19

Homeros do século XXI

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Despois de ler a Odisea, o alumnado de 3º ciclo de EP xogou cos personaxes facendo historias ´á súa medida

Citation preview

Page 1: Homeros do século XXI
Page 2: Homeros do século XXI

Cando Penélope se levanta da cama, Ulises dille que ten que marchar novamente para loitar contra Paris porque raptou outra vez a Elena. PENÉLOPE: Non pode ser, por que ti? U: Pediumo Menelao e é meu amigo. Telémaco virá comigo! P: Non, non, non! T: Déixame, madre! P: Pero ti non es guerreiro. T: Quero selo! P: Está ben pero prometédeme os dous que ides voltar pronto. U/T: Está beeen... Cando chegan a Esparta, Menelao colle os seus mellores homes e vaise con Ulises e Telémaco. Ao chegar a Troya encontráronse con Paris e os seus fillos con Elena. M: Sóltaa! Pa: Nin o soñes ela quéreme a min! M: Non digas parvadas, ela quéreme a min; verdade, Helena? Pa: Ves, non che contesta. M: Se non a deixas falar... H: Eu... Pa: Pero, se es ti quen non a deixas falar! U: Mañá á tardiña loitaredes no prado e quen gañe levarase a Helena. H: Oes Ulises, eu non son un xoguete eu ireime co que gañe porque sei que vai gañar Menelao e eu quéroo a el. T: Perdoa ao meu pai. Ao día seguinte, Ulises, Menelao e Telémaco foron á loita e sentáronse a carón de Helena por se acaso perdía Menelao. De pronto Elena gritou para despistar a Paris: H: Parisss, mírameee...

Page 3: Homeros do século XXI

Nesto Paris distróuxose e a espada de Menelao traspasoulle o corazón. H: Siiii, gañou o meu amooor!

Viaxes de Ulises

Andrea

Page 4: Homeros do século XXI

ULISES: Filetio… FILETIO: Si,amo! ULISES: Traéme un polo asado e viño tinto. FILETIO: Si, amo Ulises. Aparece Penélope en pixama.

PENÉLOPE: Estiven mirando os rexistros de Ítaca, e vin que somos o pobo con menos habitantes de Grecia. ULISES: Tranquila, pola tarde irei cos meus soladados a conquistar terras, e de paso podo dicirlles aos seus habitantes que veñan vivir á nosa patria. Podes ir chamar a Euríloco, ama? EURICLEA: Si, señor. Chega Euríloco. EURÍLOCO: Chamábame,amo? ULISES: Si, reúne os soldados. Hoxe, iremos conquistar novas terras. E así , Ítaca converteuse na maior patria do mundo, con 55.000.000 de habitantes. incluso se di que Ulises conquistou o mundo e ,que non falte , a lúa

Álvaro

Page 5: Homeros do século XXI

Pasado un tempo, Ulises e Penélope seguían moi felices, e o seu reino estaba en armonía con todos os demais reinos. O que eles non sabían era que os familiares dos pretendentes estaban conspirando contra Ulises, para cobrarlle a morte destes.

Un día que Ulises estaba de viaxe visitando aos seus amigos de Pilos e Esparta, os familiares dos pretendentes foron secuestrar a Telémaco, e levárono a un dos 108 reinos, a unha cabana no medio do monte. De paso, pagáronlle aos soldados de Ulises para que o deixaran só. Un dos criados viuno todo, e cando Ulises regresou contoullo. Ulises desesperouse, e comezou a buscar o seu fillo por todo o reino, pero non o atopou.

Atenea, cando soubo o sucedido, disfrazouse de extranxeiro e viaxou xunta aos familiares. Estando alí gañou a súa confianza. Unha vez que lle tocou facer de garda, axudoulle a Telémaco a escapar, e levouno a Ítaca de novo.

Os familiares, ao darse conta de todo enfadáronse moito. Atenea foi falar tamén cos soladados de Ulises e convenceunos para que volvesen a facerlle servizo. Este acto foi moi bo para todos: os familiares comprenderon que anque os pretendentes non merecían a morte, sí merecían un castigo; Ulises comprendeu o duro que era estar sen un familiar, e o mal que o pasaran os familiares dos pretendentes.

Así firmouse a paz entre todos os reinos e non houbo máis guerras.

Magdalena

Page 6: Homeros do século XXI

Un día en Ítaca Telémaco foi pasear. No camiño atopouse cos familiares de Antínoo , Telémaco intentou esquivalos pero o pai de Antínoo veu e dixo: -Ti! mataches ao noso fillo. Agora ímonos vingar matándote a ti. -AAAAAAAH! O pai de Antínoo matou a Telémaco , cortoulle a cabeleira e mandoulla a Ulises. Ulises estoupou coa rabia e queimou a casa dos pais de Antínoo pola noite. Atenea tamén se enfadou cando mataron a Telémaco pero pediulle a Ulises que evite ser coma eles, a vinganza non é boa.

Rubén

Page 7: Homeros do século XXI

Acto 1: (Decorado: pazo de Ulises) ULISES: -Mmm, que bonito día. (De súpeto ve a Hermes, un mensaxeiro) HERMES: -É vostede Ulises? ULISES: -Pois claro,quen ía ser se non! HERMES: -O rei Agamenón rétao a un combate a norte. ULISES: -E por que? HERMES: -Porque quere casarse con Penélope. ULISES: -Alí estarei. Acto 2: (No decorado aparece un prado e uns guerreiros loitando) ULISES: -Aquí me tes Agamenón! (Di Ulises encolerizado) AGAMENÓN: -Para de facer teatro e ponte a loitar! (Protesta Agamenón) (Ulises morre no combate ensartado por unha lanza) Acto 3: (Mesmo decorado que no acto 1) .(Agamenón volve a Itaca) AGAMENÓN: -Penélope, témome que Ulises morreu. PENÉLOPE: -Como? AGAMENÓN: -Ulises morreu. PENÉLOPE (Chorando) Noooooooooooooooooooon! (Zeus que o vira e oira todo mandoulle un raio a Agamenón, este morre) ZEUS: - Penélope, debes casarte con Menelao.

Page 8: Homeros do século XXI

PENÉLOPE: -De acordo. (Penélope fai o que Zeus lle manda e transcurridos 5 anos escoita o canto do xograr Demódoco) DEMÓDOCO:-(canta a Ilíada) “Canta, deusa, a cólera terrible do Pelida Aquiles...

Martín Vispalia

Page 9: Homeros do século XXI

Ulises foi a unha guerra e á volta, pasou isto: PENÉLOPE: Ulises, canto tempo sen verte! Que tal che foi? ULISES: Moi mal, querida. Durante a miña viaxe naufraguei, mataron a moitos homes meus, os guerreiros doutros países e enfronteime ao demo de vintecatro ollos e unha perna. PENÉLOPE: Bueno, agora o que conta e que estás ben. ULISES: Vou ver a meu pai que fai moito tempo que non falo con él. …… LAERTES: Ulises, es ti, fillo? ULISES: Si, son, meu pai. LAERTES: Canto fai que non te vía! ULISES: Iso é o de menos, imos disfrutar de estar xuntos. LAERTES: Anda, pasa para dentro, fillo, que agora che sirvo algo quente. Resulta que Laertes, en realidade era Antínoo, un pretendente da súa muller. Este envelenouno, pero Ulises foi ao hospital, recuperouse e logo matou aos pretendentes.

Antonio Vilasenín Veiras

Page 10: Homeros do século XXI

En una aldea llamada Ítaca, gobernada por un rey llamado Ulises , que tenía una esposa llamada Penélope y un hijo, Telémaco, Ulises tenía que marchar a Troya a luchar contra los troyanos. TELÉMACO: Padre, ¿marchas? ULISES: Sí hijo, volveré, avisa a tu madre. TELÉMACO: Adiós Cuando acabó la guerra de Troya Ulises vuelve a casa con sus guerreros. Al cabo de unos días de viaje llegan a una pequeña aldea que se llama Sol. PELAYO: Mira cuántas vacas y ovejas, ¿nos las comemos? ULISES: No Pelayo, me dijeron que si comíamos uno de esos animales nos matarían. Al día siguiente Ulises se despierta y... PELAYO Y GUERREROS: ¡Qué buenas están estas vacas! ULISES: ¿Por qué lo hicisteis? Ahora que nos pillen confesados. Al cabo de un rato navegando, Zeus los castiga. ULISES: ¡Socorro! Al cabo de un día. ULISES: ¿Dónde estoy? NINFA CALIPSO: Estás conmigo y nunca saldrás de aquí. Ulises está preocupado por Penélope, por los pretendientes. Liberan a Ulises. HERMES: Ola Ninfa Calipso, una carta de Zeus, tienes que liberar a Ulises. NINFA CALIPSO: Vale, Ulises, prepara una balsa y vete a casa. ULISES: ¿Por qué? NINFA CALIPSO: Porque si, bueno Zeus me lo ordenó. Ulises al llegar a Ítaca mata a los pretendientes. ULISES: Hola Penélope, ya maté a los pretendientes.

Víctor

Page 11: Homeros do século XXI

Ulises era un navegante que viaxaba por todos os mares. Un día encontrouse cunha muller chamada Penélope. Coñecéronse nunha taberna, casáronse e tiveron un fillo, Telémaco. A familia viaxou por todo o mundo: Europa, Asia, América, África e Oceanía. Ulises e Penélope foron asasinados e Telémao intentou descubrir quen fora o seu asasino. Unha amiga, Elena díxolle que fora Menelao. Menelao encontrábase en Pilos e Telémaco foi na súa busca, ámbolos dous loitaron, e o gañador foi Telémaco. Elena e Telémaco casaron e tiveron catro fillos e viviron felices e comeron perdices.

Juan

Page 12: Homeros do século XXI

b

AAccttoo 11

( Poseidón, moi contento, aparece nunha cova cos seus secuaces ) POSEIDÓN: Xa está, xa está, xa teño o plan para dominar o mundo!!!! Secuaz 1: ( susurrándolle a outro ) Home todo, todo non o creo. Secuaz 2: E logo? Secuaz 1: Poiiis... moi fácil, homiño, porque Ítaca non a vai dar conseguido o. Secuaz 2: E por que Ítaca non? Secuaz 1: Porque alí está Ulises, o gran Ulises de Ítaca, pero ti parece mentira que foras ao colexo. Poseidón: Calade, anda, calade, que esta vez vou acabar ata con Zeus. Secuaz 2: Bueno oh! eso hai que velo para crelo! Poseidón: Pois xa o verás, e agora ide reclutar homes.

Page 13: Homeros do século XXI

Acto 2

( Mentres en Ítaca ) ULISES: ( Na cama con Penélope ) Ai miña queridiña! se souberas que me apetece… PENÉLOPE: Un biquiño? ULISES: Si, por favor . PENÉLOPE: Queres que che faga un pastel? ULISES: Non oh! O que que quero e almorzar!!! PENÉLOPE: Mira que es cariñoso é. ULISES: Bueno, eu vou almorzar, ti fai o que queiras. PENÉLOPE: Eu irei despertar a Telémaco e a Circe e xa baixo. ULISES: Ala pois, eu xa baixo. ( Penélope vai a despertar a Telémaco e a Circe e todos van a desayunar) ( Xa no comedor ) ULISES: Eumeo, tráeme medio cocho para atrás. Porqueiro: Sí señor. ULISES: E ti, Filetio, tráeme medio boi para adiante. ( Filetio e Eumeo vanse e xúntanse no pasillo ) Porqueiro: Carallo, que ten fame o xefe. Filetio: Si oh, debe ter boa fame. Porqueiro: Si oh, eso xa o sei eu.

Page 14: Homeros do século XXI

Acto 3

( Os secuaces de Poseidón aparecen nunha taberna de mala morte, nunha mesa aparece Ben Gun e Perro Negro ) Secuaz 1:A ver quen quere unirse a Poseidón para conquistar o mundo. ( Perro Negro levántase e vai ata a mesa de inscripción) Perro Negro: Eu quero inscribirme para conquistar o mundo. Secuaz 1: De acordo, diga o nome. Perro Negro: Perro Negro. ( Ao ver que Perro Negro se inscribe Ben Gun tamén se alista) Ben Gun: Eu tamén quero alistarme. Secuaz 1: De acordo, diga vostede tamén o nome. Ben Gun: Ben Gun. ( Pola porta entra James Bon) James Bon: Alto que ninguén se mova. Secuaz 2: E por que? James Bon: Porque chámome Bon, James Bon, e sei que o que queredes é conquistar o mundo. Secuaz 1: ( A perro negro e a Ben Gun ) Vos, a el. ( Perro Negro e Ben Gun sacan o coitelo e matan a James Bon, logo vanse todos )

Page 15: Homeros do século XXI

Acto 4

( Na casa de Ulises chega unha paloma mensaxeira e Ulises cóllelle a carta)

Carta:

Ola Ulises, sabes quen son, siiii son Poseidón, e espero que pronto reclutes un exército porque o luns empezarei a conquistar o mundo e empezarei por … Ítaca. ULISES: Vaia, xusto o luns que me vou de vacacións, bueno o deber e o deber.

Acto 5

( O día do combate Poseidón aparece no escenario cun exército de 4 homes, tamén aparece Ulises sen exército) Poseidón: Ua-ja-ja-ja-ja-ja ( Tose ) non tiveche tempo de reclutar homes ou que? ULISES: Espérate… Avó la Vara!!!! ( Aparece el Avó da Vara ) Avó da Vara: El poder de la varaaaaa!!!!!!! ( Ao Avó da Vara caille un raio, logo aparece oTío da Vara ) Tío la Vara: Avó noooooooooooooon!!!!!!!!! Avó da Vara: Fillo, quero que fagas dúas cousas antes de que morra, a primeira é que collas a miña vara e quedes con ela e, a segunda é que loites por min nesta batalla. (Morre e volve a resucitar por un momento ) nenos nunca xoguedes cos raios. ( Morre de verdad ) Tío da Vara: Farei o que me dixeche avó. ( Aparece o xerif Bill ) Xerif Bill: Quen matou a este home “que me lo papo”.

Page 16: Homeros do século XXI

ULISES: Ser foi un raio pero foi culpa del. ( Señala a Poseidón ) Xerif Bill: Moi ben, entonces loitarei ao teu lado. ULISES: Xenial!!!. E por último ( Asubía ) ( Aparece D. Crisanto ) D. Crisanto: ( A Poseidón ) A ver, Belcebú, fillo de Satanás!!! Poseidón: Cuidado velliño non che vaia a dar un infarto!!! D. Crisanto: Bobobobobobo ( Por último aparece Atenea cunha espada ) Poseidón: E logo a túa lanciña onde está, perdíchela ou que? Atenea: Pois si, pero tanto ten unha espada ca unha lanza. ULISES: Quéreste retirar? Poseidón: Nunca! ( Empezan a loitar )

Acto 6

( Ulises gañou o combate e só queda Poseidón en pé a punto de morrer, o resto dos seus soldados están mortos no escenario ) ULISES: ( Coa espada na gorxa de Poseidón) Rindeste? Poseidón: Nuncaaaaa!!! ULISES: Entonces, morreee!!! ( Xusto cando Ulises mata a Poseidón aparece Terminator e mátao, logo aos seus compañeiros )

Page 17: Homeros do século XXI

Acto 7

( Terminator chega a Ítaca e mata a Filetio,

Eumeo, Penélope, Telémaco e a Circe.

Finalmente Terminator conquista o mundo )

Page 18: Homeros do século XXI

Ulises está no palacio e fala con Penélope. ULISES: Penélope, chamáronme dicíndome que tiña que ir outra vez á guerra. PENÉLOPE: Está ben pero que non o saiba a Ninfa Calipso senón vaite volver a atrapar. ULISES: Vale, téñome que ir o luns. Ulises vai falar con Telémaco. ULISES: Telémaco, téñome que ir a outra guerra. TELÉMACO: Vai, pero ten moito coidado coa Ninfa Calipso. Ulises reúne o todo o pobo. ULISES: Téñome que ir a outra guerra pero prométovos que vou volver ben. Ulises fai un gran banquete como despedida. ULISES: Fixen este banquete como despedida para todos. Ulises márchase pero antes despídese da súa familia. ULISES: Volverei o domingo. Ulises derrota aos inimigos e volve para Ítaca, pero encontra un problema: ve a Atenea e ela asústase porque está alí a Ninfa Calipso. ATENEA: Ulises, vai por outro sitio que a Ninfa Calipso está alí. ULISES: Vale! NINFA CALIPSO: Ulises, vén.

ULISES: Non. A Ninfa Calipso pérdese, Ulises volve a Ítaca e aínda non se sabe onde está a Ninfa Calipso. Ulises vivirá feliz en Ítaca coa súa familia.

Paula

Page 19: Homeros do século XXI