25
Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

  • Upload
    others

  • View
    7

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Page 2: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

ÍNDICE:

1. Situación da lectura e da escritura no centro.

1.1. Análise da situación da lectura.

1.2. Recursos materiais e humanos: situación da biblioteca escolar.

2. Obxectivos, fundamentos e organización.

2.1. Formación de lectores competentes.

2.2.Creación e consolidación de hábitos de lectura.

2.3. O proceso lector. Características dos lectores competentes na sociedade da información.

Literalidade. Competencia lectora.

2.4. Lectura e escritura de todo tipo de textos, en todo tipo de soportes, con todo tipo de

finalidades.

2.5.Metodoloxías máis axeitadas.

2.6.Organización de espazos e tempos. Creación de ambientes lectores.

2.7. A biblioteca escolar como recurso imprescindible e factor de compensación social.

2.8. Recursos culturais do entorno (bibliotecas e outros).

2.9.Coordinación do proxecto. Participación de todo o profesorado. Modo de organización.

2.10 Modo de difusión e apoios necesarios.

3. Intervencións que cómpre sistematizar.

3.1.Ensinanza de estratexias de comprensión lectora en todas as áreas.

3.2.Fomento de hábitos de lectura en todas as áreas.

3.3.Actividades de educación documental (educación en información).

3.4.Apoio ao alumnado con dificultades lectoras.

3.5.Integración das TIC.

3.6.Implicación das familias e do entorno.

4. Criterios e procedementos de avaliación.

4.1.Criterios de avaliación

4.2.Elaboración de instrumentos

4.3.Definición das fontes de información a empregar para esta avaliación

Page 3: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

1. Situación da lectura e da escritura no centro.

1.1. Análise da situación da lectura e da escritura no centro.

A lectura é un instrumento primordial na aprendizaxe escolar: os coñecementos das

diferentes áreas se articulan de forma lingüística e simbólica, e por outra banda unha parte

moi importante do coñecemento é adquirido a través de documentos escritos.

A competencia lectora do alumnado é a base na que se apoia o desenrolo educativo do

mesmo; por todo elo, a linguaxe escrita e o éxito escolar son interdependentes.

1.2. Recursos materiais e humanos: situación da biblioteca escolar e outros recursos

Dende sempre a posta en marcha de actividades de fomento da lectura teñen unha

significativa incidencia na programación das actividades de ensino-aprendizaxe do centro, e

grazas a participación dende o curso 2010-2011 , o centro consolida difrentes actuacións

arredor da Biblioteca Escolar:

◦ Creación do Equipo de Biblioteca, formado neste curso 2020-2021 por 6 mestras

◦ Ampliación dos fondos bibliográficos e multimedia

◦ Adquisición de mobiliario axeitado que facilita a organización dos fondos e posibilite

a realización de diferentes actividades: lectura silenciosa, proxeccións e

dramatizacións, busca de información en diferentes soportes, lectura informal,

grupos de traballo...

◦ Dotación de ordenadores con conexión a internet para utilización dos usuarios

◦ Axilización dos préstamos de libros :

ás bibliotecas de aula

alumnado, familias, mestres.

posta en marcha de proxectos puntuais ( de todo o centro ou aula, nivel ou

ciclo).

◦ Consolidación e posta en práctica de actividades de fomento da lectura:

Mochilas viaxeiras

Hora de ler: con adecuación dos horarios de sesións do centro coa finalidade

de darlle a significación e importancia que ten.

Circulares e folletos informativos para a comunidade escolar.

Semana da Poesía.

Page 4: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

Elaboración de libros.

Mes do libro.

Día das Letras Galegas.

Programación e difusión de actividades arredor da lectura e a escritura.

Creación e difusión do Blog da Biblioteca:

http://bibliotecachanop.blogspot.com/.

Contacontos, charlas, proxeccións e audicións.

Posta en marcha dos Axudantes da Biblioteca entre o alumnado dos cursos

superiores.

Clubs de Lectura...

Todas as aulas do centro contan con andeis para a colocación dos fondos bibliográficos das

bibliotecas de aula, así como dicionarios: castelán, sinónimos e antónimos (castelán), galego

normativo, inglés, así como outros materiais: mapas, etc. Tamén contan, na súa maioría, con

pizarras dixitais interactivas e todas elas cun proxector e ordenador portátil.

O profesorado co CEIP Chano Piñeiro adecúa a súa formación neste ámbito a nivel colectivo;

para elo organizaranse dentro das reunións de ciclo datas para a posta en común das

estratexias e metodoloxías empregadas que faciliten o análise, revisión e adecuación das

mesmas e que propicien a revisión e corrección segundo os resultados e principalmente

favorezan o intercambio de experiencias de éxito no ámbito da expresión e comprensión

lectora e escrita en todos os soportes.

2. Obxectivos, fundamentos e organización.

2.1.Formación de lectores competentes.

Tomamos como base as Habilidades do lector competente (Cristina Novoa, asesora

Bibliotecas Escolares. Curso Bibliotecas Escolares I, CEFORE de Vigo):

Empregan os coñecementos previos para darlle sentido á lectura

Dirixen de xeito autónomo a súa lectura: atención, consciencia sobre a comprensión,

corrección dos erros…

Empregan estratexias para acadar a comprensión: revisión, insistencia…

Page 5: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

Distinguen o importante do que non o é en función da finalidade da lectura

Resumen o lido como estratexia de comprensión

Realizan inferencias: comprensión de termos polo contexto

Realizan preguntas sobre o lido

2.2.Creación e consolidación de hábitos de lectura.

A creación e consolidación dos hábitos de lectura son fundamentais para facer lectores

competentes dende idades tempéranas; no colexio se promoverán eses hábitos dende o inicio

da escolarización, tanto a nivel individual, como en grupo. Estes hábitos de lectura se

basearán nos seguintes criterios:

Toda persoa está capacitada para aprender a ler e desfrutar coa lectura. O noso

obxectivo será formar lectores autónomos, críticos e felices, polo tanto é misión do

colexio favorecer esta potencialidade con todos os recursos e medios ao seu alcance

Debemos poñer ao alcance do alumnado os materiais de lectura máis axeitados e

variados

A lectura e a escritura deben ser practicadas para poder perfeccionalas, polo tanto

contamos con tempos dentro do horario lectivo, así como o Tempo de Ler, que lévase

a cabo en todo o centro durante 20 min. para desenvolver actividades de lectura

silenciosa individual, en parella, en grupo, coa finalidade de aprender, informarse, ou

simplemente desfrutar.

En todas as idades se realizarán actividades de lectura en voz alta por parte do

alumnado e do profesorado, de textos narrativos e informativos, expositivos, poéticos,

teatrais, ....

Os adultos seremos modelos de lectura, acompañando ao noso alumnado no seu

proceso de formación lectora

Valoración, uso, difusión da Biblioteca Escolar e outras Bibliotecas do entorno

2.3. O proceso lector. Características dos lectores competentes na sociedade da

información. Literalidade. Competencia lectora.

Partimos da realidade de vivir nunha sociedade de coñecemento caracterizada por unha

aprendizaxe continua duns coñecementos e destrezas que son á vez permanentes e

perecedoiros, por elo o ensino e aprendizaxe debe garantir o desenvolvemento das

Page 6: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

competencias básicas, que no referinte á competencia lectora susténtase na idea de que

esta evoluciona xunto a outros cambios que se producen na sociedade e na cultura.

“O concepto de literacidade abarca todos os coñecementos e actitudes

necesarios para o uso eficaz nunha comunidade dos xéneros escritos. En

concreto, abarca o manexo do código e dos xéneros escritos, o coñecemento da

función do discurso e dos roles que asumen o lector e o autor, os valores sociais

asociados coas prácticas discursivas correspondentes, as formas de pensamento

que se desenvolveron con elas”. (Daniel Cassany)

Polo tanto, a alfabetización na sociedade actual enténdese no uso de variedade de textos,

discursos e códigos (verbais e non verbais), en variados e diferentes contextos, que permite

converter a información en coñecemento ao longo e toda a vida e cun enfoque plurilingüe.

Sabemos que os nenos e nenas na Educación Primaria teñen competencia lectora entendida

como a habilidade para entender e utilizar as formas lingüísticas requiridas pola sociedade

e/ou valoradas polo individuo. Os lectores de menor idade son quen de construír significado

a partir dunha variedade de textos e leen para aprender, para participar en comunidades de

lectores do ámbito escolar e para desfrute persoal. (Avaliación PIRLS

http://www.educacion.gob.es/ievaluacion.html )

Nos cursos superiores a competencia lectora consiste na comprensión e o emprego de

textos escritos e na reflexión persoal a partir de eles, no compromiso ou interese polos textos

escritos e, co fin de alcanzar as metas propias, desenvolver o coñecemento e o potencial

persoal e participar na sociedade.

2.4.Lectura e escritura de todo tipo de textos, en todo tipo de soportes, con todo tipo

de finalidades.

Tomando como base a Lexislación da Educación Primaria en Galicia a lectura e a escritura

son parte primordial do desenvolvemento das competencias; é polo tanto imprescindible que

se facilite ao alumnado diferentes tipos de contextos onde sexa necesario utilizar as destrezas

referentes as mesmas.

Utilizaremos a lectura e a escritura na elaboración e comprensión de textos seguindo esta

clasificación:

Page 7: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

Textos de carácter persoal:

Diarios, axendas, notas, enderezos, listaxes,

citas anotacións en blogs ou soportes

dixitais,

Ámbito creativo:

Poemas, rimas, ditos, refráns, cancións,

relatos, historias, novelas, lendas,

aforismos, guión, obras de teatro, cómic,

receita, carátulas, decálogos, manifestos,

autobiografías, lemas, anuncios...

Ámbitos familiar ou afectivo:

Cartas, correos electrónicos, postais,

felicitacións, dedicatorias, telegramas,

instrucións para outros, agradecementos,

pésamos, mensaxes...

Ámbito social:

Cartas solicitando información, cartas de

reclamacións, cartas de solicitude,

declaración xurada, formularios, estadillos,

impresos, fichas, prospecto, instrución de

montaxe...

Ámbito académico:

Notas despois dunha lectura, notas dunha

información, fichas, resumos, críticas,

informes sobre unha observación ou

experiencia, ensaios, bibliografías,

comentarios, esquemas, apuntes,

traballos...

Ámbito público:

Artigos, avisos, circulares, anuncios, carteis,

murais, noticias, reportaxes, entrevistas,

informes, pés de foto, boletíns, anotacións

en blogs ou outros soportes dixitais.

Ámbito profesional:

Instancia, Currículum Vitae, cartas

comerciais, memoria, informe.

2.5. Metodoloxías máis axeitadas.

Un modelo construtivista da aprendizaxe lecto-escritora consideraría esta como un proceso

global de construción e interpretación de significados en medios culturais alfabetizados,

entendendo como obxectivo básico da lectoescritura o favorecer e propiciar novas e máis

efectivas canles de comunicación entre os lectores e o seu entorno social e cultural.

A lectura é un proceso activo centrado na comprensión da mensaxe, no que o lector

reconstrúe o significado do texto interactuando con el. Isto implica:

a presenza dun lector activo que examina o texto e o procesa.

que sempre hai un obxectivo, unha finalidade, que guía a lectura.

que a implicación do lector depende en grande medida dos obxectivos

Page 8: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

que se propoña diante da lectura.

que o significado do texto é reconstruído polo lector.

A comprensión lectora sería un proceso de apropiación do texto; quen le, debe asimilar o

escrito (relacionándoo co que xa sabe, deformándoo en certa medida), e tamén debe

acomodarse ao texto (transformado o seu coñecemento previo en función das achegas do

texto).

Para a comprensión dos textos escritos cómpre ter en conta:

O coñecemento previo, os esquemas de coñecemento que construímos e que nos

permite comprender unha situación, un programa de radio, unha noticia ou un texto lido.

Os obxectivos ou intencións da lectura, dos que vai depender a capacidade de resposta

diante das dificultades de comprensión. O control da comprensión é un requisito

esencial para a lectura eficaz.

A actividade ten que ter sentido. A lectura dun texto terá sentido para un lector se o seu

contido conecta cos seus intereses e se a tarefa responde a unha finalidade

Para formar bos lectores cómpre estimular no medio escolar todas estas situacións de lectura,

en contextos significativos, entre outras:

Traballar coa prensa escrita.

Realizar pequenas investigacións, consultando enciclopedias, dicionarios e outras

obras de referencia.

Revisar os textos escritos.

Organizar recitais de poesía.

Ler en silencio un texto e compartir as cuestións que suscite.

Ler as instrucións necesarias para determinadas tarefas: montar un xoguete, elaborar

unha receita de cociña, poñer a funcionar un aparello, xogar a determinado xogo de

mesa....

Realizar diferentes actividades en relación ao uso da biblioteca. Fomentar a elección

de libros. Libros recomendados, crítica de libros...

Preparar previamente a lectura en voz alta.

Ampliar as actividades relacionadas coa lectura, evitando que se circunscriban só á

serie: lectura/preguntas/resposta.

Page 9: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

Estratexias para a comprensión lectora.

►Antes da lectura:

Activar o coñecemento previo sobre o que se vai ler.

Dar algunha información xeral sobre o que se vai ler.

Axudar a que se fixen en determinados aspectos do texto que poden espertar

coñecementos previos.

Fomentar a expresión destes coñecementos previos.

Establecer predicións sobre o texto. As predicións débense e pódense establecer

diante de calquera tipo de texto, sexa narrativo , expositivo, ou xornalístico.

Fomentar as preguntas sobre o texto, xa que cando os alumnos se fan preguntas

sobre o texto fanse conscientes do que saben ou non sobre o texto. Os lectores

estarán absortos na historia, o que favorecerá a súa comprensión.

Texto narrativo: Personaxes, escenario, problema, acción, resolución,

final, tema ou mensaxe.

Texto expositivo: analizar indicadores e palabras clave. Problemas que

presenta o texto e efectos que producen.

►Durante a lectura

Ter en conta o proceso da lectura

Actividades de lectura compartida:

◦ Formular predicións sobre o texto que se está a ler.

◦ Facerse preguntas sobre o que se leu.

◦ Aclarar posibles dúbidas acerca do texto.

◦ Resumir ideas do texto.

A lectura independente:

◦ Textos con erros, para identificar

◦ Textos con lagoas para completar

► Despois da lectura

Idea principal

Elaboración de resumes

Formulación de preguntas

Formulación de preguntas. Ensinar a formular e responder preguntas sobre un texto

Page 10: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

é unha estratexia esencial para unha lectura activa.

◦ Preguntas de resposta literal.

◦ Preguntas “para pensar”. O lector deberá relacionar diversos aspectos do texto

para atopar a resposta.

◦ Preguntas de elaboración persoal. Esixen a asociación co que se sabe, se

pensa ou se ten experimentado.

(Fonte: Estrategias de lectura. Isabel Solé. Barcelona,: Graó, 1992)

2.6. Organización de espazos e tempos. Creación de ambientes lectores.

O Proxecto Lector contribúe á creación de oportunidades lectoras entre o alumnado por medio

das vivencias, interaccións e reflexións arredor da lectura (e a escritura) e o desenvolvemento

de habilidades informacionais, intelectuais e de uso dos recursos bibliográficos. Isto non é

estar permanentemente levando a cabo actividades de lectura e escritura, senon procurar

experiencias lectoras e escritoras atractivas e propiciar as mellores condicións para converter

a práctica lectora nun feito cotiá. O colexio debe ofrecer un modelo didáctico que propicie

accións que inciten á lectura, dando paso a un currículo máis lector e menos

gramatical/literario.

O centro no seu apoio ao Proxecto Lector impulsará as accións e condicións que permitan ao

alumnado:

Encontrar variedade de xéneros e soportes á hora de manifestar a necesidade e o

desexo de ler. O centro ha de ofrecer diversidade de obras literarias e documentos

para investigar, facilitar a creación, etc., mediante a configuración dunha colección

variada

O asesoramento bibliográfico. O profesorado responsable da biblioteca e do

proxecto lector poderá atender á biografía lectora do alumnado de xeito

personalizado,

A posibilidade de informarse, documentarse e investigar, permitíndolle establecer

relacións entre distintas áreas e manifestacións culturais, adquirindo habilidades de

traballo autónomo na utilización dos recursos dispoñibles dentro e fóra do centro,

Ter oportunidades de compartir lecturas de textos literarios ou documentais de

produción propia ou alleos en momentos específicos, facilitando instrumentos para

crear/difundir escritos, creacións, argumentacións...,

Dispoñer de momentos para asistir a presentacións de libros, revistas, encontros

Page 11: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

con autores, ilustradores, lecturas conxuntas, etc.,

Recibir orientación para dirixilo, segundo o seu perfil lector e intereses, a outras

bibliotecas, a outros centros de documentación, a outros lugares e actos (teatro,

cine, exposicións, concertos...),

Utilizar autonomamente os servizos postos en marcha pola biblioteca escolar,

participar e beneficiarse dunha política global do centro en torno á súa formación

lectora.

2.7.A biblioteca escolar como recurso imprescindible e factor de compensación social.

“La lectura en cualquiera de sus funciones tiene en la biblioteca uno de sus espacios más naturales para educar en la lectura y en el dominio autónomo de los caminos de acceso a la información y a su selección, reto educativo absolutamente imprescindible en una sociedad como la actual en la que el crecimiento de la información de la que se dispone no deja de aumentar de forma espectacular, a la vez que se multiplican las formas de acceder a ella. “

(COLOMER, T. y CAMPS, A, 1996)

O sistema educativo nas súas etapas obrigatorias é a base inicial para a capacitación no uso

da información, polo que é preciso darlle protagonismo á biblioteca escolar como centro de

recursos para a aprendizaxe e a adquisición de competencias. As bibliotecas escolares teñen

unha función moi específica na formación da poboación escolar, desde os primeiros niveis

educativos, nun uso autónomo e crítico das fontes informativas e das tecnoloxías da

información e da comunicación, desenvolvendo no alumnado habilidades para a aprendizaxe

autónoma ao longo de toda a vida.

A Biblioteca contribúe a realizar o proxecto educativo, apoia os programas de ensino-

aprendizaxe e facilita que o alumnado adquira e aplique as competencias que permitan avaliar

e utilizar as informacións, con independencia do seu soporte ou formato.

De igual xeito, a Biblioteca fomenta nas nenas e nenos o hábito e pracer da lectura, a

aprendizaxe e o uso das bibliotecas para toda a súa vida.

2.8. Recursos culturais do entorno (bibliotecas e outros).

O entorno do C.E.I.P. Chano Piñeiro é rico e variado nos seus recursos culturais o que facilta

o acceso a diferentes aspectos e actividades culturais: escolas de música, Conservatorio,

Page 12: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

escola de danza, centros culturais parroquiais, Biblioteca Municipal, Casa de Cultura,

Auditorio, Sede do Instituto de Estudos Miñoranos, outras biliotecas escolares do municipio ,

e sobre todo no referinte a lectura a existencia de Espazo Lectura, asociación sen ánimo de

lucro de fomento e animación á lectura en lingua galega para nenos e adultos de recoñecido

prestixio e da que o centro e socio colaborador colaborando na difusión das súas actividades

e participando en moitas delas.

Os recursos bibliotecarios do entorno máis próximo ao centro son os seguintes:

Biblioteca do IES Auga da Laxe: http://bibliolaxe.blogspot.com/

Biblioteca Municipal : Casa da Cultura (Gondomar)

Espazo Lectura: http://espazolectura.blogspot.com/

3 librerías: Librería Plaza, Papilio e Libraida das que o centro é cliente

2.9. Coordinación do proxecto. Participación de todo o profesorado. Modo de

organización.

A posta en práctica do Proxecto Lector implica a participación de todo o profesorado do centro

dando cabida a lectura e a escritura en todas as áreas, de todo tipo de textos e en todos os

soportes, axustando as actividades para contribuír ao desenvolvemento das competencias, e

para nas futuras revisións e modificacións que puideran ser necesarias.

A coordinación do Proxecto Lector será asumida por un membro do Equipo de Biblioteca por

designación do Equipo Directivo.

Organización:

Revisión do Proxecto Lector por parte da persoa coordinadora e os coordinadores de

ciclo e equipos (biblioteca, ENL, AACC, TIC) no mes de setembro, antes do comezo do

calendario lectivo

Revisión, modificacións, novas propostas a realizar nas reunións de ciclo e comisións no

mes de febreiro-marzo. Levaranse a CCP para a súa discusión.

Revisión, modificación, no mes de xuño

Seguimento das dificultades, melloras e do proxecto ao longo do curso por parte da

persoa coordinadora.

Page 13: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

2.10. Modo de difusión e apoios necesarios

O Proxecto Lector difundirase para toda a comunidade escolar nos diferentes blogs cos que

conta o centro:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipchanopinheiro/

http://bibliotecachanop.blogspot.com/

O Proxecto Lector contará co apoio de todos os equipos e estamentos da comunidade

educativa :

Equipo Directivo

Claustro

Consello Escolar

Biblioteca

Equipos de ciclos

Equipo de Normalización Lingüística

Departamento de Orientación

Equipo de TIC

Equipo de AACC

ANPA

Familias

outros

3. Intervencións que compre sistematizar.

3.1. Ensinanza de estratexias de comprensión lectora en todas as áreas

(Estratexias de comprensión lectora – Cristina Novoa)

a) ANTES da lectura.

Actividades que esperten a curiosidade sobre o que se vai ler, que fagan emerxer os

coñecementos previos, que favorezan e elaboración de hipóteses sobre a lectura.

Observar o libro, manipulalo, medilo, ulilo, identificar o título, o autor, o ilustrador, a

colección, a editorial; ver as ilustracións da capa e outras informacións..... Imaxinar de

que vai, que imos atopar nel (predicir)

Inventarlle unha biografía ao autor ou autora (en prosa, en verso; os datos máis

importantes, os seus gustos, as súas teimas....)

Page 14: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

Xogar co título: inventar outro variando as palabras pero mantendo o ritmo do mesmo,

a cadencia sonora.

Escribir a un amigo unha tarxeta postal ou un telegrama contando que van iniciar a

lectura do libro

Enviarlle unha carta ao autor contándolle a disposición de ánimo coa que van enfrontar

a lectura do libro, ou as súas expectativas. O mesmo, pero sin nomear o autor nin o

título do libro; empregando só palabras que teñan unhas determinadas letras;

seguindo a orde alfabética nos nomes....

….

b) DURANTE a lectura.

Actividades que permitan o control sobre a comprensión do que se vai lendo.

Lectura (exemplificativa) do mestre ou mestra

Lectura por parte do alumnado (non sempre ten que ser en voz alta). Pero sempre será

individual e silenciosa, antes da lectura en voz alta, se se fai.

Anotación das palabras que non se entenden. Por grupos, aventurar un posible

significado tendo en conta o contexto da frase.

Confirmar o significado (dicionario)

Elaborar fichas para o dicionario da clase.

Clasificar palabras segundo diversos criterios ( nomes, adxectivos, verbos; pola súa

fonética, polo que suxiren (palabras redondas, palabras escuras....)

Escoller palabras, emparellalas e construír comparacións

Identificar unha palabra despistada nunha lista dada.

Completar un pequeno texto do lido, do que desapareceron as vocais.

Completar un texto no que faltan palabras ou mesmo frases enteiras.

Dado un texto, amplialo sen alterar a orde orixinal, intercalando palabras ou frases.

Reescribir un texto, duplicando a súa extensión

Elaborar un texto coherente riscando palabras ou frases dun texto dado.

Reescribir un texto reducíndoo á metade.

Transforma un texto de xeito que resulte cómico ( ou o que se queira)

Reconstruír un texto que se agocha nas pezas dun puzle (fotocopia recortada en

anacos)

Atopar a palabra ou frase “pirata” nun texto.

Page 15: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

Dado un texto esborranchado, reconstruílo, sen intentar adiviñar o texto orixinal.

Distribuír en versos un texto dado en prosa

Recompoñer dous textos diferentes a partires dun texto no que aparecen

enguedellados.

Escribir unha historia tomando ao pé da letra unha metáfora dada ou unha frase feita.

Reescribir un texto cambiando o rexistro: coloquial, culto, administrativo, xornalístico....

Escribir unha historia empregando os títulos dos capítulos do libro (se os ten)

c) DESPOIS da lectura.

Actividades que favorezan a verificación da comprensión sobre o lido, conecten cos

coñecementos e a experiencia do lector, favorezan unha aplicación do lido, da aprendizaxe,

abran camiños ao pensamento diverxente, á creatividade.

Fomentar a expresión das sensacións que lles esperta lectura do texto, o que lles

suxire, o que lles lembra, o que lles gusta, o que lles desagrada, o que se imaxinan....

Actividades para identificar o punto de vista:

¿Quen conta a historia? ¿Coñece todo o que vai suceder? ¿Conta a súa propia historia?

Cuestións sobre a estrutura do contido:

◦ Cantas historias hai no texto... unha ou máis?

◦ Cal é a máis importante?

◦ Cando se empeza a contar esa historia?

◦ Onde ocorre?

◦ En que época?

◦ De que trata a historia?

◦ Quen son os personaxes da historia?

◦ Quen é o personaxe principal? ¿Quen lle axuda a desenvolver a historia, o seu

antagonista?

◦ Que problema teñen ou xorde?

◦ Que pretendían os personaxes, que buscaban?

◦ Como se resolve a historia?

◦ Hai máis descrición, narración, diálogo....?

Realizar un cómic contando o máis importante da historia.

Debuxar unha determinada pasaxe, un texto no que se describe unha situación

Dramatizar unha determinada pasaxe da historia

Page 16: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

Inventar outro comezo para a historia lida. Inventar outro final.

Reescribir un texto modificando o enfoque narrativo (de 3ª a 1ª persoa) ou algún outro

elemento (o carácter dun personaxe, o escenario; aparece ou desaparece un elemento)

Inventar un diálogo entre dous personaxes, ou entre o protagonista e un personaxe da

vida real, non presente na historia.

Escribir as preguntas para unha entrevista ao personaxe principal. Dramatizala.

Escribir unha noticia para un xornal da época e do lugar no que transcorre a

historia,intercalable no texto.

d) Actividades que fomentan a creatividade e o pensamento diverxente:

Realizar asociacións libres, remuíño de ideas a partires dunha imaxe, un obxecto, unha

palabra, unha idea presente no texto.

Buscar efectos sonoros

Crear suxerencias musicais, realizar montaxes sonoras a partires dun texto.

Substituír, quitar algúns elementos do texto.

Cambiar o formato do texto.

Solucionar puzles que conteñen un texto.

Cambiar de prosa a verso/ de verso a prosa

Ampliar ou diminuír un texto.

Empregar calquera técnica creativa para a creación de textos.

e) Actividades que forman lectores críticos:

Actividades que fomenten a capacidade analítica, de formación de hipóteses sobre

textos que falen de accións, que representen ideas, persoas, institucións, sentimentos.

Analizar os textos en función dun obxectivo, por exemplo, saber en que consiste

xeralizar ou matizar.

Extraer grupos de información dun texto (extraer a idea principal)

Obter diversas idas do texto.

Pensar sobre o seu contido ou algún aspecto concreto.

Lembrar detalles do texto.

Clasificar imaxes, ideas, feitos, previa a elección dun criterio determinado.

Seguir ordes e aplicar instrucións.

Page 17: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

Buscar datos

Deducir ideas implícitas no texto.

Relacionar elementos.

Elixir razóns para xustificar un texto.

Seleccionar frases que mellor respondan a unha pregunta.

Elaborar preguntas que poida responder un texto.

Predicir resultados ou comportamentos.

Establecer consecuencias.

Captar o sentido dun parágrafo.

Establecer relacións causa/efecto.

Distinguir:

◦ feitos/opinións

◦ real/imaxinario

◦ verdadeiro/falso

Analizar a relación texto/ilustración

Formarse unha opinión

Debater, discutir o contido, significado dun texto.

Poñer títulos e subtítulos.

Criticar o comportamento dun personaxe.

Defender ideas ou actos dun personaxe.

f) Actividades que desenvolven a afectividade:

Identificar nos textos aqueles feitos ou expresións que denoten rexeitamento, amizade,

crueldade, medo, sexismo....

Rescatar palabras, personaxes, cos que se identifican ou non.

Escribir unha carta a un personaxe.

Indagar no corazón dun personaxe (qué sente, qué ansía, a qué lle ten medo....)

Valorar se determinadas situacións son ou non sexistas.

Identificar actitudes.

Propoñer melloras na relación de dous personaxes.

Espertar un sentimento concreto.

Page 18: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

Buscar analoxías cunha situación vivida por eles.

Asociar textos con cores.

Predicir os afectos dos personaxes.

Imaxinar unha aventura cun personaxe.

Falar dun sentimento.

Enviar cartas ao autor.

Imaxinar outro desenlace.

Alabar o comportamento que más desprezo lle produce e criticar aquel co que máis se

identifica

g) Outras actividades:

Lectura de imaxe: fotografías, publicidade (en prensa, televisión e Internet); cómics,

carteis.....

Traballo coa prensa (impresa ou virtual):

xogos cos titulares de prensa: recortar palabras dos titulares, ou sintagmas,

e elaborar novos titulares

poñerlle pé de foto a unha fotografía dada realizar un debuxo para un pé

de foto dado

adxudicar o pé de foto á imaxe correspondente

adxudicar a fotografía á noticia correspondente, localizar nun atlas os

lugares que aparecen no titular dunha noticia

Atopar nunha noticia dada a resposta ás seis cuestións: ¿qué pasou?, ¿a

quen lle pasou?, ¿cando pasou?, ¿onde pasou?, ¿por que pasou?, ¿cómo

pasou?

Iniciarse na redacción de noticias. Elaborar xornais-murais ou pequenos

xornais fotocopiados, informatizados (un blog de noticias, unha sección na

páxina web do colexio...)

Rexistrar datos a partires das súas observacións da realidade (no horto escolar, no

acuario,nunha saída, ao ver un documental....)

Elaborar textos libres a partir das súas observacións

Identificar o tema dun texto narrativo.

Identificar a idea principal dun texto expositivo.

Subliñar palabras que se lles pide en función dun criterio dado.

Subliñar palabras “importantes” nun texto. Subliñar a frase que expresa a idea principal

Page 19: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

dun parágrafo.

Nun pequeno texto expositivo/informativo, subliñar as frases que conteñen o dato que

se precisa.

Realizar un esquema cos títulos ou as palabras destacadas dun pequeno texto

expositivo.

Elaborar un resume dun texto expositivo/informativo

Elaborar un mapa conceptual cos conceptos básicos do “proxecto” ou tema que se

estea a traballar.

Recoller en fichas pequenas informacións: datos, significados, resumes....

Reelaborar a información recollida, de forma persoal, en pequenos traballos

monográficos.

Todo o proceso de elaboración dun proxecto documental:

◦ Delimitar a materia sobre a que se vai elaborar o traballo

◦ Identificar as fontes informativas necesarias

◦ Buscar a información

◦ Seleccionar informacións atopadas relacionadas co tema, clasificalas,

determinar as máis axeitada

◦ Tomar notas

◦ Analizar a información recollida

◦ Redactar o traballo final, seguindo un plan previo

◦ Presentar a información de acordo cunhas normas básicas

◦ Citar as fontes

Outros:

Levar conta do seu horario de traballo. Anotar nunha axenda os proxectos

previstos e as actividades pendentes.

Elaborar un diario de clase.

(Fonte: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/)

3.2. Fomento de hábitos de lectura en todas as áreas.

Os hábitos de lectura serán fomentados en todas as áreas que recolle a LOM-LOE. Para elo

levaranse á práctica diferentes actividades como:

Utilización de vocabulario específico

Construción de definicións e explicacións

Page 20: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

Tipos de texto máis significativos da área

Traballos sobre procesos e estratexias lectoras específicas

utilización de dicionarios, enciclopedias, biblioteca, materiais en soporte electrónico,

etc.

3.3. Actividades de educación documental (educación en información).

Os contidos a traballar segundo a IFLA/UNESCO (Manifesto 2002) son:

Coñecementos sobre a biblioteca; cal é a súa función; que tipos de servizos

proporciona; como está organizada e de que tipo de recursos dispón.

Destrezas de busca e uso da información

Motivación para o uso da biblioteca en proxectos de aprendizaxe formais e informais

Igualmente, é imprescindible ter en conta unha serie de contidos instrutivos á hora de deseñar

actividades de educación documental

Desenvolvemento do razoamento verbal (distinción entre feito e opinión, comprensión

e produción de argumentos, figuras retóricas, siloxismos e analoxías, lectura de

gráficos, esquemas e mapas conceptuais)

a orde alfabética

ordenación e clasificación; criterios de ordenación e clasificación

comprensión e uso de catálogos.

índices e sumarios; menús despregables (en programas informáticos, páxinas web...)

selección, organización e representación das ideas principais.

elaboración de resumes.

elaboración de esquemas e mapas conceptuais.

revisión e avaliación do propio coñecemento.

adquisición e uso dunha terminoloxía básica informativo-documental.

planos e mapas

gráficos, esquemas

abreviaturas, siglas, lendas (dos mapas e planos), outros símbolos

o hipertexto

Elaboración de produtos de información documental: fichas de referencia, bibliografías,

dossiers....

Utilización de servizos telemáticos de información.

Interese polas tarefas de aprendizaxe e formación permanente.

Colaboración co grupo en tarefas de acceso á información.

Page 21: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

Actividades para localizar información.

Identificar nun libro ou fonte informativa doutro tipo.

nome do autor/ilustrador

título

editorial

colección

lugar e data de edición

índice/sumario

outras informacións da capa/contracapa

Escoller o documento en función do proxecto documental

Empregar os índices, sumarios, capítulos... para a obtención da información.

Buscar os títulos dun mesmo autor, dunha colección....

Consultando os índices e sumarios dunha bibliografía dada, elaborar un dossier

informativo para un tema concreto.

A partir dun conxunto de textos, ordenalos e establecer un índice.

Atopar un capítulo determinado que achegue información que se precis

Atopar o artigo dunha enciclopedia que contén o dato que se precisa.

Realizar unha busca de información en Internet sobre un tema concreto.

3.4.Apoio ao alumnado con dificultades lectoras.

As dificultades lectoras que se presentan máis a miúdo teñen que ver coa velocidade ou a

precisión lectora e coa falta de comprensión. Inda que as dificultades lectoras e escritoras van

da man, centrarémonos nas alteracións máis comúns na lectura.

En canto á velocidade ou precisión lectoras atópanse a lentitude lectora, a lectura acelerada

con finais inintelixibles, o silabeo, a denegación, a adiviñación ou lectura non real, a lectura

disrítmica sen atender á puntuación ou con pausas excesivas, o cambio de liña, a separación

anómala de sílabas o palabras, a repetición, a omisión ou supresión de unha ou varias letras

ou sílabas, a adición ou inclusión, sen xustificación, dunha letra ou sílaba, a substitución, a

inversión e a rotación.

No relativo aos problemas de comprensión lectora, as dificultades máis frecuentes consisten

nun deficiente achegamento á situación de comunicación, dificultades na comprensión e

retención da información, para distinguir as ideas principais e as secundarias e a falta de

habilidade para utilizar estratexias como a predición, a reorganización das ideas ou a

Page 22: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

realización de inferencias.

O plan de lectura anual debe contemplar o procedemento da identificación temperá de

dificultades e as súas causas, que, polo xeral, se atopan relacionadas cunha competencia

lingüística insuficiente ou cun desenvolvemento deficiente das habilidades previas á lectura e

á escritura. Os aspectos que debemos considerar en relación con estas habilidades previas

son:

Percepción e discriminación visual: recoñecemento de formas, tamaños, cores.

Percepción e discriminación auditiva: distinción de sons.

Organización espacial: esquema corporal; conceptos espaciais; direccionalidade

dentro dun espazo.

Grafomotricidade: realización de trazos propostos.

Organización temporal: secuencias de orde temporal (antes e despois).

Sentido rítmico: secuenciacións rítmicas sinxelas.

Memoria: memorización de rimas, poesías, adiviñas, exercicios de memoria visual

Linguaxe oral: falar cunha corrección que corresponda coa súa idade cronolóxica

(vocabulario, fluidez verbal, estruturación da fala).

Habilidades de pensamento: investigación, razoamento, conceptualización e análise;

tradución e formulación.

Conciencia fonolóxica: comprensión de que un son está representado por un signo

gráfico que, combinado con outros, forman unidades sonoras y escritas que permiten

construír palabras.

É convinte iniciar canto antes o tratamento das dificultades lectoras detectadas. Existen

numerosas técnicas para elo, pero a súa aplicación dependerá da precisión coa que se teña

feito o diagnóstico e a identificación das causas que estean na base da dificultade. Ademais,

haberá que precisar as cuestións organizativas das sesións de apoio ou reforzo:

periodicidade, duración das sesións, atención individualizada ou en pequenos grupos e

responsable de impartir as sesións de apoio.

Page 23: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

3.5. Integración das TIC.

No mundo actual o acceso a unha gran variedade de textos, e contextos implica o

desenvolvemento de destrezas de interpretación variadas: SMS, mensaxes en WhatsApp,

Telegram...; correo electrónico, chats, foros, blogs, xogos de simulación, textos noutras

linguas, ... sendo polo tanto necesario o ensino dos novos discursos tendo en conta unha

perspectiva sociocultural, e o ensino da navegación crítica en internet e a comprensión

bilingüe.

Tal e como se recolle en puntos anteriores é imprescindible o uso das TIC e polo tanto a súa

integración dentro do Proxecto Lector en tres aspectos principais:

Formación de lectores (e escritores) competentes: os aspectos cognitivos de acceso e

obtención de información, integración e interpretación, reflexión e avaliación da mesma,

son tarefas de lectura complexa cando se utilizan soportes dixitais. O hipertexto so pode

ser coñecido utilizando estas tecnoloxías, e polo tanto deben ser realizadas diferentes

actividades utilizando as mesmas:

◦ Creación de blogs, bitácoras

◦ Busca de información

◦ Traballos coa prensa virtual

◦ Utilización de programas de tratamento de textos, elaboración de cómic, tratamento

de imaxe, vídeo, .....

◦ Uso do correo electrónico, SMS, Chats,...

◦ Creación de Portafolios lecto-escritores

◦ Outros

Colaboración na selección, revisión e actualización de recursos electrónicos

Difusión do Proxecto Lector entre a comunidade educativa

3.6. Implicación das familias e do entorno.

A formación de lectores competentes debe contar coa implicación das familias e o entorno xa

que este debe ser un proceso continuo e non meramente escolar. Dende o colexio

propiciarase esa implicación en base as seguintes estratexias:

Difusión do Proxecto Lector entre a comunidade escolar

Page 24: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

Impulsar o préstamo ás familias e ao alumnado fora do horario lectivo

Apertura da biblioteca á comunidade

Apoio ao Plan Anual de Lectura elaborado pola Biblioteca

Propiciar o seu papel como axentes dinamizadores da lectura e a escritura

4. Criterios e procedementos de avaliación.

4.1.Criterios de Avaliación: (Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia)

Avaliar o uso de textos escritos (distinto soporte):

Hábitos de lectura e de uso dos recursos culturais

Capacidade para manexar fontes escritas diversas

Avaliar o proceso lector

Percepción do texto (decodificación, velocidade lectora…)

Grao de comprensión do texto (capacidade para facer predicións, inferencias,

resumir, atopar idea principal…)

Habilidades para controlar o propio proceso de comprensión

4.2. Instrumentos de avaliación:

◦ Observación e rexistro de datos (profesorado e alumnado: autoavaliación).

◦ Diarios de lectura

◦ Cuestionarios e entrevistas: útiles para avaliar aspectos xerais, hábitos, actitudes; para

valorar coñecementos previos, para valorar o nivel de comprensión despois da lectura…

◦ Análise do traballo na aula en base a unha actividade concreta.

◦ Probas: resumes, explicacións orais, cuestionarios sobre aspectos concretos, probas

estándar de eficacia lectora…

◦ Conversas informais sobre os libros lidos (con guía implícita por por parte do

profesor/mediador)

◦ Blogs e sitios web: comentarios aos libros e ás actividades de dinamización de lectura

◦ Diarios de lectura

◦ Implicación nas actividades

◦ Participación en clubs de lectura e outros

◦ Participación en obradoiros ou concursos promovidos pola biblioteca

Page 25: PROXECTO LECTOR C.E.I.P. CHANO PIÑEIRO

Proxecto Lector C.E.I.P. Chano Piñeiro

4.3. Definición das fontes de información a empregar para esta avaliación.

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/)

http://www.edu.xunta.es/web/taxonomy/term/149

http://www.educacion.gob.es/ievaluacion.html

http://www.educacion.gob.es/dctm/ministerio/horizontales/prensa/documentos/2010/in

forme-final-egp.pdf?documentId=0901e72b801170df