1

Parga Pondal

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Cartel para o Día da Ciencia en Galego 2015 en homenaxe a Parga Pondal

Citation preview

Page 1: Parga Pondal

Día da Ciencia en galego 2015 ENDL IES Pintor Colmeiro

En 1969 Parga retirouse do traballo científico. Pouco antes da súa morte, no 1983, foi rehabilitado pola Universidade de Santiago, que o nomeou Doctor Ho-noris Causa. Parga Pondal, autor de máis de oitenta traballos científicos, foi un destacado representante desa xeración de científicos que uniu o seu amor pola ciencia coa súa relación co galeguismo.

Parga Pondal levou a cabo un continuado traballo deinvestigación que tivo como base a constitución do Laboratorio Xeolóxico de Laxe co pensamento posto nunha futura aplicación industrial. Coordinando unha equipa de varios profesores elabora o primeiro mapa xeolóxico de Galicia. Codirixiu durante máis de vinte anos a ianos a investigación da xeoloxía galega en colaboración con profesores doutras universidade europeas. Consegue que durante varias décadas a vila de Laxe fose unha referencia para a ciencia europea.

Manuscrito orixinal da tese de doutoramento de Parga Pondal

A chegada da Guerra Civil rachou todo o seu proxec-to. Ademais de formar parte do Seminario de Estu-dos Galegos, Isidro Parga Pondal era membro da Ir-mandade da Fala de Santiago. Foi expulsado da Uni-versidade, acusado de ser galeguista e de esquerdas, e tivo que refuxiarse en Laxe, acosado e ameazado

Nesa vila da Costa da Morte fíxose cargo da dirección da empresa Kaolines de Lage S.A. Isto permitiríalle volver ao seu labor de investigación e recompilar numerosas coleccións científicas.

Coa súa integración no Seminario de Estudos Galegos no 1924 comenza tamén a investigación dos minerais e as rochas. Proxecta iniciar un estudo xeoquímico xeral de Galicia. Con este fin solicita unha bolsa da Xunta de Ampliación de Estu-dos en Zürich (Suíza) para realizar os estudos de doutorado que había de conti-nuar en Berlín (Alemaña). Hai que subliñar o que o seu traballo “Sobre a presen-cia de ilmenita nas areas galegas” (1930), é o primeiro artigo científico escrito en lingua galega.

Isidro Parga Pondal (Laxe 1900, A Coruña 1986), sobriño do poeta Eduardo Pondal, cursou Ciencias Químicas en Madrid, xa que daquela non existían estes estudos en Santiago. Licenciouse en 1922 e un ano máis tarde, conseguiu unha praza na nova Facultade de Química de Santiago.

IsidroPargaPondal