38
PROSPECCIÓN ARQUEOLÓXICA DO CAMIÑO PRIMITIVO DE SANTIAGO E DA VIA ROMANA XIX NOS CONCELLOS DE TOQUES E MELIDE Javier Gómez Vila Dpto. Arqueoloxía e H a antiga Universidade de Santiago Este traballo que agora ve a luz é froito de dúas prospeccións, encargadas por distintos organismos pero incardinadas tanto cronoloxica como tematicamente. Polo tanto, disfrutan dos mesmos obxetivos e metodoloxía. Aprimeira inscríbese dentro do "Proxecto para a rentabilización sociocultural do patrimonio histórico-artístico do Concello de Toques", dirixido por Fernando Acuña Castroviejo e Felipe Criado, e asinado entre a Xunta de Galicia, Universidade (dpto. Arqueoloxía) e o propio Concello. A segunda realizouse a instancias do Concello de Melide, sendo avalada pola Dirección Xeral de Patrimonio. Ambalas duas prospeccións, dirixidas polo o que suscribe, realizáronse entre Xaneiro e Maio de 1993 prospectándose un total de 3'9 Km desde o Monte Careón ata a vila de Melide. O obxetivo fundamental era comproba-la existencia dun camiño de peregrinación de Santiago a Oviedo a través dos Concellos de Toques e Melide e, de ser verificado, traza- lo seu percorrido. O segundo obxetivo, pero non por elo menos importante, era comprobar se o dito trazado correspondíase co da vía XIX do Itinerario de Antonino. Evidentemente, tanto da ruta medieval como da romana, xa se tiñan suficientes datos para corroborar a súa existencia noutros puntos da provincia de Lugo. Só faltaba investigar o seu trazado na provinvia da Coruña. A metodoloxía empregada ten unha serie de fases consecutivas e concordantes co obxetivo final de establece-lo percorrido exacto do camiño, así como as suas características. En primeiro lugar fíxose unha revisión bibliográfica concemiente a ruta investigada, co obxeto de establecer en que estado se atopaba a investigación e poder extraer todo- los datos útiles, así como as carencias da mesma ou erros de apreciación. Unha vez concluída esta fase trazáronse as pertinentes hipóteses do percorrido aproximado do camiño, baseándose nos datos obtidos e comprobados da revisión bibliográfica e nunha minuciosa investigación de orden toponímica. Elaboradas estas hipóteses fíxose a súa comprobación a través dunha prospección superficial de factura arqueolóxica. Esta prospección permitiu: 1. Recoller o folclore e a toponímia menor que non estaba reflexada nos mapas topográficos. 5

PROSPECCIÓN ARQUEOLÓXICA DO CAMIÑO PRIMITIVO DE … › la selva › files › toques.pdf · 1 SANTOS MADRAZO , 1984 pg. 190. 2 Vide GÓMEZ POLÍN , R 1993 pg. 9-20 ARES VÁZQUEZ

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

PROSPECCIÓN ARQUEOLÓXICA DO CAMIÑO PRIMITIVO DE SANTIAGO E DA VIA ROMANA XIX NOS CONCELLOS

DE TOQUES E MELIDE

Javier Gómez Vila

Dpto. Arqueoloxía e Ha antiga

Universidade de Santiago

Este traballo que agora ve a luz é froito de dúas prospeccións, encargadas por distintos organismos pero incardinadas tanto cronoloxica como tematicamente. Polo tanto, disfrutan dos mesmos obxetivos e metodoloxía. Aprimeira inscríbese dentro do "Proxecto para a rentabilización sociocultural do patrimonio histórico-artístico do Concello de Toques", dirixido por Fernando Acuña Castroviejo e Felipe Criado, e asinado entre a Xunta de Galicia, Universidade (dpto. Arqueoloxía) e o propio Concello. A segunda realizouse a instancias do Concello de Melide, sendo avalada pola Dirección Xeral de Patrimonio.

Ambalas duas prospeccións, dirixidas polo o que suscribe, realizáronse entre Xaneiro e Maio de 1993 prospectándose un total de 3'9 Km desde o Monte Careón ata a vila de Melide.

O obxetivo fundamental era comproba-la existencia dun camiño de peregrinación de Santiago a Oviedo a través dos Concellos de Toques e Melide e, de ser verificado, traza-lo seu percorrido. O segundo obxetivo, pero non por elo menos importante, era comprobar se o dito trazado correspondíase co da vía XIX do Itinerario de Antonino.

Evidentemente, tanto da ruta medieval como da romana, xa se tiñan suficientes datos para corroborar a súa existencia noutros puntos da provincia de Lugo. Só faltaba investigar o seu trazado na provinvia da Coruña.

A metodoloxía empregada ten unha serie de fases consecutivas e concordantes co obxetivo final de establece-lo percorrido exacto do camiño, así como as suas características.

En primeiro lugar fíxose unha revisión bibliográfica concemiente a ruta investigada, co obxeto de establecer en que estado se atopaba a investigación e poder extraer todo-los datos útiles, así como as carencias da mesma ou erros de apreciación.

Unha vez concluída esta fase trazáronse as pertinentes hipóteses do percorrido aproximado do camiño, baseándose nos datos obtidos e comprobados da revisión bibliográfica e nunha minuciosa investigación de orden toponímica.

Elaboradas estas hipóteses fíxose a súa comprobación a través dunha prospección superficial de factura arqueolóxica. Esta prospección permitiu:

1. Recoller o folclore e a toponímia menor que non estaba reflexada nos mapas topográficos.

5

2. Cartografiar camiños secundarios que levan a puntos de interese.

3. Documentar no mapa o estado do camiño, así como partes deste en que se atopa perdido, explanado, terreo etc. como despóis veremos.

4. Documentar os anchos do camiño de cara a súa posible recuperación.

5. Documentar no mapa os restos viarios, tales como enlosados, pontes, pontillóns, canaletas, rodadas... fundamentais para trazar con rigor o percorrido.

A derradeira fase desta metodoloxía consistiu en analizar os datos anteriormente extraídos e interpretalos.

Compre sinalar que a investigación non só se axustou o Camiño como tal, senón que abarcou tamén unha ampla área a carón da ruta en busca de posibles indícios viarios.

O PRIMITIVO CAMIÑO DE SANTIAGO: O CAMIÑO DE "OVEDO"

Un dos moitos problemas con que nos atopamos cando iniciamos unha investigación sobor do Camiño de Santiago en Galicia é a enorme profusión de rutas e camiños que de unha ou doutra maneira revélanse como itinerarios de peregrinaxe. Sin ser o noso obxetivo quitarlle a valía a ningún deles, si creo conveniente, que é necesario matizar ata que punto puideron influir de maneira decisiva no tránsito de peregrinos. Non é o mesmo un camiño muy transitado, que ó longo dos séculos servíu como ruta estable de comunicación, que outro que só de maneira esporádica serviu como trazado alternativo de peregrinaxe.

Neste senso, e os resultados da prospección así o amosan, a ruta na que se inscribe o noso ámbito de actuación era un camiño importante de peregrinaxe, e o digo en pasado porque hoxe, lamentablemente, está a punto de perderse fisicamente. A relevancia que tivo a podemos fundamentar en base a dous tipos de razoamentos de distinta índole pero converxentes no seu resultado.

No 813, unha vez atopado o sartego atribuído o apóstolo Santiago, comenza a peregrinaxe a Compostela. Si lle facemos caso a tradición o primeiro peregrino sería o rey asturiano Alfonso II que edificaría a primeira basílica para gardar os restos do apóstolo. Temos que ter en conta que nesa época os árabes ocupaban toda-la meseta0 e o único camiño a Santiago era ó traveso dunha pequena franxa da actual Asturias que se lle seguía resistindo o poder musulmán. O problema radica en saber por onde discurriría esta primixenia ruta, e digo primixenia porque era a única practicable nesos tempos de Reconquista. Se temos en conta que se empezou a utilizar no século IX é lóxico supoñer que o máis probable é que seguira a antiga vía romana, mencionada no Anónimo de Rávena, Lucus Asturum - Lucus Augusti para o tramo comprendido entre Oviedo e Lugo, e a vía XIX do Itinerario de Antonino Lucus Augusti-Bracara Augusta para o tramo Lugo-Melide. O transitar por este sistema viario contaban con amplas ventaxas como as obras de inxeniería que f acían máis doado e segura a víaxe; o trazado en linea recta que evitaba

"Lembremos que Alfonso II instaura a corte en Oviedo e non será ata o reinado de Alfonso III (866-910) cando se traslade para León.

6

rodeos innecesarios e, ó estar construidas a media altura evitaban emboscadas e ataques dos posibles enimigos. Non debemos esquencer que a partires da caida do Imperio Romano abandonouse a reparación das vias, polo que entrados no século IX o seu estado non sería óptimo, pero cremos que en absoluto estarían impracticables dada a consistencia dos firmes e obras de fábrica romanas, moitas delas conservadas ata hoxe en día. Ben é certo que o sistema de empedrado romano era incómodo para cabalerias e carros, pero con unha longa resistencia que evitaba ter que reparalo con frecuencia. Santos Madrazo1

referíndose ós firmes util izados entre 1750-1850 dice do romano: "Pronto hubo convencimiento de que los firmes a —la romana— aunque sólidos y de larga duración, eran impracticables por su elevado coste... Representaban, a pesar de no exigir un esfuerzo en su conservación, un gasto inútil".

O segundo razoamento, e que sirve de apoio ó anterior, e a ingente cantidade de indicios viarios atopados nesta ruta. Non é a nosa pretensión extendernos aquí na sua relación, xa que esto excedería con moito ós propósitos deste traballo e, ademáis, xa foron adecuadamente tratados noutras publicacións2. Permítome mencionar só algúns topónimos "de peregrinación"3 xa que por si mesmos son capaces de amosarnos unha abundante e útil mformación. Creo que é conveniente citar os rnáis sobresaíntes do tramo galego:

1. Tramo Fonsagrada-Lugo. Saindo da Fonsagrada atopamos o topónimo Hospital en Montouto, Santiago como advocación da igrexa da Fontaneira e mesmamente habia un hospital na casa de enfrente, hospital en Bolaño4, San Miguel do Camiño5.

2. Tramo Lugo - O Marco. Saíndo de Lugo atopamos S.Lázaro del Puente6, Hospital no Burgo, Francés en Poutomillos, Hospital e Francés en S.Pedro de Mera, Leira do Francés en S.Román da Retorta, Hospital en S.Martín de Ponteferreira, Hospital das Seixas...

3. Tramo O Marco - Melide. No capítulo seguinte o veremos detidamente, pero a modo de resumen atopamo-los seguintes topónimos: Francés antes de chegar a Vilouriz tendo este pobo a advocación a Santiago, francés en Villamor, cruceiro dos pelegríns preto de Melide ...

1 SANTOS MADRAZO, 1984, pg. 190.

2 Vide GÓMEZ POLÍN, R 1993, pg. 9-20. ARES VÁZQUEZ, N 1993, pg. 21-30.

3 Acuño este termo para designar só aqueles topónimos qu teñan que ver ca peregrinación, tanto de maneira directa como indirecta, e son un conxunto máis pequeno dentro dos topórümos viarios, xa que a éstes hai que engadi-los relacionados cas vías romanas ou itinerarios antigos en xeral.

4 Deste xeito cómpre mencionar, xa que está relegado o esquecemento, o mosteiro e posterior hospital de S. Martiño de Bolaño (a 3 km de Casrroverde) que pertenceu a familia dos Camba-Rodeiro que tiñan a casa forte en Lalín. Vide NÚÑEZ, Manuel 1975. Op. cit., pg. 109 'Monasterium Sancto Marrini de Volanio et ecclesiam Sanctae Euliae; segundo consta no documento datado no ano 897 e confirmado por Alfonso III".

5 San Miguel pertence ó grupo dos "santos viarios", favoritos dos camiñantes e que serven de titulares a ermidas e igrexas a beira do camiño. Vide FERREIRA PRIEGUE, Elisa 1988, pg. 34.

* Ibidem pg. 35 "Son muy raras las parroquias rurales bajo la advocación de San Lázaro; las iglesias o fundaciones dedicadas a este santo suelen estar en las villas o sus cercanías, y son indicio casi seguro de la existencia de una malatería. En la Edad Media, éstas no son, como acrualmente, clínicas situadas en lugares apartados, sino lugares de reclusión de los leprosos, apartados de la vida civil si se quiere, pero nunca muy lejos de los núcleos de población de alguna importancia ni de las principales vías de comunicación, teniendo en cuenta que en la mayoría de los casos ellos y las fundaciones que los albergaban se sustentaban de las limosnas que recibían".

7

8

Camiño Primitivo e vía XIX • • • • • • • • • • • • •

Uns dos camiños de acceso a vila do Agro de Nogueira

Tramo alternativo do Camiño Primitivo, camiño da Martagona

9

Non debemos esquencer tampouco a importancia que tiña Oviedo como centro de peregrinaxe para ve-los restos do Salvador. Como fruto diso fíxose latente un camiño norte con dous centros de interese: Oviedo e Santiago. A importancia da ruta e tal que calquera desviación da mesma dependía do monarca reinante. Asi en 1222, por exemplp, Alfonso IX, hospedado no mosteiro de Obona7 de camiño a Compostela, decreta que o Camiño de Santiago deve pasar por Tineo e polo propio Mosteiro de Obona, prohibindo expresamente a desviación dos peregrinos a Vía Francíxena. A partires do século XV o estar en pleno funcionamento esta vía, a denominada Camiño Francés (a ruta actualmente favorecida), descende considerablemente o número de peregrinos usuarios do Camiño de Norte, polo que, Oviedo entra en certa pugna con Santiago para intentar recupera-la preponderancia que, comp centro de peregrinaxe, tivo noutros tempos e potenciar de novo esta ruta. Esto pódese ver claramente no popular refrán:

"Quién va a Santiago ynoa San Sálvador (de Oviedo) sirve al criado y deja al Señor. "8

AS VIAS ROMANAS POLO CAMIÑO PRIMITIVO DE PEREGRINACIÓN

Non é a nosa intención facer aquí un amplo estudo sobre o correctó trazado dstas vias, xa que a teima cremos tela solucionadanoutros traballos anteriores9. Nembargantes creo que o que sí é necesario é f acer un breve resume das calzadas romanas reempregadas polo camiño medieval:

-De Oviedo a Lugo emprega, na sua meirande parte, o trazado da vía que tan só aparece reflexado no Anónimo de Rávena10 deste xeito: "Item in ipsa Spania iuxta civitatem quam praediximus Augustam Braccaria dicitur civitas Salaniana, Aquis Ocerensis, Aquis Cercenis, Gemina, Salientibus, Praesidium, Nemetobriga, Foro Gigurnion, Ginistaria, Bergidon, Amnion, Asturica, Balsata, Interamnun, Memoriana, Luco Asturum, Passicinin, Amneni, Lugisonis, Ponte Abei, Luco Augusti, Ponte Nartiae, Brevis, Assegonion, Iria, Aquis Celenis"11. É polo tanto unha lista de cidades que se refiren o norte peninsular e engloba unha serie de vías distintas e sen separación entre si, pero nas que as cidades seguen a orde da vía á que corresponden. Do estudio destas mansións ocupouse xa José Manuel González12

7 Addenda COBO ARIAS, Horendo. FERNÁNDEZ GARCÍA, Luis. 1989. Pg. 122-125.

* Ibbidem pg. 124.

" Vide GÓMEZ VILA, J1992, pg. 15-29. Faise neste traballo un achegamento a problemática da rede viaria romana na actual provincia de Lugo. GÓMEZ VILA, J1993, a y b, pg 4-14. Asimesmo nestas memorias recóllense certas reflexións válidas para esclarecer o trazado romano en certos puntos. 10 ROLDÁN HERVÁS, ]M. Itineraria hispana. Fuentes antiguas para el estudio de las vías romanis en la Península Ibérica. Departamento de H" Antigua. Univ. Valladolid, 1975.

"Ibidempg. 136-137. 12 GONZÁLEZ, José Manuel. "Mansiones del trayecto de vía romana Lucus Asrurum-Lucus Augusti". En, Archivum, T VI, 1956, pg. 287-301.

10

hai 36 anos. Nese estudio identifica as mansións Luco Asturum, Passicin, Amneni e Lugisonis con Lugo de Llanera, Santianes de Pravía, Trevías, e a ribeira do Navia respectivamente. O problema xurde, e éo que nos interesa neste momento, cando trata de ubica-la mansión Fonte Abei, a que estaría xa en territorio lucense. Despois de moitas suposicións e hipótesis conclúe J.M, González que esta mansión estaría sita en Fonsagrada "pensaría, con todas las reservas del caso, en la villa de Fonsagrada (Fonte sacrata), situada, ya en la provincia de Lugo, cerca del curso del Navia, a mitad de camino entre Lugisonis y Lugo Augusti."13.

- De Lugo a Melide, e probablemente a Santiago, o Camiño Primitivo discurriría aproveitando a vía XIX do Itinerario de Antonino. O trazado sería o máis curto entre estas duas cidades, pasando por: S.Martín de Poutomillos, S.Pedro de Mera, S.Román da Retorta, Sta.Ma do Pacio, S. Martín de Ponteferreira, S.Xurxo de Augasantas, S.Salvador de Merlán, entrando no noso ámbito de actuación a través do Hospital das Seixas14.

Xa incidimos no capítulo anterior nas ventaxas que reportaba para os peregrinos medievais empregar de novo o sistema viario romano. Si examinamos nun mapa o trazado completo do Camiño Primitivo, veremos con que rigurosa e sorprendente precisión discurre o percorrido polo camiño máis curto entre Oviedo e Santiago. Coin-cide aproximadamente ca diagonal Noreste - Suroeste do antigo Conventus Iuridicus Lucensis, separándose tan só o necesario desta recta imaxinaria, sobre todo para eludir certos accidentes orográficos. Esta non é unha característica do Camiño Medieval, senón das vias romanas sobre as que se asenta. Nembargantes non é posible coñecer a ciencia certa como os inxenieiros romanos puideron proxectar este trazado con esta asombrosa "rectitude direccional" entre estas duas capitais tan alonxadas entre sí15.

TRANSFORMACIÓNS DO CAMIÑO PRIMITIVO ENTRE 1500 E 1870 ,

O desenrolo do noso Camiño, non cabe dúbida, que é unha historia chea de constantes transformacións. Dende a súa creación por inxenieiros militares, a posterior utilización como Camiño de Peregrinación durante séculos, chegando a sua casi destrucción denantes do século XVIII. Pero, a pesares disto, ainda conservamos o trazado primixenio, porque as alteracións deste supoñían unha enorme dificultade, que viña determinada, ademáis de por factores históricos, por a permanente influencia da morfoloxía da rede. A subsistencia da vía Hercúlea ou a da Plata constitúe unha proba da resistencia a rectificar sus tradicionais percorridos. ,

Autilización do noso Camiño, sempre estivo directamente vinculada o terreo e o ritmo das estacións e, en calquer caso, sempre demostrou ser máis apto para animais que para carros. Pero esta non é unha característica exclusiva do Camiño de "Ovedo", con anterioridade a 1750 toda-la rede viaria española se atopaba nun estado deplorable e pensar en uns camiños capaces de soportar un tráfico regular de "coches ó galope" non

13 Op. cit, pg. 300.

14 Vide ARES VÁZQUEZ, N 1977-78 pg. 3-7. GÓMEZ VIÑA, J 1992 pg. 15-29.

15 Sobre esta teima pódese consultar, entre outros: ALVARADO BLANCO et alii 1992 pg. 9-11, 63-72.

11

deixa de ser unha utopía ou a ilusión dun arbitrista comprometido co problema das comunicacións terrestres e, polo tanto, cas necesidades políticas e económicas do pais.

A infraestructura viaria non experimenta, entre 1500 y 1750, uns cambios sustanciais. As melloras seran mínimas si se atende a deficiencia do seu trazado, perfiles inadecuados e firmes escalofriantes. Elo é así porque os camiños non estiveron suxeitos a ningunha clase de racionalización, nin a organismos administrativos, nin a contar con un persoal facultativo, nin de reglamentos camineros, nin de métodos e medios de reparación e conservación permanente. O estado dos camiños era pésimo e a sua construcción e conservación demostraríase como unha empresa sin solución. No derradeiro extremo, abógase por unha reparación circunstancial para, o pouco tempo, voltar o punto de partida. Só unha viaxe real ou outro feito excepcional orixinaba a transmisión de ordes ós veciños dos pobos de tránsito para que arreglasen o Camiño. Consecuencia lóxica deste estado é que as rodas eran menos empregadas cas ferraduras. Si o sistema de transporte funcionou, máis ou menos, non foi debido o uso da carreta, difícil de empregar en terreos accidentados e nuns camiños que non mereceron atención especial. Recalculando algunhas cifras, aportadas polo Concello de Castela, habria uns 3000-4000 carros adicados de forma profesional e estacional o acarreo en todo-lo pais, mentras que unha estimación do número de caballerias ocupadas no transporte acercaríase ás 300.000-400.000. Reducidas as cantidades propostas a capacidade de transporte, nun momento dado, o das carretas non chegaria ós 2 millóns de Kg., mentras co das caballerias rondaria os 40 millóns de Kg.16.

O noso Camiño non é alleo a este estado das cousas e a sua evolución corre parexa o resto da trama caminera do pais. Así aparece reflexado no estado da rede en 1760 segundo Matias Escribano17. Sendo clasificando o tramo Melide-Lugo como camiño de ferradura, diferenciándolo sustancialmente do camiño de rodas ou apto para o tránsito de carros. Na mesma consideración o teñen na rede de camiños da "Carte itineraire despagne" de 1838 na que o clasifican como un camiño para cabalos non podendo por él transitar vehículos.

A partires de 1834, o desenrolo das estradas experimenta un crecemento sostido. Os novos corpos técnicos e administrativos, a normativa legal, a financiación e o cambio histórico en xeral influiran na espectacularidade dos resultados. Ademáis disto, soluciónase a teima da maneira de construir as estradas creando unha clasificación. Según a lei do 7 de Maio de 1851 as estradas ficaban clasificadas do seguinte xeito:

-Xerais. Son as que parten de Madrid hacia capitais de provincia e serán costeadas polo estado.

-Transversais. Son as que farán de enlace cas xerais pasando pola capital da provincia ou grandes centros de población; financiadas polas Diputacións con unha axuda estatal que non baixará do 33% nin excederá do 50%.

16 SANTOS MADRAZO. 1984. Pg. 67-80. 17 Ibidempg. 136. No itinerario de Escríbano podemos comprobar como Galicia e Asturias, en 1760, son inaccesibles para rodas. Op. cit. 783-784. T H.

12

-Provinciais. Unen unha xeral con outra transversal.

-Locais. Son camiños de pobos costeados polo Concello.

Neste intre é cando o tramo do Camiño Primitivo de Lugo a Melide experimenta un notable desenrolo gracias a súa clasificación como estrada transversal, e o comenzo das obras, que entre 1840-1856 doblaron a extensión do realizado nos 90 anos anteriores18. Según o estado de rede en 1840 ollamos como o tramo Lugo-Melide-Santiago (seguindo sempre o itinerario do Camiño de Ovedo) esta reflexado, pero non reconstruido, ou si cabe, agardando a súa recuperación. As obras comenzan axiñamente, e así o 31 de Decembro de 1855 dos 90 Km. xa ficaban construidos 44,6 Km. e en construcción 45,7 Km. Construíndose entre 1840 e 1854 un total de 36,8 Km.19. No estado da rede en Decembro de 1868 xa podemos comprobar como a estrada ficaba feita de todo, ou polo menos eso é o que se creía cando se fixo o mapa.

Según estas informacións o Camiño Primitivo estaria plenamente recuperado e reconstruido ó entrar na década de 1870, sempre seguindo o secular trazado dos inxenieiros militares romanos.

Toda-las informacións recollidas ó longo da prospección falan tamén nestos termos, non só se recoñece o Camiño como "Camiño Real" senón que se afirma, asimesmo, que estaba empedrado con enormes losas. Toda-las voces interrogadas insisten no mesmo, no pésimo estado do Camiño Real que "tiña pedras enormes (no tramo O Marco - Melide) todas descolocadas polas que apenas pasaba o carro, tendo que quitalas en moitas ocasións"20. Este Camiño Real que como vimos era a estrada transversal que unia Lugo con Melide, estaba construido en 1868. Esta recuperación cremos que foi encamiñada, sobre todo, a súa pavimentación. Pode ser que nalgúns lugares se desviase da ruta romana ou medieval, pero en xeral reconstruíuse sobre o mesmo trazado.

Estas informacións orais de camiño empedrado nos poden estar indicando que esa era a pavimentación da estrada en 1868, polo que é necesario afondar un pouco neste teima.

Cando o viaxeiro ou usuario se admira ante unha realización caminera española da segunda mitade do século XVIII solía exclamar: "é unha obra de romanos". Ainda que inadaptables por completo a circulación moderna, a lembranza das calzadas romanas filtrouse nos teóricos e inxenieiros. Así Femández Mesa21, obsesionado pola duración, propoñe imita-los camiños romanos e construilos "de preciosos mármoles", reservando esta técnica para os grandes eixos. Para os camiños secundarios di que bastaba con unha ou duas capas de argamasa ou un empedrado. A influencia é, nembargantes, máis real. Basta comparar os dibuxos da planta e corte de perfil da estrada construida por Manuel Echánove entre Burgos e Vitoria cos do camiño romano —que tamén inclúe— para

" SANTOS MADRAZO. 1984. Op. cit. pg. 172. As estradas transversais tiñan unha lonxitude de 3617 km. dos que faltaban por construir 1058 km., según o plan do 31 de Decembro de 1855.

'" Ibidem. Op. cit pg. 176-178. Sobre o estado da rede viaria galega vide pg. 238-247.

20 Información oral recollida dun habitante da zona de Villamor —Concello de Toques—.

21 FERNÁNDEZ MESA 1755. Tratado legal y político de camínos públicos, y posadas. Valencia. Pg. 115-161.

13

decatarnos que as analoxías superan as diferencias22. Todavía é máis sorprendente que o Director de Camiños, Francisco Javier Barra (gráfico 1), xa no século XIX, se mostre partidario de imitar os firmes romanos decindo que, a longo plazo, a rede romana era menos costosa que a camineria moderna2 3 . Pero non só houbo defensores da pavimentación romana na península, senón tamén, fora dela, como é o caso de Henri Gautier (gráfico 2), quen propón colocar o pavimento, feito de pedras de canteira sen desvastar, sobre unha capa de boa e grosa terra24.

Tanto o sistema de Barra como o de Gautier (gráfico 2) contemplan a utilización do pavés, sendo a única diferencia que Gautier propón utilizaio como primeira capa e Barra como derradeira, aducindo para elo razóns de economía e conservación, xa que o uso do camiño eliminaria as primeiras capas de area e pedra machacada, pero ficaria sempre a derradeira (enormes laxas de pedra) e esta posibilitaria que continuase o tránsito polo camiño.

Polo tanto, a meirande parte do pavés deste tramo, puidera ser obra de entre 1840-1870 e ser construido "a la romana". A escasez e deterioro dos restos conservados deste

22 Plano del camíno dcsde la ciudad de Burgos hasta el confín de la proviucia de Álava. Fabricado a expensas de S.M. en virlud de sus Relaes Órdenes de 12 de ]unio de 1787 y 13 de Junio de 1787. A.M.O.P., sin refe'rencia.

23 BARRA, F Javier 1826. Memoria sobre la construcción del pavimento ofirme de tos caminos. Madrid, pg. 76-78.

24 GAUTIER, Henri 1693. Traité de la construction des chemins.

14

pavés25 impiden confirmar dita hipótese, pero instan a realizar unha profunda análise neste senso, que por razóns obvias escápasenos dos obxetivos desta prospección, limitándonos só a marcar certas pautas por onde debería discurrir a futura investigación.

PROSPECCIÓN DO CAMIÑO PRIMITIVO NO CONCELLO DE TOQUES. RESULTADOS E ANÁLISE DOS DATOS

Para unha mellor organización da mesma dividíuse o percorrido do Camiño en tres tramos dun kilómetro cada un deles.

1. O Marco - O Francés.

2. O Francés - Vilamor.

3. Vilamor - Ponte da Pedra.

Asimismo cada tramo divídise en dez partes de 100 metros cada unha delas, excepto no derradeiro (Vilamor - Ponte da Pedra) que só ten nove partes.

Os resultados e a súa análise, explicitados segundo este esquema metodolóxico, son os seguintes:

Tramo O Marco - O Francés

Este é un tramo dunha constante subida ata chegar a Serra do Careón, polo que presenta unha pendente do 12 % (gráfico 3). Comenzouse a prospección no lugar chamado O Marco, topónimo que designa o límite entre a provincia de Lugo e a da Coruña, sendo tamén límite entre o Concello de Toques e o de Palas de Rey. O camiño nesta parte comenza na pista asfaltada, que presenta uns anchos medios de 4,30 m. Nembargantes, a caixa do camiño non coincide sempre ca pista, xa que a 90 m afástase a esquerda tomando un rumbo de 255° e presenta un estado imtransitable debido a

25 Lembremos que parte da pista asfaltada fíxose sobre o Camiño Real, deixando ó pavés como afirmado para a capa de asfalto. Non poucos tramos non asfaltados non podemos afirmar con rotundidade que pertenzan ó Camiño Real, e os poucos empedrados conservados así como o seu deterioro impiden confirmar tal hipótese.

15

destrucción e o derrumbe da base e das paredes da caixa. Os 110 m cruza a estrada, agora a dereita, tomando un rumbo de 290°. Nesta parte atópase unha caixa terrea con un ancho de 2,50 m, tendo restos de empedrado que voltaremos a ver mellor matizados ó longo da ruta. Éimportante sinalar que a marxen dereita do camiño atópase a leira chamada das calzadas26, topónimo viario indicativo do paso dun camiño antergo. 100 metros máis adiante, e sempre en dirección Vilouriz, temos de novo o camiño intransitable polos mesmos motivos de antes (foto 1).

Panorámica da caixa do Camiño Primitivo —á esquerda da estrada— desde o Monte Careón

Unha paraxe moi fermosa e con unhas vistas impresionantes de toda esta zona é a chamada Pena Gulpilleira, que según conta unha lenda, foi o escondite dun bandoleiro chamado Pedro Mañá, quen se refuxiaba nun burato o carón de dita pena.

Os 350 m do camiño forestal desemboca outra vez na pista asfaltada e sigue por ela uns 400 m. Esta parte asfaltada ten un ancho de 3,30 m, con abundancia de baches e derrumbes da caixa hacia as cunetas, que o fai un tramo perigoso para o tránsito rodado e non permite o cruce de dous coches en sentido contrario.

O chegar a pista que leva a Arnade afástase de novo a esquerda da estrada e cruza a leira de Dolores Barreiro, a cal foi explanada sobre o Camiño, perdéndose todo vestixio del. Só se pode apreciar a súa continuidade nas acumulacións de terra do lado Oeste da leira, xa que por onde discurre a caixa non ten muro terreo debido a que ésta era máis profunda co resto e cando se fixo a explanación non só non se quitou terra daquí, senón que tivo que rellenala ca terra sobrante do resto da leira.

26 FERREIRA PRIEGUE, Elisa. 1988. Op. cit. pg. 28 "Calzada: de calceia, calceata, calcetum sinónimos de via strata".

16

A partires de aquí o Camiño empeza a descender con un rumbo de 242° e atópase nun estado terreo, con un ancho medio de 1,90 m, discurrindo a media ladeira entre xestas e toxos.

A uns 300 m empézase a encaixoar entre unhas paredes laterais que chegan a alcanzar os 5 m de altitude no lado dereito. O desmonte realizado e impresionante e lle confire unha beleza característica, pero moi difícil de datar27 (f oto 2). Presenta un ancho constante de 1,50 m, sendo o estado do Camiño terreo, ainda que conta con restos de enlousados (70x80 cm), os que analizaremos detidamente no seguinte tramo. Tamén atópanse rodadas dos carros28 na rocha, que está rebaixada no seu interior facendo unha caixa pétrea29.

Camiño afundido, formando unha trincheira, no Francés

11CAAMAÑO GESTO, José Manuel. 1984. Nos dí ó respecto: "Un tallo en trincheira, pese á magnitude da obra, resulta difícil de datar e só o podemos facer cando se coñece a data de apertura da calzada ou da súa reconstrucción, e en casos excepcionais gracias á análise paleográfica...". Op. cit. pg. 89.

2" As rodadas teñen unha lonxirude de 60 cm., un ancho de llcm. e unha profundidade de 4,50 cm.

2" Ihidem "Neste tipo de calzadas (as romanas) é frecuente observar a presencia de marcas de rodada na rocha. Excepción feita de casos como o de terreos difíceis (bordes de precipicios) nos que é case seguro que fosen labradas intencionadamente para evitar a caída dos carros, na maioría das veces resulta complicado saber se foron o resuítado dun longo período de rodaxe, hipótese esta última pola que nos inclinamos. Nas vías rcmanas de Galicia son abundantísimas as marcas de rodada, inclu-sive en tramos nos que desapareceu todo resto de empedrado. De todas formas hai que ter en conta que moitas destas rodadas non son de época romana senón resultado da utilización da calzada en épocas máis recentes". Op. cit. p. 89.

17

Un pouco máis abaixo, e unha vez saídos do desmonte, hai un cruce de camiños que se chama O Francés. Topónimo viario relacionado quizais cas peregrinacións e con peregrinos de orixen francés. Nembargantes, non podemos esquencer, que este topónimo pode ter tamén a súa orixen nalgún feito da Guerra da Independencia, ainda que ambalas dúas hipóteses son moi difíciles de precisar como despois veremos.

Se no Francés collemos polo camiño da dereita sairemos o castro de Vilouriz que ten a súa entrada principal a beira deste camiño secundario. O castro esta ben conservado, tendo definido todo-lo seu perímetro pola muralla, a pesar de que no lado oeste destruíuse parte da muralla o facer a explanación dunha leira.

Tramo O Frances - Vilamor

En Vilouriz o Camiño presentaba duas posibles rutas:

A) Que atravesase o Monte da Feira e logo subise pola actual pista asfaltada ata Arnade.

B) Que discurrise polo centro de Vilouriz e logo subise a Arnade polo Francés.

A segunda ruta é a que damos por válida e excluinte da outra en base a:

1. O lugar chamado Francés como un importante cruce de camiños xa desde época antiga.

2. O paso polo centro de Vilouriz está documentado no Diccionario de Madoz cas seguintes verbas: "Vilouriz (Santiago) Diócesis de Lugo, 32 casas.... el terreno es de mala calidad y pasa por el centro el Camino de Santiago a Lugo por Mellid; recibe el correo dos veces por semana"30.

3. Restos viarios; como é o caso da caixa encaixonada no francés con restos de enlousados e rodadas. Ademáis temos restos de empedrados e da caixa do Camiño antigo no centro de Vilouriz.

Pola contra non atopamos ningún motivo válido para plantexar a posibilidade de outra ruta alternativa que servise de camiño de peregrinación.

Este é o tramo que presenta unha pendente máis elevada, de todo-los prospectados, xa que ten un desnivel do 14 % (gráfico 4)

Do Francés a Vilouriz o Camiño presenta unha caixa terrea con un ancho de 2,40 m e bo estado de conservación, xa que é utilizado polos habitantes do lugar como camiño de comunicación cas leiras adxacentes.

Non cabe dúbida de que Vilouriz (foto 3) puido ser un hito importante deste Camiño Primitivo a tenor dos resultados da prospección. Sendo quizáis un indicio claro e importante a advocación desta feligresía a Santiago, tendo incluso unha imaxen de Santiago peregrino na igrexa. Este hagiotopónimo descúbrenos como Vilouriz tuvo, e

31 Diccionario de Madoz, 1845. T VI, op. cit. pg. 1347.

18

O Camiño Primitivo ó seu paso polo centro dc Santiago de Vilouriz

ten, conciencia de vila de peregrinación e un importante culto a Santiago peregrino. Ferreira Priegue dícenos órespecto31 "Abundan más las iglesias de Santiago a lo largo de los caminos franceses que en pleno campo..."

31 FERREIRA PRIEGUE, E 1988. Op. cit. pg. 34.

19

Ademáis Vilouriz conta con un fermoso pazo, mui preto do Camiño, e que puido seren hospital, ainda que non temos datos para confirmar esta hipótese.

O Camiño atravesa Vilouriz por detrás da casa de José de Penas. Asimesmo pasa tamén por detrás da casa de Preceuto, conservándose restos de enlousado e do muro lateral, que mediría uns 3 m de altitude. Neste tramo o Camiño mantén un ancho de 2,80 ata desembocar na fonte, onde coincide de novo ca pista asfaltada uns 50 m (foto 4).

Panorámica de Santiago de Vilouriz desde a calzada

A Medio camiño entre Vilouriz e a Pena Ferrada atópanse os restos viarios, quizáis máis importantes, dos conservados neste tramo do Concello de Toques. É un tramo de 10 m perfectamente empedrado con laxas de pedra, asentadas sobre a caixa terrea, a cal fíxose practicando unha trincheira no chan. Aestructura do firme é típica de vía romana, non só polo tipo de pavimentación, senón tamén, polo sistema de desvío das augas, formado por laxas hincadas transversalmente32 a modo de surco que levaría a auga hacia as cunetas ou fosas laterais -—sulci ou fossae—, que hoxe non conservamos polo derrumbe dos muros laterais (foto 5). Este sistema de canaletas33 está perfectamente atestiguado, por tomar un paralelo que nos fica preto, na Citania de Briteiros34 e nos leva da man ata

32 A canaleta, en bon estado de conservación, ten unha lonxitude de 2,40 m e un ancho de 25 cm. 33 Só se conserva unha delas pero non cabe dúbida que este sistema estaría extendido ó longo do Camiño. 34 Vide CARDOZO, Mario. 1990. Pódese ver como nestaCitania, intensamente romanizada, o sistema de canaletas era unha solución frecuente e extendida, como se pode apreciar na foto dunha rúa da Citanía, Ibidem V EST. XVIII (2). Asimesmo os anchos das rúas de Briteiros coinciden co ancho neste tramo; op. cit. p. 26 "Tén estas cal?adas uma largura variavel, oscilando entre 2 e 2,50 m. Outras vias secundárias, ruelas máis estreitas ainda cujos vestígios de múrua ligacao se encontran perdidas en parte, desembocando...".

20

Canaleta e restos do enlousado preto de Vilouriz

o mundo romano, sendo un importante indício da existencia da vía romana, e único, xa que é a única canaleta atopada nesta vía XIX do Itinerario de Antonino (foto 6).

O Camiño segue baixando presentando unha caixa terrea con un ancho constante de 2,80 m ata chegar a un cruce de camiños chamado Braña de Bernedos,. Uns 50 m máis adiante o Camiño é cortado por unha cancela de madeira que da paso a unha leira explanada sobre o mesmo, perdéndose polo tanto, todo trazo deste e tendo que saltar un muro terreo que o corta do outro lado da cancela35. Despois de salvado este obstáculo cruzamos a Pena Ferrada, onde se atopan restos de enlousado. O sistema de éste é simi-lar ós referidos anteriormente; son laxas de pedra de tamaño medio asentadas, neste caso, sobre a rocha mai e enriba laxas moito máis grandes trabadas con terra. A pesares destes restos o Camiño, neste tramo, é intransitable pola destrucción da caixa, fruto do derrumbe dos muros laterais e da acción da auga que erosiona este lecho de materiais deleznables, creando unha especie de lecho móvil e deixando o descuberto a rocha do chan en distintos puntos.

Antes de chegar a ponte de Chancabo temos de novo o Camiño cortado pola explanación dunha leira, propiedade de Plácido Carballo Varela, agora convertida nun

15 Este muro terreo é debido a explanación da leira e o amontoamento da terra sobrante neste lado do camiño.

21

Lienzo viario da calzada antes de chegar a Vilouriz

pastizal. Como nos outros casos anteriores a pala amontonou a terra na caixa do Camiño e explanouse sobre él.

Uns metros máis adiante salvamos o río o traveso da ponte de Chancabo. Según informacións orais, antes da actual ponte de hormigón, construida fai uns 20 anos por un concexal chamado Tomás e por Benito da Bragaña entre outros, atopábase unha ponte de madeira, cuia cronoloxía é difícil de presisar. Nembargantes, pode que todavía conservemos vestixios de esa antiga ponte nos laterais da actual obra de hormigón, (xa que esta pegouse literalmente ás elevacións da caixa). Esta obra ad latere da ponte presenta unha fábrica a base de pedras sin mampostería, amontoadas unhas sobre outras co único obxetivo de elevar a caixa do Camiño para coller a linea de trazado da ponte. Non cabe dúbida de que este sistema constructivo e anterior á construcción da actual ponte e pode ter a mesma cronoloxía ca antiga ponte de madeira, si non é anterior. Esta hipótese ven reforzada polos dous pontillóns conservados o carón da ponte. O sistema constructivo de estos é o típico; dous muretes laterais e unha enorme laxa de pedra sobre eles que permite o paso da auga por debaixo. Entón temos dous momentos constructivos neste punto: un, formado polos pontillóns e pola obra de elevación (ten unha lonxitude de 11 m), con unha cronoloxía imprecisa, e outro momento, que pode datar moi ben da década dos 70 e que engloba a actual ponte de hormigón36 e o tercer "pontillón", feito xa con tubos e que non cabe dúbida é unha reparación dun pontillón de laxas de pedra derruido.

Compre sinalar neste punto a existencia dun muiño, na marxen dereita do río, con un mal estado de conservación.

3,1 A ponte ten un ancho de 2,70 m, unha altitude de 3 m e unha lonxitude de 3,50 m. Tódalas informacións, tanto da súa época de construcción como dos seus constructores, son froito de informacións orais, polo que é necesario telo en conta de cara a establecer a súa total credibilidade.

22

O Camiño segue en dirección o campo da festa con un ancho de 2,60 m e un afirmado a base de gravilla solta, véndose todavía en certos puntos concretos, pedras da antiga caixa enlousada (foto 7).

Panorámica do Camino a media ladeira baixando a Pena Ferrada. Forma nn quiebro para cruza-lo río pola ponte de Chancabo e retoma a dirección de cara a Villamor

Do campo da festa en adiante o Camiño está asfaltado, con unha anchura variable, que oscila entre os 2,70 m no punto máis estreito, ata os 3,15 m no punto máis amplo.

Pasa por debaixo da igrexa de Villamor e o carón dun sinxelo cruceiro, pero non por elo menos importante, xa que como é sabido son puntos de interese de cara a delimitar o percorrido de camiños antigos.

Pasa polo centro de Villamor tal e como nos dí o Diccionario de Madoz (T VI, pg. 1361) "Pasa por el centro el Camino de Santiago de Mellid a Lugo, el cual es bastante pedregoso y de calzada". Como pode verse Madoz danos un dato da maior relevancia o afirmar que o Camiño é bastante pedregoso e de calzada o que confirma toda-las informacións orais recollidas durante a prospección e que insistían na existencia dun camiño totalmente empedrado antes da construcción da pista asfaltada.

Creo que é conveniente e necesario deternos neste dato do Madoz porque vai a ser fundamental cara ás conclusións; o termo calzada empregado por Madoz en 1845, ano da redacción do Diccionario, ten unha acepción distinta da actual e que é preciso clarificar. Calzada deriva de calceia, calceata, calcetum, sinónimos de via strata37, e a propia vía strata é a vía afirmada con statumen (gráfico 5), sendo sustituido este termo a partires do

"Videnota27.

23

século III d.c polo de estrada38, empregándose esta verba no galego medieval39. Según Du Cange significa "via publica lapidibus, seu silice, munita (...) strata seu via regia tanta latidinis esse debet auod currus alteri cedere possit"40. Recapitulando temos que calzada é sinónimo de via strata e que ésta é unha vía pública afirmada con statumen, sendo o statumen a derradeira capa do pavimento dunha via romana, e que según Caamaño Gesto41 estaba formada por varias ringleiras de pedras planas con morteira e arxila. Das catro capas que deberían ter as vias romanas, según a teoría clásica do século XVII de Nicolás Berguier (1557-1623), na súa VHistoire des grands chemins de l'Empire romain42, só conservamos a derradeira, sendo probable que en provincias non se fixeran as catro capas senón só unha, chamándolle enlousado. Este enlousado é o que apreciamos non só neste tramo, senón nos outros restos sinalados. Con todo isto non queremos afirmar rotundamente que este afirmado descrito sexa o propio da vía XIX, ainda que tampouco hai que descartalo.

Do conxunto urbán de Villamor, a beira do Camiño, destaca pola súa relevancia a antiga casa que facía as veces de taberna, estanco e posto de correos43 e que todavía hoxe pode lerse no seu dintel a inscripción: REAL ESTANCO DE TABACOS / ANO 1802 (foto 8 e 9). Este novo dato confirma a plena utilización desta ruta no século XVIII-XIX, ainda que o seu estado de conservación debía ser moi deficiente, a tenor do comentario de Lucas Labrada "un buen camino desde la ciudad de Lugo a la de Santiago, que dista 13 leguas,

38 FERRREIRA PRIEGUE, E 1988 pg. 27.

3" Verín 1339: manda de "a miña leyra longa da estrada". En Nocedo (AHN, Montederramo 1439/19).

40VideDUCANGE,Carolus 1676. Glosarium adscriptores mediaeet infimae latinitatis. Paris. Op. cit. specnlumsaxonicum,lib. 2, art. 59/3.

41 CAAMAÑO GESTO, José Manuel. 1984, op. cit. pg. 79.

45 Vide FUSTIER, Pierre 1968. A propósito de Bergier dinos: "Cet excellent érudit de la Renaissance crut, en effet, trouver dans un texte de Vitruve consacré aux pavements d'habitation une théorie générale des routes romaines. Sa terminologie de sta tumen, rudus, nucleus, summa crusta, repandit partout l'illusion que les Romains s'étaient pliés, dans la construction de leurs voies, á des régles précises et invariables". Op. cit. pg. 27. No anexo tamén fai un examen crítico desta teoría. Op. cit., pg. 269-271.

43 Según o Diccionario de Madoz esta casa recibía o correo, que viña de Melide, dúas veces por semana. Op. cit. pg. 1361,1347. TVI.

24

Sillar con ornamentación de medias lúas reaproveitando no dintel da casa de Mosqueira en Villamor, ¿século XVI?

Antiga taberna e estanco de Villamor a carón do Camiño Real. No dintel aínda pode krse a inscripción ca data de 1802

25

pasando por Mellid y Arzúa, sería de la mayor utilidad"44. Desta noticia despréndese que xa existía un camiño, e pídese que sexa "un buen camino", é dicir, que se repare. Asimesmo a distancia sinalada de 13 leguas, entre Lugo e Santiago, éun dato que necesita unha análise. Con anterioridade a 1801 existían tres medidas utilizadas no tema caminero:

-A legua xeométrica que equivalía a 5555,55 m.

-A legua maior que equivalía a 6352,885 m.

-A legua Real que equivalía a 6687,14 m.

O Real Decreto do 26 de Xaneiro de 1801 supón unha igualación metrolóxica, (e que terá vigor ata a lei do 19-VII-1849) igualándose os pesos e as medidas a vara de Burgos, polo que se estipula o valor da legua en 5572,70 m. Si Lucas Labrada nos da unha distancia de 13 leguas en 1804 implica que se guía por este sistema e polo valor reseñado anteriormente, sendo entón a distancia entre as duas cidades de 73 Km. Distancia excesivamente parca se a aplicamos o actual trazado da estrada xeral, pero perfectamente axeitada si supoñemos que se refire o chamado Camiño Primitivo. Cando este Camiño Real foi reparado, na década de 1840-50 como vimos antes, e moi probable que se alterara o trazado, sobre todo, desde Melide a Santiago, creándose, por diversas razóns de utilidade, pequenos xiros e rodeos que antes non tiña alongando con elo a distancia ata os 90 km.

Unha vez rebasado o antigo estanco de tabacos o Camiño vai torcer a esquerda, nun cruce que ten 3,80 m de ancho. A partires de aquí o trazado do Camiño sera coincidinte ca pista asfaltada ata a Ponte da Pedra, salvo a excepción duns poucos metros a saída da Vilamayor.

Compre sinalar tamén que xusto enfrente da desembocadura do Camiño, reseñada antes, atópase un camiño carreteiro que nos leva ata un castro, sito nunha cota de 625 m de altitude, o noroeste dunha aldeia chamada asimesmo Castro.

Tramo Vilamor - Ponte da Pedra

Presenta unha suave pendiente dun 9 %. No seu primer percorrido ata Irago ten un desnivel moi doado, logo unha chaira aluvial e conclúe con unha leve pendente para acadar no río Furelos (gráfico 6).

Según informacións orais, a antiga caixa enlosada do Camiño non foi desbaratada no proceso de asfaltado, senón que éste fíxose sobre a caixa enlousada, servindo así de base.

A pista ata a saída de Villamor presenta uns anchos mínimos de 3,50 a 3,80 m.

Xusto a esquerda do indicador de Villamor, e sempre en dirección Ponte da Pedra, pódese ollar a caixa do antigo Camiño, que corre paralela a pista e remata nos carballos, sitos na propia curva. Esta caixa está encaixonada lenemente sobre a superficie, presentando un ancho de 2 m, nun estado de conservación malo, convertido nun barrizal

44 LUCAS LABRADA 1804, pg. 178.

26

en época de choivas. Máis adiante, a beira dos carballos, parte da caixa do Camiño foi cuberta ca terra empregada para elevar o nivel da pista asfaltada. Si ademáis de isto le engadimos a vexetación que a cubre, poderemos entender como é imposible transitalo. Nembargantes, neste punto atópanse dous topónimos viarios: o primeiro é o término Francés que designa un pastizal, e según unha información oral chámase así porque alí morreo un francés45; o segundo é o topónimo carreiro que como indicador de vía romana é inseguro, pero pódese referir perfectamente a un camiño medieval importante, xa que carreiro como carril, carreira son termos que aparecen nos documentos medievais para desiñar un camiño de carro46.

A partires de aquí o trazado do Camiño é o mesmo co da pista asfaltada. Ten un ancho constante que oscila entre os 4,10 m (a beira do francés) e os 4,20 m no resto do traxecto, a excepción dos 3,40 m que mide un estreitamento producido por un hórreo que se mete na pista no pobo de Irago.

No límite do Concello de Toques e o de Melide atópase a Ponte da Pedra que ten unha lonxitude de 17,60 m, un ancho de 4 m e unha altitude de 4,50 m no punto máis elevado. Según informacións orais a ponte derrumbouse fai uns 30 anos e reconstruíuse volvendo a colocar os sillares tal e como estaban, decindo que era unha ponte romana. Estas afirmacións non son concluintes en ningún dos seus aspectos, pero poden ter visos de credibilidade se temos en conta que tiña que haber unha ponte antiga que permitise o paso do río Furelos, xa que o seu caudal non permite facelo a través dun vado. Ademáis o lugar idóneo sería éste, xa que é a zona máis cha e onde menos obra de fábrica sería preciso realizar. Agora ben, no noso estado da investigación, non podemos nin debemos afirmar rotundamente a existencia dunha ponte romana, ainda que non descartamos esa hipótese.

O sureste da ponte atópanse un muiño, que non fai moito tempo deixou de funcionar, e o noroeste, indo pola estrada que vai a S. Julián atópanse tres mámoas a dereita da mesma, sendo este tipo de construccións unha constante ólongo da zona prospectada.

45 Esta información non bota ningunha luz sobre o topónimo, xa que ben puido morrer un pelegrino francés (ca importancia que este dato tería), ben puido morrer un soldado francés na Guerra da Independencia. 4" FERREIRA PRIEGUE 1988. Op. cit., pg. 31.

27

PROSPECCIÓN DO CAMIÑO PRIMITIVO NO CONCELLO DE MELIDE. RESULTADO E ANÁLISE DOS DATOS

A priori presentábasenos tres zonas susceptibles de prospección polas implicacións que poideran ter no desenrolo da investigación do Camiño de Ovedo, e asimesmo da vía XIX. Polo tanto foi necesario delimitar tres áreas de actuación:

1. Zona da Martagona. O sela ruta de unión máis recta entre a Ponte da Pedra e Melide, a inxente cantidade de mámoas e o topónimo revolta fíxonos sospeitar que éste puidera ser o itinerario máis posible para ser utilizado como vía romana. Hipótese que foi descartada unha vez rematada a prospección.

2. Zona de S. Salvador de Abeancos (corresponde co trazado da actual pista asf altada). Tanto os topónimos como outras informacións bibliográficas apuntaban a identificar esta ruta co Camiño Primitivo e tamén co Camiño Real.

3. Zona de Piñeiro. A ubicación da vila romana do Agro de Nogueira instábanos a facer unha actuación nesta zona co obxetivo de poder establece-la súa relación ca vía XIX o través dunha hipotética trama caminera.

Polo tanto, fíxose tres prospeccións superficiais nestas áreas, para así ter unha ollada global de toda-la superficie susceptible de ser empregada nos desplazamentos, e as súas posibles interrelacións camineras o longo dos séculos.

Zona da Martagona

Configurábasenos esta ruta como a máis factible de ser empregada pola vía romana, si arrincamos da hipótese de que a dita vía entraba en Melide. É o traxecto máis curto entre o Ponte da Pedra e Melide, e ademáis, constátase o topónimo revolta, ainda que non ten porque ser indicativo de vía romana é un topónimo indiscutiblemente viario que alude ás curvas que describe a calzada47.

Este camiño sae de Melide pola rúa da Martagona e vai descendendo, con un ancho de 10,60 m, ata chegar o rego de Pedrouzos. Antes de chegar atópanse todavía restos de empedrados, compostos por enormes iosas asentadas sobre outras pedras máis pequenas. O sistema de paso do rego e o través dun pontillón con unha estructura bastante complexa, xa que en realidade son tres engadidos. Ten unha lonxitude total de 6,70 m, un ancho de 2,20 m e unha altitude, no seu punto máis elevado, de 1,50 m. Está construido con enormes laxas de pedra48 asentadas sobre muretes verticais de factura tosca e sin mamposteria. Según Fábregas Valcarce é posible que estas laxas horizontais empregadas no pontillón estiveran antes conformando a cámara dunha mámoa próxima49 (foto 10). Tamén é de destacar a existencia, a unhos 50 m río abaixo, dun muíño e do seu sistema de canalización da auga. Non cabe dúbida que é un sistema de canalización complexo, xa que traia a

47 FERREIRA PRIEGUE, E 1988. Op. cit, pg. 29.

48 A máis grande mide 2,80 x 1,10 x 0,25 m.

4" FÁBREGAS VALCARCE, Ramón. "Materiais da mámoa da Martagona". En Boletín do Centro de Estudos Melidenses.

28

Pontillón de dous tramos na Martagona. As laxas horizontais do firme proveñen da cámara dnnha mámoa próxima

auga dun regato, preto dos lugares de habitación (hoxe en ruinas), e discurriría por riba do rego de Pedrouzos gracias a utilización, si se me permite a verba, dun "acueducto". Consérvanse diste as obras de fábrica nas beiras do río. Na marxen esquerda a canalización elévase lenemente o través do asentamento sobre un murete; mide 1,10 m de ancho e 8 m de lonxitude. Apesares de que a obra construida sobre o regato (permitiría o paso da auga ca altitude adecuada para satisfacer as necesidades do muiño) perdéuse, conservamos os restos da marxen dereita. Dado que o desnivel é maior a obra presenta un muro construido con pedras irregulares e asentadas "a hueso" con unha altitude bastante considerable, polo que se viron na necesidade de colocar unhos contrafortes no muro para evitar deste xeito o seu derrumbe.

Según informacións orais este muiño data do século pasado, ainda que non éposible establecer si o sistema de canalización se corresponde con esa cronoloxia. Do que si non dubidamos é da importancia que teria, a tenor das construccións conservadas, e do rendimento do muiño en cantidade de producto tratado. Se a este dato le engadimos a existencia do núcleo habitacional preto, podemos entender a construcción do fermoso e complexo pontillón (a única via de acceso con Melide) nunhas datas pretas sin ter que retrotaemos necesariamente o mundo romano nin medieval.

O camiño pasa o carón das casas onde tamén atópanse empedrados, de unhos dous m2, pero de distinta factura en relación ós da outra beira do río, xa que os que nos ocupan agora están conformados por pedras muito máis miúdas. No medio atópanse outro pontillón moito máis sinxelo que ten un ancho de 2,5 m.

Unha vez subida esta costa entramos nunha penichaira, cuio rasgo máis característico é a enorme cantidade de mámoas atopadas. Contabilízanse nove nun diámetro de 100

29

m. Sinalar tamén os materiais atopados50 e, sobre todo, o obxeto discoide, ¿posible rodela?

Despois de atravesar esta chaira o camiño volve a descender, vaise encaixonando nunha especie de trincheira dunhos 2,50 m de profundidade que na actualidade é del todo impracticable. Curiosamente o tramo do francés (Vilouriz) presenta unha factura semellante. A medida que descendemos (imos en paralelo o río Furelos e a unhos 100 m del) o terreo faise cada vez máis perigoso xa que é unha zona pantanosa, estando toda-las leiras anegadas de auga (a pesar de que a prospección fíxose nunha temporada seca polo que as leiras non tiñan porque estar nese estado). Non se atopou ningún pontillón, nin outra obra de fábrica empregada habitualmente nestas zonas51.

Nesta zona o carón do río non só non se atopou ningún vestixio do "noso camiño", senón de ningún outro, polo que o tránsito a pé hoxe en día épracticamente imposible debido ás malas condicións do terreo.

Unha vez saídos do pantano o camiño escomenza a subir lenemente. A caixa terrea foi reparada recentemente e ampliada, presentando agora un ancho de 2,12 m. Vai a desembocar na pista asfaltada o lugar coñecido popularmente como "cruceiro dos pelegríns", topónimo este moi importante e que imos analizar axiñamente;

-A verba cruceiro indícanos posiblemente un cruce de camiños. É curioso que só quede o topónimo e non a sua testemuña física. Con todo é un dato a ter en conta.

-Pelegríns. Pode aludir ós propios peregrinos, pero esta afirmación non está exenta de risco o non atopar paralelos semellantes ó longo do Camiño Primitivo. Máis ben poida aludir ós camiñantes en xeral.

Os resultados desta actuación na zona da Martagona non confirman que ésta sexa o trazado da vía romana, é máis, cremos que a vía non se trazou por esta zona senón máis o Norte, xa que non tiña motivo algún para entrar no casco urbán de Melide52. É máis lóxico pensar que puido pasar o Norte de Melide como veremos máis adiante. Esto non quita que fose un trazado antergo, que puido ter unha orixen prerromana se temos en conta que pasa entre unha agrupación de mámoas; "Mámoas, medorras, arcas: un camino que pase entre ellas es casi con total seguridad prerromano"53. Compre sinalar tamén o seu emprego importante ó longo dos séculos, ainda que non fose vía romana, nin Camiño Real; non esquenzamos que é o traxecto máis curto entre Melide e as poboacións do norte. Asimesmo, puido ter un emprego intensivo na época do funcionamento do muiño e do núcieo de habitación.

50 Vide nota 50. 51CAAMAÑO GESTO, X.M. 1984. Op. cit. pg. 87. "En zonas moi pantanosas botaban pedras para que, ao amontonarse, formasen un agger sobre o que se construía a calzada. Se os terreos eran moi movedizos fixábanse estacas de madeira, que sostiñan un entramado de ramallos ou de madeira sobre o que se asentaba a calzada". 52 Lembremos que as vías romanas non unían vilas nin asentamentos poblacionais intermedios ós puntos de arrinque e de chegada. O seu trazado o guiaba motivos estratéxicos, militares e de explotación de recursos mineiros. 53 FERREIRA PRIEGUE, 1988. Op. cit, pg. 27. FUSTIER, P1968. Op. cit. pg. 53-56 "Ces pratiques seraient á l'origine de la richesse que décélent les tombes des peuples qui habitaient ces lieux de transit".

30

Zona de S. Salvador de Abeancos

Esta era a ruta que a priori ofrecíanos máis visos de ser o Camiño Primitivo, a tenor de criterios de orde toponímica e da información que nos proporcionou o Diccionario de Madoz: "Abeancos (S.Salvador de): felig, en la provincia de la Coruña, dioc de Santiago, part. jud. de Arzúa y del ayunt. de Mellid. Sito sobre el camino que de Santiago a Lugo, pasa por Mellid... el indicado camino de Santiago, pasa de O a E, es malo y peor cuidado, sobre el Mera tiene un puente de poca resistencia...; hay dos molinos harineros"54. Esta información indícanos que pasaba sobre o Mera, polo mesmo sitio que hoxe, e ademáis que pasaba pola feligresía de S. Salvador de Abeancos —hai que ter en conta que non hai ningún pobo físico con ese nome—.

Compre dicir que esta ruta correspóndese exactamente ca pista asfaltada, non quedando restos da caixa do antigo camiño a beira da pista en ningún tramo. Cremos que é util e necesario describir a seu trazado así como sus "características viarias".

Comenzamos a prospección na Ponte da Pedra, xa analizada na prospección do Concello de Toques, e en dirección a Melide.

Unha vez cruzada a ponte o camiño empeza a ascender sendo unha subida moi doada, xa que só presenta unha pendente de 0,0857 %, mantendo un ancho que oscila entre os 4,50 m e os 5,10 m. Discurre a media ladeira (gráfico 7) unhos 450 m ata chegar o Cruceiro dos Pelegríns dende onde se divisa Melide e toda-la zona da Martagona. Se temos en conta as características xerais dunha vía romana podemos entender que a vía romana non fose pola Martagona, a pesar de que é o traxecto máis curto, pero tamén o máis problemático, non só polo terreo pantanoso que tiña que salvar, senón tamén por ser unha zona afundida e perigosa, susceptible de ser atacada dende todo-los puntos o arrededor. Éprobable que o inxenieiro militar romano preferise traza-la por onde discurre a pista asfaltada, con unha maior altitude e dende onde se ten unha ampla perspectiva tanto a dereita como a esquerda, evitando con elo os posibles ataques e emboscadas dos enimigos. Ademais tamén evitaría numerosas obras de fábrica a realizar na zona da Martagona para asegurar a caixa na zona pantanosa.

H MADOZ 1845. T I, op. cit. pg. 3.

31

A partires daquí o Camiño discurre por unha chaira sen apenas desnivel reseñable ata Melide.

Ós 660 m (sempre en dirección Melide) o Camiño ten un ancho que oscila entre os 4,80 e os 5,10 m. A dereita, e a unhos 40 m ollamos unha mámoa e casi en "simetria" outra a esquerda, a 60 m do Camiño.

Ós 900 m atopamos o topónimo Porto que pode referirse o accidente xeográfico que ten que salvar o Camiño, ou tamén pode referirse, como pode selo caso, a existencia dun portazgo medieval ou moderno55. O ancho da pista neste tramo é de 4,10 m.

Un pouco máis adiante, uns 1100 m, atopamos outro topónimo significativo que é o de Compostela. É probable que o étimo derive de "Compostum Tellum", que pode significar cemiterio, "lugar de enterramento". Como hipótese poderíamos plantexarnos que o lugar denominado Compostela fose un lugar de enterramento. Lembremos que as necrópoles romanas nunca estaban ubicadas dentro dos núcleos poboacionais senón a carón das vias de comunicación. En relación con este tema Caamaño Gesto apunta: "A existencia de necrópoles ou de mausoleos é de grande utilidade á hora de localizar o trazado dunha vía romana. É ben sabido que a lei romana pescrebía de modo estrito que os cimeterios dunha cidade ou de calquer asentamento romano deberían estar situados fora das murallas, e que por obvias razóns de accesibilidade, os cimeterios construíanse, normalmente, ó longo ou en relación coas vias. Desta ubicación son bos exemplos, en Italia, os enterramentos en torno a Vía Appia Antica ou Vía dei Sepolcri, esta última fora de Pompeia. Moitas cidades do Imperio ofreceron sinais da existencia de cimeterios ó longo das calzadas".

Ós 200 m temos, asimesmo, outro topónimo "francés" empregado para referirse ó pinar da dereita da pista. O analizado anteriormente vimos como non pode ser tomado como un indicio claro da existencia dun camiño de peregrinación, xa que tamén pode referirse a un feito da Guerra da Independencia. Non debemos esquencer a participación activa da poboación melidense en dita contienda e que é ben ilustrada nas palabras de Taboada Roca: " ... que en el año de 1809 alarmó sus feligreses y los pueblos inmediatos contra los exércitos franceses, impidiendo así la libre comunicación de estos, estre Lugo y Santiago por la carretera de Mellid: Que en 28 de Mayo del referido año sorprendió en dicha Villa con varios paisanos una partida de Dragones del regimiemto N° diecisiete, poniéndolos en precipitada fuga.... puesto al frente de sus feligreses y Parroquias inmediatas, sosruvo en los campos de la villa de Mellid de la provincia de Santiago, por espacio de nueve horas el fuego contra mil infantes y setecientos caballos al mando del General Marconet, poniéndoles por fin en pricipitada fuga, inpidiéndoles que talasen y abrasasen la Villa de Mellid y sus inmediaciones, como estaba determinado por el Mariscal Ney: Que los persiguió en la retirada, llegando a infundirles tanto terror que no se creyeron seguros hasta pasar el puente de Lugo, el que cortaron para mayor seguridad...". Pode ter relación cos datos expostos o achádego de duas baionetas incrustadas nun muro na

55 FERREIRA PRIEGUE, 1988. Op. cit., pg. 30. "Porto: se refiere a un portus, o lugar de paso obligado donde se cobraba el portorium. Pueden ser también portazgos medievales o íncluso de creación moderna, o referirse al porto como accidente geográfico".

32

"leira das pedras" sita na ladeira do monte Curutelo, preto do Camiño Primitivo. Non podemos data-las baionetas xa que foron reutilizadas como trenchas. Según unha lenda popular da zona os franceses foron derrotados no pobo de Vilouriz polas propios habitantes. A luz destes datos poderíamos afirmar, con bastantes visos de credibilidade, que todo-los topónimos "francés" atopados na prospección refírense a feitos da Guerra da Independancia e non a motivos de peregrinación.

Neste tramo a pista ten un ancho de 4,40 m, atopóndose en mal estado de conservación o amosar perda de asfalto nos laterais da caixa.

100 m despois a caixa do Camiño elévase para coller a linea da Ponte de Mera, tendo aqui un ancho de 4 m. Esta ponte asi como a Ponte da Pedra, como xa apuntamos máis arriba, construíronse na década dos 60 no mesmo emplazamento que outras obras anteriores. Aactual ponte da Mera ten unha lonxitude de 8,30 m e un ancho de 4 m. Gracias a unha foto da década de 1930 pudünos facer unha reconstrucción da antiga ponte da Mera, perfectamente visible nesta época. Éunha típica construcción dun só arco de medio punto ensamblado a través de bloques graníticos perfectamente escuadrados en cinco das súas seis caras. Debido a esta particularidade das dovelas a linea do intradós amósase perfectamente delimitada e circular, mentras que a linea do trasdós éirregular, sobresaindo dela as imperfeccións das mesmas. Con elo consíguese que as laxas empregadas na conformación da caixa do camiño e que se apoian no arco, se traben cas partes sobresaintes destos bloques graníticos, conseguindo unha maior estabilidade e resistencia. A ambalas duas beiras do vano faise unha obra de recheo con laxas de pedra sin escuadrar co obxetivo de alcanzar a altitude do arco. É probable que a actual Ponte da Mera construírase aproveitando esta ponte medieval, dándolle un recebo de argamasa o arco aproveitando as estructuras de recheo da calzada. As incisións no cemento que amosa hoxe, a modo de dovelas, poden entenderse como unha lembranza das dovelas da antiga ponte e que non se corresponden cas verdadeiras porque, de selo, a ponte caeríase, xa que tecnicamente estas dovelas suxeridas estan mal colocadas (debuxo 1).

Ós 270 m da Ponte da Mera o Camiño desemboca na estrada que une Melide con Toques. Neste cruce plantexámonos a hipótese de que a vía romana, coincidente en casi todo o percorrido co Camiño Primitivo, seguiria recta e non torcería á esquerda para ir a Melide. Xa vimos que non tiña ningún motivo para desviarse da súa ruta que culminaría na mansio de Iria, suficientemente probado que se trata do actual Padrón56, e, polo tanto, nun perfecto trazado rectilíneo, para despois desviarse cara o sur, chegando o seu punto de destino Bracara Augusta.

Pola contra o Camiño Primitivo torce á esquerda para entrar en Melide pola Avenida de Toques e de Friol e logo continuar pola actual rúa de Calvo Sotelo, pasando por diante do edificio do Concello. Ademáis se constata-la existencia dun hospital de peregrinos nesta zona, segundo nos informa Broz Rei57o "hospital de Santi Spiritus foi construido por Sancho de Ulloa, que era colindante co fundado por Fernán López e a sua muller

* Vide ROLDAN HERVAS, J.M. 1975. Op. cit, pg. 73-74, 164, 243. As derradeiras investigacións apuntan á identificación da mansio Asseconia ca cidade de Santiago, polo que a vía pasaría pola cidade do Apóstolo para despois baixar cara a Padrón. 57 BROZ REI, X.M. 1990. Op. cit., pg. 73-76.

33

34

Aldara González na era de 1413 e 1410 (1375-1372)... Sancho Sanchez de Ulloa mandou poñer as suas pedras de armas na fachada". Este escudo ainda se pode contemplar empotrado na fachada dunha casa nesta rúa de Calvo Sotelo. Según Broz Rei a inscripción que leva debaixo reza:

"ESTE OSPITAL MANDO(COMENZAR) EL CONDE DE MONTERREI (DON SANCHO) DE ULLOA EN EL ANO (DE MILL QUI) NIENTOS E II ANOS RUE(GEN AD.ANIMA)"

É importante a existencia deste hospital xa que é un dato máis de cara a confirmación do Camiño Primitivo como camiño importante de peregrinación. Lembremos que estos hospitales construíanse á beira do Camiño para atender ós peregrinos tanto física como espiritualmente58.

Uniríase este Camiño de Ovedo o Camiño Francés aquí en Melide e ámbolos dous discurririan xa xuntos cara a Santiago.

Zona de Piñeiro

A razón de que se empezara a prospectar nesta zona veu dada polo achádego da vila romana do Agro de Nogueira. A existencia dunha vila nas inmediacións da vía XIX poida que esclarezca moitas lagoas arredor do propio trazado da vía e das relacións comerciais que poidera ter, non só con Lucus Augusti, senón tamén cos núcleos de poboación colindantes.

Quizáis un dos achádegos máis importantes da excavación, foi o achádego "in situ" dunha árula adicada o deus Mercurio. Según nos informa o Director da mesma, Gonzalo Meijide Cameselle59 "El ara apareció in situ en una habitación rectangular de 5 m de largo por 4,2 m de ancho. Posiblemente dividida por una pared de madera, ya que se ha encontrado una impronta de carbón en sentido latitudinal. Es la única estancia con pavimento de opus signinum. En la esquina su hogar empotrado en la pared".

A importancia do achádego desta pequena árula de Mercurio é moi importante e cremos que merece a pena detemos un pouco nela para analiza-la60.

Non cabe dúbida que para entender, desde hoxe, unha manifestación tan complexa como é a dos cultos relixiosos dunha sociedade do pasado e á falta de fontes literarias máis explícitas, o mellor medio posible é a análise dos elementos materiais que quedaron da súa liturxia. Polo tanto vemos como as fontes arqueolóxicas e epigráficas teñen un papel fundamental para comprender este culto familiar dirixido polo pater familias, asi

31 Ibidem 108-109. Plantéxanos a posibilidade da existencia dun hospital en Goiás —Concello de Toques—, a pesares de que non fica no mesmo Camiño, pero sí preto del. Asimesmo o autor fai unha relación doutros hospitais da zona.

5" MEIJIDE CAMESELLE, G., ACUÑA CASTROVIEJO, F. 1992. Op. cit., pg. 41.

1,0 Parte dos datos expostos a continuación saíron á luz nunha conferencia do Dr. Rodríguez Oliva titulada "Materiales arqueológicos y epigráficos para el estudio de los cultos domésticos en la España romana".

35

como a proliferación destos sacra privata en lugares concretos do Imperio. O seu estudio é necesario facelo en relación ós contextos arquitectónicos dos que formaron parte, entendendoos, non illadamente senón en relación directa coa función que desempeñaron nas villae (e tamén nas domus). Fundamentalmente os formalismos rituais da relixión familiar romana pódesen rastrexar nunha serie de epígrafes que mencionan ós Lares, o Genius do pater familias ou a Iuno da domina da casa, nos lararios das domus ou villae, e nas árulas e estatuiñas de mármore ou bronce que nestos e noutros aediculae se empregaban para o seu culto61.

¿Pódese incluir neste culto familiar a árula de Mercurio atopado na vila do Agro de Nogueira? Vexamos os paralelos hispánicos.

Temos en Bilibilis o mellor larario atopado. Trátase dunha edícula en cuia parede traseira, pintada en negro, represéntase á Fortuna. O banco da edícula contiña, no momento do achádego, "un ara anepígrafa de piedra alabastrina que estaba sujeta a la repisa mediante mortero de cal"62. En Cartagena atopáronse os restos de un lararium no que apareceron "in situ" tres árulas para os cultos; son anepígrafas e conservan na parte superior marcas de fogo. Unha ten 0,45 m de altitude, a segunda 0,22 m e escasamente a terceira chega ós 15 cm.

Singular trascendencia, para nosa investigación, teñen as estatuiñas atopadas no larario dunha villae en Villauba (preto de Bañolas)63. Trátase de tres bronces representando a Fortuna, a Mercurio e a un Lar. Ademáis o seu achádego e importante porque nos fala do seu lugar de culto, que pode rastrexarse na excavación, e que se localiza "en un lugar bien articulado, facilmente visitable, al lado de la cocina". Vemos como temos coincidencias; neste caso é un bronce de Mercurio, non a árula do noso caso, pero ambalas duas foron atopadas nunha estancia importante (no Agro de Nogueira é a única habitación que ten pavimento de opus signinum) e ó lado dun fogar. Estos achádegos, así como os resultados das investigación do Dr. Rodriguez Oliva, confirmannos que tamén en Hispania colocábanse un sinnúmero de figuriñas de deuses e árulas nos lararios. Ademáis, un dos máis comunes é curiosamente Mercurio, que conta con un bon número de representacións64, amosando a este deus do comercio ca testa cuberta co alado Petasos e levando en cada man o marsupium e o caduceus.

Polo tanto temos que o deus do comercio, Mercurio65, rendíaselle culto na familia. Desta afirmación ó concluir que a familia facía este culto polo seu vencellamento o

" Addenda ALARCAO, T. - ETIENNE, R. - FABRE, R. "Le culte des lares á Conimbriga". En CRAL, 1969, pg. 213-ss. LE ROUX, P. - TRANOY, A. "Contribution a l'etude des regions rurales du N.O. hispanique au Haut Empire: Deux inscriptions de Penafiel". Act. ¡ Cong. Ncnal. Arqueología, ¡ Porto, 1974. Pg. 250-ss. CHOFFI, L. "Genius e Iuno a Roma. Dediche onorarie e sepolcrali". Misceüanea Grcca e Romana XV. Roma 1990, pg. 163-ss. BOYLE, G.K., "Corpus os the Lararia of Pompeli". Mem. Am. Acad. Roma, 14. Roma, 1973.

62 MARTÍNEZ BUENO, M. "Bilbilis: Arquitectura doméstica", en La casa urbana hispanorromana. Zaragoza, 1991. Pg. 172-ss.

63 ROURE, A. - TREMOLEDA, J. "Dioses lares. El larario de Villauba". Revista de Arqueología, 89,1988, pg. 50-ss.

M Por nomear algúns podemos destacar os exemplares de Alcorcón del Júcar (Albacete), el de Burriana (Castellón), Altamira (Pontevedra), o do Monte Moliao, o de Paralejo en Jaén, dous de Pollentia (Mallorca)..., etc.

^ Lembremos que Mercurio é unha transformación do Hermes griego, ese camiñante veloz que tamén acompañaba ás almas dos difuntos (Hermes psicopompos) e que os seus símbolos viarios, as hermas, xalonaban os camiños.

36

comercio so temos un paso, e si damos este paso tamén podemos, no seguinte, vencellar este comercio, importante no desenrrolo da vila, a cercana vía XIX, por onde se canalizarían as relacións comerciais, sobre todo con Lucus Augusti.

Pero si estamos a f alar das relacións comerciais temos outro dato da maior importancia e trascendencia, implicitamente relacionado co comercio e ca área de difusión dun certo tipo cerámico. Trátase de varios recipientes abertos con unhos rasgos distintivos a base de "una decoración de meandro inciso en el interior y un cordón externo horizontal de sección triangular"66. Acuña Castroviejo establece a relación deste achádego do castro da Graña con outro do Agro de Nogueira "una pieza practicamente idéntica, posiblemente del mismo taller, se recuperó en la villa de Piñeiro con el mismo tipo de pasta y factura. Dentro de la comarca de Tierra de Melide se repite el motivo de meandro inciso en el interior en un fragmento del castro de S.Salvador (lugar de castro, parroquia de S.Salvador de Abeancos, Melide) muy cercano a nuestros yacimientos. En Lugo también se han registrado recipientes similares, con dataciones del S III en adelante. Fuera de este contexto no conocemos paralelos indiscutibles". Na páxina 33 establécenos a evidente relación entre varios xacementos e a sua posible causa, "Finalmente se va dibujando un panorama de coexistencia de diferentes t ipos de asentamientos. Parece evidente , a nivel microregional, la relación de A Graña con los castros de Piñeiro, S.Salvador, Codesal y S.Xiao. También lo es con el asentamiento romano de Cidadela. La futura investigación de la romanización del valle del río Furelos ha de contemplar necesariamente las relaciones con este último yacimiento, así como la existencia de una vía de comunicación con el cercano Lucus Augusti".

Estos achádegos do mesmo tipo cerámico no castro de A Graña, vila de Piñeiro,o castro de S.Salvador e Lugo lévanos da man o establecemento dunhas indiscutibles relacións comerciais, non só entre eles, senón tamén co lugar de producción desta tipoloxía. Acuña Castroviejo presentaba a hipótese dun "taller" con este tipo de producción. Nos presentamos a hipótese de que o taller estivese afincado en Lucus Augusti, a capital do Conventus Iuridicus, e que dende ahí comercializase os productos a través da vía XIX, xa que todo-los restos atopados estan preto desta probable vía. Nembargantes, o actual estado da investigación non permite rechazar nin confirmar tales hipóteses, haberá que esperar ata que rematen as excavacións, que nestos intres estanse levando a cabo en Lugo capital, e que prometen ser mui fructíferas. Así como tampouco podemos afirmar, sen lugar a dúbidas, que no Agro de Nogueira esté afincada unha vila ou si pola contra sexa un asentamento poboacional máis complexo67.

A pesar de todo-los datos expostos non atopamos ningún "indicio viario" da posible trama caminera de unión entre o xacemento do Agro de Nogueira e a vía romana. Tan só puidéramos plantexarnos a existencia dun camiño antergo entre eses dous puntos. Trátase do camiño que baixa a carón do castro de Piñeiro. Atravesa o río Furelos por un sistema de poldras sin que se atope ningunha obra de fábrica, "para evitar a forte

" MEIJIDE CAMESELLE, G., ACUÑA CASTROVIEJO, E 1992. Op. cit, pg. 20-22. 1,7 Ibidem pg. 57. Addenda "del que no sería ajeno el propio castro de Piñeiro y la existencia de una vía romana —¿vía XIX?— a Lucus Augusti.

37

pendente, a baixada a estes vaos realízase oblicuamente, e xa na ribeira oposta a calzada volve a tomar o trazado primitivo. O vao e os seus accesos estaban coidadosamente pavimentados, astra o punto de que nas calzadas das que se perdeu todo resto de pavimento, éste aínda é visibel actualmente nos accesos o vao e por debaixo das augas"68. Desembocaría probablemente no lugar de Porto, despois de atravesar Goxán. Tamén é máis que probable a existencia doutro percorrido distinto que saira a calzada romana preto da Ponte da Pedra, ainda que tampouco atopamos ningún vestixio de él.

Si antes estábamos a falar das contruccións camineras do século XVIII - XIX que imitaban ás romanas, temos, sin sair da Terra de Melide, un claro exemplo. En Goxán atopamos un camiño enlousado a carón da casa de Basadroa chamado "camiño da calzada". Ten un ancho de 2,40 m, construido con laxas de pedra asentadas sobre outras máis pequenas, tendo unha lonxitude de 46 m. A pesar de que nun principio poida semellar un camiño antergo cremos, pola contra, que data de fins do século pasado. Según informacións orais o camiño, así como a casa adxacente, construiuna un tal Quiroga para facilita-la comunicación cas leira anexas. O afirmado a base de enlousados "a modo dos romanos" non é de extrañar no século XIX como xa vimos no capítulo segundo (f oto 11).

Lienzo viario particular de Goxán que data do século XIX

"»CAAMAÑO GESTO, J.M. 1988.

38

RECAPITULACIÓNS FINAIS SOBRE A PROSPECCIÓN DO CAMIÑO PRIMITIVO

Os resultados da prospección do Camiño Primitivo nos tramos dos Concellos de Toques e de Melide, permiten achegarnos, cada vez máis o total esclarecemento do seu percorrido. Se no Concello de Toques os t ramos mixturábanse entre traxectos intransitables e outros que coincidían ca pista asfaltada, no Concello de Melide todo o percorrido foi asfaltado no década dos sesenta. Polo tanto non temos o problema da súa recuperación. Asimesmo o ancho da pista éadecuado e permite o cruce de dous coches ensentido contrario.

Si este traxecto da pista asfaltada cremos que foi o máis importante como Camiño de Peregrinación, non debemos esquencer o camiño da Martagona como un camiño antergo, con unha orixen probablemente prerromana e rehutilizado posteriormente. Polo tanto, pódese considerar como unha ruta alternativa do Camiño Primitivo, que puido ser utilizado, como tal, nalgún momento impreciso do contexto histórico. O problema radica na intransitabilidade desta ruta da Martagona en moitos dos seus tramos, sendo imposible recorrelo actualmente, nin tan sequera a pé. A súa recuperación faise necesaria e urxente si se quere utilizalo como ruta alternativa.

Se nun principio pensouse que a vía romana discurriría por este camiño da Martagona, a prospección demostrou o contrario. Probablemente a vía romana discurrise tamén polo mesmo itinerario ca pista asfaltada. Se tomamos esto como certo a sucesión cronolóxica da trama caminera e obvia. O percorrido da pista asfaltada sería nun principio, casi con toda probabilidade, a vía romana, sendo utilizada despois como Camiño de Peregrinación de Oviedo a Santiago. Ademáis nos séculos XVIII - XIX sería reutilizada como Camiño Real e, finalmente, na década de 1960 asfaltaríase.

A súa importancia e pervivencia ó longo dos séculos foi tal, que a vida das comunidades organizouse as beiras do Camiño. Non fai falta retrotraerse no tempo para comprobalo, hoxe en día aínda podemos ver como os pobos teñen unha planificación lonxitudinal o longo do Camiño.

Pero si a vía romana permitiu as relacións comerciais ca capital do Convento Xurídico, o paso do exército, a comunicación entre as comunidades castrexas da zona con outras comunidades, e o establecemento de vilas romanas no seu entorno (Agro de Nogueira), o Camiño de Peregrinación permitiu noutra época, a comunicación directa entre Oviedo e Santiago, cuia importancia foi tal, que deixaron o seu espíritu nese culto o Santiago Peregrino que respírase, ainda hoxe, en Vilouriz e que está presidido pola imaxen do patrón dos peregrinos conservada na igrexa.

Hoxe en día o Camiño dista moito de estar esquencido, a súa lembranza é común a todo-los habitantes. As informacións orais dos mesmos o corroboran. O Camiño é coñecido por eles como Camiño Real e Camiño de Ovedo; as pontes da Pedra e da Mera como "obras dos románs"; e todo o Camiño dícese que estivo enlousado con "enormes pedras".

Pero, a pesar da importancia que ten o compaxinar duas ruras nel, a romana e a me-dieval, empregando o mesmo percorrido, non debemos caer na tentación de consideralo como único e concluinte da tipoloxía. Das súas características participan outros camiños

39

de peregrinación, non só na Península Ibérica senón, tamén, fora dela. Refírome, por exemplo, o Camiño de Peregrinación desde Londres a Canterbury moi semellante o Camiño Primtivo, non só, pola circulación de peregrinos, senón porque, ademáis tamén se asenta sobre unha vía romana. Curiosamente este camiño inglés tamén amosa unha increible rectitude direccional69 e uns trazados a media ladeira. As similitudes son moitas e abundantes e nos confirman o reemprego de calzadas romanas como camiños medievales, mantendo a maioría das características do trazado romano.

Por outra banda, e xa para rematar, é necesario decatarnos da importancia da súa conservación. Se non se actúa axiñamente neste senso o Camiño Primitivo ou, como lle chaman nesta zona, Camiño de Ovedo entrará no mundo do esquecemento pero, eso sí, pola porta grande.

6" RAVENSDALE, Jack 1989. Op. cit., pg. 68 "Perfectly straight sections ran from siting point to siting point on adjacent hill-tops, producing the characteristically straight road that to the travellers looks straighter than it is".

40

BIBLIOGRAFIA

ALVARADO BLANCO, S et alii 1992. La vía Nova en a Limia. Sus restos, trazado, mensuración y procedimiento constructivo. Boletín Auriense anexo 16, Museo Arqueológíco Provin-cial Orense.

ARES VÁZQUEZ,N. 1977-78. "La mansión romana de Ponte Martiae", en BCML, tomo X, Nums 87-90, pg. 3-7.

ARES VÁZQUEZ,N. 1993. "O Camiño Primitivo de Santiago: Ruta Astur-Galaica do interior de Lugo a Melide". En Lvcensia, n° 6. Pg. 21-30

BROZ REI, X,M. 1990. "Anobreza da Terra de Melide". En Boletín de Estudos Melidenses. Museo da Terra de Melide. N" 5.

CAAMAÑO GESTO, J.M 1984. As vías romanas. Cadernos Museo do Pobo Galego3, Santiago, pg. 71-73.

CAAMAÑO GESTO, X, M. 1984-1985. "Excavaciones en el campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes, La Coruña)", en NAH, XVIII, pp 235-254. Id. "La Cohors I Celtiberorum y su campamento de Cidadela", en CEG, N° 35.

CARDOZO, Mario 1990. Citánía de Briteiros e castro de Sabroso. Guimaraes.

COBO ARIAS, Florencio. FERNÁNDEZ GARCÍA, Luis. 1989. "Le chemin de Saint-Jaques en Asturies. Réflexions sur le chemin en Asturies en rapport avec le pélerinage á San Salvador d'Oviedo". En Le chemins de Saint-Jaques de Compostelle, rapport du Congres de Bamberg. Council of Europe, Strasbourg, Pg. 122-125.

DELGADO GÓMEZ, J. 1992. "El puente romano de Ponteferreira", en Palacio do Reí,Abiil, N°2.

ESTEFANÍA ALVAREZ, Ma del Dulce Nombre 1960. Vías romanas de Galicia. Zephyrus, Valladolid.

FERREIRA PRIEGUE, Estefanía. 1980. "Circulación y red viaria en la Galicia Medieval". En Centre National de la recherche scientifique, les communications dans la Péninsule Ibérique au Moyen-Age. Actes du colloque tenu á Pau les 28 et 29 Mars 1980 sous la direction de P.Tucoo-Chala.

FERREIRAPRIEGUE, Estefanía. 1988 Los caminos medievales de Galicia.BoIetín Auriense, anexo 9. Museo Arqueológico Provincial Orense.

FUSTIER, Pierre 1968. La route. Voies antiques - chemins anciens - chaussées modernes. Edi-tions A. et Picard & Cie. París.

GÓMEZ POLÍN, Ricardo 1993. "O Camiño Primitivo de Santiago: Ruta Astur-Galaica do interior de Fonsagrada a Lugo". En Lvcensia, n° 6. Pg. 9-20.

GÓMEZ VILA, Javier. 1992. "As Vias romanas na actual provincia de Lugo. Achegamento á súa problemática." en Historia Nova 1. Pg. 15-29.

GÓMEZ VILA, Javier. 1993 Prospección do Camíño de Ovedo no tramo do Concello de Toques.

41

GOMEZ VILA, Javier. 1993 Prospección do Camiño de Ovedo no tramo do Concello de Melide.

GONZÁLEZ, José Manuel. 1956. "Mansiones del trayecto de vía romana Lucus Asturum-Lucus Augusti", en, Archivum, T VI, pg. 287-301.

LUCAS LABRADA 1804. Descripción general del Reino de Galicia.

MADOZ, 1845. Diccionario geográfico.

MEIJIDE CAMESELLE, G. ACUÑA CASTROVIEJO, F 1992. Memoria preliminar de la quinta campaña de excavaciones arqueológicas en el castro de A Graña y Agro de Nogueira.

MENACA, M de 1980. Sur l'origine du chemin de Saint-Jaques. En Centre National de la recherche scientifique, les communications dans la Péninsule Ibérique au Moyen-Age. Actes du colloque tenu á Pau les 28 et 29 Mars 1980 sous la direction de P.Tucoo-Chala.

PEREZ LOSADA, Fermín 1989. "Vía romana nos concellos do Pino e Boimorto (Á Coruña-Galicia): Vestixios arqueolóxicos e probable trazado", en Trabalhos de Antropología e etnología, Vol XXVIII. Porto, pg. 291-306.

RAVENSDALE, Jack. 1989. In the steps of chaucer's pilgrins. Souvenir Press. London

ROLDÁN HERVÁS, J.M. 1975. Itineraria Hispanajuentes antiguas para el estudio de las vias romanas en la Península Ibérica. Dpto. Ha Antiga Universidad de Valladolid. Madrid.

SANTOS MADRAZO 1984. El sistema de transportes en España,1750 - 1850. Ed Turner, Madrid . II Tomos.

STERPOS, Daniele 1970. La strada romana in Italia. Quademi di Autrostrade, 17, Roma

TABOADA ROCA, Antón 1933. Notas Históricas da Terra de Melide. Seminario de Estudos

Galegos, Santiago.

(*) Os Xacementos consultáronse no Inventario Arqueolóxico do Servicio de Arqueoloxía. Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental. Conselleria de Cultura. Xunta de Galicia.

42