Nº 118 O Xoves, 19 de xuño de 2008 11.979DIARIO OFICIAL DE GALICIA
Orde do 13 de xuño de 2008 pola que semodifica a do 21 de febreiro de 2007 polaque se regula a organización, o funciona-mento e a xestión do servizo de comedorescolar nos centros docentes públicos nonuniversitarios dependentes desta consellería.
A experiencia acadada na xestión dos comedoresescolares e a pretensión de manter unha permanen-te mellora destes aconsella introducir criterios pre-cisos á hora de definir os requisitos que os interesa-dos deben reunir para poder ter a condición debeneficiarios das bolsas e axudas que a Administra-ción autonómica establece nos comedores de xestióndirecta.
A finalidade anterior explica que se teña en contao número de membros que poden integrar a unidadefamiliar e os diversos tramos de renda que as fami-lias poden percibir á hora de determinar os efectosque ambas as dúas circunstancias xeran co fin degozar das axudas públicas.
Respecto dos aboamentos motivados polo desen-volvemento dos labores de atención ao alumnado noservizo de comedor escolar, establécese o procede-mento para a determinación do seu importe e perío-dos que se computarán para efectuar os pagamentos.
Por todo o exposto, no exercicio das facultades queme foron conferidas no Decreto 585/2005, do 29 dedecembro, polo que se establece a estrutura orgáni-ca da Consellería de Educación e Ordenación Uni-versitaria, e ao abeiro do disposto no Decre-to 10/2007, do 25 de xaneiro, polo que se regula ofuncionamento dos comedores escolares públicosnon universitarios dependentes da Consellería deEducación e Ordenación Universitaria,
DISPOÑO:
Artigo único
Modificación da Orde do 21 de febreiro de 2007,pola que se regula a organización, o funcionamentoe a xestión do servizo de comedor escolar nos cen-tros docentes públicos non universitarios dependen-tes da Consellería de Educación e Ordenación Uni-versitaria.
Os artigos que se indican quedan redactados doseguinte xeito:
Un.-«Artigo 14º.-Beneficiarios do servizo de come-dor escolar e axudas para o seu financiamento.
1. O uso do comedor escolar dará lugar ao abo-amento deste servizo nos termos que se establecennesta norma.
2. Os ingresos que se produzan polo uso do come-dor escolar serán destinados, por parte dos centrosdocentes, a coofinanciar os gastos que o funciona-mento do servizo xere.
3. Co obxecto de facilitarlle ao alumnado o accesoa este servizo, a Administración educativa asumirá,total ou parcialmente, o seu custo mediante o esta-blecemento de axudas ou bolsas de comedor escolarxestionadas directamente, nos seguintes supostos:
3.1. Serán beneficiarios da totalidade do importeestablecido como axuda ou bolsa de comedor:
a) O alumnado escolarizado no centro docente nosniveis de ensino obrigatorio e segundo ciclo de edu-cación infantil que sexa usuario do transporte esco-lar, salvo que tivesen servizo de transporte escolarao mediodía.
b) O alumnado en situación socioeconómica moidesfavorable ou pertencente a colectivos sociais ouétnicos con dificultades de integración que deman-den accións de especial protección. A acreditaciónrealizarase mediante informe do traballador ou tra-balladora social do concello respectivo.
c) O persoal docente ou non docente e as nais epais que realicen as funcións de atención ao come-dor escolar, nos termos previstos no artigos 8, 9 e 10precedentes.
Non obstante, cando se dea o suposto recollido noparágrafo segundo do artigo 8.2º o período de gocelimitarase ao coincidente co desenvolvemento dolabor de atención aos usuarios.
d) Os alumnos pertencentes a unidades familiaresque acrediten unha renda anual inferior á que sesinala no punto 4.1 deste artigo.
e) Alumnos pertencentes a unidades familiaresque teñan recoñecida a condición de familias nume-rosas de categoría especial, consonte o disposto naLei 40/2003, do 18 de novembro, de protección dasfamilias numerosas.
Neste suposto será requisito indispensable paraser beneficiario a presentación do título oficial derecoñecemento de familia numerosa regulado nosartigos 5, 6 e 7 da mencionada lei.
3.2. Serán beneficiarios do cincuenta por cento doimporte que se estableza como axuda ou bolsa decomedor o alumnado do centro que reúna algún dosseguintes requisitos:
a) Alumnos pertencentes a unidades familiaresque teñan recoñecida a condición de familias nume-rosas de categoría xeral, consonte o disposto naLei 40/2003, do 18 de novembro, de protección dasfamilias numerosas.
Neste suposto será requisito indispensable paraser beneficiario a presentación do título oficial derecoñecemento de familia numerosa regulado nosartigos 5, 6 e 7 da mencionada lei.
b) Os alumnos pertencentes a unidades familiaresque acrediten unha renda anual comprendida entreos tramos que establece o parágrafo 4.2 deste artigo.
11.980 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 118 O Xoves, 19 de xuño de 2008
4. Para os efectos de determinar os beneficiariosderivados da renda familiar dos alumnos usuariosdos comedores escolares observaranse as seguintesnormas:
4.1. Serán beneficiarios da gratuidade total do ser-vizo de comedor escolar o/a alumno/a cando a rendaneta anual da unidade familiar a que pertenza, aten-dendo ao número de membros que a integren, nonsexa superior ao número de veces do indicadorpúblico de renda de efectos múltiples (IPREM), quese sinala seguidamente:
Número de membros da unidade familiar
Renda neta anual Gratuidade do servizo
Ata 3 membros Non superior a 3,5 veces o IPREM 100% 4 membros Non superior a 4 veces o IPREM 100%
4.2. Os usuarios do comedor pertencentes a unida-des familiares que posúan unha renda neta anual,atendido o número de membros que a integren, com-prendida entre os tramos do indicador público derenda de efectos múltiples (IPREM), que se estable-ce na táboa seguinte, resultarán beneficiarios do50% do importe da axuda ou bolsa de comedor:
Número de membros da unidade familiar
Renda neta anual Gratuidade do servizo
Ata 3 membros Superior a 3,5 veces e non superior a 5 veces o IPREM
50%
4 membros Superior a 4 veces e non superior a 5,5 veces o IPREM
50%
Para unidades familiares de máis de catro mem-bros engadirase ao importe resultante dos limiaressinalados nos números 4.1 e 4.2, tanto no tramo infe-rior como no superior, 3.056 € por cada novo mem-bro.
4.3. A renda familiar obterase da parte xeral darenda do ano natural anterior ao do curso en que sepretenda que produza efectos, logo da aplicación domínimo persoal e familiar.
4.4. A renda anual familiar será acreditada, dian-te do Consello Escolar, mediante a presentación decopia da/s declaración/s da renda correspondente oucertificado de ingresos da unidade familiar.
5. Todo aquel alumnado que non se atope incluídonos parágrafos anteriores deberá aboar o servizo nostermos regulados nesta orde.
6. O Consello Escolar de cada centro docente daráa máxima información ás familias sobre o servizo decomedor escolar prestado no centro, para que poidanbeneficiarse das súas axudas e prestacións, de acor-do co disposto nesta orde».
Dous.-«Artigo 15º.-Financiamento e control dosgastos xerados polo funcionamento dos comedoresescolares.
1. O servizo de comedor, cando sexa xestionadomediante as distintas modalidades de xestión direc-ta, financiarase cos seguintes ingresos:
a) Achegas da Consellería de Educación e Orde-nación Universitaria libradas para coofinanciar oservizo, en concepto de axuda ou bolsas de come-dor.
b) Achegas dos alumnos usuarios do servizo candonon posúan recoñecido o dereito ao seu desfrute gra-tuíto total ou parcialmente.
A achega referida poderá ser incrementada cando,ao xuízo do Consello Escolar, o custo real do servizonon alcance a ser cuberto coa achega da Administra-ción autonómica e a mínima establecida para cadausuario.
c) Achegas, en forma de axuda ou doazón, recibi-das doutros organismos públicos ou privados, conce-didas de acordo co disposto na normativa vixente namateria.
2. A Consellería de Educación e Ordenación Uni-versitaria, en atención as dispoñibilidades orzamen-tarias, fixará anualmente o importe das axudas oubolsas que serán libradas para coofinanciar o servi-zo de comedor de xestión directa, así como o impor-te a que deben ascender as achegas dos usuarios doservizo pola súa utilización diaria, para o caso denon ter recoñecido o dereito ao seu uso total ou par-cialmente gratuíto.
3. Cando o servizo de comedor sexa prestado polasmodalidades previstas no artigo 2.1.b) e c) destaorde, será aboado directamente pola Administracióná entidade empresarial que o preste, con cargo aosoportunos créditos orzamentarios, sen prexuízo deque tales aboamentos se vexan completados coimporte que deba aboar cada usuario do servizo quenon teña recoñecido o dereito ao seu desfrute gratuí-to.
4. A xestión económica do comedor escolar, ade-mais de figurar nos rexistros da actividade económi-ca que están establecidos con carácter xeral paratodos os centros docentes públicos de Galicia, cons-tará nunha conta específica para tal fin. Así mesmo,terase un rexistro de ingresos (segundo o modelo doanexo III) e un rexistro de gastos (anexo IV) do ser-vizo de comedor, a xustificación dos cales será pre-sentada, trimestral e anualmente (anexo V) polo/adirector/a do centro ao Servizo de Recursos Educa-tivos Complementarios da delegación provincialcorrespondente, unha vez aprobada polo ConselloEscolar.
5. A elaboración do orzamento de ingresos e gastosdo servizo de comedor escolar no centro será reali-zada polos órganos competentes, dentro da súa auto-nomía de xestión.
6. Para efectuar o pagamento do servizo, os usua-rios de comedor deberán ingresar na conta específi-ca establecida para o efecto o importe mensual outrimestral do prezo do menú.
A falta de aboamento do importe do servizo porparte dos usuarios será causa de perda da praza decomedor por acordo do Consello Escolar do centro.
7. O estado de gastos do orzamento anual do ser-vizo de comedor escolar incluirá tamén a adquisi-
Nº 118 O Xoves, 19 de xuño de 2008 11.981DIARIO OFICIAL DE GALICIA
ción do mobiliario e utensilios inventariables preci-sos para o funcionamento do servizo, ata un máximodo 15% dos ingresos do comedor procedentes daConsellería de Educación e Ordenación Universita-ria.
8. Para o caso de créditos remanentes do exercicioanterior, será de aplicación o establecido no Decre-to 201/2003, do 20 de marzo, polo que se desenvol-ve a autonomía na xestión económica dos centrosdocentes públicos non universitarios».
Tres.-«Artigo 16º.-Aboamento ao persoal de aten-ción ao alumnado do servizo de comedor.
1. O/a director/a, o/a encargado/a do comedor, opersoal docente ou non docente e cantos desenvol-van labores de xestión do comedor escolar e fun-cións de apoio e atención aos seus usuarios, terándereito a percibir un complemento por servizosextraordinarios por cada día de efectiva prestacióndo servizo.
2. A contía do complemento por servizos extraordi-narios a que se refire o parágrafo anterior será esta-blecida por acordo do Consello da Xunta e o seuimporte experimentará, anualmente, igual incre-mento que o que experimenten orzamentariamente,con carácter xeral, as retribucións dos empregadospúblicos.
3. Os importes resultantes serán aboados, con car-go aos créditos orzamentarios relativos ao funciona-mento dos comedores escolares, mediante trespagamentos que comprenderán os períodos corres-pondentes aos meses de setembro a decembro,xaneiro a marzo e abril a xuño, do respectivo cursoescolar».
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2008.
Laura Sánchez PiñónConselleira de Educación e Ordenación
Universitaria
CONSELLERÍA DE PESCA EASUNTOS MARÍTIMOS
Orde de 5 de xuño de 2008 pola que seregula a captura e o desembarque dedeterminadas especies peláxicas.
A Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia,establece que a explotación de recursos mariños enGalicia terá como obxectivos, entre outros, a preser-vación dos recursos e a rendibilidade bioeconómica.Ademais prevé a actuación da Administración auto-
nómica orientada a regular o esforzo pesqueiro enorde a garantir o equilibrio entre a explotación sus-tentable e responsable dos recursos e a súa conser-vación. En concreto, regula que establecerá as nor-mas para o exercicio da actividade encamiñada áexplotación dos recursos mariños nas súas distintasmodalidades, entre outras, as relativas ás cotas ouaos topes máximos de captura.
A Orde do 30 de abril de 2007, pola que se regu-la, a captura e o desembarque de determinadasespecies peláxicas, establece as cotas máximas decaptura por buque e período de tempo para as espe-cies de sardiña e xurelo, co obxecto de regular oesforzo pesqueiro, garantir a conservación e xestiónsustentable das súas poboacións e mellorar a comer-cialización, mantendo o nivel adecuado dos prezos eingresos dos pescadores.
O seguimento desta campaña e a situación dostock de xarda (Scomber scombrus) recomendan quea regulación do esforzo pesqueiro se estenda taména esta especie, considerando necesario establecerunhas cotas de desembarques e un control destas.
Por outra banda, como a xarda tamén é capturadapor outras artes, á parte do cerco, considérase nece-sario establecer uns límites de desembarque para ocenso de artes menores.
Polo tanto, logo da consulta co sector afectado, porproposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños daConsellería de Pesca e Asuntos Marítimos,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto e ámbito.
Esta orde ten por obxecto regular as capturas edesembarques de determinadas especies de peque-nos peláxicos de buques autorizados a exercer a pes-ca de cerco e artes menores que desembarquen assúas capturas nos portos do ámbito territorial destacomunidade autónoma.
Artigo 2º.-Volume de desembarques diarios para ocerco.
Os buques ateranse no volume de desembarquesaos seguintes topes máximos diarios, respectando,en todo caso, os totais admisibles de capturas (TAC)e cotas establecidas:
Sardiña (Sardina pilchardus): 7.000 kg/embarca-ción/día
Parrocha (sardiña de 11 a 15 cm de talla): 2.000kg/embarcación/día.
Xurel (Trachurus trachurus): 6.000 kg/embarca-ción/día.
Xarda (Scomber scombrus): 1.500 kg/tripulan-te/día.