12
ANA GONZÁLEZ 1960 Licenciada en Xeografía e Historia, especialidade de Historia da Arte, pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudios de doutora- mento na UNED de Madrid. Recopiladora, en estreita colabora- ción con A.Avilés de Taramancos, da escolma de artigos recollidos en Obra viva, Santiago de Compostela, Laiovento, 1992. ALBERTO ROMASANTA 1959 Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade de Hª Contemporánea, pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudios de doutora- mento na UNED de Madrid. Colabora- dor en diversas revistas e obras colec- tivas e autor do estudio introductorio e recopilador da escolma de Víctor Casas, Escritos Políticos, Vigo,A Nosa Terra, 1996. Ilustración de Alfonso Costa inspirada no libro “As torres no ar”.

Ilustración inspirada no libro · que pecha a Nova Crónica das Indias, a terra de acollida logo o vai prendendo. Mentres o tempo vai adormecendo a memoria comeza a renderse á hos-pitalidade

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Ilustración inspirada no libro · que pecha a Nova Crónica das Indias, a terra de acollida logo o vai prendendo. Mentres o tempo vai adormecendo a memoria comeza a renderse á hos-pitalidade

ANA GONZÁLEZ

1960

Licenciada en Xeografía e Historia,

especialidade de Historia da Arte,

pola Universidade de Santiago de

Compostela. Estudios de doutora-

mento na UNED de Madrid.

Recopiladora, en estreita colabora-

ción con A.Avilés de Taramancos, da

escolma de artigos recollidos en

Obra viva, Santiago de Compostela,

Laiovento, 1992.

ALBERTO ROMASANTA

1959

Licenciado en Xeografía e Historia,

especialidade de Hª Contemporánea,

pola Universidade de Santiago de

Compostela. Estudios de doutora-

mento na UNED de Madrid.Colabora-

dor en diversas revistas e obras colec-

tivas e autor do estudio introductorio

e recopilador da escolma de Víctor

Casas, Escritos Políticos, Vigo,A Nosa

Terra, 1996.

Ilustración de Alfonso Costa inspirada no libro “As torres no ar”.

Page 2: Ilustración inspirada no libro · que pecha a Nova Crónica das Indias, a terra de acollida logo o vai prendendo. Mentres o tempo vai adormecendo a memoria comeza a renderse á hos-pitalidade

83~

L E T R A S G A L E G A S

E Odiseo acordou

do seu soño na Terra Patria,

da cal estivera ausente moito tempo,

e non pudo recoñecela1

O regreso de Avilés de Taramancos

Ana GonzálezAlberto Romasanta

En marzo de 1980 o poeta Antón Avilés deTaramancos regresa definitivamente a Galicia,despois de case vinte anos de ausencia.

Agardábano as paisaxes da infancia de Noia eTaramancos, “unha aldea de labregos con mar aofondo”, pero o mundo ao que retorna non é xa omesmo, nin é o mesmo o propio viaxeiro:

“Ai, vello Odiseo, a min xa non me recoñeceu nin ocan. (...) As pedras do rueiro, que el levaba gravadasna memoria, estaban as máis fóra de sitio e non esta-ba o pexegueiro que deixara abotoado de flor casepurpúrea no marzo da súa ida, e había algunha casadesfeita e algunha outra nova para el descoñecida(...).”2

Efectivamente, o país que abandonara -e ao que sóretornara circunstancialemente en 1974 e 1976- tiñaexperimentado notables transformacións e xa nonlle resultaba posible retomar a súa vida persoal emesmo a súa obra literaria no punto no que as dei-xara. Abandonara Galicia cunha obra escasa, anquede mérito, que apenas incluía catro poemarios depouca extensión e prácticamente inencontrables nomomento do regreso (As moradías do vento, A frau-ta e o garamelo, Pequeno canto, Poemas soltos aMaricarme Pereira). Incluso, como o propio Avilésnon tardaría en recoñecer, atopábase desubicadoxeracionalmente, pois nin as súas vivencias nin assúas lecturas ao longo dos últimos vinte anos secorrespondían coas dos poetas da súa xeración

“E por máis que pobre a atopes, Ítaca de ti non se burlou.No sabio en que te convertiches, con tanta experiencia,

xa terás comprendido o que as Ítacas queren decir”(K. Kavafis, Ítaca, versión ao galego de Evaristo de Selas)

“Non hai regreso, avoa,nunca

regresa o mesmo homeao mesmo sitio.”

Avilés de Taramancos, Cantos caucanos)

1. Homero: Odisea. Rapsodia décimoterceira. Madrid: Aguilar, 1987, p.213.2. Avilés de Taramancos, A.: Nova Crónica das Indias, Vigo, Ir Indo, 1989, pp. 129 e 130.

Page 3: Ilustración inspirada no libro · que pecha a Nova Crónica das Indias, a terra de acollida logo o vai prendendo. Mentres o tempo vai adormecendo a memoria comeza a renderse á hos-pitalidade

84~

L E T R A S G A L E G A S

(Manuel María, Uxío Novoneyra, Méndez Ferrín,García-Bodaño...) e de feito ao retomar de novo a súaobra achegarase, inevitablemente, aos poetas quenos anos oitenta comezaban a darse a coñecer,mozos como Eusebio Lorenzo Baleirón, a taménnoiesa Ana Romaní ou Ramiro Fonte.

O regreso comporta para o poeta unha dobre perda.Por un lado, sente a nostalxia por un mundo que el

sabe desaparecido definitivamente, Colombia -osegundo paraíso perdido-, e por unha etapa da súavida tamén irrecuperable. E por outro, encóntrasecon que a Ítaca á que retorna ten xa pouco que verco mundo reconstruído e soñado desde a lonxanía.E ten que comezar de novo, constituíndose estadobre perda no eixo polo que vai decorrer o seufuturo labor creativo. Ten Avilés que saldar a súadébeda coa patria de acollida, que se erixe en pre-senza insoslaiable da súa obra (Cantos caucanos,Nova Crónica das Indias), ao tempo que ten quereconstruír a súa relación coa terra recuperada (Astorres no ar).

Tamén supón a volta o reencontro cos amigos da pri-meira mocedade, como Miguel Iglesias ou Tino Matoque o acompañan a recoller a súa familia uns mesesdespois da súa chegada, e a necesidade de encontrarun medio de vida para el e para Sofía Baquero e ostres fillos.Aínda que chega a barallar diferentes posi-bilidades, como abrir unha librería ou un negocio dehostelería en Compostela, será en Noia, nos baixosdun vello pazo do século XIV, onde abrirá unhataberna, a Tasca Típica. Lonxe da idílica idea dotaberneiro-poeta, ao xeito de Francois Villon, Avilésnon é un taberneiro vocacional senón un poeta quese ve obrigado a ir elaborando a súa obra nas difíci-les condicións que impón un negocio desta nature-za, constantemente interrumpido polos clientes queo reclaman para lles servir unha cunca de viño ouunha tapa de calamares. Con todo, a Tasca tamén seconvirte en lugar de encontro aonde veñen conver-sar con el tanto os vellos amigos e compañeiros deoficio poético, como as novas xeracións que atopannela o lugar axeitado para tomar contacto co escri-tor máis experimentado.Deste xeito, a taberna trans-fórmase nun pequeño centro de irradiación cultural.

É no espacio físico da Tasca onde moitas persoastraban coñecemento con Avilés. Entre os vellosmuros do antigo pazo Dacosta, emerxe unha figu-ra diferente á prefigurada pola súa lenda de poetaaventureiro, cazador de pumas, traficante de cabe-zas reducidas, contrabandista de armas para aguerrilla... Un home de pequena estatura, de natu-ral ancho como os pés dos mariñeiros, de rostroentre campesiño galego e andino esculpido polosventos de moitas terras.E por tras desa apariencia,logo xorde o escritor rico en lecturas, bo coñecedordos clásicos e da poesía máis última, fondamentecomprometido coas súas dúas patrias. E, non enúltimo termo, o magnífico conversador e contador

Antón Avilés e o seu amigo Miguel en Tamarancos(1974)

Avilés nunha rúa do Pasto.

Page 4: Ilustración inspirada no libro · que pecha a Nova Crónica das Indias, a terra de acollida logo o vai prendendo. Mentres o tempo vai adormecendo a memoria comeza a renderse á hos-pitalidade

85~

L E T R A S G A L E G A S

levábano a pecharse en sí mesmo e a resaltar nasnovas paisaxes e nas novas xentes o que tiñan deprolongación ou semellanza coas da terra nativa.

Sen embargo, ao igual que a Ulises Fingal no relatoque pecha a Nova Crónica das Indias, a terra deacollida logo o vai prendendo. Mentres o tempo vaiadormecendo a memoria comeza a renderse á hos-pitalidade da xente, ao alento da primavera perma-nente que o envolve e fai que os froitos da terra este-an sempre a agromar.E “comeza a amar as aves,a sen-tir agarimo polas desmesuradas bolboretas e ver áxente, a cada un, cun afecto próximo que xa te faisentir irmán e compañeiro”.6

Xa desde o avión síntese abraiado polas dimen-sións do país que o vai acoller, de chairas quesemellan non ter fin e impresionantes cordaismontañosos.El, que viña dunha terra feita á medi-da dos homes na que vales, chairas e serras podí-an ser apreixadas dunha soa ollada, atópasecunha terra que parece feita á medida dos deuses

Chegara a Colombia a finais de 1961, con poucomáis que o posto e unha carta de presentación parao cardeal de Bogotá asinada polo abade de Samos, o

de historias, desvelador de realidades que semoven entre a experiencia vivida e a súa magni-ficación literaria (“¡que bien cuenta mi Avilés,pero como lo adorna!”, dicía a súa dona Sofía)

A ROSA DO CAUCA

“Ter unha casa en Chachauíe escoitar á noitiña o zunido dos vagalumes,

dos cocuios, o canto do turpiale o miar estremecido do puma negro”(Avilés de Taramancos, Cantos Caucanos)

Así como os Poemas da ausencia (recollidos noTempo no espello) escritos en Colombia, constituíanunha homenaxe á patria de orixe, algúns dos pri-meiros textos poéticos escritos por Avilés recénretornado a Galicia, expresan un parecido sentimen-to de nostalxia polas terras americanas que acaba deperder. Esta nova forma de saudade está presente, dexeito temperán, en poemas como “Cali” ou “Poemasdo regreso” incluídos na Nova Crónica de Ulises,anunciando o desenvolvemento posterior dunhaboa parte da súa obra. En palabras de Martín Veiga,“(...) toda a súa obra literaria asenta os seus alicercesna idea de recuperación, a través da palabra, dunmundo perdido.”3

De feito,Antón Avilés sempre se referiu con orgulloá súa dobre nacionalidade galega e colombiana.“Eusíntome aínda un sudaca” , dicíalle a M. Forcadelanunha entrevista4, e esta condición expresábaa demodo maxistral en 1988 nas páxinas do Barbanza:

“Eu tamén son o guambiano, son o macú,o sibundoi.Eu tamén son o chimeneca, o arauco e o malón.(...)Eu son a parte máis violada do mundo, porquecon eles compartín a chicha e a miseria”5.

O certo é que nos primeiros tempos da súa chegadaa América amosárase reticente a se integrar na novaterra, quizáis por temor a perder a identidade dapatria abandonada. O medo a que se fora esvaecen-do a súa imaxe, a que os sons e os nomes da linguanativa fosen caendo no desuso e o esquecemento

3. Veiga, Martín: “Introducción” a Cantos caucanos, Vigo, Xerais, 2003, p. 43.4. Publicada en “Galicia Literaria”, Diario 16 de Galicia e que se pode consultar en : http://www.ctv.es/USERS/mforca/Critica/aviles_de_taramancos.htm5. “O centenario da miseria”, recollido en Avilés de Taramancos, A.: Obra Viva, Santiago de Compostela: Laiovento, 1992, p.146.6. Avilés de Taramancos, A.: Nova Crónica..., p.121.

Avilés conGarcía-

Bodaño e asúa muller,

XuliaRodríguez

(Finaisdos 80)

Page 5: Ilustración inspirada no libro · que pecha a Nova Crónica das Indias, a terra de acollida logo o vai prendendo. Mentres o tempo vai adormecendo a memoria comeza a renderse á hos-pitalidade

86~

L E T R A S G A L E G A S

padre Mauro. Instálase nesta cidade, onde atopa porcasualidade a un coñecido galego que o acolle na súacasa e lle consegue o seu primeiro traballo.Alí coñe-ce a León de Greiff, que vivía case porta con portacon Avilés, e a Pablo Neruda na presentación do pri-meiro número da revista Mito.

Son os anos de Bogotá anos de grande inestabilida-de, desempeñando os máis diversos e variopintosempregos:oficinista nunha fábrica de manteiga,mor-domo na Embaixada do Brasil, vendedor de libros deporta en porta, representante da Bayer, ocupacións

relacionadas coa hostelería, descargador de peixe...De todos estes traballos é o da Embaixada do Brasilo que ten unha maior importancia para o seu futuro:alí coñece a Ana Sofía Baquero Céspedes, taménempregada na mesma embaixada e que se converti-rá na súa compañeira ata o final dos seus días.

Co escultor compostelán Xesús Picón funda Avilésa “Embaixada da Galiza en Bogotá”, baixo a divi-sa “Denantes mortos que escravos”.Con ironía bengalega, asina Xesús Picón un documento no querecomenda ao poeta para o posto de mordomo na

Carta de RamónPiñeiro a Avilés

Page 6: Ilustración inspirada no libro · que pecha a Nova Crónica das Indias, a terra de acollida logo o vai prendendo. Mentres o tempo vai adormecendo a memoria comeza a renderse á hos-pitalidade

87~

L E T R A S G A L E G A S

Gracias á amizade que mantiña cos fillos do poetamodernista colombiano Guillermo Valencia, undos cales chegaría a presidente do país, asiste a unbanquete no que coñece a Charles De Gaulle. Aobanquete preséntase en calidade de representantede Galicia no exilio, a par dos representantesvasco e catalán.Impresionado pola figura do man-datario francés Avilés, xunto cos demáis asistentesao acto, despide a De Gaulle cantando aMarsellesa e entre emotivos berros de “Vive laFrance! Vive la République! Vive le General DeGaulle!”.

En 1970 trasládase a Cali, onde atopa un traballomáis acorde coas súas inquedanzas como xerente da“Librería Cultural Colombiana de Occidente”.Gozando dunha maior estabilidade económica, onovo medio permítelle, asimesmo, entrar en contac-to con personalidades vinculadas á cultura e aomundo do espectáculo, ao que contribuiu tamén asúa colaboración no programa radiofónico “Miradoren el aire”, dirixido polo seu amigo o xornalista ediplomático nacido en Cuba José Pardo Llada.Trabaasí relación con Gonzalo Losada -fundador da edito-

Embaixada do Brasil, aducindo méritos tan perti-nentes e imaxinarios para o mesmo como o de sermembro da Academia da Lingua Galega ou tertraballado no Arquivo Xeral do Reino da Galiza.

O pintoresco embaixador brasileiro -quennunha noite de apagón, temendo un atraco, che-gara a pecharse nun cuarto con nove cans e aúnica arma que había na embaixada, colocan-do ao resto do personal na tesitura de enfrentaraos supostos atracadores á peito descuberto- nondeixaba de asombrarse con Avilés. Sorprendíaovelo remexer na ben surtida biblioteca daembaixada ou que o coche oficial da embaixa-dor de Guatemala pasase a recollelo, enviadopolo seu amigo e tamén poeta Arce Valladares,descendente de galegos e autor el mesmo dunpoemario en galego. Nesa biblioteca toma con-tacto cos poetas parnasianos do século XIX e coaobra de poetas contemporáneos como ManuelBandeira, Jorge de Lima ou Drummond deAndrade –de quen, xa instalado en Noia, recita-ba de cor os versos de “Essa negra Fulô” e“Tamben já fui brasileiro–.

Antón Avilés lendo un discurso

Page 7: Ilustración inspirada no libro · que pecha a Nova Crónica das Indias, a terra de acollida logo o vai prendendo. Mentres o tempo vai adormecendo a memoria comeza a renderse á hos-pitalidade

88~

L E T R A S G A L E G A S

rial Losada-, o moi culto vendedor de libros ElcanoSidelnik, Celia Cruz, Miguelito Valdés (“Mr. Babalú”),Los Panchos...

Remedando aos conquistadores refundaTaramancos en terras de Colombia. Ese é o nomeque lle pon á finca que adquire nas aforas de Calie na que se reúnen as grandes figuras da música

latina ao redor daspaellas e os asadosque preparaba o pro-pio poeta. Alí recitá-balles a versión pri-meira, en castelán,da “Fórmula secretado sancocho doCauca”, manxar estede recoñecidas virtu-des afrodisíacas:“Despois deste sanco-cho queda o mozo/co que tén de varón,ergueito e duro,/ e ameniña, disposta atodo gozo” 7

Pero, malia a ser estaa súa época de maior integración na realidadecolombiana é cando empeza a sentir con maior forzaa chamada da patria de orixe.Viaxa en dúas ocasiónsa Galicia, a primeira, só, en 1974 e a segunda, dousanos despois, acompañado pola súa muller e os seustres fillos. Este contacto coa terra e a morte de dousdos seus familiares máis próximos, a súa aboa Pepade Pastora e o seu pai Severiano, agudizan o senti-mento de saudade e comezan a pesar cada vez máisno corazón do poeta escindido entre dúas patrias.

É a estes anos vividos en Colombia aos que lle rendetributo en dúas das súas obras máis importantesescritas ao regreso, os Cantos caucanos e a NovaCrónica das Indias. Os Cantos Caucanos, que reci-biron o Premio da Crítica e foron finalistas do PremioNacional de Literatura no ano 1985, coñeceran unhaedición previa de autor en forma de carpeta con poe-mas acompañados de ilustracións con símbolos dacultura andina.Á edición definitiva incorporaría unhanova sección baixo o título de “Crónicas”.

A parte central, os Cantos caucanos propiamenteditos, evocan o val do Cauca nun extenso arco tem-poral que vai desde o mundo precolombino atamundo actual, pasando pola época sombría da con-quista. Entre eles encóntranse poemas que remitenaos horrores da conquista (como a “Elexía dePopaián”), referencias ao paraíso perdido(“Chachauí”), e outros que subliñan a dignidade e oorgullo indíxena (“Nereo a cabalo”, no que aparecepor primeira vez un personaxe que volverá estarpresente nalgúns relatos da Nova Crónica dasIndias).Entre os demáis textos,hainos que teñen unmarcado carácter narrativo (“Canto de NoralbaTimbacoi”,“Os arrieros de Antioquia fundan a cida-de norteña de Caicedónia...”,“María” –reelaboraciónpoética, cun certo ton irónico, dunha novela román-tica do S. XIX) ou que aluden á música latina, polaque o poeta amosaba unha especial inclinación (“Opiano”).

Pola súa parte, as “Crónicas” están integradas pordous poemas de evidente ton épico. A “Crónica deBernaldo Fros”, na que se narra unha viaxe marinade carácter iniciático e se fai unha alusión intertex-tual á “Balada del puerto de Os” de Urbano Lugrís, ea “Crónica ferida” onde se explicita a escisión dopoeta entre as súas dúas patrias:

“Isto é o lor que me estremece, amar tan longa-mente o ben perdido, ter para sempreo folgo eivado de amar o que se perdee andar o corazón coa raíz revirada na beira-mar do tempo.” 8

No seu conxunto a obra, ademáis de ser un reflexoda súa experiencia persoal, contribúe ao enriqueci-mento da literatura galega tanto desde o punto devista temático como rítmico ou lingüístico, incorpo-rando á mesma unha tradición literaria descoñecidaen Galicia.

Publicada catro anos máis tarde , sorprendentementenunha colección xuvenil, a Nova Crónica das Indiasconstitúe a única obra de creación literaria en prosado autor,na que recrea parcialmente o estilo das vellascrónicas dos tempos da conquista. Nela remítesenosao mesmo mundo temático dos Cantos e no seu

7. Avilés de Taramancos, A. :Cantos Caucanos, p.438. Aviles de Taramancos, Antón: Cantos caucanos, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1985, p. 62.

Page 8: Ilustración inspirada no libro · que pecha a Nova Crónica das Indias, a terra de acollida logo o vai prendendo. Mentres o tempo vai adormecendo a memoria comeza a renderse á hos-pitalidade

89~

L E T R A S G A L E G A S

A TERRA RECUPERADA

“Escuro, escuro, nai: no escuro alzo a miñatorre no ar

desde o claustro húmido onde o agarimo abrea súa flor, e eu te amo”

(Avilés de Taramancos,A.: As torres no ar)

Coas Torres no ar, publicado en 1989 Avilés, enpalabras de Álvarez Cáccamo, “afronta o reencon-tro co espacio inaugural da súa biografía: fragas,veigas, praias, horizontes do mar de Noia”9.Estamos ante a recuperación dos temas da súa pri-meira etapa poética, desde unha perspectiva derecoñecemento e reconstrucción do primeiroparaíso perdido. Precedida dun “Pórtico” no que seinvoca o renacer a través da escuridade do úteromaterno, a obra estructúrase en tres partes. Na pri-meira, “Cantos a carón da terra”, o poeta reconcí-liase coa terra recuperada subliñando o carácter

limiar e no epílogo (“O regreso de UlisesFingal”),que enmarcan o texto nunha espe-cie de círculo, ofrécense moitas das clavesda súa obra literaria e mesmo da súa tra-xectoria persoal: desde a saída da aldeapara afrontar a aventura americana, ata oretorno á mesma coa carga das experien-cias acumuladas ao longo dos anos. Entreambos, desenvólvense relatos de variadatemática que evocan as etapas fundamen-tais da historia americana -nalgúns casos enforma de crónica-. Discurren estes nunlapso temporal que inclúe a época da con-quista (“Entrada e recibimento do empera-dor”, “Soliloquio e filtro de amor”,“Gaitana”), as loitas pola independencia(“Nariño”) e o momento actual (“Informe edatos do xenocidio...”). Non faltan referen-cias ao choque de culturas que provocou aDescuberta e ao xenocidio consecuente,no cal o autor adopta unha posición ideo-lóxica claramente favorable ás víctimas.

Ten un interese especial o relato “Ludmila”, auténti-co cántico de exaltación da mestizaxe en forma depoema amoroso en prosa: a beleza do corpo daamada convértese para o narrador nunha destilacióndos diferentes aportes étnicos que o foron confor-mando, desde a remota antigüidade ata o presente.

“O home da rosa branca” evoca a figura de ElcanoSidelnik, asombroso libreiro que, cunha rosa brancana botoeira, percorría América desde Nova York ata osur de Arxentina representando a todas as editoriaisdo mundo.De connotacións autobiográficas,este rela-to infórmanos dalgunhas das lecturas do autor naetapa americana: Elcano Sidelnik teríao posto en con-tacto,cando Avilés exercía de libreiro en Cali,coa obrade autores indixenistas como Arguedas e Icaza, ou opoeta chileno Pablo de Rokha –ao que profesaba unhamaior admiración que ao outro Pablo, Neruda–...

Documento da “Embaixada deGalicia en Bogotá”, no que se

recomenda a Avilés para ocuparo posto de mordomo na

Embaixada de Brasil.(7 de Marzo de 1962)

Page 9: Ilustración inspirada no libro · que pecha a Nova Crónica das Indias, a terra de acollida logo o vai prendendo. Mentres o tempo vai adormecendo a memoria comeza a renderse á hos-pitalidade

90~

L E T R A S G A L E G A S

inmutable dos ciclos da natureza. É esta inmutabi-lidade a que lle permite recoñecer e recoñecersenunha realidade fondamente transformada durantea súa ausencia. Nesta primeira parte cobran prota-gonismo a presenza da nai e da avoa como vence-llo coa terra e co pasado.

Reencóntrase cos eidos nativos de Taramancos,unha pequena aldea de fasquía labrega á beira daría de Noia, co canto dos paxaros -da rula, omerlo, o xílgaro ou o xerín da “Frauta e o garame-lo”-, cos veleiros que facían soñar aos rapaces doseu tempo cunha outra vida máis libre, cos berbe-rechos que baixaban a coller libremente á praiapara facer as empanadas... E recupera a presenzaaínda viva da súa proxenie, do pai Severianorepresaliado polo franquismo e a miúdo ausente,das mulleres da casa, a avoa Pepa de Pastora queparticipara nas revoltas agrarias de Nebra e a nai,Lela de Pastora, adicada a cuidar os fillos e ao tra-ballo das leiras e firme esteo que soporta a preca-ria arquitectura dunha familia traballadora nosanos da posguerra.

Nos poemas incluídos en “Cántico das naves: elexíasdo mar” a permanencia simbolizada pola terra e anai/avoa, ceden o seu lugar á pulsión da aventurarepresentada polo horizonte aberto do mar e a figu-ra do pai mariñeiro. Ocupa un lugar central nestaparte o ciclo de poemas “Nemo”, invocación da figu-ra do heroi libertador de Verne - con certas conco-mitancias co pintor Lugris e a súa obra-, do marcomo testigo da evolución histórica da humanidadee, outravolta, do Ulises evocado por Dante que nonse conforma coa realidade da Ítaca recuperada eparte na busca de novos horizontes.

Ainda que vai á Coruña a estudiar Náutica, aaplicar unha disciplina científica á realidadeinapreixable do mar, para Avilés o mar é outracousa, o mar ten para el unha dimensión estéticaque non se atreve a a desflorar con sextantes e tri-gonometrías. E o rapaz de dezasete anos aprendeoutros saberes na escola da vida, ábreselle unmundo “onde a literatura, a pintura, a arte, existí-an, e andaban polas ruas, polas tabernas, tiñanvoz humana”. Oficiando de mestre de cerimoniasde este mundo enfeitizado érguese a figura gnó-mica de Urbano Lugrís e por tras del os siareiros

da pensión “La Flor Noyesa” -o fillo da dona A.X.Calvo Pereira, pintor impresionista, Alexis VivicovMardivinoff que recitaba a Pushkin en ruso unhanoite na Dársena coruñesa, o holandés erranteJan Joosen- e os xoves poetas da súa xeraciónManuel María, Uxío Novoneyra...

A terceira parte,“A torre secreta”, inclúe doce poe-mas de factura clásica centrados no corpo da amadae na paixón amorosa que este suscita.

Ainda en vida publica Avilés a súa Obra inmiseri-corde, composta por oito poemas editados nunhaseparata do Boletín Galego de Literatura daUniversidade (Nº 3, Maio de 1990). Inversión paródi-ca das “Obras de Misericordia”, formaban parte dunproxecto máis amplo que o poeta “rematará candolle volvan á memoria tódalas Obras de Misericordiaque ensinaba o Catecismo do Padre Astete”10.Exemplo do ímpetu creativo do escritor, os poemasforon compostos en tan só tres días, entre o 19 e o21 de Marzo de 1990.

9. Álvarez Cáccamo, A.: “A semente e o navío (sobre as Torres no ar)”, en Antón Avilés de Taramancos, A Nosa Terra, Vigo, 2002, p.41.

Avilés na súa xuventude

Page 10: Ilustración inspirada no libro · que pecha a Nova Crónica das Indias, a terra de acollida logo o vai prendendo. Mentres o tempo vai adormecendo a memoria comeza a renderse á hos-pitalidade

91~

L E T R A S G A L E G A S

–”Manolé”– ou o Perito Don Basilio, con que apren-de a dar os primeiros pasos nos camiños do com-promiso coa terra.Andando o tempo, en compañíadoutros xoves que recibiran as ensinanzas destesmestres, como Miguel Iglesias, Esteirán ou Xosé Iglesias,faille entrega a Xosefina e Teresa R.Castelao dun busto doseu irmán, feito en Noia por suscripción popular.

Tampouco é todo bohemia na vida do poeta naCoruña. Tamén alí mantén vivas as súas inque-danzas galeguistas, compartidas con outros mozoscomo Reimundo Patiño, Xohan Casal e EnriqueIglesias. Nunha noite de 1954 soben os catro aoCastro de Someso e pronuncian o solemne“Xuramento de Laracha”: velan armas e deixantestemuña da súa “adicación até a morte, folgo afolgo, por unha Galicia ceibe e popular”.

No ámbito do máis estrictamente cultural, este com-promiso social do poeta lévao a participar en nume-rosas iniciativas. Entre elas a fundación de Catavento,asociación que tentou dinamizar a vida cultural noie-sa e, entre outras actividades, organizou unha home-naxe a poetisa María Mariño (Outubro de 1983), naque participaron destacadas figuras da literatura gale-

UNHA NACIÓN POR REDIMIR

“Miña patria: eu son o teu soldado máis forte

(...)¡Non son un home: son un pobo

e ninguén me pode domear!(Avilés de Taramancos, Nova Crónica de Ulises)

Se algo caracteriza a traxectoria vital e literaria deAvilés é a existencia dun dobre compromiso, estéti-co,centrado na elaboración dunha obra perdurable,eideolóxico, de compromiso co país e que o leva aaproximarse ao nacionalismo de esquerdas. Omesmo compromiso estético adopta unhas connota-cións específicas, derivadas do feito de non realizar asúa obra nun país culturalmente normalizado:“ A poe-sía ten que ser un arma, e ten que abrirse e, sen serpanfletaria, dicerlle á xente o que ten que sentir”11.

Moi cedo, o poeta case adolescente que escribía engalego porque non atopaba outro xeito de se referirao seu entorno, de nomear os paxaros e as árbores,relaciónase en Noia con vellos galeguistas dos tem-pos da República, como Manuel Fabeiro

10. Boletín Galego de Literatura. Separata.. 1990, P.148.11. “Antón Avilés de Taramancos: o poeta é un guieiro dos sentimentos”, entrevista realizada por X.Carballa, A Nosa Terra, nº 318 (19 de xuño de 1987)

Con Pardo Llada, director doprograma de radio

“Mirador en el aire”, Cali.

Page 11: Ilustración inspirada no libro · que pecha a Nova Crónica das Indias, a terra de acollida logo o vai prendendo. Mentres o tempo vai adormecendo a memoria comeza a renderse á hos-pitalidade

92~

L E T R A S G A L E G A S

ga como Méndez Ferrín, Bernardino Graña, UxíoNovoneyra, Helena Villar,Ana Romaní e Carlos Orozo.

No ano 1986, case aínda un recén chegado, asume apresidencia da Asociación de Escritores en LinguaGalega, o que revela o peso que o seu nome tiñaentre os colegas do oficio. Desde esta presidenciaorganiza, entre outras actividades, o III EncontroGaleuzca e promove o peche nos locais da RealAcademia Galega, pedindo a dimisión do seu presi-dente,García Sabell,pola falta de compromiso da ins-titución coa normalización da cultura galega.

Á mesma inquedanza por converter a Galicia nunpaís culturalmente normalizado, responde a súa par-ticipación no lanzamento do efémero periódico deámbito comarcal Barbanza, que ve a luz en Noianos anos 1988 e 1989. Nel Avilés ocúpase da redac-ción de moitas editoriais e asume seccións fixascomo “A contraluz”,“A columna de Hércules” e “Depar a par”, asinada esta última co seudónimo deUlises Fingal, recibido en herdanza do poeta Lugrís.

Sempre disposto a quitar tempo ao seulabor creativo e mesmo ao seu traballo, opoeta noiés non dubida en acudir, cando échamado,para tomar parte activa en nume-rosos actos reivindicativos. Está presente,lendo textos de elaboración propia, naCarballeira de San Xusto, na posta en mar-cha da Mesa pola Normalización en

Ribeira, ou no cincuentenario da morte de AlexandreBóveda celebrado en Soutomaior...

Xa enfermo, participa Avilés na homenaxe ao mestree autor teatral Xosé Agrelo. (Ver apéndice documen-tal, páx. 99). Ainda que non pode estar físicamentepresente, escribe -coa súa vigorosa letra xa maltrata-da pola enfermedade- un fermoso texto no que cantaas virtudes do amigo e o honrado oficio de mestre. Eacompáñao co debuxo dunha árbore co que preten-de, nas súas mesmas palabras, “poñer a miña ponlade carballo na coroa que mereces”.

O seu compromiso nacionalista lévao a integrarse noBNG e a formar parte das listas que esta agrupaciónpresenta en Noia nas eleccións municipais de1987.Os resultados danlle a alcaldía ao Bloque eAvilés asume a Concellalía de Cultura desde a querealiza un fructífero traballo, a pesar de ser este rea-lizado nun certo aillamento polas diferencias axiñaxurdidas co alcalde, Pastor Alonso. Esfórzase pordotar á vila dunha infraestructura cultural adaptadaaos tempos (Casa da Cultura, Escola Obradoiro,Coliseo Noela, Conservatorio, Museo de Laudas gre-miais de Santa Mª a Nova, etc.), da organización defestas participativas para as que elabora o programae mesmo chega a debuxar algún cartel, da posta enmarcha das “Xornadas de Teatro na Escola” e deMostras de Artesanía... Tamén promove dúas colec-cións poéticas vinculadas á Casa da Cultura:“Verbaque comeza”, cadernos de poesía onde se da a coñe-cer a obra de xoves poetas noieses como MartínVeiga, X.M. Cairo e Mª X. Canitrot, e “Vento de fora”,dedicada á traducción ao galego de poetas foráneose que se inicia coa versión que da Chronique deSaint-John Perse fai o propio Avilés de Taramancos.

Fotografía doPasaporte de Avilés

Horta do Mar: Pepe Carreiro, ManoloGonzález, Alfonso Rivas, Antón Avilés,Neira Vilas, Francisco Pillado e RamónLópez Suevos. Sentadas:Anisia Miranda e Mariña Díaz. Noia, 1991 (verán).

Page 12: Ilustración inspirada no libro · que pecha a Nova Crónica das Indias, a terra de acollida logo o vai prendendo. Mentres o tempo vai adormecendo a memoria comeza a renderse á hos-pitalidade

93~

L E T R A S G A L E G A S

último libro sintetiza todas as súas voces poéticas ante-riores, tanto temática como formalmente, aínda que -en opinión de Ana Romaní- supón tamén a apertura denovos rexistros, con algúns poemas poemas máis her-méticos e conceptuais.

Asimesmo póstumo é Obra viva, libro no que serecopilan escritos en prosa de Avilés, tanto os publi-cados en xornais e revistas como aqueles circunstan-ciais compostos para ser lidos en determinados even-tos.Teñen estes escritos un dobre interese,na medidaen que mostran a altura do autor como prosista e ser-ven de achegamento directo á súa peripecia humanaen todas as súas dimensións, desde a estrictamentepersoal ata a súa vertente intelectual e ideolóxica.

Máis da metade da obra recolle as colaboracións dopoeta de Taramancos no Barbanza, onde escribíaeditoriais e a asinaba seccións como “A contraluz” -evocación de personaxes cos que mantivo contactoao longo da súa vida-,“A coluna de Hércules” -na quepredominan os escritos de intervención política- e“De par a par. Crónica de Ulises Fingal” -onde convi-ven artigos de evidente carga ideolóxica con outrosde carácter máis evocador-.Este conxunto está acom-pañado por textos varios, só un deles (“Carta gnómi-ca a Urbano Lugrís”) anterior á marcha a América e oresto escrito no período que vai de 1985 a 1991.

“Non podendo suportar a preguiza e a vida molque lle agardarían na súa vellice, aparella a súalancha, e con algúns compañeiros escollidos, cruzao Ponto, atravesa as colunas de Hércules e navegano grande océano ignoto dos antigos para vislum-brar un novo continente e morrer, acosado polaperfidia dos deuses, sen poder adentrar-se naquelalonga liña de montes brancos que o atraían”

(Avilés de Taramancos, Obra viva)

Inmerso nos conflictos que se viven no seo do nacio-nalismo noiés remata, ao igual que outros compañei-ros, por enfrentarse ao entón alcalde -que non tarda-ría en ser expulsado do BNG- e por participar na cre-ación dunha nova corrente dentro da frente nacio-nalista, a futura Esquerda Nacionalista, fundada nomes seguinte ao falecemento do poeta.

ÚLTIMA FUXIDA, ÚLTIMO COMBATE

“ANXO da noite, cazador no escuroque vés flamíxero a me expulsar do souto:

o varal está listo, a andália posta, o corazón afeito ao longo exilio”

(Avilés de Taramancos, Última fuxida a Harar)

Última fuxida a Harar foi publicada en Decembrode 1992,meses despois da morte do poeta.Existía dolibro unha versión autógrafa, ilustrada con magnífi-cos debuxos feitos polo propio Avilés. O título daobra, clara alusión ao silencio voluntario deRimbaud, suxire a inevitable extinción da voz dopoeta galego ferido de morte. Nada máis enterarsede que contraera unha grave doenza afronta Avilésunha etapa de grande efervescencia creativa, a xeitode esconxuro para vencer a morte tanto no planoreal -escribindo sente a vida a agromar outravolta-como no simbólico -o acto creativo como garantíade perdurabilidade-. O poeta, aínda que acepta o seudestino, está convencido da súa permanencia: a tra-vés da obra que escapa á morte e ao esquecemento,e por medio da terra que o acolle e el mesmo ali-menta, integrándose así nos ciclos da natureza.

Escribe Avilés en láminas de gran formato depapel reciclado, que prepara especialmente para elunha amiga e nas que inclúe follas, pétalas,sementes, espigas... Á tardiña van chegando osamigos, que interrumpen a súa escritura e el alé-grase e abre botellas de viño para compartir eacompañar a conversa, móstralles os progresos doseu traballo e pasan as horas e, cando chega omomento da despedida, Avilés nun aparte ensína-che o debuxo que tiña feito especialmente para ti,sempre coa súa dedicatoria ao pé.

Estructúrase a obra en tres partes (“O cazador no escu-ro”,“Silva de vária fermosura” e “Crónica dos reis anti-gos”) e tres apéndices relacionados con elas (En-psal-mos para escorrentar a besta”,“Cruxol de amor e cofrede olvidos”e “As armas e os baroes assindalados”).Este

Traducción da“Chronique” de Saint-John Perse realizadapor Avilés e publicadana colección “Vento deFora”, promovida porel mesmo desde aConcellalía de Culturade Noia (1991).