Upload
maria-pintos
View
221
Download
3
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Revista escolar
Citation preview
RE
VIS
TA
ES
CO
LA
R
C U R S O 2 0 1 1 - 2 0 1 2
C E I P B A R R I E D E L A M A Z A . – S A N TA C O M B A
O L A R E T E I R O D O X A L L A S
C O N T I D O
• Educación Infantil: Tararí,
tarará. A primavera aquí
está!
• ENGLISH LANGUAGE .
• Segundo Curso e Educa-
ción Musical: “Un libro, o
teu mellor amigo.”
• Primeiro B: A auga é un
ben de todos.
• Primeiro A: Os contos da
avoa coella.
• Terceiro A: Experimento:
limpando a auga.
• Terceiro B: Obradoiro de
escritura.
• Cuarto A: Cantigas e re-
fráns.
• Quinto A: Galicia no cora-
zón.
• Sexto A: Escritura creativa.
• Sexto C: Usos da auga.
• Biblioteca: Anxo Fariña e
Semana da Poesía.
• Pedagoxía Terapéutica Os
Xogos Paralímpicos.
• Relixión: “O poder das
apertas.” “O poder dos
abrazos”.
Páxina 2 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
EDUCACIÓN INFANTIL
Para celebrar a túa chegada
fixémosche moitos agasallos
e uns deles foron
os nosos maios decorados.
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 3
EDUCACIÓN INFANTIL
Páxina 4 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
EDUCACIÓN INFANTIL
Outro deles tamén foi
unha idea xenial,
porque para ti fixemos
un enorme mural
no que nos enchemos de pintura
e pasámolo fenomenal.
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 5
EDUCACIÓN INFANTIL
Páxina 6 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
EDUCACIÓN INFANTIL
Outro deles tamén foi
unha idea xenial,
porque para ti fixemos
un enorme mural
no que nos enchemos de pintura
e pasámolo fenomenal.
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 7
EDUCACIÓN INFANTIL
Páxina 8 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
EDUCACIÓN INFANTIL
Sobre a terra caeron
sementes de flores
e deixárona chea
de moitísimas cores
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 9
ENGLISH
The 6th grade students improve
their English, working different
topics during this Academic Year
2011-2012
Páxina 10 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
ENGLISH
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 11
ENGLISH
As well, in Bilingual Section they learnt about
Nutrition: Respiratory, Circulatory and Digestive
System ; Reproductive System, Health and Illness,
Machines and European Union.
Sarah, our “Language
Assistant”
making an experiment.
Páxina 12 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
PRIMEIRO CICLO e MÚSICA
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 13
PRIMEIRO CICLO e MÚSICA
Páxina 14 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
PRIMEIRO CICLO e MÚSICA
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 15
Como aforrar auga?Como aforrar auga?Como aforrar auga?Como aforrar auga? Os alumnos de 1º A querémosvos dar uns conselliños de como cuns pequenos xestos e boa vontade podemos aforrar ese ben tan escaso como é a auga. Ademais están ilustrados cuns bonitos debuxos que nos fan entender mellor como desde a nosa vida cotiá podemos axudar ao medio ambente. Espera-mos que sigades os nosos consellos.
PRIMEIRO CICLO
Páxina 16 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
Este ano os nenos de 1º lemos
“Cuentos de Abuela Coneja”. Na
clase traballamos moito con acti-
vidades de comprensión, pero
sen dúbida o que máis nos gus-
tou foi o día que a contacontos
veu ao cole.
PRIMEIRO CICLO
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 17
PRIMEIRO CICLO
Páxina 18 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
SEGUNDO CICLO
Material necesario:
• Auga
• Un recipiente de plástico
• Un pouco de terra
• Un vaso de cristal
• Unha pedra pequena
• Unha bolsa de plástico
• Unha pinza para cerrar a bolsa
No recipiente de plástico vertemos un litro de auga. Despois incorporamos a terra
e remexemos para mesturalo todo moi ben.
Agora temos que colocar vaso de cristal no
centro do recipiente.
Colocamos todo esto dentro dunha bolsa de
plástico que cerramos ben coa axuda dunha
pinza.
Logo colocamos a pedriña sobre a
bolsa de maneira que quede situada
xusto enriba do vaso pero sen
tocalo.
Agora colocámolo nun lugar ben
soleado, onde o deixaremos todo o
día para que a auga empece a
evaporarse.
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 19
SEGUNDO CICLO
Este “limpador de auga” queda todo un día ao
calor do sol.
Ao Solpor, retiramos a bolsa de plástico e
observamos o que acontece:
A auga que está no interior do vaso está
COMPLETAMENTE LIMPA, sen rastro de suciedade.
A natureza ten o seu
propio sistema de
purificación da auga: O
CICLO DA AUGA.
Este comeza coa
evaporación da auga
dos mares, ríos, lagos
e charcas para formar
as nubes que cando se
arrefrían deixan caer
as precipitacións:
chuvia, neve ou
sarabia, que é auga
totalmente purificada.
Explicación
Grazas ao calor dos raios do sol a
auga do cacharro evapórase e logo
condénsase formando gotiñas de
auga no interior da bolsa de
plástico.
Estas gotas van escorrendo polo
plástico grazas á inclinación que
provoca o peso da pedriña e acaban
caendo no interior do vaso de cristal
pola acción da gravidade.
Conclusión
Páxina 20 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
SEGUNDO CICLO
Este curso os nenos e nenas de 3º B participamos nun pequeno
obradoiro de escritura do que saíron uns textos divertidos e
sorprendentes. Esperamos que vos gusten e sirvan de modelo
para facer o mesmo. Estas son algunhas das técnicas
empregadas:
• ESCRITA LIBRE
Esta actividade consiste en deixar voar a imaxinación e
escribir o que se queira.
Os textos fixéronse nunha sesión de 25 minutos, escoitando
música clásica de fondo.
“Esta música recórdame a
unha película ou a un conto.
Pero agora mesmo non me
acordo moi ben, pero estou
segura de que a escoitei antes
porque tráeme un recordo de
moito antes cando era máis
pequena, cando tiña máis ou
menos catro ou cinco anos. E
creo que era da Pantera Rosa”
“A música soa a un detective
sospeitoso, inspirado e
relaxado investigando. Está
nunha sala moi escura e
monstruosa. O detective ten
unha chaqueta marrón e
clariña, os ollos negros e
saltóns, unha boca calada e
rara, o nariz chato, unha
camiseta marrón e o pantalón
tamén. Investiga e de repente
aparece un pallaso moi
sospeitoso e sorrinte. O
detective asústase pero pouco
a pouco vai pensando. O
pallaso rille. Caso resolto.”
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 21
SEGUNDO CICLO
• S+7 Todos os nenos/as partimos do seguinte texto, marcamos os
substantivos, buscámolos no dicionario e substituímolos polo
sétimo a partir do buscado. Acadamos resultados diferentes e
disparatados dependendo do noso dicionario.
CARIÑAS
Hoxe chateamos
E ando a practicar,
a facer cariñas
con só teclear.
Se me queres ver
has por a cabeza
sobre o ombro esquerdo
como quen a deita
:-) este é o meu sorriso
Se teño un bo día;
;-) aquí fago o mesmo
Con máis picardía.
CARABULLO
Hoxe chateamos
e ando a practicar,
a facer carabullos
con só teclear.
Se me queres ver
has por a cabina
sobre o omnívoro esquerdo
como quen a deita.
:-) este é o meu sosego
se teño un bo dialecto
;-) aquí fago o mesmo
con máis pigmento.
CARACOCHAS
Hoxe chateamos
e ando a practicar,
a facer caracochas
con só teclear.
Se me queres ver
has por a cabina
sobre a omnisciencia
como quen a deita.
:-) este é o meu sota
se teño un bo diáfono
;-)aquí fago o mesmo
con máis picnic.
Páxina 22 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
• REDACCIÓN ALFABÉTICA
Nesta actividade fixemos pequenas composicións ou frases
poñendo as palabras en orde alfabético.
• REPETICIÓN
A partir dunha palabra ou grupo de palabras creamos estes
textos.
GÚSTAME
Gústame pensar.
Gústame bailar.
Gústame pasear.
Gústame escribir.
Gústame cociñar.
Gústame correr.
Gústame xogar.
Gústame debuxar.
Gústame saltar.
Alba buscaba cunchas.
Daniela e Facundo gústalle ir ladrando.
Manolo, Natalia, Óscar, Pedro queren roer, saltar, texer, ulir, visitar,…xogar.
Antón buscaba contos de estrañas frases.
Galicia houbo importado kiwis.
Lois mercou novos ñus.
Óscar parecía que ría sen temor.
Uxía vendía whisqui xenuíno zaragozano.
Alba busca casa donde está Fernando Garcia Hernández.
Isabela Katiusca lambe mazás.
Noemí Ñandez olvidou poucos queixos roxizos.
Sara ten uvas violetas, xamóns, zanorias,,…
SEGUNDO CICLO
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 23
TEÑO MEDO
Teño medo a estar soa na casa.
Teño medo ás serpes.
Teño medo aos crocodilos.
Teño medo aos ladróns.
Teño medo a morrer.
Teño medo a que veña xente
estraña á miña casa e me
faga dano.
Teño medo aos lobos.
Teño medo ás baleas.
Teño medo ás orcas.
Teño medo aos tiburóns
brancos.
teño medo a suspender.
Teño medo á pantasmas.
Teño medo ás alturas.
Teño medo a que me maten
Teño medo aos piratas.
Teño medo a romper algo.
Teño medo a que se acabe o
mundo.
Teño medo a quedar
encerrada nun ascensor.
Teño medo a perder os meus
amigos.
Teño medo a que me caian
as árbores enriba.
Teño medo a que me
atropelen.
Teño medo a que me
secuentren.
Teño medo as montañas
rusas.
E teño medo a que me mate
un raio.
SEGUNDO CICLO
Páxina 24 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
• LIPOGRAMAS
Nesta actividade estaba prohibido empregar unha letra determinada.
Ollo que non se nos escape algunha polo medio.
Texto sen M
• TAUTOGRAMAS
E agora máis difícil. Todas as palabras deben empezar pola mesma
letra. Que complicado!
“Había unha vez unha nena que quería ir á praia
de Louro ou de Laxe, pero resulta que non tiña o
coche porque seus pais levárano. Entón xuntouse
coa súa tía Anabel que tiña un cabalo que
entendía por Bell. Colleron o cabalo e foron a
Louro. Pola tarde as dúas bañáronse e á tía Anabel
picoulle unha faneca brava e foron a urxencias no
cabalo Bell.
A tía Anabel coñeceu a un chico. El presentouse e
foron dar un paseo. A nena ía detrás aburrida e os
outros ían disfrutando dos bicos.”
“Sara sacou sacos secos. Sábado sementei sete setas. Sonia sacou
salsa sen sal. Samuel soñou sen sentido.
Samanta saiu soa sen sorriso. Susana sentouse soa sempre.
Sandra saboreou sete sardiñas saborosas.”
SEGUNDO CICLO
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 25
SEGUNDO CICLO
O río cando vai cheo
leva carballos e follas .
Tamén podía levar
as linguas murmuradoras .
Adiós á miña casiña
portelo do meu quinteiro
auga da miña fontiña
sombra do meu laranxeiro .
Unha nena nunca fonte
por unha berza bebía .
A berza estaba rachada
e toda a auga lle vertía .
Adiós rios , adiós fontes
lavadoiros de lavar,
adiós querida da alma ,
eu non che volvo a falar .
Santa Margarita ten
unha fonte con dous caños,
onde se van curar
todos os males estraños .
O río Xallas non ten avoa
nin falta lle fai ,
leva auga a caudales
toda fresca ela vai .
Páxina 26 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
SEGUNDO CICLO
● En abril , augas mil .
● Auga corrente non mata a xente.
● Auga pasada non move o muiño.
● Cando o río sona auga leva.
● Gato escaldado a auga fría tenlle medo .
● En pouca auga, pouco se navega.
● En abril, cada pingueira vale por mil.
● Mal lle vai a maio, cando o boi non bebe no prado.
● Chova abril e chova maio, aínda que non chova máis todo o ano.
● Cando en San Xoán secan as fontes, en setembro tumban as fontes.
● A auga de San Xoán, tolle o millo e non dá pan.
● Auga de outono, mata ao seu dono.
● Cando no ceo hai nubes de lá, se non chove hoxe chove mañá.
● Cando chove en xaneiro, non hai bo prado nin bo lameiro .
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 27
SEGUNDO CICLO
● Falten augas mil e non falten as de abril.
● Maio chuvioso , verán caluroso.
● Se en novembro arden os montes, en agosto abren as fontes.
● Abril chuvioso, vén o maio florido e fermoso.
● As choivas de Nadal, non fan mal.
● Auga esperei e tarde plantei, sabe Deus o que recollerei.
• Auga por San Xoán, quita viño e non dá pan.
● En maio, a auga corre detrás do arado.
● Auga ardente non mata á xente, auga detida mala bebida.
● Cada un quere levar a auga ao seu muiño e deixar seco o do seu veciño.
● Auga de maio, pan para todo o ano.
● Auga en abril, enche o carro e o carril.
A FALA.
A fala viaxa libremente
Polo mundo sen límites,
Cada segundo a fala recorre
O mundo
A fala viaxa libremente
Non ten idade, nin tampouco
Barreiras.
A fala é galega,
A fala é o mundo
Se non hai fala non hai mundo
A fala sempre está en ti.
Por moito que a olvides
Sempre estará dentro de ti.
P O E M A S C R E A D O S P O L O S A L U M N O S A P A R T I R D E
M O D E L O S D E C E L S O E M I L I O F E R R E I R O S O B R E A
F A L A E S O B R E G A L I C I A .
Páxina 28 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
A FALA
Nós falamos a fala
Vós falades a fala
Eles falan a fala
Xuntos falaremos
No nos planeta
E no Universo.
A FALA
Galego é a nosa vida
A fala da nos aterra
Eu falo galego,
Ti falas galego,
El fala galego,
Nós falamos galego,
Vós falades galego.
Todos xuntos falamos galego.
TERCEIRO CICLO
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 29
GALICIA
Galiza somos nós
Os gaiteiros e os galegos
E sobre todo os labregos
Que traballan para nos
Alimentar.
FALA
Todo o nos ser
Está ligado á fala
A fala é o que
Vemos. Unha fala que
Nunca se acaba.
A fala somos, eu,
Ti, nós, vós, todos
Somos a fala.
A fala é herdeira.
A fala é fermosa.
A NOSA TERRA
Galicia é paz, amor,
Vida e esperanza,
Galicia é Galicia,
A mellor.
Galicia a nosa nai, a
Nosa terra é grande,
Pacífica e soñadora.
Galicia é cada recuncho
Que ves, cada mar que
Tocas, cada gota que
Che molla, Galicia é Galicia
A típica soñadora.
A NOSA LÍNGUA
A nosa lingua
É o galego e non
O podemos perder.
Porque nela nos
Criamos con
Esperanza e agarimo.
Como verdadeiros
Galegos que somos
E que sempre o
Seguiremos sendo.
Porque a nosa
Lingua querida
É un sentimento
Que sempre o tivemos dentro.
TERCEIRO CICLO
GALIZA
Galiza son os galegos,
Os galegos son Galicia.
Cando a choiva baixa
Sobe a risa.
Os galegos poñen o entusiasmo,
Os galegos poñen a alegría.
Dentro de nós
Temos Galiza.
Páxina 30 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
LINGUA
A nosa lingua é o galego
Así e como falamos.
Unha lingua continua
Que nunca se acaba.
Todo o noso ser está
Asociado á lingua.
Lingua fermosa. A FALA
Vamos a buscala fala,
Non importa que se atope
No mar de esperanzas.
Solo busca e cala.
Estou no mar de esperanzas,
E intento atopar a fala,
Eu nótoa porque ri,
Chora e ata canta.
Chora porque a deixei,
Porque a deixei unha vez, pero non
Volverá a ocorrer, porque agora
Rirei, cantarei e ata chorarei
Coa miña fala, coa fala de todos,
O GALEGO.
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 31
GALICIA
Galicia está no mar,
Con moitas aldeas
E cos prados verdes
Coa vida e océanos.
En Galicia estamos nós
Ollando con chuvias
Ten montañas, ríos, lagos,
Como o que ten alegría,
En Galicia temos vida
O ceo está azul e luz.
A terra ten océanos
Enerxía, naturaleza.
En Galicia temos todos
Coa chuvia a cantares,
E con moito turismo.
Con pobos e aldeas.
Co mar, chuvia e aire,
Está con nós.
Galicia está en nós,
Con prados verdes,
Enerxía e naturaleza.
A FALA
A túa fala é fermosa,
De eso non podes dudar.
Pero sexa a fala que sexa
Sempre che vai a gustar.
A fala que tí aprendes tela
No sentimento, nunca che escapará,
Porque tés un bonito recordo,
De eso non podes dudar.
A LINGUA
A lingua para nós
Nin rie nin chora,
Só é un sentimento
Que está no corazón.
A lingua está agachada
Nun caixón que ten a terra,
Por eso nós a utilizamos
Na lingua galega.
A lingua é a nosa fala,
Tamén un canto galego,
Se non a queremos perder
Coidala e mimala teremos.
Páxina 32 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
TERCEIRO CICLO
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 33
TERCEIRO CICLO
Páxina 34 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
TERCEIRO CICLO
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 35
TERCEIRO CICLO
Páxina 36 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
A AUGA
A auga é un dos elementos da
natureza, sen ela a vida sería imposible.
En Galicia hai moita auga, e o home
sempre tentou aproveitala
Fontes e pozos
Unha das formas de aproveitala foi facendo os
pozos artesáns.
Facíanse xunto ás casas e daban
auga para beber os animais e a
xente. A auga sacábase cun
caldeiro atado a unha corda.
(Roldana)
A auga para os animais botábase nunha pía. As
pías estaban feitas de pedra.
A xente ía tamén buscar auga ás fontes para beber e para usar na casa,
e traíase nuns caldeiros chamados Senllas.
As senllas estaban feitas de madeira con láminas metálicas
A auga dos ríos
Nos ríos facíanse presas para aproveitar a auga de dúas maneiras:
-Para regadíos -Para muíños
TERCEIRO CICLO
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 37
Os muíños
Un muíño sirve para moer os cereais (millo,trigo e centeo) para obter fariña e
facer o pan.
Partes dun muíño
Os muíños funcionan coa forza
da auga.
As principais partes do muíño son:
1. Moega.
2. Capa
3. Pé
4. Vara
5. Pexadoiro
6. Rodicio
7. Pau do aliviadoiro
8. Pau da porca .
9. Canle.
Funcionamento
A auga procedente da canle, bate contra o rodicio, que
se pon en movemento. Este movemento transmítese a
través do eixe á capa (peza de moer). A capa ao xirar
esmaga o gran que se converte en fariña e cae arredor
do pé.
Regadíos
Os “herbales” son leiras nas que se facían regos, ou canles, principais dende a fonte
ata as testas dos “herbales”.
• Cada herbal collía a auga da canle nas tornas ou torneiras.
• Despois facíanse uns regos coa sacha para repartir auga por todo o herbal,
chamadas freitas.
• Nalgúns sitios turnaban a auga. Por exemplo : a un tocáballe as 10 da mañá e a
outro as 10 da noite.
• Noutros sitios o primeiro que chegaba poñía a auga para que regase a súa leira .
TERCEIRO CICLO
Páxina 38 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
Os lavadoiros
Antigamente para lavar a roupa, había que ir aos lavadoiros que estaban ao
lado dos ríos, dos regatos ou das fontes que había en cada aldea.
Había dous tipos de lavadoiros :
Comunitarios: e dicir para utilizar toda a xente do pobo.
Particulares: os que tiñan lavadoiros na súa leira.
As ferrarías
Tamén os ferreiros aproveitaban a forza da auga para mover as súas moas
de afiar é os mazos, uns
grandes martelos cos que
Lavadoiros no río Xallas
TERCEIRO CICLO
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 39
Batáns
Son máquinas de madeira que
funcionaban coa enerxía hidráulica.
Estaban situados cerca dos ríos.
Os batáns serven para abatanar as teas, e
dicir, golpealas.
Funcionaban da seguinte maneira, a auga
pasaba por una canle de madeira cara
una roda que tiña una serie de palas ou
culleres, coa forza da mesma producíase o
movemento..
A máquina estaba suxeita por catro pés
cravados na terra, e un bastidor do que
colgaban dous mazos moi pesados de
madeira, que ao caeren golpeaban os
panos situados na cuba.
Pelamios
Eran unha especie de pías ou lavadoiros
feitos de pedra,onde as pelicas ou peles
de animais (vacas, cabalos, ovellas), se
poñían a remollo en auga pura, é dicir,
auga de río,para quitarlles o pelo que
teñen e despois poder curtilas.
TERCEIRO CICLO
Aserradoiros
A auga almacenábase nun canal que levaba a
auga cara unhas turbinas.
A turbina de menor tamaño xeraba corrente eléctrica,
mentres a segunda, de maior tamaño,poñía en
funcionamento por medio dunhas poleas os discos da
serra de corte para a madeira.
Páxina 40 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
Fábricas da luz
O funcionamento básico destas fábrica da luz era o seguinte: a auga
almacenábase nun depósito para que entrase con gran presión na
turbina. Circulaba polo seu interior facendo xirar unhas pás conectadas a
un alternador. (eran unhas pequena centrais)
As fábricas da luz eran de titularidade privada e os poboados tiñan que
pagar unha cota en función da cantidade de lámpadas.
Na época dos anos trinta e corenta, algunhas casas só tiñan unha ou
dúas lámpadas para alumear e, malia todo, era un privilexio, pois a
maioría das parroquias non dispoñían de luz eléctrica.
TERCEIRO CICLO
Como vedes
a auga sempre foi
e seguirá sendo
moi importante
na nosa vida.
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Página 41
BIBLIOTECA
Páxina 42 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
BIBLIOTECA
Os nenos e nenas de 3º tivemos a sorte de
coñecer a un autor de libros moi simpático.
O autor Gisbert visitounos para animarnos a
que leramos moito.
Falounos dos libros que el escribira e tivemos
que facer un solemne xuramento,
comprometéndonos a ler ao longo do curso
“Moitos dos seus libros”.
Anxo Fariña colleu como modelo a
unha das nosas compañeiras de 5º
curso e nun plis-plas converteuna
nunha “pirata terrorífica”
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Página 43
BIBLIOTECA Dende FEGAMA ( Federación Galega de Medio Ambiente) e Dirección Xeral de
Agricultura ofrecéronnos unha bonita charla sobre a importancia do traballo
responsable dos agricultores para axudar a mantenza e coidado da natureza.
Faláronnos das distintas razas autóctonas de animais domésticos (Galiña de Mos,
Porco celta, vacas cachenas…) Tamén nos falaron da importancia de respectar a flora e
a fauna para manter a cadea alimenticia.
Páxina 44 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
Pedagoxía Terapéutica
Ola lareteir@s!
Pero un ano máis queremos lembrarnos das persoas con discapacidade xa que eles ta-
mén teñen un espazo nestas olimpiadas de Londres 2012. E sabedes como é isto posi-
ble?? Pois a través da celebración das OLIMPIADAS PARAOLÍMPICAS!!!!
As olimpiadas paraolímpicas son aquelas nas que participan persoas con algún tipo de
discapacidade e este é un pequeno resumo da súa historia:
“Durante os Xogos Olímpicos en 1948, o médico ingles Ludwig Guttmaingles Ludwig Guttmaingles Ludwig Guttmaingles Ludwig Guttman propuxo unha
serie de concursos para os minusválidos que foran feridos na Segunda Guerra Mundial
e, polo tanto, estaban nunha cadeira de rodas.
A partir desta idea naceron os Xogos ParalímpicoXogos ParalímpicoXogos ParalímpicoXogos Paralímpicos. Nestes participaron as persoas con
discapacidade física, mental e sensorial.
Os primeiros Xogos Paralímpicos foron realizados en 1960 en Roma 1960 en Roma 1960 en Roma 1960 en Roma nas mesmas insta-
lacións e locais que os Xogos Olímpicos.... Os Xogos Paralímpicos comezaron seis días
despois de rematar os Xogos Olímpicos de verán, e tiveron o apoio de diferentes institu-
cións e das autoridades italianas.
Os primeiros Xogos foron realizados do 19 ao 24 de setembro de 1960 e tiveron a par-
ticipación de máis de 400 atletas de cadeiras de rodas de 23 países. Estes xogos cons-
taban de 8 deportes (atletismo, baloncesto para discapacitados, dartchery masculino,
esgrima, natación, snooker, tenis de mesa e tiro con arco).
Este ano 2012 é un ano olímpico, e como
sodes uns grandes deportistas xa sabedes o
que iso significa verdade??
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 45
Así ao longo das diferentes celebracións olímpicas, de catro en catro anos ( Tokio 64, New York
1984, Seúl 1988, Barcelona 1992 entre outros), foron gañando importancia, prestixio, número
de participantes e de disciplinas deportivas ata chegar a última celebración das olimpiadas en
PekínPekínPekínPekín 2008200820082008 na que participaron máis de 4000 deportistas e 130 países.
Nesta última edición os deportistas paralímpicos españois obtiveron 58 medallas posicionándo-
se entre os 10 mellores países do mundo!!! E xa que este ano, no noso centro lle estamos a adi-
car unha especial importancia ao tema da auga , auga , auga , auga , queremos prestarlle atención á natación parao-
límpica. Destacando a Teresa PeralesTeresa PeralesTeresa PeralesTeresa Perales como exemplo de superación e éxitos deportivos.
Teresa Perales foi a deportista paraolímpica española que obtivo máis medallas nos pasados
xogos: ouro en 50, 100 e 200 metros libres; prata en 50 metros costas e bronce nos 100 me-
tros braza.
Esta é a súa pequena historia:
Lembrade nen@s con superación e esforzo podemos conseguir todo aquilo que nos propoña-
mos!!!
Pedagoxía Terapéutica
Naceu en Zaragoza o 29 de decembro de 1975. A
súa paraplexia non lle impediu desenvolver unha ca-
rreira brillante. Aos 19 anos perdeu a mobilidade da
cintura . Despois de algúns meses moi duros, asimila-
do que perdera a capacidade de andar e adpatándo-
se a súa nova situación. Teresa aprendeu a nadar e
despois dun ano comezou a competir e foi acumulan-
do moitos éxitos deportivos. Toda unha campeona!!!!
Páxina 46 O L A R E T E I R O D O X A L L A S
RELIXIÓN
O L A R E T E I R O D O X A L L A S Páxina 47
RELIXIÓN
“ É consolador soñar men-
tres un traballa que ese
barco, ese neno, irá moi
lonxe pola auga. Soñar que
ese navío levará a nosa car-
ga de palabras cara portos
distantes, cara illas lonxa-
nas”.
Gabriel Celaya
Desexámosvos unha
boa travesía,
mariñeiros xalleiros.
CEIP Barrié de la Maza.