27
L As Laceiras (Vilar de Condes, Carballeda de Avia ║ Ourille, Verea).-- Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá "lacería") e designa unha situación de miseria, fame, indixencia, calamidade. É palabra tomada do lat. vulgar *laceria e relacionada co verbo lacerar. Podería referirse metaforicamente a unhas terras miserentas, pero podemos considerar outra alternativa. A da palabra 'lazo' (do lat. glacies, ei, "xeo, xeada") sinónimo de xeo, carambelo ou cadorno. Así "as laceiras" serían unhas zonas habituais e abundantes en 'lazo'. Ladeira (Piñeira de Arcos, Sandiás).-- Parece transparente, pero non tanto como podería parecer á primeira vista. Mormente enténdese por ladeira o nome común alusivo ó declive dun monte, pero neste caso está como o adxectivo ladeiro/a: "que está ó lado, contiguo, lateral". Xa o étimo latino, latus, -eris, tiña coma primeira acepción "lado, costado". O lugar non está en ningunha encosta, pero si está ó lado do terreo que en tempos foi lagoa. É dicir era unha aldea "ladeira" con esa, outrora, realidade xeográfica Ladredo (Armental, Peroxa).-- Derivado do nome da árbore lodeiro (tamén chamado lodoeiro, lamigueiro ou gruñeiro) co sufixo –etum. (Latín: lotus. Castelán: lodón) O Lagar (O Castro de Beiro, Ourense ║ Vilar de Astrés, Ourense ║ Velle, Ourense).-- ‘Lagar’, aparte da coñecida maquinaria para prensar (uvas, olivas, mazás), é unha variante arcaica de ‘lago’ (lacus, us), documentada no 870 como lacar e no 933 como lagar. Como sen tres lugares a motivación pode estar dividida, pero o máis probable é que se refira a unha casa que tivese ese artefacto para servizo dos veciños. Lagarellos (Razamonde, Cenlle) ║ Lagariños (Sto. Eusebio da Peroxa, Coles).-- Diminutivos en plural de lagar. (V. O Lagar) O Lago (parroq. de Maside).-- Toma o nome do espazo coñecido como Puzo do Lago. Este procede dos restos dunhas minas romanas a ceo aberto que co paso do tempo se foron anegando e rexenerando cunhas flora e fauna moi específicas. Lagoa (Nieva, Avión) ║ A Lagoa (Couxil, Cartelle ║ Sabudedo, Porqueira ║ lug. da parroq. e Conc. de S. Cibrao das Viñas) ║ As Lagoas (A Canda, Piñor).-- Palabra común. Do latín lacuna, -ae, "agoa". As Lagoas (barrio de Ourense cidade).-- Debe o nome a que ata o ano 1959 (no que se saneou e se proxectou a súa urbanización) había moitas charcas que por dificultades de desaugue se mantiñan con auga gran parte do ano. Lagocios (Sabadelle, Pereiro de Aguiar) ║ Lagorzos (San Cosmede de Cusanca, O Irixo).-- Estes dous topónimos, anque distintos, probablemente aludan a unha mesma realidade: un terreo moi húmido, lamacento ou encharcado. Os dicionarios rexistran as palabras 'lagorza' e 'lamagorza' como 'Terreo encharcado' así como moitas outras parecidas con significados similares: lagoeiro, lagorceira, lagueira, laguceiro, etc. Relacionadas todas, dalgún xeito, co común 'lago', lat. lacus.

Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

  • Upload
    dangtu

  • View
    229

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

LAs Laceiras (Vilar de Condes, Carballeda de Avia ║ Ourille, Verea).-- Laceira é unha palabra do

galego (equivalente á castelá "lacería") e designa unha situación de miseria, fame, indixencia, calamidade. É palabra tomada do lat. vulgar *laceria e relacionada co verbo lacerar. Podería referirse metaforicamente a unhas terras miserentas, pero podemos considerar outra alternativa. A da palabra 'lazo' (do lat. glacies, ei, "xeo, xeada") sinónimo de xeo, carambelo ou cadorno. Así "as laceiras" serían unhas zonas habituais e abundantes en 'lazo'.

Ladeira (Piñeira de Arcos, Sandiás).-- Parece transparente, pero non tanto como podería

parecer á primeira vista. Mormente enténdese por ladeira o nome común alusivo ó declive dun monte, pero neste caso está como o adxectivo ladeiro/a: "que está ó lado, contiguo, lateral". Xa o étimo latino, latus, -eris, tiña coma primeira acepción "lado, costado". O lugar non está en ningunha encosta, pero si está ó lado do terreo que en tempos foi lagoa. É dicir era unha aldea "ladeira" con esa, outrora, realidade xeográfica

Ladredo (Armental, Peroxa).-- Derivado do nome da árbore lodeiro (tamén chamado lodoeiro, lamigueiro ou gruñeiro) co sufixo –etum. (Latín: lotus. Castelán: lodón)

O Lagar (O Castro de Beiro, Ourense ║ Vilar de Astrés, Ourense ║ Velle, Ourense).-- ‘Lagar’, aparte da coñecida maquinaria para prensar (uvas, olivas, mazás), é unha variante arcaica de ‘lago’ (lacus, us), documentada no 870 como lacar e no 933 como lagar. Como sen tres lugares a motivación pode estar dividida, pero o máis probable é que se refira a unha casa que tivese ese artefacto para servizo dos veciños.

Lagarellos (Razamonde, Cenlle) ║ Lagariños (Sto. Eusebio da Peroxa, Coles).-- Diminutivos en plural de lagar. (V. O Lagar)

O Lago (parroq. de Maside).-- Toma o nome do espazo coñecido como Puzo do Lago. Este procede dos restos dunhas minas romanas a ceo aberto que co paso do tempo se foron anegando e rexenerando cunhas flora e fauna moi específicas.

Lagoa (Nieva, Avión) ║ A Lagoa (Couxil, Cartelle ║ Sabudedo, Porqueira ║ lug. da parroq. e Conc. de S. Cibrao das Viñas) ║ As Lagoas (A Canda, Piñor).-- Palabra común. Do latín lacuna, -ae, "agoa".

As Lagoas (barrio de Ourense cidade).-- Debe o nome a que ata o ano 1959 (no que se saneou e se proxectou a súa urbanización) había moitas charcas que por dificultades de desaugue se mantiñan con auga gran parte do ano.

Lagocios (Sabadelle, Pereiro de Aguiar) ║ Lagorzos (San Cosmede de Cusanca, O Irixo).-- Estes dous topónimos, anque distintos, probablemente aludan a unha mesma realidade: un terreo moi húmido, lamacento ou encharcado. Os dicionarios rexistran as palabras 'lagorza' e 'lamagorza' como 'Terreo encharcado' así como moitas outras parecidas con significados similares: lagoeiro, lagorceira, lagueira, laguceiro, etc. Relacionadas todas, dalgún xeito, co común 'lago', lat. lacus.

Page 2: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

Laiantes de Abaixo e Laiantes de Arriba (Son dous lugares de Armeses, Maside).-- Ainda que pareza unha alusión a xente que laia, por exemplo mulleres carpideiras ou choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes pedras chans que abondan a flor de terra. O mesmo étimo de Laias, que está cerca.

Laias (lug. e parroq. de Cenlle).-- É unha variante de laxa (pedra lisa e longa) provinte da voz céltica lágena. (Ver Laxa.) Antes foi Laginas, Lagina, Lagias, …

Laioso (Augas Santras, Allariz ║ Vilar de Ordelles, Esgos ║ parroq. e Conc. de Verea ║ Parada de Outeiro, Vilar de Santos).-- Sitio de pedras, concretamente de "laxes".

A Lama (A Encomenda, A Pobra de Trives ║ Pedrafita, A Teixeira ║ Castromarigo, A Veiga ║ Xuvencos, Boborás ║ Alais, Castro Caldelas ║ Ansemil, Celanova ║ Vilar de Rei, Cenlle ║ Santa Olaia, Esgos ║ Torno, Lobios ║ San Cosme, Montederramo ║ A Piteira, O Carba­lliño ║ Campo, O Irixo ║ Palmés, Ourense ║ A Hedrada, Parada de Sil ║ Cea, San Cris­tovo de Cea ║ Tamallancos, Vilamarín) ║ Lamas (lug. e parroq. de San Cristovo de Cea ║ lug. e parroq. de Xinzo de Limia ║ Celaguantes, A Peroxa ║ Montes, Cualedro ║ Figuei­roá, Paderne de Allariz ║ Vilamoure, Punxín) ║ As Lamas (A Valenzá, Barbadás ║ Aceve­do do Río, Celanova ║ A Barra, Coles ║ Zorelle, Maceda ║ Sas do Monte, Montederramo ║ Crespos, Padrenda) ║ Lamaboa (O Pao, Gomesende) ║ Lamagrande (Melias, O Pe­reiro de Aguiar) ║ Lamalonga (lug. e parroq. da Veiga ║ Vilela, Cualedro) ║ Lamasdeite (Berrande, Vilardevós) ║ A Lamasaída (Garabás, Maside).-- No galego actual ’lama’ é o lodo, trollo, bulleiro, entullo, ... (incluso barro, anque este nome se reserva máis ben para o dos oleiros.) Pero todo fai pensar que en tempos pasados significaba algo así como unha 'pradería natural en terreo húmido', e dicir, algo máis próximo ó que hoxe é un lamei­ro o un tremedal. A palabra é de orixe prerromana. (Base *L-M) Na documentación medie­val, aparte de designar topónimos e apelidos, úsase tamén como apelativo para un tipo de propiedade. (Ex.: “E mays outro pedaço de monte que jaz a par da lama da Toouça …” -Dun Foro de San Vicenzo de Pombeiro de 1428).

Lamas de Outeiro (Sabucedo de Montes, Cartelle) ║ Lama de Paio (Lampaza, Rairiz de Vei­ga).-- Sintagmas de Lama. O segundo elemento no primeiro caso é xeográfico e no se­guinte, persoal.

Lama Forcada (lug. da parroq. e Conc. de Nogueira).-- O segundo termo podería ter relación con forca, galleta agrícola. Latín furcula, "forca ou galleta de 3 gallos". O termo soe dar nome a cimas de monte con forma bifurcada.

A Lama Grande (Espiñoso, Cartelle).-- Transparente: 'lama' (no sentido antigo) e 'grande'

Lama Má (parroq. de Baños de Molgas).-- A primeira palabra está clara (Ver Lama), pero a se­gunda, aínda que se poida pensar en 'mala' non está nada claro. Podería ser o hidrónimo prelatino Omanus adaptado, moi posteriormente, para concordar co feminino de Lama.

Ego, Sancio Afonso, conomento Galizia, vobis, priori Pelagio Moreda et fratres monasterii Sancti Petri de Rocas, facio kartam donacionis, pro remedio anime mee et parentum meorum et pro precio aderato que mihi complacuit, de hereditate mea uno kasale que habeo in Lagenoso cum quantum ad ipsum pertinet, in territorio Aquilare, subtus monte Falvan, discurrente rivulo Alesgos, sub signum Sancti Petri et Sancte Marie.

Venda. 1136. San Pedro de Rocas.

Page 3: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

Lamego (Salamonde, San Amaro).-- Palabra derivada de lamaecum cuxo sentido orixinal de­beu de ser o de "prado húmido", como lameiro.

A Lameira (Grixoa, San Amaro) ║ O Lameiriño (Vilameá, Ramirás) ║ Os Lameiros (Navea, A Pobra de Trives) ║ Lameiro do Monte (Razamonde, Cenlle) ║ Lameiro Quente (Entrambosríos, A Merca).-- Transparentes. Lameiro: Lugar húmido onde hai moita herba. Xeralmente a lameira é máis pequena co lameiro.

Lamela (Albarellos, Boborás ║ A Lamela (lug. e parroq. do Pereiro de Aguiar ║Coucieiro, Baños de Molgas ║ Lamelas (Vilardecás, Maceda ║ As Lamelas (Marrubio, Montederra­mo).-- Diminutivo de ‘lama’. Podería designar un prado moi reducido.

Lamiña (Celaguantes, A Peroxa).-- Outro diminutivo. Seguramente para diferenciala dun Lamas que hai na mesma parroquia

Lampaza (lug. e parroq. de Rairiz de Veiga) ║ A Lampaza (Barxa, Celanova ║ Castrelo, San Xoán de Río) ║ Lampazas (Esgos, Esgos).-- A pesar de que non hai total seguridade podería ser un fitónimo relacionado cunha planta chamada así, lampaza, a cal, ademais, tampouco non ten un consenso sobre a súa identidade aínda que a maioría de tratadistas se inclinan pola herbácea Rumex pulcher (tamén chamada labaza). G. Navaza sospeita que pode facer alusión á ausencia de vexetación. Neste caso sería unha palabra co mesmo étimo que ‘lampiño’.

Lantemil (A Illa, Entrimo).-- Nome de posesor. Deulle nome un tal Landomirus, a través do seu xenitivo latino Landomiri.

Lanza Carreira (Seixalbo, Ourense).-- O 1º termo, aínda sendo palabra con moitas acepcións, resulta confuso como topónimo. Quizais sexa un derivado da raíz indoeuropea *lendh-, "terra aberta, campo, landa". O 2º termo, Carreira, do lat. vulgar carraria, é o carril feito polos carros.

As Lapedas (Castrelo de Cima, Riós).-- Topónimo emparentado co que ve a continuación. Do prerromano lappa, "pedra", que outras veces deu Laias ou Laxa a través dos intermedios lagea, lagias ou lagena. (É o mesmo étimo que o das palabras comúns "lápida" ou "lapidar".)

Lapela (lug. da parroq. e Conc. da Arnoia ║ lug. da parroq. e Conc. de Padrenda).-- Diminutivo de "lapa" vindo esta do prerromano *lappa, "pedra". (Tamén se debe constatar que, en latín, lappa, -ae, é o nome dunha planta, a Galium aparine, coñecida en galego como "chapizo" e en castelán, como "lapa", "lampazo" ou "amor de hortelano".)

Lapiñeiras (Monte Redondo, Padrenda).-- Lapiñeira é palabra galega. Significa "chuvia miúda" e é sinónima de chuvisca, orballo, parrumeira, etc., pero non é fácil deducir que sentido toponímico pode ter. Quizais se trate dunha homofonía e teña máis sentido se a consideramos como unha construción sobre o indoeuropeo *lappa, "algo plano, pedra, roca plana". Lapiñeiras podería significar sitio de rocas, o cal se axustaría á realidade.

Lardeira (lug. e parroq. de Carballeda de Valdeorras).-- Probablemente adxectivaba a propiedade de alguén que tivese o cognomen latino Lardarius. Lardeiro, aínda hoxe, aplícase á carne con moito lardo (lat. lardum,- i, "manteiga ou graxa de porco".) O cognomen mencionado puidera ter, na súa orixe, algunha connotación dese tipo. Por exemplo, ser un alcume.)

Larelle e Fonte Larelle (lugares da parroq. e C. de Toén).-- De *(villa) Larelli, de Larellus.

Page 4: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

Laroá (lug. e parroq. de Xinzo de Limia).-- Hoxe hai dúas parroquias contiguas que levan este nome: a coñecida simplemente como Laroá, baixo a advocación de Santa María, e a coñecida como "San Pedro de Laroá". Ambas comparten ese topónimo certamente antigo. Julio Diéguez retrotráeo a Laragiola, diminutivo de Laragia (ambos documentados no Tombo de Celanova). E o mosteiro de San Pedro de Laroá (do século IX) figuraba como Laragia e Laraia. Podería proceder do celta lar, "chan, terra nativa", étimo, por exemplo de lar e lareira. Por outro lado "lara" é unha palabra galega (hoxe en desuso) que significaba "Pedra delgada e de gran tamaño".

Larouce (Lobás, O Carballiño).-- Seguramente é o mesmo ca Larouco. De feito este lugar está nunha chaira, a 500 m. de altitude. (100 m. máis ca O Carballiño.) O mesmo relevo ca Larouco. Ver seguinte.

Larouco (lug., parroq. e Conc. da Com. de Valdeorras).-- Larouco (antes Larauco) é un orónimo celta que E. Bascuas deriva da raíz indoeuropea *plaro, chaira, cha, campo". (Tamén propón *pelHW, "plano, ancho", que deu en latín planus, a, um, "plano, chan".) F. Cabeza, abondando na idea, precisa que ese chán é, máis precisamente, un altiplano como é a realidade da vila. O sufixo -auko (-ouco) é característico de formacións prerromanas galegas. O xentilicio do Concello é laroucao, -cá. ║ Ocorre que nesta mesma provincia, no Concello de Baltar, a algo máis de 100 km. de distancia se atopa a Serra de Larouco, a cabalo entre Ourense e Portugal, tamén caracterizada polo seu relevo mesetario. Esta serra está considerada coma unha montaña sagrada celta, morada dun deus indíxena nomeado (en varias lápidas atopadas) como Reve Larauco ou Larouco. Larouco é, neste caso, un epíteto do coñecido teónimo Reve e o nome completo equivale a un "Deus Reve do Lorouco".

Las (parroq. de San Amaro).-- Esta parroquia (San Cibrao de Las) -xunto coa de San Xoán de Ourantes, de Punxín- é a que acolle ó coñecido hoxe como castro de San Cibrao de Las cuxo nome orixinal era Lansbricae. O nome actual da parroq., que en 1220 era Ellanes, pode ser un antrotopónimo derivado de Egila.

As Lastras (Santa Cristina, A Veiga).-- O mesmo que lanchas, laxas, pedras planas.

Lavandeira (Alcázar de Milmanda, Celanova ║ lug. da parroq. e Conc. de Coles ║ O Lago, Maside ║ lug. da parroq. e Conc. de Padrenda ║ Leirado, Quintela de Leirado ║ Grixoa, San Amaro ║ Soutomaior, Taboadela) ║ A Lavandeira (Piñeira de Arcos, Sandiás).-- Designa lugares doadamente anegadizos por ríos inmediatos. Segundo Cabeza Quiles pode ser unha deformación de ‘nava’, depresión pola que corre un río, con influxo do verbo ‘lavar’.

Laxa (Moldes, Boborás) ║ A Laxa ( lug. da parroq. e Conc. da Arnoia ║ A Barra, Coles ║ Freás, Punxín) ║ Laxas (lug. e parroq. de Boborás ║ San Xes, A Peroxa) ║ As Laxas (Vales, San Cristovo de Cea ║ O Polvorín, Ourense) ║ A Laxe (As Chás, Montederramo ║ Soutopenedo, San Cibrao das Viñas).-- Da voz celta lagena, "laxe, laxa, pedra lisa". É palabra que se conserva tanto na acepción orixinal como na de "Pena de grandes dimensións e de superficie lisa, que aflora nun terreo sen sobresaír del" (DRAG).

Laza (Vila, parroq. e Conc.da Com. de Verín).-- Para uns vén do lat. glacies, "xeo", do que temos no vocabulario común "lazar" (conxelarse a auga) e "lazada" ou "lazo" (xeo, carambo, carambelo). "Laza" sería o mesmo que este "lazo". Para outros procede da voz celta lazo, "chán". ║ Xentilicio: lazao, -zá.

Page 5: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

Laza (Paredes, Montederramo).-- Ver anterior.

Leboreira (Cameixa, Boborás) ║ Leboreiro (Seoane Vello, Montederramo).-- Abundanciais de lebre (lepus, -oris), mamífero do xénero Lepus.

Leborin (Laxas, Boborás ║ Barxa, Celanova).-- Aínda que podería ter relación con lepus, leporis, "lebre", parece máis ben un antrotopónimo procedente dunha (Villa) Leporini, é dicir, "de Leporinus", nome persoal que si está formado sobre o do animal.

Lebosandaus (Os Baños, Bande).-- Podería ser o xentilicio duns habitantes vidos de Lebosende, lugar e parroquia do Conc. de Leiro.

Lebosende (lug. e parroq. do Conc. de Leiro).-- De (villa) Lovesendi, de Lovesindus. Ou Leoue-sindus.

Lebozán (lug. e parroq. de Beariz).-- Antrotopónimo ligado ó nome latino Nepotianus.

Lebozás (Sabra, O Carballiño).-- Posiblemente nomee campos de labaza, a planta Rumex pulcher, en castelán romaza ou acedera. Dun hipotético *lapatiales.

Ledime (Cexo, Verea).-- Antrotopónimo procedente de Letimii, xenitivo de Letimius, nome grego latinizado.

A Legumieira (San Lourenzo de Fustáns, Gomesende).-- Colectivo da palabra galega "legume", arcaico "legumia" e lat. legumine.

Leirado (lug. -capitalidade do Conc.- e parroq. do Conc. de Quintela de Leirado ║ Quintela de Leirado (lug., parroq. e Conc. da Com. de Celanova.- Son lugares e parroquias distintos. A parroq. de Leirado é a de San Pedro e a de Quintela de Leirado, a de San Paulo).-- A palabra "leirado" é un derivado de "leira", terreo de labranza, sinónimo de eido. Do lat. glarea. Os dicionarios consideran que "leirado" é a cantidade de froito que da unha leira.

Leirado (Valongo, Cortegada).-- Ver anterior.

Leiravella (Sacardebois, Parada de Sil).-- Composto transparente. De "leira" e "vella".

Leiro (lug., parroq. e Conc. da Com. do Ribeiro).-- Transparente: un leiro é unha leira pequena. (Leira: terreo de labranza, eido). Xentilicio: leirao, -rá.

Lentomil (lug. da parroq. e Conc. da Peroxa).-- De *(villa) Landomiri (de Landomirus, nome xermánico.)

Lentellais (lug. e parroq. do Bolo).-- Plural do colectivo de lentella (planta), a leguminosa Lens culinaris.

Lentille (A Pena, Cenlle).-- De *(villa) Lantilli (de Lantildi, nome xermánico).

León (parroq. de Vilamarín).-- A pesar da similitude co nome da capitalidade da Comunidade Autónoma homófona (León < lat. legione, "lexión") non ten nada que ver con el. Neste caso parece estar relacionado cun nome persoal romano, o de Leo, Leonis. O xenitivo (aínda sen saber a que apelativo se refire) daría lugar ó topónimo desta parroquia. Ou directamente do nominativo Leo evolucionado a León.

A Levada (O Val, Gomesende).-- Tal como vimos con outro topónimo ("Agua Levada")

Page 6: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

procede do sintagma latino aqua levata, "auga levada", referido a unhas augas conducidas por un canle ata outro lugar para un muíño, regas ou outros mesteres. A diferenza é que aquí a primeira palabra está elidida.

Limia.-- Río ourensán que poderíamos cualificar de "independente" pois non pertence ó sistema do Miño (como o Sil, Avia, Arnoia, etc.) nin o do Duero (como o Támega ou o Mente). Este corre "pola súa conta", entra en Portugal (onde lle chaman Lima) e desemboca no Atlántico por Viana do Castelo. A súa denominación, aparte de dar nome a dúas comarcas (A Limia e Baixa Limia) é o determinante de varios topónimos: Eidos de Limia (lug. de Rairiz de Veiga), Couso de Limia (parroq. en Sandiás), Solbeira de Limia e Xinzo de Limia (parroquias e vila en Xinzo) e mais Prado de Limia e Souto de Limia (parroquias en Muíños). Este río xa é citado por autores latinos que tamén falan dos límicos, os habitantes ribeiregos do Limia. Pero Estrabón di que algúns lle chaman Belion. Hai quen pensa que este podía ser o nome orixinal, pero que os romanos lle deron o de Limia baseándose na súa voz limus, -i, "lama, lodo, bulleiro", quizais pola aparencia e composición das augas en contacto coa lagoa (ou lagoas). (Algúns autores antigos danlle o nome de Oblivio que podería ser unha tradución ó latín do grego Lethe.) En Irlanda hai un río Limian cuxo nome alí supeditan a un celta *limo-, “marisma, pantano”. Aquí podería ser o mesmo.

A LIMIA (Comarca).-- Comarca do centro da provincia ("terra de Limia" na documentación medieval) que hoxe comprende 11 concellos: Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia, a capitalidade. Ocupa parte dunha ampla depresión tectónica de fondo chan na que, en parte, estivo a lagoa de Antela ata o ano 1958 en que foi desecada. Ten unha altitude media duns 600 metros e a topografía é a dunha chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco. Ten unha extensión de 801,9 km² e unha poboación de 21.525 habitantes (2015) repartidos en 89 parroquias. O nome (igual que no caso da comarca contigua, Baixa Limia) está tomado do río que a rega, o Limia.

O centro da Limia está ocupado pola chaira que foi outrora a lagoa de Antela. Na foto, en primeiro termo a "Pedra Alta" ou "Antela" que lle deu nome a dita lagoa.

Page 7: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

Liñares (Rouzós, Amoeiro ║ Baíste, Avión ║ lug. da parroq. e Conc. de Nogueira de Ramuín) ║ Os Liñares (Lebozán, Beariz) ║ Liñariños (Laxas, Boborás).-- Eidos plantados de liño (lat. linu, cast. lino, port. linho), a planta Linum usitatissimun, que fornece unha fibra téxtil.

Listanco (Armeses, Maside).-- Probable derivado da planta lesta, gramínea olorosa Anthoxanthum odoratum, cun sufixo -anco de orixe prerromana. (Este sufixo hoxe pode parecer pexorativo, pero non sabemos se sempre foi así.) Sobre o valor de -anco hai diverxencias e algúns propoñen o grego ankon alusivo a angulos ou revoltas no terreo.

Lobaces (lug. e parroq. de Trasmiras ║Triós, Esgos).-- Segundo varios dicionarios lobaz é un lobo moi grande. Tamén en portugués. ║Tamén -anque pouco probable- podería derivar de Lupatius, un nome etrusco.

Lobás (lug. e parroq. de Calvos de Randín ║ parroq. do Carballiño).-- Antes Lobanes, presunto xenitivo do nome xermánico Leuba.

Lobeira (parroq. e Conc. da Com. da Baixa Limia).-- Transparente: lugar de lobos. Procede do lat. luparia, e este de lupus, "lobo".

Lobeiras (lug. da parroq. e Conc. de Celanova).-- Igual ó anterior.

Lobios (parroq. e Conc. da Com. da Baixa Limia).-- A palabra xermánica laubja, "alpendre", pasou ó lat. de Galicia coa forma lovio, pero debido a que na documentación medieval soe estar acompañada de referencias a viñas fai pensar se non sería simplemente un emparrado. Moitos dicionarios modernos aportan esta acepción. Xentilicio: lobián, -biá.

Lobios (Paradela de Abeleda, Porqueira).-- Ver anterior.

Lodeiro (O Barón, O Carballiño) ║ Lodoselo (lug. e parroq. de Sarreaus).-- Hai dúas posibilidades de causalidade: ou a árbore "lodeiro", "lodoeiro" (Celtis australis), almez ou lodoño en castelán, ou un terreo moi húmido, no que xeralmente nace auga e que responde o nome de "lodeiro". No primeiro caso serían derivados de lotanariu e no segundo de lutum, “lodo, lama". As posibles formas escritas medievais, en fases de evolución, poderían resolver as disxuntivas. Con todo, o segundo caso é o de máis probabilidade. (V. Ludeiro)

Loeda (parroq. de Piñor).-- Do adxectivo latino luteus. Feminino lutea, "lodosa, cousa feita de lodo". Refírese a un lugar lamacento.

Loiro (lug. e parroq. de Barbadás).-- Na fala común loiro é o mesmo ca louro, cor intermedia entre o dourado e o castaño claro. Pero se temos en conta que en portugués, ambas formas, tamén poden ser sinónimos de 'loureiro' hai que pensar que aquí, no seu momento, tamén puido haber esta alternativa.

Lomear (Rioseco, Calvos de Randín).-- G. Navaza di que probablemente proceda do lat. liminale, "limiar, entrada, porta". Limiar > Lomear. Para outros autores é un antrotopónimo. De *(villa) Lomeharii, "(vila) de Lomeharius".

Longoseiros (lug. e parroq. do Carballiño).-- Unha lóngara é un eido de forma alongada e

estreita. O que en castelán se chama "longuera". Longoseiros podería ser unha variante local (en plural) dese mesmo concepto. En calquera caso -de non ser así-

sempre será algo relacionado con longus, -a, -um, "longo ou duradeiro". [Nun documento

Page 8: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

de venda de 1267 do mosteiro de Oseira cítase "… Pedro de Dios clerigo de Longoseyro,…"]

A Lonia de Abaixo (Tras Hospital, Ourense).-- É unha hipercorrección do nome do río que a recorre, o Loña. Este, á súa vez, é un clásico da hidronímia prehistórica. Está testemuñado no 886 como flumen Laonia, como vemos máis abaixo. Curiosamente nome do río e nome do lugar variaron minimamente, pero de distinta maneira. (V. seguintes). O nome de Lonia parece bastante recente pois no dicionario de Madoz (Tomo X) do ano 1847 figura como Loña.

A Lonia de Arriba (Velle, Ourense).-- Poboamento posterior ó d’Abaixo, do que tomou o nome, pese a pertencer a distinta parroquia.

Loña do Monte (parroq. de Esgos e Nogueira de Ramuín).-- Non hai ningún núcleo chamado así. É o nome dunha parroquia -San Salvador- que ten 6 lugares -incluído A Eirexa- no concello de Nogueira e un no de Esgos. O nome está tomado do río que a circunda. Este está atestiguado en 886 como “flumen Laonia”. E 'Laonia' pode ser unha consecuencia dun prerromano *lou, 'lavar'.

Loñoá do Camiño e Loñoá Grande (lugares de Covas, O Pereiro de Aguiar).-- Son nomes relacionados co do río Loña sendo Loñoá (antes Laoniola) un diminutivo de Loña, o cal é consecuente co fenómeno, habitual en Galicia, de designar así o curso superior, ou un afluente, dun río: Miño/Miñotelo; Tambre/Tamarela; Ulla/Ulloa; Sar/Sarela ... ║ O sitio de Loñoá Grande seguramente é o mesmo que nun testamento de 1175 de San Pedro de Rocas figura como Laoniola maiore.

Lordelo (Desteriz, Padrenda).-- Derivado diminutivo (-ellu) de "Louredo". (V.)

Loucia (Las, San Amaro).-- Probablemente relacionado co antrotopónimo latino Lucentius ou co de Lucius. (Villa) Lucia > Loucia.

Louredo (lug. e parroq. de Cortegada ║ lug. e parroq. de Maside ║ Graíces, A Peroxa ║ O Pao, Gomesende).-- De Lauratium, lugar onde hai loureiro (Laurus nobilis). Coas súas variantes Loureda e Lourido é moi común en Galicia.

Loureiro (A Mezquita, A Merca ║ Proente, A Merca ║ Rouzós, Amoeiro ║ Vilar de Cerreda, Nogueira de Ramuín).-- Nome do coñecido arbusto Laurus nobilis. Latín vulgar laurariu.

Loureses (Aguís, Os Blancos).-- Étnico ou xentilicio *Laurensis, procedente do cognomen Laurus. Hoxe diríamos Os Laureses.

Lousado (Loureiro, O Irixo ║ Loeda, Piñor).-- Palabra común para se referir tanto a unha cuberta como a un pavimento feito con lousas. Lousa, provinte do prerromano lausa, é, en sentido amplo, unha pedra plana.

Louzaregos (lug. e parroq. de Viana do Bolo).-- Vocábulo usado como xentilicio de Lóuzara. O topónimo reflicte probablemente a presenza de xentes procedentes do Val de Lóuzara (tamén coñecido como Terras de Lóuzara) -Concello de Samos, Lugo-, que leva o nome do río homónimo, afluente do Lor, que o é do Sil. (Hoxe hai dúas parroquias no dito Concello que teñen ese nome como determinante: San Cristovo de Lóuzara e San Xoán de Lóuzara.) O sufixo -ego para formar xentilicios é moi común na franxa oriental de Galicia (que é de onde estamos a tratar): martinego (Vilamartín de Valdeorras), carballedego (Carballeda de Valdeorras), valego (Lourenzá), chairego (Terra Chá), pallarego (Guntín), ribeirego (Ribeira de Piquín), etc.

Page 9: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

Lovada (O Lago, Maside).-- Polo son parece unha "lobada", de lobos (Lat. lupum + colectivo -ada), pero, en realidade, trátase dunha peculiar pronuncia de 'levada', "canalización de auga, desvío que se fai dun río para o rego". No Catastro de Ensenada (1753) está escrito como 'Lebada'. O P. Sarmiento, no seu Catálogo de Voces di, a propósito desta palabra, " A rústicos oí pronunciar lobáda de ribas …"

Lucenza (lug. e parroq. de Cualedro).-- Lucenza na linguaxe común é sinónimo de claridade, pero en toponimia soe referirse a lugares nos que nace auga. Rivas derívao de nascentia, do verbo nascere, "nacer". Navaza coincide no étimo e supón que tomaría o nome da lagoa chamada 'Lagoa de Lucenza'.

Ludeiro (Monte Redondo, Padrenda) ║ Ludeiros (Manín, Lobios ║ Vilar de Astrés, Ourense ║ Casardeita, Ramirás).-- Probablemente do latín lutariu, abundancial de lutu, ‘lodo, lama’ = lugar con moito lodo. ║ Non se pode descartar a forma Lodoeiro: árbore da especie Celtis Austyralis (chamada almez, lodón ou lodoño en castelán).

Ludro (parroq. e Conc. de Rairiz de Veiga).-- Hidrónimo arcaico. E. Bascuas identifica ese nome cun topónimo ilirio, Ludrum, que podería ser literalmente "sangue lixado de po". A aldea de Ludro está cercada polas partes norte, sur e leste por varios ríos cunhas distancias de 200-300 m.

Lueda (lug. da parroq. e Conc. de Bande ║ parroq. do Concello de Piñor de Cea).-- Con este mesmo nome hai outra parroquia e lugar no Concello da Cañiza (Pontevedra) os cales están regados por un río do mesmo nome, afluente do Deva. (En moitos mapas estes nomes figuran como Luneda e en documentación medieval, Luneta.) Pero o nome do río, que se supón moi antigo e anterior ó do lugar, lévanos a pensar que o topónimo que estamos a tratar é, en realidade, un hidrónimo paleoeuropeo. E. Bascuas inclúe ese nome no mesmo grupo etimolóxico que o anterior, Ludro.

O Lugar (Laxas, Boborás) ║ Lugar de Abaixo e Lugar de Arriba (lugares de Barbantes, Punxín) ║ Lugar de Arriba (Paradela, Castro Caldelas).-- Transparentes e simples.

Lugar do Monte (Vilar de Astrés, Ourense).-- O nome, propiamente, é Monte; se se lle antepón o de Lugar é para individualizalo. Topónimo, en principio, transparente.

Lumeares (parroq. da Teixeira).-- De luminaria, "fogueira". Posiblemente se refira a sinais de lume no alto das montañas.

Page 10: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

MMaceda (vila e Conc. da Com. de Allariz-Maceda).-- Colectivo (derivado en -eta) da froita

chamada mattiana, "mazá". O habitante desta Maceda, historicamente "Maceda da Limia", é coñecido como macedao, -dá, mentres o de "Maceda de Trives" (V. Manzaneda) é macedés, -esa.

Maceira (Rubiás, Ramirás) ║ Mazaira (lug. e parroq. de Castro Caldelas ║ Gabín, Montederramo).-- Falan da árbore das mazás (Malus domestica). O que ocorre é que a palabra latina mattianaria derivou en varios resultados dos que destacan "maceira" -o maioritario- e, nalgunha zona, "mazaira".

Macendo (parroq. de Castrelo de Miño).-- É o mesmo que Maceda, con outra evolución.

Madanela (Alais, Castro Caldelas) ║ A Madanela (lug. e parroq. de Monterrei ║ Milmanda, Celanova ║ lug. da parroq. e Conc. de Coles).-- É unha variante (concretamente unha metástase de –nela- por –lena-) de Madalena, nome de muller, seguramente lembrando á coñecida santa (Santa María Madalena).

Madarnás (lug. e parroq. do Carballiño ║ lug. da parroq. e Conc. de Cartelle).-- Antrotopónimo. Antes Madarnaes. Ven do nome propio latino Maternus.

A Madorra (Abavides, Trasmiras).-- Igual que A Medorra (Ver).

A Madroa (Cesuris, Manzaneda).-- Hai dúas alternativas: 1.- Nome en singular, pero con intención colectiva, da "herba madroa", unha especie de manzanilla, tamén coñecida -segundo os lugares- como herba de Santa María, magarza ou herba de San Xoán (Tanacetum parthenium, Schultz). 2.- Relación coa voz prerromana madorra, que pode significar montón ou monte, quizais aludindo a unha mámoa. (De feito no monte da Madroa en Vigo -onde está o Zoo- consérvanse varios monumentos megalíticos.)

Madrosende (Beiro, Ourense).-- Lugar dun castro prerromano de nome perdido. Madrosende deriva de *(villa) Matrosindi, ‘(vila) de Matrosindus’. Esta "Vila" sería posterior ó castro.

Magros (parroq. e Conc.de Beariz).-- Magro é un adxectivo do vocabulario común que equivale a flaco, enxoito ou macilento. Procede do lat. macer, a, um, id. Nesta forma, Macer, foi cognome romano e posteriormente Magro foi apelido. É fácil entender que este adxectivo, como todos os que cualifican un aspecto físico dos individuos, se convirtan en epítetos ben como alcume, ben como apelido. Neste sentido puido servir o topónimo para referirse a unha familia coñecida coma os Magros.

Maín (San Clodio, Leiro).-- Antrotopónimo. De *(villa) Manini, "(vila) de Maninus".

O Malladoiro (Tamallancos, Vilamarín).-- Lugar onde se mallan os cereais. Sinónimo de ‘eira’.

Malobrigo (Triós, O Pereiro de Aguiar).-- Probablemente se trate dun composto de orixe celta no que se conserva o elemento brig-. Formadas con este temos as palabras ‘briga’ (fortaleza nun alto) e ‘brigo’ (poboado).

Page 11: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

O Malvedo (Ribela, Coles).-- Sitio de malvas, como a Malva silvestris e outras especies Malva.

As Mamoelas (Sorga, A Bola).-- Referencia a un conxunto de mámoas, túmulos de terra baixo os que se atopan dolmens. Lat. mammula, dim. de mamma, "mama, teta".

Mandín (lug. e parroq. de Verín) ).-- Antrotopónimo. De *(villa) Mandini, "(vila) de Mandinus". Nome latino.

Mandrás (lug. e parroq. de San Cristovo de Cea ║ Mourillós, Celanova).-- Antrotopónimo. De *(villa) Mandilanes, "(vila) de Mandila".

Mangoeiro (Abelenda, Avión).- As veces escrito Mangüeiro. Citado no ano 964 como

Mangunarios. O sufixo latino -arius (hoxe -eiro) designa un oficio. O étimo é o lat. mango, -oni, que inicialmente se refería a un marchante de escravos que os acicalaba para mellor vendelos. Despois quedou en vendedor de cousas vellas ou en tratante en xeral. De el derivan palabras como mangón que en castelán é revendedor e en galego, mangante. Polo tanto o topónimo tanto se pode referir a un mangoleteiro ou nugallán pouco amigo de traballar como (o máis probable) a un quincalleiro ou teldereteiro tamén coñecidos nalgunhas partes como bufariñeiros ou chioleiros.

Manín (lug. e parroq. de Lobios).-- Antrotopónimo. De *(villa) Mannini, "(vila) de Manninus".

Manzaneda (lug., parroq. e Conc.da Terra de Trives).-- Antigamente chamábase Maceda de Trives co mesmo étimo que Maceda ou Maceira. A partir do século XVIII, para diferencialo da outra Maceda, comezaron con este nome que é unha castelanización. O xentilicio histórico, consecuentemente, é macedés, -esa ou, incluso, trivés, -esa.

O nome de Manzaneda é unha castelanización do século XVIII. Antes era Maceda de Trives

Manzós (Louredo, Maside).-- Topónimo enigmático e non resolvido a pesar de diversas proposicións que non resultan ser convincentes: de mattiana (mazá), mons, -tis (monte), mansio, -onis (mansión, aloxamento), etc. A terminación -ós que pode ser o sufixo -ones propio de etnónimos fai pesar na residencia dalgún pobo ou clan anterior ós romanos.

Page 12: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

Mañoás (Rubiós, Riós).-- 'Maño' é palabra galega antiga co significado de grande. (Lat. magnus). Este topónimo é un derivado seu, co sufixo -ás, que costa interpretar.

Marañís (A Corna, Piñor).-- Maraña, aparte de enredo ou lea, pode ser tamén abundancia de herbas silvestres, mato, maleza. Marañís parece un derivado, plural, de maraña: sitios de matos. (No mesmo Concello está o río Marañao, que ten o mesmo étimo.) Con todo, segundo Rivas, poderían ser hidrónimos baseados na raíz prelatina mar-, "auga, río".

Marbán (Gondulfes, Castrelo do Val).-- Puidera ser un nome árabe, Marwan, cousa non imposible dada a presenza mozárabe que houbo na zona. Hai outro Marvão en Portugal.

Marcelín (lug. da parroq. e Conc. de Riós).-- De *(villa) Marcellini, "vila de Marcellinus" (hoxe Marcelino). Nome latino.

Marcelle (Orbán, Vilamarín ║ Ramil, Xunqueira de Espadanedo).-- De *(Villa) Marcelli, ‘vila de Marcellus’ (hoxe Marcelo). O nome latino Marcellus era un hipocorístico de Marcus.

O Marco (Grixoa, San Amaro).-- A palabra marco, ben coñecida polos paisanos porque sinala os lindes dunha leira, aquí debe de significar o mesmo, pero referido a unha entidade superior (xurisdición, territorio, etc.). A palabra ven do xermano markan, "sinal de límite".

Margarideiros (Rubiás, Ramirás).-- Conxuntos de margaridas, planta herbácea, de diversas especies, de flores brancas e amarelas.

Mariñamansa (barrio e parroq. de Ourense cidade).-- Mariña(s) é un topónimo repetido en Galicia, pero só en zonas costeiras. (Coma palabra común designa terras próximas ó mar.) Non parece que sexa o caso desta 'mariña' ourensá (ben lonxe do mar) e por iso hai que buscarlle outra explicación ó tal topónimo Mariñamansa. Tradicionalmente asóciase este nome con ‘pataca mansa’, pero eu, con tódolos respectos, non o creo. Efectivamente 'mariña' foi un dos primeiros nomes da pataca, pero bastante tardío. A castaña foi historicamente o alimento básico dos galegos, ata que nos séculos XVIII e XIX, a pataca, á que denominaban ‘castaña da terra’ ou ‘castaña mariña’ pola súa orixe en ultramar, substituíu a aquela na nosa dieta, aínda que moi posteriormente pois durante 200 ou máis anos foi unha planta da que se desconfiaba. Por outro lado E. Bande di que o topónimo está documentado no s. XI. Sendo así mal se podía referir á pataca. ¿Que será entón? ║ Referirse a un sitio como o da “mariña mansa” parece implicar que hai outro no que se da unha “mariña brava” o cal non sei se será así neste caso. O adxectivo 'mansa' aplicábase, entre outras cousas, a terras de cultivo, fronte as montesías, pero queda a incógnita de 'mariña'. ║ Por outra parte e xa que falamos da oposición mansa-brava poderíamos fantasiar un pouco e forzar unha relación entre esta “Mariña mansa” e “(Santa) Mariña do Monte” que está a 3 Kms en liña recta. (Monte non é só unha elevación senón tamén un terreo bravo, sen cultivar. O contrario de 'manso', vamos!)

Mariz (O Pao, Gomesende).-- Evolución da forma orixinal, *(villa) Malarici, e dicir, "(vila) de Malaricus". Cabeza Quiles cita referencias medievais de "uilla Malarici" e "uilla Maariz".

Marnotes (Campo, O Irixo) ║ Marnotos (Penosiños, Ramirás).-- Piel ("As águas na toponímia

galego-portuguesa”) relaciona marnel con marnota ‘terreno que pode ser alagado pela água do mar ou de um rio’ e lembra os topónimos portugueses Marnota (Barcelos, Paredes de Coura) e Marnotas (Loures e Pombal) e os españóis Marne, Marnes, Marnela, Marnotos e Marnotes. O Dic. Estraviz da para marnoto esa mesma definición de terreo alagadizo. Ambos lugares teñen un regato ó seu carón, pero pode que a motivación non sexa tanto a condición de zona inundable coma a de ser terreo alagadizo e lamaguento.

Page 13: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

Marrubio (parroq. de Montederramo).-- É unha planta labiada do xénero Marrubium (aínda que resulte problemático precisar a especie) á que outras veces chaman malruvio ou marroxo.

Martín de Louredo (Louredo, Maside).-- Dun *(Villa) Martini, e dicir, (vila) de Martinus. O predicado alude á parroquia.

A Martiñá (Vales, San Cristovo de Cea).-- Topónimo derivado do nome persoal latino Martinus, concretamente do adxectivo feminino Martiniana. Seguramente Villa Martiniana.║ Ese nome, Martinus, está, á súa vez, relacionado co do deus Marte. Hai unha posible alternativa que alguén debería estudar. Trátase de que esta aldea, situada ao pé da serra do mesmo nome, puido tomar o nome desta serra, a cal podería ser unha serra "martiana", e dicir, adicada a Marte. O adxectivo martianus, a, um, refírese a "cousa de Marte".

Martiñán (lug. da parroq. e Conc. de Bande).-- Antes (villa) Martiniani, (vila) de Martinianus (antropónimo latino).

Marzás (Ponte Ambía, Baños de Molgas).-- Probablemente dun plural *villas Martianas, "(vilas) Marcianas" ou de Martius.

Maside (Vila, parroq. e Conc. da Com. do Carballiño).-- De (*villa) Massiti, ou sexa "(vila de) Massitus". Este era un nome latino. O xentilicio responde o nome de masidao, -dá.

A Mata (Cesuris, Manzaneda) ║ Matelo (Corneda, O Irixo) ║ Mato, O (Piñeiro, A Pobra de Trives ║ lug. da parroq. e Conc. de Allariz ║ Vilar de Vacas, Cartelle ║ Mourillós, Celanova ║ Rañestres, Maside ║ lug. da parroq. e Conc. de Padrenda ║ lug. da parroq. e Conc. de Xunqueira de Espadanedo).-- 'Mata' é voz prerromana referida a terras sen cultivar e con abondosa vexetación. 'Matelo' é diminutivo e 'O Mato', en masculino, o máis común da "familia", ven sendo un bosque. O prelatino 'mato' é o mesmo que o latino 'silva' e o actual 'bosque'.

Matamá (lug. e parroq. de Laza ║ O Pao, Gomesende).-- Equivale ó lat. mata mala, ou sexa, plantas baixas pero consideradas (polo que sexa) como malas. Maleza, nunha palabra.

Matelo / Mato.-- V. A Mata

Matusiños (lug. da parroq. e Conc. da Merca).-- É un derivado diminutivo de "mata" ou máis ben de "matoso" (mata + -osu), a pesar do cambio de /o/ por /u/. (V. Mata) En Portugal, distrito de Oporto, hai un concello chamado Matosinhos, sen ese peche de vocal.

As Maus (lug. e parroq. de Vilar de Barrio ║ lug. da parroq. de As Maus de Salas, Muíños ║ Tosende, Baltar ║ Os Baños, Bande ║ Ordes, Rairiz de Veiga) ║ As Maus de Salas (parroq. de Muíños).-- Topónimo modificado que procede dun xentilicio: "asmanos", é dicir, xente procedente do val do Asma, concretamente dalgunha das 4 parroquias da hoxe chamada terra de Asma. A etimoloxía popular transformou "asmanos" en "as maus". (Foi un erro converter a primeira sílaba en artigo, pero máis grave sería suprimir ese suposto artigo.)

Mazaira.-- (Ver Maceira)

… o que conpramos min et meu marido Pedro Pérez, dito Sevo de Ferrer, ferreyro de Maside, …Venda. 1267. San Clodio do Ribeiro

Page 14: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

O Mazo (lug. e parroq. de Vilamartín de Valdeorras).-- Lugar que debe a súa denominación a unha primitiva ferrería na que habería, como en moitos outros lugares, un gran mazo mecánico para esmagar o ferro, movido polas augas do río Leira, afluente do Sil. Cerca deste lugar estivo a famosa ferrería de San Vicente de Leira, dependente do mosteiro de Samos, unha das maiores produtoras de ferro da provincia. A beira do mesmo río Leira que pasa polo Mazo.

Meás (parroq. do Conc. de Lobeira).-- "(Terras) medianas", equidistantes doutros sitios.

Meda (lug. e parroq. da Veiga) ║ O Medón (As Chás, Montederramo) ║ Medos (lug. e parroq. de San Xoán de Río).-- Meda é palabra de uso común para designar a morea de espigas de cereal colocadas ó redor dun pau (en castelán hacina), pero en toponimia aplícase a montes de forma cónica. Ven do lat. meta, "montón ou columna cónica".

Medeiros (lug. e parroq. de Monterrei).-- Os medeiros son unhas medas pequenas, pero, así como "meda" (tal como vimos no anterior) ten un sentido orográfico, este "medeiros" pode que -pola contra- fose orixinado por un lugar cheo deses obxectos. O sufixo -eiros, habitual na lingua actual, así o parece indicar.

Medela (Madarnás, O Carballiño).-- Fai referencia a unha mámoa, quizais pequena, baixo a cal habería unha arca ou dolmen.

O Medón e Medos.-- Ver Meda.

A Medorra (lug. e parroq. de Montederramo ║ Olás de Vilariño, A Merca ║ Santa Marta de Moreiras, O Pereiro de Aguiar).-- Topónimo relacionado cos de "Meda" e "Medeiros". Medorra é un sinónimo de ‘mámoa’ (túmulo de terra que cobre unha anta). Probablemente existise alí tal monumento megalítico aínda que tamén puidera chamarse así nun sentido figurado se é que o terreo primitivo tiña esa forma.

A Medua (San Xusto, Carballeda de Valdeorras).-- Igual que Las Medulas leonesas. Diminutivo do lat. meta (Ver "Meda") designa montóns cónicos de terra ou de residuos resultantes de antigos traballos da explotación do ouro. Está ó lado do río Sil.

Meilás (Cortegada, Sarreaus).-- Antrotopónimo. De *(villa) Manillanis, "(vila) de Manilla".

O Meiral (Santa Mariña do Monte, O Barco de Valdeorras).-- Pequena aldea situada no fondo do val estreito dun regueiro do mesmo nome. É sitio con abundancia de augas. A etimoloxía é a mesma dos que veñen a continuación: A base precéltica *mar- / *mer-, "auga estancada", que deu nome a varios lugares de Galicia como, por exemplo, Meira (Lugo), o Concello onde nace o Miño. É curiosa a persistencia do artigo o que nos pode estar dicindo que a palabra nalgún momento era un apelativo coñecido. Quizais un abundancial (-al).

Meire (parroq. de Allariz) ║ A Meiroá e As Meiroás (son 2 lugares distintos da parroq. e Conc. de Esgos).-- Todos parecen proceder dun precéltico *mar- / *mer-, "auga estancada". En Galicia hai moitos topónimos e hidrónimos formados con esta raíz prehistórica: Mera, Meira, Meiral, Meirama, etc.

Meixe (Xendive, Boborás).-- Hai quen o da como un antrotopónimo formado a partir de *(villa) Magii, "(vila) de Magius", pero para E. Bascuas procede de Amegia (citado en 1273), palabra derivada da raíz hidronímica indoeuropea âm-, "leito do río, canal".

Page 15: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

Meixide (lug. e parroq. da Veiga).-- Fitónimo. Derivado de ameixa. Abundancial.

Meixueiro, O (A Guía, Gomesende).-- Podería ser unha variante relacionada con ameixeira, lugar de ameixas (Prunus domestica).

Melias (parroq. de S. Miguel de Melias, en Coles, e parroq. de Sta. Mª de Melias, en O Pereiro de Aguiar. Ambas á beira do Miño, a primeira na marxe dereita e a 2ª na esquerda. Unha fronte da outra.).-- Veñen do medieval Mellănes e este dun prerromano, raíz *mel- (hidronímica e oronímica): "elevación", "ribeira", coa terminación –ănes, pl. do sufixo átono prerromano –ănus.

Melle (Vilarrubín, Peroxa).-- Procede de Mellius, Melle, cognome latino baseado no nome común mellis, melle, "mel", ben na acepción precisa de "mel", ben na figurada de "dozura".

Melón (lug., parroq. e Conc. da Com. do Ribeiro).-- Nada que ver nin con melóns nin con meles senón con alturas. Este é o sentido da raíz prerromana *mel, "altura". Este son pasou por bocas celtas, latinas, xermánicas e galegas, seguramente con variacións, pero respectando sen sabelo a idea que uns moradores (posiblemente dunha zona máis baixa) lle apuxeron no seu día como referencia. ║ P. Celdrán faino derivar do lat. meles, "teixo" ou "teixudo", o mamífero Meles meles.║ O xentilicio é melonés, -esa.

Melón de Arriba e Melón de Abaixo (Rocas, Esgos).-- Ver anterior. (Destes 2 Melón probablemente o "de Arriba" é o orixinario. Os complementos serán modernos e unicamente como indicadores da situación relativa. (Melón de Arriba, en todo caso, é unha tautoloxía.)

Mende (Tras do Hospital, Ourense).-- Xenitivo de posesor xermánico, Menendus (nome testemuñado en 884), Meendo (1057), Mendi (1177) ou Méndez (1213). Menéndez Pidal di que Menendus equivale a Ermenegildus.

Mendoia (lug. e parroq. da Pobra de Trives).-- Segundo expón Cabeza Quiles, seguindo a diversos autores, a actual Mendoia podería ser a antiga Nemetobriga, capital da tribo dos tiburos (que deron nome a Trives). Nemetobriga (formado coas voces celtas nemeth e briga) significaría "a cidade fortificada do bosque sagrado". En Nemetobriga, en tempos romanos, había unha "mansión da Via XVIII.

O Mente (O Navallo, Riós).-- Hidrónimo paleoeuropeo. Toma o nome do río Mente (que pasa por alí), pero co feito curioso de que -a pesar de ser posterior- conserva esa partícula "O"

Los abbades e los conventos de Osseyra, de Melon, de Sobrado, de Meyra, de Monte Ramo, de Armenteyra, de Oya, de Montfero, de Feares, de Pennamayor, de Junquera, se me embiaron querellar e dizen que los conçejos de las villas que vos diran en que ellos an casas e heredades los peyndran e los costrinnen que pechen con ellos en los mios pechos que acaesçen.

Orde real. 1268. Santa María de Oseira

item in Belli ecclesie Sancte Marthe cum kasales undecim; in villa de Melanes novem kasales et villam de Pernia integra;San Pedro de Rocas. Doazón de 1007.

Page 16: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

que o río (quizais pola xuntanza dos dous oes /río-omente/) perdeu. Este río, despois de recorrer este concello e parte do da Gudiña, fai fronteira con Portugal e adéntrase nese país vertendo no río Rabazal - nado tamén galego- o cal á súa vez desemboca no Duero/Doiro. O aparente artigo "O" é unha deglutinación da palabra 'Omente' e esta unha denominación hidronímica descendente do tema *um/*ume- (como en Umia, Uma, Eume, Umoso, etc) formado a partir da raiz *weg-, "húmedo". (En Asturias hai un lugar chamado Omente, que se supón ten a mesma etimoloxía.)

A Merca (lug., parroq. e Conc. da Terra de Celanova).-- Parece aludir á localización dun antigo mercado ou feira, un lugar onde mercar (unha substantivación de mercari). Xentilicio: merqués, -esa.

As Mercedes (Baldriz, C ualedro).-- Coñecido tamén como Santa María das Mercedes responde a unha advocación relixiosa. Confírmao o feito de que celebran a festa da Virxe das Mercedes os 24 de Setembro.

Meréns (lug. e parroq. de Cortegada).-- Procede de Merenti, xenitivo dun sobrenome latino, Merentius, formado, a súa vez, sobre merens, -ntis, "o que merece, o merecente", participio de presente do verbo mereo, -es, -ere, "merecer".

Merí (Armariz, Xunqueira de Ambía).-- Poder ser un antrotopónimo formado con Miri, xenitivo do nome propio Mirus.

Meriz (lug. da parroq. e Conc. de Coles).-- De (Villa) Malerici, de Malaricus, nome suevo. (Malerici > Maeriz > Meriz)

Merouzo Grande e Merouzo Pequeno (2 lugares case contiguos da parroq. e Conc. da Merca).-- A voz Merouzo é unha variante da palabra común "morouzo" representando esta "un montón de pedras miúdas axuntadas nun terreo" (segundo uns dicionarios) ou "un monte ou montón de pedras" (segundo algún outro). Tamén é común "morouza", co primeiro significado. Derivan da raíz prerromana *mor-, "pedra". O cambio desa vocal átona seguramente foi debido a que -unha vez perdido o sentido do significado- resultaba máis fácil a pronuncia da palabra con "e" que con "o". Nesta mesma provincia hai o topónimo Morouzón; en Pontevedra, Morouzos; e na Coruña, Morouzo.

Mesego (lug. e parroq. do Carballiño) ║ Mesego de Cabo (lug. da mesma parroq. do anterior).-- A palabra “més” (en castelán miés), do lat. messis, "colleita", "sega", "época da sega", ten hoxe uso, se ben reducido, na acepción de cereal ou de plantación de cereal, pero perdeu os significados orixinais que tiña en latín. Este topónimo é un derivado (co sufixo prelatino -aecu) desa palabra aínda que non poidamos precisar cal sería o sentido orixinario.

O Mesón (Ceboliño, Ourense ║ Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense) ║ Mesón de Herosa e Mesón de Purrián (ambos na parroq. de Pentes, A Gudiña) ║ Mesón de Pardo (San Clodio, Leiro) ║ O Mesón de Calvos (parroq. de Taboadela).-- A primeira impresión é que estes topónimos estanse a referir a antigos mesóns, establecementos de hostalería. Do lat. mansio, -onis, "permanencia, albergue, vivenda", que por vía culta deu ‘mansión’. Agora ben Cabeza Quiles é da opinión de que moitos destes topónimos poden facer referencia a unha meseta orográfica, unha altura chan. Para o caso dos que aquí mencionamos quizais valga a primeira interpretación dada a súa ubicación en antigas rutas. Incluso no caso da parroquia de O Mesón de Calvos, sen haber ningún lugar concreto chamado Mesón si hai –nesa parroquia- un chamado A Venda Nova, o que

Page 17: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

suxire que houbo –cando menos- outra vella. E dicir, que foi zona deses establecementos.

As Mestas (lug. da parroq. e Conc. de Melón).-- O lugar está onde o Regato da Armada se xunta co río Cerves (afluente do Miño) e o nome procede do lat. aquas mixtas, "augas mesturadas", con omisión posterior da primeira palabra. Repítese en varios lugares de España.

A Mezquita (lug., parroq. e Conc. da Com. de Viana).-- Topónimo moi tratado e discutido pois a pesar de que aparentemente parece aludir á tradución da palabra árabe masyid, "oratorio", que designa o templo musulmán, non é facil constatar que nestes lugares houbese unha poboación desta relixión que precisase de tal edificación. Por contra hai outras dúas opinións, distintas, para explicar esta denominación. Unha, seguindo o Padre Sarmiento, pensa que se refire a unha planta así chamada (a Ruscus aculeatus), coñecida tamén como mesquita, xilbarda ou xilbardeira. Outros, de acordo con Corominas, pensan que alude a poboadores de procedencia non católica ós que popular e ironicamente se lles aplicaría ese nome representativo con intención burlesca ou despectiva, unha especie de metonimia con retranca. ║ Como xentilicio sempre se usou mesquités, -tesa. ║ Segue …

A Mezquita (aparte do lug., parroq. e Conc. do parágrafo anterior levan este nome outras dúas parroquias: a de San Pedro da Mezquita no Conc.da Merca e a de San Vitoiro da Mezquita que ten lugares nos concellos da Merca e de Allariz).-- Ver anterior.

Miandreiras (Moldes, Boborás).-- Antes Meandreiras. O P. Sarmiento identifica as 'meandreiras' coas teixugueiras, lugares onde abunda o teixugo, teixo ou porco teixo, chamado 'melandro' en Asturias, 'meles, -is', en lat. e 'melón' en castelán (nome alternativo o de 'tejón'). O nome científico é meles meles.

Miegodevila (Melias, Coles).-- En galego arcaico "meogo" ou "miogo" (derivado de medium. -ii, "medio, centro de algo") usábase con ese sentido de "(no) medio". En documentación medieval é fácil atoparse coa expresión "no meogo", co significado actual de "no medio". [et outra esta ẽno meogo da igleia, ontre o coro et o altar.- 1390.] En Nogueira, de Ramuín hai 3 núcleos con distintivo posicional que son: Ver de Cima, Ver de Fondo e Ver de Miogo. Cabe supoñer que "miego" sexa unha variante de "meogo". De ser así este topónimo sería o equivalente a un "(No) medio da vila". En Madoz figura como "Miego de Vila" e nalgúns mapas actuais pon "Meigo de Vila".

Os Milagres do Medo (Vide, Baños de Molgas).-- É o lugar onde está o santuario da Virxe dos Milagres qué o que lle da o nome. Medo é o nome do monte.

Millarouso (lug. e parroq. do Barco de Valdeorras).-- Derivado abundancial de millo, lat. miliu, a gramínea Panicum miliaceum, chamada en castelán mijo. Hoxe a palabra nomea á Zea mays (a das mazarocas amarelas), especie importada no seu día de América e que asumiu o nome da que mencionamos.

E aynda vos mays aforamos os nosos soutos de Noveledo os quaes de nos ten aforados vosa madre Moor Fernandes, e aynda vos aforamos toda a nosa herdade de Meandreyras con suas casas que de nos tevo Johan Dominges voso padre e vosa madre Moor Condesa.

Foro. 1396. Santa María de Oseira.

Page 18: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

Milmanda (parroquias de Celanova).-- Considérase tradicionalmente que este nome fai alusión ó "miñato", a ave de rapina, milvus en lat. e milano en castelán. En Celanova hai dúas parroquias nas que aparece esta denominación (propia dun antigo señorío): A de Alcázar de Milmanda (Santa María) e Milmanda (Santa Eufemia). As igrexas parroquiais sobre o mapa, en liña recta, están a uns 300 metros de distancia, pero sobre o terreo, entre voltas, baixadas e subidas están a bastante máis. O nome foi aplicado, en principio, a un celebre e histórico castelo edificado sobre un castro no que hoxe é Vila, na primeira das parroquias citadas. Queda algún resto da fortaleza e concretamente o campanario parece ser unha torre aproveitada. É un sitio que, efectivamente, parece propicio para miñatos (aínda que non os houbese). (Ver Alcázar de Milmanda)

Miño.-- O nome deste río está aplicado como "apelido" (nesta provincia) a Barra de Miño e Castrelo de Miño. En textos de autores romanos atópase xa o nome de Minius o que deu pé a que desde sempre se pensase que era unha adaptación da palabra minium ("minio, vermellón, cinabrio") aplicada a eses minerais ou as súas cores. Como queira que esta denominación cromática encaixaríalle mellor ó Sil hai autores que defenden que os romanos confundiron os dous ríos e chamaron Minius ó que hoxe chamamos Sil. Nada está claro, pero o máis probable é que os romanos se limitaran a latinizar un nome xa existente, anterior, quizais relacionado co celta mino, "suave", (procedente á súa vez do indoeuropeo *mei-, “brando, suave") ou con algunha outra palabra indíxena procedente das raíces indoeuropeas *mer-, "camiñar" ou *mein, "corrente de auga". Como se ve hai varias posibilidades, pero todas prerromanas. Tamén hai quen pensa se Miño ou Miniu non sería un deus mitolóxico galego.

Miomás (Sagra, O Carballiño).-- Antrotopónimo. De *(villa) Medumanes, "(vila) de Meduma".

A Mioteira (Sas do Monte, Montederramo ║ Sta. Cruz da Rabeda, San Cibrao).-- Mioto é unha variante do nome de paxaro coñecido comunmente como miñato, en latín milvus e en castelán milano. Así mioteira é o lugar do mioto/miñato.

Mira (Trasariz, Cenlle) ║ Mira de Abaixo, Mira de Cima, Mira de Río (3 lugares da parroq. de Santo Eusebio da Peroxa, Coles).-- Poden ser derivados do preindoeuropeo mir, "cabeza", que en termos toponímicos soe designar un cabezo, cerro, outeiro. ║ Outra posibilidade é a de ser deverbativos de "mirar", "lugar de mirar, viso". (As dúas posibilidades, dalgún xeito, conflúen no remoto pasado). (Dos 3 lugares de Coles con nome compartido evidentemente só un deles é o orixinal.)

Mirallos (lug. e parroq. da Peroxa ║ Oseira, San Cristovo de Cea).-- Mirador, miradoiro, viso. N. Ares di que tal vez sexa un antrotopónimo baseado no nome gótico Mirualdus.

A Miranda (Forcas, Parada de Sil).-- Pódese aplicar todo o dito en Mira ó que habería que engadir un sufixo celta -nd-. Para algúns o forma *randa refírese a "limite, fronteira". Este topónimo de Parada de Sil, tratándose dun lugar a máis de 800 m. de altitude que domina montes contiguos á Ribeira Sacra, tanto responde ao concepto de altura coma ó de atalaia.

Miranzo (Alcázar de Milmanda, Celanova).-- Probablemente sexa un hidrónimo. Da base /Mar / Mer / Mir / Mur, "auga, auga estancada". Como varios Mera e Mero, por exemplo, que son variantes do mesmo tema. E moitos máis: un Mira en Cuenca e outro en Portugal. Aparte diso a realidade do lugar mostra que se trata dunha zona de doadas captacións de augas.

Mirela (A Canda, Piñor).-- Antrotopónimo. O propio nome feminino Mirella.

Page 19: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

Mirós (Anfeoz, Cartelle ║ Trasestrada, Riós).-- Antrotopónimo. De *(villa) Mironis, "(vila) de Miro".

Mixós (Estevesiños, Monterrei).-- Dí Taboada Chivite que antes foi Moxous (1555) ou Moxoos (1225) e que é alusivo a mollóns de limitación agraria. (Hoxe é máis común a palabra 'marco', pero en documentos antigos tamén consta 'moión'.)

A Moa (Punxín, Punxín).-- Topónimo alusivo a algunha formación rochosa con forma de moa (peza dentaria). É unha metáfora antropomorfa. (Ver seguinte)

Moás (San Salvador de Mourisco, Paderne de Allariz ║ Nogueira, Montederramo).-- Similar ó anterior. O lat. mola, "pedra do muíño ou mandíbula" é o precedente da palabra actual moa (peza dental, pedra do muíño, etc.). Un diminutivo formado co sufixo -ola (*molaola) da, nesta provincia, "moá", plural "moás".

A Mogaínza (Gabín. Montederramo).-- Suponse que este é un deses topónimos prehistóricos que pervive no tempo conservando unha base preindoeuropea, *mok, "prominencia, altura".

Moialde (lug. e parroq. de Vilardevós).-- Antrotopónimo. De *(villa) Manualdi, "(vila) de Manualdus".

Moimenta (Milmanda, Celanova ║ Vilela, Cualedro) ║ A Moimenta (Santa María de Traseirexa, Vilardevós).-- Aluden a monumentos megalíticos de tipo sepulcral, como un dolmen. Do lat. vulgar monimenta (plural neutro de monimentum, "monumento sepulcral").

Moire (Carballeda, Piñor).-- Antrotopónimo. De *(villa) Mauri, "(vila) de Maurus" (Mauro), nome latino.

Moldes (lug. e parroq. de Boborás).-- A palabra "muladí" que designa ó cristián que na Idade Media se facía musulmán é relativamente recente. Daquela se lle chamaba co vocábulo do árabe muwallad, "adoptado", ou máis ben co seu plural, muwalladin. Esta palabra latinizouse como mollites. E daquí saíu o topónimo do que falamos. Curiosamente a uns 3 kms., dentro do mesmo concello de Boborás, atópase outro dos poucos lugares con nome de orixe árabe, A Almuzara. Hai 6 Moldes en toda en Galicia.

Molgas (predicado do nome do Conc. de Baños de Molgas).-- Procede dun medieval Amolgas e este dun primitivo *Amolicas que segundo E. Bascuas sería un adxectivo substantivado referido ás augas dos Baños. Este autor rexeita a teoría de E. Rivas (V. Baños).

O Mollón (Viñoás, Nogueira de Ramuín).-- Puidera ser un castelanismo por ‘mojón’, marco divisorio de territorios. É forma antiga que aparece na Crónica Xeral, pero que non ten uso actual nin en galego nin en portugués.

Mones (lug. y parroq. de Petín).-- Puidera tratarse dun antrotopónino árabe introducido por mozárabes e concernente ó onomástico Mun'is.

Monte (Parroq. de Cualedro).-- Transparente.

Monte Asnal (Trasalba, Amoeiro).-- A pesar da aparencia, posiblemente Asnal non teña nada que ver cos asnos senón coa raíz paleoeuropea *aps-na de tipo hidronímico. Hai en Galicia e Portugal varios ríos que se chaman Asno, Asneiros e cousas

Page 20: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

parecidas. Monte Asnal pode ser un monte de varios regatos. ║ Outra alternativa (pero menos probable) sería que se tratase dunha deformación de 'arnal', adxectivo que designa unha variedade de toxo (o toxo arnal) especialmente bravo e bicudo.

Monte Longo (Parroq. de Lobeira).-- Transparente.

Monte Redondo (Parroq. de Padrenda).-- Transparente.

Monteagudo (Vales, San Cristovo de Cea) ║ Montealegre (Barrio de Ourense).-- Compostos de 'monte' transparentes. Con 'agudo' e' alegre', respectivamente.

Monteboi (Sobrado, Pobra de Trives).-- Composto híbrido no que a segunda parte, boi, non se refire a ningún animal senón que é unha evolución da raíz prerromana bod de contido hidronímico. Esa raíz, seguramente, é a mesma que en galego deu a palabra "boedo" (terreo baixo e pantanoso) ou " en castelán, "bodón" (charca ou lagoa invernal).

Montecelo (Vilamaior da Boullosa, Baltar ║ Faramontaos, Nogueira).-- Diminutivo de ‘monte’, xa en latín. De monticellus, castelán "montecillo".

Montederramo (Vila, parroq. e Conc. da Terra de Caldelas).-- Ou "Monte de ramo". Ramo, de ramulus, -i, ten en galego un significado igual ó do latín, pero quizais se usou para designar unha categoría superior: a ramaxe no seu conxunto ou, incluso, a árbore enteira. Xentilicio: montederramés, -mesa.

Montegrande (Partovia, O Carballiño) ║ Montelongo de Arriba e Montelongo de Abaixo (Soutopenedo, San Cibrao).-- Transparentes. Compostos de grande e longo.

Montemiao (Camba, Castro Caldelas).-- Resultado dun monte medianu, "monte do medio".

Monterrei (lug., parroq. e Conc.da Com. de Verín).-- O topónimo, que hoxe designa todo un concello, correspondeu inicialmente ó outeiro onde está a fortaleza. Aquí houbo un castro dos tamaganos, logo chamado "Castro de Baroncelli". Pero cara 1150 o rei Alfonso VIII converteuno en dominio real e a consecuencia diso pasou a ser coñecido como "(o) monte (do) rei", nome precedente do actual. Os Reis Católicos en 1513 concederon ó título de I Conde de Monterrei a Sancho Sánchez de Ulloa, con ese nome xa consolidado. O xentilicio usado é o de monterreiés, -iesa. A capitalidade do Concello está en Albarellos.

Monterrei (Santa Marta de Moreiras, O Pereiro de Aguiar).-- Pequeno lugar e gran Complexo Deportivo que levan -a título honorífico- o nome visto no epígrafe anterior.

Os Montes (Grixoa, San Amaro).-- Transparente. (Aínda que podería haber a posibilidade duns ocupantes con ese apelido.)

Monteveloso (Piornedo, Castrelo do Val).-- Aglutinación do lat. monte villoso, "monte viloso", só que en vez de pelo trataríase dunha vexetación miúda.

Monteverde (Moura, Nogueira).-- Transparente. Monte e verde.

Montoedo (lug. e parroq. da Teixeira).-- Aglutinación de " Monte Toedo", sendo a segunda palabra, avalada pola primeira, un orónimo. (Raíz prerromana *Tol-, "altura".) Suponse que ten a mesma xénese ca o Toledo castelán con unha etapa máis, a da perda do "l" intervocálico. (Hai outro Toedo na Estrada.)

Page 21: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

Monterrei. O nome aplicado a un monte e á súa fortaleza vale agora para todo un Concello.

Montós (Orbán, Vilamarín).-- Aparentemente é o plural (ourensán) de ‘montón’. ¿De que?

A Morcegueira (San Xes, A Peroxa).-- Lugar de morcegos. (É palabra ben construída, pero non vén nos dicionarios.)

Moreda (O Souto, A Peroxa) ║ O Moredo (Coucieiro, Paderne de Allariz) ║ Moreira (Cañón, Celanova) ║ A Moreira (Penosiños, Ramirás) ║ Moreiras (lug. e parroq. de Boborás ║ lug. e parroq. de Toén ║ lug. e parroq. de Xinzo de Limia ║ Proente, A Merca ║ O Pao, Gomesende ║ Vilameá de Ramirás, Ramirás) ║ Moreiriñas (Veiga, A Bola) ║ O Moreiro (Mugares, Toén) ║ Fonte Moreiras (Moreiras, Boborás) ║ Santa Marta de Moreiras (parroq. do Pereiro de Aguiar) ║ San Martiño de Moreiras (outra parroq. do Pereiro de Aguiar) ║ San Xoán de Moreiras (lug. e parroq. de O Pereiro de Aguiar).-- Parecen uns topónimos transparentes aínda que discutidos. A opinión tradicional é a que os considera uns fitónimos relacionados coas moras ou amoras (lat. moru e lat. vulgar mora), froito producido tanto pola "moreira" (árbore da familia das moráceas con diversas especies do xénero Morus, tais como morus nigra e morus alba ) como da "silva" ou "silveira" (arbusto das rosáceas Rubus fruticosus). (Hai certa polémica porque se considera que quizais a moreira leva poucos séculos en Galicia, pero -aparte de que non se pode demostrar- tampouco sabemos se non se referiría á silva, dado que este último nome é relativamente recente.) Derivados da mora serían a árbore (Moreira) e algúns colectivos destes (Moreda, Moredo, Moreiras) así como un diminutivo plural (Moreiriñas). A forma Moreiras tamén é predicado do nome de 3 parroqs. do Pereiro. ║ Fronte á etimoloxóa exposta hai autores (E. Rivas entre eles) que propugnan unha consideración de orónimo, consecuencia do radical prerromano mor, " morea de pedras, roca, monte". Puidera ser, non en xeral, pero si nalgún caso determinado, que así fose. (Ver A Silva)

Morgade (lug. e parroq. de Xinzo de Limia ║ San Martiño de Berredo, A Bola) ║ Crespos, Padrenda) ║ Casal de Morgade (San Martiño de Berredo, A Bola).-- Os tres Morgade derivan de Maurecati, xenitivo de Maurecatus. O complemento do último é aclaratorio dese Casal que está na mesma parroquia que un dos Morgade.

Morouzón (Cameixa, Boborás).-- Non hai dúbida de que está relacionado con pedras

Page 22: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

(base *mor-). (Ver Moura.) Pero podería selo dunha forma indirecta, e dicir, procedendo dunha palabra común derivada, como "morouzo". Morouzo ou morouza son esas moreas de pedras miúdas recollidas nun terreo que se está a traballar. Morouzón sería un aumentativo, unha morouza grande.

O Mosqueiro (Parada de Outeiro, Vilar de Santos).-- Aparentemente é un lugar onde hai moitas moscas, pero podería tratarse de algo relacionado aínda que distinto. Concretamente, un lugar fresco onde os pastores levasen o gando precisamente para evitarse o moscar ('fuxir das moscas').

Mosteiro (lug. e parroq. de Ramirás ║ San Lourenzo de Trives, A Pobra de Trives ║ Lobás, O Carballiño) ║ O Mosteiro (Aguís, Os Blancos ║ Novás, Xinzo de Limia) ║ Mosteiro de Rocas (lug. e parroq. de Esgos) ║ Mosteiro de Ribeira (lug. e parroq. de Xinzo de Limia) ║ Mosteiro de Xagoaza (Xogoaza, O Barco de Valdeooras).-- Está claro que estes lugares se chaman así por haber neles un antigo mosteiro, palabra aínda viva. (Lat. monasterium, ii.)

Mosteiro de Xagoaza xunto á igrexa (hoxe parroquial) de San Miguel.

Mosteirón (Covas, San Cristovo de Cea).-- Aínda que pareza aumentativo é un diminutivo en -olo. Sospéitase que este topónimo, etimoloxicamente conectado co anterior, está motivado porque neste solar sería onde uns monxes fundadores comezarían a asentar o mosteiro que, finalmente, quizais buscando máis auga, ergueron no que hoxe é Oseira, á beira do río dese nome, a 5 km. deste lugar.

Mota (Nieva, Avión).-- Mota é un topónimo estendido por toda a península e soe designar unha pequena elevación no medio dun terreo máis chan. A etimoloxía é discutida, pero unha das opinións faino derivar do occitano motta, "outeiro".

Moura (parroq. de Nogueira de Ramuín ║ lug. da parroq. e Conc. de Rairiz de Veiga) ║ Mourillós (lug. e parroq. de Celanova) ║ Mourisca (lug. e parroq. de Viana do Bolo) ║ A Mourisca (Leirado, Quintela de Leirado) ║ Mouriscados (Abelenda, Avión) ║ O Mourisco (Castrelo de Cima, Riós).-- Todos estes nomes pertencen a unha familia toponímica certamente curiosa. Son nomes relacionados co indoeuropeo (ou

Page 23: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

preindoeuropeo, segundo algún autor) *mor, "pedra, rocha". É unha raíz M-R con distintas alternancias como mar-, mor- ou mour-. todas como alusión a pedra, rocha, monte, etc. Toponímicamente aluden a lugares pedrosos. Ou lugares con acumulación artificial de pedras, como xacementos arqueolóxicos, "pedras" ao fin e ao cabo, ou castros, cos seus muros (mur-os). (As palabras galegas "morea" ou "morouzo" así como as casteláns "morrena" ou "morrillo" teñen a mesma orixe.) A curiosidade estriba na homofonía con mouro /moura do lat. maurus, "habitante do NE de África, natural da Mauritania" e, asemade, á identificación (ou confusión), na mitoloxía popular galega, dos mouros africanos cos mouros prehistóricos, sendo estes uns seres de poderes extraordinarios, construtores de megálitos e pontes "romanas", gardiáns de tesouros encantados, e moi relacionados cos penedos, castros e muros. Son realidades asimiladas hai miles de anos a aquela raíz da que falabamos. A imaxinación popular fronte a eses topónimos e a esa voz *mor- ou *mour- que, co paso do tempo, nada lle dicía, foina adaptando ata identificala con eses seres mitolóxicos que asumiron o nome dos "mouros" africanos. E hoxe temos unha chea de topónimos que parece que están a falar dalgún tipo de mouros e, en realidade, falan de pedras.

Mourazos (lug. e parroq. de Verín).-- Podería pertencer á familia do parágrafo anterior ou ser un antrotopónimo procedente de Mauratius (o cal á súa vez estaría formado sobre o adxectivo maurus.)

Moure (Gueral, Coles).-- De *(Villa) Mauri, (Vila de Maurus). Mauro, nome latino.

Mouril (lug. da parroq. e Conc. dos Blancos).-- J. M. Piel faino proceder do nome de posesor latino Maurellus.

Mourillós ║ Mourisca ║ A Mourisca║ Mouriscados ║ O Mourisco.-- Ver Moura.

Mouriz (Seoane de Arcos, O Carballiño).-- Antrotopónimo. De *(villa) Mauricii, "(vila) de Mauricius", antropónimo latino.

Mugares (lug. e parroq. de Toén).-- Da voz prerromana muga, “marco, fito, pedra que marca territorios”. Tamén podería ser (en opinión de E.Rivas) un derivado de *mok, *muk, unha raíz preindoeuropea para "altura, prominencia, pico".

Mugueimes (lug. da parroq. e Conc. de Muíños, capitalidade do Conc.).-- É aplicable o dito no comentario anterior sobre o preindoeuropeo *mok, *muk, "altura, prominencia".

Muimenta (lug. e parroq. de Carballeda de Avia).-- Recorda algún monumento megalítico da zona. De monimenta, plural de monimentum, "monumento sepulcral".

Muíños (lug., parroq. e Conc. da Com. da Baixa Limia) -- Pode ser transparente (do lat. molinum), pero hai que dicir que figura nun documento de 1096 como "… Michaele de Remolinos …", o cal seguramente se refire á parroquia de San Miguel, hoxe de Xermeade, o que presenta a dúbida -coa palabra Remolinos- de se falaría de "remuíños" (perdéndose logo a primeira sílaba) ou de "río dos muíños" (resumida en re-muiños). Xentilicio: muiñés, -esa.

Os Muíños (lug. da parroq. e Conc. de Barbadás ║ Alais, Castro Caldelas ║ Rabiño, Cortegada).-- Ver o anterior. Aquí o máis probable é que, efectivamente, se trate da palabra común 'muiños'.

Page 24: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

Mundín (Garabás, Maside ║ Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín).-- De *(Villa) Mundini, de Mundinus. (A raíz xermánica munds -que entra na composición de moitos nomes de persoa- significaba amparo ou refuxio.)

Munín (Espiñeira, O Irixo).-- Antrotopónimo. De *(villa) Munnini, "(vila) de Munninus", antropónimo latino.

Muntián (As Marabillas, Cartelle).-- Persistencia do sintagma *(vila de) Muntilanem.

Muradás (lug. da parroq. e Conc. de Beariz).-- Posiblemente relacionado cun conxunto de muros. Dun hipotético *muradales.

Muradelle (Refoxos, Cortegada).-- Podería ser un diminutivo de muratus, -a, -um, "lugar con muros, amurallado". Pero a terminación recorda a antrotopónimos. Kremer rexistra un sobrenome medieval Amoratus. Un diminutivo deste sería *Amoratellus e o seu xenitivo podería xustificar o noso topónimo.

A Murteira (Tibiás, O Pereiro de Aguiar).-- En portugués o nome do mirto (arbusto Myrtus communis) é murta ou murteira. En galego tamén se chama mirta e arraián e se pode admitir que nalgún momento e lugar (como sería este caso) fose murteira. Hai unha cantiga popular (variante doutra coñecida en toda Galicia sobre "o carballo da Portela") que alude ó "carballo da Merteira". A pesar da vacilación vocálica parece que se está a falar de mirtos.

Murzás (Santa Baia de Berredo, A Bola).-- Fitotopónimo relacionado co anterior, pero colectivo: lugar de mirtos (Myrtus communis). Aínda que hai a posibilidade dun antrotopónimo: Vila Murtia, (Vila de) Murtius.

NNabás (Sadurnín, Cenlle ║ A Cidá, O Irixo).-- Nabo é unha planta comestible moi aproveitable

(Brassica napus). E nabal (ou o seu sinónimo nabeira), unha leira de nabos. Nabás, o plural de nabal.

Nanín (lug. da parroq. e Conc. de Allariz).-- Nome de posesor. De *(villa) Nandini, "(vila) de Nandinus".

O Navallo (lug. e parroq. de Riós ║ O Castro de Laza, Laza).-- Derivado da palabra preindoeuropea nava, "terra chá entre montañas" (base N-B, "auga"), que co paso do tempo puido variar de matices semánticos segundo os lugares. Navallo pode ser un aumentativo ou, contrariamente, un diminutivo formado sobre un latinizado *navaculum. En castelán existe a palabra "navajo" como despectivo de "nava". (V. Naves)

Navea (parroq. da Pobra de Trives).-- Esta parroquia leva o nome do río homónimo, afluente do Bibei, que a percorre. Este nome posiblemente sexa simplemente unha descrición, feita nunha lingua descoñecida anterior á vinda dos romanos. Considérase que nesa hipotética

Page 25: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

lingua a partícula "nav" facía referencia a unha valgada ou depresión. É o caso de "Naves" ou de "Navas" en outras terras. Pero o río Navea, encaixado entre montes, fondo e con grandes gargantas é un caso claro do que supostamente ese "nav" querería dicir.

Naveaus (O Castro de Laza, Laza).-- Pode ser un xentilicio referido a uns "naveaus", xente vida de Navea (parroquia de Trives) ou de Navia (Lugo).

Naves (Palmés, Ourense).-- Joseph M. Piel expón que o apelativo 'nave' en Portugal ou 'nava' en España designa "terra plana situada entre montañas", sendo como topónimo, tanto en singular coma en plural, "frequentíssimo em todas as épocas e regiões peninsulares." O portugués José Pedro Machado atribue a Nava / Nave o significado de "campo raso; terra baixa e plana; planura, planície" e supón que o termo representa unha forma indíxena exclusiva do latín hispánico. O tamén portugués Pedro A. Ferreira di que o nome da rexión española de Navarra “vem do antigo castelhano ou espanhol nava -planície- e do basco erria -país, terra-”. Suponse que este topónimo fala dunha chaira elevada que pola súa forma pode concentrar auga de chuvia. (Soe usarse en plural.) ║ Cerca deste lugar ourensán está o mosteiro (hoxe en ruínas) de Santa Comba de Naves o cal adoptou ese nome por ser Naves o lugar habitado máis cercano.

Navío (parroq. de San Amaro).-- Hidrotopónimo. A raíz hidronímica *snau deu en lat. navigium, ii, "navío". En consecuencia o tóponimo, segundo a súa antigüidade, tanto puido ser formado desde o latín coma desde unha lingua prelatina.

Názara (parroq. e Conc. de Cenlle).-- Uns lembran a palabra hispano-árabe naṣara que indicaba "cristiáns baixo a protección do Islam", concepto equivalente ó de mozárabe nos romances. ║ Outros relaciónano co nome da cidade palestina de Nazareth citada nos Evanxeos. Por ex. E. Rivas supeditao a Nazarius, nome masculino procedente do adxectivo étnico correspondente a Nazareth. ║ E. J. M. Piel, falando non deste sitio senón de Villanázar (Zamora), supón que ven do bíblico Lázarus. Do xenitivo Lazari, con enmudecemento do "i" final e troco do "l" inicial por "n". Recorda que o nome árabe Nasser ten a mesma orixe. Tamén o propón como derivado do antropónimo Nazarius.

Neboeiro (Figueiroá, Paderne de Allariz).-- Neboeiro é palabra común para designar unha néboa espesa e baixa, pero o topónimo tamén podería vir do lat. nebularium, -ii, "casa para gardar as méses en tempo de néboa".

Negrelle (parroq. e Conc. de Maside ║ Quins, Melón).-- Antrotopónimo. Xenitivo de Nigerellus, diminutivo do nome latino Niger ou Nigellus.

Nespereira (A Carballeira, Nogueira de Ramuín).-- Nome da árbore froiteira (a Eriobotrya japonica) que da as nésperas.

A Neta (Coucieiro, Paderne de Allariz).-- Podería ser o que parece ["(a casa de) a neta")], pero

resulta raro que se use como topónimo (salvo que o uso toponímico proceda do propio avó). Se non fose polo artigo habería que pensar nun antroponímico xa que houbo o nome

Conoçuda cousa seia a todos que eu Moor Aras, moredeira en Palmés, jacendo cun grande doenza, pero cum todo meu siso e cum todo meu entendemento, teño por ben de mandar do que ei ao moesteyro de Santa Coonba de Naves por emenda dalguas cousas, se as ouue desse moesteyro e prior que mas perdoe.Testamento. 1302. Vida e fala dos devanceiros.

Page 26: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

propio Neta, inspirado en Netos, deus celta, ou en *Neto, "guerreiro", que é a orixe dos topónimos Neda da Coruña e Lugo. Tamén houbo na Idade Media -e hai agora- o apelido Neto coa particularidade de que daquelas non había problema en flexionar o xenero de determinados apelidos. (Claro que o artigo tamén puido ser un "remendo" posterior para adaptalo a unha palabra presuntamente coñecida.)

Nigueiroá (Parderrubias, A Merca ║ San Miguel do Campo, Nogueira de Ramuín ║ Guillamil, Rairiz de Veiga ║ lug. da parroq. e Conc. de Verea ║ parroq. de Bande).-- Diminutivo de "Nogueira". Variante de Nogueiroa (<Nugariola). (V. Nocedo, …)

Niñodaguia (lug. e parroq. de Baltar).-- A pesar da súa forma contraída é transparente para os falantes galegos: "niño de aguia", antes nidum aquile.

Noalla (lug. e parroq. de San Cibrao das Viñas) ║ A Ponte Noalla (outro lug. desa mesma parroq. de Noalla).-- Testimuñado como Noalia no 1096. Procede do tema *Noig- relacionado coa idea de ‘lavar’. Podería ser, por exemplo, ‘lavadoiro’. É a mesma raíz que a de Noia e moitos outros topónimos. Hai outro Noalla en Sanxenxo (Pontevedra). Un Noallo en Castrelo de Miño (que vemos a continuación) e outro en Touro (A Coruña), etc., pero todos eles á beira do mar ou dun río, coma este de San Cibrao que está xunto ó Barbaña. En Noalla, en vez de Noia, o morfema final podería estar enmascarando algún sufixo, quizais de diminutivo.

Noallo de Abaixo e Noallo de Arriba (2 lugares da parroq. de Barral, Castrelo de Miño).-- Igual ca o anterior. Son dous lugares separados 200 m. entre si e tanto un coma o outro están nunha zona rica en regatos, todos eles tributarios do río Miño, no encoro de Castrelo.

Nocedo (lug. e parroq. dos Blancos) ║ Nocedo do Val (lug. e parroq. de Castrelo do Val) ║ Nogaledo (Forcadelo e Nogaledo, O Barco de Valdeorras) ║ Noguedo (Alais, Castro Caldelas) ║ O Noguedo (Chandrexa, Parada de Sil).-- Segue nos parágrafos de Nogueira, etc. É a mesma motivación fitonímica.

Nocelo (parroq. e Conc. de Baños de Molgas ║ Sobreganade, Porqueira) ║ Nocelo da Pena (lug. e parroq. de Sarreaus).-- Aínda que puidera parecer un derivado de nucella, -ae, (diminutivo de noz, nociña) o máis probable (seguindo a Joaquín Caridad) é que esteamos ante un antrotopónimo celta baseado no nome Nocus, Nocelianus ou similar.

Nogueira de Ramuín (lug., parroq. e Conc. da Com. de Ourense).-- Ver o parágrafo seguinte. (O xentilicio é nogueirao, -eirá.)

Nogueira (lug. e parroq. de Montederramo ║ A Manchica, A Merca ║ A Mezquita, A Merca ║ Abeleda, A Teixeira ║ Boazo, A Teixeira ║ Xendive, Boborás ║ Lamas, Leiro ║ Monte Longo, Lobeira ║ O Castro de Beiro, Ourense ║ lug. da parroq. e Conc. de Padrenda ║ Castrelo, San Cristovo de Cea ║ Domés, Verea)║ Nogueira de Abaixo e Nogueira de Arriba (lugares da parroq. de Betán, Baños de Molgas) ║ A Nogueira (Vilela, Punxín) ║ Nogueiras (Calvos, Calvos de Randín) ║ As Nogueiras (Pumares, Carballeda de Valdeorras) ║ Nogueiredo (lug. da parroq. e Conc. da Arnoia ║ lug. da parroq. e Conc. de Castrelo de Miño).-- Unha árbore tan garrida e maxestosa como pode ser a nogueira sempre é unha boa referencia espacial, sobre todo se non hai máis nos arredores. Esa referencia, previa á formación dun topónimo, tanto se pode dar cunha árbore soa (Nogueira, Noceda) coma cun grupo delas (Nogueiredo, Nocedo, Nogaledo, Noguedo). Con todo hai un certo consenso en aceptar (como pasa con outras especies) que o singular (neste caso Nogueira) podería ter un valor colectivo. A nogueira (lat. nucaria) é a

Page 27: Laceira é unha palabra do galego (equivalente á castelá ... · choradeiras, a opinión máis firme é a de que se trata dun derivado do prelatino 'laxe' en alusión ás grandes

especie Juglans regia, traída a Galicia polos romanos.

Nogueiró (O Mundil, Cartelle) ║ Nogueiroa (Parada de Labiote, O Irixo).-- Ver o parágrafo anterior. Nogueiroá e Nogueiró son diminutivos, do medieval Nugariola.

Nonás (Moldes, Boborás).-- Nome de posesor. De *(villa) Nonnanis, "(vila) de Nonno". (Nonno é o actual Nuño.)

O Noval (O Pao, Gomesende).-- Do lat. novale, -is, "rotura dun campo para cultivar", deriva a palabra galega "noval", terreo que se comeza a cultivar por primeira vez.

Novás (lug. e parroq. de Xinzo de Limia ║ Coedo, Allariz).-- É o visto no anterior. Aquí está en plural para referirse a varios eidos "novos".