re v is ta p a rro q u ia l m e n s u a l d e S a n C ris to v o d a s v iñ a sM a rz o 2 0 0 9 n º2 - A n o I
MARZO 2012 nº 38 - Ano IV Co o amor ao próximo aclaras as túas pupilas para mirar a Deus. (San Agustín de Hipona)
CARTA PASTORAL CORESMA 2012: “Velar por Deus e velar polo home. Volver a Deus e volver ao home”.
Queridos diocesanos:
A Coresma “é un tempo propicio para que, coa axuda da Palabra de Deus e dos Sacramentos, renovemos
o noso camiño de fe, tanto persoal coma comunitaria”, e respondamos á chamada conversión que esixe
conformarnos con Cristo.
A liturxia coresmal axúdanos a recordar “o home tal como foi querido
por Deus, tal como El o elixiu eternamente, chamado, destinado á graza e á
gloria”. (…) A conversión recupera o home para a salvación e a santidade na
experiencia da relación persoal con Deus, sabendo que só alcanzaremos esa
conciencia humilde na medida que a nosa oración nos abre ao coñecemento da
vontade de Deus e nos dá forza para cumprila.
Neste sentido urxe revitalizar o noso bautismo, comprobando se as
promesas bautismais teñen incidencia na nosa vida. O noso drama como
cristiáns é rematar vivindo como os que renunciaron á santidade bautismal. A
conversión e a santificación real son sempre un don gratuíto da iniciativa divina
para lograr o encontro persoal de cada home con Cristo. (…)
Os criterios de ver as cousas como os homes e non como Deus fannos
pensar que unha actitude penitencial e a negación real dun mesmo non se adecúa á
condición humana. A Coresma ofrécenos a oportunidade de afondar na
importancia da Palabra de Deus, do xaxún e da caridade para asumir o noso
compromiso . A lectura da Sagrada Escritura é un camiño privilexiado para afondar
na nosa relación con Deus pois a luz da súa Palabra nos axuda a facer unha lectura
crente da realidade. Así o contemplamos no noso plan pastoral diocesano. É
necesario familiarizarse coa Biblia sabendo que como escribe san Xoán
Crisóstomo, “ningún acto de virtude pode ser grande se del non se segue tamén
proveito para os outros... Así pois, por máis que te pases o día en xaxúas, por máis
que durmas sobre o duro chan, e comas cinza, e suspires continuamente, se non fas
ben a outros, non fas nada grande”. (…)
O xaxún que Deus quere é compartir o noso pan co famento, axudando a
tantas persoas que están a reclamar a nosa solidariedade, non só co que nos sobra
senón mesmo co que necesitamos; acompañar os que están enfermos no seu corpo
ou no seu espírito e denunciar toda inxustiza. O noso xaxún como xesto profético e
acción eficaz, cobra sentido para que outros non xaxúen á forza, e acredita a nosa
mensaxe evanxélica. (…). A caridade, “corazón da vida cristiá”, é signo da
conversión cristiá. Lévanos a “fixar a mirada no outro, ante todo en Xesús, e a estar
atento os uns aos outros, a non se mostrar estraños, indiferentes á sorte dos irmáns.
Non obstante, con frecuencia prevalece a actitude contraria: a indiferenza ou o
desinterese, que nace do egoísmo, encubrido baixo a aparencia do respecto pola
“esfera privada”.
A nosa conversión non consiste en adquirir a perfección en solitario e pola
nosa conta, senón en ser mellores fillos de Deus, mellores irmáns e amigos, en
particular dos que sofren e esperan a nosa axuda. “O gran mandamento do amor aos
demais esixe e urxe a tomar conciencia de que temos unha responsabilidade respecto a quen, como eu, é criatura e
fillo de Deus: o feito de ser irmáns en humanidade e, en moitos casos, tamén na fe, debe levarnos a ver no
outro a un verdadeiro alter ego, a quen o Señor ama infinitamente”. (…)
Que en oración con María, a Coresma sexa un camiño de esperanza, ao dispoñernos a celebrar a maior
festa do ano, a Pascua, que trae a alegría que nunca remata: Xesús está vivo e reconciliounos. Facendo este
itinerario convosco, saúdavos con todo afecto e bendice no Señor,
Julián Barrio Barrio
Arcebispo de Santiago
SUMARIO
Entrevista co Arcebispo
Rostros do Barrio
(Páxina 2)
Bautismo: os seus
símbolos
(Páxina 3)
Á calor da Palabra
(Páxina 4)
Cousas da rapazada
Novas
(Páxina 5)
Avanzando na Ensinanza
Social da Igrexa
(Páxina 6)
O noso Entroido
(Páxina 7)
Axenda
(Páxina 8)
A FUME DE CAROZO
ENTREVISTA CON EL ARZOBISPO
Un grupo de representantes de nuestra parroquia se reunió el pasado 16 de febrero con el arzobispo
de Santiago, Don Julián Barrio, en su despacho coruñés del Hogar de Santa
Margarita, después de solicitar la entrevista el Consejo Parroquial. Allí, Don
Julián se mostró profundamente apenado por la muerte de Miguel, del que
expresó su aprecio personal y sacerdotal. Los presentes pudimos constatar la
sinceridad de los sentimientos de nuestro obispo, aunque también le
manifestamos que hubiera sido oportuno que nos hubiese visitado en las fechas
posteriores al fallecimiento de Miguel.
Envió un mensaje de apoyo y ánimo para la parroquia, y solicitó que
siguiéramos trabajando de la misma forma en que estábamos haciendo hasta
este momento.
Anunció el nombramiento del párroco de La Milagrosa, Juan Cartelle,
como Administrador Parroquial y explicó que habrá que esperar un tiempo
indeterminado para que haya nuevo párroco. El arzobispo coincidió en que debería buscarse una persona que
siga la línea pastoral y social marcada por Miguel y anteriores párrocos.
ROSTROS DEL BARRIO
Este mes, en esta sección, publicamos la carta que el párroco de La Milagrosa, D. Juan
Cartelle Deus, nos dirige como recién nombrado Administrador Parroquial, así como el propio
nombramiento . Aunque no es un “rostro” del barrio, en estos momentos es una figura de referencia para
nosotros. Por ello, aquí reproducimos su mensaje, agradeciéndole su actitud de servicio y ofreciéndole toda
nuestra colaboración.
“A los feligreses de San Cristovo das Viñas:
La muerte de vuestro párroco nos llenó de dolor y también dejó un vacío en nuestro presbiterio
diocesano. Con motivo de este luctuoso acontecimiento, el Sr. Vicario Territorial nos convocó a los
sacerdotes del Arciprestazgo de Monelos, al que vuestra parroquia también pertenece, porque era urgente dar
respuesta a la situación de necesidad que se había producido. A esta llamada, todos los compañeros nos
mostramos dispuestos a colaborar en la medida de nuestras posibilidades.
Por cercanía, y para evitar mayores dificultades para todos, se pensó que una inmediata solución
podría ser que las necesidades más perentorias se atendiesen desde la parroquia La Milagrosa, y los demás
sacerdotes prestarían su ayuda en caso de ser necesaria. Y así vino ocurriendo hasta ahora.
Recientemente, el Sr. Arzobispo me nombró
Administrador Parroquial de vuestra parroquia. Según el
Derecho Canónico, el nombramiento de Administrador
Parroquial supone que es un encargo transitorio que
deberá durar un tiempo limitado. Acepté el encargo y así
hoy os lo comunico. Desde él me ofrezco para serviros,
esperando también que vosotros sepáis comprender la
realidad de mis limitaciones. Cuento, lógicamente, con
la ayuda del Consejo Parroquial, con la de todos los
agentes de pastoral, y, en fin, con la colaboración y
comprensión de todos los feligreses. Espero y deseo que
El Sr. Arzobispo pronto pueda enviaros un nuevo
párroco. Hasta entonces, reitero que estoy a vuestra
disposición.
Para posibilitar un mejor servicio, además de los
teléfonos de esta parroquia, os facilito también el mío
personal (981 249 556) y el de la parroquia de La
Milagrosa (981 230 239).
Con mi sincero afecto en el Señor.
Juan Cartelle Deus”
A LAREIRA
BAUTISMO: OS SEUS SÍMBOLOS
No anterior número falamos do que significa o Bautismo; agora pretendemos achegarnos máis a este
sacramento explicando algún dos Símbolos que se utilizan ao bautizarse.
A Auga
A calquera que lle preguntemos cal é o principal símbolo do bautismo nos contestará que a auga. A
auga é a orixe de calquera tipo de vida. É o amor de Deus que se derrama sobre nós e que non se esgota
nunca porque é alimentado pola fonte que non se seca nunca. Sempre poderemos beber desta auga cando o
noso amor humano se faga fráxil, cando se nos escape das mans.
A auga do bautismo nos purifica dos erros pasados e nos renova para que vivamos como persoas
novas. Todo o que pesa sobre o neno é lavado no bautismo, é un nacemento espiritual, o neno non está
determinado polo pasado, senón que se abre á novidade que Deus desexa obrar nel.
O Bautismo significa o novo nacemento, a incorporación a Cristo no
misterio da súa Morte e Resurrección. No Bautismo o neno renace á vida
eterna, e polo tanto é divinizado, xa non é carne, xa non é fráxil e débil, senon
que é espírito, participa da eternidade de Deus.
A Vestidura Branca
“N., es unha nova criatura e fuches revestido de Cristo. Esta vestidura
branca sexa signo da túa dignidade de cristián. Axudado pola palabra e o
exemplo dos teus, consérvaa sen mancha ata a vida eterna”.
Impoñer a vestidura non é só algo exterior, senón algo que transforma
toda a persoa, incluso o seu corazón. Polo Bautismo nos convertemos nun ser
novo, adquirimos unha nova existencia.
Nunha sociedade consumista como a nosa, na que a dignidade das
persoas depende de como van vestidas, da moda que seguen, das marcas que
usan, os cristiáns deberiamos preguntarnos que fixemos da nosa "vestidura branca" bautismal e verifìcar se,
como di San Pablo, "fomos revestidos de Cristo" (cfr Gá1 3.27).
O óleo dos catecúmenos: marcados co aceite para a salvación.
É a unción con aceite que precede ao Bautismo. Co óleo dos catecúmenos se fai a unción sobre o
peito dos que van a recibir o Bautismo. Significa a forza e o vigor que o Espírito nos dá para vivir como
cristiáns seguidores de Xesús, para comportarnos como os seus verdadeiros discípulos, para loitar contra o
pecado e para perseverar ata a morte na fe.
A unción co Santo Crisma que segue ao Bautismo
A primeira unción posbautismal co crisma, se fai na caluga do bautizado. A crismación significa aquí
unha realidade de comuñón: comuñón que vén da rexeneración bautismal, e ten como efecto a agregación ao
pobo de Deus como membros do corpo de Cristo.
O sinal da Cruz
O celebrante, os pais e padriños signan ao que vai a ser bautizado na frente coa cruz. Desta forma
culmina a acollida que a comunidade cristiá fai ao bautizando. A cruz, que na antigüidade era símbolo de
suplicio, con Xesús convértese en Cruz Salvadora, é o sinal principal dos cristiáns, Deus nos salva na Cruz
de Xesús.
A Luz, vela acendida no Cirio Pascual
A vela ten dous significados: é Cristo como luz que iluminará a vida do bautizado e é sinal de que o
bautizado ten a misión de ser luz do mundo.
Este artigo, como é evidente, non pretende ser unha análise exhaustiva dos símbolos do bautismo e
do seu significado. Os símbolos non deixan de ser iso, símbolos, e está ben entender o que significan, sobre
todo cando se fan, pero o realmente importante nas nosas vidas ten que ser a forma de vivir. "Mirade como
se aman" dicían dos primeiros cristiáns. Pois amémonos como nos mandou Xesús, e así realmente será como
nos acheguemos a Deus e aos nosos irmáns.
Yolanda e Juan
Á CALOR DA PALABRA
Domingo 11 (Jn 2,13-25)
Se acercaba la Pascua de los judíos. Jesús subió a
Jerusalén y encontró en el Templo a los
vendedores de bueyes, ovejas y palomas y a los
cambistas sentados delante de sus mesas.
Hizo un látigo de cuerdas y los echó a todos del
Templo, junto con sus ovejas y sus bueyes;
desparramó las monedas de los cambistas, derribó
sus mesas y dijo a los vendedores de palomas:
"Saquen esto de aquí y no hagan de la casa de mi
Padre una casa de comercio". (…)Entonces los
judíos le preguntaron: "¿Qué signo nos das para
obrar así?". Jesús les respondió: "Destruyan este
templo y en tres días lo volveré a levantar". Los
judíos le dijeron: "Han sido necesarios cuarenta y
seis años para construir este Templo, ¿y tú lo vas
a levantar en tres días?". Pero él se refería al
templo de su cuerpo. (…). Mientras estaba en
Jerusalén, durante la fiesta de
Pascua, muchos creyeron en su
Nombre al ver los signos que
realizaba. Pero Jesús no se fiaba
de ellos, porque los conocía a
todos y no necesitaba que lo
informaran acerca de nadie: él
sabía lo que hay en el interior del
hombre.
Domingo 18 (Jn 3,14-21)
De la misma manera que Moisés levantó en alto la
serpiente en el desierto, también es necesario que
el Hijo del hombre sea levantado en alto,
para que todos los que creen en él tengan Vida
eterna. Sí, Dios amó tanto al mundo, que entregó
a su Hijo único para que todo el que cree en él no
muera, sino que tenga Vida eterna. Porque Dios
no envió a su Hijo para juzgar al mundo, sino para
que el mundo se salve por él. (…) En esto
consiste el juicio: la luz vino al mundo, y los
hombres prefirieron las tinieblas a la luz, porque
sus obras eran malas. Todo el que obra mal odia
la luz y no se acerca a ella, por temor de que sus
obras sean descubiertas. En cambio, el que obra
conforme a la verdad se acerca a la luz, para que
se ponga de manifiesto que sus obras han sido
hechas en Dios".
Domingo 25 (Jn 12,20-33)
Entre los que habían subido para adorar durante la
fiesta, había unos griegos que se acercaron a
Felipe, el de Betsaida de Galilea, y le dijeron:
"Señor, queremos ver a Jesús". Felipe fue a
decírselo a Andrés, y ambos se lo dijeron a Jesús.
El les respondió: "Ha llegado la hora en que el
Hijo del hombre va a ser glorificado. Les aseguro
que si el grano de trigo que cae en la tierra no
muere, queda solo; pero si muere, da mucho
fruto. El que tiene apego a su vida la perderá; y el
que no está apegado a su vida en este mundo, la
conservará para la Vida eterna. El que quiera
servirme que me siga, y donde yo esté, estará
también mi servidor. El que quiera servirme, será
honrado por mi Padre. (…)Ahora ha llegado el
juicio de este mundo, ahora el Príncipe de este
mundo será arrojado afuera; y cuando yo sea
levantado en alto sobre la tierra, atraeré a todos
hacia mí". Jesús decía esto para indicar cómo iba
a morir.
Domingo 1de abril (Mc 14,1-72.15,1-47)
DOMINGO DE RAMOS
Faltaban dos días para la fiesta de
la Pascua y de los panes Acimos.
(…) Mientras Jesús estaba en
Betania, comiendo en casa de
Simón el leproso, llegó una mujer
con un frasco lleno de un valioso
perfume de nardo puro, y
rompiendo el frasco, derramó el
perfume sobre la cabeza de
Jesús. Entonces algunos de los que estaban allí se
indignaron y comentaban entre sí: "¿Para qué este
derroche de perfume? Se hubiera podido vender
por más de trescientos denarios para repartir el
dinero entre los pobres". Y la criticaban. Pero
Jesús dijo: "Déjenla, ¿por qué la molestan? Ha
hecho una buena obra conmigo. A los pobres los
tendrán siempre con ustedes y podrán hacerles
bien cuando quieran, pero a mí no me tendrán
siempre. (…). Judas Iscariote, uno de los Doce,
fue a ver a los sumos sacerdotes para entregarles a
Jesús(…) El primer día de la fiesta de los panes
Acimos, cuando se inmolaba la víctima pascual,
los discípulos dijeron a Jesús: "¿Dónde quieres
que vayamos a prepararte la comida pascual?". El
envió a dos de sus discípulos, diciéndoles: "Vayan
a la ciudad; allí se encontrarán con un hombre que
lleva un cántaro de agua. Síganlo, y díganle al
dueño de la casa donde entre: El Maestro dice:
'¿Dónde está mi sala, en la que voy a comer el
cordero pascual con mis discípulos?'. El les
mostrará en el piso alto una pieza grande,
arreglada con almohadones y ya dispuesta;
prepárennos allí lo necesario" (…)
MUXICAS
COUSAS DA RAPAZADA
Los niños y niñas del grupo de 2º, os deseamos una Cuaresma en la que crezca en todos, la
esperanza de una vida feliz.
LOS JÓVENES EN ACCIÓN: RASTRO PARROQUIAL
El Grupo de Jóvenes de San Cristóbal va a
llevar a cabo los días 18 y 25 de Marzo después de
misa de 11:30 (hasta las 13:00) en los Locales
Parroquiales un rastro de libros, juguetes, artículos
de regalo… con el fin de recaudar fondos para la
parroquia
Esperamos que participemos muchos y
muchas en esta iniciativa y que resulte satisfactoria
para toda la comunidad.
¡Os esperamos!
JORNADAS PASTORALES ARCIPRESTAZGO DE MONELOS
“PARA ORAR Y VIVIR LA PALABRA”
Se celebrarán los días 13, 14 y 15 de marzo, en la parroquia de A Resurrección do
Señor, a las 20,30 horas, con el siguiente programa:
Martes, 13: “Claves para entender el Nuevo Testamento”.
Ponente: Dña. Teresa Vilariño.
Miércoles, 14: “Evangelio de San Marcos”.
Ponente: D. Javier Martínez Prieto.
Jueves, 15: “Presentación del Movimiento Bíblico”.
Ponentes: Componentes del Movimiento Bíblico.
BRASAS
AVANZANDO NA ENSINANZA SOCIAL DA IGREXA
Disque algúns pobos empregan poucos números para facer contas, menos de cinco incluso. E
o resto? Ou fan sumas (p.ex. 3 máis 3 e outros 3) ou chega un intre que abonda con dicir que son
'moitos'... Nós contaremos máis (uns ata de tanto contar enchen os petos con cartos públicos, pero
disto mellor falamos outro día), pero a partires dun número xa toleamos, e se de falamos de persoas,
finalmente admitimos que mil millóns son moitas, así que razón non lles falta a eses pobos.
Isto vén a conto da anguria que sentimos ante as cifras da
fame. Cada cinco segundos morre de fame un neno menor de dez
anos, 37.000 persoas morren de fame cada día e 1.000 millóns,
dos 7.000 que somos, malviven por escaseza de alimentación. A
cuestión non é que non haxa comida para todo o mundo: mentira!
Segundo o último informe sobre a inseguridade alimentaria
elaborado pola FAO, a agricultura mundial podería nutrir con
normalidade (2.200 calorías diarias por persoa adulta) a 12.000
millóns de persoas, é dicir, case ao dobre da poboación mundial.
Jean Ziegler, exrelator especial da ONU para o dereito de
alimentación, sinala dúas consecuencias da crise financeira de
2.007-2.008: primeiro, os fondos especulativos (hedge funds) e os
grandes bancos abandonaron os mercados financeiros para
orientarse cara mercados de bens primarios. Coma sempre, os
pobres son os máis prexudicados, xa que os prezos dos tres
alimentos básicos que cobren o 75% do consumo mundial (millo, arroz e trigo), subiron como a
pólvora: en 18 meses, o prezo do millo medrou un 98%, a tonelada de arroz pasou de 105 $ a 1.010 $
e a de trigo para fariña dobrou o seu prezo dende setembro de 2.010. Esta explosión de prezos
produce beneficios astronómicos aos especuladores, pero mata a milleiros de mulleres, homes e
nenos...
A segunda consecuencia é a depredación deses fondos e outros especuladores polas terras
cultivables do hemisferio sur. En 2.011, só en África 41 millóns de hectáreas de terras cultivables
foron acaparadas por fondos de inversións e multinacionais, coa expulsión de pequenos campesiños.
Cómpre denunciar ao Banco Mundial e o Banco Africano de Desenvolvemento, que financian estes
roubos de terras: é falso que a solución virá da cesión das terras ás multinacionais. Máis axeitado
sería colaborar para que eses países sexan capaces de investir en agricultura e dar aos labregos
instrumentos que aumenten a súa produtividade: ferramentas, rego, boas sementes, abonos.
Isto fainos lembrar as intuicións profundas manifestadas no Documento de Puebla de 1.979,
da Conferencia do episcopado latinoamericano, e que resoan cada febreiro co gallo da campaña da
igrexa contra a fame no mundo: “Hai mecanismos que, por atoparse impregnados non dun auténtico
humanismo senón de materialismo, producen a nivel internacional ricos cada vez máis ricos a costa
de pobres cada vez máis pobres. Tales mecanismos maniféstanse nunha sociedade programada as
máis das veces á luz do egoísmo, nas manipulacións da opinión pública, en expropiacións invisibles
e en novas formas de dominio supranacional, pois medran as distancias entre as nacións ricas e
pobres. Hai que engadir, ademais, que en moitos casos o poder de empresas multinacionais
sobreponse ao exercicio da soberanía das nacións e ao pleno dominio dos seus recursos naturais.”
Pode que non coñezamos moito das vidas de S. Jerónimo e S. Basilio, pero compartimos o
que sinalaban no s. IV de que “Todas as riquezas proceden da inxustiza” ou “Non es ti un avaro, non
es ti un ladrón, pois tomas como propias as cousas que recibiches para administrar?”. Haberá quen
diga que eran radicais de máis. Claro que si! Radicais por ir á raíz, ao profundo, e mentiriamos se
pechamos os ollos e esquecemos a relación causal clara e directa entre a acumulación de riqueza, por
un lado, e o empobrecemento, por outro. Uns son ricos porque outros son pobres, como di o
moralista Gregorio Iriarte. Uns vanse enriquecendo (países, clases sociais, persoas) na medida en que
outros se van empobrecendo, e isto é extrapolable tamén na nosa sociedade occidental.
Para unha denuncia profética deste xenocidio, cómpre que nos informemos, que apoiemos
aos colectivos que traballan por reducir un dos meirandes problemas da humanidade e que “vivamos
sinxelamente para que outros, sinxelamente, poidan vivir”.
Alfredo Losada
LUME ABERTO
O NOSO ENTROIDO
O domingo 19 de febreiro celebramos o entroido na nosa parroquia. Pola mañá, na
celebración da Eucristía fixemos unha pequena representación na que descubrimos que ninguén é
máis ca ninguén e que todos e todas somos necesarios, que xuntos é como podemos facer un mundo
mellor.
Pola tarde, fixemos unha festa na que houbo postres moi saborosos, bailes, xogos, talleres de
manualidades, un escalextrix e premios para todos! Non faltou de nada! Queremos agradecer dende
aquí a participación e colaboración de pais, nais, nenos, nenas, catequistas,… porque a festa foi
posible grazas a todos. Por iso só podemos dicir: Grazas. Grazas pola vosa presenza, pola vosa
colaboración, por axudarnos a ser comunidade.
AGENDA MARZO 2012
INTENCIONES MISAS
Semana del 5 al 11:
Sábado 10:
18,30 h.: Por Luís Bello Mena.
Domingo 11:
13,00 h.: Dominga Landeira y esposo
Semana del 12 al 18: Sábado 17:
18,30 h.: Por los difuntos de la familia
Garea Loureiro
Domingo 18:
13,00 h.: Por José María Gómez Uzal.
Semana del 19 al 25:
Jueves 22: 20,15 h.: Aniversario de Fernando
Rabuñal Martínez y Antonia Rodero
Lareo.
Sábado 24:
17,30 h.: Aniversario de Carmen Suárez Rey
18,30 h.: Aniversario de José Antonio Veira
Suárez.
Domingo 25:
13,00: Por José Sánchez Varela, Begoña Soliño
y difuntos de la familia.
Semana del 26 de marzo al 1 de abril:
Sábado 31:
18,30 h.: Intención de José Rivas Vázquez.
Domingo 1: (DOMINGO DE RAMOS)
13,00h.: Intención de Jaime Villares
Descansan en la Paz del Padre:
Jesusa Ruanova Veiras
Enrique Grela Candame
Dolores Moreira Cancela
Se incorporó a la comunidad cristiana por el bautismo.
¡Bienvenid@!:
* Hugo Munuera Montes
REUNIONES PARROQUIALES: Martes, 13: LITURGIA (16 h)
Viernes, 9: CATEQUISTAS (21 h)
HORARIO ATENCIÓN DESPACHO PARROQUIAL:
Despacho Parroquial: martes y viernes, de 18 h. a 20 h.
Despacho Cáritas: todos los miércoles, de 19 h a 20 h.
HORARIO CELEBRACIONES :
Domingo de Ramos: Bendición de los ramos a las 12,45 horas en
el atrio de la Iglesia Parroquial.
Jueves Santo: Celebración de la Última Cena del Señor, a las 18 h.
horas (Iglesia Parroquial).
Viernes Santo: Celebración de la Pasión y Muerte del Señor, a las
18 horas (Iglesia Parroquial).
Sábado Santo: Celebración Vigilia Pascual, a las 21 horas (Iglesia
Parroquial).
MESA DE REDACCIÓN E
COORDINACIÓN
Yolanda Sánchez Sánchez
Juan López Sánchez
Alfredo Losada Suárez
José Juan Videla Rodríguez
Mª Dolores Mantiñán Loureiro
DIRECCIÓN
“Centro Parroquial”
R/ Birloque, 52 B
15. 008 A Coruña
Tlf.: 981 132 700 / 981 283 945
CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA
Mª Dolores Mantiñán Loureiro
BLOG:
sancristovodasvinas.blogspot.com
TIRADA
500 Exemplares.
DISTRIBUCIÓN
Primeiro domingo de mes na
parroquia e no barrio.
IMPRIME
Velfer