17
Unidade didáctica Festival de cinema en galego 2010 Unha lección de cine

Unidade didáctica - Vigo

  • Upload
    others

  • View
    9

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Unidade didáctica - Vigo

Unidade didácticaFestival de cinema en galego 2010

Unha lección de cine

Page 2: Unidade didáctica - Vigo

2

Páx.

Presentación 3

Antes de ver a película 4

Argumento 4

Personaxes 5

Preguntas para resolver antes de ver o filme 10

Preguntas sobre a película 11

Respostas as preguntas sobre a película 16

Festival de cinema en galego 2010. Unha lección de cine

Gisaku

Page 3: Unidade didáctica - Vigo

3

Presentación Esta é a unidade didáctica sobre a película Gisaku. Está realizada co obxectivo de que o profesorado despois de ver a película poida traballar algo dela na clase. O profesorado, en función da diversidade do alumnado, poderá crer necesaria a reformulación dalgunhas das preguntas, así como a eliminación ou o engadido doutras que pensen que poidan ser de utilidade para o seu alumnado. Gustaríanos coñecer as modificacións que se fagan, xa que isto pode sernos de utilidade para a elaboración de próximas unidades. Podedes enviar ditas modificacións a

[email protected] Grazas.

Page 4: Unidade didáctica - Vigo

4

Antes de ver a película… Sería interesante explicarlle o argumento da mesma ao alumnado e indicarlle que estean moi atentos no momento de vela para que lembren os lugares polos que pasan os personaxes e os monumentos que aparecen para poder facer despois as actividades.

Argumento Nalgunha parte de España, un samurai agarda pacientemente para completar unha misión hai tempo confiada: protexer a chave de Izanagi do mal. A chave, composta por anacos poderosos, pecha a porta que conduce á entrada do mundo. Gisaku narra a historia dunha loita entre o ben e o mal, no que un grupo de personaxes moi diferentes terá que colaborar para deter a Gorkan, Amo da Escuridade, de lograr o seu obxectivo de invadir o mundo coas súas hordas demoníacas. Durante a súa misión, Yohei, Riki, Gisaku, Linceto e Moira veranse obrigados a superar as súas diferenzas e todo tipo de dificultades, como preámbulo á batalla definitiva.

Page 5: Unidade didáctica - Vigo

5

Personaxes

Gisaku

É un temible demo ao servizo de Gorkan, o Señor das Tebras. Nunha terrible batalla sucedida hai catrocentos anos, perde todos os seus poderes tras tragar unha das cinco pezas necesarias para controlar a porta do mal: a peza do corazón. A partir dese momento, muda nunha estatua de pedra situada no Val do Jerte, nun letargo do que é espertado por Yohei e o seu acompañante Riki, que enseguida se fai amigo deste traste devorador de metal.

Gorkan Detrás deste home de empresa agóchase un demo, o único supervivente do seu bando hai catrocentos anos dunha batalla entre homes e forzas do mal. Fíxose máis forte e conseguiu unha extraordinaria fortuna con negocios destrutivos. O seu plan é dominar o mundo, pero para iso necesita a chave de Izanagi.

Page 6: Unidade didáctica - Vigo

6

Yohei É un valente samurai, cun gran sentido do deber; é observador, intelixente e paciente. É o único membro da orde de samurais que sobreviviu á temible batalla que enfrontou as forzas do ben e do mal hai catrocentos anos en Xapón.

Tras a batalla, Yohei viaxou polo mundo coa misión de agochar as cinco pezas necesarias para abrir de novo a porta e alterar o equilibrio mundial. Finalmente, ocultounas en distintos puntos de España. Despois de séculos de letargo, esperta nun mundo que non recoñece, está perdido e confundido. Pero o feito de espertar do seu soño indícalle que a súa misión está en perigo e debe concluírse.

Page 7: Unidade didáctica - Vigo

7

Riki É un rapaz solitario que ten como único amigo ao seu padriño, Carmona. Os seus pais morreron nun accidente que deixou unha profunda pegada nel. Os seus compañeiros non o aceptan, tómano por un covarde e é branco de continuas bromas. A consecuencia dunha destas falcatruadas, Riki coñece a Yohei e comeza unha aventura na que atopará todo aquilo que busca: amigos e unha familia. A súa intelixencia, xenerosidade e sentido do humor farán que se converta no punto de unión entre os distintos personaxes: Yohei, Gisaku, Moira e Linceto. Con eles recobrará a confianza nel mesmo e, esquecendo a súa covardía, chegará a arriscar a súa propia vida para salvar os seus amigos.

Page 8: Unidade didáctica - Vigo

8

Moira É un exemplo de toda a nova xeración en equilibrio entre as novas tecnoloxías e o respecto ao medio. É unha investigadora a quen o afán de superación persoal a empurra a fomentar na súa vida unha actitude de competencia cos demais, un xeito de vivir que non sempre a levará polo bo camiño. Segura de si mesma, coñece perfectamente as súas virtudes e os seus defectos.

De carácter intelixente e elitista, non oculta a súa tremenda ambición ao resto do grupo. Individualista e perfeccionista, será o nexo de unión coa Liga Hábadis, unha sociedade científica ecoloxista que agocha un segredo na súa propia organización. Moira aprenderá, ao lado dos seus compañeiros de aventura, a recoñecer os seus erros e a entregarse aos demais, e todo isto fará que cambie a súa forma de ver o que a rodea.

Page 9: Unidade didáctica - Vigo

9

Linceto

É un dos últimos linces ibéricos, pero non é un lince normal xa que sufriu unha estraña mutación. Pode falar e andar erguido, e as súas calidades como combatente quedaron potenciadas. Non confía na raza humana á que culpa da desaparición da súa especie. Ten os seus propios obxectivos dentro do grupo. Ante a perigosa situación dos linces ibéricos, Linceto realiza un pacto con Gorkan. Este asegúralle que a peza da natureza pode darlle poder suficiente para protexer os da súa especie e promételle que lla entregará se o axuda no seu cometido.

Page 10: Unidade didáctica - Vigo

10

Preguntas para resolver antes de ver o filme Para responder estas preguntas pódese contar coa axuda da biblioteca ou de internet

1. Sabes cal é a finalidade dun parque nacional? Que parques nacionais coñeces en España? Onde están? O parque nacional que está en Galicia está moi preto de nós, que coñeces del?

2. Na película van falar do Conde de Lemos, sabes quen foi? 3. Na película van falar de Cervantes, sabes quen foi? Cal foi a súa obra literaria máis representativa? 4. No filme, os personaxes van visitar Galicia, concretamente Santiago de Compostela e A Coruña. Que sabes da Catedral de Santiago? Coñeces o Camiño de Santiago? Que podes contar acerca del? 5. Coñeces a Casa do Home - Domus na Coruña? Sabes a que está dedicado este museo?

Page 11: Unidade didáctica - Vigo

11

Preguntas sobre a película 1. Saberías dicir o nome dos personaxes que aparecen nas seguintes imaxes? Anímate a caracterizalos (aquí tes algúns adxectivos que podes empregar: elitista, solitario, intelixente, valente, destrutivo, combatente, forte, competidor…).

a b c

d e f

Page 12: Unidade didáctica - Vigo

12

2. Os seguintes monumentos arquitectónicos e edificios aparecen ao longo da película. Onde están? Cal foi e cal é a súa función? Pódese contar coa axuda da biblioteca ou de internet para responder estas preguntas.

a b c

d e f

Page 13: Unidade didáctica - Vigo

13

g h i

j k l

Page 14: Unidade didáctica - Vigo

14

3. Na película falan do Parque Nacional de Doñana, onde se atopa? Coa axuda do material da biblioteca ou de internet, busca información sobre este parque nacional. 4. Linceto agocha un segredo: está aliado con Gorkan. Por que? 5. Que consegue cada un dos personaxes coa chave? 6. Cando Yohei esperta, sorpréndese co AVE. Que significan estas siglas? Que outros medios de locomoción aparecen na película? 7. Moira emprega o Hispasat para localizar as pezas da chave. Que significan estas siglas?

8. Ademais destas siglas, tamén aparecen outras. NASA, ESA, ISS, GPS. Que significan?

Page 15: Unidade didáctica - Vigo

15

9. Podes indicar no mapa os lugares polos que pasan os personaxes do filme e o seu nome? 10. Que outros lugares fóra de España aparecen no filme? 11. Cales dos territorios polos que pasan teñen máis dunha lingua oficial e cales son esas linguas? 12. Debate: reflexionade en gran grupo acerca de temas que aparecen neste filme, como o concepto de familia, o papel das novas tecnoloxías, a ecoloxía e o medio natural, as diferenzas culturais e a amizade.

Page 16: Unidade didáctica - Vigo

16

Respostas ás preguntas sobre a película 1. a) Riki. b) Moira. c) Gisaku. d) Yohei. e) Gorkan. f) Linceto. 2. a) Bilbao: Guggenheim. b) e c) Sevilla: La Giralda e a ponte do Alamillo. d) Barcelona: Parque Güell. e) Valencia: Cidade das Artes e as Ciencias. f), g) e h) Madrid: Torres Kio, mosteiro de San Lorenzo del Escorial e fonte da Cibeles. i) Santiago de Compostela: catedral. j) e k) A Coruña: Casa do Home-Domus, Torre de Hércules. l) Barcelona: Sagrada Familia 9. Bilbao, Sevilla, Valencia, Madrid, Toledo, Val do Jerte, Santiago de Compostela, A Coruña, Navarra, Burgos, Barcelona, Illas Baleares. 10. Xapón, Antártida.

Page 17: Unidade didáctica - Vigo

17

Unha lección de cine

w w w . w e S p e a k . e s