9
Proxecto Anual Axenda 21 Escolar IES Lama das Quendas curso 2009 / 2010 1. NOME DO CENTRO EDUCATIVO CONCELLO IES Lama das Quendas Chantada 2. TÍTULO DO PROXECTO Participa! Entre todos acadaremos prácticas máis sostibles e hábitos máis saudables. EIXO TEMÁTICO X Sostibilidade no centro educativo X Experiencia educativa da A21EG no entorno local 3. OBXECTIVOS XERAIS A ACADAR CO PROXECTO Observación inicial: indicamos aqueles obxectivos que fixamos como prioritarios, aínda que algúns outros dos plantexados parécennos interesantes e, nalgún caso, asumibles. Abordaremos todos aqueles que sexan viables, segundo se desenvolva o proxecto. Participativos - Constituír o Comité Ambiental. - Crear un lugar permanente de información: comunicación de todo o relacionado coa A21EG. Organizativos - Impulsar o traballo colaborativo entre os centros a través do desenvolvemento dunha rede de centros A21EG. - Mellorar a xestión dos recursos, ao fomentar prácticas de consumo responsable. Curriculares - Asumir os obxectivos da A21EG e integralos no Plan de centro e no Proxecto Educativo. - Integrar a A21EG nos diferentes proxectos e liñas transversais que se leven a cabo no centro escolar (TICs, lector, convivencia, interdisciplinar...)

Proxecto anual da A21E do IES Lama das Quendas

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Proxecto anual de actividades da A21E durante o curso 2009-2010 do IES Lama das Quendas de Chantada

Citation preview

Page 1: Proxecto anual da A21E do IES Lama das Quendas

Proxecto AnualAxenda 21 EscolarIES Lama das Quendas

curso 2009 / 2010

1. NOME DO CENTRO EDUCATIVO CONCELLO

IES Lama das Quendas Chantada

2. TÍTULO DO PROXECTOParticipa!Entre todos acadaremos prácticas máis sostibles e hábitos máissaudables.

EIXO TEMÁTICO X Sostibilidade nocentro educativo

X Experiencia educativa da A21EG noentorno local

3. OBXECTIVOS XERAIS A ACADAR CO PROXECTO

Observación inicial: indicamos aqueles obxectivos que fixamos como prioritarios,aínda que algúns outros dos plantexados parécennos interesantes e, nalgún caso,asumibles. Abordaremos todos aqueles que sexan viables, segundo se desenvolvao proxecto.

Participativos

- Constituír o Comité Ambiental.

- Crear un lugar permanente de información: comunicación detodo o relacionado coa A21EG.

Organizativos

- Impulsar o traballo colaborativo entre os centros a través dodesenvolvemento dunha rede de centros A21EG.

- Mellorar a xestión dos recursos, ao fomentar prácticas deconsumo responsable.

Curriculares

- Asumir os obxectivos da A21EG e integralos no Plan de centro eno Proxecto Educativo.

- Integrar a A21EG nos diferentes proxectos e liñas transversaisque se leven a cabo no centro escolar (TICs, lector, convivencia,interdisciplinar...)

Page 2: Proxecto anual da A21E do IES Lama das Quendas

4. RELACION DE ACTIVIDADES OU TAREFAS

Constitución e posta en marcha do Comité Ambiental

Posta en marcha de diversas prácticas para acadar unha xestión máissostible do noso centro educativo

Difusión e información dinámicas sobre a A21EG

Desenvolvemento de actividades interdisciplinares, coa participación dediversos Dptos. Didácticos

Promoción de hábitos de vida saudables

Proxecto de educación en interculturalidade

Colaboración con outras entidades da comarca

5. ENCONTRO INTERCENTROS DE “O ALUMNADO É O PROTAGONISTA”

Temos previsto constituír o Comité Ambiental a principios do 2º trimestre(mes de xaneiro de 2010).Aínda que manexamos varias propostas, preferimos agardar e que aproposta definitiva saia do propio Comité Ambiental.

Fixemos (o día da presentación do proxecto en Lugo) unha proposta aManuel e Moli: realización dun encontro de profesorado e alumnado daprovincia de Lugo -e outros interesados-, a finais do 2º trimestre enChantada, que sería dinamizado polo noso alumnado.

Título da(s) actividade(s)que se presenta(n)

Por determinar

Visualización da actividade Por determinar

Page 3: Proxecto anual da A21E do IES Lama das Quendas

FICHAS DE ACTIVIDADES DA NOSA A21EG

EIXO TEMÁTICO A sostibilidade no centro educativoACTIVIDADE ou TAREFAConstitución e posta en marcha do Comité Ambiental (CA).

ÁMBITO ONDE SE DESENVOLVERÁProgramación anual de AULA (X)

Dinámicas específicas desenvolvidaspor profesorado de diversos Dptos.Didácticos de xeito interdisciplinar, coobxectivo de motivar á participacióndo alumnado.

Proxecto de CENTRO (X)

Implican unha transformación demetodoloxías e procesos de toma dedecisións relacionadas co conxunto dacomunidade educativa e os seus órganosde xestión e goberno.

PROFESORADO PARTICIPANTE ALUMNADO PARTICIPANTEActualmente 10 profesores implicadosde xeito activo nun grupo “motor”.

Actualmente uns 15 alumnos-asparticiparon en diversas xuntanzasorganizativas con profesorado nos cursosanteriores. Por determinar a estrutura deconstitución definitiva do CA.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA ACTIVIDADEPromover a PARTICIPACIÓN

BREVE DESCRICIÓN DA ACTIVIDADEPretendemos constituír o CA e poñelo a funcionar a partir do mes de xaneiro de2010, tomando como punto de partida as dinámicas participativas e os gruposcreados en cursos pasados.Por determinar a estrutura e dinámicas de traballo para o funcionamento do CA,xa que serán determinadas nas xuntanzas iniciais.

TEMPORALIZACIÓN2º e 3º trimestre

INDICADORES DO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADENº de participantes de xeito continuado e activo.Valoración da implicación dos diferentes sectores educativos, especialmente doalumnado.Nº de xuntanzas realizadas.Nº de actividades propostas e realizadas con éxito.

Page 4: Proxecto anual da A21E do IES Lama das Quendas

EIXO TEMÁTICO A sostibilidade no centro educativoACTIVIDADE ou TAREFAPosta en marcha de diversas prácticas para acadar unha ambientalización exestión máis sostible do noso centro educativo.AMBITO ONDE SE DESENVOLVERÁProgramación anual de AULA (X)

Actividades educativas específicasdesenvolvidas por profesorado dediversos Dptos. Didácticos dexeito interdisciplinar.

Proxecto de CENTRO (X)

Implican unha transformación de prácticasrelacionadas cunha xestión integral do centroeducativo, desenvolvidas polo conxunto dacomunidade educativa.

PROFESORADO PARTICIPANTE ALUMNADO PARTICIPANTETodo o profesorado e persoal nondocente, en maior ou menor medida.

Todo o alumnado do centro.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA ACTIVIDADEPromover a participación de todos os sectores e a súa implicación nun mellorfuncionamento do centro.Promoción de prácticas sostibles na xestión, organización e funcionamento docentro, a través da comunidade educativa.

Desenvolver as C.B.

BREVE DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE- Programa para a redución do consumo de papel, incrementar a reutilización depapel usado e comezar a usar papel reciclado substituíndo o papel virxe nonreciclado.

-Mellorar a recollida selectiva en orixe de residuos: fraccións orgánica,papel/cartón, envases lixeiros, pilas e outros residuos específicos.

-Medidas concretas para facer o noso centro máis agradable e habitable.

-Deseño e primeiros pasos dunha auditoría enerxética (consumo eléctrico e degasóleo para calefacción).

TEMPORALIZACIÓNDurante todo o curso

INDICADORES DO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADENº de persoas participantes de xeito activo na actividade.Análise da implicación dos sectores da comunidade educativa implicados.Cantidade de papel consumido, en relación ao mesmo período do curso anterior.Cantidade de puntos para a reutilización de papel creados.Cantidade de puntos para a recollida selectiva creados (nota: pendente darlles unnome axeitado, tipo “puntos verdes”, “ecopuntos”... a cargo do alumnado).Análise e valoración do funcionamento da recollida selectiva e do grao desatisfación dos sectores implicados (sector clave: persoal de limpeza).

Page 5: Proxecto anual da A21E do IES Lama das Quendas

EIXO TEMÁTICO A sostibilidade no centro educativoACTIVIDADE ou TAREFADifusión e información dinámicas sobre a A21EG.

AMBITO ONDE SE DESENVOLVERÁProxecto de CENTRO (X).

PROFESORADO PARTICIPANTE ALUMNADO PARTICIPANTECoordinador e secretario da A21E.Xefes de Dpto.

1 representante de cada curso.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA ACTIVIDADEPromover a PARTICIPACIÓNDar a coñecer en maior medida o Programa A21EG e difundir adecuadamente asactividades da nosa A21E.

BREVE DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE

Activar o panel da A21EG informando de xeito dinámico de todas as actividades,implicando a todos os Dptos Didácticos neste labor, motivando ao alumnado paraque participen elaborando información que será exposta neste panel.

Darlle continuidade á difusión a través das webs (a do propio programa e a donoso proxecto):

http://a21.medioambiente.xunta.es/escolar

http://participarmos.blogaliza.org

TEMPORALIZACIÓN

Durante todo o curso.

INDICADORES DO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADEValoración da cantidade e calidade de propostas incluídas no panel da A21EG ena web.Cuestionario específico, para valorar o grao de coñecemento, utilización esatisfacción de todas as persoas da comunidade educativa.

Page 6: Proxecto anual da A21E do IES Lama das Quendas

EIXO TEMÁTICO A sostibilidade no centro educativoACTIVIDADE ou TAREFADesenvolvemento de actividades interdisciplinares, coa participación de diversosDptos. Didácticos.AMBITO ONDE SE DESENVOLVERÁProxecto de CENTRO (X).

PROFESORADO PARTICIPANTE ALUMNADO PARTICIPANTECoordinador e secretario da A21E.Profesorado de diversos Dptos.

Todos os cursos, en maior ou menormedida dependendo do interese doprofesorado.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA ACTIVIDADEPromover a participación.Desenvolver propostas interdisciplinares e metodoloxías e dinámicas de traballodiferentes e innovadoras.Mellorar o clima que se vive no centro e incrementar o grao de identificación dopersoal co mesmo.Aumentar o grao de satisfacción do alumnado.

Desenvolver as C.B.

BREVE DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE

Continuaremos (esperando melloralas) desenvolvendo propostas que en cursosanteriores tiveron moita aceptación e bos resultados:- Semana da Terra e do Libro (cun traballo previo durante todo o 2º trimestre).- Proxecto Interdisciplinar (PI) e A21E.- Outras actividades específicasTEMPORALIZACIÓN

Durante todo o curso.

INDICADORES DO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADEValoración da cantidade e calidade de propostas realizadas, comparativamentecon cursos anteriores.Cuestionario específico, para valorar a implicación e grao de satisfacción dosparticipantes.

Page 7: Proxecto anual da A21E do IES Lama das Quendas

EIXO TEMÁTICO Experiencias educativas de A21EG no entorno localACTIVIDADE ou TAREFAPromoción de hábitos de vida saudables.

AMBITO ONDE SE DESENVOLVERÁProxecto de CENTRO (X) ENTORNO (X)

PROFESORADO PARTICIPANTE ALUMNADO PARTICIPANTETitores.Coordinador e secretario da A21E.Profesorado que imparte o PI.Dpto. de Bioloxía.Dpto. de Educación Física.Outros colaboradores.

Todos os cursos, en maior ou menormedida.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA ACTIVIDADEDesenvolver propostas de educación para a saúde e promover hábitos de vidasaudables.

Propiciar interaccións con outros colectivos do Concello.

Desenvolver as C.B.

BREVE DESCRICIÓN DA ACTIVIDADEEn colaboración co Concello de Chantada (Programa Concellos Saudables)desenvolveremos diversas actividades:- Almorzos Saudables (na cafetaría do centro, con alumnado de 1º de ESO, ecoa colaboración do persoal da nosa cafetaría).

- Obradoiros de Cociña Saudables (alumnado de 1º de Bacharelato, coordinadospor nais e pais, en colaboración co CEIP Xoán de Requeixo de Chantada)

- Reparto de froita gratuíta nos recreos (na cafetAría do centro), e actividadeseducativas relacionadas con todos os cursos.

- Xogos populares e outras actividades lúdico-deportivas.

TEMPORALIZACIÓNTodo o curso.

INDICADORES DO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADEValoración das actividades realizadas.Avaliación conxunta entre os responsables da A21E, as técnicas do ProgramaConcellos Saudables e o persoal de cafetaría.

Page 8: Proxecto anual da A21E do IES Lama das Quendas

EIXO TEMÁTICO Experiencias educativas de A21EG no entorno localACTIVIDADE ou TAREFAProxecto de educación en interculturalidade.

AMBITO ONDE SE DESENVOLVERÁProgramación anual de AULA (X) Proxecto de CENTRO (X) ENTORNO (X)

PROFESORADO PARTICIPANTE ALUMNADO PARTICIPANTECoordinador e secretario da A21EDpto. de FilosofíaDpto. de GregoDpto. de Xeografía e HistoriaDptos. de Linguas Estranxeiras (inglése francés)Dpto. de Bioloxía

Todos os cursos, en maior ou menormedida, coa implicación dos profesoresdos departamentos indicados.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA ACTIVIDADEPropiciar a apertura e conexión do centro coa realidade sociocultural máispróxima.Desenvolver as C.B.

BREVE DESCRICIÓN DA ACTIVIDADELevaremos a cabo diversas actividades (para as cales estamos realizando asxestión iniciais):- Investigación e exposición sobre as migracións na comarca (emigración einmigración en Chantada e concellos limítrofes).

- Contacto con escolas doutros países, con realidades socioeconómicas eculturais moi diversas (actualmente, iniciando o contacto con escolas deMauritania e Benín).

Colaboración e asesoramento da ONG local Bicis pola Paz.

TEMPORALIZACIÓN2º e 3º trimestre

INDICADORES DO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADEPor determinar

Page 9: Proxecto anual da A21E do IES Lama das Quendas

EIXO TEMÁTICO Experiencias educativas de A21EG no entorno localACTIVIDADE ou TAREFAColaboración con outras entidades da comarca.

AMBITO ONDE SE DESENVOLVERÁProgramación anual de AULA (X) Proxecto de CENTRO (X) ENTORNO (X)

PROFESORADO PARTICIPANTE ALUMNADO PARTICIPANTECoordinador e secretario da A21EG eoutros 5 profesores/as.

Varios cursos de ESO e 1º Bacharelato.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA ACTIVIDADEPromover a PARTICIPACIÓNPropiciar a apertura e conexión do centro coa realidade sociocultural máispróxima.Desenvolver as C.B.

BREVE DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE

- Programa de actividades sobre a cultura fluvial, en colaboración coasAsociación Barcas do Minho.

- Programa de roteiros interpretativos, en colaboración con Concello.

- Elaboración dun programa televisivo (ConCIENCIAte) coa axuda da cadea detelevisión local (Televinte).

TEMPORALIZACIÓNMes de decembro (xa emitido o primeiro programa ConCIENCIAte), 2º e 3ºtrimestres.

INDICADORES DO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADEPor determinar.