95
11.666 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 Luns, 9 de xullo de 2007 I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Preámbulo A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no capítulo III, determina que se entende por currícu- lo o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avalia- ción de cada unha das ensinanzas reguladas pola cita- da lei. Así mesmo, coa finalidade de asegurar unha forma- ción común a toda a cidadanía española e garantir a validez das titulacións correspondentes, establece que lle corresponde ao Goberno de España fixar os aspectos básicos do currículo en relación aos obxecti- vos, contidos e criterios de avaliación que constitúen as ensinanzas mínimas ás cales se refire a disposición adicional primeira, punto 2, letra c, da Lei orgáni- ca 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á edu- cación. O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é competencia plena da Comuni- dade Autónoma galega o regulamento e administra- ción do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo do dis- posto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgáni- cas que, conforme o parágrafo primeiro do seu artigo 81, o desenvolvan. O Real decreto 1513/2006, do 7 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas da educa- ción primaria que facilitarán a continuidade, progre- sión e coherencia da aprendizaxe no caso de mobili- dade xeográfica do alumnado, desenvolve os aspectos básicos do currículo en relación cos obxectivos, com- petencias básicas, contidos e criterios de avaliación. A Lei orgánica de educación indica que serán as administracións educativas as que establezan o currí- culo das distintas ensinanzas reguladas pola citada lei, do cal formarán parte os aspectos básicos ante- riormente indicados. Os centros docentes desenvolverán e completarán, se for o caso, o currículo das diferentes etapas e ciclos no uso da súa autonomía, tal e como se recolle no capítulo II do título V da Lei orgánica de educación, respondendo ao principio de autonomía pedagóxica, de organización e xestión que a citada lei lles atribúe aos centros educativos coa finalidade de adecuarse ás características e á realidade educativa de cada un deles. O currículo que se establece neste decreto ten como obxectivo contribuír ao logro dos principios básicos desta Lei orgánica de educación que se expresan no preámbulo e que se resumen en lograr: * Calidade de educación para todo o alumnado. * Equidade que garanta a igualdade de oportunida- des. * Esforzo compartido por todas as persoas compo- ñentes da comunidade educativa. A educación primaria e mais a educación secunda- ria obrigatoria constitúen o ensino básico, que é obri- gatorio e gratuíto para todas as persoas. A educación primaria é, pois, a primeira etapa do ensino obrigatorio. Como tal, caracterízase por unha especial atención á diversidade, pola prevención das dificultades de aprendizaxe e a posta en práctica de apoios e/ou reforzos tan pronto como sexan detecta- das, acudindo ás medidas organizativas e/ou curricu- lares que sexan precisas para asegurar o principio de equidade, sen prexuízo de garantir unha educación común para todo o alumnado. Nesta liña, estableceranse os mecanismos precisos para lograr unha coordinación entre esta etapa e as de educación infantil e educación secundaria obrigato- ria. Porén, será de grande importancia a acción titorial que vertebre todas as actuacións con cada un dos gru- pos e con cada alumno e cada alumna dese grupo. O eixe do traballo nesta etapa educativa será o desenvolvemento das competencias básicas que per- mitan encamiñar todo o alumnado cara ao logro dunha formación integral, tanto na súa vertente persoal coma nas demandas sociais e culturais que faciliten a con- tinuación dos estudos e, posteriormente, a inclusión na vida laboral, pero sempre coa asunción da necesi- dade de aprender ao longo de toda a vida. Ten enorme importancia a presenza no currículo das competencias básicas que o alumnado deberá desen- volver na educación primaria e completar na educa- ción secundaria obrigatoria. As competencias básicas permiten identificar aquelas aprendizaxes que se consideran imprescindibles desde un enfoque inte- grador e orientado á aplicación dos saberes adquiri- dos. O seu logro deberá capacitar as alumnas e os alumnos para a súa realización persoal, a incorpora- ción satisfactoria á vida adulta e o desenvolvemento dunha aprendizaxe permanente ao longo da vida. Será preciso que a organización dos centros educa- tivos, as formas de relación de todas as persoas com- poñentes da comunidade educativa, as actividades docentes, así como as complementarias e extraescola- res, incidan no desenvolvemento das citadas compe- tencias básicas. Prestarase especial atención á educa- ción en valores e ás normas de convivencia que per- mitan unha incorporación á sociedade democrática con respecto, interese, esforzo e responsabilidade. Sample Text

I. DISPOSICIÓNS XERAIS · Artigo 3º.-Obxectivos da educación primaria. Os obxectivos da educación primaria estarán enca-miñados ao logro da adquisición, por parte de todo o

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • 11.666 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007

    I. DISPOSICIÓNS XERAIS

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    Decreto 130/2007, do 28 de xuño, poloque se establece o currículo da educaciónprimaria na Comunidade Autónoma deGalicia.

    Preámbulo

    A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,no capítulo III, determina que se entende por currícu-lo o conxunto de obxectivos, competencias básicas,contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avalia-ción de cada unha das ensinanzas reguladas pola cita-da lei.

    Así mesmo, coa finalidade de asegurar unha forma-ción común a toda a cidadanía española e garantir avalidez das titulacións correspondentes, estableceque lle corresponde ao Goberno de España fixar osaspectos básicos do currículo en relación aos obxecti-vos, contidos e criterios de avaliación que constitúenas ensinanzas mínimas ás cales se refire a disposiciónadicional primeira, punto 2, letra c, da Lei orgáni-ca 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á edu-cación.

    O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo31, determina que é competencia plena da Comuni-dade Autónoma galega o regulamento e administra-ción do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos,modalidades e especialidades, sen prexuízo do dis-posto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgáni-cas que, conforme o parágrafo primeiro do seu artigo81, o desenvolvan.

    O Real decreto 1513/2006, do 7 de decembro, poloque se establecen as ensinanzas mínimas da educa-ción primaria que facilitarán a continuidade, progre-sión e coherencia da aprendizaxe no caso de mobili-dade xeográfica do alumnado, desenvolve os aspectosbásicos do currículo en relación cos obxectivos, com-petencias básicas, contidos e criterios de avaliación.

    A Lei orgánica de educación indica que serán asadministracións educativas as que establezan o currí-culo das distintas ensinanzas reguladas pola citadalei, do cal formarán parte os aspectos básicos ante-riormente indicados.

    Os centros docentes desenvolverán e completarán,se for o caso, o currículo das diferentes etapas e ciclosno uso da súa autonomía, tal e como se recolle nocapítulo II do título V da Lei orgánica de educación,respondendo ao principio de autonomía pedagóxica,de organización e xestión que a citada lei lles atribúeaos centros educativos coa finalidade de adecuarse áscaracterísticas e á realidade educativa de cada undeles.

    O currículo que se establece neste decreto ten comoobxectivo contribuír ao logro dos principios básicos

    desta Lei orgánica de educación que se expresan nopreámbulo e que se resumen en lograr:

    * Calidade de educación para todo o alumnado.

    * Equidade que garanta a igualdade de oportunida-des.

    * Esforzo compartido por todas as persoas compo-ñentes da comunidade educativa.

    A educación primaria e mais a educación secunda-ria obrigatoria constitúen o ensino básico, que é obri-gatorio e gratuíto para todas as persoas.

    A educación primaria é, pois, a primeira etapa doensino obrigatorio. Como tal, caracterízase por unhaespecial atención á diversidade, pola prevención dasdificultades de aprendizaxe e a posta en práctica deapoios e/ou reforzos tan pronto como sexan detecta-das, acudindo ás medidas organizativas e/ou curricu-lares que sexan precisas para asegurar o principio deequidade, sen prexuízo de garantir unha educacióncomún para todo o alumnado.

    Nesta liña, estableceranse os mecanismos precisospara lograr unha coordinación entre esta etapa e as deeducación infantil e educación secundaria obrigato-ria.

    Porén, será de grande importancia a acción titorialque vertebre todas as actuacións con cada un dos gru-pos e con cada alumno e cada alumna dese grupo.

    O eixe do traballo nesta etapa educativa será odesenvolvemento das competencias básicas que per-mitan encamiñar todo o alumnado cara ao logro dunhaformación integral, tanto na súa vertente persoal comanas demandas sociais e culturais que faciliten a con-tinuación dos estudos e, posteriormente, a inclusiónna vida laboral, pero sempre coa asunción da necesi-dade de aprender ao longo de toda a vida.

    Ten enorme importancia a presenza no currículo dascompetencias básicas que o alumnado deberá desen-volver na educación primaria e completar na educa-ción secundaria obrigatoria. As competencias básicaspermiten identificar aquelas aprendizaxes que seconsideran imprescindibles desde un enfoque inte-grador e orientado á aplicación dos saberes adquiri-dos. O seu logro deberá capacitar as alumnas e osalumnos para a súa realización persoal, a incorpora-ción satisfactoria á vida adulta e o desenvolvementodunha aprendizaxe permanente ao longo da vida.

    Será preciso que a organización dos centros educa-tivos, as formas de relación de todas as persoas com-poñentes da comunidade educativa, as actividadesdocentes, así como as complementarias e extraescola-res, incidan no desenvolvemento das citadas compe-tencias básicas. Prestarase especial atención á educa-ción en valores e ás normas de convivencia que per-mitan unha incorporación á sociedade democráticacon respecto, interese, esforzo e responsabilidade.

    S a m p l e T e x t

  • Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007 11.667DIARIO OFICIAL DE GALICIA

    Neste decreto inclúense os seguintes anexos:

    Anexo I. Competencias básicas.

    Anexo II. Obxectivos, competencias básicas, conti-dos e criterios de avaliación das distintas áreas queconstitúen a etapa.

    Anexo III. Cadro de distribución horaria.

    Anexo IV. Proxecto lector de centro.

    Anexo V. Plan de introdución das tecnoloxías dainformación e da comunicación.

    De conformidade co exposto, por proposta da conse-lleira de Educación e Ordenación Universitaria, noexercicio da facultade outorgada polo artigo 34 daLei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta eda súa presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, dotraballo en igualdade das mulleres de Galicia, oídosos ditames do Consello Consultivo e do ConselloEscolar, e logo de deliberación do Consello da Xuntade Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de xuñode dous mil sete,

    DISPOÑO:

    Artigo 1º.-Principios xerais.

    A educación primaria é unha etapa educativa queten carácter obrigatorio e gratuíto. Comprende seiscursos académicos, que se cursarán ordinariamenteentre os seis e os doce anos de idade. Con carácterxeral, o alumnado incorporarase ao primeiro curso daeducación primaria no ano natural en que cumpraseis anos.

    A educación primaria consta de tres ciclos que seorganizarán en áreas con carácter global e integrador.

    Artigo 2º.-Fins.

    1. A finalidade da educación primaria é proporcio-narlles a todos os nenos e nenas unha educación quepermita afianzar o seu desenvolvemento persoal e oseu propio benestar, adquirir as habilidades culturaisbásicas relativas á expresión e comprensión oral, álectura, á escritura e ao cálculo, ao sentido artístico,á creatividade e á afectividade, así como desenvolverhabilidades sociais e hábitos de traballo.

    2. A acción educativa nesta etapa procurará a inte-gración das distintas experiencias e aprendizaxes doalumnado e adaptarase aos seus ritmos de traballo.

    Artigo 3º.-Obxectivos da educación primaria.

    Os obxectivos da educación primaria estarán enca-miñados ao logro da adquisición, por parte de todo oalumnado, das capacidades que permitan:

    a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de con-vivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepa-rarse para o exercicio activo da cidadanía e respectaros dereitos humanos, así como o pluralismo propiodunha sociedade democrática.

    b) Desenvolver hábitos de traballo individual e deequipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo,así como actitudes de confianza en si mesmo, sentidocrítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese ecreatividade na aprendizaxe.

    c) Adquirir habilidades para a prevención e para aresolución pacífica de conflitos que lle permitandesenvolverse con autonomía no ámbito familiar edoméstico, así como nos grupos sociais con que serelaciona.

    d) Coñecer, comprender e respectar as diferentesculturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdadede dereitos e oportunidades de homes e de mulleres ea non-discriminación de persoas con discapacidade.

    e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a linguagalega, a lingua castelá e desenvolver hábitos de lec-tura.

    f) Adquirir en, polo menos, unha lingua estranxeiraa competencia comunicativa básica que lle permitaexpresar e comprender mensaxes sinxelas e desenvol-verse en situacións cotiás.

    g) Desenvolver as competencias matemáticas bási-cas e iniciarse na resolución de problemas que requi-ran a realización de operacións elementais de cálcu-lo, coñecementos xeométricos e estimacións, así comoser capaz de aplicalos a situacións da súa vida cotiá.

    h) Coñecer e valorar o seu contorno natural, social ecultural, así como as posibilidades de acción e de coi-dado deste, con especial atención á singularidade deGalicia. Coñecer mulleres e homes que realizaronachegas importantes á cultura e sociedade galegas.

    i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, dastecnoloxías da información e da comunicación,desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxesque recibe e elabora.

    j) Utilizar diferentes representacións e expresiónsartísticas e iniciarse na construción de propostasvisuais.

    k) Valorar a hixiene e a saúde, aceptar e aprender acoidar o propio corpo e o dos outros, respectar as dife-renzas e utilizar a educación física e o deporte comomedios para favorecer o desenvolvemento persoal esocial.

    l) Coñecer e valorar a flora e a fauna, en especial apresente na Comunidade Autónoma de Galicia, eadoptar modos de comportamento que favorezan o seucoidado.

    m) Desenvolver as súas capacidades afectivas entodos os ámbitos da personalidade e nas súas rela-cións coas demais persoas, o valor da corresponsabi-lidade no traballo doméstico e no coidado das outraspersoas, así como unha actitude contraria á violencia,aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipossexistas.

    S a m p l e T e x t

  • 11.668 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007

    n) Fomentar a educación vial e actitudes de respec-to que incidan na prevención dos accidentes de tráfi-co.

    Artigo 4º.-Currículo.

    1. Enténdese por currículo da educación primaria oconxunto de obxectivos, competencias básicas, conti-dos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliacióndesta etapa educativa.

    2. As competencias básicas que se deben adquirirno ensino básico publícanse no anexo I deste decreto.Ao seu logro deberá contribuír a educación primaria,de acordo cos criterios de avaliación que para cadaciclo e área figuran no anexo II.

    3. O currículo para a educación primaria nos cen-tros docentes dependentes da Consellería de Educa-ción e Ordenación Universitaria da ComunidadeAutónoma de Galicia será o que se recolle para cadaárea e nos diferentes ciclos no anexo II a este decre-to.

    4. Os centros docentes desenvolverán e concretaráno currículo establecido neste decreto. Estas concre-cións formarán parte do proxecto educativo, así comoo tratamento nas distintas áreas de educación en valo-res, a educación moral e cívica, a educación para apaz, a igualdade de oportunidades entre os sexos, aeducación ambiental, a educación sexual, para a saú-de e calidade de vida, a educación para o lecer a edu-cación do consumidor e a viaria.

    Artigo 5º.-Organización.

    1. A etapa da educación primaria comprende tresciclos de dous anos académicos cada un e organízaseen áreas, que terán un carácter global e integrador.

    2. Cada un dos ciclos constitúe unha unidade deensino-aprendizaxe, polo que é imprescindible acoordinación de todo o profesorado implicado para odesenvolvemento correcto do currículo. A etapa deeducación primaria terá, pois, un carácter global eintegrador.

    3. A educación primaria será impartida por mestrese mestras, que terán competencia docente en todas asáreas deste nivel. As ensinanzas da música, da edu-cación física e dos idiomas estranxeiros serán impar-tidas por mestres e mestras coa especialidade ouhabilitación correspondente.

    Artigo 6º.-Áreas de coñecemento.

    1. As áreas que se impartirán en todos e cada un doscursos da educación primaria, entre as que teránespecial consideración polo seu carácter instrumentalas linguas e as matemáticas, son as seguintes:

    Coñecemento do medio natural, social e cultural.

    Educación artística.

    Educación física.

    Lingua galega e literatura.

    Lingua castelá e literatura.

    Lingua estranxeira.

    Matemáticas.

    2. Ademais, no segundo ano do terceiro ciclo enga-dirase a área de educación para a cidadanía e osdereitos humanos, na cal se prestará especial aten-ción á igualdade entre homes e mulleres.

    3. Sen prexuízo do seu tratamento específico nal-gunha das áreas da etapa, a comprensión lectora, aexpresión oral e escrita, a comunicación audiovisual,as tecnoloxías da información e da comunicación e aeducación en valores traballaranse en todas as áreas.

    4. Coa finalidade de fomentar o hábito da lectura, oscentros elaborarán e aplicarán un proxecto lector quese axustará ás liñas básicas que se publican comoanexo IV ao presente decreto, asegurándose comomínimo media hora diaria.

    5. Os centros docentes elaborarán e aplicarán, ade-mais, o plan de introdución das tecnoloxías da infor-mación e da comunicación que se axustará ás direc-trices que se publican como anexo V deste decreto.

    Artigo 7º.-Horario.

    1. Sen esquecer o carácter global e integrador dasdiferentes áreas en que se organiza a educación pri-maria, o horario semanal de cada unha das áreas nosdistintos cursos é o que figura no anexo III destedecreto.

    Artigo 8º.-Avaliación.

    1. A avaliación dos procesos de aprendizaxe doalumnado será continua, global, formativa e integra-dora de todas as áreas. Terá en conta o progreso doalumnado no conxunto das áreas.

    2. Na avaliación serán tidos en conta todos os ele-mentos que compoñen o currículo.

    3. Os criterios de avaliación das áreas serán refe-rentes fundamentais para valorar o grao de adquisi-ción das competencias básicas.

    4. Se no proceso de avaliación continua se adverti-se que un alumno ou alumna non progresa adecuada-mente, o centro educativo, tan pronto detecte as difi-cultades de aprendizaxe, adoptará medidas de reforzoeducativo coa finalidade de que o alumnado adquiraos coñecementos necesarios para continuar o procesoeducativo.

    5. O profesorado avaliará tanto as aprendizaxes doalumnado coma os procesos de ensino e a súa propiapráctica docente.

    Artigo 9º.-Promoción de ciclo.

    1. Ao final de cada ciclo, e como consecuencia doproceso de avaliación, tomaranse as decisións sobrepromoción de ciclo do alumnado.

    2. A decisión de promoción de ciclo adoptaraa oequipo de profesores e profesoras que impartendocencia ao grupo de alumnos e alumnas no último

    S a m p l e T e x t

  • Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007 11.669DIARIO OFICIAL DE GALICIA

    curso do ciclo, e deberá ter en especial consideracióna información e o criterio do titor ou titora.

    3. O alumnado acadará a promoción ao ciclo educa-tivo seguinte sempre que alcanzase o desenvolvemen-to correspondente das competencias básicas e unaxeitado grao de madurez. Accederase tamén aoseguinte ciclo cando as aprendizaxes non alcanzadasnon sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamen-te o novo ciclo. Neste caso, o centro educativo adop-tará as medidas precisas para que o alumnado recibaos apoios necesarios para a recuperación das ditasaprendizaxes.

    4. Cando o alumno ou alumna non cumpra as con-dicións establecidas no parágrafo anterior, permane-cerá un ano máis no ciclo, tendo en conta que estamedida só se poderá adoptar unha soa vez ao longo detoda a etapa educativa. Esta medida deberá ir acom-pañada dun plan específico de reforzo educativo queos centros educativos organizarán de acordo co queestableza a Consellería de Educación e OrdenaciónUniversitaria.

    Artigo 10º.-Promoción á educación secundaria obri-gatoria.

    1. O alumnado accederá á educación secundariaobrigatoria se alcanzou o desenvolvemento correspon-dente das competencias básicas e o adecuado grao demadurez. Accederá tamén cando as aprendizaxes nonalcanzadas non sexan un obstáculo para seguir satis-factoriamente a nova etapa. Neste caso, o centro edu-cativo receptor do alumnado establecerá as medidasde apoio necesarias para que este recupere as ditasaprendizaxes, á vista dos informes individualizados.

    2. Se non se cumpren as condicións establecidas noparágrafo anterior, o alumno ou alumna permaneceráun ano máis no terceiro ciclo, agás se xa repetise unhavez nos dous ciclos anteriores.

    Artigo 11º.-Procedemento en materia de avaliación.

    A Consellería de Educación e Ordenación Universi-taria ditará as normas oportunas de procedemento enmateria de avaliación e promoción do alumnado.

    Artigo 12º.-Informe sobre a aprendizaxe.

    1. De conformidade co establecido no artigo 20.5ºda Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,e coa finalidade de garantir a continuidade do proce-so de formación do alumnado, ao rematar a etapa, ostitores ou titoras, tendo en conta a información solici-tada ao equipo de profesores e profesoras, elaboraránun informe individualizado de cada alumno ou alum-na sobre a súa aprendizaxe, os obxectivos alcanzadose as competencias básicas adquiridas, así como sobreaqueles elementos que puidesen condicionar o pro-greso educativo do alumnado.

    2. A Consellería de Educación e Ordenación Univer-sitaria elaborará as características do informe, estable-cerá os mecanismos de coordinación coa etapa educati-va seguinte e garantirá a súa confidencialidade.

    Artigo 13º.-Participación dos pais ou titores.

    A Consellería de Educación e Ordenación Universi-taria establecerá o procedemento para que, de confor-midade co establecido no artigo 4.2º e), da Lei orgá-nica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito áeducación, os pais e nais ou titores/as participen eapoien a evolución do proceso educativo dos seusfillos/as ou tutelados/as, coñezan as decisións relati-vas á avaliación e promoción e colaboren nas medidasde apoio ou reforzo que adopten os centros educativospara facilitar o seu progreso educativo.

    Artigo 14º.-Titoría.

    1. Na educación primaria, cada grupo de alumnos ealumnas terá un titor ou titora. A súa actuación debe-rá coordinarse especialmente coa dos outros profeso-res e profesoras que incidan sobre o mesmo grupo dealumnos e alumnas, sen prexuízo da necesaria coordi-nación co equipo de profesoras e profesores de ciclo eetapa.

    2. Na educación primaria, a acción titorial orienta-rá o proceso educativo individual e colectivo do alum-nado, sen prexuízo das competencias e a necesariacoordinación, se é o caso, co Departamento de Orien-tación.

    3. A persoa titora manterá unha relación permanen-te coas familias do alumnado, atendendo á concilia-ción profesional e familiar, teraas informadas sobre oprogreso da aprendizaxe e integración socio-educati-va dos seus fillos/as e escoitaraas naquelas decisiónsque afecten a orientación académica e profesional dosseus fillos/as, sen prexuízo, se é o caso, das compe-tencias do Departamento de Orientación.

    Artigo 15º.-Atención á diversidade.

    1. A intervención educativa nesta etapa atenderá ádiversidade do alumnado, é dicir, centrarase nasactuacións educativas dirixidas a dar resposta ás dife-rentes capacidades, ritmos e estilos de aprendizaxe.Ademais, porá énfase na detección temperá do alum-nado que requira unha atención educativa diferente áordinaria, por presentar necesidades educativas espe-ciais, por dificultades específicas da aprendizaxe,polas súas altas capacidades intelectuais, por incor-porarse tardiamente ao sistema educativo, ou por con-dicións persoais ou de historia familiar.

    2. En canto se detecten dificultades de aprendizaxenalgún alumno ou alumna, o centro educativo deberápoñer en funcionamento as medidas de reforzo educa-tivo que se consideren máis convenientes e que pode-rán ser tanto organizativas como curriculares. Entreestas medidas encóntranse o apoio dentro do grupoordinario, o apoio ocasional fóra do grupo ordinario,os agrupamentos flexibles e as adaptacións do currí-culo.

    3. A escolarización do alumnado que se incorporatardiamente ao sistema educativo por proceder dou-tros países ou por calquera outro motivo realizarase

    S a m p l e T e x t

  • 11.670 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007

    atendendo ás súas circunstancias, coñecementos, ida-de e historial académico.

    Cando presente graves carencias na lingua de esco-larización do centro, realizará un programa de inmer-sión lingüística que será, en todo caso, simultáneo áescolarización nos grupos ordinarios, cos cales com-partirá o maior tempo posible de horario semanal, nostermos que estableza a Consellería de Educación eOrdenación Universitaria.

    Os alumnos e alumnas que presenten un desfase noseu nivel de competencia curricular de máis dun ciclopoderán ser escolarizados nun curso inferior ao quelles correspondería por idade. Neste caso, o centroeducativo adoptará as medidas de reforzo educativomáis adecuadas para facilitar a súa integración esco-lar e a recuperación do desfase curricular. No supos-to de superar o dito desfase, incorporaranse ao cursoque lles corresponde pola súa idade.

    4. A escolarización do alumnado con altas capaci-dades intelectuais flexibilizarase de tal forma que sepoida anticipar un curso o inicio da escolarizaciónnesta etapa educativa ou reducir a súa duración can-do se prevexa que estas son as medidas máis adecua-das para o desenvolvemento do seu equilibrio persoale a súa socialización, ou poderá enriquecerse o currí-culo, nos termos que estableza a Consellería de Edu-cación e Ordenación Universitaria.

    Artigo 16º.-Alumnado con necesidades educativasespeciais.

    1. Enténdese por alumnado que presenta necesida-des educativas especiais aquel que requira, por unperíodo da súa escolarización ou ao longo de toda ela,determinados apoios e atencións educativas específi-cas derivadas de discapacidade ou trastornos gravesda conduta, tal como indica o artigo 73 da Lei orgáni-ca 2/2006, do 3 de maio, de educación.

    2. Para que este alumnado poida alcanzar o máximodesenvolvemento das súas capacidades persoais e osobxectivos da etapa, estableceranse as medidas curri-culares e organizativas oportunas que aseguren o seuadecuado progreso, dentro dos principios de inclusióne normalidade.

    3. Na educación primaria poderán realizarse adap-tacións curriculares que se aparten significativamen-te dos contidos e criterios de avaliación do currículo,dirixidas a este alumnado con necesidades educativasespeciais.

    4. As adaptacións curriculares deste alumnado, queestarán precedidas en todo caso dunha avaliación dassúas necesidades educativas especiais e da conse-guinte proposta curricular específica, realizaransebuscando o máximo desenvolvemento das competen-cias básicas de acordo coas posibilidades do alumnoou alumna; a avaliación e a promoción tomarán comoreferencia os obxectivos e criterios de avaliación fixa-dos nas ditas adaptacións.

    5. A Consellería de Educación e Ordenación Uni-versitaria determinará o procedemento de autoriza-ción das adaptacións referidas neste artigo.

    6. Sen prexuízo da permanencia durante un cursomáis no mesmo ciclo, prevista no artigo 9.4º do pre-sente decreto, a escolarización deste alumnado naeducación primaria en centros ordinarios poderá pro-longarse un ano máis, sempre que se favoreza a súaintegración socioeducativa.

    Artigo 17º.-Avaliación de diagnóstico.

    1. Ao finalizar o segundo ciclo da educación prima-ria, todos os centros realizarán unha avaliación dediagnóstico das competencias básicas alcanzadaspolo seu alumnado. Esta avaliación, que non teráefectos académicos, terá carácter formativo e orienta-dor para os centros, informativo para as familias epara o conxunto da comunidade educativa, como esta-blece o artigo 21 da Lei orgánica 2/2006, do 3 demaio, de educación.

    2. A Consellería de Educación e Ordenación Uni-versitaria facilitaralles aos centros educativos osmodelos e apoios necesarios, co fin de que todos rea-licen de xeito adecuado estas avaliacións.

    Disposicións adicionais

    Primeira.-Ensinanzas de relixión.

    1. A área de relixión católica será de oferta obriga-toria para os centros e de carácter voluntario para oalumnado.

    2. O ensino doutras relixións axustarase ao dispostonos acordos de cooperación celebrados polo Estadoespañol coa Federación de Entidades RelixiosasEvanxélicas de España, a Federación de Comunida-des Israelitas de España, a Comisión Islámica deEspaña e, se é o caso, aqueles que no futuro se poi-dan subscribir con outras confesións relixiosas.

    3. Ao inicio de cada curso académico os pais/naisou titores/as dos alumnos e alumnas manifestarán asúa vontade de que os seus fillos/as reciban ou nonensinanzas de relixión.

    4. Os centros docentes disporán as medidas organi-zativas para que o alumnado cuxos pais ou titores nonoptasen por que cursen as ensinanzas de relixión,reciban a debida atención educativa co fin de que aelección dunha ou outra opción non supoña discrimi-nación ningunha. A dita atención, en ningún casocomportará a aprendizaxe de contidos curricularesasociados ao coñecemento do feito relixioso nin a cal-quera área da etapa. As medidas organizativas quedispoñan os centros deberán ser incluídas no proxec-to educativo para que familias e titores/as as coñezancon anterioridade.

    5. A determinación do currículo do ensino de reli-xión católica e das diferentes confesións relixiosascoas cales o Estado español subscribiu acordos decooperación en materia educativa será competencia,respectivamente, da xerarquía eclesiástica e das

    S a m p l e T e x t

  • Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007 11.671DIARIO OFICIAL DE GALICIA

    correspondentes autoridades relixiosas. O seu contidodeberá, en calquera caso, ser respectuoso cos dereitosdas persoas marcados na lexislación vixente e sobretodo co valor de igualdade entre mulleres e homes.

    6. A avaliación do ensino da relixión católica reali-zarase nos mesmos termos e cos mesmos efectos ca adas outras áreas da educación primaria. A avaliacióndo ensino das diferentes confesións relixiosas axusta-rase ao establecido nos acordos de cooperación subs-critos polo Estado español.

    7. Coa finalidade de garantir o principio de igualda-de e a libre concorrencia entre todo o alumnado, ascualificacións que se obtivesen na avaliación dasensinanzas de relixión non se computarán nas convo-catorias en que deban entrar en concorrencia os expe-dientes académicos.

    Segunda.-Ensinanzas en linguas estranxeiras.

    A Administración educativa poderá autorizar queunha parte do currículo se imparta en linguasestranxeiras, sen que iso supoña modificación dosaspectos básicos do currículo regulados neste decre-to. Os centros que impartan unha parte das áreas docurrículo en linguas estranxeiras non poderán incluíren ningún caso requisitos lingüísticos entre os crite-rios de admisión do alumnado.

    Disposición derrogatoria

    Queda derrogado o Decreto 245/1992, do 30 dexullo, polo que se establece o currículo da educaciónprimaria na Comunidade Autónoma de Galicia, senprexuízo da vixencia do seu currículo ata a implanta-ción da nova ordenación da educación primaria, deacordo co disposto no Real decreto 806/2006, do 30de xuño, polo que se establece o calendario de apli-cación da nova ordenación do sistema educativo,establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio,de educación.

    Disposicións derradeiras

    Primeira.-Desenvolvemento normativo.

    Autorízase a Consellería de Educación e Ordena-ción Universitaria para ditar as disposicións quesexan necesarias para a execución e o desenvolve-mento do establecido neste decreto.

    Segunda.-Entrada en vigor.

    Este decreto entra en vigor o día seguinte ao da súapublicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuí-zo do establecido na súa disposición derrogatoria.

    Santiago de Compostela, vinte e oito de xuño dedous mil sete.

    Emilio Pérez TouriñoPresidente

    Laura Sánchez PiñónConselleira de Educación e Ordenación Universitaria

    ANEXO I

    Competencias básicas

    Unha posible definición de competencia básicapodería ser «a capacidade de poñer en práctica deforma integrada, en contextos e situacións diversas, oscoñecementos, as habilidades e as actitudes persoaisadquiridas. O concepto de competencia inclúe tantoos saberes como as habilidades e as actitudes e vaimáis alá do saber e do saber facer, incluíndo o saberser ou estar».

    A incorporación de competencias básicas ao currí-culo permite poñer o acento naquelas aprendizaxesque se consideran imprescindibles desde unha posi-ción integradora e orientada á aplicación dos saberesadquiridos. De aí o seu carácter básico. Son aquelascompetencias que debe desenvolver un mozo ou unhamoza ao finalizar o ensino obrigatorio para poderlograr a súa realización persoal, exercer a cidadaníaactiva, incorporarse á vida adulta de xeito satisfacto-rio e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe per-manente ao longo da vida.

    A inclusión das competencias básicas no currículoten varias finalidades: integrar as diferentes aprendi-zaxes, tanto as formais, incorporadas ás diferentesáreas ou materias, coma as informais e non formais.Permitirlles a todos os estudantes integrar as súasaprendizaxes, poñelas en relación con distintos tiposde contidos e utilizalas de xeito efectivo cando llesresulten necesarias en diferentes situacións e contex-tos. Orientar o ensino, ao permitir identificar os con-tidos e os criterios de avaliación que teñen carácterimprescindible e, en xeral, inspirar as distintas deci-sións relativas ao proceso de ensino e de aprendizaxe,a metodoloxía, a organización dos centros educativos,as relacións persoais e a participación de toda acomunidade educativa.

    Coas áreas e materias do currículo preténdese quetodos os alumnos e as alumnas alcancen os obxectivoseducativos e, consecuentemente, que adquiran ascompetencias básicas. Con todo, non existe unha rela-ción unívoca entre o ensino de determinadas áreas oumaterias e o desenvolvemento de certas competen-cias. Cada unha das áreas contribúe ao desenvolve-mento de diferentes competencias e, pola súa vez,cada unha das competencias básicas alcanzarasecomo consecuencia do traballo en varias áreas oumaterias.

    Ao ser as competencias un elemento organizadorvan ter influencia, non só nos contidos e na avalia-ción, senón tamén na metodoloxía.

    O traballo nas áreas e materias do currículo paracontribuír ao desenvolvemento das competenciasbásicas debe complementarse con diversas medidasorganizativas e funcionais, imprescindibles para o seudesenvolvemento. Así, a organización e o funciona-mento dos centros e as aulas, a participación do alum-nado, as normas de réxime interno, o uso de determi-nadas metodoloxías e recursos didácticos, ou a con-

    S a m p l e T e x t

  • 11.672 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007

    cepción, organización e funcionamento da bibliotecaescolar, entre outros aspectos, poden favorecer oudificultar o desenvolvemento de competencias asocia-das á comunicación, a análise do contorno físico, acreación, a convivencia e a cidadanía ou a alfabetiza-ción dixital. Igualmente, a acción titorial permanentepode contribuír de modo determinante á adquisiciónde competencias relacionadas coa regulación dasaprendizaxes, o desenvolvemento emocional ou ashabilidades sociais. A planificación das actividadescomplementarias e extraescolares pode reforzar odesenvolvemento do conxunto das competencias bási-cas.

    No marco da proposta realizada pola Unión Euro-pea, e de acordo coas consideracións que se acabande expoñer, identificáronse oito competencias bási-cas:

    1. Competencia en comunicación lingüística.

    2. Competencia matemática.

    3. Competencia no coñecemento e na interacción comundo físico.

    4. Tratamento da información e competencia dixital.

    5. Competencia social e cidadá.

    6. Competencia cultural e artística.

    7. Competencia para aprender a aprender.

    8. Autonomía e iniciativa persoal.

    Neste anexo recóllense a descrición, finalidade easpectos distintivos destas competencias e ponse demanifesto, en cada unha delas, o nivel consideradobásico que debe alcanzar todo o alumnado ao finali-zar a educación secundaria obrigatoria.

    O currículo da educación primaria estrutúrase enáreas; é nelas onde se deben buscar os referentes quepermitan o desenvolvemento e adquisición das com-petencias nesta etapa. Así pois, en cada área inclui-ranse referencias explícitas á súa contribución aaquelas competencias básicas ás cales se orienta enmaior medida. Doutra banda, tanto os obxectivoscomo a propia selección dos contidos buscan aseguraro desenvolvemento de todas elas. Os criterios de ava-liación serven de referencia para valorar o progresivograo de adquisición.

    Competencia en comunicación lingüística.

    Esta competencia refírese á utilización da linguaxecomo instrumento de comunicación oral e escrita, derepresentación, interpretación e comprensión da rea-lidade, de construción e comunicación do coñece-mento e de organización e autorregulación do pensa-mento, das emocións e da conduta.

    Os coñecementos, destrezas e actitudes propiosdesta competencia permiten expresar pensamentos,emocións, vivencias e opinións, así como dialogar,formar un xuízo crítico e ético, xerar ideas, estruturaro coñecemento, dar coherencia e cohesión ao discur-so e ás propias accións e tarefas, adoptar decisións e

    desfrutar escoitando, lendo ou expresándose de formaoral e escrita, todo o cal contribúe ademais ao desen-volvemento da autoestima e da autoconfianza.

    Comunicarse e conversar son accións que supoñenhabilidades para establecer vínculos e relacións cons-trutivas cos demais e co contorno, así como achegar-se a novas culturas, que adquiren consideración erespecto na medida en que se coñecen. Por iso, acompetencia de comunicación lingüística está pre-sente na capacidade efectiva de convivir e de resolverconflitos.

    A lingua, como ferramenta de comprensión e repre-sentación da realidade, debe ser instrumento para aigualdade; para a construción de relacións, en termosde igualdade, entre mulleres e homes; para a elimina-ción de estereotipos e expresións machistas ou xenó-fobas. A comunicación será o eixe da resolución pací-fica de conflitos na comunidade escolar.

    Escoitar, expoñer e dialogar implica ser conscientedos principais tipos de interacción verbal, ser progre-sivamente competente na expresión e comprensióndas mensaxes orais que se intercambian en situaciónscomunicativas diversas e adaptar a comunicación aocontexto. Supón tamén a utilización activa e efectivade códigos e habilidades lingüísticas e non lingüísti-cas e das regras propias do intercambio comunicativoen diferentes situacións, para producir textos oraisadecuados a cada situación de comunicación.

    Ler e escribir son accións que supoñen e reforzan ashabilidades que permiten buscar, recompilar e proce-sar información, e ser competente á hora de compren-der, compoñer e utilizar distintos tipos de textos conintencións comunicativas ou creativas diversas. Alectura facilita a interpretación e comprensión docódigo que permite facer uso da lingua escrita e é,ademais, fonte de pracer, de descubrimento doutroscontornos, idiomas e culturas, de fantasía e de saber,todo o cal contribúe, pola súa vez, a conservar emellorar a competencia comunicativa.

    A habilidade para seleccionar e aplicar determina-dos propósitos ou obxectivos ás accións propias dacomunicación lingüística (o diálogo, a lectura, a escri-tura, etc.) está vinculada a algúns trazos fundamentaisdesta competencia, como as habilidades para repre-sentarse mentalmente, interpretar e comprender arealidade, e organizar e autorregular o coñecemento ea acción dotándoos de coherencia.

    Comprender e saber comunicar son saberes prácti-cos que se deben apoiar no coñecemento reflexivosobre o funcionamento da lingua e as súas normas deuso, e implican a capacidade de tomar a lingua comoobxecto de observación e de análise. Expresar e inter-pretar diferentes tipos de discurso acordes á situacióncomunicativa en diferentes contextos sociais e cultu-rais implica o coñecemento e aplicación efectiva dasregras de funcionamento do sistema da lingua e dasestratexias necesarias para interactuar lingüistica-mente dun xeito adecuado.

    S a m p l e T e x t

  • Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007 11.673DIARIO OFICIAL DE GALICIA

    Dispoñer desta competencia implica ter concienciadas convencións sociais, dos valores e aspectos cultu-rais e da versatilidade da lingua en función do contex-to e da intención comunicativa. Implica a capacidadeempática de poñerse no lugar doutras persoas; de ler,de escoitar, de analizar e de ter en conta opinións dis-tintas á propia con sensibilidade e espírito crítico; deexpresar adecuadamente -en fondo e forma- as pro-pias ideas e emocións, e de aceptar e realizar críticascon espírito construtivo.

    Con distinto nivel de dominio e de formalización -espe-cialmente en lingua escrita- esta competencia significa,no caso das linguas estranxeiras, poder comunicarse nal-gunhas delas e, con iso, enriquecer as relacións sociais edesenvolverse en contextos distintos ao propio. Así mes-mo, favorécese o acceso a máis e diversas fontes de infor-mación, comunicación e aprendizaxe.

    En síntese, o desenvolvemento da competencia lin-güística ao final da educación obrigatoria comporta odominio da lingua oral e escrita en múltiples contex-tos, e o uso funcional de, polo menos, unha linguaestranxeira.

    Na Comunidade Autónoma de Galicia, recollendoas normas do Estatuto de autonomía, todos estes ele-mentos que configuran a competencia lingüísticaestarán referidos ás dúas linguas oficiais, o galego,lingua propia de Galicia, e o castelán, así como, polomenos, a unha lingua estranxeira.

    Competencia matemática.

    Consiste na habilidade para utilizar e relacionar osnúmeros, as súas operacións básicas, os símbolos e asformas de expresión e razoamento matemático, tantopara producir e interpretar distintos tipos de informa-ción como para ampliar o coñecemento sobre aspec-tos cuantitativos e espaciais da realidade, e pararesolver problemas relacionados coa vida cotiá e comundo laboral.

    Forma parte da competencia matemática a habilida-de para interpretar e expresar con claridade e preci-sión informacións, datos e argumentacións, o queaumenta a posibilidade real de seguir aprendendo aolongo da vida, tanto no ámbito escolar ou académicocomo fóra del, e favorece a participación efectiva navida social.

    Así mesmo, esta competencia implica o coñecemen-to e manexo dos elementos matemáticos básicos (dis-tintos tipos de números, medidas, símbolos, elemen-tos xeométricos, etc.) en situacións reais ou simuladasda vida cotiá, e a posta en práctica de procesos derazoamento que levan á solución dos problemas ou áobtención de información. Estes procesos permitenaplicar esa información a unha maior variedade desituacións e contextos, seguir cadeas argumentaisidentificando as ideas fundamentais, e estimar e axui-zar a lóxica e validez de argumentacións e informa-cións. En consecuencia, a competencia matemáticasupón a habilidade para seguir determinados proce-sos de pensamento (como a indución e a dedución,

    entre outros) e aplicar algúns algoritmos de cálculo ouelementos da lóxica, o que conduce a identificar avalidez dos razoamentos e a valorar o grao de certezaasociado aos resultados derivados dos razoamentosválidos.

    A competencia matemática implica unha disposi-ción favorable e de progresiva seguridade e confianzacara á información e ás situacións (problemas, incóg-nitas, etc.) que conteñen elementos ou soportes mate-máticos, así como cara á súa utilización cando a situa-ción o aconsella, baseadas no respecto e no gusto polacerteza e na súa procura a través do razoamento.

    Esta competencia cobra realidade e sentido namedida en que os elementos e razoamentos matemáti-cos son utilizados para enfrontarse a aquelas situa-cións cotiás que os precisan. Xa que logo, a identifi-cación de tales situacións, a aplicación de estratexiasde resolución de problemas e a selección das técnicasadecuadas para calcular, representar e interpretar arealidade a partir da información dispoñible estánincluídas nela. En definitiva, a posibilidade real deutilizar a actividade matemática en contextos tanvariados como sexa posible. Por iso, o seu desenvol-vemento na educación obrigatoria alcanzarase namedida en que os coñecementos matemáticos se apli-quen de xeito espontáneo a unha ampla variedade desituacións, provenientes doutros campos de coñece-mento e da vida cotiá.

    O desenvolvemento da competencia matemática aofinal da educación obrigatoria implica utilizar espon-taneamente -nos ámbitos persoal e social- os elemen-tos e razoamentos matemáticos para interpretar e pro-ducir información, para resolver problemas prove-nientes de situacións cotiás e para tomar decisións.En definitiva, supón aplicar aquelas destrezas e acti-tudes que permiten razoar matematicamente, com-prender unha argumentación matemática e expresar-se e comunicarse na linguaxe matemática, utilizandoas ferramentas de apoio adecuadas, e integrando ocoñecemento matemático con outros tipos de coñece-mento para dar unha mellor resposta ás situacións davida de distinto nivel de complexidade.

    Competencia no coñecemento e a interación comundo físico.

    É a habilidade para interactuar co mundo físico,tanto nos seus aspectos naturais como nos xeradospola acción humana, de tal modo que se posibilite acomprensión de sucesos, a predición de consecuen-cias e a actividade dirixida á mellora e preservacióndas condicións de vida propia, das demais persoas edo resto dos seres vivos. En definitiva, incorporahabilidades para desenvolverse adecuadamente, conautonomía e iniciativa persoal, en ámbitos da vida edo coñecemento moi diversos (saúde, actividade pro-dutiva, consumo, ciencia, procesos tecnolóxicos, etc.)e para interpretar o mundo, o que exixe a aplicacióndos conceptos e principios básicos que permiten aanálise dos fenómenos desde os diferentes campos decoñecemento científico involucrados.

    S a m p l e T e x t

  • 11.674 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007

    Así, forma parte desta competencia a adecuada per-cepción do espazo físico en que se desenvolven a vidae a actividade humana, tanto a grande escala coma nocontorno inmediato, e a habilidade para interactuarco espazo circundante: moverse nel e resolver proble-mas nos cales interveñan os obxectos e a súa posición.

    Así mesmo, a competencia de interactuar co espazofísico leva implícito ser consciente da influencia queten a presenza das persoas no espazo, o seu asenta-mento, a súa actividade, as modificacións que intro-ducen e as paisaxes resultantes, así como da impor-tancia de que todos os seres humanos se beneficiendo desenvolvemento e de que este procure a conser-vación dos recursos e a diversidade natural, e se man-teña a solidariedade global e interxeracional. Supón,así mesmo, demostrar espírito crítico na observaciónda realidade e na análise das mensaxes informativase publicitarias, así como uns hábitos de consumo res-ponsables na vida cotiá.

    Esta competencia, partindo do coñecemento do cor-po humano, da natureza e da interacción dos homes emulleres con ela, permite argumentar racionalmenteas consecuencias duns ou doutros modos de vida, eadoptar unha disposición a unha vida física e mentalsaudables nun contorno natural e social tamén sauda-ble. Así mesmo, supón considerar a dobre dimensión-individual e colectiva- da saúde, e mostrar actitudesde responsabilidade e de respecto cara aos demais ecara a un mesmo.

    Esta competencia fai posible identificar preguntasou problemas e obter conclusións baseadas en probas,coa finalidade de comprender e tomar decisións sobreo mundo físico e sobre os cambios que a actividadehumana produce no medio natural, na saúde e na cali-dade de vida das persoas. Supón a aplicación destescoñecementos e procedementos para dar resposta aoque se percibe como demandas ou necesidades daspersoas, das organizacións e do medio natural.

    As habilidades asociadas ao movemento no espazofísico e á saúde activan esta competencia a través daactividade física e do control do propio corpo. A acti-vidade física está mediatizada polo movemento e assúas funcións. Unha correcta utilización do move-mento por medio da actividade física facilitará, ade-mais dun maior coñecemento de si mesmo, unha uti-lización máis produtiva do contorno, unhas melloresrelacións entre as persoas e un incremento da calida-de de vida e da saúde, entendida como un estado debenestar físico, mental e social.

    Tamén incorpora a aplicación dalgunhas nocións,conceptos científicos e técnicos, e de teorías científi-cas básicas previamente comprendidas. Isto implica ahabilidade progresiva para poñer en práctica os pro-cesos e actitudes propios da análise sistemática e deindagación científica: identificar e propoñer proble-mas relevantes; realizar observacións directas e indi-rectas con conciencia do marco teórico ou interpreta-tivo que as dirixe; formular preguntas; localizar, obter,analizar e representar información cualitativa e cuan-

    titativa; propoñer e contrastar solucións, tentativas ouhipóteses; realizar predicións e inferencias de distin-to nivel de complexidade; e identificar o coñecemen-to dispoñible (teórico e empírico) necesario para res-ponder ás preguntas científicas, e para obter, inter-pretar, avaliar e comunicar conclusións en diversoscontextos (académico, persoal e social). Así mesmo,significa recoñecer a natureza, fortalezas e límites daactividade investigadora como construción social docoñecemento ao longo da historia.

    Esta competencia proporciona, ademais, destrezasasociadas á planificación e ao manexo de soluciónstécnicas, seguindo criterios de economía e de efica-cia, para satisfacer as necesidades da vida cotiá e domundo laboral.

    En definitiva, esta competencia supón o desenvol-vemento e aplicación do pensamento científico-técni-co para interpretar a información que se recibe e parapredicir e tomar decisións con iniciativa e autonomíapersoal nun mundo en que os avances que se van pro-ducindo nos ámbitos científico e tecnolóxico teñenunha influencia decisiva na vida persoal, na socieda-de e no mundo natural. Así mesmo, implica a diferen-ciación e valoración do coñecemento científico á bei-ra doutras formas de coñecemento, e a utilización devalores e de criterios éticos asociados á ciencia e aodesenvolvemento tecnolóxico.

    En coherencia coas habilidades e destrezas relacio-nadas ata aquí, son parte desta competencia básica ouso responsable dos recursos naturais, o coidado domedio, o consumo racional e responsable, e a protec-ción da saúde individual e colectiva como elementosclave da calidade de vida das persoas.

    Tratamento da información e competencia dixital.

    Esta competencia consiste en dispoñer de habilida-des para buscar, obter, procesar e comunicar informa-ción, e para transformala en coñecemento. Incorporadiferentes habilidades, que van desde o acceso áinformación ata a súa transmisión en distintos sopor-tes unha vez tratada, incluíndo a utilización das tec-noloxías da información e da comunicación como ele-mento esencial para informarse, aprender e comuni-carse.

    Está asociada coa procura, selección, rexistro e tra-tamento ou análise da información, utilizando técni-cas e estratexias diversas para acceder a ela segundoa fonte á cal se acuda e o soporte que se utilice (oral,impreso, audiovisual, dixital ou multimedia). Requireo dominio de linguaxes específicas básicas (textual,numérica, icónica, visual, gráfica e sonora) e das súaspautas de descodificación e de transferencia, asícomo aplicar en distintas situacións e contextos ocoñecemento dos diferentes tipos de información, dassúas fontes, das súas posibilidades e da súa localiza-ción, así como as linguaxes e soportes máis frecuen-tes en que esta adoita expresarse.

    Dispoñer de información non produce de formaautomática coñecemento. Transformar a información

    S a m p l e T e x t

  • Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007 11.675DIARIO OFICIAL DE GALICIA

    en coñecemento exixe de destrezas de razoamentopara organizala, relacionala, analizala, sintetizala efacer inferencias e deducións de distinto nivel decomplexidade; en definitiva, comprendela e integralanos esquemas previos de coñecemento. Significa, asímesmo, comunicar a información e os coñecementosadquiridos empregando recursos expresivos queincorporen, non só diferentes linguaxes e técnicasespecíficas, senón tamén as posibilidades que ofrecenas tecnoloxías da información e da comunicación.

    Ser competente na utilización das tecnoloxías dainformación e da comunicación como instrumento detraballo intelectual inclúe utilizalas na súa dobre fun-ción de transmisoras e xeradoras de información e decoñecemento. Utilizaranse na súa función xeradora aoempregalas, por exemplo, como ferramenta no uso demodelos de procesos matemáticos, físicos, sociais,económicos ou artísticos. Así mesmo, esta competen-cia permite procesar e xestionar adecuadamenteinformación abundante e complexa, resolver proble-mas reais, tomar decisións, traballar en contornoscolaborativos ampliando os contornos de comunica-ción para participar en comunidades de aprendizaxeformais e informais, e xerar producións responsablese creativas.

    A competencia dixital inclúe utilizar as tecnoloxíasda información e da comunicación extraendo o seumáximo rendemento a partir da comprensión da natu-reza e modo de operar dos sistemas tecnolóxicos, e doefecto que eses cambios teñen no mundo persoal esociolaboral. Así mesmo, supón manexar estratexiaspara identificar e resolver os problemas habituais desoftware e de hardware que vaian xurdindo. Igual-mente, permite aproveitar a información que propor-cionan e analizala de forma crítica mediante o traba-llo persoal autónomo e o traballo colaborativo, tantona súa vertente sincrónica como diacrónica, coñecen-do e relacionándose con contornos físicos e sociaiscada vez máis amplos. Ademais de utilizalas comoferramenta para organizar a información, procesala eorientala para conseguir obxectivos e fins de aprendi-zaxe, traballo e lecer previamente establecidos.

    En definitiva, a competencia dixital comporta faceruso habitual dos recursos tecnolóxicos dispoñiblespara resolver problemas reais de modo eficiente. Aomesmo tempo, posibilita avaliar e seleccionar novasfontes de información e innovacións tecnolóxicas amedida que van aparecendo, en función da súa utili-dade para acometer tarefas ou obxectivos específicos.

    En síntese, o tratamento da información e a compe-tencia dixital implican ser unha persoa autónoma, efi-caz, responsable, crítica e reflexiva ao seleccionar,tratar e utilizar a información e as súas fontes, asícomo as distintas ferramentas tecnolóxicas; tamén terunha actitude crítica e reflexiva na valoración dainformación dispoñible, contrastándoa cando fornecesario, e respectar as normas de conduta acorda-das socialmente para regular o uso da información eas súas fontes nos distintos soportes.

    Competencia social e cidadá.

    Esta competencia fai posible comprender a realida-de social en que se vive, cooperar, convivir e exercera cidadanía democrática nunha sociedade plural, asícomo comprometerse a contribuír á súa mellora. Nelaestán integrados coñecementos diversos e habilidadescomplexas que permiten participar, tomar decisións,elixir como comportarse en determinadas situacións eresponsabilizarse das eleccións e decisións adopta-das.

    Globalmente supón utilizar, para desenvolversesocialmente, o coñecemento sobre a evolución e orga-nización das sociedades e sobre os trazos e valores dosistema democrático, así como utilizar o xuízo moralpara elixir e tomar decisións, e exercer activa e res-ponsablemente os dereitos e deberes da cidadanía.

    Esta competencia favorece a comprensión da reali-dade histórica e social do mundo, da súa evolución,dos seus logros e dos seus problemas. A comprensióncrítica da realidade exixe experiencia, coñecementose conciencia da existencia de distintas perspectivasao analizar esa realidade. Supón recorrer á análisemulticausal e sistémica para axuizar os feitos e pro-blemas sociais e históricos e para reflexionar sobreeles de forma global e crítica, así como realizar razo-amentos críticos e loxicamente válidos sobre situa-cións reais, e dialogar para mellorar colectivamente acomprensión da realidade.

    Significa tamén entender os trazos das sociedadesactuais, a súa crecente pluralidade e o seu carácterevolutivo, ademais de demostrar comprensión daachega que as diferentes culturas fixeron á evolucióne progreso da humanidade, e dispoñer dun sentimen-to común de pertenza á sociedade en que se vive. Endefinitiva, mostrar un sentimento de cidadanía globalcompatible coa identidade local.

    Así mesmo, forman parte fundamental desta compe-tencia aquelas habilidades sociais que permitensaber que os conflitos de valores e de intereses for-man parte da convivencia, resolvelos con actitudeconstrutiva e tomar decisións con autonomía empre-gando tanto os coñecementos sobre a sociedade comounha escala de valores construída mediante a refle-xión crítica e o diálogo no marco dos patróns culturaisbásicos de cada rexión, país ou comunidade.

    As dinámicas persoais ou de grupo a través do pro-pio corpo, en situacións de cooperación e de oposi-ción, fomentan a reflexión sobre os fenómenos depor-tivos na actualidade, así como os valores deportivosmáis esenciais de colaboración, de compañeirismo ede solidariedade e a súa aplicación a outros ámbitosda vida do alumnado.

    A dimensión ética da competencia social e cidadáentraña ser consciente dos valores do contorno, ava-lialos e reconstruílos afectiva e racionalmente paracrear progresivamente un sistema de valores propio ecomportarse en coherencia con eles ao afrontar unhadecisión ou un conflito. Iso supón entender que non

    S a m p l e T e x t

  • 11.676 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007

    toda posición persoal é ética se non está baseada norespecto a principios ou valores universais como osque encerra a Declaración universal dos dereitoshumanos.

    En consecuencia, entre as habilidades desta com-petencia destacan coñecerse e valorarse, saber comu-nicarse en distintos contextos, expresar as propiasideas e escoitar as alleas, ser capaz de poñerse nolugar do outro e comprender o seu punto de vista aín-da que sexa diferente do propio, e tomar decisións nosdistintos niveis da vida comunitaria, valorandoconxuntamente os intereses individuais e os do grupo.Ademais, implica a valoración das diferenzas á vezque o recoñecemento da igualdade de dereitos entreos diferentes colectivos, en particular entre homes emulleres. Igualmente, a práctica do diálogo e da nego-ciación para chegar a acordos como forma de resolveros conflitos, tanto no ámbito persoal como no social.

    Para rematar, forma parte desta competencia o exer-cicio dunha cidadanía activa e integradora que exixeo coñecemento e a comprensión dos valores en que seasentan os estados e sociedades democráticas, dosseus fundamentos, modos de organización e funciona-mento. Esta competencia permite reflexionar critica-mente sobre os conceptos de democracia, liberdade,solidariedade, corresponsabilidade, participación ecidadanía, con particular atención aos dereitos edeberes recoñecidos nas declaracións internacionais,na Constitución española e na lexislación autonómi-ca, así como á súa aplicación por parte de diversasinstitucións; e mostrar un comportamento coherentecos valores democráticos, que á súa vez implica dis-poñer de habilidades como a toma de conciencia dospropios pensamentos, valores, sentimentos e accións,e o control e autorregulación deles.

    En definitiva, o exercicio da cidadanía implica dis-poñer de habilidades para participar activa e plena-mente na vida cívica. Significa construír, aceptar epracticar normas de convivencia acordes cos valoresdemocráticos, exercer os dereitos, liberdades, respon-sabilidades e deberes cívicos, e defender os dereitosdos demais.

    En síntese, esta competencia supón comprender arealidade social en que se vive, afrontar a conviven-cia e os conflitos empregando o xuízo ético baseadonos valores e prácticas democráticas, e exercer acidadanía, actuando con criterio propio, contribuíndoá construción da paz e da democracia, e mantendounha actitude construtiva, solidaria e responsableante o cumprimento dos dereitos e obrigas cívicas.

    Competencia cultural e artística.

    Esta competencia supón coñecer, comprender,apreciar e valorar criticamente diferentes manifesta-cións culturais, artísticas e deportivas, utilizalascomo fonte de enriquecemento e desfrute e considera-las como parte do patrimonio dos pobos.

    Apreciar o feito cultural en xeral, e o feito artísticoen particular, leva implícito dispoñer daquelas habi-

    lidades e actitudes que permiten acceder ás súas dis-tintas manifestacións, así como habilidades de pensa-mento, perceptivas e comunicativas, sensibilidade esentido estético para poder comprendelas, valoralas,emocionarse e desfrutalas.

    Esta competencia implica poñer en xogo habilida-des de pensamento diverxente e converxente, postoque comporta reelaborar ideas e sentimentos propiose alleos; atopar fontes, formas e canles de compren-sión e expresión; planificar, avaliar e axustar os pro-cesos necesarios para alcanzar uns resultados, xasexa no ámbito persoal ou académico. Trátase, xa quelogo, dunha competencia que facilita tanto expresarsee comunicarse como percibir, comprender e enrique-cerse con diferentes realidades e producións do mun-do da arte e da cultura.

    Require poñer en funcionamento a iniciativa, a ima-xinación e a creatividade para expresarse mediantecódigos artísticos e, na medida en que as actividadesculturais e artísticas supoñen en moitas ocasións untraballo colectivo, cómpre dispoñer de habilidades decooperación para contribuír á consecución dun resul-tado final, e ter conciencia da importancia de apoiare apreciar as iniciativas e contribucións alleas.

    A competencia artística incorpora, así mesmo, ocoñecemento básico das principais técnicas, recursose convencións das diferentes linguaxes artísticas, asícomo das obras e manifestacións máis destacadas dopatrimonio cultural. Ademais, supón identificar asrelacións existentes entre esas manifestacións e asociedade -a mentalidade e as posibilidades técnicasda época en que se crean-, ou coa persoa ou colecti-vidade que as crea. Isto significa tamén ter concien-cia da evolución do pensamento, das correntes estéti-cas, das modas e dos gustos, así como da importanciarepresentativa, expresiva e comunicativa que os fac-tores estéticos desempeñaron e desempeñan na vidacotiá da persoa e das sociedades.

    Supón igualmente unha actitude de aprecio da crea-tividade implícita na expresión de ideas, experienciasou sentimentos a través de diferentes medios artísti-cos, como a música, a literatura, as artes visuais eescénicas, ou das diferentes formas que adquiren aschamadas artes populares. Exixe, así mesmo, valorara liberdade de expresión, o dereito á diversidade cul-tural, a importancia do diálogo intercultural e a reali-zación de experiencias artísticas compartidas.

    En síntese, o conxunto de destrezas que configuranesta competencia refírese tanto á habilidade paraapreciar e desfrutar coa arte e outras manifestaciónsculturais como a aquelas relacionadas co empregodalgúns recursos da expresión artística para realizarcreacións propias. Implica un coñecemento básicodas distintas manifestacións culturais, artísticas edeportivas; a aplicación de habilidades de pensamen-to diverxente e de traballo colaborativo; unha actitu-de aberta, respectuosa e crítica cara á diversidade deexpresións artísticas e culturais; o desexo e a vontadede cultivar a propia capacidade estética e creadora e

    S a m p l e T e x t

  • Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007 11.677DIARIO OFICIAL DE GALICIA

    un interese por participar na vida cultural e por con-tribuír á conservación do patrimonio cultural e artís-tico, tanto da propia comunidade como doutras.

    Competencia para aprender a aprender.

    Aprender a aprender supón dispoñer de habilidadespara iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de conti-nuar aprendendo de xeito cada vez máis eficaz e autó-nomo de acordo cos propios obxectivos e necesidades.

    Esta competencia ten dúas dimensións fundamen-tais. Por unha banda, a adquisición da conscienciadas propias capacidades (intelectuais, emocionais,físicas), do proceso e das estratexias necesarias paradesenvolvelas, así como do que se pode facer por unmesmo e do que se pode facer con axuda doutras per-soas ou recursos. Doutra banda, dispoñer dun senti-mento de competencia persoal, que redunda na moti-vación, na confianza nun mesmo e no gusto por apren-der.

    Significa ser consciente do que se sabe e do quecómpre aprender, de como se aprende, e de como sexestionan e controlan de forma eficaz os procesos deaprendizaxe, optimizándoos e orientándoos a satisfa-cer obxectivos persoais. Require coñecer as propiaspotencialidades e carencias, sacando proveito dasprimeiras e tendo motivación e vontade para superaras segundas desde unha expectativa de éxito, aumen-tando progresivamente a seguridade para afrontarnovos retos de aprendizaxe.

    Por iso, comporta ter consciencia daquelas capaci-dades que entran en xogo na aprendizaxe, como aatención, a concentración, a memoria, a comprensióne a expresión lingüística ou a motivación de logro,entre outras, e obter un rendemento máximo e perso-nalizado delas coa axuda de distintas estratexias etécnicas: de estudo, de observación e rexistro siste-mático de feitos e de relacións, de traballo cooperati-vo e por proxectos, de resolución de problemas, deplanificación e de organización de actividades e tem-pos de forma efectiva, ou do coñecemento sobre osdiferentes recursos e fontes para a recolla, seleccióne tratamento da información, incluídos os recursostecnolóxicos.

    Implica, así mesmo, a curiosidade de formularsepreguntas, identificar e manexar a diversidade de res-postas posibles ante unha mesma situación ou proble-ma utilizando diversas estratexias e metodoloxías quepermitan afrontar a toma de decisións, racional e cri-ticamente, coa información dispoñible.

    Inclúe, ademais, habilidades para obter informa-ción -xa sexa individualmente ou en colaboración- e,moi especialmente, para transformala en coñecemen-to propio, relacionando e integrando a nova informa-ción cos coñecementos previos e coa propia experien-cia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementose capacidades en situacións parecidas e contextosdiversos.

    Por outra banda, esta competencia require proporsemetas alcanzables a curto, medio e longo prazo e cum-

    prilas, elevando os obxectivos de aprendizaxe de for-ma progresiva e realista.

    Fai necesaria tamén a perseveranza na aprendizaxe,desde a súa valoración como un elemento que enri-quece a vida persoal e social e que é, xa que logo,merecedor do esforzo que require. Supón ser capaz deautoavaliarse e autorregularse, responsabilidade ecompromiso persoal, saber administrar o esforzo,aceptar os erros e aprender de e cos demais.

    En síntese, aprender a aprender implica a conscien-cia, xestión e control das propias capacidades e coñe-cementos desde un sentimento de competencia ou efi-cacia persoal, e inclúe tanto o pensamento estratéxi-co como a capacidade de cooperar, de autoavaliarse,e o manexo eficiente dun conxunto de recursos e téc-nicas de traballo intelectual, todo o cal se desenvolvea través de experiencias de aprendizaxe conscientes egratificantes, tanto individuais coma colectivas.

    Autonomía e iniciativa persoal.

    Esta competencia refírese, por unha banda, á adqui-sición da consciencia e aplicación dun conxunto devalores e actitudes persoais interrelacionadas, como aresponsabilidade, a perseveranza, o coñecemento desi mesmo e a autoestima, a creatividade, a autocrítica,o control emocional, a capacidade de elixir, de calcu-lar riscos e de afrontar os problemas, así como a capa-cidade de demorar a necesidade de satisfacción inme-diata, de aprender dos erros e de asumir riscos.

    Por outra banda, remite á capacidade de elixir concriterio propio, de imaxinar proxectos, e de levaradiante as accións necesarias para desenvolver asopcións e plans persoais -no marco de proxectos indi-viduais ou colectivos- responsabilizándose deles, tan-to no ámbito persoal coma no social e no laboral.

    Supón poder transformar as ideas en accións; édicir, propoñerse obxectivos e planificar e levar acabo proxectos. Require, xa que logo, poder reelabo-rar as propostas previas ou elaborar novas ideas, bus-car solucións e levalas á práctica. Ademais, analizarposibilidades e limitacións, coñecer as fases dedesenvolvemento dun proxecto, planificar, tomardecisións, actuar, avaliar o feito e autoavaliarse, tirarconclusións e valorar as posibilidades de mellora.

    Exixe, por todo iso, ter unha visión estratéxica dosretos e oportunidades que axude a identificar e cum-prir obxectivos e a manter a motivación para lograr oéxito nas tarefas emprendidas, cunha ambición per-soal, académica e profesional. Igualmente, ser capazde poñer en relación a oferta académica, laboral ou delecer dispoñible, coas capacidades, desexos e proxec-tos persoais.

    Ademais, comporta unha actitude positiva cara aocambio e á innovación que presupón flexibilidade deformulacións para que se comprendan os devanditoscambios como oportunidades, para adaptarse crítica econstrutivamente a eles, afrontar os problemas e ato-par solucións en cada un dos proxectos vitais que seemprenden.

    S a m p l e T e x t

  • 11.678 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007

    Na medida en que a autonomía e iniciativa persoalinvolucran a miúdo outras persoas, esta competenciaobriga a dispoñer de habilidades sociais para relacio-narse, para cooperar e para traballar en equipo:poñerse no lugar do outro, valorar as ideas dosdemais, dialogar e negociar, a asertividade paracomunicarlles adecuadamente aos demais as propiasdecisións, e traballar de forma cooperativa e flexible.

    Outra dimensión importante desta competencia,moi relacionada con esta vertente máis social, estáconstituída por aquelas habilidades e actitudes rela-cionadas co liderado de proxectos, que inclúen a con-fianza nun mesmo, a empatía, o espírito de supera-ción, as habilidades para o diálogo e a cooperación, aorganización de tempos e tarefas, a capacidade deafirmar e defender dereitos ou a asunción de riscos.

    En síntese, a autonomía e a iniciativa persoal supo-ñen ser capaz de imaxinar, emprender, desenvolver eavaliar accións ou proxectos individuais ou colectivoscon creatividade, confianza, responsabilidade e senti-do crítico.

    Relación entre competencias básicas, obxectivosxerais da etapa e áreas curriculares.

    Aínda que todas as áreas contribúen á consecucióndas oito competencias básicas, a contribución é maiorou menor segundo a competencia á cal nos refiramos:

    Competencia no coñecemento e a interacción comundo físico.

    Obxectivos xerais.

    * Coñecer, valorar e desfrutar do contorno natural,social e cultural, as interaccións entre eles, así comoas posibilidades de defensa, mellora e conservacióndel.

    * Coñecer e valorar os animais máis próximos ao serhumano e adoptar modos de comportamento que favo-rezan o seu coidado.

    Áreas máis directamente relacionadas.

    * Coñecemento do medio natural, social e cultural.

    * Lingua galega e literatura.

    * Lingua castelá e literatura.

    * Linguas estranxeiras.

    * Matemáticas.

    Competencia cultural e artística.

    Obxectivos xerais.

    * Coñecer, valorar e desfrutar do contorno natural,social e cultural, as interaccións entre eles, así comoas posibilidades de defensa, mellora e conservacióndel.

    * Utilizar diferentes representacións e expresiónsartísticas, desenvolvendo a sensibilidade estética e acapacidade de desfrute das súas diferentes manifesta-cións e iniciándose na construción de propostas per-soais.

    * Coñecer, comprender, valorar e respectar as dife-rentes culturas e os seus patrimonios, as diferenzasentre as persoas, a igualdade de dereitos e oportuni-dades de homes e mulleres e a non-discriminación depersoas por ningunha causa.

    Áreas máis directamente relacionadas.

    * Educación artística.

    * Coñecemento do medio natural, social e vultural

    * Educación gísica.

    * Lingua galega e literatura.

    * Lingua castelá e literatura.

    * Linguas estranxeiras.

    * Educación para a cidadanía e os dereitos huma-nos.

    Competencia en comunicación lingüística.

    Obxectivos xerais.

    * Coñecer e utilizar apropiadamente a lingua gale-ga e a lingua castelá e desenvolver hábitos de lecturae de respecto á diversidade lingüística.

    * Adquirir en, polo menos, unha lingua estranxeiraa competencia comunicativa básica que permitaexpresar e comprender mensaxes sinxelas e desenvol-verse en situacións cotiás.

    Áreas máis directamente relacionadas.

    * Lingua galega e literatura.

    * Lingua castelá e literatura.

    * Linguas estranxeiras.

    * Educación para a cidadanía e os dereitos huma-nos.

    Competencia en matemáticas.

    Obxectivos xerais.

    * Desenvolver as competencias matemáticas bási-cas e iniciarse na resolución de problemas que requi-ran a realización de operacións elementais de cálcu-lo, coñecementos xeométricos e estimacións, así comoser capaces de aplicalos a situacións da súa vidacotiá.

    Áreas máis directamente relacionadas.

    * Matemáticas.

    * Lingua galega e literatura.

    * Lingua castelá e literatura.

    * Coñecemento do medio natural, social e cultural.

    Competencia dixital e tratamento da información.

    Obxectivos xerais.

    * Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, dastecnoloxías da información e da comunicación desen-

    S a m p l e T e x t

  • Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007 11.679DIARIO OFICIAL DE GALICIA

    volvendo un espírito crítico ante as mensaxes querecibe e elabora.

    * Utilizar estratexias persoais e variadas para obter,seleccionar, organizar, transformar, representar ecomunicar a información.

    Áreas máis directamente relacionadas:

    * Matemáticas.

    * Lingua galega e literatura.

    * Lingua castelá e literatura.

    * Linguas estranxeiras.

    * Coñecemento do medio natural, social e cultural.

    * Educación para a cidadanía e os dereitos huma-nos.

    * Educación artística.

    * Educación física.

    Competencia para aprender a aprender.

    Obxectivos xerais.

    * Desenvolver hábitos de traballo individual e deequipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo,así como actitudes de confianza en si mesmo, sentidocrítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese ecreatividade na aprendizaxe.

    * Utilizar estratexias persoais e variadas para obter,seleccionar, organizar, transformar, representar ecomunicar a información.

    Áreas máis directamente relacionadas.

    * Lingua galega e literatura.

    * Lingua castelá e literatura.

    * Linguas estranxeiras.

    * Matemáticas.

    * Coñecemento do medio natural, social e cultural.

    * Educación para a cidadanía e os dereitos huma-nos.

    * Educación artística.

    * Educación física.

    Autonomía e iniciativa persoal.

    Obxectivos xerais.

    * Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio cor-po e o do resto das persoas, respectar as diferenzas eutilizar a educación física e o deporte como mediospara favorecer o desenvolvemento persoal e social.

    * Desenvolver hábitos de traballo individual e deequipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo,así como actitudes de confianza en si mesmo, sentidocrítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese ecreatividade na aprendizaxe.

    * Adquirir habilidades para a prevención e para aresolución pacífica de conflitos que lle permitandesenvolverse con autonomía no ámbito familiar edoméstico, así como nos grupos sociais cos cales serelaciona. Fomentar a práctica e o respecto de normascívicas e de aspectos de educación viaria, asumindocomportamentos que incidan na vida saudable, noconsumo responsable, na seguridade e na prevencióndos accidentes de tráfico.

    * Desenvolver as capacidades afectivas en todos osámbitos da personalidade e nas relacións co resto daspersoas, así como unha actitude contraria á violencia,aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipossexistas.

    Áreas máis directamente relacionadas.

    * Educación para a cidadanía e os dereitos huma-nos.

    * Coñecemento do medio natural, social e cultural.

    * Lingua galega e literatura.

    * Lingua castelá e literatura.

    * Linguas estranxeiras.

    * Educación artística.

    * Educación física.

    Competencia social e cidadá.

    Obxectivos xerais.

    * Coñecer e apreciar os valores e as normas da con-vivencia, aprender a actuar de acordo con elas, pre-pararse para o exercicio activo da cidadanía e respec-tar os dereitos humanos, así como o pluralismo propiodunha sociedade democrática.

    * Desenvolver as capacidades afectivas en todos osámbitos da personalidade e nas relacións co resto daspersoas, así como unha actitude contraria á violencia,aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipossexistas.

    * Coñecer, comprender, valorar e respectar as dife-rentes culturas e os seus patrimonios, as diferenzasentre as persoas, a igualdade de dereitos e de oportu-nidades de homes e mulleres e a non-discriminaciónde persoas por ningunha causa.

    * Adquirir habilidades para a prevención e para aresolución pacífica de conflitos que lle permitandesenvolverse con autonomía no ámbito familiar edoméstico, así como nos grupos sociais cos cales serelaciona o alumnado. Fomentar a práctica e o res-pecto de normas cívicas e de aspectos de educaciónviaria, asumindo comportamentos que incidan na vidasaudable, no consumo responsable, na seguridade eprevención dos accidentes de tráfico.

    * Coñecer, valorar e desfrutar do seu contorno natu-ral, social e cultural, as interaccións entre eles, asícomo as posibilidades de defensa, mellora e conser-vación del.

    S a m p l e T e x t

  • 11.680 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007

    * Desenvolver as capacidades afectivas en todos osámbitos da personalidade e nas relacións co resto daspersoas, así como unha actitude contraria á violencia,aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipossexistas.

    Áreas máis directamente relacionadas.

    * Educación para a cidadanía e os dereitos huma-nos.

    * Coñecemento do medio natural, social e cultural.

    * Lingua galega e literatura.

    * Lingua castelá e literatura.

    * Linguas estranxeiras.

    * Educación artística.

    ANEXO II

    Obxectivos, competencias básicas, contidose criterios de avaliación das distintas áreas que

    constitúen a etapa

    Introdución.

    A educación primaria, na LOE, pon énfase nodesenvolvemento das competencias básicas, na aten-ción á diversidade do alumnado e na prevención dasdificultades de aprendizaxe, actuando tan prontocomo estas se detecten.

    Ao longo da etapa, o alumnado progresa en controle autonomía. Evoluciona a consciencia do propio cor-po e prodúcense enormes avances nas habilidades decoordinación, na axilidade, flexibilidade, equilibrio,resistencia, velocidade, forza e precisión. A finais damesma etapa xorde a conciencia crítica do propio cor-po e da propia imaxe, polo que é importante un climade aceptación e de valoración no contorno onde viveo alumnado.

    O control do espazo desenvólvese simultaneamenteao do corpo. Pasa dun coñecemento directo e viven-cial del a un coñecemento máis abstracto e represen-table con signos convencionais.

    No ámbito cognitivo danse salientables progresos.De acordo coas necesidades, os nenos e nenas vancreando e elaborando representacións para asimilar arealidade. Ao comezo da etapa, o alumnado xa cons-trúe os coñecementos por medio da linguaxe, pero asúa percepción do mundo é aínda limitada e estáinfluída polo egocentrismo. A medida que progresaeste período, as alumnas e os alumnos adquirenunhas actitudes menos egocéntricas e máis realistas;comezan a percibir con maior claridade as diferenzasexistentes entre si e o resto das persoas.

    Pouco a pouco van organizando as súas accións ensistemas de conxuntos e prodúcense grandes avancesna aplicación de nocións lóxicas, pero aínda con ape-go á situación concreta; poderán, en definitiva, iraccedendo a niveis de razoamento cada vez máis com-plexos.

    A educación primaria sitúase de cheo no estadiodas operacións concretas. O proceso de socializacióné gradual e, ao longo del, o alumnado adquire valores,normas e condutas que son precisas para comportar-se en sociedade, fórmanse os vínculos afectivos econstrúense os conceptos de persoa, grupo e relaciónssociais.

    Ao longo da etapa o alumnado evoluciona desdeposicións de dependencia a posicións de maior auto-nomía moral e de acordo social. É a etapa propiciapara poñer as bases das actitudes e dos comportamen-tos de participación, democráticos, de respecto e detolerancia cara ao resto das persoas; é dicir, para aasunción de valores. Ao alumnado desta etapa debe-rá procurárselle un desenvolvemento o máis autóno-mo e equilibrado posible, procurando sempre que,nos seus diferentes e novos niveis de integraciónsocial, poida acadar a autoestima, a seguridade e aatención necesarias que lle permitan coñecerse demaneira máis profunda.

    A escola debe favorecer en todas as nenas e entodos os nenos un desenvolvemento equilibrado, tan-to afectivo como social e cognitivo, que os leven a iracadando as competencias necesarias que lles permi-tan ter unha vida con calidade na sociedade actual.

    Metodoloxía xeral.

    A incorporación das competencias básicas no currí-culo da educación primaria require reconsiderar apráctica educativa para permitirlle ao alumnado inte-grar as súas aprendizaxes relacionándoas con diferen-tes tipos de contidos (conceptos, destrezas e actitu-des), usar eses contidos con efectividade cando cum-pra e aplicalos a situacións e contextos variados. Con-secuentemente, a práctica educativa debe:

    * Salientar aquelas aprendizaxes básicas e impres-cindibles e seleccionar aqueles contidos que sexanmáis relevantes para acadar competencias; os conti-dos esenciais deberán ser considerados e analizadosdesde a óptica da utilidade para formar cidadás ecidadáns cos perfís necesarios para moverse con ade-cuación, responsabilidade e liberdade no mundoactual.

    * Dotar os contidos dun enfoque integrador promo-vendo a globalización.

    * Centrarse na funcionalidade, orientando as apren-dizaxes cara á súa aplicación en contextos diferentese diversificados e conseguindo que as nenas e osnenos desenvolvan diversos xeitos de actuación eadquiran a capacidade de enfrontarse a situaciónsnovas.

    * Procurar que o alumnado aprenda a aprender(participe na planificación e na toma de decisiónssobre o traballo, controlando os procesos, usandoconscientemente estratexias de aprendizaxe e sendoprogresivamente máis autónomo).

    S a m p l e T e x t

  • Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007 11.681DIARIO OFICIAL DE GALICIA

    * Favorecer o traballo cooperativo e a prácticavivenciada da participación, compromiso democráticoe resolución pacífica de conflitos.

    * Permitirlle ao alumnado moverse con seguridadeentre a superabundancia e rápida renovación dainformación, fomentando habilidades para a busca,selección, procesamento, tratamento e comunicacióndela.

    Todo isto permite inferir certos principios, estrate-xias metodolóxicas, fórmulas organizativas:

    * Na educación primaria deberán utilizarse dúasestratexias metodolóxicas básicas: o desenvolvementoen espiral e a globalización.

    * A metodoloxía proposta, que será global, seráactiva, entendendo por tal tanto a actividade mentalcoma física que potencie a construción de aprendiza-xes significativas.

    * A autorregulación das aprendizaxes por parte doalumnado forma parte fundamental das prácticas edu-cativas actuais.

    * Os modelos de ensino-aprendizaxe deben atenderá diversidade do alumnado, tanto na práctica docentecoma na selección de contidos.

    * A aprendizaxe é un proceso interactivo no calcómpre a participación activa e dinámica das nenas edos nenos, que achegarán as súas habilidades, destre-zas, actitudes, conceptos, intereses, xunto ás do restode compañeiras e compañeiros, nun ambiente de coo-peración.

    * Por conseguinte, o alumnado reorganizará os seuscoñecementos, coa axuda do grupo, á luz da novainformación.

    Cómpre utilizar, pois, na escola, métodos que llespermitan aos rapaces e ás rapazas identificar a nece-sidade de información, localizala, seleccionala e reco-ñecer as fontes e os recursos máis apropiados, asícomo responsabilizarse do seu uso ético e adecuado.Son precisos enfoques didácticos que lle permitan aoalumnado utilizar cada vez máis autonomamente asbibliotecas e as TIC como recursos de aprendizaxe.

    No desenvolvemento da autonomía na aprendizaxeinflúen aspectos como que o alumnado encontre sen-tido ao traballo que debe realizar, o coñecemento dosobxectivos e finalidades que se pretenden acadar, aconsciencia dos propios erros e a busca de recursosnecesarios para superalos.

    Neste proceso o rol do profesorado é moi importante:actúa como guía e mediador para facilitar a constru-ción de aprendizaxes; utiliza contextos cotiáns, fami-liares e habituais para que o alumnado aprenda com-probando o interese e a utilidade do que aprende, demaneira que poidan transcender do contexto en que seproduciron e ser aplicadas a contextos múltiples; creaun contorno seguro e un ambiente motivador.

    A avaliación concíbese como reguladora da apren-dizaxe e será formativa. A información que xere a ava-

    liación debe orientar o proceso educativo e indicarllesa profesorado e alumnado onde están respecto áscompetencias e aos obxectivos establecidos e facilitara intervención na mellora deste proceso. A avaliaciónnon se debe reducir a comprobar os resultados daaprendizaxe; trátase dunha avaliación continua queprecisa estar presente en todos os aspectos e momen-tos do proceso de ensino-aprendizaxe. Neste contexto,as alumnas e os alumnos deberán poder achegar assúas propias valoracións a través da autoavaliación eda coavaliación.

    En síntese, para a educación primaria precísansemétodos que permitan aprender desde a realidade edesde as concepcións previas, desde unha ollada aocontorno con curiosidade e interese, desde a diversi-dade, desde un plan común, compartido e conxunto;cómpren métodos que favorezan que as nenas e osnenos traballen man con man e mente con mente,fagan conxuntamente, cooperen, progresen ao seupropio ritmo, aprendan a aprender... acadando cadavez maior autonomía, posibilitando unha auténticacomunicación na aula e sendo protagonistas da súapropia aprendizaxe.

    Áreas.

    Área de coñecemento do medio natural, social ecultural.

    Introdución.

    Características da área.

    A área de coñecemento do medio natural, social ecultural ten como finalidade iniciar a preparación defuturas cidadás e futuros cidadáns para participar nasociedade e interactuar co contorno comprendendo arealidade en que vive (social, física...), sendo quen decontribuír á súa mellora e conservación e de exercera cidadanía democrática. É dicir, a área tenta propor-cionar recursos para coñecer o contorno cotián, paraaprender a vivilo, respectándoo, conservándoo etransformándoo para melloralo. Todos os aspectos daárea son concibidos como ámbitos de aprendizaxedesde os cales facer fincapé na comprensión da reali-dade, no desenvolvemento de actitudes críticas e naaceptación das diferenzas, usando como recurso ocoñecemento do contorno propio e o achegamentoprogresivo a realidades diferentes no tempo e noespazo.

    Esta área contribúe moi especialmente ao procesode socialización de nenas e de nenos, proceso ao caldeben contribuír todas as áreas, pero máis especial-mente unhas ca outras. Contribúe, pois, ao desenvol-vemento persoal e social do alumnado, para a súaintegración nun sistema de valores e nun corpo desaberes organizado, que é o que constitúe en sentidoamplo unha cultura.

    Os contidos agrúpanse en bloques que non son uni-dades independentes, nin se deben entender comounha proposta de organización didáctica. Pola contra,o profesorado deberá atopar fórmulas de tratamentointegrador e globalizado que lle permitan ao alumna-

    S a m p l e T e x t

  • 11.682 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 ! Luns, 9 de xullo de 2007

    do adquirir coñecementos útiles para interpretar osfeitos, sucesos e problemas dun xeito integral. Esesbloques son os seguintes:

    O bloque 1. Os seres humanos e a saúde, integracoñecementos, habilidades, destrezas e actitudesencamiñados ao coñecemento do propio corpo e dasinteraccións deste cos demais seres humanos e comedio, á prevención das condutas de risco e á toma deiniciativas para desenvolver e fortalecer comporta-mentos responsables e estilos de vida con calidade esaudables. Recolle tamén o coñecemento de si mesmopara valorarse como ser diferente así como para res-pectar a diversidade e para facilitar o equilibrio emo-cional.

    O bloque 2. As plantas e os animais, oriéntase basi-camente ao coñecemento, respecto e aprecio polosseres vivos, xunto a aspectos relativos aos beneficiose coidados que precisan e ao interese por conservar abiodiversidade da Terra.

    O bloque 3. A vida en sociedade, inclúe contidosorientados á comprensión do funcionamento da socie-dade a partir da análise de organizacións próximas edunha aproximación ao coñecemento das instituciónsgalegas, españolas e europeas.

    O bloque 4. O medio físico: espazo e materiais,inclúe contidos que van desde a percepción e a repre-sentación espacial ata o universo, pasando polo climae a súa influencia, a auga e o seu aproveitamento, osfenómenos físicos, as substancias e os cambios quími-cos, así como a capacidade das persoas para actuarsobre eles.

    O bloque 5. O paso do tempo, inicia o alumnado aapreciar os cambios e o paso do tempo, inclúe conti-dos relativos á súa medida e