3
PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO A MÚSICA QUE VIÑA DA CASA Na véspera de Nadal, o rei invitou o primeiro ministro para unirse a el na súa andaina habitual. Gozaba vendo as decoracións das rúas pero non quería que se gastaran moitos cartos. Só para agradalo os seus súbditos, disfrazábanse de comerciantes dalgún lugar lonxano. Camiñaron polo centro da cidade, admirando as luces, árbores de Nadal, candeas acendidas nas portas das casas, baldas que vendían agasallos, e a xente apurándose para conmemorar un Nadal ao redor dunha mesa ben chea de alimentos. Ao volver pasou por un barrio pobre, onde o ambiente era ben distinto. Sen luces, sen candeas, non había o delicioso arrecendo a comida para ser servida. Apenas había unha alma nas rúas e, como cada ano, o rei dixolle ao primeiro ministro que tiña que prestar máis atención aos pobres no seu reino. O primeiro ministro asentiu, sabendo que o tema sería esquecido de novo, soterrado baixo a burocracia diaria de orzamentos. De súpeto, oíron música que viña da casa máis pobre da cidade. Unha cabana con táboas de madeira podre, feble e tiña tantas fendas que se podía asexar entre elas e ver o que acontecía alí dentro. E o que viron foi completamente absurdo: un vello nunha cadeira de rodas, aparentemente chorando, unha rapaza coa cabeza rapada danzando, e un mozo con ollos tristes batendo un pandeiro e cantando unha canción popular. -Vou descubrir o que ocorre - Dixo o rei. El bateu na porta. A música parou, e, o mozo abriu. -Somos os comerciantes que buscan un lugar para durmir. Escoitamos a música, vimos que estabades espertos e preguntámonos se poderiamos pasar a noite aquí. -Pode aloxarse nun hotel da cidade. Nós, por desgraza, non podemos axudar. A pesar da música, esta casa está chea de tristeza e de sufrimento. -Podemos saber por que? -É todo culpa miña - falou o vello na cadeira de rodas-. Eu pasei a miña vida ensinando caligrafía, para algún un día conseguir un emprego como escriba en palacio, pero os anos pasaron e nunca saíu un posto a concurso. E entón, na noite pasada tiven un soño estúpido: un anxo apareceuseme e encargoume mercar cáliz de prata, pois o anxo dixo que o rei viríame visitar, bebería do cáliz e daríalle ao meu fillo un emprego. -O anxo foi tan convincente que resolvín facer o que el me pediu, xa que non temos cartos, a miña nora foi ao mercado esta mañá para vender o seu pelo e así mercar este cáliz. Os

Tradición Brasil

  • Upload
    andrea

  • View
    246

  • Download
    6

Embed Size (px)

DESCRIPTION

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO. CEIP ADR CASTELAO RIANXO.

Citation preview

Page 1: Tradición Brasil

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO

A MÚSICA QUE VIÑA DA CASA

Na véspera de Nadal, o rei invitou o primeiro ministro para unirse a el na súa andaina habitual. Gozaba vendo as decoracións das rúas pero non quería que se gastaran moitos cartos. Só para agradalo os seus súbditos, disfrazábanse de comerciantes dalgún lugar lonxano. Camiñaron polo centro da cidade, admirando as luces, árbores de Nadal, candeas acendidas nas portas das casas, baldas que vendían agasallos, e a xente apurándose para conmemorar un Nadal ao redor dunha mesa ben chea de alimentos. Ao volver pasou por un barrio pobre, onde o ambiente era ben distinto. Sen luces, sen candeas, non había o delicioso arrecendo a comida para ser servida. Apenas había unha alma nas rúas e, como cada ano, o rei dixolle ao primeiro ministro que tiña que prestar máis atención aos pobres no seu reino. O primeiro ministro asentiu, sabendo que o tema sería esquecido de novo, soterrado baixo a burocracia diaria de orzamentos. De súpeto, oíron música que viña da casa máis pobre da cidade. Unha cabana con táboas de madeira podre, feble e tiña tantas fendas que se podía asexar entre elas e ver o que acontecía alí dentro. E o que viron foi completamente absurdo: un vello nunha cadeira de rodas, aparentemente chorando, unha rapaza coa cabeza rapada danzando, e un mozo con ollos tristes batendo un pandeiro e cantando unha canción popular. -Vou descubrir o que ocorre - Dixo o rei. El bateu na porta. A música parou, e, o mozo abriu. -Somos os comerciantes que buscan un lugar para durmir. Escoitamos a música, vimos que estabades espertos e preguntámonos se poderiamos pasar a noite aquí. -Pode aloxarse nun hotel da cidade. Nós, por desgraza, non podemos axudar. A pesar da música, esta casa está chea de tristeza e de sufrimento. -Podemos saber por que? -É todo culpa miña - falou o vello na cadeira de rodas-. Eu pasei a miña vida ensinando caligrafía, para algún un día conseguir un emprego como escriba en palacio, pero os anos pasaron e nunca saíu un posto a concurso. E entón, na noite pasada tiven un soño estúpido: un anxo apareceuseme e encargoume mercar cáliz de prata, pois o anxo dixo que o rei viríame visitar, bebería do cáliz e daríalle ao meu fillo un emprego. -O anxo foi tan convincente que resolvín facer o que el me pediu, xa que non temos cartos, a miña nora foi ao mercado esta mañá para vender o seu pelo e así mercar este cáliz. Os

Page 2: Tradición Brasil

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO

dous están facendo o que poden para contaxiarme o espírito de Nadal cantando e bailando, pero non hai nada que facer. O rei viu o cáliz de prata, pediu un pouco de auga para saciar a súa sede e, antes de saír, dixo á familia: -Vostede sabe, nós estivemos falando co primeiro ministro hoxe, e dixo que a próxima semana sairía unha vacante de escriba en palacio. O vello asentiu, sen crer moito no que escoitaba, e despediuse dos estranxeiros. Na mañá seguinte, porén, unha proclamación real leuse en todas as rúas do país; precisaban dun novo escriba en palacio. O día sinalado, a sala de audiencias do palacio estaba cheo de persoas ansiosas para acadar ao cobizado posto. O primeiro ministro entrou e pediu a todos preparar o seu papel e lapis: -Aquí está o tema da disertación: Por que un home vello chora, unha muller coa cabeza rapada danza e un mozo triste canta? Un murmurio de incredulidade atravesou a sala. Ninguén sabía como contar unha boa historia , agás o mozo vestido esfarrapado nunha esquina, que cun amplo sorriso comezou a escribir.

Paulo Coelho

Page 3: Tradición Brasil

PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO

Como conmemoramos o Nadal no Brasil?

Os brasileiros son unha mestura de diferentes minorías étnicas, e como é

unha ex-colonia Portuguesa, ten moitos costumes de Nadal que veñen

desta cultura.

A tradición é crear un presepio. A palabra vén da palabra hebraica

"presepium", que significa a cama de palla sobre a que Xesús durmía en

Belén.

Papai Noel é o personaxe que hai no Brasil. Segundo a lenda, vive en

Groenlandia. Cando chega ao Brasil, normalmente leva roupa de seda,

debido á calor do verán.

Unha gran cea de Nadal inclúe pavo, xamón, arroz de cores, e

marabillosos legumes e pratos de froitas.

Os católicos devotos adoitan asistiren á Misa do Galo. A misa soe rematar

sobre 1:00 da mañá de Nadal! En 25 de decembro, despois de xantar a

xente soe durmir a siesta ou ir á praia.

Os fogos artificiais anuncian o inicio do Nadal. A decoración faise con

flores frescas e as árbores decoradas poden ser vistas nas cidades de

Brasilia, São Paulo e Río de Xaneiro.

No Brasil, existen danzas populares do Nadal e cantos. A festividade dura

ata 06 de xaneiro, cando os reis magos van visitar ao neno Xesús.