7
Cestos, envases de natureza Autores: Lobato Cameselle, Julia ([email protected]); Solo González, Áurea ([email protected]); Alén Otero, Cristina ([email protected]); Coello Domínguez, Graciela ([email protected]); Vidal Pérez, An- tonio ([email protected]) O encaixe da cultura cos recursos vexetais Un habitante de cidade pode ver nos cestos artigos decorativos con certa utilidade, pero a realidade con- tradice esta apreciación. O cesto é un producto da necesidade de con- seguir recursos no medio natural pró- ximo en momentos nos que as comu- nicación son difíciles e as economías pouco desenroladas. A cestería é unha das primeiras actividades do home primitivo: atopá- ronse restos con antigüidade supe- rior os 6.000 anos. Pola súa utilidade espallouse por tódolos recantos do planeta, de xeito que apareceron multitude de formas, técnicas, utensi- lios, e materiais empregados. Nas zonas do interior onde a agri- cultura ten moita importancia, son necesarios múltiples envases para as diversas materias que se manexan, que teñen características propias e requiren un tipo de envase axeitado . A cestería permite conseguir esa diversidade usando medios baratos e abundantes porque viven nesa mes- mo contorna. Tamén na costa se precisan en- vases onde gardar os productos da pesca. A cestería, como no caso an- terior, ten a solución. Imos examinar brevemente esta actividade en Galicia, ainda que mais no pasado que na actualidade, pois a “competencia desleal” dos novos ma- teriais levárona a ter una función mais decorativa que útil. Mostra dos distintos tipos de cestos : palla, colmo, varas e madeira Se poderían facer moitas clasifi- cación dos cestos, pero nos centra- remos nunha clásica que parte do tipo de vexetais que se usan na con- fección e particularmente no seu porte: falaremos de cestos de palla, cestos de varas e cestos de ma- deira. Hai outros aspectos da ceste- ría que non tocaremos como son os móveis, vestimenta, nasas, etc.

O encaixe da cultura cos recursos vexetais · 2015. 3. 24. · pradairo (Acer pseudoplatanus), a aci-vreira (Ilex aquifolium) e o freixo (Fraxinus excelsior) que, como o bidueiro

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O encaixe da cultura cos recursos vexetais · 2015. 3. 24. · pradairo (Acer pseudoplatanus), a aci-vreira (Ilex aquifolium) e o freixo (Fraxinus excelsior) que, como o bidueiro

Cestos, envases de natureza

Autores: Lobato Cameselle, Julia ([email protected]); Solo González, Áurea ([email protected]); Alén Otero, Cristina ([email protected]); Coello Domínguez, Graciela ([email protected]); Vidal Pérez, An-tonio ([email protected])

O encaixe da cultura cos recursos vexetais

Un habitante de cidade pode ver nos cestos artigos decorativos con certa utilidade, pero a realidade con-tradice esta apreciación. O cesto é un producto da necesidade de con-seguir recursos no medio natural pró-ximo en momentos nos que as comu-nicación son difíciles e as economías pouco desenroladas.

A cestería é unha das primeiras actividades do home primitivo: atopá-ronse restos con antigüidade supe-rior os 6.000 anos. Pola súa utilidade espallouse por tódolos recantos do planeta, de xeito que apareceron multitude de formas, técnicas, utensi-lios, e materiais empregados.

Nas zonas do interior onde a agri-cultura ten moita importancia, son necesarios múltiples envases para as diversas materias que se manexan, que teñen características propias e requiren un tipo de envase axeitado . A cestería permite conseguir esa diversidade usando medios baratos e abundantes porque viven nesa mes-mo contorna.

Tamén na costa se precisan en-vases onde gardar os productos da pesca. A cestería, como no caso an-terior, ten a solución.

Imos examinar brevemente esta actividade en Galicia, ainda que mais no pasado que na actualidade, pois a “competencia desleal” dos novos ma-teriais levárona a ter una función mais decorativa que útil.

Mostra dos distintos tipos de cestos : palla, colmo, varas e madeira

Se poderían facer moitas clasifi-cación dos cestos, pero nos centra-remos nunha clásica que parte do tipo de vexetais que se usan na con-fección e particularmente no seu porte: falaremos de cestos de palla, cestos de varas e cestos de ma-

deira.

Hai outros aspectos da ceste-ría que non tocaremos como son os móveis, vestimenta, nasas, etc.

Page 2: O encaixe da cultura cos recursos vexetais · 2015. 3. 24. · pradairo (Acer pseudoplatanus), a aci-vreira (Ilex aquifolium) e o freixo (Fraxinus excelsior) que, como o bidueiro

Cestería de palla

A cestería de palla ou colmo (chamada así cando a palla é de centeo), com-prende tódolos productos feitos con palla de cereais.

Se constrúen facendo una especie de corda coa palla que se enrola en espi-ral, dando forma ó cesto; a suxección é con tiras de vimbio ou silva coas que se fai un cosido.

As silvas das que saen as tiras de suxección teñen que ser do ano e non ter ramificación laterais. É mais sinxelo no caso do vimbio que se corta lonxitudinal-

mente evitando a parte central.

Estes cestos son axeitados para conter sementes e, pola súa compaci-dade, incluso fariña. Esa mesma com-pacidade lles proporciona peso.

Hoxe son feitos case en exclusivi-dade por artesán empeñados en man-ter a tradición ou que buscan formas artísticas. Unha boa combinación de cores lles da un interesante aspecto decorativo, así como tamén o fai un coidadoso acabado.

É esta una técnica moi anterga;

Cesto de palla

acháronse en España restos prehistóricos, data-dos arredor do 3500 a.C. e sobre o 6500 noutros países, pero posiblemente teña bastante mais idade considerando a calidade que presentan.

Debido a que se precisa palla enteira, a reco-

llida mecanizada dos cereais, con máquinas que trituran e embalan, contribuiu a drástica disminución desta especialida-de.

Podemos atopar os seguin-tes tipos:

- cestas de sementar, con asa para colgar do brazo e a parte superior mais ancha que o fon-do.

- cestos para gran; redondos,

abertos e moi altos. Teñen polo xeral dúas asas e un bordo inferior para pro-texelos do chan.

Hai tamén cestos para ovos e legu-mes e con esta técnica fanse funiles e revestimentos para garrafóns.

Con palla e outra técnica se fan uns sombreiro chamados “sancosmeiros” usados polas mulleres.

Revisaremos de seguido as princi-pais plantas empregadas en Galicia con esta técnica. As primeiras perten-cen á familia das Gramineae; son her-báceas co caule largo e duración anual.

Cestos confeccionados con intención artística

Page 3: O encaixe da cultura cos recursos vexetais · 2015. 3. 24. · pradairo (Acer pseudoplatanus), a aci-vreira (Ilex aquifolium) e o freixo (Fraxinus excelsior) que, como o bidueiro

Centeo (Secale cereale), tamén chamado colmo, ten o caule con nos separados, follas alternas, unha en ca-da entrenó, con vaina que abraza o caule. As flores xúntanse en espigas e aparecen nos meses de maio e xuño.

Trigo (Triticum aestivum): ten un caule que acada o 1´5 m de altura; cul-tívase en solos profundos e fértiles e florece, como o centeo, en maio e xuño; recóllese nos primeiros meses do vrán. O seu cultivo require temperaturas tem-peradas, non moita auga e un grao me-dio de humidade ambiental

A etimoloxía da palabra, contrapon-se co uso na cestería, pois en língua

latína triculum quere dicir “quebrado ou triturado”, estado no que é inservi-ble para os cestos.

A palla de trigo é fina e de cor

mais atractivo que a do cen-teo, pero menos dura. Empré-gase na confección de cestos pequenos, polo xeral mistura-da con centeo ou avena.

Avena (Avena sativa): ten o caule estriado e arqueado no extremo. Cultivase nas zo-nas baixas e medias de Gali-cia, sendo silvestre en oca-sións.

As flores xúntanse en espi-guiñas pendurantes dispostas en acios que forman una paní-cula, é dicir, una inflorescen-

cia composta na que os acios van de-crecendo dende a base ata o ápice.

Úsase en cestería combinada con outras especies para conseguir efec-

tos decorativos con trenzado.

Menos común no uso son algunas plantas da familia Cy-

peraceae, como a xunca (Cyperus longus), o xunco chu-

rreiro (Scirpus holoschoenus) e o xunco de lagoa (Scirpus

lacustris) empregados en ces-tos pequeños o corozas.

É una planta pouco esixente, ben adaptada ó clima galego.

A parte que se utiliza é o caule sin trillar despois de separadas as follas e as espigas. A dureza deste caule fai que moitos cesteiros o consideren o mellor material para cestos de palla.

Page 4: O encaixe da cultura cos recursos vexetais · 2015. 3. 24. · pradairo (Acer pseudoplatanus), a aci-vreira (Ilex aquifolium) e o freixo (Fraxinus excelsior) que, como o bidueiro

Cestería de varas

É una cestería na que se empre-gan pólas novas, flexibles, de espe-cies arbóreas ou arbustivas sen ape-nas preparación.

As ramas (“bringas”, tamén coñeci-das por “corras”) úsanse enteiras, pe-ladas e sin pelar, ou partidas en tiras; cada unha delas ten un ámbito de em-prego: a enteira sin pelar mais a de tiras aparecen no rural, adicada a primeira á cestería de trote; a enteira pelada é mais propia de cestería fina.

Os cestos constrúense sobre una estrutura de varas que se artella no fondo; sobre ela entrelazanse outras

Artesán empezando un cesto

Moitas das especies utilizadas en Galicia son do xénero Salix, princi-palmente as seguintes:

- Vimieira (Salix viminalis): arbusto de folla caduca, con ramas ascen-dentes longas e flexibles de cor ala-ranxada. Pode acadar os 10 m. de altura. As follas teñen un pequeno peciolo e son de cor verde brillante na face e plateadas pola presenza de pelos, no envés. Medra en zonas hú-midas de uso agropecuario.

- Salgueiro nodoso (Salix salvii-

folia): pertence a familia Salicaceae.

varas para formar o corpo do cesto.

As técnicas son múltiples dependen-do do artesán e do tipo de cesto; tamén o son para o caso dos remates e das asas no caso de que as leve.

Para manter a flexibilidade das varas e preciso un alto grao de humidade, polo que se somerxen en auga ata o momento de empregalas.

Existe un tipo de cestería que com-bina as varas con láminas de madeira, sendo éstas as que forman a armazón para darlle resistencia. Reúnense así as características dos dous tipos de cestería e se conseguen novos efectos artísticos.

Cesto de vimbio verde e salgueiro sin pelar

Page 5: O encaixe da cultura cos recursos vexetais · 2015. 3. 24. · pradairo (Acer pseudoplatanus), a aci-vreira (Ilex aquifolium) e o freixo (Fraxinus excelsior) que, como o bidueiro

Artesán clasificando vimbios

É un arbusto coas ramas novas cubertas de peliño gris que perden co tempo; chega a 6 m. de altura, As follas teñen o borde dentado e se-rrado. Ten flores unisexuais erectas e os froitos forman cápsulas alongadas. Habita nas veiras dos ríos e rega-tos, en lugares areosos.

Plantas doutros xéneros:

- Sanguiño (Cornus sanguinea). Arbusto de folla caduca con ramas oposta e colgantes en parte; as ra-mas novas son de cor vermella pasando logo a olivácea.

Sanguiño

As follas teñen un pequeno peciolo con peliños, son de cor verde clara, forma ovalada e bordo enteiro; as flo-res son brancas e aparecen en inflo-rescencias tipo corimbo no extremo das pólas. Recóllese no inverno des-pois da caída da folla.

Vimbio

Piorno

- Piorno (Genista florida): arbusto con caule estriado, pólas de cor pardo amarelo, que acada 4 m. de altura. Ten flores amarelas que se agrupan en acios no cabo das pólas novas. Aparece cubrindo superficies impor-tantes ó bordo do bosque nas zona de montaña. Se recolle entre novembro e marzo. Os cestos feitos coas ramas desta planta son resistentes e moi duradei-ros. Menos usadas son: a hedra (Hedera helix), a cana (Arundo do-

nax), a xesta (Cytisus striatus), a silva (Rubus sp.) e o codeso (Adenocarpus

lainzii).

Outras especies deste xénero que tamén se usan en cestería son: sal-

gueiro negro (Salix atrocinera), sal-

gueiro cabruno (Salix caprea) sal-

gueiro irto (Salix fragilis) e salgueiro chorón (Salix babylonica).

Page 6: O encaixe da cultura cos recursos vexetais · 2015. 3. 24. · pradairo (Acer pseudoplatanus), a aci-vreira (Ilex aquifolium) e o freixo (Fraxinus excelsior) que, como o bidueiro

Cestería de láminas

Chámase así á cestería feita con madeira en forma de tiras del-gadas, obtidas de ramas grosas e caules, despois dun laborioso pro-ceso de transformación. Estes ces-tos, duros e resistentes, empré-ganse tanto en tarefas agrícolas como pesqueiras.

As láminas consíguense fen-dendo a rama en varias tiras, en frio, ou en quente, sendo este últi-mo o xeito mais empregado e sinxelo. A técnica consiste en quentar a rama ata que perde a savia e o exceso de humidade, sendo así mais fácil de traballar.

Artesán obtendo láminas das ramas

O acabado dos bordos consegue-se cunha coitela, preocurando un ancho uniforme.

As especies mais utilizadas en Galicia son:

- Castiñeiro (Castanea sativa). Per-tence a familia Fagaceae. É unha árbore de copa ancha e redondeada que pode chegar os 25 m. de altura. Ten follas de forma elíptica co bordo aserrado. As flores masculinas e fe-mininas están separadas e agrupa-das entre sí.

As ramas quecen nun forno ou nunha fogueira, onde permanecerán o tempo preciso dependendo do grosor e do grao de humidade que teñan; fendense inmediatamente despois de sair do forno.

As tiras obtidas son irregulares tanto no espesor como na anchura, sendo preciso desvastalas, operación que se fai suxeitándoas nun banco chamado “burro”, e rebaixándoas cun-ha cóitela, “rasoira”. As tiras remata-das teñen entre dous e cinco mm. de groso, dependendo do uso.

O comenzo dun cesto

Page 7: O encaixe da cultura cos recursos vexetais · 2015. 3. 24. · pradairo (Acer pseudoplatanus), a aci-vreira (Ilex aquifolium) e o freixo (Fraxinus excelsior) que, como o bidueiro

A madeira do castiñeiro é resis-tente o que fai que sexa moi apre-ciada polos cesteiros.

- Carballo (Quercus robur). Árbore de folla caduca cun tronco irregular do que parten ramas que forman una copa ampla. Chega os 30 m. de altura. As follas presentan un núme-ro impar de lóbulos.

É una especie moi espallada por Galicia tanto nas zonas costeiras como no interior.

Como o castiñeiro, ten una ma-deira dura que resiste ben a putre-

facción e os cambios de humidade. Empregase con frecuencia en cestería combinada con varas.

- Bidueiro (Betula alba): árbore de cas-ca branca e lisa que agreta cos anos. A copa é pouco densa, de tonalidade cla-ra. As follas son simples, de forma triangular e bordo aserrado.

Prefire as zonas de media e alta montaña con veráns frescos e con hu-midade.

Pódese usar en cestería de láminas, pero tamén as pólas delgadas son axeita-das para a de varas.

Outras especies empregadas son o pradairo (Acer pseudoplatanus), a aci-

vreira (Ilex aquifolium) e o freixo (Fraxinus

excelsior) que, como o bidueiro pode ser aproveitado na cestería de varas.

Cada aldea, contorna, comarca, ten as suas plantas propias que aproveita para, entre outras cousas, facer os recipientes que precisa, tamén propios.

Bibliografía

• CUESTA, I., (2007), Guía de las plantas cestea-

bles de Galicia. Diputación de Lugo. Lugo.

• FONTALES, C., (2003), Cestería de los pueblos de Galicia. Ediciones Ir Indo. Vigo.

• REAL ACADEMIA GALEGA. Diccionario. www. realacademiagalega/diccionario#inicio.do