8
MARZO 2012 nº 38 - Ano IV Co o amor ao próximo aclaras as túas pupilas para mirar a Deus. (San Agustín de Hipona) CARTA PASTORAL CORESMA 2012: “Velar por Deus e velar polo home. Volver a Deus e volver ao home. Queridos diocesanos: A Coresma “é un tempo propicio para que, coa axuda da Palabra de Deus e dos Sacramentos, renovemos o noso camiño de fe, tanto persoal coma comunitaria”, e respondamos á chamada conversión que esixe conformarnos con Cristo. A liturxia coresmal axúdanos a recordar “o home tal como foi querido por Deus, tal como El o elixiu eternamente, chamado, destinado á graza e á gloria”. (…) A conversión recupera o home para a salvación e a santidade na experiencia da relación persoal con Deus, sabendo que só alcanzaremos esa conciencia humilde na medida que a nosa oración nos abre ao coñecemento da vontade de Deus e nos dá forza para cumprila. Neste sentido urxe revitalizar o noso bautismo, comprobando se as promesas bautismais teñen incidencia na nosa vida. O noso drama como cristiáns é rematar vivindo como os que renunciaron á santidade bautismal. A conversión e a santificación real son sempre un don gratuíto da iniciativa divina para lograr o encontro persoal de cada home con Cristo. (…) Os criterios de ver as cousas como os homes e non como Deus fannos pensar que unha actitude penitencial e a negación real dun mesmo non se adecúa á condición humana. A Coresma ofrécenos a oportunidade de afondar na importancia da Palabra de Deus, do xaxún e da caridade para asumir o noso compromiso . A lectura da Sagrada Escritura é un camiño privilexiado para afondar na nosa relación con Deus pois a luz da súa Palabra nos axuda a facer unha lectura crente da realidade. Así o contemplamos no noso plan pastoral diocesano. É necesario familiarizarse coa Biblia sabendo que como escribe san Xoán Crisóstomo, “ningún acto de virtude pode ser grande se del non se segue tamén proveito para os outros... Así pois, por máis que te pases o día en xaxúas, por máis que durmas sobre o duro chan, e comas cinza, e suspires continuamente, se non fas ben a outros, non fas nada grande”. (…) O xaxún que Deus quere é compartir o noso pan co famento, axudando a tantas persoas que están a reclamar a nosa solidariedade, non só co que nos sobra senón mesmo co que necesitamos; acompañar os que están enfermos no seu corpo ou no seu espírito e denunciar toda inxustiza. O noso xaxún como xesto profético e acción eficaz, cobra sentido para que outros non xaxúen á forza, e acredita a nosa mensaxe evanxélica. (…). A caridade, “corazón da vida cristiá”, é signo da conversión cristiá. Lévanos a “fixar a mirada no outro, ante todo en Xesús, e a estar atento os uns aos outros, a non se mostrar estraños, indiferentes á sorte dos irmáns. Non obstante, con frecuencia prevalece a actitude contraria: a indiferenza ou o desinterese, que nace do egoísmo, encubrido baixo a aparencia do respecto pola “esfera privada”. A nosa conversión non consiste en adquirir a perfección en solitario e pola nosa conta, senón en ser mellores fillos de Deus, mellores irmáns e amigos, en particular dos que sofren e esperan a nosa axuda. “O gran mandamento do amor aos demais esixe e urxe a tomar conciencia de que temos unha responsabilidade respecto a quen, como eu, é criatura e fillo de Deus: o feito de ser irmáns en humanidade e, en moitos casos, tamén na fe, debe levarnos a ver no outro a un verdadeiro alter ego, a quen o Señor ama infinitamente”. (…) Que en oración con María, a Coresma sexa un camiño de esperanza, ao dispoñernos a celebrar a maior festa do ano, a Pascua, que trae a alegría que nunca remata: Xesús está vivo e reconciliounos. Facendo este itinerario convosco, saúdavos con todo afecto e bendice no Señor, Julián Barrio Barrio Arcebispo de Santiago SUMARIO Entrevista co Arcebispo Rostros do Barrio (Páxina 2) Bautismo: os seus símbolos (Páxina 3) Á calor da Palabra (Páxina 4) Cousas da rapazada Novas (Páxina 5) Avanzando na Ensinanza Social da Igrexa (Páxina 6) O noso Entroido (Páxina 7) Axenda (Páxina 8)

LARADA MARZO

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista parroquial mensual

Citation preview

Page 1: LARADA MARZO

re v is ta p a rro q u ia l m e n s u a l d e S a n C ris to v o d a s v iñ a sM a rz o 2 0 0 9 n º2 - A n o I

MARZO 2012 nº 38 - Ano IV Co o amor ao próximo aclaras as túas pupilas para mirar a Deus. (San Agustín de Hipona)

CARTA PASTORAL CORESMA 2012: “Velar por Deus e velar polo home. Volver a Deus e volver ao home”.

Queridos diocesanos:

A Coresma “é un tempo propicio para que, coa axuda da Palabra de Deus e dos Sacramentos, renovemos

o noso camiño de fe, tanto persoal coma comunitaria”, e respondamos á chamada conversión que esixe

conformarnos con Cristo.

A liturxia coresmal axúdanos a recordar “o home tal como foi querido

por Deus, tal como El o elixiu eternamente, chamado, destinado á graza e á

gloria”. (…) A conversión recupera o home para a salvación e a santidade na

experiencia da relación persoal con Deus, sabendo que só alcanzaremos esa

conciencia humilde na medida que a nosa oración nos abre ao coñecemento da

vontade de Deus e nos dá forza para cumprila.

Neste sentido urxe revitalizar o noso bautismo, comprobando se as

promesas bautismais teñen incidencia na nosa vida. O noso drama como

cristiáns é rematar vivindo como os que renunciaron á santidade bautismal. A

conversión e a santificación real son sempre un don gratuíto da iniciativa divina

para lograr o encontro persoal de cada home con Cristo. (…)

Os criterios de ver as cousas como os homes e non como Deus fannos

pensar que unha actitude penitencial e a negación real dun mesmo non se adecúa á

condición humana. A Coresma ofrécenos a oportunidade de afondar na

importancia da Palabra de Deus, do xaxún e da caridade para asumir o noso

compromiso . A lectura da Sagrada Escritura é un camiño privilexiado para afondar

na nosa relación con Deus pois a luz da súa Palabra nos axuda a facer unha lectura

crente da realidade. Así o contemplamos no noso plan pastoral diocesano. É

necesario familiarizarse coa Biblia sabendo que como escribe san Xoán

Crisóstomo, “ningún acto de virtude pode ser grande se del non se segue tamén

proveito para os outros... Así pois, por máis que te pases o día en xaxúas, por máis

que durmas sobre o duro chan, e comas cinza, e suspires continuamente, se non fas

ben a outros, non fas nada grande”. (…)

O xaxún que Deus quere é compartir o noso pan co famento, axudando a

tantas persoas que están a reclamar a nosa solidariedade, non só co que nos sobra

senón mesmo co que necesitamos; acompañar os que están enfermos no seu corpo

ou no seu espírito e denunciar toda inxustiza. O noso xaxún como xesto profético e

acción eficaz, cobra sentido para que outros non xaxúen á forza, e acredita a nosa

mensaxe evanxélica. (…). A caridade, “corazón da vida cristiá”, é signo da

conversión cristiá. Lévanos a “fixar a mirada no outro, ante todo en Xesús, e a estar

atento os uns aos outros, a non se mostrar estraños, indiferentes á sorte dos irmáns.

Non obstante, con frecuencia prevalece a actitude contraria: a indiferenza ou o

desinterese, que nace do egoísmo, encubrido baixo a aparencia do respecto pola

“esfera privada”.

A nosa conversión non consiste en adquirir a perfección en solitario e pola

nosa conta, senón en ser mellores fillos de Deus, mellores irmáns e amigos, en

particular dos que sofren e esperan a nosa axuda. “O gran mandamento do amor aos

demais esixe e urxe a tomar conciencia de que temos unha responsabilidade respecto a quen, como eu, é criatura e

fillo de Deus: o feito de ser irmáns en humanidade e, en moitos casos, tamén na fe, debe levarnos a ver no

outro a un verdadeiro alter ego, a quen o Señor ama infinitamente”. (…)

Que en oración con María, a Coresma sexa un camiño de esperanza, ao dispoñernos a celebrar a maior

festa do ano, a Pascua, que trae a alegría que nunca remata: Xesús está vivo e reconciliounos. Facendo este

itinerario convosco, saúdavos con todo afecto e bendice no Señor,

Julián Barrio Barrio

Arcebispo de Santiago

SUMARIO

Entrevista co Arcebispo

Rostros do Barrio

(Páxina 2)

Bautismo: os seus

símbolos

(Páxina 3)

Á calor da Palabra

(Páxina 4)

Cousas da rapazada

Novas

(Páxina 5)

Avanzando na Ensinanza

Social da Igrexa

(Páxina 6)

O noso Entroido

(Páxina 7)

Axenda

(Páxina 8)

Page 2: LARADA MARZO

A FUME DE CAROZO

ENTREVISTA CON EL ARZOBISPO

Un grupo de representantes de nuestra parroquia se reunió el pasado 16 de febrero con el arzobispo

de Santiago, Don Julián Barrio, en su despacho coruñés del Hogar de Santa

Margarita, después de solicitar la entrevista el Consejo Parroquial. Allí, Don

Julián se mostró profundamente apenado por la muerte de Miguel, del que

expresó su aprecio personal y sacerdotal. Los presentes pudimos constatar la

sinceridad de los sentimientos de nuestro obispo, aunque también le

manifestamos que hubiera sido oportuno que nos hubiese visitado en las fechas

posteriores al fallecimiento de Miguel.

Envió un mensaje de apoyo y ánimo para la parroquia, y solicitó que

siguiéramos trabajando de la misma forma en que estábamos haciendo hasta

este momento.

Anunció el nombramiento del párroco de La Milagrosa, Juan Cartelle,

como Administrador Parroquial y explicó que habrá que esperar un tiempo

indeterminado para que haya nuevo párroco. El arzobispo coincidió en que debería buscarse una persona que

siga la línea pastoral y social marcada por Miguel y anteriores párrocos.

ROSTROS DEL BARRIO

Este mes, en esta sección, publicamos la carta que el párroco de La Milagrosa, D. Juan

Cartelle Deus, nos dirige como recién nombrado Administrador Parroquial, así como el propio

nombramiento . Aunque no es un “rostro” del barrio, en estos momentos es una figura de referencia para

nosotros. Por ello, aquí reproducimos su mensaje, agradeciéndole su actitud de servicio y ofreciéndole toda

nuestra colaboración.

“A los feligreses de San Cristovo das Viñas:

La muerte de vuestro párroco nos llenó de dolor y también dejó un vacío en nuestro presbiterio

diocesano. Con motivo de este luctuoso acontecimiento, el Sr. Vicario Territorial nos convocó a los

sacerdotes del Arciprestazgo de Monelos, al que vuestra parroquia también pertenece, porque era urgente dar

respuesta a la situación de necesidad que se había producido. A esta llamada, todos los compañeros nos

mostramos dispuestos a colaborar en la medida de nuestras posibilidades.

Por cercanía, y para evitar mayores dificultades para todos, se pensó que una inmediata solución

podría ser que las necesidades más perentorias se atendiesen desde la parroquia La Milagrosa, y los demás

sacerdotes prestarían su ayuda en caso de ser necesaria. Y así vino ocurriendo hasta ahora.

Recientemente, el Sr. Arzobispo me nombró

Administrador Parroquial de vuestra parroquia. Según el

Derecho Canónico, el nombramiento de Administrador

Parroquial supone que es un encargo transitorio que

deberá durar un tiempo limitado. Acepté el encargo y así

hoy os lo comunico. Desde él me ofrezco para serviros,

esperando también que vosotros sepáis comprender la

realidad de mis limitaciones. Cuento, lógicamente, con

la ayuda del Consejo Parroquial, con la de todos los

agentes de pastoral, y, en fin, con la colaboración y

comprensión de todos los feligreses. Espero y deseo que

El Sr. Arzobispo pronto pueda enviaros un nuevo

párroco. Hasta entonces, reitero que estoy a vuestra

disposición.

Para posibilitar un mejor servicio, además de los

teléfonos de esta parroquia, os facilito también el mío

personal (981 249 556) y el de la parroquia de La

Milagrosa (981 230 239).

Con mi sincero afecto en el Señor.

Juan Cartelle Deus”

Page 3: LARADA MARZO

A LAREIRA

BAUTISMO: OS SEUS SÍMBOLOS

No anterior número falamos do que significa o Bautismo; agora pretendemos achegarnos máis a este

sacramento explicando algún dos Símbolos que se utilizan ao bautizarse.

A Auga

A calquera que lle preguntemos cal é o principal símbolo do bautismo nos contestará que a auga. A

auga é a orixe de calquera tipo de vida. É o amor de Deus que se derrama sobre nós e que non se esgota

nunca porque é alimentado pola fonte que non se seca nunca. Sempre poderemos beber desta auga cando o

noso amor humano se faga fráxil, cando se nos escape das mans.

A auga do bautismo nos purifica dos erros pasados e nos renova para que vivamos como persoas

novas. Todo o que pesa sobre o neno é lavado no bautismo, é un nacemento espiritual, o neno non está

determinado polo pasado, senón que se abre á novidade que Deus desexa obrar nel.

O Bautismo significa o novo nacemento, a incorporación a Cristo no

misterio da súa Morte e Resurrección. No Bautismo o neno renace á vida

eterna, e polo tanto é divinizado, xa non é carne, xa non é fráxil e débil, senon

que é espírito, participa da eternidade de Deus.

A Vestidura Branca

“N., es unha nova criatura e fuches revestido de Cristo. Esta vestidura

branca sexa signo da túa dignidade de cristián. Axudado pola palabra e o

exemplo dos teus, consérvaa sen mancha ata a vida eterna”.

Impoñer a vestidura non é só algo exterior, senón algo que transforma

toda a persoa, incluso o seu corazón. Polo Bautismo nos convertemos nun ser

novo, adquirimos unha nova existencia.

Nunha sociedade consumista como a nosa, na que a dignidade das

persoas depende de como van vestidas, da moda que seguen, das marcas que

usan, os cristiáns deberiamos preguntarnos que fixemos da nosa "vestidura branca" bautismal e verifìcar se,

como di San Pablo, "fomos revestidos de Cristo" (cfr Gá1 3.27).

O óleo dos catecúmenos: marcados co aceite para a salvación.

É a unción con aceite que precede ao Bautismo. Co óleo dos catecúmenos se fai a unción sobre o

peito dos que van a recibir o Bautismo. Significa a forza e o vigor que o Espírito nos dá para vivir como

cristiáns seguidores de Xesús, para comportarnos como os seus verdadeiros discípulos, para loitar contra o

pecado e para perseverar ata a morte na fe.

A unción co Santo Crisma que segue ao Bautismo

A primeira unción posbautismal co crisma, se fai na caluga do bautizado. A crismación significa aquí

unha realidade de comuñón: comuñón que vén da rexeneración bautismal, e ten como efecto a agregación ao

pobo de Deus como membros do corpo de Cristo.

O sinal da Cruz

O celebrante, os pais e padriños signan ao que vai a ser bautizado na frente coa cruz. Desta forma

culmina a acollida que a comunidade cristiá fai ao bautizando. A cruz, que na antigüidade era símbolo de

suplicio, con Xesús convértese en Cruz Salvadora, é o sinal principal dos cristiáns, Deus nos salva na Cruz

de Xesús.

A Luz, vela acendida no Cirio Pascual

A vela ten dous significados: é Cristo como luz que iluminará a vida do bautizado e é sinal de que o

bautizado ten a misión de ser luz do mundo.

Este artigo, como é evidente, non pretende ser unha análise exhaustiva dos símbolos do bautismo e

do seu significado. Os símbolos non deixan de ser iso, símbolos, e está ben entender o que significan, sobre

todo cando se fan, pero o realmente importante nas nosas vidas ten que ser a forma de vivir. "Mirade como

se aman" dicían dos primeiros cristiáns. Pois amémonos como nos mandou Xesús, e así realmente será como

nos acheguemos a Deus e aos nosos irmáns.

Yolanda e Juan

Page 4: LARADA MARZO

Á CALOR DA PALABRA

Domingo 11 (Jn 2,13-25)

Se acercaba la Pascua de los judíos. Jesús subió a

Jerusalén y encontró en el Templo a los

vendedores de bueyes, ovejas y palomas y a los

cambistas sentados delante de sus mesas.

Hizo un látigo de cuerdas y los echó a todos del

Templo, junto con sus ovejas y sus bueyes;

desparramó las monedas de los cambistas, derribó

sus mesas y dijo a los vendedores de palomas:

"Saquen esto de aquí y no hagan de la casa de mi

Padre una casa de comercio". (…)Entonces los

judíos le preguntaron: "¿Qué signo nos das para

obrar así?". Jesús les respondió: "Destruyan este

templo y en tres días lo volveré a levantar". Los

judíos le dijeron: "Han sido necesarios cuarenta y

seis años para construir este Templo, ¿y tú lo vas

a levantar en tres días?". Pero él se refería al

templo de su cuerpo. (…). Mientras estaba en

Jerusalén, durante la fiesta de

Pascua, muchos creyeron en su

Nombre al ver los signos que

realizaba. Pero Jesús no se fiaba

de ellos, porque los conocía a

todos y no necesitaba que lo

informaran acerca de nadie: él

sabía lo que hay en el interior del

hombre.

Domingo 18 (Jn 3,14-21)

De la misma manera que Moisés levantó en alto la

serpiente en el desierto, también es necesario que

el Hijo del hombre sea levantado en alto,

para que todos los que creen en él tengan Vida

eterna. Sí, Dios amó tanto al mundo, que entregó

a su Hijo único para que todo el que cree en él no

muera, sino que tenga Vida eterna. Porque Dios

no envió a su Hijo para juzgar al mundo, sino para

que el mundo se salve por él. (…) En esto

consiste el juicio: la luz vino al mundo, y los

hombres prefirieron las tinieblas a la luz, porque

sus obras eran malas. Todo el que obra mal odia

la luz y no se acerca a ella, por temor de que sus

obras sean descubiertas. En cambio, el que obra

conforme a la verdad se acerca a la luz, para que

se ponga de manifiesto que sus obras han sido

hechas en Dios".

Domingo 25 (Jn 12,20-33)

Entre los que habían subido para adorar durante la

fiesta, había unos griegos que se acercaron a

Felipe, el de Betsaida de Galilea, y le dijeron:

"Señor, queremos ver a Jesús". Felipe fue a

decírselo a Andrés, y ambos se lo dijeron a Jesús.

El les respondió: "Ha llegado la hora en que el

Hijo del hombre va a ser glorificado. Les aseguro

que si el grano de trigo que cae en la tierra no

muere, queda solo; pero si muere, da mucho

fruto. El que tiene apego a su vida la perderá; y el

que no está apegado a su vida en este mundo, la

conservará para la Vida eterna. El que quiera

servirme que me siga, y donde yo esté, estará

también mi servidor. El que quiera servirme, será

honrado por mi Padre. (…)Ahora ha llegado el

juicio de este mundo, ahora el Príncipe de este

mundo será arrojado afuera; y cuando yo sea

levantado en alto sobre la tierra, atraeré a todos

hacia mí". Jesús decía esto para indicar cómo iba

a morir.

Domingo 1de abril (Mc 14,1-72.15,1-47)

DOMINGO DE RAMOS

Faltaban dos días para la fiesta de

la Pascua y de los panes Acimos.

(…) Mientras Jesús estaba en

Betania, comiendo en casa de

Simón el leproso, llegó una mujer

con un frasco lleno de un valioso

perfume de nardo puro, y

rompiendo el frasco, derramó el

perfume sobre la cabeza de

Jesús. Entonces algunos de los que estaban allí se

indignaron y comentaban entre sí: "¿Para qué este

derroche de perfume? Se hubiera podido vender

por más de trescientos denarios para repartir el

dinero entre los pobres". Y la criticaban. Pero

Jesús dijo: "Déjenla, ¿por qué la molestan? Ha

hecho una buena obra conmigo. A los pobres los

tendrán siempre con ustedes y podrán hacerles

bien cuando quieran, pero a mí no me tendrán

siempre. (…). Judas Iscariote, uno de los Doce,

fue a ver a los sumos sacerdotes para entregarles a

Jesús(…) El primer día de la fiesta de los panes

Acimos, cuando se inmolaba la víctima pascual,

los discípulos dijeron a Jesús: "¿Dónde quieres

que vayamos a prepararte la comida pascual?". El

envió a dos de sus discípulos, diciéndoles: "Vayan

a la ciudad; allí se encontrarán con un hombre que

lleva un cántaro de agua. Síganlo, y díganle al

dueño de la casa donde entre: El Maestro dice:

'¿Dónde está mi sala, en la que voy a comer el

cordero pascual con mis discípulos?'. El les

mostrará en el piso alto una pieza grande,

arreglada con almohadones y ya dispuesta;

prepárennos allí lo necesario" (…)

Page 5: LARADA MARZO

MUXICAS

COUSAS DA RAPAZADA

Los niños y niñas del grupo de 2º, os deseamos una Cuaresma en la que crezca en todos, la

esperanza de una vida feliz.

LOS JÓVENES EN ACCIÓN: RASTRO PARROQUIAL

El Grupo de Jóvenes de San Cristóbal va a

llevar a cabo los días 18 y 25 de Marzo después de

misa de 11:30 (hasta las 13:00) en los Locales

Parroquiales un rastro de libros, juguetes, artículos

de regalo… con el fin de recaudar fondos para la

parroquia

Esperamos que participemos muchos y

muchas en esta iniciativa y que resulte satisfactoria

para toda la comunidad.

¡Os esperamos!

JORNADAS PASTORALES ARCIPRESTAZGO DE MONELOS

“PARA ORAR Y VIVIR LA PALABRA”

Se celebrarán los días 13, 14 y 15 de marzo, en la parroquia de A Resurrección do

Señor, a las 20,30 horas, con el siguiente programa:

Martes, 13: “Claves para entender el Nuevo Testamento”.

Ponente: Dña. Teresa Vilariño.

Miércoles, 14: “Evangelio de San Marcos”.

Ponente: D. Javier Martínez Prieto.

Jueves, 15: “Presentación del Movimiento Bíblico”.

Ponentes: Componentes del Movimiento Bíblico.

Page 6: LARADA MARZO

BRASAS

AVANZANDO NA ENSINANZA SOCIAL DA IGREXA

Disque algúns pobos empregan poucos números para facer contas, menos de cinco incluso. E

o resto? Ou fan sumas (p.ex. 3 máis 3 e outros 3) ou chega un intre que abonda con dicir que son

'moitos'... Nós contaremos máis (uns ata de tanto contar enchen os petos con cartos públicos, pero

disto mellor falamos outro día), pero a partires dun número xa toleamos, e se de falamos de persoas,

finalmente admitimos que mil millóns son moitas, así que razón non lles falta a eses pobos.

Isto vén a conto da anguria que sentimos ante as cifras da

fame. Cada cinco segundos morre de fame un neno menor de dez

anos, 37.000 persoas morren de fame cada día e 1.000 millóns,

dos 7.000 que somos, malviven por escaseza de alimentación. A

cuestión non é que non haxa comida para todo o mundo: mentira!

Segundo o último informe sobre a inseguridade alimentaria

elaborado pola FAO, a agricultura mundial podería nutrir con

normalidade (2.200 calorías diarias por persoa adulta) a 12.000

millóns de persoas, é dicir, case ao dobre da poboación mundial.

Jean Ziegler, exrelator especial da ONU para o dereito de

alimentación, sinala dúas consecuencias da crise financeira de

2.007-2.008: primeiro, os fondos especulativos (hedge funds) e os

grandes bancos abandonaron os mercados financeiros para

orientarse cara mercados de bens primarios. Coma sempre, os

pobres son os máis prexudicados, xa que os prezos dos tres

alimentos básicos que cobren o 75% do consumo mundial (millo, arroz e trigo), subiron como a

pólvora: en 18 meses, o prezo do millo medrou un 98%, a tonelada de arroz pasou de 105 $ a 1.010 $

e a de trigo para fariña dobrou o seu prezo dende setembro de 2.010. Esta explosión de prezos

produce beneficios astronómicos aos especuladores, pero mata a milleiros de mulleres, homes e

nenos...

A segunda consecuencia é a depredación deses fondos e outros especuladores polas terras

cultivables do hemisferio sur. En 2.011, só en África 41 millóns de hectáreas de terras cultivables

foron acaparadas por fondos de inversións e multinacionais, coa expulsión de pequenos campesiños.

Cómpre denunciar ao Banco Mundial e o Banco Africano de Desenvolvemento, que financian estes

roubos de terras: é falso que a solución virá da cesión das terras ás multinacionais. Máis axeitado

sería colaborar para que eses países sexan capaces de investir en agricultura e dar aos labregos

instrumentos que aumenten a súa produtividade: ferramentas, rego, boas sementes, abonos.

Isto fainos lembrar as intuicións profundas manifestadas no Documento de Puebla de 1.979,

da Conferencia do episcopado latinoamericano, e que resoan cada febreiro co gallo da campaña da

igrexa contra a fame no mundo: “Hai mecanismos que, por atoparse impregnados non dun auténtico

humanismo senón de materialismo, producen a nivel internacional ricos cada vez máis ricos a costa

de pobres cada vez máis pobres. Tales mecanismos maniféstanse nunha sociedade programada as

máis das veces á luz do egoísmo, nas manipulacións da opinión pública, en expropiacións invisibles

e en novas formas de dominio supranacional, pois medran as distancias entre as nacións ricas e

pobres. Hai que engadir, ademais, que en moitos casos o poder de empresas multinacionais

sobreponse ao exercicio da soberanía das nacións e ao pleno dominio dos seus recursos naturais.”

Pode que non coñezamos moito das vidas de S. Jerónimo e S. Basilio, pero compartimos o

que sinalaban no s. IV de que “Todas as riquezas proceden da inxustiza” ou “Non es ti un avaro, non

es ti un ladrón, pois tomas como propias as cousas que recibiches para administrar?”. Haberá quen

diga que eran radicais de máis. Claro que si! Radicais por ir á raíz, ao profundo, e mentiriamos se

pechamos os ollos e esquecemos a relación causal clara e directa entre a acumulación de riqueza, por

un lado, e o empobrecemento, por outro. Uns son ricos porque outros son pobres, como di o

moralista Gregorio Iriarte. Uns vanse enriquecendo (países, clases sociais, persoas) na medida en que

outros se van empobrecendo, e isto é extrapolable tamén na nosa sociedade occidental.

Para unha denuncia profética deste xenocidio, cómpre que nos informemos, que apoiemos

aos colectivos que traballan por reducir un dos meirandes problemas da humanidade e que “vivamos

sinxelamente para que outros, sinxelamente, poidan vivir”.

Alfredo Losada

Page 7: LARADA MARZO

LUME ABERTO

O NOSO ENTROIDO

O domingo 19 de febreiro celebramos o entroido na nosa parroquia. Pola mañá, na

celebración da Eucristía fixemos unha pequena representación na que descubrimos que ninguén é

máis ca ninguén e que todos e todas somos necesarios, que xuntos é como podemos facer un mundo

mellor.

Pola tarde, fixemos unha festa na que houbo postres moi saborosos, bailes, xogos, talleres de

manualidades, un escalextrix e premios para todos! Non faltou de nada! Queremos agradecer dende

aquí a participación e colaboración de pais, nais, nenos, nenas, catequistas,… porque a festa foi

posible grazas a todos. Por iso só podemos dicir: Grazas. Grazas pola vosa presenza, pola vosa

colaboración, por axudarnos a ser comunidade.

Page 8: LARADA MARZO

AGENDA MARZO 2012

INTENCIONES MISAS

Semana del 5 al 11:

Sábado 10:

18,30 h.: Por Luís Bello Mena.

Domingo 11:

13,00 h.: Dominga Landeira y esposo

Semana del 12 al 18: Sábado 17:

18,30 h.: Por los difuntos de la familia

Garea Loureiro

Domingo 18:

13,00 h.: Por José María Gómez Uzal.

Semana del 19 al 25:

Jueves 22: 20,15 h.: Aniversario de Fernando

Rabuñal Martínez y Antonia Rodero

Lareo.

Sábado 24:

17,30 h.: Aniversario de Carmen Suárez Rey

18,30 h.: Aniversario de José Antonio Veira

Suárez.

Domingo 25:

13,00: Por José Sánchez Varela, Begoña Soliño

y difuntos de la familia.

Semana del 26 de marzo al 1 de abril:

Sábado 31:

18,30 h.: Intención de José Rivas Vázquez.

Domingo 1: (DOMINGO DE RAMOS)

13,00h.: Intención de Jaime Villares

Descansan en la Paz del Padre:

Jesusa Ruanova Veiras

Enrique Grela Candame

Dolores Moreira Cancela

Se incorporó a la comunidad cristiana por el bautismo.

¡Bienvenid@!:

* Hugo Munuera Montes

REUNIONES PARROQUIALES: Martes, 13: LITURGIA (16 h)

Viernes, 9: CATEQUISTAS (21 h)

HORARIO ATENCIÓN DESPACHO PARROQUIAL:

Despacho Parroquial: martes y viernes, de 18 h. a 20 h.

Despacho Cáritas: todos los miércoles, de 19 h a 20 h.

HORARIO CELEBRACIONES :

Domingo de Ramos: Bendición de los ramos a las 12,45 horas en

el atrio de la Iglesia Parroquial.

Jueves Santo: Celebración de la Última Cena del Señor, a las 18 h.

horas (Iglesia Parroquial).

Viernes Santo: Celebración de la Pasión y Muerte del Señor, a las

18 horas (Iglesia Parroquial).

Sábado Santo: Celebración Vigilia Pascual, a las 21 horas (Iglesia

Parroquial).

MESA DE REDACCIÓN E

COORDINACIÓN

Yolanda Sánchez Sánchez

Juan López Sánchez

Alfredo Losada Suárez

José Juan Videla Rodríguez

Mª Dolores Mantiñán Loureiro

DIRECCIÓN

“Centro Parroquial”

R/ Birloque, 52 B

15. 008 A Coruña

Tlf.: 981 132 700 / 981 283 945

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA

Mª Dolores Mantiñán Loureiro

E-MAIL

[email protected]

BLOG:

sancristovodasvinas.blogspot.com

TIRADA

500 Exemplares.

DISTRIBUCIÓN

Primeiro domingo de mes na

parroquia e no barrio.

IMPRIME

Velfer