1
RAMÓN CABANILLAS Ramón Cabanillas, naceu en Fefiñáns(Cambados) o 3 de Xuño de 1.876. Despois de ser seminarista en Compostela, dedicouse a tarefas burocráticas en Cambados. Xa casado, emigrou a Cuba en 1.910 e entra en contacto coa colectividade galega do Centro Gallego de La Habana, onde se editou o seu primeiro libro, prologado polo líder agrario Basilio Álvarez. En 1.915 abandona Cuba e en 1.917, en Vilagarcía, publica con poemas combativos, na liña das reivindicacións agrarias e dos principios das Irmandades da Fala. En 1.920, en Mondaríz, ingresa na Academia Galega, o propietario do balneario sufragou a publicación das novas obras do poeta. En 1.929, ingresa na Real Academia Española representando á lingua galega. Morre o 9 de novembro de 1.959. A poesía cívica de Ramón Cabanillas está ligada ao Movemento Agrario de Basilio Álvarez e foi a voz poética dese movemento, exaltando os valores da aldea labradora frente á cidade burocrática e chamando á unión dos labregos na loita contra o cacique. Ademais dos himnos de redención agraria “A Basilio Álvarez” ,” Sobredo”,…- ou sátiras contra os poderes opresores, hai unha exaltación da idea de Galicia coma unha unidade colectiva. O Poeta da Raza, No desterro, Da terra asoballada HIMNO DE ACCIÓN GALLEGA ¡Irmáns! ¡Irmáns galegos! ¡Desde Ortegal ó Miño a folla do fouciño fagamos rebrillar! Que vexa a vila podre, coveira da canalla, a aldea que traballa disposta pra loitar. Antes de ser escravos, ¡irmáns, irmáns galegos! que corra o sangue a regos desde a montaña ó mar. ¡Ergámonos sen medo! ¡Que o lume da toxeira envolva na fogueira o pazo señorial! Xa o fato de caciques ladróns e herexes fuxe ó redentor empuxe da alma rexional! Antes de ser escravos, ¡irmáns, irmáns galegos! que corra o sangue a regos desde a montaña ó val.

Ramón Cabanillas

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Reseña biográfica

Citation preview

RAMÓN CABANILLASRamón Cabanillas, naceu en Fefiñáns(Cambados) o 3 de Xuño de

1.876. Despois de ser seminarista en Compostela, dedicouse a tarefas burocráticas enCambados. Xa casado, emigrou a Cuba en 1.910 e entra en contacto coa colectividade galegado Centro Gallego de La Habana, onde se editou o seu primeiro libro, prologadopolo líder agrario Basilio Álvarez.

En 1.915 abandona Cuba e en 1.917, en Vilagarcía, publica conpoemas combativos, na liña das reivindicacións agrarias e dos principios das Irmandades daFala. En 1.920, en Mondaríz, ingresa na Academia Galega, o propietario do balneariosufragou a publicación das novas obras do poeta. En 1.929, ingresa na Real AcademiaEspañola representando á lingua galega. Morre o 9 de novembro de 1.959.

A poesía cívica de Ramón Cabanillas está ligada ao Movemento Agrario de BasilioÁlvarez e foi a voz poética dese movemento, exaltando os valores da aldea labradora frente ácidade burocrática e chamando á unión dos labregos na loita contra o cacique. Ademais doshimnos de redención agraria “ABasilio Álvarez” ,” Sobredo”,…- ou sátiras contra os poderesopresores, hai unha exaltación da idea de Galicia coma unha unidade colectiva.

O Poeta da Raza,

No desterro,

Da terra asoballada

HIMNO DE ACCIÓN GALLEGA¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!¡Desde Ortegal ó Miñoa folla do fouciñofagamos rebrillar!Que vexa a vila podre,coveira da canalla,a aldea que traballadisposta pra loitar.Antes de ser escravos,¡irmáns, irmáns galegos!que corra o sangue a regosdesde a montaña ó mar.¡Ergámonos sen medo!¡Que o lume da toxeiraenvolva na fogueirao pazo señorial!Xa o fato de caciquesladróns e herexes fuxeó redentor empuxeda alma rexional!Antes de ser escravos,¡irmáns, irmáns galegos!que corra o sangue a regosdesde a montaña ó val.