21
MEMORIA DO PROXECTO VOZ NATURA 2010/2011 “A AUGA: OURO LÍQUIDO” C.E.I.P. ANTONIO PEDROSA LATAS.

Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011

Embed Size (px)

DESCRIPTION

MEMORIA DO PROXECTO DE VOZ NATURA: A AUGA, OURO LÍQUIDO

Citation preview

Page 1: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011

MEMORIA DO PROXECTO

VOZ NATURA 2010/2011

“A AUGA: OURO LÍQUIDO”

C.E.I.P. ANTONIO PEDROSA LATAS.

Page 2: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011

No C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas de Celeiro-Viveiro traballamos

este curso 2010/2011 cun obxectivo común que non era outro que a

sensibilización dos alumnos/as cara un uso responsable da auga. Este reto

foi posible gracias a concesión da subvención de Voz Natura e o esforzo de

nais e pais, mestres e mestras, alumnos e alumnas e persoal do centro

(coidadora e porteiro).

En definitiva sempre xurden mellores respostas por parte dos

alumnos/as se existe un boa colaboración entre todos o que se percibeu

en tódalas acción desenvolvidas neste curso.

Nesta ocasión leváronse a cabo unha serie de actividades puntuais

previstas na programación anual, pero tamén intentamos potenciar día a

día accións que involucraran aos alumnos/as cara a un aforro de auga

(pechar as billas a diario, tirar da cadea facendo un uso responsable da

mesma e botando no lixo o papel de secar as máns,…)

Como actividades puntuais levamos a cabo as seguintes:

1- SEMANA DA AUGA:

Polo laboratorio do centro pasaron durante unha semana tódolos

alumnos/as do centro. Cada curso estivo unha hora realizando diferentes

actividades:

- Experimentos con auga: a auga que flota, a agulla que flota, unha copa

sen fondo, o globo que non se queima,…

- Xogos con auga: a pataca Tata, pasaxeiros ao barco, imos pescar!…

Para todos eles tivemos en conta o aforro de auga e por iso non escollimos

aqueles nos que necesitabamos auga correndo.

Page 3: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011
Page 4: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011
Page 5: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011
Page 6: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011

2- PANEL DE GOTAS DE AUGA:

A continuación desta actividade e sempre tendo en

conta a auga como elemento motivador realizamos un

super-panel que enchimos de pequeñas gotas de auga

realizadas con papel e que os alumnos/as decoraron

con debuxos, poemas e diferentes frases alusivas ao

aforro de auga. Esta actividade resultou moi vistosa e

divertida e sobre todo, moi positiva no obxectivo

previsto: non malagastar a auga.

Page 7: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011
Page 8: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011

3- OBXECTOS DE AFORRO DE AUGA:

No propio edificio que ocupa o colexio

decidimos deixar a pegada deste curso en

relación ao aforro de auga e para iso

instalamos ecobolas en tódalas billas dos

baños, e introducimos botellas de área nas

cisternas dos inodoros. Como remate

elaboramos carteis alusivos ao tema que

colocamos nos baños e que os alumnos/as

poden ver a diario polo que consideramos que

a sensibilización vai ser moi positiva por ser un

reforzo de hábitos.

Page 9: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011
Page 10: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011
Page 11: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011

4- LIBRO DA AUGA

Como actividade plástica elaboramos entre

tódolos cursos un libro no que traballamos a

comparativa para concienciar aos alumnos/as

das diferentes perspectivas que viven no

mundo en relación ao uso da auga: auga limpa-

sucia, auga para un africano- europeo, aforro-

despilfarro,… e as diferentes situacións nas que

atopamos a auga: mar, ríos e augas

subterráneas.

Page 12: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011
Page 13: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011
Page 14: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011

5- A CHARCA COMO ECOSISTEMA

Como en anos anteriores os alumnos/as do centro

observan e estudian un ecosistema acuático. O feito de

contar cun espacio deste tipo no centro permítenos poder

estudiar a flora e a fauna propia deste medio. Nesta

actividade participa o alumnado do terceiro ciclo e os seus

titores máis activamente posto que realizan actividades de

limpeza, plantación,… e resulta tamén importante a loabor

que realizan o porteiro e os membros da ANPA.

Page 15: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011
Page 16: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011

6- A IMPORTANCIA DA AUGA NO NOSO CORPO

Os alumnos/as tamén viron a importancia da

auga no noso corpo e para iso realizaron varios

murais que decoraron os corredores do centro

e que serviron para ver a necesidade de beber

moita auga para o correcto funcionamento do

noso organismo.

Page 17: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011
Page 18: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011

7- VISITA GUIADA AO EUCALIPTAL DE CHAVÍN-

SOUTO DA RETORTA.

Para rematar este curso fixemos unha visita ao souto da

Retorta e que foi un día enormemente enriquecedor posto

que o lugar é de especial interese natural e no que auga

ten un valor moi positivo: canles, ríos, cascadas, presas,… e

no que a flora (eucaliptos, carballos, abeleiras,

castiñeiros,.. e fauna (mexilóns de río, zapateiros,.. son

enormemente estimulantes para o coidao do

medionatural por parte dos alumnos/as. Nesta ocasión

levabamos unha bolsa seriagrafiada para a ocasión e un

boletín con normas para o coidado do medio ambiente.

Unha vez chegamos á aula seguimos a traballar debuxando

árbores, estudiando o seu hábitat, herbarios,

Page 19: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011
Page 20: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011
Page 21: Memoria do proxecto VOZ NATURA 2010-2011

Como remate final este curso levaremos a cabo unha viaxe

didáctica ao lavadoiro tradicional próximo ao centro e

posteriormente montaremos unha exposición de fotografíass

relacionadas con todo o proceso deste curso 2010/11 e con aquelas

aportadas polas familias dos alumnos/as, coa auga como centro de

interese.

Queremos por último decir que non levamos a cabo

actividades aisladas, senón que seguiremos a fomentar o aforro de

auga día a día en cursos posteriores.

En Celeiro a 27 de abril de 2011

Vº e Pr. Do Director A Coordinadora

Antonio Ferreiro Carballo Mª del Carmen Lázaro Quevedo