4
Nº 3, Xuño 2.009 CEIP. de CHANS-BEMBRIVE ENDL: Obradoiro de xornalismo Curso 2.008/2.009 CORRELINGUA 2.009 O día 5 de maio o noso colexio parti- cipou na carreira pola defensa do galego. Este ano déronnos unha camiseta co lema : En galego. Pásao! A carreira comezou na Praza do Rei ,na que Abel Caballero, Alcal- de de Vigo, e Iolanda Veloso, concelleira, deron a saída, e terminou no parque de Cas- trelos sobre o mediodía. Alí ofreceron ac- tuacións os grupos “Fantoche Bang” e “Chévere” e ademais cantou Pepe Torreiro cantante gañador do concurso “Apolo Chit Correlingua 2009”. Este ano so acudiron os nenos e nenas de 5º e 6º, pero como todos os anos non faltaron as mazás e as botellas de auga. Non deixes o galego parado na casa, e fálao!!! O 7 de maio visitaron o noso cole os “Migallas” , un grupo cómico que, con cancións e bailes, fixeron que pa- sásemos un rato estupendo. Eran dous, unha nena algo “crecidiña” e un señor un pouco fisgón. Deleitáronnos con moitas cancións, algunhas moi coñecidas. Quen non coñece “Dime que fixeches e onde estiveches”? Hai alguén que non cantase algunha vez aquilo de “Imaxínate, un can saltando á comba...” ? Ata nos sorprenderon cun rap que pedía que falemos máis galego. Entre canción e canción os dous actores representaban unhas escenas teatrais moi diverti- das que amosaban unha pintoresca historia. En resumo, unha mañá moi divertida, sen exames nin exercicios, na que gozamos da música e o pasamos xenial. Esta actuación foi posible grazas a colaboración da ANPA de Chans.

Infórmate Nº3

Embed Size (px)

DESCRIPTION

CEIP Chans - Bembrive

Citation preview

Page 1: Infórmate Nº3

Nº 3, Xuño 2.009 CEIP. de CHANS-BEMBRIVE ENDL: Obradoiro de xornalismo Curso 2.008/2.009

CORRELINGUA 2.009 O día 5 de maio o noso colexio parti-cipou na carreira pola defensa do galego. Este ano déronnos unha camiseta co lema : En galego. Pásao! A carreira comezou na Praza do Rei ,na que Abel Caballero, Alcal-de de Vigo, e Iolanda Veloso, concelleira, deron a saída, e terminou no parque de Cas-trelos sobre o mediodía. Alí ofreceron ac-tuacións os grupos “Fantoche Bang” e “Chévere” e ademais cantou Pepe Torreiro cantante gañador do concurso “Apolo Chit Correlingua 2009”. Este ano so acudiron os nenos e nenas de 5º e 6º, pero como todos os anos non faltaron as mazás e as botellas de auga. Non deixes o galego parado na casa, e fálao!!!

O 7 de maio visitaron o noso cole os “Migallas” , un grupo cómico que, con cancións e bailes, fixeron que pa-sásemos un rato estupendo. Eran dous, unha nena algo “crecidiña” e un señor un pouco fisgón. Deleitáronnos con moitas cancións, algunhas moi coñecidas. Quen non coñece “Dime que fixeches e onde estiveches”? Hai alguén que non cantase algunha vez aquilo de “Imaxínate, un can saltando á comba...” ? Ata nos sorprenderon cun rap que pedía que falemos máis galego. Entre canción e canción os dous actores representaban unhas escenas teatrais moi diverti-das que amosaban unha pintoresca historia. En resumo, unha mañá moi divertida, sen exames nin exercicios, na que gozamos da música e o pasamos xenial. Esta actuación foi posible grazas a colaboración da ANPA de Chans.

Page 2: Infórmate Nº3

PATINAXE EN CHANS A ANPA de Chans e a súa escola de patinaxe organi-zaron o Festival de Patinaxe 2009 no Pavillón de Bembrive, o domingo 26 de Abril. Neste evento participaron os colexios: CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Escultor Acuña e o CEIP de Chans-Bembrive. Cada colexio presentou as súas coreografí-as e ao final houbo unha exhibición do Club de Patinaxe Bol-boreta de Redondela que capitanea Diego Molina, o noso monitor de patinaxe.. No mesmo as familias, que abarrotaban o pavillón, e os nenos e nenas participantes, gozaron moito das exhibicións de patinaxe, sendo unha gran festa para todos e todas.

Celebramos a Festa das Letras. Dentro da programación de actividades da semana das Letra Gale-gas fixemos saídas polo contorno. Por mor do mal tempo tivemos que pospoñelas ata o xoves 4 de xuño. Os de infantil camiñaron polo centro de Bembrive, os de primeiro e segundo baixaron camiñando dende a escola ata o centro, os de tercei-ro percorreron as fontes e os lavadoiros, os de cuarto foron a un muíño, os de quinto fixeron o sendeiro do río Eifonso e os de sexto visitaron a Entidade Menor, o Centro Cultural e a Igrexa románica. Ao final xuntámonos todos e todas no torreiro da festa, alí meren-damos e logo cantamos coas pandereteiras cancións que falan de nós, da nosa lingua e da nosa terra.

O pasado 2 de abril o ilustrador e escritor Anxo Fariña compartiu uns mo-mentos co alumnado de cuarto nivel, que leran o seu libro “A Monstroescola”.

Faloulles da súa obra e debuxou algún dos seus personaxes, así coñecemos o seu traballo coma escritor e debuxante.

O 12 de maio chegou SERVANDO a nosa escola co seu acordeón para cantar, bailar e contarlle contos aos nenos e nenas de Ed. Infantil.

Estivo moi animada a sesión.

O 12 de maio visitounos Su-so Cubeiro, ilustrador de libros de natureza e tamén de libros infan-tís e xuvenís.

Suso comentounos a súa experiencia como ilustrador e de-buxou para nós. Grazas

Page 3: Infórmate Nº3

O día 17 de xuño celebramos a FESTA DE GRADUACIÓN dos nenos e nenas de infantil de 5 anos, que o vindeiro curso xa ingresaran na Primaria. O seu paso pola etapa de Infantil será inesquecible. ¡ Moita sorte a todos e todas nes-ta nova andaina !

O 5 de xuño , e por segundo ano consecutivo, par-ticipamos na XV edición do programa de radio interes-colar Ponte... nas ondas! Despois de ter traballado sobre os tesouros vivos do noso patrimonio inmaterial e centrarnos no estudo da actividade cultural de Bembrive; o alumnado de sexto acompañados polas pandereteiras de Chans subimos ao CUVI. Fomos ao salón de actos da facultade de econó-micas para facer o noso programa de radio en directo. Podédelo ver en Internet na seguinte dirección: http://tv.uvigo.es/serial/index?id=499#3505

O vinte e seis de maio o alumnado de sexto foi a Cambados, logo de pasear pola vila e coñecer o Pazo de Ferfiñans, acudiron a ría para coñecer algo máis o marisqueo. Alí un grupo de mariscadoras do barrio de Santo Tomé explicaron como é a súa labor, que ferramentas utilizan e que especies extraen. Ata ensinaron aos rapaces a técnica do marisqueo. Logo visitaron una depuradora de mariscos, a lonxa e tamén coñece-ron o traballo das redeiras. Foi unha auténtica clase ao aire libre

e pasárono moi ben.

Page 4: Infórmate Nº3

Colabora con nós … Esperamos as vosas noticias, historias, propostas …

[email protected] http://informate-chans.blogspot.com/

S O M O S

• Alba Cobo Gayoso 5ºA • Alba Pérez Lareo 5º B • Inés López Rodríguez 6ºA • Victor Bahillo Arce 6º A • Natalia Cuadrado 6ºAI Coord. Juan Carlos Abalde

• Carmen García González 6ºB • Diego Mojón Álvarez 6º B • Pablo López Fernández 6º B • Hugo López Pintor 6ºB • Xacobe Dasilva Vázquez 6º B ———————————————

A MODO DE LIMIAR …...

O curso xa está rematado e queremos despedirnos coa última

edición do noso xornal escolar, o Infórmate., deste curso 2008/2009.

Os membros deste equipo esforzámonos por traervos un novo núme-

ro cada trimestre.

Moitos dos redactores do xornal somos de 6º, polo que vos ani-

mamos a que no próximo curso tomedes as rendas e traballedes, posto

que nós xa non estaremos no colexio. Vai ser un fin de curso cheo de

experiencias, risas e algunha que outra lágrima por deixar atrás o cole.

Todos os nenos e nenas do periódico especialmente os que se van,

queremos animarvos a que continuedes con este proxecto e que entre

todos o levedes adiante. Esperamos seguir vendo novos números de

Infórmate cada trimestre.

Un saúdo e ata o próximo curso.

Entrevistamos a Luis, o Director da nosa escola . Está a piques de rematar o curso 2008-2009 e falamos con Luis para preguntarlle como se desenvolveu . -Que tal foi o curso?

Ben, foi un curso normal, sen grandes sobresaltos. Como novida-des, por exemplo, este ano entrou en vigor a reforma do segun-do ciclo e para o ano que ven entrará o terceiro ciclo da LOE.

-Houbo moitos problemas entre os nenos? Non, grandes problemas non. Quizáis algunha peleíña ou algún insulto, algunha rifa por exemplo: xogando un partido. Pero nada moi importante.

-Cal foi a festa máis entretida? Bueno, eso tería que preguntalo eu a vós, cal vos gustou máis. Tivemos moitas, así que no seu momento todas foron moi diverti-das.

-Hai moitos matriculados para o curso 2009-2010? Para o ano que ven,hai máis ou menos o mesmo novo alumnado que todos os anos anteriores, arredor duns corenta

-Os nenos pórtanse ben? Bueno, sí. Pero podían portarse mellor. Poderíamos evitar as veces que os profesores tivesen que intervir en algúns asuntos. Pero non son problemas moi graves e soluciónanse día a día.

-Tes algo especial pensado para o curso que ven? Van vir sete profesores novos, o que fará que cambien bastantes caras dentro do colexio. Non teño nada especial pensado , só quero que o curso transcorra o mellor posible, e seguir melloran-do no que se poida, tanto en instalacións, como en equipamento. Non teño planeado nada moi innovador.

Entrevista a Emilia, unha moza polaca e alumna Erasmus da Universidade de Vigo que colaborou coas profes de Inglés. • Gústache España? Si, e gústame Galicia. • Coñeces algo máis de España aparte de Galicia? Non, só estiven en

Galicia. • Qué idiomas falas? Un pouco de italiano, inglés e un pouco de espa-

ñol. • Cando chegaches a Galicia? En febreiro. • Que é o que máis che gusta de Galicia? Gústanme as montañas e o

mar. • É diferente a comida? Si, gústame o marisco. No meu país hai ma-

risco pero non tan bo como este e tamén me gusta a paella. • Cando volves ao teu país? A principios de xullo. • Pódenos dicir cal é a comida típica do teu país? Pierogi

(empanadillas) • Que estudas en España? Estudo filoloxía e tradución inglesa.

Grazas Emilia .

Os alumnos e alumnas de sexto remataron a seu paso pola escola de Chans e a súa Educación Primaria. Celebrárono ca viaxe de Fin de Estudos á estación de monta-ña de Cabeza de Manzaneda. Alí fixeron un montón de actividades: tiro con arco, montar a cabalo, xo-gar ao golf, carreiras en karts, esca-lada no rocódromo, natación na pis-cina … e bailar moito na DISCO. Dende Infórmate, queremos desexarlles moita sorte no instituto a todos eles, e recordarlles que sempre nos terán a súa disposición no colexio de Chans.