21
MEMORIA 07 DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÚÜÍSTICA DO CPI VIAÑO PEQUENO DE TRAZO

Memoria do ENL Trazos 07

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Memoria das actividades levadas a cabo e do material creado polo ENL do CPI Viaño Pequeno (Trazo) ao longo do curso 06-07, que serven de resumo do labor feito ao longo dos cursos 03-07, etapa na que Sofia Rama desenvolveu a coordinación do devandito equipo.

Citation preview

Page 1: Memoria do ENL Trazos 07

MEMORIA 07 DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

LINGÚÜÍSTICA DO CPI VIAÑO PEQUENO DE TRAZO

Page 2: Memoria do ENL Trazos 07

MEMORIA DO ENL 07

I. MEMORIA DAS ACTIVIDADES. 1. Análise e memoria fotográfica. 2. Cambios respecto ao proxecto inicial. 3. Enderezos web realcionados co Equipo. 4. Listaxe do material elaborado desde o propio Equipo. 5. Avaliación do proxecto. 5.1. Participación da comunidade educativa. 5.2. Colaboración con outras institucións. 5.3. Consecución dos obxectivos. 5.4. Atrancos para desenvolver o proxecto. 5.5. Propostas de actuación de mellora. II. MEMORIA ECONÓMICA. 1. Memoria Xustificativa. 2. Certificación do excedido. 3. Relación de Facturas. 4. Facturas de material (orixinal e copia). 5. Certificación bancaria.

Coordinadora: Sofia Rama Lorenzo

Page 3: Memoria do ENL Trazos 07

MEMORIA DAS ACTIVIDADES. 1. Análise e memoria fotográfica. Partindo dos Obxectivos Xerais cos que se iniciaba o noso Proxecto, tentamos acadar os Obxectivos Específicos desenvoltos ao longo de dez apartados, para os cales adoptamos un paquete de dez medidas nas que se concretaban eses obxectivos e que abranguían todas as actividades propostas no devandito Proxecto. Pasamos, logo, á análise detallada de cada unha desas actividades: 1ª) Co obxectivo de difundir entre os membros da comunidade educativa o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, renovamos os cartaces elaborados o curso pasado sobre as liñas básicas que o PXNLG presenta para o sector do Ensino. No curso 05-06 o alumnado de 4º ESO traballou nas aulas o contido do mencionado Plan, posteriormente o grupo de alumnos/as pertencente ao ENL redactou o texto para imprimir e a coordinadora deseñou os cartaces. Servíndonos para a realización deste traballo do ordenador portátil, que obtiveramos como premio ás nosas actividades na derradeira edición do Certame Entre nós... Nese curso distribuímos os cartaces para informar á comunidade educativa do contido do novo Plan. Neste curso volvemos a traballar nas aulas os contidos desenvoltos no Plan e repuxemos cartaces alí onde faltaban ou se deterioraran. (*) 2ª) Co obxectivo de difundir entre os membros da comunidade educativa este Proxecto e o labor en xeral do noso Equipo, mantemos o Taboleiro, desde hai catro anos, coa colaboración do alumnado de 3º e 4º de ESO, a través dos artigos e comentarios críticos que sobre determinadas novas dos distintos xornais deben realizar nas aulas de Lingua e Literatura. Ademais é a ventá pola que mostrar a convocatoria de distintos certames, a obtención de distintos premios ou a realización das campañas. Por outra banda tamén nos serve para xogar ao deseño cos textos traballados, como ocorreu este curso con distintos textos de Séchu Sende relacionados coa Sociolingüística.

(*) Achegamos exemplar impreso dese material elaborado desde o propio ENL.

Page 4: Memoria do ENL Trazos 07

Continuando co obxectivo anterior, seguimos alimentando o noso Blog, creado o curso pasado e que cumpre funcións semellantes ás do Taboleiro (difundir o noso labor entre a comunidade educativa e fóra do noso contorno) mais tamén nos permite o achegamento ás novas tecnoloxías ao servizo da información e da comunicación polo carreiro galego.

XA TEMOS BLOG!!!

Serías quen de

entrares?

Prestámosche a chave:

TRAZOSenl.blogspot.com 3ª) Co obxectivo de difundir a realidade histórica, cultural e lingüística de Galiza entre os membros da comunidade educativa, especialmente a referida ao Concello de Trazo, participamos no Iº Certame de Recolla da Tradición Oral, organizado pola asociación Ponte nas ondas...!. (*) Para isto o alumnado de 3º de ESO recibiu primeiramente unha sesión de Narración Oral por parte de Cándido Pazó, posteriormente traballáronse os métodos e as técnicas na aula, para finalmente, gravadora en man, realizar a recollida de material. Unha vez seleccionado ese material polos profesores de Lingua e Literatura de 3º ESO, enviouse unha mostra do mesmo para participar no certame. Pódese botar unha ollada ao noso material na páxina web de “galiciaencantada”. Ou “cliquear” dúas veces nos iconos do altofalante para escoitar dous dos contos recollidos.

Conto 1. O rato do monte e o rato da casa. (Alumnos/as de 3º-PDC)

Conto 2. O conto das dúas irmás. (Alumnos/as de 3º-PDC) 4ª) Continuando co obxectivo anterior, mais esta vez destinado a difundir a realidade cultural de Galiza, especialmente entre os procedentes de ámbitos xeográficos non galegos, elaboramos un marcapáxinas para divulgar a información necesaria sobre María Mariño. (*) Despois de elaborar unha breve biografía da autora e seleccionar até tres poemas seus, unha alumna do Equipo, que cursaba 4º de ESO, deseñou o marcapáxinas que, posteriormente fotocopiamos e plastificamos no centro coa inestimábel axuda da conserxe. Este material distribuíuse entre todos os membros da comunidade educativa. 5ª) Co obxectivo de realizar campañas dirixidas a incentivar o uso da lingua galega en todas as actividades, puxemos en marcha o Certame de Adhesivos. Nos últimos tres anos incluíramos no noso Proxecto o citado Certame, mais sempre nos atopamos con outra campaña que requería a nosa atención dun xeito máis inmediato (a elaboración de

Page 5: Memoria do ENL Trazos 07

chapas para a galeguización dos nosos nomes, a recollida de sinaturas para a tradución de Astérix ao galego, etc...). Por fin, neste curso puidemos realizar o certame dentro da Campaña de Fomento da Lectura en Galego. Neste certame contamos coa colaboración, por vez primeira, do Departamento de Educación Plástica e Visual, desde onde se traballou o deseño dos adhesivos. O autocolante gañador foi impreso en Tórculo cunha tirada de 500 exemplares, que se repartiron entre todos os membros da comunidade educativa. (*) 6ª) Co obxectivo de promover o coñecemento e o respecto polos dereitos lingüísticos, reutilizamos o calendario elaborado o curso pasado baixo o lema En galego, é de lei!. Recollemos os vellos calendarios, xa inservíbeis en Xaneiro. Retirámoslles o que propiamente era almanaque. E estudamos os artigos da lexislación vixente que protexen e amparan os nosos dereitos lingüísticos. Posteriormente comentamos a importancia das palabras “dereito” e “deber” no ámbito lingüístico no que nos movemos. E, finalmente, achegamos unha viñeta de Xaquín Marín na que se denuncia o “bilingüismo harmónico”. (*)

Todo este mate- rial serviunos pa ra preparar a animación para participar acti- vamente no Correlingua 07.

7ª) Co obxectivo de incidir, mediante a información e a explicación argumentada, na comunidade escolar para vencer prexuízos cara ao galego, montamos a IIª Exposición da Historia da Lingua, que mantén unha periodicidade bianual.

Consideramos que os prexuízos nacen da ignorancia. Témese e mesmo rexéitase aquilo que se descoñece. Se non nos coñecemos a nós mesmos, se non coñecemos a nosa propia Historia, mal podemos respectar aos outros, o/s diferente/s, porque nin sequera somos quen de respectarnos a nós mesmos, por iso o galego non goza de normalidade. Esta exposición é un xeito sinxelo de loitar contra eses prexuízos a través dun paseo pola Historia da nosa lingua que é, en definitiva, a nosa Historia.

Esta exposición móntase cada dous anos, unha vez que temos reunidos un número adecuado de Traballos realizados polo alumnado de 3º e 4º de ESO que ilustren

Page 6: Memoria do ENL Trazos 07

unha etapa da Historia da Lingua Galega. O alumnado de 3ª-4º ESO debe preparar cada trimestre para a materia de Lingua e Literatura un traballo escrito sobre un período da nosa Historia Lingüística. Este traballo debe vir acompañado dunha Ilustración, unha especie de montaxe que simbolice o que representou esa etapa para a nosa lingua. O soporte pode ser calquera material transformábel nun obxecto simbólico, material auditivo, audiovisual, informático, etc... Valóranse especialmente a orixinalidade e o simbolismo.

Estes traballos serven para que os adultos realicen un exercicio de memoria

histórica permanente, mentres que o alumnado que os realiza descobre a Historia propia que, habitualmente, descoñece. Por outra banda, o alumnado máis pequeno do centro achégase a esa Hstoria dun xeito lúdico e entretido.

A exposición altérnase cada ano coa Feira do Libro e, ambas, se celebran ao longo do mes de Maio, cando xa foron entregados todos os traballos do curso. Para a súa montaxe acondicionamos unha sala destinada a audiovisuais, que habitualmente non se usa. Este labor de acondicinamente ocúpanos, como mínimo, unha semana. Recollela lévanos un pouco menos. Nela participa todo o alumnado do Equipo. Habitualmente, chamamos á prensa para a inauguración, tanto da Exposición como da Feira, pero é raro que nos presten atención, mesmo enviándolles a noticia e a reportaxe fotográfica xa feita. Só conseguimos que acudan se contamos coa colaboración de algún persoeiro de suficiente sona como Quico Cadaval,que nos acompañou na Clausura da Feira Portuguesa. Aínda así para a presentación e información en torno á Exposición preparamos sempre un tríptico, que se distribúe durante a súa celebración, e un cartaz, que se coloca nas entradas do centro unha semana antes do inicio da mesma. (*) 8ª) Co obxectivo de promover a interacción entre a escola e o seu contorno, integrámonos,hai xa catro anos, na Coordinadora de ENL da Comarca de Santiago. Colaboramos en todas as súas actividades e participamos nas súas reunións. Desde a Coordinadora Comarcal activamos a participación no Correlingua e entramos en contacto con outros centros a través do Certame Teatral Intercentros, (se ben este ano quedamos sen grupo de Teatro no noso centro). 9ª) Continuando co obxectivo anterior, traemos a nosa escola a Santiago cada ano para participar activamente no Correlingua, talvez por iso sempre acadamos o 1º premio de animación. Esta actividade preparámola ao longo de todo o curso. Trabállanse os contidos na aula, como xa expliquei máis arriba. Antes do Nadal comezamos co Manifesto. Despois, extraemos un fragmento dese Manifesto co que montamos unha cantiga coa axuda do profesor de Música, que é o encargado de buscar o ritmo axeitado para que o

Page 7: Memoria do ENL Trazos 07

día da carreira pola lingua poidamos cantala polas rúas de Santiago. Unha semana antes da actividade preparamos a “performance” para representar chegado o día. Tamén levamos unha identificación deseñada por nós. (*) Este ano preparamos unha cantiga cuxo retrouso recollía o lema do Correlingua (“galegando”). Pódese ler na contraportada do noso Boletín. Tamén preparamos a representación da viñeta de Xaquín Marín “É que nunca viron dúas linguas en pé de igualdade?”. Para isto, a metade dos participantes disfrazáronse de “señoritos” e escribiron nas costas “Yo soy el castellano, todos los gallegos tienen el deber de conocerme...” A outra metade disfrazáronse de “paletos” e escribiron nas costas “Eu son o galego, ningún galego ten o deber de me coñecer...” No momento da representación, ao berro de “Galegando!” os “señoritos subíronse enriba dos “paletos” mentres dúas participantes paseaban un cartaz co globo da viñeta de Xaquín Marín.

Ademais cada un de nós levabamos , a maneira de identificación, a devandita viñeta, fotocopiada e plastificada, enganchada na solapa. 10ª) Aínda seguindo co obxectivo das dúas actividades anteriores (promover a interacción entre a escola e o seu contorno), mais tamén co obxectivo de potenciar o uso lingüístico oral de xeito correcto, participamos no Tíralle da Lingua para manter viva a nosa riqueza oral, fomentando entre os xoves o gusto pola narración oral ao xeito tradicional. Este ano conseguimos levar ao Certame a dous alumnos: un alumnode 2º de ESO, que a pesar dos nervios mantívose no escenario e rematou o seu conto con éxito pero sen premio; e unha alumna de 3º de ESO, quen cunha nova historia sobre o Tío Manolo, acadou para o noso centro, por segundo ano consecutivo, o 2º Premio do Certame. A preparación destes alumnos é un labor lento. Comeza coa explicación das técnicas da narración oral na aula. Continúa coa selección de varios alumnos-as. Despois vén a gravación de varias historias para que eles á súa vez volvan gravarse a si mesmos e mostrar a súa versión da historia recibida... Este proceso repítese moitas veces con distintos contos, até que aparece o conto que debe ser contado no Certame.

Page 8: Memoria do ENL Trazos 07

Nos últimos anos contamos cunha sesión de contacontos como agasallo da AS-PG pola nosa participación no certame.

Utilizamos esa contada para a nosa Extrega de Diplomas e Premios de Fin de Curso. Este ano, por problemas alleos á nosa vontade, esa contada non puido celebrarse, mais temos o compromiso da Asociación de que recibiremos o noso agasallo no primeiro trimestre do curso próximo. De todos os xeitos, o feito de estar a formar novos contadores, impediu que nos quedaramos sen actuación final. Así, foron estes alumnos que, como auténticos profesionais, subiron a contar o día da nosa festa.

11ª) Co obxectivo de dar a coñecer a vixente normativa ortográfica e morfolóxica do idioma galego, volvemos a fotocopiar e distribuír entre a comunidade educativa o tríptico que elaboraramos o curso pasado, no que se recollían os cambios máis salientábeis da Reforma, fixada como Norma pola Real Academia o 12 de xullo de 2003. (*) 12ª) Co obxectivo de facer uso das novas tecnoloxías para a normalización lingüística, elaboramos coa axuda inestimábel do noso portátil todo o material do Equipo, todo esta redactado e deseñado polo alumnado do equipo, coa coordinación da súa responsábel. Mantemos actualizado, na medida do posíbel o noso Blog. E, dun xeito moi especial, achegámonos ás TICs a través do Boletín de Normalización Lingüística, pois todo el é elaborado informaticamente, páxina a páxina, polo alumnado de 4º de ESO que pertence ao Equipo, coa axuda dos de 3º, aos que se encargan de mostrar o camiño para o vindeiro curso, no que serán eles os responsábeis da edición do Boletín. (*) Configurado o formato da páxina pola coordinadora do Equipo, distribúese unha páxina por alumno-a e este escolle ao seu axudante. Entre os dous deben elixir a información, as imaxes e o deseño da páxina. Sempre realizamos tres follas en A3, agás o curso pasado en que foi imposíbel facer caber toda a información en tres follas e ampliámolo a catro. Das tres follas, a primeira (portada e contraportada) e a terceira (páxinas centrais) son comúns a E.P. e a ESO. Mais a segunda folla varía. O profesor de música de EP e membro do ENL é o encargado da realización desta segunda folla diferente. Este curso, por vez primeira, conseguimos imprimir en Tórculo o Boletín completo, tanto o modelo de EP como o modelo de ESO. O resultado foi espectacular á vista dos compañeiros e compañeiras; aínda que, humildemente creo que resulta pretencioso, se comparamos o seu contido co do curso pasado. Hai que ter en conta que a reducción no número de alumnos-as no noso centro foi sangrante, no presente curso só contabamos con 17 alumnos-as en 4º de ESO e 36 en 3º de ESO, polo tanto a cantidade e a calidade dos traballos minguou considerabelmente. (*) Achegamos exemplar impreso dese material elaborado desde o propio ENL.

Page 9: Memoria do ENL Trazos 07

2. Cambios respecto ao proxecto inicial. Todas as actividades propostas no Proxecto foron levadas a cabo, agás a Adquisición de material bibliográfico, videográico e informático. A razón é que fumos cubrindo as necesidades de material de oficina, a través do propio centro; de libros de lectura ou para agasallo, a través de distintos premios ou doazóns que acadamos o curso pasado de institucións alleas ao centro. Por outra parte, o material co que nos queriamos facer (gravacións do Centro Dramático Galego) estaba moi por riba das nosas posibilidades económicas. Os cambios que se poden observar afectan ás contías económicas estimadas para as distintas actividades. Aí podemos atopar as modificacións que a continuación se explican: 1. Para o Certame Literario (e os agasallos dos Premios do ENL) estimábanse uns 100€, mais o gasto foi, só en camisetas, de 240€. 2. Para o Correlingua e o Tíralle da Lingua estimábase un gasto de transporte de 260 € por saída. Tras a reducción do número de alumnos/as, o acordo coa empresa de transporte para viaxar a Santiago fixou os prezos en 100€ por viaxe. 3. Para o Boletín de Normalización Lingüística estimábase gastar o mesmo que en anos anteriores, 269€ pola impresión da portada. Mais o feito de imprimir 300 exemplares con tres follas cada un a catro cores e con diferenzas na segunda folla, xa que supoñen dous modelos distintos, eleva o gasto a 960€. Os restantes gastos sufriron as variacións habituais que van do gasto estimado ao gasto real. Finalmente, sufriu variacións, na forma en que se realizou, a actividade de fin de curso. Como xa expliquei máis arriba e por razóns alleas a nós, na entrega de Diplomas e Premios do ENL non se celebrou a sesión de Contacontos que tiñamos proxectada, mais si houbo contada a cargo dos dous alumnos participantes no Tíralle da lingua. O resto do acto celebrouse como é habitual: entrega de premios aos gañadores dos certames organizados polo ENL e entrega de Diplomas de “Normalizador Lingüístico” ao alumnado do ENL que cursou 4º de ESO e que se despedía do centro.

3. Enderezos web realcionados co Equipo. Como xa indicamos máis arriba, pódese atopar información sobre o noso labor no Blog do Equipo: TRAZOSenl.blogspot.com. Tamén se pode atopar algún dos contos tradicionais enviados ao Iª Certame de Recolla da Tradición Oral, na páxina web de “galiciaencantada”.

Page 10: Memoria do ENL Trazos 07

4. Listaxe do material elaborado desde o propio Equipo. A continuación presentamos unha listaxe de material elaborado polo Equipo no presente curso ou ben elaborado no curso anterior e reutilizado agora. De todo ese material enviamos mostra ou exemplar con esta Memoria. 1. Marcapáxinas de María Mariño. 2. Cartaces reutilizados do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. 3. Adhesivos da Campaña de Fomento da Lectura en Galego. 4. Calendario reutilizado co lema En galego, é de lei!. 5. Cartaz para a presentación da Exposición da Historia da Lingua. 6. Tríptico para dar información en torno á Exposición da Historia da Lingua. 7. Gravación da actuación dos nosos alumnos no Tíralle da lingua. Arquivo fotográfico da entrega do 2º Premio do Certame. 8. Xustificante de ter enviado á Asociación Ponte nas ondas...! unha selección de narracións orais recollidas no concello polo alumnado de 3º ESO. 9. Identificación para o Correlingua coaViñeta de Xaquín Marín plastificada. 10. Tríptico reutilizado (volto a fotocopiar) coa Reforma da Normativa. 11. Boletín de Normalización Lingüística (Xuño 07) 12. Antoloxía Literaria elaborada cos relatos e poemas dos tres certames literarios anteriores (realizada o curso pasado pero da que nos orgullece enviar un exemplar).

Page 11: Memoria do ENL Trazos 07

5. Avaliación do proxecto. 5.1. Participación da comunidade educativa. Despois de catro anos minguou considerabelmente a implicación do alumnado. Aínda sendo moi satisfactoria , non se pode comparar con anos anteriores. Se o curso pasado contabamos no ENL (extraoficial) con 33 alumnos-as, no presente curso reducíronse a 18. Mais xa expliquei nalgún lugar desta Memoria a drástica reducción de alumnado que está a sufrir o noso centro. Por outra banda, con mellores ou peores resultados seguiron a facer o seu traballo por vontade propia e sen ningún tipo de incentivos académicos, algúns continuaron o seu labor normalizador mesmo despois de teren suspendido Lingua e Literatura Galega. Con respecto ao profesorado, non me vexo capaz de implicar a máis docentes do que xa estaban implicados o curso pasado. O Departamento de Música, o Departamento de Ciencias Naturais, o Departamento de Educación Física e o Departamento de Tecnoloxía colaboran habitualmente e participan sempre nas actividades do ENL. O Departamento de Inglés o de Lingua Española e o de Educación Relixiosa teñen participado e de xeito puntual poden colaborar coas nosas actividades. O persoal non docente colabora só se se ve obrigado. O resto dos Departamentos oscila entre poñer trabas ao desenvolvemento do Proxecto ou manterse indiferente aos obxectivos do mesmo. A única novidade do presente curso veu do Departamento de Educación Plástica e Visual, debido seguramente a que a súa responsábel era unha persoa nova no centro. Chegado este punto, síntome incapaz de mover aos compañeiros-as que até o de agora non conseguín mobilizar. Mesmo considero que é precisa unha renovación para modificar posturas, precisamente agora que, coa entrada en vigor do novo Decreto, é preciso exixir que as aulas de Matemáticas e de Física e Química se impartan en galego.

5.2. Colaboración con outras institucións. Durante catro atros tratei de que o ENL fose unha ventá no centro aberta ao exterior, por onde entrase a luz de fóra e saíse o alento renovador do traballo do alumnado. Mais este curso resultou imposíbel manter a actividade de Teatro, que tan en contacto con outros centros nos mantiña (mesmo nos chamaban de centros de Noia para invitarnos a representar a obra). Despois de duros esforzos por manternos na Coordinadora Comarcal (perdendo clases da tarde para poder asistir ás súas reunións), o noso papel nela este curso foi absolutamente irrelevante, posto que sen grupo de teatro non puidemos participar no Certame Teatral Intercentros. Estamos orgullosos de manter a calidade da nosa participación no Tíralle da Lingua e no Correlingua, mais até aí chega a nosa colaboración con outras institucións. En canto á relación con outros centros educativos, procuramos colaborar co Departamento de Educación Física para que se manteña o intercambio da Xornada de Convivencia co CPI de BembiBre. Tamén procuramos facerlles chegar exemplares ou mostras do noso labor aos centros da comarca: Tordoia, Ordes, Vedra, Os Tilos, e a algúns de Santiago, especialmente a través dos ex-alumnos/as.

Page 12: Memoria do ENL Trazos 07

5.3. Consecución dos obxectivos. Con respecto a este punto cremos que se fixo todo o que estaba nas nosas mans, para informar, divulgar, explicar, argumentar, dar a coñecer... todo o relativo ao noso Proxecto, ao Plan Xeral da Lingua Galega, á actualidade galega, á cultura e Historia de Galiza, a María Mariño, á lexislación galega, á reforma da normativa... Pero no fondo, tamén cremos, que o esforzo é en van ante quen non quere escoitar. Un exemplo. Recentemente tivemos que escoitar críticas ao noso labor referidas a este punto: parece ser que non informáramos adecuadamente sobre a celebración da Exposición de Historia da Lingua. Mentres oiamos as críticas, ollabamos o cartaz a toda cor na porta principal de entrada ao centro anunciando a actividade. Con respecto á información e á formación dada ao alumnado consideramos que aí reside o noso triunfo. Cremos que estamos, cando menos, a formar persoas críticas. Alumnos/as que, unha vez chegados a Santiago, serán quen de manter a súa lingua contracorrente ou, polo menos, pensarán dúas veces a súa deserción lingüística. Con respecto aos hábitos lingüísticos e á situación diglósica de boa parte do profesorado do centro, non fun quen de modificar nada. Non debemos esquecer que nun ámbito semi-rural como o de Trazo “o galego é para entre nós, para andar por casa”, para a complicidade e o coloquio do café; mais a autoridade e a corrección lingüística exércese en castelán. O que ten o poder é populista en galego, mais autoritario en castelán. O alumnado reproduce estes esquemas. Todo el é galego-falante mais en boa medida tamén diglósico. Este é o piar que tratamos de endereitar, pois consideramos que, conseguido nos novos, conseguido en todos.

Para concluír este apartado, sentímonos satisfeitos polos resultados das actividades realizadas, sentímonos moi satisfeitos pola súa repercusión no alumnado, mais sentímonos incapaces de modificar as posicións asentadas entre o profesorado.

5.4. Atrancos para desenvolver o proxecto. O maior atranco para desenvolver este Proxecto é o seu éxito entre o alumnado. Sen incentivos de ningún tipo préstanse a adicar recreos e recreos a desenvolver as actividades do ENL. O profesorado sente que as actividades de Normalización Lingüística restan interese e esforzo a ese alumnado de cara ás actividades dos seus respectivos Departamentos. A presenza continua de alumnos/as na Sala de Normalización traballando co portátil, enfurece a máis de un docente que preferiría velos no patio ou que non entende por que teñen un espazo propio, un ordenador propio, ou un material e recursos propios. Sen considerar que todo é froito do esforzo altruísta deses mesmos alumnos/as, porque todo o que teñen obtivérono a base de premios ao seu labor normalizador. Tratouse unha e outra vez de reducir o número de actividades do Equipo, mesmo se acordou en claustro que non se realizaría máis dunha actividade por curso e trimestre, por Departamento. A maior parte dos Departamentos non realizan nin unha activdade ao ano. A medida ía destinada a non saturar de actividades o calendario escolar “porque se

Page 13: Memoria do ENL Trazos 07

perdían moitas horas de clase”. Ninguén protestou nunca polas infinitas horas que en Xuño e en Setembro perden os nosos alumnos/as por manteren en ESO o horario de EP, con xornada reducida e con sesións lectivas de 35 minutos. Por suposto ninguén protesta porque o alumnado de 4º realice unha excursión dunha semana, en período lectivo, sen argumentos didácticos e fóra de calquera das Programacións dos Departamentos. Mesmo houbo atrancos denunciábeis, como expor todo tipo de información en castelán no Taboleiro destinado á Materia de Galego de 1º Ciclo de ESO. A listaxe é longa. Chegado este punto, é evidente que este Equipo, pola súa propia necesidade de subsistir, mantendo os obxectivos pero variando o rumbo para acadalos, precisa dunha renovación. Por iso , despois de catro anos á fronte do mesmo como coordinadora, quero deixalo en mans doutro/a responsábel con ansias e ilusións novas.

5.5. Propostas de actuación de mellora. As miñas propostas, como coordinadora deste Equipo, para o novo coordinador/a, de cara ao vindeiro curso céntrase en tres obxectivos fundamentais: 1. Para o alumnado: Potenciar o uso lingüístico oral de xeito correcto. A medida idónea para acadar este obxectivo sería a recuperación do Grupo de Teatro. 2. Para o profesorado: Promover o coñecemento e o respecto polos dereito lingüísticos. A medida imprescindíbel o curso que ven para acadar este obxectivo é elaborar, deseñar e imprimir o Decreto de Peto, é dicir, un Decreto en miniatura, que sempre poidamos ter a man para consultar dúbidas. 3. Para o equipo directivo: Asumir os Proxectos de Normalización Lingüística como propios. A medida obrigada é contar co novo coordinador/a do ENDL para elaborar o Plan Lingüístico do Centro. Ademais de informarse e informar a toda a comunidade educativa das novidades en canto aos Equipos, aos seus coordinadores/as e á propia lei desenvolta no novo Decreto.

Trazo, 29 de Xuño de 2007 A coordinadora Conformidade do director

Asdo.: Sofia Rama Lorenzo Asdo.: Manuel Fernández Castedo

Page 14: Memoria do ENL Trazos 07

II. MEMORIA ECONÓMICA. 1. Memoria Xustificativa.

Á vista do noso proxecto para o curso 06-07, temos que sinalar que realizamos todas as actividades nel anunciadas agás a actualización videográfica, bibliográfica e informática, pois non adquirimos novo material máis alá de tinta para a impresora, discos compactos gravábeis ou utensilios de oficina que o propio centro nos proporcionou. En canto ás fotocopias necesarias para realizar moitas das nosas actividades, como o marcapáxinas de María Mariño ou todo o relacionado co mantemento do Taboleiro de Normalización Lingüística, correron tamén a cargo do centro.

Aínda así, os nosos gastos superan en 339’60 € a axuda concedida, que foi de 1253 €, posto que o total dos gastos debidos á realización das actividades programadas pola coordinadora do equipo para seren realizdas entre Xaneiro e Xuño de 2007 ascenden a 1592’60 €.

Achegaremos a esta Memoria Xustificativa unha certificación asinada polo director do centro e pola xefa do departamento de Lingua e Literatura Galega, onde se explica que o Departamento de Galego fíxose cargo da derradeira das facturas, cuxo provedor era “Rei Zentolo”, por un importe de 240 €, mentres que o centro asume (dentro da parte destinada a Normalización Lingüística no seu orzamento xeral) os 99 € restantes.

A continuación presentamos a listaxe de actividades realizadas de Xaneiro a Xuño de 2007, en relación ao fomento do uso do galego no noso centro, nas que se investiu a cantidade que se xustifica coas facturas.

1. Actividades de fomento do uso da lingua galega por parte da comunidade

educativa: (377’58 €) 1.1. Elaboración de autocolantes para a Campaña de Fomento da Lectura en

galego. -Factura de Tórculo (137’58 €) Correspondente á impresión dunha tirada de 500 exemplares do autocolante

gañador do Certame de Adhesivos. 1.2. Celebración do Certame Literario Trazos con Letras. -Factura de Rei Zentolo (240 €)* Correspondente á compra de 16 camisetas para entregar como agasallo aos

gañadores do Certame Literario, así como premio a outras actividades realizadas no seo do ENL.

*Desta factura, dado que excedía a axuda concedida, fíxose cargo o Departamento de Lingua e Literatura Galega, por ser o encargado de desenvolver nas aulas o traballo de narración e poesía co alumnado previo á súa participación no Certame.

2. Actividades tendentes a coñecer e valorar o patrimonio cultural galego,

especialmente o referido ao concello de Trazo. ( 40 €) 2.1. Exposición de Historia da Lingua. -Factura de T44 (40 €)

Page 15: Memoria do ENL Trazos 07

Correspondente ás fotocopias dos cartaces e dos trípticos elaborados para a presentación da Exposición.

3. Actividades de coñecemento de variados aspectos da realidade cultural galega a través da asistencia a actos de tipo cultural realcionados coa lingua, a literatura, a cultura e a sociedade galega en xeral. (214 €) 3.1. Correlingua 07. -Factura de Aucasa ( 107 € ) Correspondente ao importe acordado coa empresa de transporte para trasladarnos a Santiago e poder participar no Correlingua. 3.2. Tíralle da lingua 07. -Factura de Aucasa ( 107 € ) Correspondente ao importe acordado coa empresa de transporte para trasladarnos a Santiago para participar no Certame do Tíralle da Lingua. 4. Outras actividades: (961’02 €) 4.1. Boletín de Normalización Lingüística VI -Factura de Tórculo (480’51 €) (modelo EP) -Factura de Tórculo (480’51 €) (modelo ESO) Correspondentes á impresión da revista do Equipo, que este ano gozou da posibilidade de imprimir todas as súas follas e non só a portada e contraportada como viñamos facendo até agora. Fican fóra desta listaxe as actividades programadas para o primeiro trimestre do vindeiro curso, é dicir, as actividades recollidas no proxecto para celebrárense entre Outubro e Decembro de 2007. O custo económico desas actividades (Certame de tarxetas de Nadal, Celebración do Magosto e Teatro) correrá, necesariamente, a conta do orzamento xeral do centro. Trazo, 29 de Xuño de 2007 A coordinadora Conformidade do director Asdo.: Sofia Rama Lorenzo Asdo.: Manuel Fernández Castedo

Page 16: Memoria do ENL Trazos 07

2. Certificación do excedido.

Cotexando a Listaxe de Facturas que figura na Memoria Económica do ENL co Plan Anual de Actividades para a potenciación do uso do galego, o Anteproxecto Económico, así como o Proxecto de Normalización Lingüística, elaborados para o ano 2007 pola coordinadora do ENL, pódese comprobar que os gastos de todas as actividades realizadas foron superiores á axuda concedida. Por iso achegamos unha certificación onde se indica a cantidade á que tiveron que facer fronte o Departamento de Galego e o propio Centro, mais que corresponde a gastos do ENL. Esa certificación inclúe dous apartados das nosas actividades:

1. Factura de Rei Zentolo pola adquisición de camisetas destinadas a seren os agasallos dos premios entregados polo ENL ao alumnado do centro. (240 €)

Desta factura fíxose cargo o Departamento de Lingua e Literatura Galega. 2. Certificación do propio Centro asumindo o excedido

restante. (99€)

Trazo, 29 de Xuño de 2007 Asdo.: Sofia Rama Lorenzo, coordinadora do ENL

Page 17: Memoria do ENL Trazos 07

CERTIFICACIÓN DO EXCEDIDO

Sofia Rama Lorenzo, en calidade de xefa do Departamento de Lingua e Literatura Galega, certifica que este Departamento Didáctico asumiu o custo da factura cuxo provedor era Rei Zentolo e cuxo importe ascendía a 240€, correspondentes á adquisición de camisetas como agasallos polos premios concedidos polo ENL, especialmente no referido ao Certame Literario, en que este Departamento participa activamente. En Trazo a 29 de Xuño de 2007

Asdo.: Sofia Rama Lorenzo, xefa do Departamento de Lingua e Literatura Galega.

Page 18: Memoria do ENL Trazos 07

3. Relación de Facturas. CPI VIAÑO PEQUENO TRAZO SOFIA RAMA LORENZO 1.253€ TÓRCULO 700002904 137’58 € REI ZENTOLO 35322691-G 240 € T44 164 40 €

AUCASA 90/2007 107 €

AUCASA 089/2007 107 €

TÓRCULO 700003031 480’51 €

TÓRCULO 700003032 480’51 €

1.592’60 €

Trazo 29 Xuño

Asdo.: Sofia Rama Lorenzo Asdo.: Manel Fernández Castedo

Page 19: Memoria do ENL Trazos 07

4. Facturas de material (orixinal e copia).

Factura 1. Certame de Adhesivos. Provedor: Tórculo. Factura 2. Certame Literario (Agasallos ENL) Provedor: Rei Zentolo. Factura 3. Exposición Historia da Lingua. Provedor: T44. Factura 4. Saída ao Tíralle da lingua. Provedor: Aucasa. Factura 5. Saída ao Correlingua. Provedor: Aucasa. Factura 6. Impresión Boletín Normalización Lca. (Modelo ESO) Provedor: Tórculo. Factura 7. Impresión Boletín de Normalización Lca. (Modelo EP) Provedor: Tórculo.

Page 20: Memoria do ENL Trazos 07

5. Certificación bancaria.

Page 21: Memoria do ENL Trazos 07

Trazo,29 de Xuño de 2007 A coordinadora do ENL Condormidade do director do Centro Asdo.: Sofia Rama Lorenzo Asdo.: Manuel Fernández Castedo