26
LITERATURA GALEGA II A narrativa de posguerra (I) 4º ESO. Presentación do tema e esquema.

Narrativa d posguerra_1_2012

Embed Size (px)

Citation preview

LITERATURA GALEGA II

A narrativa de posguerra (I)

4º ESO. Presentación do tema e esquema.

Esquema xeral (1)

1.- A narrariva de posguerra.

1.1. Contexto histórico-político

1.2. Contexto lingüístico.

1.3. A literatura dos 40 aos 70. Situación xeral.

1.4.O xénero narrativo.

1.5. Eduardo Blanco Amor.

1.6. Alvaro Cunqueiro.

1.7. Ánxel Fole.

1. A narrativa de posguerra (1)

1.1. Contexto histórico-político (1).

Sublevación militar contra o goberno lexítimo da República (18.07.1936).

En abril do 39, victoria dos golpistas e instauración da ditadura franquista.

Consecuencias da ditadura franquista:

Longo período de represión e silencio.

Perda de dereitos dos cidadáns.

Paralización da vida política e cultural.

Retroceso nos avances logrados na Rep.

Estatuto de Autonomía sen efecto.

Fusilamentos e exilio de nacionalistas e das persoas relacionadas coa cultura galega.

1. A narrativa de posguerra (1)

1.1. Contexto histórico-político (2).

Nos anos 60 comeza a actividade política na clandestinidade (UPG, PSG), reivindicando para Galicia o autogoberno e a oficialiddade do galego.

No ano 1975, a morte do ditador ;)) posibilita a democraciae a recuperación dos dereitos de TODOS os cidadáns (incluídos os partidarios do réxime represor)

1. A narrativa de posguerra (1)

1.2. Contexto lingüístico.

Forte persecución da lingua galega na ditadura.

O castelán é a única lingua oficial.

O galego segue a ser falado pola maioría, pero queda reducido ao rexistro informal.

A escola, a igrexa e os medios de comunicación convértense en efectivos axentes castelanizadores.

Intenso proceso de desgaleguización que leva a sectores da sociedade (burguesía urbana e poboación rural das cidades) a adoptar o castelán ao consideralo un medio de ascenso social.

Identificación do galego con rural, co falta de cultura e con clase social baixa.

1. A narrativa de posguerra (1)

1.3. A literatura dos 40 aos 70. Situación xeral (1).

A guerra interrompe o brillante camiño emprendido pola nosa literatura no primeiro terzo de século. Paralízase a edición e difusión de calquera tipo de texto en galego.

Entre o 1940 e o 1950 só se escribe e publica no exilio, sobre todo Arxentina, Venezuela e Cuba, México e Uruguai. Alí fundaranse revistas literarias e culturais e tamén editoriais. Gran parte da nosa literatura publicarase en Bos Aires, principalmente.

Destacan no exilio nomes como os de Castelao, Luis Seoane, Rafael Dieste, Eduardo Blanco Amor...

Castelao chega a Bos Aires no ano 50 e comeza a traballar polos dereitos de Galicia e en defensa da República. Publicará nestes anos Os vellos... (estreada no 1941), Sempre en Galiza (1944) e As cruces de pedra na Galiza (1950).

1. A narrativa de posguerra (1)

1.3. A literatura dos 40 aos 70. Situación xeral (2).

No exilio americano prodúcese unha poesía de forte denuncia social como a de Emilio Pita, Luis Seoane ou Lorenzo Varela.

A partir do 50 xorden en Galicia iniciativas que procuran a defensa e recuperación da nosa lingua e da nosa cultura.

Fúndanse editoriais como Monterrey, Edición do Castro, a colección de poesía de Benito Soto, e o máis importante, a Editorial Galaxia. Entre todas elas comezarán a recuperación das nosas letras.

Nos anos 60 e 70 aparecen as primeiras asociacións que teñen como obxectivo a defensa da lingua, como O Galo, en Santiago ou O Facho na Coruña.

1. A narrativa de posguerra (1)

1.4.O xénero narrativo.

Anos 50.- Seguen o seu labor en galego autores de preguerra como Otero Pedrayo, pero os máis significativos desta etapa van ser Eduardo Blanco Amor, Anxel Fole e Alvaro Cunqueiro.

Anos 60.- Aparece unha nova xeración que forma o que se chamará “Nova narrativa galega”, e que vai renovar a narrativa incorporando novos temas e técnicas. Forman parte desta autores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares, Gonzalo Mourullo, Xohana Torres, Mª Xosé Queizán...

Anos 70.- Outros autores novos seguirán consolidando a narrativa: Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Fernández Ferreiro, Xavier Alcalá...

1. A narrativa de posguerra (1)

1.5. Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897- Vigo, 1979)

1.5.1. Datos biográficos.

1.5.2. Obra.

1.5.2.1. Narrativa.

1.5.2.2. Poesía.

1.5.2.3. Teatro..

1. A narrativa de posguerra (1)

1.5. Eduardo Blanco Amor (2).

1.5.1. Datos biográficos (1).

Familia humilde de Ourense, cidade moi presente na súa obra. Estudos de bacharelato e Maxisterio.

1929 emigra a Arxentina, traballa como xornalista e comeza o labor literario na prensa arxentina e en revistas galegas (Nós, Céltiga, Terra...) Participa nun proxecto galeguista e participa da actividade política nacionalista.

Defende a causa republicada e colabora cos galegos en actos contra o réxime franquista..

Intensa actividade cultural: periodista, comentarista de radio, conferenciante, profesor na universidade de Uruguai e Chile, funda o Teatro Popular Galego en Bos Aires......

1. A narrativa de posguerra (1)

1.5. Eduardo Blanco Amor.

1.5.1. Datos biográficos (2).

A partir dos anos 50 publica as obras máis importantes.

Nos 60 regresa a Galicia, en Ourense e Vigo.

Combina o labor literario e o xornalista.

Ao principio pasa dificultades económicas. Non obtén recoñecemento ao seu traballo nun primeiro momento

Finalmente, chegan os recoñecementos e éxitos literarios. Foi nomeado membro da RAE. pero non chegou a ingresar .

Morre en Vigo no 1979.

É considerado un dos máis grandes escritores e autor das máis grandes novelas escritas na nosa lingua.

1. A narrativa de posguerra (1)

1.5.2. Obra (1).

1.5.2.1.Narrativa.

a) As obras comparten características comúns:➄ Localización espacial: Ourense.➄ Localización temporal: 2 primeiras décadas do XX➄ Protagonismo infantil e xuvenil (agás A Esmorga).➄ Preferencia polo narrador subxectivo na P1.➄ Interese por facer literatura realista.

b) A Esmorga.

c) Os Biosbardos.

d) Xente ao lonxe.

1. A narrativa de posguerra (1)1.5.2.1.Narrativa.

b) A Esmorga.

Primeira novela de Blanco Amor.

Fai o relato da esmorga que viven tres personaxes ao longo dunha noite, nun ambiente urbano suburbial, en Auria (Ourense), e que remata dunha forma tráxica..

Estruturada en 3 partes:➄ Documentación: Explicación do narrador sobre a orixe da

información para escribir a historia..➄ Declaración: Testemuña perante o xuíz de Cibrao, o

acusado, compañeiro de esmorga de Aladio e Xan, e único supervivinte. Narra o itinerario seguido e os sucesos que levaron ao tráxico final.

➄ Final: O narrador dá conta da morte do personaxe principal, deixando no lector a dúbida sobre as verdadeiras causas.

1. A narrativa de posguerra (1)1.5.2.1.Narrativa.

c) Os biosbardos.

7 relatos protagonizados por nenos e adolescentes que teñen lugar no Ourense dos primeiros anos do XX.

Historias protagonizadas sempre nenos ou adolescentes.

d) Xente ao lonxe.

A historia desta novela podemos entendela en 3 niveis de concreción:

➄ Biografía de Suso, dende neno até a mocidade. É o protagonista e narrador. Dá conta da súa historia, evolución e maduración persoal.

➄ Historia da familia de Suso, os Vilar, moi relacionados con organizacións obreiras sindicais.

➄ A sociedade ourensá de comezos do XX, centrándose na clase obreira. Reflicte os feitos históricos da España da época.

1. A narrativa de posguerra (1)

1.6. Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1011- Vigo, 1981)

1.6.1. Datos biográficos.

1.6.2. Obra.

1.6.2.1. Narrativa.1.6.2.1.1. Narrativa: Novelas.1.6.2.1.2. Narrativa: Libro de relatos.

1.6.2.2. Poesía.

1.6.2.3. Teatro.

1.6.2.4. Ensaio.

1. A narrativa de posguerra (1)

1.6. Álvaro Cunqueiro (2).

1.6.1. Datos biográficos (1).

Estudos de bacharelato en Lugo e, en Santiago, Filosofía e Letras. Nesta época comeza xa a escribir e publica varios libros de poemas.

Logo da guerra, traballa como xornalista e retoma o labor literario, máis dedicado agora á narrativa e ao teatro, aínda que sen abandonar a poesía.

Nos anos 60 obtén o recoñecemento público como escritor e recibe varios premios e homenaxes. No ano 64 ingresa na RAG.

No ano 1981, ao pouco de ser nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago, morre en Vigo.

1. A narrativa de posguerra (1)

1.6.2. Obra (1).

1.6.2.1.1.Narrativa: Novelas. (1)

Merlín e Familia.. (1955) Adaptación da figura do Mago Merlín a un escenario

galego, o Pazo de Miranda, en Lugo, e ao tempo do autor.

O narrador éo paxe de Merlín, Felipe de Amancia, lembrando, dende a súa vellez, os sucesos acontecidos na casa.

As historias que relata o paxe seguen a mesma estrutura:

Chegada dos visitantes na procura dos saberes do mago.

Exposición do caso diente de Merlín. Resolución mediante a fantasía e partida.

1. A narrativa de posguerra (1)

1.6.2. Obra (2).

1.6.2.1.1.Narrativa: Novelas. (2)

As crónicas de sochantre. (1956) Lugar: Bretaña francesa. Protagonista: Músico que, indo a tocar a un enterro,

é recollido por varios defuntos nunha carroza . Acción: Viaxe de varios anos por todo o país no que

os defuntos contarásn as súas historias.Se o vello Simbad volvese ás illas. (1961)

Inspirada nunha historia de As mil e unha noites. Simbad, convertdo nun vello meriñeiro, rememora

as súas historias.

1. A narrativa de posguerra (1)

1.6.2. Obra (3).

1.6.2.1.2.Narrativa: Libros de relatos.

Escola de menciñeiros. (1960), Xente de aquí e acolá (1971) e Os outros feirantes (1979)

Triloxía de libros de relatos que mantén a mesma tamética e estrutura.

Son retratos de personaxes reais e imaxinarios, sempre curiosos, nos que, con humor e fantasía, preséntase a psicoloxía do home galego e das súas circunstancias. En palabras de Cunqueiro “relatos feitos ao minuto a esa xentiña de nós”.

1. A narrativa de posguerra (1)1.6.2. Obra (4).

1.6.2.2.Poesía

Cantiga nova que se chama riveira (1933) Neotrovadorismo. Ver unidade 4.

Dono de corpo delgado. (1950) Poemas tamén na liña do Neotrobadorismo

Herba aquí e acolá. (1980)

1.6.2.3.Teatro

O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959)

A noite vai coma un río. (1969)

1.6.2.3.Teatro

Tesouros novos e vellos (1964)

A cociña galega. (1963)

1. A narrativa de posguerra (1)

1.7. Ánxel Fole (Lugo, 1903- 1986)

1.7.1. Datos biográficos.

1.7.2. Obra.

1.7.2.1. Narrativa.

1.7.2.2. Teatro.

1. A narrativa de posguerra (1)

1.7. Ánxel Fole.

1.7.1. Datos biográficos.

Estudos de bacharelato en Lugo e, en Santiago e Valladolid, Dereito.

Forma parte do Partido Galeguista dende novo.

Axiña comeza a escribir artigos na prensa e funda a revista Yunque.

A súa actividade política lévao a fuxir da súa cidade natal e a residir en distintos lugares. As experiencias e as xentes que rodean estes cambios de residencia alimentarán a súa obra posterior.

No ano 1957, de volta en Lugo, traballa como xornalista e comeza a publicación das súas obras.

No 1963 ingresa na RAG.

1. A narrativa de posguerra (1)

1.7.2. Obra (1).

1.7.2.Narrativa.

Técnica narrativa característica do conto popular de tradición oral, que produce unha sensación da oralidade:

Fórmulas introdutorias Remates sentenciosos Apelacións ao oínte Técnica do conto enmarcado (os personaxes dos

relatos que á súa vez contan outras historias) Pretende recoller o galego vivo, utilizando a fala da

zona dos personaxes, con dialectalismos, castelanismos e vulgarismos.

Fole foi un mestre do relato curto. Destacan na súa narrativa catro libros de contos.

1. A narrativa de posguerra (1)

1.7.2. Obra (2).

1.7.2.Narrativa.

A luz do candil (1953) e Terra Brava (1955). Ambientados na Galicia rural, na montaña de Lugo

(o Courel, o Incio e val do Sil). Retrata os modos de vida do tempo (traballos,

ocupacións, actividades...), pero tamén as crenzas populares e as lendas tradicionais.

Proponse retratar a Galicia máxica e misteriosa e dá a coñecer a cultura material e espiritual destes lugares.

Temas relacionados co medo, co misterioso, o paranormal, todo adornado co humor galego.

1. A narrativa de posguerra (1)

1.7.2. Obra (2).

1.7.2.Narrativa. (1)

Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1981).

Ambientación urbana, en Lugo a nas vilas próximas. Continúa cos temas relacionados co medo, co

misterioso, o paranormal...ç

1.7.3.Teatro.-

Pauto do demo (1958)➄ Acción desenvolta nunha aldea da ribeira do Sil no

tempo da vendima.

1. A narrativa de posguerra (1)

1.7.2. Obra (3).

1.7.2.Narrativa. (2)

A luz do candil (1953) e Terra Brava (1955). Ambientados na Galicia rural, na montaña de Lugo

(o Courel, o Incio e val do Sil). Retrata os modos de vida do tempo (traballos,

ocupacións, actividades...), pero tamén as crenzas populares e as lendas tradicionais.

Proponse retratar a Galicia máxica e misteriosa e dá a coñecer a cultura material e espiritual destes lugares.

Temas relacionados co medo, o misterioso, o paranormal, todo adornado co humor galego.