS XERAIS
As ensinanzas profesionais de danza teñen como obxectivo contribuír a desenvolver no alumnado as
capacidades xerais e os valores cívicos propios do sistema educativo e, ademais, as capacidades seguintes:
a) Habituarse a observar a danza asistindo a manifestacións escénicas relacionadas con ela, e a establecer
un concepto estético que permita fundamentar e desenvolver os propios criterios interpretativos.
b) Desenvolver a sensibilidade artística e o criterio como fonte de formación e enriquecemento persoal.
c) Analizar e valorar a calidade da danza.
d) Coñecer os valores da danza e optar polos aspectosxurdidos dela que sexan máis idóneos para o
desenvolvemento persoal.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 7 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
e) Participar en actividades de animación dancística e cultural que permitan vivir a experiencia de
transmitir o goce da danza.
f) Coñecer e empregar con precisión o vocabulario específico relativo aos conceptos científicos da danza.
g) Coñecer e valorar o patrimonio dancístico como parte integrante do patrimonio histórico e cultural.
h) Fomentar a utilización do patrimonio dancístico e musical en xeral, e a do galego en particular, como
medio indispensable no enriquecemento da persoa e da súa formación artística.
ESPECIALIDADES DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE DANZA
O currículo das ensinanzas profesionais de danza referirase a cada unha das seguintes especialidades:
DANZA CLÁSICA
DANZA CONTEMPORÁNEA
1.3 Organigrama funcional
Equipo directivo:
Directora: Isabel Méndez González
Vicedirectora: Cristina Lata Villoch
Xefa de Estudos: Julia Penado Alfonsín
Secretaria: Begoña Acuña González
Consello Escolar:
Acuña González, Begoña (Secretaria)
Blanco Rivadulla, Luis Alberto (Representante de Nais-Pais)
Fernández Covelo, Belén (Representante do Profesorado)
Gamborino Caramés, Beatriz (Representante do Profesorado)
Matos Patiño, Nuria (Representante do Profesorado)
Méndez González, Isabel (Directora)
Mouriz Lugilde, María (Representante do Alumnado)
Pendente de nomeamento (Delegado-Presidente da xunta de representantes do alumnado)
Penado Alfonsín, Julia (Xefa de estudos)
Piñeiro Villares, Xosé Daniel (Representante do Concello)
Vilaseca Pérez, Ángela (Representante da ANPA)
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 8 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
Comisión de Coordinación Pedagóxica:
Felpete Facal, María da Alba (Dinamización da lingua galega)
Gil Martínez, María (Coordinadora da biblioteca)
González Canda, M.ª Reyes (Contemporáneo)
Lata Villoch, Cristina (Vicedirectora)
Matos Patiño, Nuria (Teóricas)
Méndez González, Isabel (Directora)
Mesías Farías, Emilio (Música e coordinación das TIC)
Novas Coya, Amparo (Coordinadora do grao elemental)
Penado Alfonsín, Julia (Xefa de estudos)
Pérez Núñez, Lucía (Clásico)
Piñeiro Vidal, Bárbara María (Danza de carácter)
Valiño San Martín, Fabio (Pianistas acompañantes)
CLAUSTRO DE PROFESORES
Dpto. de Danza Clásica
- Acuña González, Mª Begoña
- Fernández Covelo, Mª Belén
- Gamborino Caramés, Beatriz
- Gil Martínez, María
- Lata Villoch, Cristina
- López Quiroga, Jesús Manuel
- Matos Patiño, Nuria (XD Teóricas)
- Novas Coya, Amparo
- Pérez Núñez, Lucía (XD)
- Piñeiro Vidal, Bárbara Mª
Dpto. de Danza Contemporánea
- Eijo Bazarra, Silvia Victoria
- Felpete Facal, María da Alba
- Ferreiro López, Ana Belén
- González Canda, Mª Reyes (XD)
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 9 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
- Penado Alfonsín, Julia
Dpto. de Danza de Carácter
- Eijo Bazarra, Silvia Victoria
- Gamborino Caramés, Beatriz
- Pérez Núñez, Lucía
- Piñeiro Vidal, Bárbara Mª (XD)
Dpto. De Materias Teóricas
- Eijo Bazarra, Silvia Victoria
- Felpete Facal, María da Alba
- Fernández Covelo, Mª Belén
- Ferreiro López, Ana Belén
- Gamborino Caramés, Beatriz
- González Canda, Mª Reyes
- Matos Patiño, Nuria (XD)
- Novas Coya, Amparo
- Penado Alfonsín, Julia
- Pérez Núñez, Lucía
Dpto. de Música
- Mesías Farías, Emilio (XD)
Dpto. de Pianista Acompañante
- Méndez González, Isabel
- Valiño San Martín, Fabio (XD)
- Tercer pianista pendente nomeamento
Política de calidade
Os Conservatorios de Música e de Danza da Comunidade Autónoma de Galicia definiron a calidade como
parte fundamental da súa política e da súa estratexia, e adoptaron un sistema de xestión baseado na
calidade como modelo de referencia para a xestión da Institución. Este sistema de aseguramento da
calidade está baseado na Norma UNE-EN ISO 9001:2015.
Estes centros adoptaron a calidade como unha filosofía de actuación que se identifica coas seguintes
directrices:
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 10 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
O traballo ben feito e a mellora continua das nosas actividades, dos servizos que prestamos e dos procesos
de traballo.
Achegar o valor ao alumnado, as familias, ao profesorado e ao persoal do centro, escoitando a súa voz e
procurando satisfacer as súas expectativas.
A adopción de metodoloxías de traballo baseadas na cultura da evidencia, a xestión a partir de datos e a
disciplina do traballo en equipo.
A xestión dos procesos orientada á mellora continua mediante a planificación, o desenvolvemento e a
revisión e mellora dos mesmos.
A mellora dos resultados definindo os indicadores e obxectivos, e avaliando o nivel de logro dos mesmos.
Requisitos: – Implícitos, explícitos, do cliente, regulamentarios e os propios da nosa organización.
Estas directrices despréganse a través dos seguintes procesos e proxectos:
Mantemento dun sistema da calidade segundo UNE-EN ISO 9001:2015.
Medición e análise periódico da satisfacción de clientes.
Revisión do sistema da calidade e actualización periódica de procesos.
Auditorías internas e externas do sistema da calidade.
Así mesmo, despréganse nos Obxectivos de Calidade a través da formulación e o cumprimento dos
mesmos. Os obxectivos dos Conservatorios de Música e de Danza serán computables e medibles a través
de indicadores; todos eles constitúen os obxectivos da calidade. O grao de cumprimento será avaliado
periodicamente.
O compromiso coa calidade afecta a toda a organización. Todas as persoas dos Conservatorios de Música e
de Danza aceptan este compromiso e a súa responsabilidade no cumprimento dos requisitos establecidos
no Sistema de Xestión da Calidade, así como de participar activamente na mellora da calidade e da xestión,
e no logro dos obxectivos institucionais.
As Direccións dos Conservatorios de Música e de Danza facilitarán os medios e a formación necesarios
para o desenvolvemento con éxito das actividades.
Dereitos e deberes do alumnado
*PLAN DE CONVIVENCIA Conservatorio Profesional Danza Lugo 2015-18. Decreto 8/2015, polo que se
desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en
materia de convivencia escolar.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 11 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
Dereitos
1. Recibir unha formación que asegure o pleno desenvolvemento da súa personalidade
intelectual, afectiva, social, moral e física.
2. Recibir unha ensinanza de calidade e exenta de todo tipo de adoutrinamento que, á súa vez,
fomente a súa capacidade e actitude crítica.
3. Participar no funcionamento e na vida do centro.
4. Adquirir unha formación para a paz, a cooperación e a solidariedade entre os pobos.
5. Ser avaliados obxectivamente e solicitar aclaracións sobre o seu rendemento escolar.
6. Recibir unha orientación escolar e profesional.
Deberes
Estudar e respectar o dereito ó estudio dos seus compañeiros e compañeiras.
Asistir puntualmente a clase e participar nas actividades programadas.
Seguir as orientacións dos seus profesores respecto á súa aprendizaxe e formación.
Cumprir as normas de convivencia aprobadas neste regulamento.
Respectar as instalacións e mobiliario do centro e repoñelo no caso dun uso incorrecto.
Manter as mesmas condutas e actitudes esixidas no centro cando se realizan visitas,
excursións ou calquera outra actividade organizada fóra do centro.
Participar na creación dun clima no centro que fomente o estudio, o traballo, a curiosidade, a
creatividade, a participación, o espírito crítico e construtivo, o respecto e o compañeirismo.
Colaborar na consecución duns hábitos hixiénicos e saudables, e non participar en xogos de
mesa.
Segundo a lei 28/2005 do 26 de decembro, prohíbese fumar no centro, así como tampouco estará
permitida a inxestión de bebidas alcohólicas.
Só se permitirá comer no espazo habilitado para tal efecto na planta baixa, onde se ubican as
máquinas expendedoras
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 12 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
Normas de convivencia no centro
*PLAN DE CONVIVENCIA Conservatorio Profesional Danza Lugo 2015-18. Decreto 8/2015, polo que se
desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en
materia de convivencia escolar.
Comportamento no Centro
Para crear un ambiente educativo adecuado no cal o respecto ao estudo (deber básico do alumnado) e a
dignidade das persoas estean presentes, debemos participar e colaborar activamente, xunto co resto dos
membros da comunidade educativa, co propósito de favorecer o mellor desenvolvemento da ensinanza e da
convivencia no Centro.
Nun Centro no cal convive alumnado que comprende un abano tan grande de idades é necesario establecer
unhas pautas de comportamento que, por básicas que parezan, é conveniente lembrar e asumir.
Asistencia e puntualidade ás clases
Asistir a clase e participar nas actividades orientadas ao desenvolvemento dos plans de
estudos.
Respectar a puntualidade e os horarios para o desenvolvemento das actividades do Centro.
Acudir puntualmente e participar dos actos programados polo Centro.
Rexeitar o abandono da aula, salvo causa de forza maior, durante o período lectivo
correspondente.
Agardar á entrada na aula sen molestar ao alumnado que nese intre está dentro da mesma.
A ausencia do profesor, os alumnos permanecerán na aula esperando as instrucións do
profesor de garda.
Comportamento na aula
Atender en todo momento ás explicacións e indicacións do profesorado e cun bo comportamento.
Pedir previamente a palabra para poder intervir e respectar a quenda de palabra dos demais.
Evitar interromper o desenvolvemento normal da clase con conversacións, ruídos ou calquera
outro acto que poida ser considerado como molestia da mesma.
Manter unha actitude de traballo activa, prestando atención ao profesorado en silencio e realizando
as tarefas que este considere mais convenientes en cada momento.
Comportamento en relación a calquera persoa da comunidade educativa:
Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro educativo.
Respectar a autoridade do profesorado, tanto dentro da clase como no resto do Centro.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 13 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
Respectar a liberdade de conciencia e as conviccións relixiosas, así como a dignidade, integridade e
intimidade de todos os membros da Comunidade Educativa e non discriminar a ningún membro por
razón de nacemento, raza, sexo ou por calquera outra circunstancia persoal ou social.
Respectar aos conserxes e ao resto do persoal da administración e servizos e atender, en todo
momento as súas indicacións.
Comportamento en relación aos compañeiros e compañeiras:
Respectar o exercicio de dereito ao estudo dos seus compañeiros e compañeiras.
Manter un trato correcto cara os compañeiros e compañeiras, non permitíndose, en ningún caso, o
exercicio da violencia física ou verbal.
Comportamento en relación ao material e as instalacións:
Respectar e utilizar correctamente os bens mobles, instrumentais e as instalacións do Centro.
Velar pola limpeza da aula, do mobiliario e do material común, facendo un uso correcto de todo o
material dispoñible. Respectar o material alleo, evitando non tocalo e non utilizalo en beneficio
propio, sen permiso.
Respectar a disposición das mesas e os lugares asignados polo Centro, ou polo profesorado, cando
se utilice unha aula específica ou en caso de que a tarefa encomendada así o requira.
PROHÍBESE O USO DE TELÉFONOS MÓBILES E OUTROS DISPOSITIVOS
ELECTRÓNICOS COMO MECANISMO DE COMUNICACIÓN DURANTE OS PERIODOS
LECTIVOS. EXCEPCIONALMENTE, OS CENTROS PODERÁN ESTABLECER NORMAS PARA A
CORRECTA UTILIZACIÓN COMO FERRAMENTA PEDAGÓXICA.
Calquera profesor/a poderá requisar o teléfono móbil dun alumno ou alumna que estea usando o
mesmo fóra das situacións permitidas ( para fins pedagóxicos ou con permiso da dirección).
O teléfono requisado será entregado en conserxería polo profesorado e poderá ser recollido ao
final da xornada lectiva.
O centro conta con armarios con cadeado para que o alumnado deposite as súas pertenzas
durante a xornada escolar. Non obstante e por motivos de seguridade permitirase que leven ás aulas
nun estoxo pechado pequenos obxectos persoais coma xoias, móbil ou diñeiro, baixo a súa custodia
e responsabilidade.
Establecemento das condutas contrarias á convivencia e das correccións que correspondan ao seu
incumprimento que, de ser o caso, se aplicarán, de conformidade co establecido no Decreto 8/2015
do 30 de xaneiro en desenvolvemento da Lei 4/2011 e demais normativa que sexa de aplicación:
1 Faltas leves:
Constitúen faltas leves aquelas condutas que perturban levemente as normas de convivencia. No
caso de faltas leves, as correccións deberán ir precedidas dunha chamada de atención:
-Empregar cámaras e móbiles no recinto sen permiso da dirección do centro.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 14 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
-Chegar tarde ás clases.
-Deterioro non grave das dependencias do centro, do seu material ou dos obxectos e pertenzas da
Comunidade Educativa causado intencionadamente.
Enténdese por deterioro non grave o que non impide o normal uso do obxecto deteriorado. Será
competente para corrixir ao alumno, neste caso, o profesor que haxa observado a súa conduta e/ou o
titor. Amoestación verbal e comunicación do feito ao equipo directivo, quen, oído ó alumno ao ,
poderá impoñer unha corrección consistente en reparar o dano ou a substitución por outro novo, no
seu caso, ou correr cos gastos que se deriven do seu arranxo.
-Permanecer de xeito inxustificado nos corredores diferentes a onde estea situada a súa aula.
O profesor da garda e calquera profesor serán competentes para corrixir esta conduta mediante
amoestación verbal. Neste caso de reiteración, comparecencia inmediata ante o xefe de estudos,
quen oído ao alumno, considerará a corrección a establecer.
-Tirar obxectos ao chan en calquera dependencia do centro.
Será competente para corrixir esta conduta calquera profesor que se decate da mesma, e amoestarao
verbalmente e mandándolle recoller os obxectos tirados. En caso de reincidencia este
comportamento poñerase en coñecemento do titor, quen, oído ao alumno, poderá corrixirlle
amoestándoo por escrito ou mandándolle que recolle os obxectos tirados en unha determinada
dependencia do centro.
-Pintar, escribir ou ensuciar levemente as paredes e o mobiliario do centro, sen que aparezan
expresións groseiras ou irrespectuosas.
Calquera profesor que contemplase este conduta será o encargado do corrixila amoestándolle
verbalmente e obrigándolle a que limpe a parede ou o mobiliario ensuciado. En caso de reincidencia
deberá poñer en coñecemento ao titor desta circunstancia.
-Empregar aparatos gravadores e reprodutores, teléfonos móbiles, alarmas sonoras de reloxos e
outros que perturben o curso normal das clases.
O profesor que observe estas condutas corrixirá, amoestará verbalmente en primeira instancia e
advertirá de que en caso de reincidencia se lle amoestará por escrito e/ou se lle incautará o aparello
ata que os seus pais veñan recollelo. O uso de cámaras ou móbiles para a captación de imaxes no
recinto escolar, sen autorización dos implicados e mailo profesorado.
-Comer e mascar gomas de mascar na clase.
O profesor que nese momento imparta a clase deberá corrixir ao alumno, amoestará verbalmente e
pedíndolle que desistas do seu comportamento. No caso de manter esta conduta, faralle comparecer
ante o xefe de estudos, quen despois de oír ao alumno, advertiralle de que se repite esta
acción,poderá ser amoestado por escrito.
-A actitude indiferente de cara as actividades do proceso de ensinanza, aprendizaxe mantida durante
máis de dúas clases dunha materia.
O profesor desta materia amoestará verbalmente ao alumno en cada ocasión, poderá mandarlle
realizar traballos relacionados coa materia e, ao terceiro día de observar a mesma actitude, solicitará
ao alumno que comunique os seus pais que se lle fixeron varias amoestacións verbais por ese
motivo empregando os instrumentos establecido polo centro, cuxa recepción estes asinarán.
-Ignorar as chamadas de atención do persoal docente e non docente do centro.
Será competente para corrixir esta conduta o propio profesor, unha vez que este recibira a
comunicación correspondente. Oído ao alumno, esixiráselle que pida escusas á persoa que lle
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 15 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
chamou a atención e se lle comunicará esta situación aos pais. Cando, reiteradamente, o alumno non
responda ás chamadas de atención, esta conduta terá a consideración de falta grave.
-Non dispoñer do material necesario para a aprendizaxe tras ser amoestado verbalmente por iso.
Corresponde ao profesor da materia corrixir en primeira instancia ao alumno. O profesor amoestará
verbalmente ao alumno e solicitará ao alumno que comunique a os seus pais a dita amoestación
empregando os instrumentos establecidos. Os pais asinarán a súa recepción.
-Non gardar as debidas normas de seguridade establecidas na case, empregando o material ou
poñer en funcionamento aparellos sen a debida autorización do profesor.
Este será competente para corrixir a conduta observada amoestándolle verbalmente ou por escrito.
-Ofender, insultar ou desacreditar levemente a algún compañeiro.
Será corrixido polo profesor cunha amoestación verbal e/ou a realización de traballos; se reincidira
neste comportamento, cunha amoestación escrita.
-Facer comentarios despectivos ou ofensivos respecto ás materias, tarefas ou actividades
encomendada que impliquen falta de respecto implícito ou explícito aos profesores e/ou alumnos,
ou que o seu descrédito poida serrar nos alumnos desaproveitamento dos mesmos, corrixirase cunha
amoestación verbal e/ou a realización de traballos; en caso de reincidencia, cunha amoestación
escrita.
2 Faltas graves:
Constitúen faltas graves aquelas condutas que perturban gravemente as normas de convivencia. Os
profesores implicados deberán deixar constancia das mesmas mediante amoestación escrita. Todas
as correccións a aplicar como consecuencia da comisión de faltas graves establecerán unha vez
oídos os ao alumno, o seu titor, e, no seu caso, os profesores afectados. Das faltas graves cometidas
e das sancións derivadas da súa comisión para ser corrixidas, haberá de darse conta por escrito aos
pais dos alumnos:
-Colgar fotografías realizadas no recinto escolar, sen permiso da dirección, na rede, internet e
demáis.
-A acumulación de tres faltas leves.
-Os actos de indisciplina, inxuria ou ofensa graves contra membros da comunidade educativa.
Inclúense entre estes as inxurias ou ofensas que teñan carácter racista.
-As agresións físicas intencionadas como golpes, patadas, lanzamento de obxectos, empuxóns, de
xeito illado aínda que non causen lesións.
-A falta tipificada como leve, se concorren as circunstancias de colectividade e/ou publicidade
intencionada, como colgar fotos en Internet.
-Causar, por neglixencia ou por uso indebido, danos graves nos locais, material ou documentos do
centro ou nas pertenzas doutros membros da comunidade educativa, que dificulten o uso normal dos
mesmos e que a súa reposición ou reparación suporá un gasto.
O titor, o xefe de estudos e o director poderán corrixir esta falta cunha realización de tarefas que
reparen os danos causados ou coa reposición do pago dos materiais danados.
Tanto o titor como o xefe de estudos e o director son competentes para corrixir esta falta, privando
aos alumnos implicados de participar en determinadas actividades extraescolares ou
complementarias, mediante a realización de tarefas ou traballos específicos en horario lectivo.
Trala amoestación do alumnado e a comunicación dos pais, se cómpre establecer unha sanción, será
establecida pola dirección oído o Consello Escolar do centro.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 16 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
No caso de falta moi grave valorarase a expulsión do centro.
Servizos do centro
5.1 Biblioteca
O CDAN de Lugo conta coa única Biblioteca especializada en Danza da comunidade galega, aberta ao
público en xeral no horario de apertura da mesma.
Empregamos a nosa biblioteca escolar como un recurso educativo imprescindible para a consecución dos
obxectivos educativos en todas as áreas. Ademáis, facilita o acceso aos recursos informativos e culturais
necesarios nos procesos de ensino e aprendizaxe, favorece un uso contextualizado das tecnoloxías da
comunicación e da información e resulta imprescindible para a capacitación e o fomento da lectura, de
todo tipo de textos, en todo tipo de soportes.
A biblioteca comezará a funcionar o luns día 2 de outubro.
5.2 Caixa de correo da convivencia
Contamos cunha 'Caixa de correo de convivencia' para a recollida de calquera comunicación ou suxestión
que o alumnado queira facer. Esta caixa tamén servirá para recoller as denuncias en relación coas
situacións de acoso escolar, tal e como recolle o noso Plan de Convivencia. En todos os casos garantirase o
anonimato da identidade da perosa que realiza a comunicación. Así mesmo, calquera denuncia que sexa
falsa ou indique indicios de actuación malintencionada, pode ser sancionada pola Comisión de
Convivencia, con medidas correctoras que poden ir dende a falta leve á falta grave.
Esta caixa de correo estará xestionada pola xefatura de estudos ou persoa en quen delegue.
Información de interese
6.1 Validacións, exencións e promoción
*Orde do 7 de xullo se 2010 pola que se regulan medidas de ordenación académica para alumnos que
cursan ensinanzas profesionais de música e danza e as ensinazas de réxime xeral (DOG núm. 134, do xoves 15 de xullo do 2010)
http://www.edu.xunta.es/centros/iesmonelos/system/files/orde_7xullo.pdf
VALIDACIÓNS
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 17 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
Materia e cursos de ESO
que se valida Ensinanzas profesionais
Materia coa cal se valida
Música de 1º a 3º Danza 1º curso de música
Música de 4º Danza 2º curso de música
Materias optativas de ESO
que se validan
Ensinanzas profesionais de danza coas cales se validan
Unha materia optativa dun curso da eso
Proba de acceso a calquera dos cursos de danza
Optativa de 3º ou 4º cursos da ESO Danza galega
Materia de bacharelato
que se valida Materia coa cal se valida
Anatomía aplicada 1º e 2º cursos de anatomía aplicada á danza
Historia da música e da danza 1º e 2º cursos de historia da danza
Ensinanzas profesionais
de danza que se validan Materia de bacharelato coa cal se valida
1º e 2º cursos de anatomía aplicada á danza
Anatomía aplicada
1º e 2º cursos de historia da danza
Historia da música e da danza
v Materias optativas de bacharelato que se validan
Ensinanzas profesionais de danza coas cales se validan
Optativa de 1º de bacharelato 1º curso de acondicionamento físico
Optativa de 2º de bacharelato 2º curso de acondicionamento físico
*RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a implantación, no curso académico 2016/17, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo a Disposición adicional primeira: Medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa
as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral
A Orde do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen medidas de ordenación académica para o alumnado
que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral será de
aplicación no curso 2016/17 tendo en conta as seguintes consideracións:
1. A materia optativa de primeiro ou de segundo curso da ESO, do anexo VI da orde, entenderase referida
a unha materia de libre configuración.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 18 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
2. A materia optativa de terceiro curso da ESO do anexo VI da orde, entenderase referida a unha das
materias específicas de opción (Cultura Clásica ou Segunda lingua estranxeira).
3. A materia optativa de cuarto curso da ESO do anexo VI da orde, entenderase referida a unha materia do
bloque de materias específicas.
4. A materia optativa de primeiro ou de segundo de bacharelato, do anexo VII da orde, entenderase
referida a unha das materias específicas de opción e libre configuración contempladas no anexo V do
Decreto 86/2015, do 25 de xuño.
EXENCIÓNS
Poderán solicitar a exención da materia de educación física da educación secundaria obrigatoria e do
bacharelato o alumnado que curse estes estudos e simultaneamente realicen estudos nas ensinanzas
profesionais de danza. O alumnado exento da materia de educación física non será avaliado desta materia e
non será computada para o cálculo da nota media do bacharelato.
PROMOCIÓN
No grao elemental
O alumnado pasará ao curso superior cando teña superadas as materias cursadas ou teña avaliación
negativa, como máximo nunha materia. Non obstante, no caso das ensinanzas de danza, cando a materia
non superada sexa a de Danza Clásica, deberase repetir o curso na súa totalidade.
No suposto de materias pendentes referidas á práctica de danza, a súa recuperación deberá realizarse na
clase do curso seguinte, se forma parte del. No resto dos casos, o alumnado deberá asistir ás clases das
materias non superadas no curso anterior.
A cualificación negativa en dúas ou máis materias dun curso ou de varios impedirá a promoción do
alumnado ao curso seguinte.
O alumnado que ao remate do cuarto curso tiver pendente de avaliación positiva dúas materias ou máis
deberá repetir o curso na súa totalidade. Cuando a cualificación negativa se produza nunha materia só
cumprirá que realice dita materia.
No grao profesional
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 19 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
O alumnado pasará ao curso superior cando teña superadas as materias cursadas ou teña avaliación
negativa, como máximo, en dúas materias. A cualificación negativa en tres ou máis materias
correspondentes a un ou varios cursos impedirá a promoción do alumnado ao curso seguinte.
No suposto de materias pendentes referidas á práctica da danza, a súa recuperación deberá realizarse na
clase do curso seguinte, se forma parte del. No resto dos casos, o alumnado deberá asistir ás clases das
materias non superadas no curso anterior.
O alumnado que ao remate do sexto curso tiver pendente de avaliación positiva tres ou máis materias,
deberá repetir o curso na súa totalidade. Cando a cualificación negativa se produza nunha materia ou en
dúas, só cumprirá que curse as materias pendentes.
En relación coa alínea anterior, os centros poderán, segundo as súas dispoñibilidades, autorizar a asistencia
do alumnado con unha ou dúas materias pendentes ás clases das materias xa superadas.
A non superación de calquera das materias que se detallan a continuación impedirá en todos os casos a
promoción ao curso seguinte:
Na especialidade de danza clásica a materia de Danza Clásica. Na especialidade de danza contemporánea a
materia de Técnicas de Danza Contemporánea.
6.2 Faltas de asistencia
Establécense dous tipos de faltas: as xustificables e as non xustificables.
1.1 Falta xustificable
Con carácter xeral, teñen a consideración de xustificables as seguintes faltas de asistencia a clase do
alumnado:
a) Enfermidade ou indisposición leve.
b) Morte, enfermidade ou problema grave dun familiar.
c) Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais.
g) Revisións médicas.
h) Participación nunha folga legal, segundo o protocolo establecido nas normas de organización,
funcionamento e convivencia do centro.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 20 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
i) Unha actividade escolar que, de xeito puntual, coincida en horario das clases no centro. Achegará ao
titor unha xustificación do centro no que a realice.
j) Asuntos persoais: ata 3 días ao curso.
- Por mor de facilitar a simultaneidade das nosas ensinanzas coas ensinanzas regradas obrigatorias, non
terá consideración de FALTA, as ausencias durante todo o curso derivadas da incompatiblidade horaria
dos centros para as súas actividades académicas, que serán informadas ao profesorado coa debida
antelación.
- No caso de faltas de asistencia a clase do alumnado non contempladas no apartado anterior, quedará a
criterio da Dirección do CDAN a consideración das excepcionais circunstancias que concorran para a súa
xustificación ou non, para o que o pai/nai/titor legal do alumno ou alumna, presentará unha solicitude
coa xustificación documental pertinente.
- Serán os pais, nais ou titores legais do alumnado menor de idade, así como o alumnado maior de idade,
os responsables de presentar no centro a xustificación da falta do alumno ou alumna nos prazos e forma
que se establecen de seguido.
Falta non xustificable
Enténdese como falta non xustificable, aquela falta de asistencia que non se pode xustificar conforme ao
establecido nos parágrafos precedentes.
PERDA DO DEREITO A AVALIACIÓN CONTINUA
A acumulación de faltas non xustificables poderá ocasionar a perda do dereito a avaliación continua
segundo os porcentaxes seguintes:
Se un alumno ten máis do 10 % de faltas non xustificables perde o dereito a avaliación continua, pode
seguir vindo a clase, pero para a súa cualificación terá que realizar os sistemas extraordinarios de
avaliación dispostos polos departamentos didácticos, para o que terá dúas convocatorias: xuño e setembro.
Unha vez chegado ao 6% o alumnado recibirá un apercibimiento da súa situación. O cómputo de faltas de
asistencia fai referencia ao número de horas que contempla o currículo para cada materia por curso
completo.
Cada un dos profesores informará ao comezo do curso acerca de como serán as probas a realizar por
aqueles discentes que superen o número permitido de faltas, segundo o establecido nas programacións
didácticas.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 21 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
FALTAS DE PUNTUALIDADE
O alumnado permanecerá no centro dentro do seu horario lectivo. Tanto as faltas de puntualidade coma
calquera saída puntual dentro do horario precisarán de xustificación.
As faltas de puntualidade non xustificables tanto ao comezo coma ou remate das clases, poderán ser
contempladas como faltas de convivencia e levar a sanción pertinente.
O alumnado que chegue tarde será sempre admitido na clase pero, nas clases prácticas, por mor de evitar
lesións ao alumnado, o profesor da materia considerará se pode incorporarse inmediatamente á actividade,
realizar un quecemento previo, ou ben realizar un traballo teórico.
CONTROL DA ASISTENCIA A CLASE E REXISTRO DAS AUSENCIAS
Control da asistencia a clase
O control da asistencia a clase do alumnado se realizará diariamente por parte do profesorado, quen
introducirá as posibles ausencias na aplicación informática de xestión académica, como mínimo
semanalmente, indicando a súa xustificación ou non.
Xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado
O pai, nai ou titor legal, utilizará o modelo proporcionado polo centro para a xustificación das faltas de
asistencia a clase do alumnado.
O alumnado amosará a xustificación da falta ao profesorado das materias que faltou na seguinte clase á que
se incorpore, para entregarlla despois ao profesorado titor, acompañando, segundo proceda, xustificante
médico ou calquera outro documento acreditativo da circunstancia que xustifique a ausencia.
Non se aceptarán xustificantes pasado un mes, e cómpre entregarllos coa debida antelación no caso do
período de avaliacións, pois quedará constancia no boletín informativo das mesmas e non poderán ser
xustificadas con posterioridade.
Igualmente o alumnado maior de idade.
Rexistro das faltas de asistencia a clase.
O profesorado rexistrará, na aplicación informática de xestión académica, a xustificación das faltas de
asistencia a clase do seu alumnado así como a súa xustificación ou non.
Seguimento das faltas de asistencia a clase do alumnado e a súa comunicación.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 22 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
Pais, nais ou persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado, poderán consultar as faltas do seu fillo/a no
programa informático do centro a partires da semana seguinte de producirse dita falta.
No boletín de notas trimestral irá toda a información de faltas do alumnado na avaliación, para consulta on
line en Grao Profesional e entregarase en sobre pechado ao alumnado de Grao Elemental.
Ao comezo do curso, o titor comunicará aos pais/nais/titores legais o procedemento para a visualización
das faltas de asistencia no programa informático. Se prefiren a recepción das faltas doutro xeito, o
solicitarán por escrito á xefatura de estudos.
CONSIDERACIÓNS ARREDOR DA XUSTIFICACIÓN DE FALTAS.
Cando as faltas de asistencia a clase do alumnado presenten dificultades para a súa xustificación ou cando
se incremente de forma significativa o número de faltas, o profesorado informará ao titor á maior
brevidade posible, para que convoque á nai, ó pai ou ás persoas titoras legais ou gardadoras da alumna ou
do alumno a unha reunión coa finalidade de analizar a situación que se está a producir e tratar de corrixila.
Desa reunión levantará acta o profesorado titor, e serán informados dos acordos tomados pola reunión do
equipo de profesorado en relación ao desenvolvemento inadecuado da programación que está a facer por
causa das faltas reiteradas e o prexuízo que conleva no seu proceso de aprendizaxe.
En caso de lesións prolongadas, decídese seguir o mesmo procedemento, informando o titor da asistencia
mínima aconsellable para que non perda contacto coas materias que non pode realizar. O equipo de
profesorado, coordinado polo titor/a e baixo a supervisión do equipo directivo, decidirá o que consideren
máis aproveitable para o/a alumno/a.
6.3 Traslado
*Orde do 11 de febreiro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que
cursa as ensinanzas profesionais de danza que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio,
de educación (DOG núm. 39, do luns, 25 de febreiro de 2008).
Cando o alumno ou a alumna se traslade de centro docente para proseguir os seus estudos, o centro de
orixe remitirá ao de destino, por petición deste, o libro de cualificacións acreditativo de que os datos que
contén concordan co expediente que consta no centro.
O centro docente de destino abrirá o correspondente expediente académico persoal, e a matriculación do
alumno ou alumna adquirirá carácter definitivo unha vez recibido o libro de cualificacións cuberto polo
centro de orixe.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 23 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
Será necesario o traslado do libro de cualificacións das ensinanzas profesionais de danza nos caso que a
seguir se sinalan:
a) Traslado do alumnado dun conservatorio profesional a outro.
b) Traslado do alumnado dun centro autorizado a outro que estivese adscrito a un conservatorio
profesional diferente.
c) Traslado do alumnado dun conservatorio profesional a un centro autorizado adscrito a un
conservatorio profesional diferente.
d) Traslado do alumnado dun centro autorizado a un conservatorio profesional diferente daquel ao
cal estivese adscrito o dito centro.
6.4 Renuncia á matrícula
O alumnado que, unha vez iniciado o curso decidise abandonar os seus estudos no Conservatorio, poderá
presentar a súa renuncia por escrito na Secretaría do Centro.
As renuncias serán aceptadas con data límite do 15 de abril do ano en curso.
A renuncia será sempre aceptada, cando cumpra cos prazos establecidos con anterioridade.
Mediante a renuncia pérdese todo o dereito como alumnado do Centro, non tendo ningún efecto en
relación co límite de permanencia no grao.
A renuncia non dará lugar á devolución das taxas de matriculación.
As vacantes producidas por renuncia poderán ser ocupadas con alumnado da lista de espera ata finais do
mes de outubro.
As renuncias producidas con posterioridade a outubro non xerarán vacantes susceptibles de ofrecer a
alumnado en lista de espera.
6.5 Bolsas
Bosas e axudas para estudar ensinanzas artísticas: https://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas.html
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 24 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
6.6 Premios Nacionais de Educación ao Rendemento Académico do Alumnado nas modalidades de Ensinanzas Artísticas Profesionais e Premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais.
- Convocados os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de
Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño correspondentes ao curso 2016/2017:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/23113
- *pendente a convocatoria do curso 2016/17:
https://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/premios/no-
universitarios/premios-nacionales-rendimiento-academico-artisticos.html
6.7 Recursos informativos
web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/conservatoriodanzalugo/
taboleiros de anuncios e outros espazos establecidos ao respecto
e-mail como medio de comunicación entre as familias, o alumnado e o profesorado titor
Centros Net/APP
Mediante esta aplicación tanto o alumnado, profesorado, nais e país terán acceso á información relativa aos
expedientes, así como faltas, notas, horarios, mensaxes, etc.
Poderase descargar e instalar, ademáis nos dispositivos móbiles, non só @ alumn@, xa que a aplicación
permite 3 licencias por cada expediente (un para o alumno, outro para o pai e outro para a nai). Desta
maneira o ciclo Centro, profesorado, alumnado e nais-pais queda pechado e perfectamente comunicado.
Esta aplicación, vén sumarse á web do centro e aos perfís de Facebook e Twitter, a través das cales nas
que o centro adoita informar e comunicar sobre avisos e actividades.
INSTALACIÓN
No web do centro, na columna da esquerda inferior hai un apartado Accede a Centros Net, clicando aí
poderás descargar a guía coas instruccións de instalación, tanto para acceder mediante ordenador como
para acceder mediante dispositivos móbiles.
(http://www.edu.xunta.gal/centros/conservatoriodanzalugo/?q=node/209)
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 25 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
6.8 Obradoiros
Os obradoiros de danza galega e de flamenco dirixidos ao alumnado de grao profesional comezarán no mes
de outubro os venres en horario de 20.30 a 21.30 horas.
Cada un deles contará con 20 prazas, de maneira que terán prioridade para cubrir as mesmas (segundo a
orde de inscrición) o alumnado de 6ºGP a 3ºGP para o obradoiro de danza galega e o alumnado de 2ºGP a
1ºGP para o alumnado de flamenco.
Así mesmo, non se levarán a cabo os obradoiros se non se xuntase un mínimo de cinco alumnos.
O prazo de inscrición será do xoves 21 ao venres 29 de setembro, na conserxaría do centro, ou ata
cubrir as prazas correspondentes. As clases darán comenzo o venres 6 de Outubro.
6.9 Vestiario nas aulas
CLASES DE DANZA CLÁSICA:
Modifícase o uniforme, deixando un ano de transición:
- PREPARATORIO , 1º Y 2º G.E.
Nenas : Maillot azul marino lycra de asa e escote redondo. Medias c/carne. Zapatillas c/carne pel e
sola enteira.
Nenos : Camiseta branca. Malla azul. Zapatillas brancas pel e sola enteira.
- 3º Y 4º G.E.
Nenas : Maillot azul marino lycra de asa e escote redondo. Medias c/carne. Zapatillas c/carne de
tela e sola partida.
Nenos : Camiseta branca. Malla azul. Zapatillas brancas de tela e sola partida
- 1º,2º,3º,4º GP:
Nenas : Maillot granate supless. Medias c/carne. Zapatillas c/carne de tela e sola partida
Nenos : Camiseta branca. Malla granate. Zapatillas brancas de tela e sola partida
- 5º e 6º de GP:
Rapaces e rapazas: mallas negras modelo libre.
*A partir de 4º GP, os mércores poden traer o maillot de calquera cor.
CLASES DANZA DE CARÁCTER :
- 1º Y 2º G.E.
NIÑAS : Zapatos de Carácter de tela e goma (Tacón baixo)
NIÑOS : Zapatos de Carácter de pel e cordóns
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 26 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
- 2º G.P.
NIÑAS : Zapatos de Carácter de tela e goma (Tacón alto)
NIÑOS : Zapatos de Carácter de pel e cordóns
CLASES DANZA ESPAÑOLA :
- 4º G.E.
NIÑAS : Zapatos flamenco pel e cravos
NIÑOS : Botas flamenco
CLASES DANZA CONTEMPORÁNEA:
- 4ºGE Y GP: Camiseta negra e pantalón negro largo. Calcetíns.
6.10 Compra de vestiario galas
Con motivo das galas de final de curso, o alumnado terá que adquirir vestiario cuxo custo correrá ao seu
cargo. Non obstante, informarémolos ao longo do curso ao respecto.
Os prezos aproximados serán:
Grao Elemental: 1º, 2º e 3º GE 45€/ 4ºGE 60€
Grao Profesional: Especialidade Danza Clásica 80€/ Especialidade Danza Contemporánea 60€
6.11 Cadeados para os armarios
Soamente entregarase un único cadeado para os armarios ao alumnado de nova incorporación.
6.12 Responsabilidade
Normas durante actuacións
Por mor de garantir os protocolos de imaxe, non estará permitido facer gravacións nin tomar fotografías
durante os espectáculos.
Tampouco se poderá comer nin beber durante o mesmo, así como entradas e saídas indiscriminadas. Por
esta última razón, o Auditorio pechará a súa porta unha vez iniciada a actividade e só serán atendidas
razóns de urxencia cara a súa apertura. Neste último caso se é un feito previsible, que falen antes co
equipo directivo para estar pendentes.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 27 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
Recordade que non está permitido pendurar fotografías nin vídeos en redes sociais usando o nome do
conservatorio.
Protección de datos
“En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de
datos de carácter persoal, infórmaselle de que os datos persoais facilitados quedarán rexistrados nun
ficheiro de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de
Galicia co obxecto de xestionar o presente procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos
de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, como responsable do ficheiro, solicitándoo ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, S/N, 15781, Santiago de Compostela, ou mediante o
envío dun correo electrónico a [email protected].”
6.13 Información médica
Información médica do alumnado
O centro está dentro do Plan de ALERTA ESCOLAR E PATOLOXÍAS DE MEDICACIÓN URXENTE,
para o cal se seguirá o plan establecido pola Xunta de Galicia, polo que o alumnado afectado nestes casos
entregará no centro a través do seu titor ou titora a documentación pertinente.
SEGURO ESCOLAR
O Conservatorio de Danza está exento do aboamento da taxa de Seguro Escolar, e tampouco ten ningún
outro seguro voluntario, polo que o alumnado do centro se acolle ao sistema público de saúde por ser
beneficiara e usuaria de póliza da súa asistencia sanitaria persoal, ben Seguridade Social, MUFACE;
MUGEJU; ISFAS...
6.14 Información relevante sobre prazos
Para a solicitude de cambio de grupo no grao elemental, así como de xustificación de faltas (no grao
elemental e profesional), será ata o 30 de setembro.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 28 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
6.15 Procedemento para as titorías
Por mor de garantir a atención debida aos pais e nais, cómpre a solicitude de cita previa das titorías, ben
directamente ao profesor/a correspondente ou, cunha semana de antelación, na conserxería do centro, onde
será rexistrada para que o profesorado as poida consultar.
Se por calquera circunstancia un profesor tivese que cancelar unha reunión, comunicarao ás familias coa
maior brevidade posible. Cando a cancelación teña lugar o mesmo día da reunión debido á ausencia
imprevista do/a profesor/a, a xefatura de estudos, ou no seu defecto, outra persoa do Equipo Directivo, será
a encargada de comunicar a devandita circunstancia coa maior urxencia posible.
6.16 Actividades Culturais e de Promoción das Ensinanzas
Acto programa ERASMUS o martes 26 de setembro no Gaiás (Santiago de Compostela)
Six Japanese Gardens domingo 29 de outubro ás 12.30horas na Sala Mozart do Auditorio
de Galicia (Santiago de Compostela). Alumnado especialidade danza contemporánea. Obradoiro de Gyrokinese e Gyrotonic.(data sen concretar, primer trimestre)
Saída didáctica ao Teatro Rosalia de Castro da Coruña (a concretar). Una conferencia
bailada deToni Jodar, o mércores 11 outubro. / Aureo- Dantzaz El Kartea, o venres 24 de
novembro. Dirixido a todo o centro. Musical Mary Poppins, o venres 17 de novembro no auditorio municipal Gustavo
Freire.Dirixido ao alumnado de grado elemental. Obradoiro/concerto de percusión coa agrupación Odaiko, no mes de decembro. Dirixido
a todo o alumnado de Grado Elemental. Obradoiro de baile tradicional, no mes de decembro. Dirixido a 1º GP e aos participantes
no obradoiro de danza galega do centro Gala UNICEF e representación didáctica para escolares ao día seguinte no Auditorio Municipal
Gustavo Freire co espectáculo Alicia no país das marabillas (Previsión de datas-14 e 15 de
decembro). Alumnado participante: 2ºGE, 3ºGE, 4ºGE e 1ºGP. Gala benéfica da Asociación ACOES o sábado 2 de decembro no Agora, Alumnado
participante: os cursos altos do grao profesional. Mostra de Caracter: (data a determinar)- posibilidade de facela en outros sitios. Alumnado
participante: todo o grao elemental, 1ºGPA, 1ºGPB, 2ºGPA, obradoiro de danza galega e obradoiro
de flamenco.
Hábitos saudables
Consideramos importante que as familias se impliquen en favorecer os hábitos saudables do alumnado,
proporcionando unha boa nutrición e unha dieta balanceada para axudar aos nenos/as a crecer saudables e
previr lesións. Así como tamén, a ter unha boa hixiene persoal, coidando o aseo da persoa así como do
uniforme.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 29 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
Lembrámoslles que nos vestiarios dispoñemos de duchas para uso do alumnado.
Normas en caso de evacuación
PLAN DE EMERXENCIA
XEFE DE EMERGENCIA:
Directora / Substituto 1º Xefa de Estudos / Substituto 2º Secretaria
EQUIPO DE PRIMEIRA INTERVENCIÓN
Profesorado sen alumnado ao seu cargo
EQUIPO DE EVACUACIÓN
Profesorado con alumnado ao seu cargo
RESPONSABLE DO CENTRO DE COMUNICACIÓNS
Persoal en Conserxaría
ESQUEMA DE ACTUACIÓN
1º) Salta a alarma (primeiro asubío)
O alumnado é informado do modo de actuación en caso de evacuación.
2º) Soa de novo a alarma (segundo asubío)
Procédese a evacuación segundo o Plan de Emerxencia determinado
3º) Volta ás aulas.
Recordade: camiñar en fila sen correr, non berrar, non coller a roupa..
Calendario escolar
Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/18 nos centros
docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de
2017 e 30 de xuño de 2018, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación
establecidos para cada unha delas.
Períodos de vacacións:
- Nadal: desde o día 22 de decembro de 2017 ata o día 7 de xaneiro de 2018, ambos inclusive.
- Entroido: días 12, 13 e 14 de febreiro de 2018.
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 30 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
- Semana Santa: desde o día 24 de marzo ata o 2 de abril de 2018, ambos inclusive.
Días non lectivos:
- Festivos nacionais, autonómicos e locais (non incluídos nos períodos de vacacións):
5 de outubro: San Froilán;
12 de outubro: día da hispanidade;
1 de novembro: día de todos os santos;
6 de decembro: día da Constitución Española;
8 de decembro: Inmaculada;
1 de maio: festa do traballo
17 de maio: día das Letras Galegas;
- Día do ensino: 7 de decembro
- Festivo do centro: 30 abril.
Calendario de avaliacións:
1ª avaliación: do 13 ao 15 de decembro. Entrega de notas do 18 ao 21 de decembro.(56 dias
lectivos)
2ª avaliación: do 7 ao 9 de marzo. Entrega de notas do 12 ao 15 de marzo.(46 dias lectivos)
3ª avaliación-final ordinaria: do 4 ao 5 de xuño (entrega de notas do 4 ao 7 de xuño)*O
alumnado que estea a cursar 6º de grao profesional e/ou 2ºBACH poderá ver modificadas as datas da súa
avaliación final ordinaria segundo determine a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria.( 40 dias lectivos ata o 15 de Maio e 53 ata o 4 de Xuño)
Horario
As clases comezarán o xoves 21 de setembro no seguinte horario, agás o alumnado de preparatorio
que comezará o luns 16 de outubro e rematará o 14 de maio :
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
PR A
16.30-17.30
PR B
18.00-19.00
1º A 16.30-17.30 DCL 16.00-17.00 DCL 16.00-17.00 DCL
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 31 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
17.30-18.30 DCA 17.00-18.00 MUS
1ºB 18.00-19.00 DCL 19.00-20.00 DCL
20.00-21.00 DCA 18.00-19.00 DCL
19.00-20.00 MUS
2ºA 16.00-17.30 DCL
16.00-17.30 DCL 17.30-18.30 DCA
16.00-17.30 DCL 17.30-18.00 Tª DCL 18.00-19.00 MUS
2ºB
18.00-19.00 MUS 19.00-20.30 DCL
19.00-19.30 Tª DCL 19.30-21.00 DCL
18.00-19.30 DCL 19.30-20.30 DCA
3ºA 16.00-17.30 DCL 17.30-18.30 DGA
17.00-18.30 DCL 18.30-19.00 Tª DCL 19.00-20.00 MUS
16.00-18.00 DCL 16.00-17.30 DCL
3ºB
19.00-21.00 DCL 18.00-19.30 DCL 19.30-20.30 DGA
18.30-19.00 Tª DCL 19.00-20.30 DCL 20.30-21.30 MUS
18.00-19.30 DCL
4ºA
16.00-17.30 DCL 17.30-18.30 IDE
16.00-18.00 DCL 18.00-19.00 MUS
16.00-18.30 DCL
16.00-17.00 IDC 17.00-18.30 DCL 18.30-19.00 Tª DCL
4ºB
18.00-20.00 DCL 20.00-20.30 Tª DCL 20.30-21.30 MUS
18.30-20.30 DCL 20.30-21.30 IDC
18.00-19.30 DCL
19.00-21.00 DCL 21.00-22.00 IDE
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
1ºGP
A
18.30-19.30 AFI 19.30-21.30 DCL
19.30-21.30 DCL 21.30-22.00 Tª DCL
18.00-20.00 DCL 20.00-21.00 DGA
16.00-17.00 DCL 17.00-18.00 DCL FEM /DCL
VAR 18.00-19.00 MUS
19.00-21.30 DCL
1ºGP
B
SEN CLASE 16.00-17.00 MUS 17.00-18.30 TDC 18.30-19.30 IMP 19.30-20.30 DGA 20.30-22.00 DCL
20.00-21.00 AFI 21.00-22.00 TDC
18.00-19.30 TDC 19.30-20.00 Tª DCL 20.00-22.00 DCL
17.30-19.30 DCL
1ºGP
A/B
18.30-19.30 AFI 19.30-21.30 DCL
16.00-17.00 MUS 17.00-18.30 TDC 18.30-19.30 IMP 19.30-21.30 DCL 21.30-22.00 Tª DCL
18.00-20.00 DCL 20.00-21.00 DGA 21.00-22.00 TDC
16.00-17.00 DCL 17.00-18.00 DCL FEM /DCL
VAR 18.00-19.30 TDC
19.00-21.30 DCL
2ºGP
A 18.30 – 20.30 DCL 20.30 - 21.30 DCO 21.30-22.30 AFI
19.00-19.30 Tª DCL 19.30-22.00 DCL
17.00-19.00 DCL
20.00-22.00 DCL
17.00-18.00 MUS 18.00-19.00 DCA 19.00-21.00 DCL
2ºGP
B
18.30-19.30 IMP 19.30-20.00 Tª DCL 20.00-21.30 DCL 21.30-22.30 TDC
16.00-17.00 IMP 17.00-18.00 MUS
20.00-22.00 TDC
17.00-19.00 TDC 19.00-20.00 AFI 20.00-22.00 DCL
19.30-21.30 DCL
3ºGP
A
18.30-21.00 DCL 21.00-21.30 Tª REP 21.30-22.30 REP
16.00-18.00 DCL 18.00-19.00 AFI 19.00-20.00 DCO
17.00-18.00 DCO 18.00-18.30 Tª DCL 18.30-21.00 DCL 21.00-22.00 REP
16.00-17.30 DCL FEM /DCL
VAR 16.00-17.00 MUS 17.00-19.00 DCL
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 32 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
3ºGP
B
20.00-21.30 DCL 21.30-22.30 IMP
16.00-17.30 DCL 17.30-18.30 IMP
16.00-18.00 TDC 18.00-18.30 Tª DCL 18.30-20.00 DCL 20.00-21.00 AFI
17.30-19.30 TDC 19.30-20.00 Tª TDC 20.00-22.00 DCL
18.30-20.30 TDC 20.30-21.30 MUS
4ºGP
A
19.00-20.30 MUS 20.30-22.30 DCL
18.30-19.30 AFI 19.30-22.00 DCL
17.00-17.30 Tª DCL 17.30-19.00 DCL 19.00-20.00 PIN
16.00-17.30 DCL 17.30-18.30 REP 18.30-19.00 Tª REP
16.00-18.00 DCO 18.00-18.30 Tª DCO 18.30-20.30 DCL 20.30-21.30 REP
4ºGP
B
20.00-20.30 Tª DCL 20.30-22.30 DCL
16.00-17.30 TDC 17.30-18.30 IMP 18.30-19.30 AFI
16.00-18.30 TDC 18.30-19.30 IMP 19.30-20.00 Tª TDC 20.00-22.00 DCL
17.30-19.00 DCL 19.00-20.30 MUS 20.30-21.00 Tª TDC 21.00-22.00 TDC
16.00-18.00 TDC
5ºGP
A
19.30-21.30 DCL 21.30-22.30 DCO
16.00-17.30 DCL 17.30-19.30 REP 19.30-20.30 DCO 20.30-21.30 Tª DCO
16.00-17.00 AAD 17.00-19.00 DCL 19.00-19.30 Tª REP 19.30-20.00 REP 20.00-20.30 Tª PAD 20.30-22.00 PAD
16.30-17.30 NUT 17.30-19.00 DCL 19.00-19.30 Tª DCL
16.00-17.30 DCL 17.30-18.30 REP 18.30-19.30 AFI 19.30-20.30 HIS
5ºGP
B
18.30-20.00 TDC 20.00 -20.30 Tª TDC 20.30-22.30 DCL
16.00-17.00 IMP 17.00-18.30 DCL 18.30-20.30 TDC
16.00-17.00 AAD 17.00-18.30 TDC 18.30-19.30 IMP
16.30-17.30 NUT 17.30-18.00 Tª DCL 18.00-20.00 DCL 20.00-20.30 Tª TDC 20.30-22.00 TDC
16.00-18.00 TDC 18.00-18.30 Tª TDC 18.30-19.30 AFI 19.30-20.30 HIS
6ºGP
A
18.30-19.00 Tª DCL 19.00-20.30 DCL 20.30-21.30 AFI 21.30-22.30 DCO
16.00-17.30 DCL 17.30-18.00 Tª REP FEM + 18.00-
19.30 REP FEM /17.30-19.00 REP VAR+ 19.00-19.30 Tª REP
VAR 19.30-20.30 DCO 20.30-21.30 Tª DCO
16.00-17.00 DID 17.00-18.00 AAD 18.00-20.00 DCL 20.00-20.30 Tª PAD 20.30-22.00 PAD
17.30-18.30 HIS 18.30-20.00 DCL FEM /DCL VAR 20.00-22.00 REP CONXUNTO
16.00-17.30 DCL FEM/
DCL VAR 17.30-18.00 DCL CONXUNTO 18.00-19.00 COR
6ºGP
B
18.30-21.00 TDC 21.00-22.30 DCL
17.30-18.30 Tª TDC 18.30-20.30 TDC 20.30-22.00 IMP
*16.00-17.00 DID (para o
alumnado que xa cursou NUT) 17.00-18.00 AAD 18.00-18.30 Tª TDC 18.30-19.00 Tª IMP 19.00-20.00 IMP 20.00-22.00 TDC
16.30-17.30 NUT 17.30-18.30 HIS 18.30-19.30 AFI 19.30-21.00 DCL 21.00-21.30 Tª DCL
16.00-18.00 TDC 18.00-19.00 COR 19.00-20.30 DCL
Mo
delo
. Gu
ía do
alum
nad
o. M
D75A
CO
01. Ver. 01
Páxina 33 de 33
CDAN Conservatorio Profesional de Danza Rúa Músico Xosé Castiñeira 3 Lugo CP 27002 Lugo Tfno. 982284704, Fax 982284706 [email protected]
HORARIO XERAL DO CENTRO
HORARIO LECTIVO DO CENTRO:
Tardes:
Luns de 16.00 a 22.30 horas
Martes, mércores e venres de 16.00 a 22.00 horas
Venres de 16.00 a 21.30 horas
HORARIO DE APERTURA DE CENTRO:
Mañás:
Martes, mércores e venres de 9.00h a 14.00 horas
Tardes:
Luns de 15.45 a 22.45 horas
Martes, mércores e xoves de 15.45 a 22.30 horas
Venres de 15.45 a 22.00 horas
HORARIO DA SECRETARÍA ADMINISTRATIVA:
Mañás:
Martes, mércores e venres de 9.00 a 14.00 horas
Tardes:
Luns e xoves de 16.00 a 21.00 horas
HORARIO EN PERÍODO DE VACACIÓNS
De luns a venres de 10.00 a 13.30 horas