30
1

restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

1

Page 2: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

2

No momento actual, España está a iniciar o proceso de desescalada gradual das medidas extraordinarias de restrición da mobilidade e do contacto social adoptadas ata a data. Así, o Consello de Ministros aprobou o pasado 28 de abril de 2020 o Plan para a transición cara a unha nova normalidade que establece os principais parámetros e instrumentos para a adaptación do conxunto da sociedade á nova normalidade, coas máximas garantías de seguridade. Este proceso articulouse en catro fases, desde a fase 0 á fase 3, e debe ser gradual e adaptable aos cambios de orientación necesarios en función da evolución dos datos epidemiolóxicos e do impacto das medidas adoptadas. O obxectivo fundamental do citado Plan é conseguir que, mantendo como referencia a saúde pública, se recupere paulatinamente a vida cotiá e a actividade económica.

Neste sentido, a través da Orde SND/388/2020, do 3 de maio, pola que se establecen as condicións para a apertura ao público de determinados comercios e servizos, e a apertura de arquivos, así como para a práctica do deporte profesional e federado (BOE nº 123, de 3/05/2020), adoptáronse diferentes medidas destinadas a flexibilizar determinadas restricións establecidas tras a declaración do estado de alarma en materia de comercio comerciante polo miúdo, hostalería e restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11 de maio, a través Orde SND/399/2020, (BOE nº 130) do 9 de maio, a cal tiña por obxecto establecer as condicións para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas polo estado de alarma, en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Pola súa banda a Orde SND/414/2020, do 16 de maio, estableceu medidas de flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas para a fase 1 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, que entraron en vigor ás 00.00 horas do día 18 de maio de 2020. Galicia entrará na fase 2 o próximo luns 25 de maio. A Orde SND/414/2020, do 16 de maio, regula a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 2 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (BOE nº 136 de 16/05/2020). Esa Orde foi modificada pola pola Orde SND/440/2020, do 23 de maio.

Page 3: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

3

Sempre que sexa posible, fomentarase a continuidade do teletraballo.

As menores de 70 anos, poderán practicar deportes a calquera hora, agás

nos tramos horarios establecidos para os paseos de persoas maiores desa

idade (de 10 a 12 horas e entre as 19 e as 20 horas). As comunidades poden

adiantar ou atrasar dúas horas.

Na fase 2, ao igual que na fase 1, poderase circular pola provincia, illa ou unidade territorial de referencia en grupos de máximo 15 persoas, entre as que non se contabilizan as persoas conviventes, mantendo a distancia social. Permítese tamén a mobilidade interterritorial entre municipios lindeiros de tránsito habitual para a realización de actividades socioeconómicas.

Nas reunións, os grupos permitidos pasan de 10 a 15 persoas nesta fase. Xa sexa en domicilios, nos bares e restaurantes ou en zonas abertas.

Flexibilízanse as medidas de asistencia a velorios e enterros –máximo de

25 persoas ao aire libre e 15 en espazos pechados– sexen ou non conviventes, e lugares de culto –50 % do aforo–.

As vodas están permitidas en todo tipo de instalación, co 50% do aforo, pero hai que ter en conta que o número máximo de invitados ten que ser 100 en espazos abertos e 50 en espazos pechados. Os invitados non poden desprazarse entre provincias.

Novidade introducida pola Orde SND/440/2020, do 23 de maio. Permítese ás

comunidades autónomas autorizar as visitas dun familiar a vivendas tuteladas e a centros residenciais de persoas con discapacidade sempre que non teñan casos de covid-19 confirmados ou haxa residentes en corentena. Deberán concertar cita previa e poderá acudir un máximo dunha persoa por residente.

Page 4: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

4

Que establecementos comerciais poden abrir na fase 2?

Poden abrir na fase 2, todos os establecementos e locais comerciais polo miúdo

e de actividades de servizos profesionais cuxa actividade se suspendeu tras a

declaración do estado de alarma, CON INDEPENDENCIA DA SÚA SUPERFICIE

ÚTIL DE EXPOSICIÓN E VENDA1.

Que requisitos deben cumprir estes establecementos?

O aforo total do local non superará o 40%2. Se o local ten varias plantas, deberase respetar a porcentaxe do 40% para cada una delas.

Garantirase unha distancia mínima de 2 metros entre clientes. Se esto non fora posible, só se permitirá a permanencia dentro do local dun cliente.

Debe establecerse un horario de atención preferente para maiores de 65

anos, o cal deberá coincidir coas franxas horarias para a realización de paseos e actividade física deste colectivo.

Deben cumprirse as medidas de seguridade e hixiene.

1 Na fase 1 só se permitía a apertura dos establecementos comerciais de superficie útil de exposición e venda non superior a 400 m2 , ou se era maior, a acoutaran a ese limiar. 2 Na fase 1 o aforo máximo permitido era dun 30%.

Page 5: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

5

Que sucede cos establecementos e locais comerciais que se atopen dentro de parques ou centros comerciais?

Poderán abrir sempre que:

O aforo en cada un dos establecementos limitarase ao 40%3.

O aforo nas zonas comúns limitarase ao 30%.

Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns excepto

para o mero tránsito entre os establecementos comerciais ou no caso da

actividade de hostalería e restauración que se desenvolva nas devanditas

zonas común.

Non poderán utilizarse as zonas recreativas: zonas infantís, ludotecas ou

áreas de descanso, as cales deberán permanecer pechadas.

Deben cumprirse as medidas de seguridade e hixiene.

Ademáis das anteriores deberán cumprir as seguintes condicións:

O uso de aseos familiares e salas de lactación restrinxirase a unha única familia de cada vez. O seu uso deberá ser controlado polo persoal do centro ou parque comercial. Procederase á súa limpeza e desinfección de xeito que se garanta a salubridade dos mesmos.

O persoal de seguridade velará por que se respecte a distancia mínima interpersoal de dous metros e evitará a formación de grupos numerosos e aglomeracións, prestando especial atención ás zonas de escaleiras mecánicas e aos ascensores.

Na zona de aparcamento: Procederase a desinfección continuada dos puntos de contacto habituais

- Porase a disposición ao alcance do cliente de xel hidroalcohólico.

- Fomentarase o pago por medios electrónicos sen contacto.

- Poderán utilizarse valos ou sistemas de sinalización equivalentes controlar os accesos e evitar aglomeracións.

- Se o centro ou parque comercial dispón de dous ou máis accesos, poderase usar un para entrar e outro para saír e evitar así aglomeracións.

Deberanse establecer sistemas que permitan o reconto e control do aforo, de forma que este non sexa superado en ningún momento, e que deberá incluír aos propios traballadores.

3 Na fase 1 só podían abrir se a súa superficie útil de exposición e venda non era superior a 400 m2, ou se era maior, a acoutaran a ese limiar e contaban con acceso independente desde a vía pública.

Page 6: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

6

Que sucede cos establecementos comerciais polo miúdo cuxa actividade non quedou suspendida pola declaración do estado de alarma?

Estes establecementos poderán continuar abertos, sen prexuízo do cumprimento das medidas de seguridade e hixiene.

Os establecementos autorizados a abrir poden establecer sistemas de recollida no local ou reparto a domicilio?

Si, todos os establecementos e locais que poidan proceder á reapertura ao público poderán establecer, no seu caso, sistemas de recollida no local dos produtos adquiridos, sempre que garantan unha recollida graduada que evite aglomeracións no interior do local ou o seu acceso.

Tamén poderán establecerse un sistema de repartición a domicilio preferente para colectivos determinados.

Que sucede cos mercadillos durante a fase 2?

Se xa procederon a súa apertura, serán os Concellos os que establezcan os requisitos de distanciamento entre postos pero debe garantirse, en todo caso, unha limitación a 1/3 dos postos habituais ou autorizados e garantizando a afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia social de 2 metros4.

4 Na fase 1 debía garantirse unha limitación ao 25% dos postos habituais ou autorizados e unha afluencia inferior a 1/3 do aforo habitual

Page 7: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

7

Os Concellos poderán:

aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade.

priorizar aqueles posteos que comercializan produtos alimentarios e de primeira necesidade, asegurando que non se manipulen os produtos comercializados nos mesmos por parte dos consumidores.

A distancia entre os postos dos mercados ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública e os viandantes será de dous metros en todo momento.

Page 8: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

8

Cales son as medidas de hixiene que deberán aplicarse nos establecementos e locais con apertura ao público?

Limpeza e desinfección das instalacións, polo menos dúas veces ao día, unha delas con especial atención ás superficies de contacto máis frecuentes (pomos de portas, mostradores, mobles, pasamanos, máquinas dispensadoras, chans, teléfonos, perchas, carros e cestas, billas, e outros elementos de similares características)

Ventilación periódica de tódolos establecementos e locais comerciais, como mínimo de forma diaria e durante o tempo preciso para renovar o aire.

Revisarase cada hora o funcionamento e a limpeza dos sanitarios, billas e pomos das portas.

Todos os establecementos e locais deberán dispoñer de papeleiras, se é posible con tapa e pedal, nos que poder depositar panos e calquera outro material desechable. Ditas papeleiras deberán ser limpadas de forma frecuente e polo menos unha vez ao día.

No caso de que no establecemento haxa ascensor ou montacargas, o seu uso limitarase ao mínimo imprescindible e utilizaranse preferentemente as escaleiras. Cando sexa necesario utilizalos, a ocupación máxima será dunha persoa, salvo que sexa posible garantir a separación de dous metros entre elas, ou naqueles casos de persoas que poidan precisar asistencia, nese caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante.

Fomentarase o pago con tarxeta ou outros medios que non supoñan contacto físico entre dispositivos, evitando, na medida do posible, o uso de diñeiro en efectivo. Limparase e desinfectará o datáfono tras cada uso, así como o TPV se o empregado que o utiliza non é sempre o mesmo.

Deberase dispoñer de papeleiras, se é posible con tapa e pedal, as cales deberán ser limpadas de forma frecuente, e polo menos unha vez ao día.

Page 9: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

9

Como debe realizarse a limpeza das instalacións?

Unha das limpezas realizarase, obrigatoriamente, ao finalizar o día.

A outra, poderase realizar, ao longo da xornada e preferentemente ao mediodía, recomendándose facer unha pausa da apertura dedicada a tarefas de mantemento, limpeza e reposición. Os horarios de peche por limpeza deben comunicarse ao consumidor por medio de cartelería visible ou mensaxes por megafonía

Utilizaranse desinfectantes como diluciones de lixivia (1:50) ou calquer outro desinfectante autorizado por Sanidade.

Tras cada limpeza, os materiais empregados e os equipos de protección individual (EPIs) utilizados desbotaranse de forma segura, procedéndose posteriormente ao lavado de mans.

Debe realizarse unha limpeza e desinfección dos postos de traballo en cada cambio de quenda, con especial atención aos usados por máis dun traballador.

Se no establecemento ou local estará máis dun traballador atendendo ao público, debe limparse non só á zona comercial, se non tamén, no seu caso, a zonas privadas dos traballadores, tales como vestiarios, despachos de billetes, aseos, cociñas e áreas de descanso.

Revisarase cada hora o funcionamento e a limpeza dos sanitarios, billas e pomos das portas.

No caso da venda automática, máquinas de vending, lavanderías autoservizo e actividades similares, deberá garantirse o cumprimento das medidas de hixiene e desinfección adecuadas tanto das máquinas como dos locais, así como informar os usuarios do seu correcto uso mediante a instalación de cartelería informativa.

Page 10: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

10

Como deben desinfectarse os uniformes ou roupa de traballo?

Deben lavarse e desinfectarse diariamente de forma mecánica en ciclos de lavado entre 60 e 90 graos centígrados.

Cales son as medidas de hixiene ou prevención para os traballadores que preste servizos nos establecementos e locais que abran ao público?

Non poderán incorporarse aos seus postos de traballo os seguintes traballadores:

Traballadores que estean en illamento por ter diagnóstico de COVID-19 ou teñan algún dos síntomas compatibles co COVID-19. Traballadores que, non tendo síntomas, estén en período de corentena domiciliaria por ter contacto con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

A distancia entre vendedor ou provedor de servizos e cliente durante todo o proceso de atención ao cliente será de polo menos un metro cando se conte con elementos de protección ou barreira, ou de aproximadamente dous metros sen estes elementos. Por tanto, os traballadores deberán contar con EPIs adecuados (cando non poda garantirse a distancia de seguridade interpersoal de 2 metros), xeles hidroalcohólicos ou cando isto non sexa posible, auga e xabón.

A fichaxe con pegada dactilar deberá substituise por outro sistema ou ben deberá desinfectarse o dispositivo de fichaxe antes e despois de cada uso.

O traballo organizarase para garantir o manter a distancia de seguridade interpersoal mínima de dous metros entre os traballadores.

Para evitar a coincidencia masiva de persoas no ámbito laboral que impidan manter a distancia se seguridade de 2 metros., realizaranse axustes na organización horaria.

Todo o persoal deberá estar formado e informado sobre o correcto uso dos citados equipos de protección.

Page 11: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

11

Cal é a distancia mínima de seguiridade entre traballador e cliente?

Si se conta con elementos de protección ou barreiras: polo menos 1 metro. Si non se conta con elementos de protección ou barreiras: polo menos 2

metros. A distancia entre os postos dos mercadillos e os viandantes será de 2 metros

en todo o momento.

E cando non sexa posible o mantemento da distancia de seguridade interpersoal, por exemplo nas barberías, centros de estética ou fisioterapia?

Deberase utilizar o equipo de protección individual oportuno que asegure a protección tanto do traballador como do cliente, debendo asegurar en todo caso o mantemento da distancia de dous metros entre un cliente e outro.

Estas medidas de distancia deben cumprirse tamén nas áreas comúns?

Sí, as medidas de distancia previstas nesta orde deberán cumprirse, nos vestiarios, e aseos dos traballadores, así como nas áreas de descanso, comedores, cociñas e calquera outra zona de uso común.

Que debo facer se un traballador ten síntomas?

Contactar co teléfono habilitado 900 400 116.

O traballador colocará unha máscara, se é posible, e deberá abandonar o seu posto de traballo ata que a súa situación médica sexa valorada por un profesional sanitario.

Page 12: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

12

Cales son as medidas de protección e hixiene aplicables aos clientes, no interior de establecementos e locais e nos mercadillos?

O cliente só debe permanecer no local o tempo estrictamente necesario.

Deberá sinalarse de forma clara a distancia de seguridade interpersoal de dous metros entre clientes, con marcas no chan, ou mediante o uso de balizas, cartelería e sinalización.

Debe respetarse o ratio 1 traballador/1 cliente de forma que a atención aos clientes non poderá realizarse de maneira simultánea polo mesmo traballador.

Deberán poñer ao dispor do público na entrada do local ou nas inmediacións dos mercadillos, dispensadores de xeles hidroalcohólicos con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.

Nas zonas de autoservizo, deberá prestar o servizo un traballador do establecemento, co fin de evitar a manipulación directa por parte dos clientes dos produtos dun vendedor ou traballador que de maneira permanente poida proceder á súa desinfección inmediata tras a manipulación por parte de cada cliente.

Non se poderá poñer ao dispor dos clientes produtos de proba. Nos establecementos comerciais de produtos de telecomunicacións non se poderán colocar ditos productos para uso e proba por parte dos clientes sen supervisión

Nos establecementos do sector comercial téxtil, e de arranxos de roupa e similares, os probadores deberán utilizarse por unha única persoa e despois do seu uso limparanse e desinfectarán.

Deberán hixienizarse as pezas probadas que finalmente non sexan compradas e as que foran devoltas.

Page 13: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

13

Cales son as medidas de aforo para os establecementos e

locais abertos ao público?

Deben expoñer ao público o aforo máximo de cada local e respétalo así como respetar a distancia de seguridade interpersoal de dous metros.

Deben establecer sistemas que permitan o reconto e control do aforo, de forma que este non sexa superado en ningún momento.

No aforo deberá incluír aos propios traballadores.

Deberá modificarse a distribución de espazos cando sexa necesario para garantir manter as distancias de seguridade interpersoal esixidas.

Se o local ten dúas ou máis portas, poderase usar unha para entrar e outra para saír.

Os establecementos e locais comerciais que dispoñan de aparcamentos propios, cando o acceso ás instalacións, os lectores de tickets e tarxetas de empregados non puidese realizarse de maneira automática sen contacto, este será substituído por un control manual e continuo por parte do persoal de seguridade, para mellor seguimento das normas de aforo.

Poden os establecementos levar a cabo accións comerciais?

Sí, sempre que as accións comerciais ou de promoción que leven a cabo estean estar acompañadas de medidas destinadas a asegurar: que non se xeren aglomeracións que impidan o mantemento da distancia de

seguridade o cumprimento dos límites de aforo ou comprometan o resto de medidas establecidas nesta orde, debendo

adoptar as medidas adecuadas para evitalas, incluíndo o cesamento inmediato das mencionadas accións comerciais ou de promoción se resultase necesario

Page 14: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

14

Que establecementos de hostalería e restauración poden abrir na fase 2?

Ademáis do consumo nas terrazas ao aire libre que xa estaba permitida na fase 1, na fase 2 poderá procederse á reapertura ao público dos establecementos de hostalería e restauración para consumo no local.

Non poderán abrir os locais de discotecas e bares de lecer nocturno.

Que requisitos deberán cumprir?

Non poderán superar o 40% do aforo. O consumo dentro do local unicamente poderá realizarse sentado en mesa,

ou agrupacións de mesa (non se permite o consumo na barra), e preferentemente mediante reserva previa.

Non se admitirá o autoservizo en barra por parte do cliente. Si estará permitido o encargo no propio establecemento de comida e

bebida para levar. Poderase ofrecer produtos de libre servizo, xa sexan frescos ou elaborados con anticipación, para libre disposición dos clientes sempre que sexa asistido con pantalla de protección, a través de empratados individuais e/ou monodosis debidamente preservadas do contacto co ambiente.

Novidade introducida pola Orde SND/440/2020, do 23 de maio, pola que se modifican diversas ordes para unha mellor xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en aplicación do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

As comunidades autónomas poderán modificar a porcentaxe de aforo do 40%, así como o relativo á ocupación das terrazas ao aire libre sempre que os mesmos non sexan inferiores ao 30% nin superiores ao 50%.

Page 15: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

15

Permitirase o servizo nas terrazas ao aire libre5? Si, pero limitándose ao 50% das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior en base á correspondente licenza municipal. A ocupación máxima será de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia física de polo menos 2 metros entre as mesas ou, no seu caso, agrupacións de mesas.

Que medidas de hixiene e/ou prevención se deben observar na prestación do servizo en terrazas? Limpeza e desinfección do equipamento, en particular mesas, cadeiras, así

como calquera outra superficie de contacto, entre un cliente e outro.

Ventilación periódica de tódolos establecementos e locais comerciais, como mínimo de forma diaria e polo tempo preciso para renovar o aire.

Utilizaranse desinfectantes como diluciones de lixivia (1:50) ou calquer outro desinfectante autorizado por Sanidade.

Tras cada limpeza, os materiais empregados e os equipos de protección

individual (EPIs) utilizados desbotaranse de forma segura, procedéndose posteriormente ao lavado de mans.

Debe realizarse unha limpeza e desinfección dos postos de traballo en cada cambio de quenda, con especial atención aos usados por máis dun traballador.

5 Enténdese por terraza ao aire libre todo espazo non cuberto ou todo espazo que estando cuberto estea rodeado

lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.

Page 16: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

16

Priorizarase a utilización de mantelerías dun só uso. Se non fose posible, debe evitarse o uso da mesma mantelería ou gardamanteis con distintos clientes, optando por materiais e solucións que faciliten o seu cambio entre servizos e o seu lavado mecánico en ciclos de lavado entre 60 e 90 graos centígrados.

Deberase poñer ao dispor do público na entrada do local dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade, tanto na entrada do establecemento como á saída dos baños.

Evitarase o uso de cartas de uso común, optando polo uso de dispositivos electrónicos propios, pizarras, carteis ou outros medios similares.

Almacenaranse en recintos pechados os elementos auxiliares do servizo,

como a vaixela, cristalería, xogo de cubertos ou mantelería, entre outros, e se isto non fose posible, lonxe de zonas de paso de clientes e traballadores.

Eliminaranse produtos de autoservizo como servilleteros, palilleiros,

vinagreiras, aceiteiras, e outros utensilios similares, priorizando monodosis desbotables ou o seu servizo noutros formatos baixo petición do cliente.

No uso dos aseos polos clientes a ocupación máxima será dunha persoa, ou dunha persoa máis o acompañente cando a persoa precise asistencia. Revisarase cada hora o funcionamento e a limpeza dos sanitarios, billas e pomos das portas.

Fomentarase o pago con tarxeta ou outros medios que non supoñan contacto

físico entre dispositivos, evitando, na medida do posible, o uso de diñeiro en efectivo. Limparase e desinfectará o datáfono tras cada uso, así como o TPV se o empregado que o utiliza non é sempre o mesmo.

Establecerase no local un itinerario para evitar aglomeracións en determinadas zonas e previr o contacto entre clientes.

O persoal traballador que realice o servizo en mesa deberá garantir a distancia de seguridade co cliente e aplicar os procedementos de hixiene e prevención necesarios para evitar o risco de contaxio.

Deberase dispoñer de papeleiras, se é posible con tapa e pedal, as cales deberán ser limpadas de forma frecuente, e polo menos unha vez ao día.

Page 17: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

17

Cales son as medidas de hixiene ou prevención para os traballadores?

1. Tódolos traballadores deberán contar con EPIs adecuados (cando non poda garantirse a distancia de seguridade interpersoal de 2 metros), xeles hidroalcohólicos ou cando isto non sexa posible, auga e xabón.

2. A fichaxe con pegada dactilar deberá substituise por outro sistema ou ben deberá desinfectarse o dispositivo de fichaxe antes e despois de cada uso.

3. O traballo organizarase para garantir o manter a distancia de seguridade interpersoal mínima de 2 metros entre os traballadores.

4. Para evitar a coincidencia masiva de persoas no ámbito laboral que impidan

manter a distancia se seguridade de 2 metros, realizaranse axustes na organización horaria.

5. Todo o persoal deberá estar formado e informado sobre o correcto uso dos citados equipos de protección.

Estas medidas de distancia deben cumprirse tamén nas áreas comúns?

Si, as medidas de distancia previstas nesta orde deberán cumprirse, nos vestiarios, e aseos dos traballadores, así como nas áreas de descanso, comedores, cociñas e calquera outra zona de uso común.

Como deben desinfectarse os uniformes ou roupa de traballo?

Deben lavarse e desinfectarse diariamente de forma mecánica en ciclos de lavado entre 60 e 90 graos centígrados.

Page 18: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

18

Que debo facer se un traballador ten síntomas?

Contactar co teléfono habilitado 900 400 116.

O traballador colocará unha máscara, se é posible, e deberá abandonar o seu posto de traballo ata que a súa situación médica sexa valorada por un profesional sanitario.

Page 19: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

19

Normas xerais:

Aínda non se pode ir a hoteis doutras provincias nin doutras comunidades autónomas pero desde a Fase 1 si se pode ir a hoteis situados na propia provincia.

O cambio de fase permite reabrir ao público as zonas comúns6 dos hoteis e aloxamentos turísticos sempre que non se supere 1/3 do seu aforo.

Os servizos de hostalería e restauración dos hoteis e aloxamentos turísticos aplicaráselles con carácter xeral o establecido no apartado anterior relativo á apertura de locais de hostalería e restauración para consumo no local, polo que neste caso, o aforo permitido é do 40%.

A prestación dos servizos terá que observar as medidas e instrucións sanitarias de protección e de distancia de seguridade interpersoal.

Que medidas de hixiene e/ou prevención deben cumprir aos hoteis e aloxamentos turísticos?

1. Limpeza e desinfección das instalación, alomenos dúas veces ao día, con especial atención ás superficies de contacto máis frecuentes (pomos de portas, mostradores, mobles, pasamanos, máquinas dispensadoras, chans, teléfonos, perchas, etc)

2. Ventilación periódica de tódolos establecementos e locais comerciais, como mínimo de forma diaria y polo tempo preciso para garantir a renovación do aire.

3. Utilizaranse desinfectantes como diluciones de lixivia (1:50) ou calquer outro desinfectante autorizado por Sanidade.

6 Na fase 1 as zonas común dos hoteis e aloxamentos turísticos permaneceron pechadas.

Page 20: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

20

4. Tras cada limpeza, os materiais empregados e os equipos de protección individual (EPIs) utilizados desbotaranse de forma segura, procedéndose posteriormente ao lavado de mans.

5. Debe realizarse unha limpeza e desinfección dos postos de traballo en cada cambio de quenda, con especial atención aos usados por máis dun traballador.

6. Deberán existir carteis informativos nos idiomas máis habituais dos clientes expoñendo as normas de hixiene a observar en relación coa prevención de contagios.

7. Nas zonas de recepción ou conserxería deberá garantirse a separación de 2 metros entre traballadores e cos clientes. Se non se pode, deberán utilizarse os EPIs.

8. Naqueles puntos de atención ao cliente onde se prevexan aglomeracións ou colas puntuais marcaranse no chan os espazos de maneira que se respecten a distancia mínima de dous metros entre persoas.

9. Deberán desinfectarse os obxectos tras a súa manipulación polo cliente ou entre traballadores.

10. Dispoñerase de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade e desinfectante de superficies.

11. Contarase cun procedemento documentado de limpeza das unidades de aloxamento, de acordo coas medidas xerais de prevención e hixiene fronte ao COVID-19 indicadas polas autoridades sanitarias. Nese procedemento deberá indicarse a orde no que se deberá facer a limpeza, e o material e o produto químico a utilizar, o equipo de protección adecuado ao nivel de risco a empregar en cada tarefa, e procesado do material e produto de limpeza tras o seu uso.

12. Limparanse e desinfectarán frecuentemente todos os obxectos e superficies das zonas de paso susceptibles de ser manipuladas ou contaminadas por diferentes persoas, tales como botoneras de ascensores ou máquinas, pasamanos de escaleiras, tiradores de portas, timbres, billas de lavabos compartidos.

Page 21: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

21

13. No uso dos aseos polos clientes a ocupación máxima será dunha persoa, ou dunha persoa máis o acompañente cando a persoa precise asistencia. Deberá procederse á limpeza e desinfección dos referidos aseos.

14. No caso de que no establecemento haxa ascensor ou montacargas, o seu uso

limitarase ao mínimo imprescindible e utilizaranse preferentemente as escaleiras. Cando sexa necesario utilizalos, a ocupación máxima será dunha persoa, salvo que sexa posible garantir a separación de dous metros entre elas, ou naqueles casos de persoas que poidan precisar asistencia, nese caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante.

15. Fomentarase o pago con tarxeta ou outros medios que non supoñan contacto físico entre dispositivos, evitando, na medida do posible, o uso de diñeiro en efectivo. Limparase e desinfectará o datáfono tras cada uso, así como o TPV se o empregado que o utiliza non é sempre o mesmo.

16. Deberase dispoñer de papeleiras, se é posible con tapa e pedal, as cales deberán ser limpadas de forma frecuente, e polo menos unha vez ao día.

Que medidas de hixiene e/ou prevención deben cumprir aos hoteis e aloxamentos turísticos nas zonas comúns?

Cada establecemento deberá determinar os aforos dos distintos espazos

comúns, así como aqueles lugares nos que se poderán realizar eventos dacordo coas medidas de hixiene, protección e distancia mínima sinaladas.

Os espazos pechados onde se vaian a celebrar eventos, actividades de animación ou ximnasios, deberán ventilarse dúas horas antes do seu uso.

As actividades de animación ou clases grupais

o terán un aforo máximo de 20 persoas e respectándose a distancia mínima de seguridade entre persoas e entre estes e o animador ou adestrador. En caso contrario, deberanse utilizar máscaras.

Page 22: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

22

o Realizaranse preferentemente ao aire libre e evitarase o intercambio de obxectos.

o O material empregado desinfectarase despois de cada uso. o Dispoñerase xel hidroalcohólico ou desinfectantes con actividade

virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade e desinfectante de superficies.

No caso de instalacións deportivas aplicaranse as medidas de hixiene e prevención previstas nos artigos 42 e 43 desta orde e no artigo 41 da Orde SND/399/2020, do 9 de maio.

Así mesmo, para as piscinas e spas o establecemento determinará as directrices e recomendacións para o seu uso, de acordo coas normas de prevención e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias.

Cales son as medidas de hixiene ou prevención para os traballadores?

Tódolos traballadores deberán contar con EPIs adecuados (cando non poda garantirse a distancia de seguridade interpersoal de 2 metros), xeles hidroalcohólicos ou cando isto non sexa posible, auga e xabón.

A fichaxe con pegada dactilar deberá substituise por outro sistema ou ben

deberá desinfectarse o dispositivo de fichaxe antes e despois de cada uso.

O traballo organizarase para garantir o manter a distancia de seguridade

interpersoal mínima de 2 metros entre os traballadores. Para evitar a coincidencia masiva de persoas no ámbito laboral que impidan

manter a distancia se seguridade de 2 metros, realizaranse axustes na organización horaria.

Todo o persoal deberá estar formado e informado sobre o correcto uso dos

citados equipos de protección.

Page 23: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

23

Estas medidas de distancia deben cumprirse tamén nas áreas comúns?

Sí, as medidas de distancia previstas nesta orde deberán cumprirse, nos vestiarios, e aseos dos traballadores, así como nas áreas de descanso, comedores, cociñas e calquera outra zona de uso común.

Como deben desinfectarse os uniformes ou roupa de traballo?

Deben lavarse e desinfectarse diariamente de forma mecánica en ciclos de lavado entre 60 e 90 graos centígrados.

Que debo facer se un traballador ten síntomas?

Contactar co teléfono habilitado 900 400 116.

O traballador colocará unha máscara, se é posible, e deberá abandonar o seu posto de traballo ata que a súa situación médica sexa valorada por un profesional sanitario

Cales son as medidas de hixiene e/ou prevención para os clientes?

1. Deberá garantirse o cliente estea informado sobre as condicións hixiénicas que resulten de aplicación no uso das instalacións.

2. Garantirase que o cliente coñece, antes da confirmación da reserva e durante a súa estancia no aloxamento (en formato escrito e en idioma comprensible polo cliente), as normas que rexerán no establecemento.

3. Na entrada do hotel ou aloxamento turístico deberá poñerse ao dispor dos clientes dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida.

Page 24: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

24

Poderanse realizar actividades de turismo activo na fase 2?

Si, sempre que estean realizadas por empresas rexistradas como empresas de turismo activo na correspondente administración competente e cumplan as seguintes condicións:

1. Grupos máximos de 20 persoas.

2. Concertaranse, preferentemente, mediante cita previa.

3. No uso dos aseos polos clientes a ocupación máxima será dunha persoa, ou dunha persoa máis o acompañente cando a persoa precise asistencia. Deberá procederse á limpeza e desinfección dos referidos aseos, como mínimo, 6 veces ao día.

4. Debe garantirse a distancia de seguridade interpersoal de dous metros.

5. Cando non se poida manter a distancia de seguridade, deberanse utilizar os equipos de protección adecuados ao nivel de risco.

6. O equipamento necesario para facilitar a actividade se desinfectará de acordo coas medidas hixiénico-sanitarias establecidas tras cada uso polo cliente.

Ademais, poderán abrir os parques naturais cun aforo de ata o 20% e os

teleféricos cun aforo do 50%.

Page 25: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

25

1. Os cinemas, teatros, auditorios e espazos similares poden renovar a súa

actividade con butacas preasignadas e un tope 1/3 do seu aforo e un

máximo de cincuenta persoas.

2. As bibliotecas poderán acoller actividades de consulta en sala sempre que

non se supere 1/3 do aforo autorizado.

3. A orde expón ademais as condicións de salas de exposicións, centros de

exhibición, monumentos e outros equipamentos culturais. O aforo é 1/3

do autorizado en condicións normais e deben establecer condicións para

evitar aglomeracións.

4. No caso doutros locais e establecementos distintos destinados tamén a actos e espectáculos culturais, a continuación da actividade suxeitarase aos seguintes requisitos:

a) Se se celebra en lugares pechados, non poderá superarse 13/ do

aforo autorizado, nin reunir máis de 50 persoas.

b) No caso de actividades ao aire libre, o público deberá permanecer

sentado, gardando a distancia necesaria e non poderá superarse 1/3

do aforo orixinal nin reunir máis de 400 persoas.

5. Recomendarase a venda online ou telefónica da entrada, e, en caso de compra en despacho de billetes, fomentarase o pago por TPV.

6. Permítese a prestación de servizos complementarios, tales como tenda, cafetería ou similares.

7. Non se prestará servizo de gardarroupa nin de consigna. 8. Durante o proceso de atención e acomodación, gardarase entre os

traballadores de sala e o público a distancia de seguridade. 9. Deberase garantir a distancia de seguridade nas colas, entradas e saídas de

espectadores, así como o establecemento de sistemas de control de aglomeracións cando se reúna a máis de 50 persoas.

Page 26: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

26

A fase 2 recolle a apertura dos centros educativos e de formación

extraescolares. Inclúense de específica no plan do Goberno as academias e as autoescolas, as cales poderán reanudar a súa actividade presencial, sempre que non se supere 1/3 do seu aforo. Así mesmo, deberán priorizar, sempre que sexa posible, as modalidades de formación a distancia e “en liña”.

Serán de aplicación as medidas de hixiene e prevención previstas para os

establecementos e locais comerciais de carácter comerciante polo miúdo xa indicadas.

Os centros educativos e de formación deberán poñer ao dispor do público, e

en todo caso na entrada do centro, dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade, que deberán estar sempre en condicións de uso.

No caso das clases prácticas de condución será obrigatorio:

o O uso de máscaras no vehículo de prácticas, tanto polo profesor ou

profesora como polo alumno ou alumna. o Deberase limpar e desinfectar o vehículo de prácticas antes e despois

do seu uso por cada alumno ou alumna, prestando especial atención aos elementos de uso común e o mando do vehículo, así como levar a cabo a súa ventilación posterior.

Page 27: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

27

Como se regula a apertura dos ximnasios na fase 2?

Se as instalacións deportivas son ao aire libre e as actividades non implican contacto físico (como o tenis ou o atletismo), xa poderon abrir na fase 1. Agora na fase 2 tamén poderá procederse á apertura das instalacións deportivas cubertas7 e as piscinas, sempre que cumpran os seguintes requisitos: Concertación de cita previa coa entidade xestora da instalación. Para iso,

organizaranse quendas horarias, fóra dos cales non se poderá permanecer na instalación.

Respectarase o límite do 30% de aforo habilitándose un sistema de acceso que evite a acumulación de persoas e que cumpra coas medidas de seguridade e protección sanitaria.

Poderase permitir a práctica deportiva individual ou aquelas prácticas que se

poidan desenvolver por un máximo de dúas persoas, sempre sen contacto físico mantendo as debidas medidas de seguridade e protección, e en todo caso a distancia social de seguridade de dous metros.

Unicamente poderá acceder cos deportistas un adestrador salvo as persoas

con discapacidade ou menores que requiran a presenza dun acompañante. Poderanse utilizar os vestiarios.

Procederase á limpeza e desinfección das instalación. A finalización de cada

quenda procederase á limpeza das zonas comúns e, en cada quenda, deberase limpar e desinfectar o material compartido despois de cada uso.

7 Para os efectos desta orde, considérase instalación deportiva cuberta toda aquela instalación deportiva, con independencia de que se atope situada nun recinto pechado ou aberto, que se atope completamente pechada e que teña teito e que permita a práctica dunha modalidade deportiva.

Page 28: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

28

NO ÁMBITO DEPORTIVO

Persoas menores de 70 anos, poderán practicar deportes a calquera hora,

agás nos tramos horarios establecidos para os paseos de persoas maiores

desa idade (de 10 a 12 horas e entre as 19 e as 20 horas). As comunidades

poden adiantar ou atrasar dúas horas.

Dispóñense os criterios e condicións para o adestramento en ligas non

profesionais e para a continuación das ligas profesionais e a reapertura das

instalacións deportivas cubertas e das piscinas para uso deportivo, por

quendas horarias e con cita previa.

A orde que regula as actividades permitidas na fase 2 decide que será o

Consello Superior de Deportes quen decidirá o número de persoas que

poderán acceder aos estadios e pavillóns nos que a competición profesional

teña lugar «por ser necesarias para o adecuado desenvolvemento da

mesma».

PISCINAS E PRAIAS

Como forma de impulsar o turismo, en Fase 2 flexibilízase moito o uso das

praias, que quedan abertas ás actividades de lecer. As limitacións son as

xenéricas de manter distancias prudenciais e usar métodos de protección se

non é posible. Autorízanse os grupos de ata 15 persoas; a utilización de

duchas, lavapés e vestiarios, e a apertura dos chiringuitos, que se rexerán

polo establecido para bares e restaurantes. O establecemento de quendas,

parcelacións ou aforos quedará en mans dos concellos.

Page 29: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

29

A apertura da piscinas recreativas ao aire libre chega tamén na Fase 2, o

mesmo que coas de uso deportivo, incluídas as cubertas. Poderanse abrir ao

público con cita previa e un aforo máximo do 30% ou o que permita cumprir

coa distancia de seguridade. Organizaranse quendas horarias, fóra dos cales

non se poderá permanecer na instalación. A limpeza debe levar a cabo, polo

menos, tres veces ao día e non se poderá facer uso das duchas dos

vestiarios.

CONGRESOS E INVESTIGACIÓN

Na nova fase permítese a realización de congresos, encontros, reunións de

negocio e conferencias en pavillóns de congresos, salas de conferencias,

salas multiusos e outros establecementos e instalacións similares.

O tope é de 50 asistentes e ínstase a promover a participación non

presencial.

A orde establece as condicións e o aforo máximo para a volta á actividade

das residencias de persoal investigador, científico e técnico.

OBRAS

A Orde SND/440/2020 do 23 de maio, publicada no BOE, levanta a suspensión das

actividades relacionadas con obras de intervención en edificios existentes nas que

exista risco de contaxio pola covid-19 para persoas non relacionadas coa devandita

actividade. Resaltando que en todo caso garántirase as medidas de hixiene e a

distancia mínima de seguridade de dous metros entre persoas.

Page 30: restauración, · restauración, práctica do deporte profesional e federado e arquivos. Galicia entrou na fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade o pasado 11

30

Cando entrou en vigor esta Orde Ministerial?

A Orde SND/414/2020 entrou en vigor ás 00:00 horas do día 18 de maio de 2020

e manterá a súa eficacia durante toda a vixencia do estado de alarma e as súas

posibles prórrogas. Asímesmo, as modificacións introducidas pola pola Orde

SND/440/2020, do 23 de maio, entrarán en vigor ás 00:00 horas do día 25 de maio

de 2020.

Galicia entrará na fase 2 ás 00:00 horas do día 25 de maio de 2020.

AVISO XURÍDICO IMPORTANTE

O presente texto está destinado únicamente ao seu uso como instrumento

documental. Ten carácter meramente informativo e non exhaustivo. Tampoudo ten

carácter vinculante nin validez xurídica alguna, debendo comprobarse sempre a

súa vixencia e a exactitude dos datos nas fontes legais e administrativas

correspondentes. Por tanto, para fins xurídicos consulte os textos legais publicados

nos boletíns oficiais.

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de

Compostela non se fai responsable do seu contido.

Para calquera dúbida ou consulta, pode remitirnos un mail a [email protected] ou ben contactar telefónicamente no

981596800.