11
Actividade: Atrapa Pintores (Día das Bibliotecas Escolares 2016)

Atrapa Pintores - Wallame

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Atrapa Pintores - Wallame

Actividade: Atrapa Pintores (Día das Bibliotecas Escolares 2016)

Page 2: Atrapa Pintores - Wallame

O conxunto de pinturas rupestres das covas de Altamira na rexión de Cantabria é un descubrimento histórico-artístico de primeira orde, pois representa a primeira manifestación pictórica na Historia da arte. Son numerosas e interesantes todas as pinturas rupestres que forman parte deste conxunto. E entre elas, cabe destacar o especial protagonismo que cobran as figuras de bisontes. O conxunto alberga, aproximadamente, 38 figuras de bisontes realizadas no teito da sala principal, a chamada “Sala dos Polícromos”.

Quen descubriu estas pinturas? En que ano foi?

BISONTE DE ALTAMIRA Pintura rupestre de estilo franco-cantábrico do Paleolítico (15.000- 12.000 a.c.) Cova de Altamira, Cantabria (España)

Page 3: Atrapa Pintores - Wallame

O CABALEIRO DA MAN NO PEITO El Greco (1578-1580) Museo do Prado de Madrid É un dos retratos españois máis coñecidos no mundo. Un cabaleiro coa man no peito mira ao espectador coma se fixese un pacto con el. A postura da man parece un xesto de xuramento. Este home está vestido de forma fina e elegante e porta unha espada dourada. De ouro é tamén o medallón con cadea que leva. No seu tempo converteuse na representación clásica e honorable do español do Século de Ouro. A persoa retratada era de identidade descoñecida. Hoxe considérase que é o marqués de Montemayor e notario maior de Toledo, pero ata hai pouco quíxose ver que podía ser unha configuración dun famoso escritor. De que escritor estamos a falar?

Page 4: Atrapa Pintores - Wallame

AS MENINAS Diego Velázquez (1656) Museo do Prado de Madrid Considérase a obra mestra deste pintor do Século de Ouro español. É unha das obras pictóricas máis analizadas e comentadas no mundo da arte. Os personaxes son servidores palaciegos, que se dispoñen ao redor da infanta Margarita, á que atenden dona María Agostiña Sarmiento e dona Isabel de Velasco, meninas da raíña. Ademais dese grupo, vemos autoretratado ao propio pintor Velázquez traballar ante un gran lenzo, aos ananos Mari Bárbola e Nicolasito Pertusato, que azuza a un mastín, á dama de honra dona Marcela de Ulloa, xunto a un guardadamas, e ao fondo, tras a porta, asoma José Neto, aposentador. No espello están reflectidos os rostros dos reis, pais da infanta e testemuñas da escena. Como se chaman os reis?

Page 5: Atrapa Pintores - Wallame

A MAJA VESTIDA Francisco de Goya (1800- 1805) Museo do Prado de Madrid

É unha das obras máis coñecidas do pintor español Francisco de Goya. Retrátase a unha muller recostada nun leito e mirando directamente ao observador. Non se sabe de certo quen é a retratada. Apuntouse a posibilidade de que se tratase da décimo terceira duquesa de Alba, amiga de Goya. Con todo, dado que o primeiro propietario foi o primeiro ministro Manuel Godoy, considerouse máis probable que a modelo directamente retratada fose a entón amante e logo esposa do propio Godoy, Pepita Tudó. Que outra maja pintou Goya?

Page 6: Atrapa Pintores - Wallame

PASEO A BEIRAS DO MAR Joaquín Sorolla (1909) Museo Sorolla de Madrid É un dos cadros máis famosos realizados polo pintor valenciano Joaquín Sorolla adscrito ao postimpresionismo. Esta magnífica obra foi realizada no verán de 1909 e nela vemos á muller e a filla maior do pintor paseando á tardiña pola praia de Valencia mentres a brisa mariña fai ondear as súas roupas. Podemos ver e sentir o vento nas roupaxes, no parasol e na auga do mar e tamén contemplar a luz do Mediterráneo captada polo seu mellor retratista. Como se chaman a muller e a filla do pintor?

Page 7: Atrapa Pintores - Wallame

AS SEÑORITAS DE AVIGNÓN Pablo Picasso (1907) Museo de Arte Moderna de Nova York Este cadro de grandes dimensións é a referencia crave para falar do Cubismo, do cal este artista español é o máximo representante. No cadro aparecen cinco mulleres espidas. Dous delas son as de aspecto máis cubista das cinco, que asemellan máscaras, debido a influéncia da arte africana que comezou a ser coñecida en Europa a principios de século. As dúas mulleres do centro son máis afíns ás caras dos frescos medievais e as primitivas esculturas ibéricas, en cambio a muller da esquerda é máis parecida á arte exipcia. Na parte inferior móstrase un bodegón composto por algunhas froitas: unha racha de sandía, un acio de uvas, unha pera e unha mazá, todo iso sobre unha mesa tapada cun mantel engurrado de cor branca. Onde ten lugar esta escena?

Page 8: Atrapa Pintores - Wallame

BODEGÓN CON PERSIANA Juan Gris (1914) Tate Gallery de Londres Juan Gris foi unha das figuras máis relevantes do Cubismo. En 1906 este pintor madrileño trasladouse a vivir a París e ensaia novas fórmulas para profundar no seu "cubismo sintético". A Primeira Guerra Mundial trastornou moitas cousas na vida de Juan Gris. Era estranxeiro nun país en guerra, polo que non podía regresar a España onde podería entrar en prisión por prófugo. O ambiente en París faise cada vez máis irrespirable porque cada vez que sae á rúa é vítima de acusacións nacionalistas ou malas miradas. Este cadro pode ser un dos que mellor expliquen o que sente o artista nese momento. A xerra sobre un xornal e a persiana botada impedindo que a luz do exterior entre, transmítennos a sensación de que o artista se oculta na súa casa e íllase. Quen foi o artista español e amigo que máis influíu en Gris?

Page 9: Atrapa Pintores - Wallame

SIGNOS E CONSTELACIÓNS NAMORADOS DUNHA MULLER Joan Miró (1939-1941) Instituto de Arte de Chicago É unha pintura de expresionismo abstracto onde Miró simula un firmamento surrealista infestado de símbolos, entre os que se atopan algúns dos máis recorrentes da súas obras, como son as mulleres e o firmamento. O artista plasma sobre teas de tons neutros un labirinto de liñas negras salpicado polas cores primarias. Sentía a necesidade de escapar das barbaridades cometidas na 2ª Guerra Mundial e a súa vía de escape era mirar ao firmamento, imaxinar que fuxía desa realidade convertido en paxaro para volver despois á terra e expresar en forma de símbolos todo o que cabía nun lenzo. Que técnica da pintura utiliza?

Page 10: Atrapa Pintores - Wallame

GALA CONTEMPLANDO O MEDITERRÁNEO Salvador Dalí (1975) Teatro-Museo Dalí en Figueres (Gerona) Dalí foi un gran pintor español considerado un dos máximos representantes do surrealismo. Estaba sempre indagando, experimentando e atento ás vangardas. Así que optou entón por un lenzo de xigantescas proporcións (4,20 metros de alto por 3,18 de ancho) porque non quería poñerlle as cousas fáciles ao espectador no seu habitual xogo das dobres imaxes. Se un observa o cadro por primeira vez, ve á súa muller Gala espida, de costas, asomada á xanela. Ela centra a atención desta obra na que contrastan as cores cálidas e frías, a partir da xanela tridimensional da súa casa familiar de Figueres, desde a que vía o mar e que lle servía de inspiración. Pero só 18 metros máis atrás, o espectador verá un cadro completamente distinto xa que con só entornar os ollos distínguese claramente o rostro do primeiro presidente dos Estados Unidos, asasinado durante o seu mandato. Cal é o nome deste presidente?

Page 11: Atrapa Pintores - Wallame

A GRAN VÍA , 1 de agosto, 7:30 horas Antonio López (2009-2011)

Antonio López desenvolveu unha obra independente desvinculándose das tendencias realistas europeas máis recentes, ou co hiperrealismo americano. A súas obras caracterízanse polo coidado, o esmero e a dedicación do seu método de traballo. A través dunha plasmación lenta, ben pensada, pretende captar a esencia da vida cotiá, a realidade desde un punto de vista case fotográfico. Pinta a luz copiándoa do natural, por iso tarda tantos anos en pintar algúns dos seus cadros, porque tenta captar a luz dun momento que se só dáse a unha hora concreta e en única data do ano. Ten máis de media ducia de cadros sobre uns dos seus lugares preferidos de Madrid: a bifurcación de Alcalá cara a Gran Vía. Cantos anos tardou en pintar o Retrato da familia de Juan Carlos I?