28
LINGUA DE MONTES BOLETÍN DIXITAL DO EDLG DO IES CHANO PIÑEIRO CURSO 2013/2014

Lingua de Montes Dixital

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Boletín dixital do EDLG do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Curso 2013/2014

Citation preview

Page 1: Lingua de Montes Dixital

LINGUA DE MONTES

BOLETÍN DIXITAL DO EDLG DO IES CHANO PIÑEIRO

CURSO 2013/2014

Page 2: Lingua de Montes Dixital

2

Remata o curso e é hora de avaliar e de facer resumo. Con esa idea nace esta humilde

publicación coa que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chano Piñeiro quere repasar as actividades desenvolvidas ao longo do curso. Como é de

xustiza, quixeramos ademais darlle as grazas a todos os Departamentos Didácticos que colaboraron connosco e, como non, a todo o alumnado que nos botou unha man tanto no día a día como colaborando para esta publicación!

Editorial

http://linguademontes.blogspot.com

Índice

Día da Ciencia en galego.................................................................................... 3

Día de Rosalía ............................................................................................................... 4

Día das Letras Galegas .................................................................................... 6

A voltas coa lingua ............................................................................................ 7

As Nosas Tradicións ......................................................................................... 9

Correlingua ................................................................................................................... 12

Coa lingua de paseo ............................................................................................ 13

O Misterio da Casa Encantada ................................................................. 17

Nós tamén Contamos ........................................................................................ 19

BCN'14 ................................................................................................................................ 20

Club de Lectura ..................................................................................................... 23

Concursos .................................................................................................................... 26

Lecturas para o Verán........................................................................................ 28

Page 3: Lingua de Montes Dixital

3

Día da Ciencia en Galego Un ano máis, e xa van catro, na primeira semana de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego. Esta actividade, impulsada desde o Instituto Galego da Ciencia,

dedicóuselle nesta ocasión á Estatística e á Arte e a Ciencia, rendíndolle homenaxe ás

figuras de Isaac Díaz Pardo,Richard Buckminster Fuller

« De arriba cara abaixo: construíndo cúpulas xeodésicas; a pegada dactilar e Julio Verne e a Ciencia

Grazas á colaboración dos diferentes Departamentos Didácticos, puidemos desenvolver os distintos obradoiros nos que os mozos e mozas do IES Chano Piñeiro demostrástedes a vosa habilidade como monitores.

e Florence Nightingale. Estes tres persoeiros xa teñen o

seu recuncho particular no noso centro grazas aos dous novos paneis conmemorativo situados no corredor de Bacharelato, no que foi un traballo colaborativo co IES Pintor Colmeiro de Silleda.

Pola implicación e bo facer de todos estes monitores, o alumnado do Chano Piñeiro descubriu o que son as curvas de Lissajous, achegouse á arquitectura construíndo cúpulas xeodésicas, comprobou como a partir dun timbal e dun radiocassette se poden debuxar figuras xeométricas, profundizou na relación entre a literatura de Julio Verne e a ciencia, ou averiguou onde se agocha o dióxido de carbono ou cales son os segredos da pegada dactilar.

Page 4: Lingua de Montes Dixital

4

Día de Rosalía O salón de actos ateigado un ano máis para rendirlle homenaxe á escritora máis importante das nosas letras. Escóitanse uns acordes e, de súpeto, alí a vemos na pantalla, Rosalía. A nosa Rosalía. Unha entrevista a fondo falando da vida, da obra, das experiencias. E, entre resposta e resposta, poesía. Os versos da poeta mesturados coa súa voz, dando clara explicación ao que nos ía contando.

Distintos momentos do recitado poético que acompañou á entrevista a Rosalía

¡Silencio!

A man nerviosa e palpitante o seo,as niebras nos meus ollos condensadas,con un mundo de dudas nos sentidosi un mundo de tormentos nas entrañas,sentindo cómo loitanen sin igual batallainmortales deseios que atormentane rencores que matan,mollo na propia sangre a dura prumarompendo a vena hinchada,i escribo..., escribo..., ¿para qué?¡Volvede ó máis fondo da ialma,tempestosas imaxes!¡Ide a morar cas mortas relembranzas!¡Que a man tembrosa no papel só escribapalabras, e palabras, e palabras!Da idea a forma inmaculada e pura¿dónde quedóu velada?

Para abrir o acto, o alumnado de Música de 3º ESO e de 1º de Bacharelato puxo en escena a súa orixinal

versión musicada do poema Silencio!, adaptación feita

pola súa profesora Isabel. Rap, teatro, interpretación. Un perfecto xeito de achegar os versos de Rosalía á mocidade e de demostrar a forza das súas palabras.

Page 5: Lingua de Montes Dixital

5

NA PEL DE ROSALÍA

As campás de Bastabales soaban a festa cando Clara me dicía se quería facer da grande autora do Rexurdimento para conmemorala no seu día. Todo foi un cúmulo de emocións en min ante tal oferta. A máis grande do Rexurdimento xunto con Curros e Pondal, Rosalía, a nosa querida Rosalía, unha muller que lle tocou vivir nunha época difícil pero ela, sempre forte e loitadora. loitadora. Sentíame nerviosa e inqueda por descubrir cal era exactamente o meu papel. Ía encarnar á mismísima Rosalía! Que orgullo ser a elexida.

Comezamos gravando unha entrevista uns días antes para o que me peiteei e vestín igual que o facía a homenaxeada e preparamos a biblioteca para que o ambiente fose máis acorde coa súa época. Lino estivo magnífico no seu papel de presentador mentres Anxo e Garrido non soltaban as cámaras e todo baixo a supervisión de Clara.Chegado o gran día, reproduciuse a entrevista gravada previamente entre a que varios alumnos recitaron algúns poemas rematando a homenaxe coa miña aparición na pel de Rosalía. Esperanza Bravo

(2º Bacharelato)

GRAFFITEANDO

Iván Cortizo é un alumno de 4º ESO que ten a arte do debuxo nas súas mans. Cando a súa profe de plástica lle propuxo realizar un graffitti homenaxe a Rosalía nunha das paredes do centro non dubidou en aceptar o reto. Fixo o deseño e así o plasmou. A súa pegada quedará, para sempre, no Chano Piñeiro. loitadora.

Iván Cortizo diante do graffitti que deseñouna honra de Rosalía »

Page 6: Lingua de Montes Dixital

6

Día das Letras Galegas Recibimos a visita de David Otero, mestre de Lingua e Literatura galega, que nos veu

falar da figura de Xosé María Díaz Castro, poeta lucense ao que se lle dedicou este ano

o Día das Letras Galegas.

Dous momentos do recitado poético

Pero durante a charla, ademais de falarnos do autor, axudounos e animounos a construír poemas, a reflectir nunha poucas liñas sentimentos, ideas, palabras. Como ben nos definiu, as palabras non son máis que pas que serven para labrar e que nos que nos dan o poder de expresar todo o que a nosa mente sexa quen de pensar ou imaxinar. Expresamos esas palabras en forma de poesía. Recitamos os versos de Díaz Castro da súa única

obra publicada (Nimbos, 1961) mentres Belén,

emulando a Penélope, tecía fío a fío a bandeira galega.

PENÉLOPE (X. María Díaz Castro)

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,i a tea dos teus sonos non se move.A espranza nos teus ollos se esperguiza.Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanosche estrolla o sono mol coma unha uva.Pro tí envólveste en sabas de mil anos,i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún díaa xente que levaron. Deus é o mesmo.Suco vai, suco vén, Xesús María!,e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,o Tempo vai de Parga a Pastoriza.Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

Page 7: Lingua de Montes Dixital

7

A voltas coa lingua

Neste apartado queremos recoller todas outras actividades que se desenvolveron durante o curso na que o alumnado tivo un papel moi importante. Imos aló!arcía Barros,

Chegaron ao instituto o pasado 6 de xuño co seu

espectáculo A Hora Azul e cautivaron ao alumnado de

1º e 2º ESO cos seus contos. Sempre baixo unha buscada e atinada ambientación musical, Brais e

Marta, A Tropa de Trapo, transportáronos ao Magreb

para contarnos a historia da princesa Leila ou a principios do século XX para falarnos da relación entre Sabela e Ramón, o neno da cámara de fotos imaxinaria que tivo que emigrar.

Obradoiro de Contacontos

A continuación, foi a quenda do obradoiro no que a rapazada experimentou as particularidades do oficio de contacontos, aprenderon técnicas teatrais e fixeron dinámicas de expresión corporal que, sen dúbida, lles servirán de axuda no futuro.

O galego no Bierzo A experiencia de ser profesor de galego nunha comarca como o Bierzo situada alén

das nosas fronteiras. Isto foi do que Xosé Álvarez lles falou ao alumnado de 4º ESO e 1º

Bacharelato facéndolles ver o orgullo que senten os falantes desa comarca pola nosa lingua.

Page 8: Lingua de Montes Dixital

8

Constelaciónde palabras

Esta foi unha das actividades de colaboración que fixemos co veciño IES Pintor Colmeiro de Silleda. Con ela quedou demostrada que, a pesar da distancia tan pequena que separa ámbolos dous concellos, a riqueza semántica da nosa lingua é tan grande que, en algo tan esencial no noso agro como os apeiros de labranza ou as partes do carro, atopamos diferenzas!

Desde o mundo a Forcarei

Con esta actividade quixemos coñecer o día a día coa nosa lingua do alumnado que estuda no noso centro que chegou desde outros países. Así, puidemos coñecer mellor a Nicoleta (1º Bac), a Valentina (3º ESO) ou a Mailín (1º ESO) e saber, entre outras cousas, como se mergullaron no galego.

E ademais...

Traballos realizados ao longo do curso polo alumnado

Page 9: Lingua de Montes Dixital

9

As nosas tradicións Durante este curso quixemos achegarnos un pouco ás nosa tradicións máis ancestrais. Así recibimos a visita de dúas persoas moi ligadas á nosa música e ao noso folclore. Por un lado, o músico Suso Vaamonde achegouse ao noso centro no mes de febreiro para amosarlle aos mozos e mozas de 2º e 3º ESO unha mostra dos diferentes instrumentosinstrumentos populares da nosa música tradicional: gaitas, zanfona, tarrañolas... Por medio dun concerto didáctico, o director da Escola de Instrumentos Populares Galegos de Cuntis, descubriunos como funcionan e como son realmente por dentro todos estes instrumentos.

No mes de abril foi a quenda do baile. Achegáronse

ao Chano Piñeiro, Henrique Vázquez e tres

pandereteiras do grupo de baile tradicional galego Tequexetéldere da Estrada. Na charla, ademais de escoitar diferentes pezas musicais do seu repertorio, serviu para aprender como se fai a recollida de todas

estas pezas que foron pasando de xeración en xeración ata os nosos días. Realmente tivemos que afinar moito o oído para poder descifrar algo nas audicións que nos mostraron, pero tras escoitar as pezas reinterpretadas polas pandereiteiras todo tivo sentido.

Page 10: Lingua de Montes Dixital

A continuación podedes ler parte da entrevista que os profesionais de Telediver lle

fixeron a Suso Vaamonde como unha mostra do traballo que fixeron ao longo do curso.

Hoxe temos connosco ao músico, compositor e profesor Suso Vaamonde. Hoxe temos connosco ao compositor, músico e profesor Suso Vaamonde que vén de

impartirlle unha charla aos nosos compañeiros e compañeiras na que lles explicou o

funcionamento dos diversos instrumentos tradicionais galegos. Benvido ao Chano

Piñeiro de grazas pola súa visita.

Grazas a vós por convidarme De onde lle vén a vostede este interese

pola música tradicional?

Eu comecei no colexio, na antiga EXB, e case non por min senón por meus pais e por un profesor de matemáticas que foi o que trouxo a uns amigos, entre os cales estaba

Telediver: Entrevista a Suso Vaamonde

estaba o fillo que daquela estaba empezando a tocar a gaita e a percusión galega, e comezamos con aquilo como con calquera outra actividade aos 12 anos.Vostede imparte todo tipo de cursiños relacionados coa música popular galega, de

técnica, de afinación, de interpretación…pero falanos da súa experiencia cos máis

pequenos, das charlas nos colexios e nos institutos, que che aportan?

Esas son as máis gratificantes; de quen máis aprendes é dos pequenos. A min encántame compartir e ensinar o que a min levou tanto tempo aprender para que os que veñen detrás de min cheguen moito antes ao mesmo sitio. Pero os pequenos son os que máis che agradecen todo o que lles explicas, os que menos prexuízos teñen e son autenticas auténticas esponxas; están atendendo a todo o que

lles explicas aínda que ti creas que non.

« Suso Vaamonde tocando a zanfona durante o concerto didáctico

10

Page 11: Lingua de Montes Dixital

11

Alba Taín – Pablo Silva(4º ESO)

É vostede o director da Escola de Intrumentos Populares Galegos situada no concello de

Cuntis. Como xorde a idea? Existe realmente unha emerxente interese pola música

tradicional?

A idea xorde e a escola funciona porque efectivamente si existe ese interese. O que eu penso é que ao mellor non está ofertado da maneira na que hoxe a xente se pode achegar a eses sitios. Na escola temos os instrumentos, a xente que quere probar non ten que mercalo e esa xa é unha axuda; na escola non hai un curso pechado de nove meses: podes empezar cando queiras e parar cando queiras, podes empezar cun instrumento e probar despois con outro. A filosofía é achegar a calquera que teña un mínimo de interese a posibilidade de poder probar e experimentar calquer tipo de instrumento sen necesidade de ter que mercalo e o tempo que se queira.

Un dos proxectos onde está metido musicalmente

falando é o trío Vaamonde, Lamas & Romero onde,

por así dicilo, reinterpretan a música tradicional galega

cunha gran dose de humor. Explíquenos brevemente

en que consiste…

Consiste en dicir practicamente que non hai que inventar nada. Nós nos nosos espectáculos concebimos a música como algo especial e non como un concertó só con notas. Dunha forma amena e divertida o que facemos é expoñer esa música con arranxos modernos e aportamos bastante dose de humor porque o que a xente quere en definitiva é acudir a un espectáculo e disfrutar con el.Falemos de futuro. Algún proxecto novo en mente? Algo que nos poida anticipar?

Pódoche anticipar que hai proxectos novos en mente. Actualmente formo parte dun dúo que chamamos Cantata Vernácula con Xoán Porto no que facemos acordeón, zanfona e voz; hai máis proxectos de concertos, cursos, algunha publicación… Todo o que podo ir facendo e no que podo ir axudando e colaborando en canto hai un tempo. Ordénanse esas ideas, póñense en bonito e publícanse nun libro ou na rede. O futuro é que si vai haber proxectos, seguro.Pois isto é todo, grazas por concedernos un pouco

do seu tempo e achegarse ás terras de Forcarei.

Page 12: Lingua de Montes Dixital

Correlingua Un ano máis os mozos e mozas do Chano Piñeiro participaron na carreira pola lingua, a

cita na que a xuventude deste país se reúne para alzar a súa voz na defensa do galego.

Este á o resumo que nos fai, Iván:

O pasado 12 de maio, 1400 estudantes de A Estrada, Forcarei e Silleda acompañados polos respectivos profesores participaron nunha carreira pola defensa da nosa lingua, o galego. Participaron os colexios locais de Figueroa, Cabada Vázquez, o Foxo e Pérez Viondi, os tres institutos da vila (Manuel García Barros,

Iván Soto(2º ESO)

García Barros, Antón Losada Diéguez e Nº 1), o instituto Pintor Colmeiro de Silleda e nós, representando ao Chano Piñeiro. En vista do éxito, a organización pensa en repetir a experiencia o ano que vén.

Primeiro nomeáronse todos o coles e institutos participantes e, acto seguimo, comezouse a andar polo centro urbano da Estrada. Os máisnenos fixeron un percorrido de 650 metros, mentres que os maiores andivemos 2'4 quilómetros. Os nenos de primaria levaron postos dorsais, pero non con números, senón con palabras en galego; e os rapaces dos institutos levantaron levantaron pancartas durante o percorrido a favor do galego como, por exemplo, “O paso

adiante” do noso instituto e que era o lema do Correlingua nesta ocasión. Rematada a carreira disfrutouse dun concerto do grupo “Quempallou” que tocaron varias cancións galegas. Despois da festa, a oganización agradecíaa participación a todos os presentes.

12

Page 13: Lingua de Montes Dixital

Coa Lingua de Paseo

Estas foron algunhas das saídas que realizastes ao longo deste cursos. Non están todas as que son, pero si todas as que están!García Barros,

O pasado 27 de novembro o alumnado de 1º ESO, 3º PDC e 1º Bacharelato do IES Chano Piñeiro viaxaron ao concello limítrofe de Campo Lameiro para visitar o parque arqueolóxico no que se atopa un dos espazos da idade do bronce máis singulares de Galiza, e mesmo do mundo.

A concentración de petroglifos e a súa calidade fan deste entorno un lugar ideal para estudar o xeito de vida e a mentalidade das poboacións que hai 5000 anos se asentaron na nosa comarca. Compre lembrar que quizais aquí fose un dos espazos habitados máis antigos de xeito continuado. Cando o ser humano se fixo sedentario, ou semisedentario, esta terra interior das rías baixas era ideal porque permitía a navegación a través do rio Lérez, e atopábase nunha zona fértil e rica nunha fauna, que a pesares do neolítico, non se deixou cazar en ningún momento. levantaron

Visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

Seguramente algúns motivos dos petroglifos teñen que ver coa caza, mais tamén coa propiedade, coa territorialidade. Por iso é un momento híbrido moi interesante da historia da humanidade ao que a poucos quilómetros do noso centro podemos analizar e coñecer directamente ron

13

Page 14: Lingua de Montes Dixital

nas laxes labradas ou indirectamente a través do Centro de interpretación e as guías que nos acompañaron.

Foi, xa que logo, unha xornada intensiva de estudo do noso pasado e tamén da natureza humana constante ao longo do tempo, isto é, a súa creatividade, os seus medos, os seus sonos, etc... levantaron

A montaña máxica do Monte Seixo Viaxe á porta do alén da man de Carlos Solla

O venres 28 de marzo, o alumnado de 4º da ESO e 3º PDC percorremos da man do escritor Carlos Solla o chan sacro do cumio do Monte Seixo, un entorno máxico que durante séculos sedimentaron lendas populares a partir da orografía emocional e material do terreo, erguendo interpretacións do que alí acontecía, do que as pedras contaban e do que un podía albiscar alén do común grazas a situación elevada no que se atopa.

Elevados no físico e no metafísico. Deixando pegada na conversa da comunidade que o circunda, e tamén reflexo na literatura máis universal a través de referencias nas Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio ou no veciño desta contorna Frei Martín Sarmiento.

14

Page 15: Lingua de Montes Dixital

Carlos Solla fixo un traballo de recollida e investigación que nos permite hoxe mirar con outros ollos o que a simple vista puidera parecer unha poza ou un penedo. Coñecer o significado que tivo para quen habitou e visitou este espazo antes que nós, mais tamén desenterrar -cando menos coa mente- as persoas que viñeron dar cos seus ósos nesta necrópole co fin de ser lembrados e vivir eternamente no recordo da xente. Un entorno natural -hoxe un parque eólico industrial- que a pesares da intervención agresiva e deshumanizada presente non puido borrar o rastro dun punto estratéxico na mirada secular dun pobo que usou de referencia para os seus ritos de sociabilidade e transcendencia que máis que supoñer un consolo particular para quen o practicaba, representou durante milenios o respecto

á natureza para legado das xeracións futuras, un respecto que semella temos perdido e que quizais viaxes coma esta, coa compaña de guieiros tan sabios, nos axude a recuperar nas xeracións futuras.

Entre as Pedras de Compostela

Organizada polo Departamento de Ciencias Sociais, o 14 de maio o alumnado de 3º ESO desprazouse á capital de Galicia para descubrir algún dos segredos agochados na Cidade Histórica. Por medio de xogos de orientación e de pesquisas foron aprendendo que que, mirando a través das pedras, das

fontes ou das igrexas, podemos descubrir un pedaciño da nosa historia.

15

Page 16: Lingua de Montes Dixital

Teatro: Bicos con Lingua

Prexuízos lingüísticos representados en situacións da vida cotiá aderezados cunha gran

dose de humor. Este pode ser o resumo do perfil da obra de teatro Bicos con Lingua

que foron ver os mozos e mozas de 3º e 4º ESO o 7 de maio. Sorrisos para reflexionar. Humor para concienciar. que

RoteiroCurros Enríquez

Por segundo ano consecutivo, o alumnado de 3º ESO e 1º de bacharelato achegouse á vila e Celanova para realizar o roteiro organizado pola Fundación Curros Enriquez sobre o autor ourensán. Na saída, organizada pols Dptos. de CCSS e Lingua Galega combináronse o aspecto literario, o artístico e o histórico.

Contos Do Museo

Sempre é un pracer pasear pola muralla de Lugo, percorrer as rúas da cidade ou navegar polo río Miño. Estas actividades foron o complemento perfecto á proposta didáctica que realizaron os mozos e mozas de 1º e 2º ESO no Museo Provincial e que xirou en torno ao libro Contos do Museo .

16

Page 17: Lingua de Montes Dixital

O misterio da casa encantada Movilizar e facer partícipe a case que todo o instituto nun proxecto. Non parece doado, verdade? Pois iso foi o que fixo Isabel, a profesora de música, con esta representación. Teatro, música e talento foron os ingredientes que se mesturaron para dar lugar a este musical que naceu a partir dunha idea dos mozos e mozas de 1º de Bacharelato que cursan a materia de música e que foi tomando forma ao longo do curso ata implicar a todo o alumnado desta materia. Dous días antes de rematar o curso chegou a data da estrea. E foi, como cabía agardar, un éxito. Andrea, unha das alumnas implicadas, contanos en primeira persoa a súa experiencia.

Isabel, profe de música,

acompañada de Jacobo, Rafa,

Andrea, Sofía e Lucía, o alumnado

que creou, deu forma e puxo en

escena o conto musical.

O día 18 de Xuño compartín xunto aos meus amigos unha experiencia inolvidable no I.E.S Chano Piñeiro. Antes de nada contarvos como xurdíu esta idea que tivo lugar un día ao chegar a clase cando a profesora Isabel comenzou a dicir que relataramos unha historia para mostrar a nosa creatividade. Naquel intre, só nos atopabamos na clase SofíaSofía e máis eu pero, pouco a pouco conforme os días transcorrían e os catro compañeiros estabamos xuntos, fomos madurando aquela idea que á profesora lle parecera boa. Cada un de nós nas nosas casas fomos facendo desa idea unha bonita historia, con esforzo porque tamén era unha época difícil xa que había exames, pero o que nós non pensabamos era en compartir un día esa historia que xurdira de casualidade con todo o instituto.

17

Page 18: Lingua de Montes Dixital

Para poder poñela en marcha precisábamos de bastantes ensaios, da presenza de persoas, de horas extras ou, simplemente, buscar calquer momento para realizar unha lectura do papel. Cando chegou o día, eses momentos antes de realizar a esperada obra, recordos con moito nerviosismo, tensión, preocupación porque todo saíra ben e os resultados foran bos. Levabamos tempo agardando ese día co fin de que a xente pasara un momento agradable e eu creo que cumprimos o noso obxectivo.

Tivemos ensaios moi bos pero queda claro que cando chega o día os nervios traizoan, pero aínda así esforzámonos e fixémolo o mellor posible; sentíamos a obriga de non defraudar á profesora que puxera en nós a súa confianza, non estragar o que con tanto esforzo levabamos preparando durante clases: o obxectivo de divertir a un público, García Barros,

Andrea López(1º Bacharelato)

facer que pasara un bo momento e, principalmente, sentíamos a necesidade de transmitirlle a todos que ás veces esas ideas que veñen á cabeza e pensas que son unha parvada, poden facerse realidade cun pouco de esforzo.

Foi unha experiencia moi grata, tanto para min como para os meus compañeiros, porque eses malos momentos que pasas enriba do escenario cando ves que todo un público esta pendente de ti, ao final pagan a pena.

18

Page 19: Lingua de Montes Dixital

Nós tamén Contamos! Enfrontarse a un público moi esixente. A unha personiñas que levan a sinceridade ao extremo e que deixan claro que, se algo non lles gusta, non lles gusta!

A min esta experiencia gustoume xa que lle fixemos pasar un bo rato aos rapaces pequenos. Moita vergoña, pero ao final non houbo ningún tipo de problemas. Martín

A miña impresión foi incrible xa que se portaron moi ben. Gustoume moito contar contos aos rapaces pequenos. Tamén é certo que o conto da leiteira inventeino porque non o sabía e púxenme nervioso. O mellor é que os rapaces expresan moi rápido o seu estado de ánimo e así sabía se lle gustaba o conto, con só velos. Lino

A min pareceume unha experiencia bonita xa que os nenos expresan moi ben se o están a pasar ben. Os nenos tamén se animan moito á hora de colaborar para contar un conto. Pablo

A experiencia gustoume. Con algo de vergoña, pero estivo moi ben porque os nenos estaban alegres e participaban nos contos. José

Gustoume moito contarlle os contos aos nenos porque eles mesmos che axudan e participan moito. Ao principio, tiñamos algo de vergoña pero saiunos mellor do esperado. Eles pasárono moi ben e nós tamén. Alba

Esta experiencia gustoume porque os rapaces víanse felices e que lle gustaba, pero deume moita vergoña. Noelia

O reto que lles formulamos ao alumnado de 4º PDC era achegarse á Biblioteca do CEIP Nosa Señora das Dores e contarlle uns contos aos nenos e nenas de infantil e de 1º de primaria. Aceptaron o plan e escolleron contos clásicos da literatura universal: A ratiña presumida, Os tres porquiños, A

rá tragona... Construíron máscaras, prepararon textos, vestiario... e alá foron! Despois preguntámoslles polas sensacións que tiveran e o que lles parecera a experiencia. Isto foi o que nos contaron...

19

Page 20: Lingua de Montes Dixital

BCN'14

A nosa viaxe a Barcelona comezou o día 7 de abril, saímos ás 7 da maña coas legañas nos ollos, pero con moitas ganas de pasar uns días cos amigos. A viaxe foi longa, fixemos varias paradas e chegamos alí xa de noite. A primeira noite, aínda que a maioría de nós estabamos cansos, non demos durmido. A nosa primeira impresión do hotel non foi moi grata maiormente influenciada pola cea do primeiro día. O mesmo se pode dicir do tipo de xente que frecuentaba as rúas daquel lugar, xa que a maioría eran estranxeiros que viñan a España a sobrepasarse nas festas. En fronte do hotel, tiñamos un campo de fútbol, no que adestraban xogadores infantís, aínda que tamén de vez en cando, xogaban algún partido nocturno. O segundo día da viaxe, foi unha visita Barcelona Cultural. Despois de almorzar (buffet libre con marmelada caducada!!) puxemos rumbo á cidade condal, moitos de nós conseguimos por fin dormir algo no traxecto en autobús. Ao chegar coñecemos á guía e fixemos unha visita polos distintos barrios da cidade. É unha cidade bastante distinta ás que estamos estamos acostumados a ver e gustounos moito o modelo de arquitectura utilizado por Gaudí na Sagrada Familia e nas fachadas de diferentes casas nas que utilizou as liñas curvas. Outra cousa que nos chamou a atención da cidade foi o seu plano,pois era moi raro atopar algún semáforo en vermello cando aquí iso pasa continuamente.

Ao volver ao hotel a cena foi infinitamente mellor que a do día que chegamos; isto foi unha das causas para que mudaramos algo de parecer sobre a nosa impresión do hotel, tamén influíu que esa noite falando polas terrazas coñecéramos a outro instituto que viña de Tarifa (Cádiz). Ás veces facíasenos complicado entedelos porque nós falabamos galego e eles castelán cun acento especial, pero aínda así eramos capaces de compartir o mesmo humor e pasar noites agradables de habitación en habitación.

20

Page 21: Lingua de Montes Dixital

O terceiro día fomos ao Camp Nou pola mañá, aínda que moitos de nós non gustamos dese equipo. Ademais de visitar o estadio, pola mañá tamén fomos patinar sobre xeo. A algúns dábasenos bastante ben, por xa ter practicado outras veces, pero había excepcions xa que outros non daban pé con bóla. Resultaba gracioso ver como caían unha e outra vez ata que empezaron a dominalo. Impresionounos que unhas rapazas catalanas que tamén foran alí apatinar, axudasen a dar os primeiros pasos nese deporte aos que non se separaban do lateral da pista; despois de coñecelas e falar un anaco mentres nos levaban pola pista agarrados polos brazos, compartimos o noso facebook para poder contactar unha vez aquí.

Pola tarde, despois de comer no McDonald's (posto que a comida que nos enviaba o hotel non valía para nada), fomos ver unha proxección en IMAX, que tal e como nos dixeran duraba arredor de cinco horas, pero resultou durar 20 minutos escasos; en consecuencia quedámosnos sentados cando estaban esperando a que saísemos. A saber que pensaron de nós! O bo de que a proxección durase pouco, foi que viñemos para o hotel e puidemos “bañarnos” na piscina, que pensabamos que estaría en peores circunstancias. Esa noite saímos a dar unha volta pola zona e polo paseo marítimo.

Mentres que estabamos patinando aconteceu que deron un anuncio por megafonía en Catalán, polo tanto nós non entendiamos nada, e fíxonos pensar que en Galiza iso diríase en Castelán; é dicir, que alí optan e defenden moito máis a súa lingua propia que a común a todos. Pasounos o mesmo vendo o catalán en todo tipo de carteis colgados pola cidade.

21

Page 22: Lingua de Montes Dixital

O cuarto día fomos ao aquarium de Barcelona. Había unha gran variedade de peixes,aínda que a visita en sí, non foi moi impactante. Pola tarde, despois da visita ao aquarium, deixaronnos tempo libre por Montjuïc, visitamos o estadio Olímpico e fomos ao mirador para ver toda a panorámica da cidade.estamos Despois baixamos polas escaleiras do museo de arte cara a Praza de España. Alí déronnos un par de horas libres: uns quedaron nesta praza e outros foron dar un paseo pola cidade ata Praza Cataluña. Despois deste tempo polas rúas da cidade collemos o bus e chegamos cear ao hotel. Pola noite, andivemos de habitación en habitación como era de cotume e tivemos a sorte de coñecer uns novos amigos escoceses. Ao día seguinte esperábanos unha longa viaxe ata Portaventura.

Levantámonos, despois de durmir unhas poucas horas, e despois de almorzar collemos o bus no que a maioría de nós foi durmindo todo o traxecto. Ao chegar, tivemos que esperar bastante tempo para coller as entradas, xa que alí había moita xente, tanto institutos que van de viaxe, como persoas que acoden pola súa conta. Tivemos a mala sorte de que papara montar en cada atracción, as colas eran inmensas,e o tempo pasousenos voando.

Como consecuencia, montamos en poucas atraccións, pero en sí, o día non estivo nada mal. Saímos do parque cansos e empapados debido ás atraccións de auga.

E chegou o día de voltar para as nosas casas, despois dunha longa viaxe en autobús, na que a maioría de nós fixo os primeiros quilómetros durmindo para ir recuperando estas horas perdidas e outro tramo vendo as fotos da viaxe, rindo ou escoitando música. Unha vez na casa, cansos, pensamos nos momentos vividos cos mellores e, aínda que a excursión podía estar mellor, pasámolo moi ben. Con ganas de repetir esta experiencia.

Martín Arosa

Lucía González

Tania López

(4º ESO)

22

Page 23: Lingua de Montes Dixital

Club de Lectura O Club de Lectura “Obxectivo a Lúa” está formado por nenos e nenas do IES Chano Piñeiro e a profesora de Lingua Española Gema Barreiro. Levouse a cabo durante todo o curso desde o mes de outubro ata o mes de maio os martes de 15:00 a 15:30 horas.

Nel cada integrante fala do libro que leu e recoméndao, se lle gustou, aos demais. O 23 de abril, Día do Libro, cada integrante fixo unha recomendación dun libro que se colgou polos corredores do instituto. O 27 de maio,último día do Club de lectura deste curso, representamos unha obra de teatro para os máis pequenos do cole de Forcarei, o CEIP Nosa Señora das Dores,

chamada “Os fillos do Rei”. Ademais estivemos contándolle

contos e agasallámolos a cada un deles cunha coroa.

Cristina Gil(2º ESO)

Tamén lle escribimos cartas a autores. Tiñamos especial ilusión en que Laura Gallego García asistise ao noso Club, pero por motivos persoais e profesionais non puido ser.Para min, este ano foi un curso cheo de libros e de sorrisos no Club de Lectura!!

23

Page 24: Lingua de Montes Dixital

@s moz@s do Club recomendan...

DONDE LOSÁRBOLES CANTANLaura GallegoSM

A min a personaxe que máis me gustou foi Oki pola súa forma de ser, porque conta a historia e viaxa de país en país.A verdade, non hai nada que poida destacar do libro porque encantoume; ben, o final, porque non o esperas para nada. Ti vas lendo e xa imaxinas como vai ser pero non se parece en nada. Aida Miranda (1º ESO)

BAJO LA MISMA ESTRELLAJohn GreenNube de tinta.

Un libro tenro no que se narra a historia dunha moza adolescente que ten cancro e vai a un club de apoio onde coñece o amor da súa vida. Cando se coñeceron quedaron para falar do libro que lles gustaba titulado Una aflición imperial.A cada neno que ía ao grupo de apoio de cancro facíanlle realidade un desexo, o que quixeran. Ella cando empezou a ir era pequena e pediu ir a Disneyland pero, en realidade, o seu desexo era coñecer ao autor do libro porque quería preguntarlle dúbidas sobre a lectura. Como Gus non cumprira o seu desexo e ela si, entón pediu... Alba Taín (4º ESO)

MEMORIASDE IDHÚNLaura GallegoXerais

Recomendo este libro porque é unha triloxía que alberga distintos tpos de xéneros, fantasía, aventuras, cabalería, amor,... Ademais, neste libro a autora é capaz de intrigar ao lector dunha forma na que este se identifica con algunha desas personaxes e se envolve na propia historia de tal maneira que non é capaz de parar. Cristina Gil (2º ESO)

EL ASESINATO DE LA PROFESORADE LENGUAJordi Sierra i FabraAnaya

Este libro gustoume porque trata dunha profesora que fai que se volve tola para obrigar aos seus alumnos a ler libros. Elaborou unha serie de probas nas que utilizaba diferentes figuras literarias. Se non adivinaban as pistas, mataría a un dos seus alumnos... Zaira Cortizo (1º ESO)

24

Page 25: Lingua de Montes Dixital

SIN NOTICIAS DE GURBEduardo MendozaSeix Barral

Libro entretido, breve e moi cómico. O seu protagonista é un extreterrestre que busca ao seu compañeiro perdido entre as rúas de Barcelona. Non entende o estilo de vida dos humanos, pero tenta imitalos para camuflarse e parecer un deles; chega a namorarse e tenta desesperadamente que a súa veciña se fixe nel.

David Obelleiro (1º ESO)

LA BRÚJULA DORADAPhillip PullmanEdiciones B

Este libro é moi entretido porque ten moita aventura, intriga e cada vez vai desenvolvendo novas personaxes. A protagonista pérdese e atópase co oso, animal que a protexe e lle axuda a voltar á casa. Benito García (1º ESO)

JUEGO DE TRONOSGeorge R. R. Martin Gigamesh

A min este libro gustoume moito xa que está moi ben narrado e dependendo do gusto persoal, pode ser aditivo. O argumento principal é que achégase o inverno aos sete reinos de poniente e o rei de Invernalia vai ser a man do rei na capital e debido a isto ocurrían sucesos importantes que decidirán o destino de distintas personaxes: Jhon Nieve, Arya Stark, Tyrionn Lannister...É o primeiro libro da saga e deixa un final demasiado aberto como para ignorar o seguinte libro Choque de reyes.Se vos apetece ler algunha historia aditiva, esta é a ideal.

Lino Peleteiro (4º ESO)

CARTAS DE INVERNOAgustín Fdez PazXerais

Recomendo este libro porque é de moita intriga e ten un final moi característico que se denomina “un final aberto”, porque cada lector pode imaxinar qué lle puido acontecer en realidade aos protagonistas. Ademáis fala dos nosos antepasados e da nosa terra. Cristina Gil (2º ESO)

LAS CRÓNICAS DE LA TORRELaura GallegoSM

Se les estes libros descubrirás que non podes parar de lelos porque neles mestúrase aventura, traición, amizade, amor, feitizos e fortaleza. Aida Miranda (1º ESO)

25

Page 26: Lingua de Montes Dixital

Concursos

En colaboración co Departamento de Matemáticas, botamos a andar o 3º Concurso de Fotografía Matemática no que, a través dunha imaxe e dun lema en galego, se debe representar algún concepto ou mot

Fotografía Matemática

« Tamara recollendo

o seu agasallo

Fotografía

gañadora »

motivo matemático. Nesta edición a gañadora foi Tamara López Álvarez de 3º ESO que

demostrou o seu talento coa cámara na súa fotografía titulada “As bágoas semiesféricas sobre a parábola”

Proxectos Emprendedores

Xa son seis as edicións deste concurso de proxectos empresarias ou iniciativas emprendedoras no que colabora a Asociacións de Comerciantes e Empresarios de Forcarei. Forcarei (ACEF). Este curso resultou gañador o

proxecto Grobas Termal presentado por Noelia López e Alba Taín de 4º ESO.

« As emprendedoras Noelia e Alba

26

Page 27: Lingua de Montes Dixital

Tras o éxito que tivo este certame no curso pasado, propuxemos de novo o reto de escribir estes microrelatos onde cada palabra leva un número de letras iguais ao número das cifras consecutivas do número π. Resultou

gañadora a esopía presentada por Cristina Gil Casado de

2º ESO

Concurso de Esopías

« Cristina Gil Esopía gañadora ↑

Sae o neno á tarde matinando en varios temas: “sei facer ciencias, xeometría, álxebra”. Dubidando ver na súa mocidade unha lingua de poetas ante nós.

Ter a Xoán a comer empanadas de salmón. Sorte que Santi Cerdeira conseguiu salmóns perfectos.

Cristian Vila 3º ESO

Ela é alta e loira. Observaba as flores azuis nas altas montañas agochadas naquela poboación. Ela só foi recordar esas imaxes do inicio malo del.

Tamara López 3º ESO

Vén o maio e veñen paxariños pa´ voltar axiña aos niños; amasados, desfeitos, serenos, desovados. Luz de lúa. Paxariño abre aliñas no nidiño. Voar vai.

Seraina Barros 1º ESO

Vas ó cine e pagas “palomitas” ós amigos. Vedes ese filme italiano inspirado naquela secuencia con un can labrador.

Ernesto Fraguas 3º ESO

Así é como o profe apréndeme na esopía. Verbo con verbo ordenado.Anárquico. Inverso. Analítico

Nicolás Ogando 3º ESO

Sol e solo, e estar camiñando os amores. Tanto nos terás, sufrindo, divagando amoriño moribundo.Nós, só nós, sufrimos polo sentir do amorío. Roi Torres 3º ESO

27

Page 28: Lingua de Montes Dixital

28

Lecturas para o Verán

Bágoa de luzSabela González

Galaxia

A illa de todasas illas

Xabier P. DocampoXerais

A Terra queimaXurxo Souto

Xerais

O crebanocesMaría Canosa

Bululú

O Castañeirode Abril

Antonio M. FragaXerais

SilencioFran Alonso

Xerais

Moda galega reloadedMaría Reimóndez

Positivas

Todos SomosMarcos Calveiro

Xerais

Recinto GrisLedicia Costas

Xerais

Bartleby, o escribenteHerman Melville

Xerais

A voz do VentoPemón Bouzas

Xerais

A memoria da choivaPedro Feijoo

Xerais

Ámote Leo A.Rosa Aneiros

Xerais

O derradeiro libro de Emma OlsenBerta Dávila

Galaxia

A Viaxede Gagarin

Agustín Fdez. PazXerais

1º Ciclo ESO

2º Ciclo ESO

Bacharelato