33
CURSO 2014/2015 MONTES LINGUA de BOLETÍN DIXITAL DO EDLG DO IES CHANO PIÑEIRO

Lingua de Montes dixital 2015

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista escolar do IES Chano Piñeiro de Forcarei editada polo EDLG correspondente ao curso 2014/2105.

Citation preview

Page 1: Lingua de Montes dixital 2015

CURSO 2014/2015

MONTES

LINGUA de

BOLETÍN DIXITAL DOEDLG DO IES CHANO PIÑEIRO

Page 2: Lingua de Montes dixital 2015

2

Agora que estamos a piques de arrincar a folla do mes de xuño do calendario e, con ela, deixar atrás o curso 2014/2015, chega o momento de facer un repaso das actividades que se desenvolveron no Chano Piñeiro ao longo destes últimos meses. Con esa idea

desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega presentamos esta humilde

publicación que tedes na vosa pantalla. Como é de xustiza, queremos agradecerlle a súa colaboración a todos os Departamentos Didácticos e, como non, a todo o alumnado que, dunha maneira ou doutra, nos botaron unha man ao longo do curso.

Editorial

http: linguademontes.blogspot.com

Índice Día da Ciencia en galego............................................................................................................. 3 Día de Rosalía ........................................................................................................................................ 5 Día da Paz ................................................................................................................................................. 6 Moita Poesía, pouca diversión............................................................................................ 8 Nós tamén contamos! ................................................................................................................ 9 Visita de Fina Casalderrey...................................................................................................... 10 Teatro de Gladiadores .............................................................................................................. 11 De contos con Celso .................................................................................................................. 11 West Side Story ............................................................................................................................... 12 Teatreiros................................................................................................................................................ 14 Arredor dos Números ................................................................................................................ 15 Coñecérmonos o noso .............................................................................................................. 16 Coa Lingua de Paseo .................................................................................................................... 18 Excursión a Madrid ................................................................................................................... 20 Benidorm '15 ........................................................................................................................................ 22 Despedimos 2º Bacharelato ............................................................................................... 26 Club de Lectura ............................................................................................................................. 28 Os mozos do Club recomendan... ................................................................................ 30 Lecturas para o Verán ................................................................................................................ 33

Page 3: Lingua de Montes dixital 2015

3

Día da Ciencia en Galego Cando unha actividade funciona e esperta o interese do alumnado o mellor é non

tocala. Porén, este ano o Día da Ciencia en Galego si que tivo novidades. Non en canto

ao formato, pero si no tocante á ubicación. Tardamos cinco edicións en darnos conta de que o mellor lugar para celebralo era o salón de usos múltiples que compartimos co colexio. E precisamente por a, vén a segunda novidade, xa que decidimos convidar aos alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP a que lle botaran un ollo e participaran nos obradoiros

« De esquerda a dereita: sensores para todos, Newton e a literatura; Química e bioloxía; a banda de Möebius.

Como é habitual, contamos coa colaboración dos distintos departamentos didácticos para desenvolver os diferentes obradoiros científicos nos que os propios mozos e mozas do Chano Piñeiro exercían de monitores.

Nesta 5º edición, o Día da ciencia en galego

estaba dedicado ao mundo da física e centrándose a homenaxe da figura de dous persoeiros do ámbito

científico: o físico Isaac Newton e o matemático de

orixe lalinense Xosé Rodríguez. Os seus carteis

conmemorativos xa pasaron a formar parte do noso corredor da Ciencia.

Page 4: Lingua de Montes dixital 2015

4

MÚSICA DE CRISTAL

Os alumnos de 1º de Bacharelato de música creamos, para o Día da Ciencia en galego,

unha orquestra con copas de cristal. Ditas copas contiñan diferentes cantidades de auga

e, ao mollar un dedo e deseguido frotalo co bordo da copa producía un son en forma de

nota musical. E alí estabamos nós, cun montón de

copas coas que fomos quen de interpretar un par

de cancións. Desde o meu punto de vista, foi

unha experiencia moi agradable xa que facer

música con copas relaxa bastante; claro, sempre

e cando a copa soe ben porque senón... Lino Peleteiro

(1º Bacharelato)

Ademais, este curso tivemos a marabillosa noticia de que dous grupos de alumnos do noso instituto gañaran o 2º premio nos concursos organizados por IGACIENCIA co gallo

desta festividade científica. No concurso Inventa en Galego, os alumnos de 1º de

Bacharelato Gabriel Otero, Gabriel Sieiro, Claudio Troitiño e Daniel Varela foron

premiados polas súas aplicacións para móbil RuralApp e ForcareiTour coas que

podemos buscar información, respectivamente, sobre as casas de turismo rural de Forcarei e sobre lugares de interese turístico da comarca.

Por outra banda, no concurso Sensores para todos os alumnos e alumnas de 4º PDC foron premiados polo seu

traballo de medición do tempo de reacción simple ante estímulos visuais e sonoros que, precisamente, presentaran

nos nosos obradoiros.

« Rocío, Sandra e Valentina presentando o seu proxecto sobre Sensores o día da entrega de premios

O alumnado premiado por IGACIENCIA co seu profesor,

Manuel Andújar »

Page 5: Lingua de Montes dixital 2015

5

Día de Rosalía O 24 de febreiro homenaxeouse no Chano Piñeiro, un ano máis,a figura de Rosalía de Castro, a primeira muller que escribiu literatura despois dos Séculos Escuros. Neste día,

alumnos de diferentes cursos elixen un dos poemas dos libros da escritora para recitalo diante de todo o instituto.

Na xa vella barandaentapizada de hedras e de liriosfoise sentar calada e tristementefrente do tempro antigo.Interminable precesión de mortos,uns en corpo nomáis, outros no esprito,veu pouco a pouco a aparecer na alturado direito camiño,que monótono e branco relumbraba,tal como un lenzo nun herbal tendido.Contempróu cál pasaban e pasabancollendo hacia o infinito,sin que ó fixaren nelaos ollos apagados e afundidos deran siñal nin moestrade habela nalgún tempo conocido.I uns eran seus amantes noutros días,deudos eran os máis i outros amigos,compañeiros da infancia, sirventes e veciños.Mais pasando e pasando diante dela,fono os mortos aqueles prosiguindoa indiferente marcha camiño do infinito,mentras cerraba a noite silenciosaos seus loitos tristísimosen torno da estranxeira na súa patria,que, sin lar nin arrimo,sentada na baranda contemprabacál brilaban os lumes fuxitivos.

Este ano fíxose algo novo que foi un concurso de recitado de poesía na que había dúas categorías: unha individual e outra colectiva. En dito concurso tíñanse en conta distintos aspectos: memorización, posta en escena, tono do recitado... Ao final o xurado, composto polas profesoras Clara Iglesias, Gema Barreiro e Rosa López, decidiu dar como gañadora na categoría individual a

Fátima Álvarez de 1º de bacharelato e, na categoría de

grupos, a Iago Gamallo e Iván Soto de 3º ESO. O premio

consistiu nun vale para ir ao cine.

Ademais, como todos os anos nesta celebración, proxectouse un vídeo no que se recita un dos poemas da homenaxeada. Para a súa elaboración, o profesor Anxo vai por todo o instituto, cámara en man, pedíndolle a aquel que atopa polo seu camiño que recite un verso do poema mentres el grava. Cando xunta os cortes, forma un vídeo moi especial. Este ano o poema escollido foi Estranxeira

na súa patria.

ESTRANXEIRA

NA

SÚA

PATRIA

Cristina Gil(3º ESO)

Page 6: Lingua de Montes dixital 2015

6

Día da Paz

Un ano máis o 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da non violencia cunha serie

de actividades organizadas e coordinadas polo equipo da Biblioteca. Durante os días previos, tivemos a ocasión de contemplar unha exposicións de debuxos e caligramas realizados polo alumnado da ESO.

Xa o día 30, o alumnado de 1º e 2º ESO celebrou un acto conmemorativo no que leron unha serie de textos a favor da Paz e interpretaron a canción Les enfants de la

Terre cuxa tradución ao galego foi proxectada para todo o alumnado. O acto rematou cunha solta de globos.

Olivia Vilariño (2º ESO)

Cristina Ogando (2º ESO)

Uxía Torres (2º ESO)

Cristina Gil (3º ESO)

Les enfants de la Terre

Non queremos a fin do mundo.Xuntámonos para facer a roda.O que queremos é poder amarnospara todos os rapaces da Terra.Unha canción de súplicae reunir o amor da humanidade.

As estrelas brilan no ceoun planeta azul no Universo.Millóns de anos para ser fermosa,e sementar a vida sen fronteiras.

Protexede o azul dos océanos.As nubes foron feitas para ser brancas.A natureza precisa dos nosos corazónsporque os soños escríbense en cor.

Page 7: Lingua de Montes dixital 2015

Pero, sen dúbida, o acto polo que será lembrado este Día da Paz e da Non Violencia do 2015 é pola actividade colaborativa que fixemos entre o alumnado e o profesorado e que permitiu facer a mudanza dos libros da antiga Biblioteca cara a súa nova ubicación na antiga aula de alumnos.

O traballo requería organización e coordinación e, tras ver o resultado, non cabe dúbida de que todos debémonos sentir orgullosos! Agora temos unha Biblioteca máis ampla, máis acolledora e máis cómodo para disfrutar da lectura ou para desenvolver actividades.

7

Page 8: Lingua de Montes dixital 2015

8

Moita poesía, pouca diversión

No pasado día do libro, tivemos no Chano Piñeiro unha agradable sorpresa do EDLG, un recital de poesía que levaba por título Moita poesía, pouca diversión. As encargadas

de dar este magnífico recital foron María Lado e Lucía Aldao formando o dúo Aldaolado,

froito da unión dos seus apelidos.

O espectáculo comezou cuns versos de Hemingway para quentar motores. Deseguido, María e Lucía presentáronse cun gran toque de humor no que captaron a todo o público que alí estaba. Despois disto foi o turno da música, Lucía interpretou coa guitarra unha peza no idioma de Shakespeare e María recitaba.

E volveu o humor, comentaron, de maneira ocorrente, uns casos de graffitis con faltas de ortografía que están repartidos pola xeografía galega. A partir destas pintadas compuxeron un poema moi cómico. Outro poema gracioso foi un no que falaban da correcta colocación dos pronomes persoais en galego. Logo, fixeron un pequeno obradoiro de poesía no que repartiron un verso a cada alumno, e xuntámolos á nosa maneira quedando unha composición ben chistosa: Antes eras un colega, pero

agora amoriñas das silveiras.

Cando rematou o recital, a todos nos gustaría que durase máis xa que estaba sendo moi ameno. Pero, tivemos sorte, xa que nos deleitaron cun poema a maiores. Ao final, o título do recital quedou desmontado e deixándonos a todos cun sorriso de

orella a orella. Moita poesía, moita diversión.

Martín Arosa(1º Bacharelato)

Page 9: Lingua de Montes dixital 2015

9

Nós tamén Contamos! O reto de enfrontarse a un público agradecido pero moi esixente. A un público que levan a sinceridade por bandeira e do que cando algo non lle gusta...non lle gusta! Isto foi o que tiveron que facer os mozos e mozas do club de lectura; poñerse diante dos nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria do cole e contarlles as súas historias. Coidamos que superaron o reto!

O día 2 de xuño tivemos unha experiencia moi

doce e infantil. Isto débese a que fomos a

contarlle unha chea de contos aos nenos e ás

nenas do CEIP Nosa Señora das Dores. Alí

pasámolo xenial!

Por unha vez fixemos de intérpretes e

provocamos algún que outro sorriso...

O máis divertido foi ao final cando, para agradecerlle a cantidade de aplausos e

sorrisos que puidemos apreciar nas súas caras, agasallámolos cunhas fermosas flores

de papel feitas pola nose profe de Lingua Española, Gema. Para lle poñer un puntiño

máis doce á xornada, tamén lles regalamos aos nenos e nenas uns chocolatiños.

Antía Vea(2º ESO)

Page 10: Lingua de Montes dixital 2015

10

Visita de Fina Casalderrey O 19 de maio a gran escritora, ademais de profesora xubilada, Fina Casalderrey Fraga acudiu ao noso centro e dedicounos case dúas horas de atención. Ao comezo deste período de tempo, Fina falounos da súa nenez e da súa adolescencia sempre de forma afable e con bo carácter, relatando a súa infancia no seu pobo no que, por exemplo, lía e escribía as cartas para unha veciña pobre e humilde que non sabía facelopor si mesma e

Fina Casalderrey

pedíalle que escribira as misivas do seu fillo. Tamén nos contou que nas festas, mentres unha das orquestras tocaba, os membros da outra invitaban a bailar ás mozas; iso si, sen lle tocar o home á muller o ombreiro pois “daquela pensábase que nacías dos extraterrestre”, comentaba de xeito cómico.

Na miña opinión, penso que o mellor de todo foi que, a continuación de seguir durante unha hora con interesantes e entretidos relatos da súa vida, leu un fragmento dun dos seus libros A pomba e o degolado co que, persoalmente, me sentín identificado. Finalmente, a escritora recibiu agarimosamente de dous alumnos un ramo de camelias rosas e un libro do director de Sempre Xonxa, Chano Piñeiro. A continuación deste acto, a nosa convidada

dispúxose a asinar e dedicar gran cantidade de libros da súa autoría, non sen antes contestar as preguntas dos ansiosos. Como remate desta reunión, esta gran persoa foi despedida entre aplausos. A cita que máis recordarei desta visita será: se

necesitas apuntes para recordar o que vou dicir, é que

non cumprín como escritora.Iván Soto(3º ESO)

Page 11: Lingua de Montes dixital 2015

11

Teatro de Gladiadores

Decidimos facer o proxecto da exposición de gladioadores porque nos gustou a idea cando nola propuxo Pepe, o noso mestre de Latín e de Cultura Clásica. Estivemos varios días preparando exposición que se fixo na antiga biblioteca. Alí todos os alumnos que fixemos a exposición preparamos carteis, presentacións de diapositivas e, os últimos

O xoves 4 de xuño recibimos a visita dun dos contacontos máis coñecidos do noso país: Celso Fdez. Sanmartín. Co seu espectáculo Contos que non falten achegou ao alumnado de 1º e 2º da ESO a tradición oral galega con multitude de lendas e historias recollidas na súa maioría polas súas viaxes polo rural galego.

días, dedicámonos a ensaiar cada un de nós a súa explicación. A maior dificultade coa que nos atopamos foi a de falar diante do público, aínda que foi moi gratificante comprobar que lles gustara.

Vanesa Ramos(3º ESO)

De contos con Celso

Page 12: Lingua de Montes dixital 2015

West Side Story Xa é o segundo ano consecutivo no que o Departamento de música, liderado pola súa profesora Isabel, pon en escena unha audición musical na que se implican moitos

alumnos e alumnas. Nesta ocasión o reto era importante: representar o musical West Side Story. Así, partindo dun enfrontamento Cerdedo–Forcarei como base da historia,

foise construíndo ao longo dos últimos meses a nosa especial adaptación. Incluso algún dos membros do claustro de profesores probaron fortuna sobre o escenario! Lucía, unha das alumnas de 1º de bacharelato implicadas no proxecto, contanos en primeira persoa a súa experiencia.

Elenco de actores e actrices que

representaron West Side Story o

pasado 18 de xuño no salón de

actos do Chnao Piñeiro.

Este ano os rapaces e rapazas de música de 1º de bacharelato decidimos realizar unha

obra de teatro/musical. Desde un primeiro momento gustounos a idea, xa que era unha

maneira de aprender música, perder a vergoña e demostrar que nós tamén podiamos

facer algo orixinal, superando outros cursos. Este proxecto fixonos aprender moitas máis cousas que se estiveramos na clase chapando

teorías que, en realidade, non nos interesaban;

cousas que veriamos unha vez na vida e non

volveriamos a lembrar. Aprendemos a dar ideas, a

entender aos compañeiros, a ver os nosos erros e

os dos demais e tamén a corrixilos. En definitiva,

aprendemos a pensar e a traballar cara o público.

12

Page 13: Lingua de Montes dixital 2015

Sen dúbida, o público que máis temiamos: os nosos propios compañeiros! Pero isto

fíxonos esforzarnos máis porque se algo salía mal, estarían eles para recordárnolo toda a

vida e rirse de nós, como bos amigos. Para moitos foi difícil enfrontarse á vergoña, aos

nervios, aos cambios de última hora, ás miradas de todos...

Lucía González(1º Bacharelato)

Cando o día da estrea empezamos a ensaiar por primeira vez todos xuntos non nos

saía nada, non nos escoitabamos e miles de problemas máis. Pero, unha vez comezou a

obra, todos estivemos atentos e, coa tensión do momento,finalmente, conseguimos

facela de principio a fin con todo o instituto mirando e acabar satisfeitos co traballo

realizado durante todo o curso. Para nós o verán comezou ao acabar a obra,

porque nos sentiamos responsables de sacala

adiante e, aínda que intentabamos despreocuparnos,

foinos imposible. Sen dúbida algunha, volveriamos a

repetir experiencia.

13

Page 14: Lingua de Montes dixital 2015

Unha vez que estamos no escenario, o actor transfórmase completamente

e deixa de ser el mesmo para convertise noutra persoa que mediante o seu

corpo comunica o que a súa personaxe quere dar a entender. Estaría

fantástico que a sociedade de hoxe en día se preocupara un pouco máis

pola cultura que trasnmite esta arte, e ademais por todo o que nos pode

axudar a dar a coñecer as nosas emocións e os nosos pensamentos.

Teatreiros

Non é doado subirse a un escenario e expoñer o teu traballo ante o xuízo dun público que mira con lupa cada frase, cada movemento ou cada xesto da túa interpretación. Por iso é de valorar o que fan os mozos e mozas do noso instituto que non só se atreven a facelo, senón que incluso o saben disfrutar.

Este é o caso dos membros do grupo de teatro de Cerdedo que, dirixidos por Xosé Lueiro,

representaron para toda a rapazada do Chano Piñeiro a obra O enfermo imaxinario de Moliere o pasado 21 de abril. Unha destas atrevidas actrices cóntanos o que representa para ela esta actividade.

A miña afección polo teatro comezou haberá seis anos máis ou menos, non me lembro

exactamente o ano no que comecei. Penso que nos diversos lugares de Galicia debería

de haber unha escola de teatro, xa que esta arte parece que para a nosa sociedade é

moi pouco importante, pero unha das súas principais ideas é a de expresar o que

sentimos e comunicalo mediante os nosos xestos, mediante o noso corpo.

Para min o teatro non é só aprenderse un monólogo

é dicilo enfronte de todos; simplemente representar

unha historia, unha personaxe é unha transformación

dos nosos pensamentos e do noso carácter. Temos

que ser e sentirnos como a personaxe que queremos

representar.

Tania López

(1º Bac)

14

Page 15: Lingua de Montes dixital 2015

15

Arredor dos números Tres, catorce, quince. Quizáis esta secuencia de tres números non vos chamen

especialmente a atención ou, tal vez, se vos veña á cabeza o Día Pi que celebrou o

Departamento de Matemáticas durante este curso precisamente polo feito de que o 3 de marzo deste ano era a data no formato anglosaxón que coincidía de maneira exacta coas cinco primeiras cifras do número π.

Durante eses días houbo unha serie de actividades arredor do mundo da matemática como unha exposición de poesía matemática, outra con xogos de enxeño que nos fixeron pensar ou unha xinkana matemático-literaria a modo de xogo de pistas.

Xa no mes de maio, o alumnado de 4º ESO tivo o reto de atopar todos os recunchos matemáticos agochados polas rúas de Forcarei. E non dubidaron en aceptalo!

Así, cámara en man, iniciaron o seu paseo fotográfico-matemático e capturaron preto de 700 fotografías

relacionadas coa matemática.

Page 16: Lingua de Montes dixital 2015

Coñecérmonos o noso

A menos dunha ducia de quilómetros do Instituto temos un patrimonio excepcional,

tanto no arquitectónico como no natural. O mosteiro de Aciveiro e a serra do Candánson dous lugares que teñen moito que dicir sobre a nosa historia, e sobre a beleza da nosa paisaxe.

Por iso o alumnado de PDC do IES fixo o pasado 24 de novembro unha visita a estes lugares para aproveitar o preto que estamos destes espazos privilexiados para poder poñer rostro e nome a moitos dos conceptos que estamos a estudar en historia, xeografía, arte, etc.... Así, no mosteiro puidemos apreciar diferentes estilos arquitectónicos que foron sedimentando a través do tempo, en diferentes estratos, o que hoxe podemos contemplar. O senlleiro románico da igrexa é alterado por elementos góticos (a porta da sacristía) ou barrocos (retablo) e mesmo neoclásicos como a fonte do claustro.

A sociedade daquela época amosouse aos nosos ollos filtrándose baixo as restauracións que sufriu o mosteiro. O feudalismo, as rendas dos mosteiros, as actividades autárquicas e mesmo cara o mercado como é o caso da venda de neve, o esplendor da Galiza do século XII e XIII, a decadencia dos séculos posteriores. Mesmo atopamos ao mestre da escolástica, Tomé de Aquino, un dos filósofos máis relevantes da historia, presidindo o retablo.

16

Page 17: Lingua de Montes dixital 2015

Hai dous sepulcros na nave da igrexa. Un nobre que dá conta do xeito de comprar o ceo que tiña esta clase social, e outro atribuído ao abade Gonzalo das Penas. Este debeu ser un bo gobernante do mosteiro que mesmo foi canonizado como santo. Entre as súas obras puidemos apreciar a fermosa ponte de Andón, enclavada nun entorno recollido e poboado de árbores senlleiras, que fan esta unha das máis apreciadas das moitas que ten o río Lerez até a súa chegada a Pontevedra.

Logo de visitar as pontes colleumos rumbo cara o cumio do Candán. Íamos a busca das neveiras. Unha produción característica desta zona, a neve, que tantos beneficios deu noutros tempos. Non foi doado, máis ao fin atopamos estes recintos empedrados nos que se ía recollendo a neve até que ben prensada, convertida en xeo, era exportada ás cidades galegas e mesmo as doutros lugares da península.

Foi unha xornada breve pero intensa de coñecer máis do que temos no Concello no que está encravado o noso IES. Ás veces non hai que ir moi lonxe para atopar grandes monumentos nin paraxes fermosos. Cómpre abrir os ollos ao noso entorno e valorar o que posuímos.

17

Page 18: Lingua de Montes dixital 2015

Coa Lingua de Paseo

Falamos aquí das saídas realizadas ao longo deste curso na que a nosa lingua, a nosa cultura, a nosa historia, estivo presente.

Da man de Castelao, o alumnado de 4º ESO e bacharelato partiu do Museo de Pontevedra seguindo as súas pegadas polos lugares polos que andou nos seus anos da capital do Lérez. Tiveron ocasión de saber máis da historia das pedras que hoxe sosteñen a nosa mirada e que en tempos escoitaron os grandes proxectos que para mellorar e desenvolver o noso país tiveron os da xeración Nós.

Roteiro Castelao

O alumnado de PDC de 3º e 4º da ESO achegouse á Cidade da Cultura na que se conmemoraba o 25 aniversario do cinema galego cunha exposición sobre esta actividade tan moderna e presente nas nosa vidas como é a cultura audiovisual na que o noso país ten tamén a súa achega, e especialmente a nosa comarca na que se criou o director que inaugurou esta xeira e que dá nome ao noso

centro: Chano Piñeiro.

Exposición: 25 anosdo Cimena galego

18

Page 19: Lingua de Montes dixital 2015

Roteiro Rosalía

Desde a Casa Museo ata o Pazo de Hermida, pasando polo Cemiterio de Adina ou a colexiata de Iria Flavia. Un paseo seguindo as pegadas da nosa escritora máis universal e levando con nós, en cada recuncho onde se respira Rosalía, os seus versos.

Organizada polo Departamento de CCSS, o alumnado de 3º ESO desprazouse á capital de Galicia para descubrir algún dos segredos agochados na Cidade Histórica. Unha visita ao Museo Pedagóxico de Galicia completou a xornada.

Entre as pedras de Compostela

Correlingua '15

A pesar de que tivo que ser á segunda oportunidade por aquilo das inclemencias metereolóxicas, un ano máis non faltamos á nosa cita anual coa carreira pola nosa lingua que se celebrou na Estrada o 25 de maio.

19

Page 20: Lingua de Montes dixital 2015

VIAXE A MADRID

O 19 de marzo puxemos rumbo a Madrid as sete da mañá. Estabamos todos super nerviosos e ansiosos por aquela experiencia que comezabamos a vivir. Ao principio no autobús todos estabamos como dicía antes moi nerviosos, e divertíanos imaxinar como serían eses días rodeados dos nosos compañeiros. Pouco a pouco esa enerxía inicial foi desaparecendo ata chegar ao punto de quedármonos durmidos polo cansazo, pero logo espertamos! O camiño resultounos bastante longo, aínda que iámonos entretendo de diversas maneiras: facendo fotos, escoitando música, contando anécdotas, etc.

Ao día seguinte madrugamos e fomos ao Museo das Ciencias donde botamos toda a

mañá. Disfrutamos moito coas actividades que alí fixemos e descubrimos cousas que antes non sabíamos e nos pareceron interesantes. Gustoume a experiencia de comer ao aire libre, no Parque do Retiro.

Ao chegar ao hotel o primeiro que fixemos foi xantar. Era tarde e tiñamos moita fame! Despois subimos correndo coas maletas porque tiñamos curiosidade por saber cales e como eran as

nosas habitacións. Collemos camiño do zooonde nos divertimos moito e disfrutamos da gran variedade de especies que alí había. Volta ao hotel, ceamos e fomos durmir.

Pola tarde fomos ao Santiago Bernabeu. Alí flipamos todos! (ata os que son do Barça). O que máis nos gustou deste día foi o tempo de ocio que tivemos despois; estivemos dando unha volta polas tendas e polos comercios que hai arredor da Porta do Sol.

20

Page 21: Lingua de Montes dixital 2015

O sábado volta a madrugar. Sen dúbida algunha, foi o mellor día de toda a excursión pois tocou ir ao Parque Warner. Disfrutamos ao máximo; esa si que foi unha experiencia inolvidable. Case todos montamos a todas as atraccións, incluso os mestres. Non desperdiciamos un só minuto!

Esa noite, a pesar de ser a derradeira, tamén foi a máis divertida, aínda que houbo un pequeno percance. Estabamos todos xogando as cartas nunha habitación e, de súpeto, Sebastián esvarou e co brazo abriu un buraco na parede. Máis tarde todos estabamos preocupados por el e como vimos que o brazo lle inchaba chamamos a un mestre. Foi con el ao hospital: rompera un brazo!

Xa era domingo e nada mais almorzar subimos as nosas habitacións para recoller todo. Dábanos pena marchar pero tamén estabamos contentos por voltar ás nosas casas. Fomos ao Escorial onde fixemos unha visita moi rápida. Despois, puxemos rumbo de volta á casa. O camiño desta vez resultounos moi curto. Cando nos demos conta xa estabamos baixando do autobús, moi cansos pero felices, e cunha chea de anécdotas que lles contar aos familiares.

Olivia Vilariño(2º ESO)

21

Page 22: Lingua de Montes dixital 2015

BENIDORm '15 A viaxe comeza. A nosa viaxe comeza. E, como non, toda viaxe empeza na casa. Antes de sair todos repasabamos ansiosos e nerviosos a nosa equipaxe, esa maleta que nos acompañaría durante a nosa semana. Uns preocupados por se esquecían algo aínda que levaban semanas coa maleta feita e outros tan despreocupados que fixérona esa mesma noite. Bos días ás 6: morte absoluta ao sair tan cedo. Chegamos ao autobús que tamén nos acompañaría durante toda a semana. Despedímonos dos nosos pais, eles á vez con tristeza e tranquilidade e nós máis ansiosos e felices ca outra cousa. O autobús arranca. Caos absoluto e máximo. Gorras estivais, mantas por todos lados, coxíns, camisetas da mesma excursión, diñeiro que viaxaba ata o peto de Tamara, comida nunha mochila de adestramento, todo listo para a viaxe. Dez minutos despois, primeira parada. A algo así como a nove quilómetros de Forcarei tivémonos que deter. En busca dun CD de música que non funcionaba e unha nai preocupada porque se o seu fillo pasaba frío durante a viaxe. Retomamos a marcha. Todos xa máis relaxados e a maioría a durmir. Case na fronteira, cambio de condutor e touca estirar un pouco as pernas. Un momento para respirar e espertar.

Seguimos a viaxe espertando e animándonos a medida que nos achegamos ao noso destino. Xa preto de Valladolid aínda nos quedaba máis da metade e nós xa cansos da viaxe! Chegando a Madrid, a xantar!. Menú a elixir. Sorpresas positivas e negativas. Ledicia dos profesores ao saber que eramos xente de bo dente y que nese aspecto non habería problemas. A viaxe continua e cada vez a nosa emoción aumenta máis. Durante este tramo, pensamos en todos os xogos posibles aos que se podiera xogar nun autobús, xa que a viaxe comezaba a facérsenos moi longo. O máis popular foi o xogo da puta que, a pesares do seu nome, é un xogo de cartas moi entretido.Xa de noite entramos en territorio valenciano. Por fin! Ánimos polas nubes. A nosa viaxe estaba rematando e comezando ao mesmo tempo. Isto prometía!

22

Page 23: Lingua de Montes dixital 2015

Chegada ao hotel. Comezo das típicas bromas polo olor a vello do hotel e a repetida presenza de xente maior por todos os lados: o de que Benidorm é terra das viaxes do Inserso é completamente verdade. Primeira toma de contacto. Todo anticuado. Deixamos as maletas nun cuartucho e fomos cear. Como era esperado balbordo de xente maior de 50 anos; ceamos rapidamente e volvemos a recepción para subir xa ás nosas estanzas.

Unha vez nos deron as chaves subimos ás habitacións das que, polo que viramos na Internet, non tiñamos moi boa imaxe. Pero levamos unha sorpresa! Amplas, moi limpas. Tiñamos baño con ducha (menos dúas afortunadas que tiñan bañeira), armarios grandes, televisión para ver Gran Hermano e espello grande para fotos diarias para Snapchat. Emocións positivas por todos lados.

Madrugón. Rumbo a Valencia. Viaxe eterna. Tocaba un tour pola cidade. Mal tempo e gran cansazo polas poucas horas de sono. Pola tarde, Albufera. Un paseo nunha pequena barca inestable representando ao pobo galego con cancións de aquí; ata tivemos público doutras excursións que mesmo nos aplaudiron!

Primeira noite, primeira  liorta. Empezando ao grande! Reunímonos nun cuarto e récord de tempo que aguantamos.  Media hora e o garda de seguridade botounos a cada un para a súa habitación. Aínda que non aguantamos moito separados. Sen dúbida a noite era do mellor…

De volta a Benidorm, momento de relax na habitación e a arranxarse para cear. Despois, cine. Dividímonos en grupos e cada un á súa película. Saímos. Chovía. Os profesores con ganas de festa e nós con ganas de cama. O normal, vamos!

Reunímonos toda clase nunha habitación menos a marmota de Nati que pasou a noite durmindo. Definitivamente as noites estaban a ser o mellor!

23

Page 24: Lingua de Montes dixital 2015

Terceiro día. Volta a Valencia: Cidade da Arte e

as Ciencias. Foi unha gran mañá xa que estivemos todo o tempo ao noso aire e sacando fotos. Creo sinceramente que as fotos ocuparon a maior parte do noso tempo na comunidade valenciana (como bos turistas que somos!). De camiño parámonos en Calpe. Unha vila moi bonita que os profesores tiñan interese en que visemos. O pobo era pequeño e apenas había xente. Anoiteceu mentres estabamos na praia. Pasamos o tempo sacando

fotos para non variar. Pola noite… festa!. Primeira noite que saiamos en Benidorm e decepción total xa que non había case xente. Algúns problemas e diferenzas solucionados a tempo. Cuarto día. Viaxe a Elche. Horta do cura, un lugar

con plantas exóticas do que todos nos namoramos. Sacamos moitísimas fotos e quedamos encantados polo lugar. Continuamos o traxecto ata Alicante. Cada un a xantar polo seu lado e despois praia! Os días anteriores non fixera bo tempo polo que aínda estaba o ceo algo revolto. A auga estaba fría aínda que os rapaces, con máis valentía que cabeza, metéronse nana auga. Os demais a dormir ou a tomar xeados. Un dos mellores días da excursión.

Final de Gran Hermano. Reunión para velo con todos xuntos. Despois saimos de festa pero voltamos cedo ao hotel. Reunión típica de todas as noites e desacordo por culpa do póker.

Quinto día. O final achégase. A viaxe apenas acababa de comezar e xa nos tiñamos

que ir. Un auténtico fastío, pero debiamos aproveitar o que nos quedaba. Hoxe non teriamos que pasar tantas horas no bus xa que tocaba visitar Benidorm, máis concretamente, Terra Natura. Volta ao hotel para xantar antes de ter a tarde libre. Cada un podía facer o que quixera. Ao final acabamos indo á praia aproveitando que facía bo tempo. Paseamos por todo Benidorm en busca de recordos; desde os máis típicos como pulseiras ou imáns, ata os máis curiosos como calcetíns ou minilámpadas de lava. Pola noite aproveitamos para saír, xa que ás tres marchabamos. Fixemos a última minireunión de media hora antes de irnos. Marabunta de maletas cara o autobús.

24

Page 25: Lingua de Montes dixital 2015

Volta. Por un lado tristura por deixar Benidorm atrás; foi unha semana moi boa e

pasámonolo en grande. Por outro lado, felicidade. Volta á nosa vida, coa nosa xente, ao noso descanso normal… foron cinco días moi cansos! A semana máis curta das nosas vidas e, a pesar dalgunhas diferenzas entre nós todo estivo xenial, compañía e profesores estupendos. Aínda non nos fixeramos a idea de estar alí e xa tiñamos que voltar.

As primeiras sete horas pasámonolas durmindo. Dixéronnos de baixar a almorzar e nós continuamos durmindo. Estabamos moi cansos e non era momento de facer ruído. Ás dez paramos en Madrid a almorzar. No ambiente notábase o cansazo. Iamos a maioría espertos aínda que sen facer un exceso de ruído. Contando anécdotas sobre a viaxe. Paramos a xantar en Valladolid. Despois desta parada xa se nos vía máis animados. Os reencontros coa familia e mascotas foron todos moi bonitos, ou case todos. A maioría fómonos pronto para casa: o descanso era necesario, e merecido. A viaxe rematara e del só levabamos bos momentos e recordos.

Andrea Calviño

Lucía Janeiro

Silvia Méndez

Natalia Varela

(4º ESO)

25

Page 26: Lingua de Montes dixital 2015

DESPEDImos 2º BAC

Hai uns días, cando rematei cos exames, dinme conta de que esta etapa da miña vida chegaba ao seu fin. Todo comezou no 2009, aínda podo recordar os nervios que sentín cando entrei pola porta do IES Chano Piñeiro. A miña xeración fixera historia, era a primeira vez que había tres grupos de primeiro! Moitas caras novas que semellaban estar igual de asustadas ca min. Algúns destes novos compañeiros, sobre todo compañeiras, acabaron sendo grandes amigas, coas que compartín a etapa do IES e estou segura de que seguirán na etapa universitaria. Primeiro da ESO para min foi un gran cambio, ademais sentíame moi pequena ao lado dos maiores de segundo de Bacharelato, sempre trataba de non miralos á cara para evitar que me dixeran calquera cousa. Neste ano foi cando comecei a estudar de

verdade. Ben, daquela pensaba que estudar dúas páxinas era un montón, pero supoño que co tempo vaste dando conta do que é en realidade estudar. Recordo que a profesora de lingua castelá nos mandara levar unha pinza para o pelo. Sempre dicía “Chicas, la pincita. Quiero veros esa cara bonita que teneis”. Todas levabamos flequillo.

Segundo, foi un ano que me resultou moi fácil. Xa tiña o hábito de estudo e non me custou moito sacalo adiante. Ademais lembro que neste ano foi cando fomos de excursión a Madrid. Que ben o pasei! Xuntabámonos todos nunha habitación e poñíamonos a falar ou a xogar a calquera cousa. Terceiro, porén, foi un curso algo máis difícil. Tiñamos novas materias, como física e química, e novos profes...

Cuarto foi un ano xenial, dos da ESO foi o mellor sen dúbida. Encantábame a clase, todos nos levabamos súper ben, eramos unha piña. Neste ano tivemos que traballar no bar do centro para gañar cartos para a excursión a Lanzarote. Nun primeiro momento non había ningún profesor disposto a vir con nós pero ao final logramos convencer a dúas profes. Recordo que nas visitas guiadas nos quedabamos durmidos en calquera lado. Sen dúbida o mellor eran as noites nas que levabamos todos os colchóns para unha habitación e facíase de día sen decatarnos. Con primeiro de bacharelato comezaron os rompedeiros de cabeza sobre o meu futuro. Agora, non se trataba de estudar por aprobar, agora había que sacar boas notas, pois a

26

Page 27: Lingua de Montes dixital 2015

universidade estaba ao caer. Este ano cos compañeiros non foi moi bo, estabamos moi divididos e non había bo ambiente. A excursión de fin de curso foi a Salamanca. Que festaza! En verdade, pouco recordo das visitas que fixemos. O que máis me marcou foron os pubs! Teño de segundo de bacharelato unha sensación un tanto amarga. Por unha banda foi o ano que máis saín de festa, pero pola outra foi, sen dúbida algunha, o ano no que máis estudei. O último trimestre foi horrible, o nivel de estrés e presión foi inigualable. En xeral todos os da clase estivemos igual, chorabamos por calquera cousa. Aínda así, todos estivemos moi unidos e a verdade é que nos apoiamos moito entre nós. Así mesmo, sentinme moi apoiada por algúns profesores que souberon entenderme e polo que lles estarei sempre moi agradecida e me levarei o mellor recordo deles.

Esta etapa chega ao seu fin e, con ela, miles de recordos, experiencias e vivencias. En definitiva, neste tempo crecín moito como persoa e só agardo seguir medrando e ir conseguindo, pouco a pouco, todos os meus obxectivos. Agora só queda facer a selectividade e, se todo sae ben, por fin, comezarei a estudar o que creo que de verdade me gusta, matemáticas. Ogallá todos os da miña xeración teñamos moita sorte e sigamos quedando para lembrar estes anos.

Pechamos esta etapa cun portazo, e abrimos outra chea de ilusións.

Paula Morgade(2º Bacharelato)

De esquerda a dereita: Marcos, Julio Alberto, Daniel, Carlos, Nicoleta, Paula, Antía, Vanesa, Lupe, Laura, Sofía, Estefanía, Lucía e Andrea; alumnado de 2º de bacharelato no curso 2014/2015

27

Page 28: Lingua de Montes dixital 2015

Club de Lectura O Club de Lectura “Obxectivo a Lúa” está formado por mozos e mozas do IES Chano Piñeiro e a profesora de Lingua Española Gema Barreiro e levaban a cabo as súas xuntanzas os segundos recreos dos xoves e os venres.

Ademais de falar das súas lecturas e, como non, recomendarse libros mutuamente, tiveron tempo para desenvolver varias actividades ao longo do curso como a visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

O xoves 26 de marzo houbo unha excursión para os mebros do club de lectura ao

Salón do Libro de Pontevedra. Este grupo de alumnos, entre os que me inclúo, estaba formado por poucos alumnos, pero por non por iso deixaba de ser un grupo variopinto, xa que incluía alumnos de distintas idades, desde 1º ESO a 2º de bacharelato. A esta saída acompañáronnos dous profesores. Subimos no autobús nada máis tocar o timbre para a primeira hora de clases. Unha vez que chegamos a Pontevedra apurámonos a entrar no Salón porque estaba a chover. Alí había moita xente doutros centros e tamén unha das mascotas do salón. Unha cousa que me chamou a atención era a gran cantidade de alu alumnos que traían o resto de centros en comparación

co noso. Tras agardar un anaco fixéronnos pasar a un auditorio onde disfrutamos do espectáculo dun mago, que fixo trucos con cartas, de adiviñación mental e mesmo incluiu no seu espectáculo unha pequena guillotina, que nos fixo sufrir pola ssorte que puidera a man dunha profesora que escolleu de entre o público.

Despois deste espectáculo foinos asignada unha guía que nos explicou que este ano o tema do Salón do Libro eran os libros de ciencia ficción. Primeiro ensinounos un recuncho onde se ilustraban contos como Pinocho, O mago de Oz, Carapuchiña vermella

28

Page 29: Lingua de Montes dixital 2015

vermella e As viaxes de Gulliver. Parecéronme moi bonitos estes murais pero pensei que era unha mágoa que moitos dos efectos de movemento que tiñan estas personaxes ao principio xa non funcionaban polo mal uso que algúns dos visitantes anteriores lle deran.

Logo desta presentación, percorremos outras salas como unha na que había un enorme espello cuxa finalidade era que ao vernos reflectidos nel viramos como sería o noso clon se fose posible telo. Noutra sala falamos dos científicos da ficción e tamén de experimentos reais que antes vían irrealizables e que agora parécennos cousas normais ee tamén experimentos que agora vemos imposibles pero que, co paso do tempo, poden facerse realidade, como pasou co que narra Julio Verne no seu libro Vinte mil légoas de

viaxe submarina.

Por último, dedicámonos a ver os experimentos e traballos relacionados coa literatura e a ciencia que fixeran os rapaces e as rapazas doutros colexios e institutos da cidade de Pontevedra. Regresamos a Forcarei cun sorriso ca cara tras unha xornada do máis entretida!

Antía Míguez

(2º Bacharelato)

29

Page 30: Lingua de Montes dixital 2015

@s moz@s do Club recomendan...

SINSAJOSuzanne CollinsMolino

É a terceira parte de Los juegos del hambre. Kandis estivo nos xogos da fame dúas veces e foi ao distrito 12. Despois tivo que ir ao distrito 13, un lugar que ninguén coñecía porque estaba oculto baixo terra. Aventuras, familia e amizade son os seus puntos fortes. Aida Miranda (2º ESO)

EL MISTERIO DELCUARTO AMARILLOGastón LerouxAlmadraba

Unha novela policiaca que trata de descubrir un misterio que sucede nun cuarto dunha habitación. Era unha casa encantada que mercara un home que dicía que todas as historias da casa eran mentira. Pero ao final si eran verdade. É moi interesante: asasitanos e misterios sen resolver ata o final. Marc Villaverde (2º ESO)

EL ASESINATO DEL PROFESORDE MATEMÁTICASJordi Sierra i FabraAnaya

Tres rapaces aos que o seu profesor faille un exame e despois tarda moitísimo en darlles a nota. Os rapaces preocúpanse por el e vano buscar e atópano nun parque. Pensan que está enfermo pero o profesor díxolle que so tiña un problema familiar. É moi interesante. Sergio Barbeitos (1º ESO)

JUEGO DE TRONOSGeorge R.R. MartinGigamesh

É unha novela creada por George R.R.Martin. A saga compóñena cinco libros, dos que dous sairán proximamente.É unha historia que nos conta en cada capítulo o que lle ocorre a unha personaxe. Está ambientada cun toque medieval; os star de invernalia teñen unha vida agradablae ata que descobren que o rei no Norte ten que irse. Aquí empeza todo: cada personaxe debe seguir a súa historia.

Na miña opinión, son as mellores novelas do momento. Nunca antes chegara a engancharme tanto a un libro; a pesar da súa longa historia e número de páxinas, fíxoseme curta.

Lino Peleteiro (1º Bac)

30

Page 31: Lingua de Montes dixital 2015

TONECHO DE REBORDECHAOBreogán RiveiroGalaxia

Un rapaz que vive nunha aldea case abandonada. Trata dalgúns contos de medo tradicionais de Galicia. Está ambientado na vida rural. Sínteste identificado cos espazos e co seu estilo de vida. Xacobe Peleteiro (3º PDC)

LA MECÁNICA DEL CORAZÓNMathias Malzieu Mondadori

Unha nena namorada ten problemas para conseguir o amor do rapaz que lle gusta. Pasa moitas horas coa súa avoa enferma e esta dálle consellos para namorar ao rapaz. Un rapaz que ten un problema no corazón, un aparello que llo fai funcionar, é excluído e marxinado da sociedade pola súa orixe. Todos os ingredientes para desencadear o drama, a dor.

Alex García (3º PDC)

LA LADRONADE LIBROSMarkus ZusakDebolsillo

Unha orfa que realmente non rouba os libros, senón que os toma prestados. O trasfondo é a II Guerra Mundial. O máis curioso e que é a propia morte quen narra o que se conta no libro. Maiores de 14 anos porque hai algún párrafo que pode dar algo de medo. Uxía Torres (2º ESO)

LAS CRÓNICAS DE LA TORRELaura GallegoSM.

Se les estes libros descubrirás que non podes parar de lelos porque neles mestúrase aventura, traición, amizade, amor, feitizos e fortaleza. Aida Miranda (1º ESO)

FINIS MUNDILaura Gallego GarcíaSM

Un monxe e un xograr únense para salvar ao mundo. Van a distintos lugares de Europa onde teñen que atopar os tres eixos mediante descripcións metafóricas dun libro que se atopaba no monasterio. Polo camiño coñecen a unha rapaza que axudaraos na súa misión. Cristina Gil (3º ESO)

31

Page 32: Lingua de Montes dixital 2015

LOS JUEGOSDEL HAMBRESuzanne CollinsMolino

Podo dicir que foi unha das miñas mellores lecturas do ano e ata a o día de hoxe. Pareceume un libro xuvenil que difire moito dos do seu xénero mostrando escenas atípicas que dan realismo á historia. Ademais de rachar os tópicos sobre as mulleres mostrando a unah rapaza forte, autosuficiente, loitadora e intelixente que se ofrece voluntaria como tributo para protexer á súa irmá pequena que baseou a súa vida nunha loita e desconfianza constante para poder sobrevivir. Todas as personaxes destacan pola súa diversidade e madurez. Facía bastante tempo que nun libro non me agradaban todos as personaxes en maior ou menor medida. Este libro ten momentos moi caóticos, ademais de que a autora exténdese moito na descrición psíquica e do ambiente que rodea á protagonista, sen facer que o ritmo do libro sexa lento polo que hai moitos momentos de tensión. A historia gustoume moito, enganchándome desde o primeiro momento, a súa orixinalidade faite desexar constantemente saber que pasará despois, sendo moi interesante a forma de pensar de Katniss facendo que te decates de cousas que non pensaras. É totalmente recomendable tanto para adultos como para un público xuvenil.

Lucía González (1º Bac)

DIVERGENTECecilia RothMolino

Este libro gustoume moito, a trama e intriga que hayidurante todo o libro engancha. A historia transcorre no futuro, concretamente en Chicago, a sociedade presente divíidese en cinco faccións segundo o seu carácter: Ousadía, Abnegación, Cordialidade, Erudición e Verdade. Tris, unha rapaza de Abnegación, vai realizar a súa proba para saber que facción escoller, pero os seus resultados non son concluíntes, é diverxente, no encaixa na sociedade. Manteno en segredo e se alguén a descobre será a súa fin.

Lino Peleteiro (1º Bac)

UN PUENTEHACIA TERABITHIAKaterine PatersonDestino

Un neno de familia pobre faise amigo dunha nena de familia rica que se acaba de mudar a súa mesma localidade. Entre eles nace unha bonita amizade, ata o punto de que crean un mundo imagxnario. Ten un final triste. Aida Miranda (2º ESO)

32

Page 33: Lingua de Montes dixital 2015

33

Lecturas para o Verán

Intrucións para tomar caféManuel Núñez Singala

Galaxia

DragalElena Gallego Abad

Xerais

As palabras poden matarMarcos Calveiro

Xerais

As crónicas de LandereinaSabela González

Galaxia

A Casa de Mango Street

Sandra CisnerosSushibooks

A neve interminableAgustín Fdez. Paz

Xerais

O faro escuroMaría López Sández

Galaxia

Amor en alpargatasManuel Portas

Xerais

Un animal chamado néboaLedicia Costas

Xerais

O Mundo Secretode Basilius Hoffman

Fernando CimadevilaUrco

AtilaInacio-Iván Suárez

Demo Editorial

Gorazde, zona seguraJoe Sacco

Rinoceronte

Abastos Varios autores3 Pintamonas

Dos días escurosMª Carmen Caramés

Xerais

Oso, mamá, si?María Lado

Xerais