Upload
reme-rbm
View
369
Download
2
Embed Size (px)
Citation preview
Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Ceip ponte dos brozos – arteixo
Curso 2013 -2014
Manuel Manuel Manuel Manuel María María María María
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo -xaneiro 2014
Eu son Manuel María.
Nascín o ano 29, o 6 de Outono,
en Outeiro de Rei da Terra Chá.
Son dunha casta rexa de labregos
fideles a sua terra i ó seu Deus.
…………..
...e ando de vagar o meu camiño,
e pídolles as cousas sua tenrura
i os homes pídolles verdade
Carnet de Identidade , Documentos personaes, 1958
nace en outeiro de rei, na terra
chA (Lugo) no ano 1929. Os primeiros
anos en Outeiro de Rei a vida
transcorren, na tranquilidade dos
xogos da infancia cos seus irmáns,
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo -xaneiro 2014
Terra cha
a terra cha somentes é:
un povo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceio chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.
Terra Cha, 1954
manuel maría, O poeta chairego
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo -xaneiro 2014
Ti sabes, Outeiro, que eu son Hortas
e recoñécesme por teu, aínda que
non me ames e me trates como alleo.
A miña caste ten os seus ancestros
no teu chao e torneada foi
coa terra túa, moura e xenerosa.
Feito son da laxe coa que os avós
ergueron a casa en que nacín.
Proclámome irmao dos castiñeiros,
das xestas, dos toxos, dos camelios,
das abidueiras, teixos e carballos,
pois alumounos a mesma luz grisenta,
iguales choivas nos luíron
e un idéntico vento conferiunos
o alto don da vida e o da palabra.
Ritual para unha tribo capital de concello (1986)
manuel maría, O poeta chairego
En 1942 trasladase a Lugo para
estudar o bacharelato e aquí comeza a
súa precoz carreira literaria
participando, á idade de 20 anos, no ciclo
de conferencias “Jóvenes valores
lucenses”. Esta conferencia servElle
para entrar en contacto cos
integrantes da tertulia do café Méndez
Nüñez (Pimentel, Fole, CUNQUEIRO...) que o
poñen en contacto coa realidade galega,
tanto interior como do exilio.
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo -xaneiro 2014
manuel maría, O poeta chairego
manuel maría, O poeta chairego
en 1950 publícase o seu primeiro poemario, Muiñeiro
de brétemas, que é o primeiro libro publicado en
galego trala guerra civil e marca a aparición dunha
nova corrente poética na lírica galega: a Escola da
Tebra.
En 1958 instálase en Monforte como Procurador
dos Tribunais e ao ano seguinte casa con Saleta Goi.
Entre 1959 e 1963 mantén relación cos intelectuais de Ourense (Vicente
Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas,...) e asiste ás primeiras reunións
para reorganizar o nacionalismo galego.
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixoxaneiro 2014
manuel maría, o poeta chairego
Nos anos sesenta e setenta participa na reorganización política, na
clandestinidade, dos partidos nacionalistas, e atende os chamamentos e
peticións que lle chegan de todas as organizacións que, ao longo e ancho do
país, andan a traballar pola recuperación cultural: desde impartir
conferencias ou recitar poemas a presentar á Nova Canción Galega.
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo xaneiro 2014
manuel maría, o poeta chairego
A súa obra literaria diversifícase e multiplícase de acordo
cos novos tempos: ensaio, narrativa, teatro... sen abandonar
o cultivo da poesía.
A súa creación evoluciona desde unha voz existencialista
ou pesimista cara ao compromiso social, canalizando unha
resposta nacionalista ao franquismo.
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixoxaneiro 2014
manuel maría, o poeta chairego
EN 1975 presenta a súa renuncia como membro
correspondente da Real Academia Galega dada a total
ineficacia desta institución en defensa da lingua
galega.
anos máis tarde, O 15 de febreiro de 2003 ingresa
na Real Academia Galega co discurso A Terra Chá:
poesía e paisaxe.
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixoxaneiro 2014
manuel maría, O poeta chairego
nos anos oitenta o poeta regresa a temas
de creación literaria como o amor e os eidos
Literarios. Aínda así, non renunciará en ningún
momento ao seu compromiso activo co
nacionalismo galego.
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixoxaneiro 2014
En 1998 Manuel María e Saleta trasladan a
súa residencia á cidade da Coruña, onde pasa os
seus últimos anos e onde manterá unha tertulia
no Kirs.
manuel maría, O poeta chairego
Manuel María falece o 8 de setembro de 2004 na
Coruña.EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixoxaneiro 2014
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixoxaneiro 2014
� Muiñeiro de brétemas. Colección Benito Soto.Pontevedra, 1950� Terra Cha. Ediciones Celta. Lugo, 1954� Documentos personaes. Ediciones Celta. Lugo, 1958� Mar Maior. Galaxia. Vigo, 1963 � Os soños na gaiola. Cartonaxes Anmi. Lugo, 1968 � Versos para cantar en feiras e romaxes. Edicións Patronato da Cultura Galega. Montevideo, 1969� Versos para un país de minifundios. Edicións Nós. Bos Aires, 1969� Cancións do lusco ao fusco. Edicións Xistral. Monforte, 1970� Odes dun tempo de paz e de alegria. Razão Actual: Porto, 1972.� Barriga verde. Vigo: Castrelos, 1973.� Cantos rodados para alleados e colonizados. Monforte de Lemos: Xistral, 1976.� Poemas ó outono. Monforte de Lemos: Xistral, 1977.� Poemas para construír unha patria. Santiago de Compostela: AN-PG, 1977.� As rúas do vento ceibe. Monforte de Lemos: Xistral, 1979.� Brétemas do muiñeiro e poema da neboa aferrollada. Monforte de Lemos: Xistral, 1980.� Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela. Monforte de Lemos: Xistral, 1981.� Versos do lume e do vagalume. Ourense: Galiza Editora, 1982� Poemas da labarada estremecida. Monforte de Lemos: Xistral, 1985.� As lúcidas lúas do outono. A Coruña: Vía Láctea, 1988.� Homenaxe ao regato do Cepelo. Ed. do autor, 1990.� Antoloxía poética. A Coruña: Espiral Maior, 1993.� Poemas a Compostela. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1993.� O Miño, canle de luz e néboa. A Coruña: Espiral Maior, 1996.� Antoloxía poética. Vigo: AS-PG/A Nosa Terra, 1997.� Sonetos á casa de Hortas. A Coruña: Espiral Maior, 1997.� Obra poética completa I (1950-1979) e II (1981-2000). A Coruña: Espiral Maior, 2001.� Elexías á miña vida pequeniña. Vilalba: Instituto de Estudos Chairegos, 2004.
Galiza somos nós,
a xente máis a fala,
se buscas Galiza,
en ti tes que atopala.
manuel maría, O poeta chairego
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixoxaneiro 2014
Galicia
manuel maría, O poeta chairego
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixoxaneiro 2014
A terra faise en tí,
Saleta, sotileza,
chama apaixonada
e transparente,
levidade de neve,
torrente e forza
de seiva poderosa,
música de vento
entre abelairas,
raio máxio de lua,
murmurio de regueiro,
flor de cerdeira
ou pinga de orballo
emocionada, tremando
sobor do pálido rubor
da rosa namorada.
Os Lonxes do Solpor, 1993
manuel maría, O poeta chairego
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixoxaneiro 2014
ROSAS
SEMPRE a rosa. Sempre:
a forma,
a cor,
o recendo,
a luz,
a perfección da rosa.
Prefiro a rosa vermella.
E amo a rosa branca
porque, cando lle digo
simplementes: ROSA,
entrecerra os ollos,
treme
e ruborece.
A luz resuscitada (1984)
manuel maría, O poeta chairego
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixoxaneiro 2014
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
A fala
Obra poética completa I. (A Coruña: Espiral Maior)
manuel maría, O poeta chairego
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixoxaneiro 2014
o povo que deixa perder a sua palabra
creada, herdada, usada, revelada,
aquela que lle é propia e singular,
a que é unicamente sua,
está empobrecendo ó mundo
e perpetrando o seu propio xenocidio.
Ese povo vil
ollará aniquilada a sua lembranza
e o seu nome indigno
borrárase, sen máis, do universo:
hai agresiós á beleza e ó espíritu
que a vida non tolera nen perdoa.
Os Lonxes do Solpor, 1993
manuel maría, O poeta chairego
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixoxaneiro 2014
A palabra é a única chave que abre
a nosa intimidade e pon, á luz
do sol e do luar,
a choída soedade máis escura.
A palabra nomea e crea as cousas,
pon orde no mundo
e harmoniza toda a creación.
Cando prostituímos a palabra
estamos invocando ao demoníaco.
E se deixamos morrer unha palabra
o universo enteiro
dóese de orfandade e desamparo.
As lúcidas lúas do Outono (1988)
manuel maría, O poeta chairego
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixoxaneiro 2014
De amor e cantería:
http://vimeo.com/65628157
Andei todos os camiños:
http://www.youtube.com/watch?v=a8Y-umH-_2Q
manuel maría, O poeta chairego
EDLG - CEIP Ponte dos Brozos - Arteixoxaneiro 2014
http://www.manuelmaria.com/portada.htm
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=ManFern%E1
http://www.realacademiagalega.org/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=showAcademic&id=1034
http://www.galiciaespallada.com.ar/manuel_maria_ponte.htm
http://www.ivoox.com/a-voz-do-poeta-manuel-maria-3-de-audios-mp3_rf_