114
O CARBALLIÑO (O ARENTEIRO) A NATUREZA

Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

O CARBALLIÑO(O ARENTEIRO)

A NATUREZA

Page 2: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

O río Arenteiro no Carballiño, a carón do Balneario

A comarca coñecida como O Arenteiro ou O Carballiño está situada ao noroeste da provincia de Ourense, lindando coas de Pontevedra e Lugo. O territorio é moi irregular e está intensamente fracturado. Sitúase entre as serras da dorsal (Candán, Testeiro e Faro) coas súas estribacións cara ao sur e leste (Martiñá, Montes do Paraño) e os vales do Miño e os seus afluentes; Avia, do que colle a metade norte da cunca cos ríos Doade, Viñao e Arenteiro, e Barbantiño, do que colle a metade oeste. É unha comarca dunha grande riqueza natural, asociada aos vales dos ríos e á montaña.

Page 3: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

SUPERFICIE: 552,3 km2 POBOACIÓN: 29.800 habitantes CONCELLOS: Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.ESPAZOS PROTEXIDOS: LIC “Pena Veidosa”, “Serra do Candán” e “Serra do Cando”.

Page 4: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

CLIMAVaría desde o oceánico de montaña, nas terras altas, ata o oceánico mediterráneo nos vales dos ríos, onde se cultiva o viñedo acollido á Denominación de Orixe O Ribeiro.

A Ermida

Page 5: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

ACTIVIDADESServizos, industria, construción, agricultura (especialmente o viñedo), gandaría...

Obradoiro de pan en Cea

Page 6: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Forno comunal convertido en museo. Os fornos comunais utilizábanse por varios veciños que cocían en quendas semanais. Na actualidade os panadeiros e panadeiras teñen obradoiros e fornos propios.

PAN DE CEAEstá amparado por unha Indicación Xeográfica Protexida. Protexe o pan elaborado de xeito artesanal, empregando un 50% de fariñas de trigo de variedades galegas. O pan de Cea distínguese pola sua codia laminosa e renxente. A miga ten un alveolo regular e un sabor característico a trigo natural. O período de conservación e superior ao do pan normal. Débese gardar en bolsa de papel.A tradición de elaborar pan en Cea ven de moi antigo. Facíase en máis de trinta fornos comunais, na actualidade fóra de servizo. O segredo do pan de Cea está na calidade das materias primas e na súa elaboración con lévedo artesanal, o triple tendido, o corte que o identifica, andar co pan no forno durante a cocción para axudalo a abrir e darlle unha cocción longa.

Arredor do Pan de Cea celébrase unha festa desde o ano 1992.

Page 7: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

PATRIMONIOAcolle importantes mostras histórico-artísticas (castros, mosteiros, igrexas, pazos, petos de ánimas, cruceiros...) e etnográficas (museos, muíños, fornos comunais...).De grande importancia son tamén as numerosas fontes termais e balnearios (O Carballiño, Partovía, Bañiño de Arcos, Punxín...) que tradicionalmente son visitados por moitas persoas na percura de mellorar a súa saúde ou como lecer.O Camiño de Santiago atravesa a comarca polos concellos de Cea e Piñor.

Petróglifo do Bolo(Garabás, Maside)

Page 8: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Castro de San Cibrao de Las. Atópase entre os concellos de San Amaro e Punxín. Considerado o máis grande de Galiza, habitado desde o século II a C até o século II d C. Conserva unha completa estrutura defensiva e un completo sistema urbán. Conta un centro de interpretación.

Page 9: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Igrexa de Moldes (Boborás)Igrexa de San Salvador de Pazos de Arenteiro (Boborás) do século XIII.

Page 10: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Igrexa de San Martiño de Cameixa (Boborás)

Page 11: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Igrexa de Xurenzás (Boborás)

Page 12: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Cruceiro na igrexa de Xuvencos (Boborás) Igrexa de Xuvencos (Boborás)

Page 13: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Igrexa de san Pedro de Mandrás (Cea) Igrexa de San Facundo (Cea)

Page 14: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Igrexa de Souto (Cea)

Page 15: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Mosteiro de Oseira (Cea)

Page 16: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Templo da Veracuz (O Carballiño)

Page 17: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Detalles e cruceiro da igrexa de Santa Baia de Banga (O Carballiño). No interior consérvanse unhas interesantes pinturas muraias.

Page 18: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Igrexa de Santa María de Mesego (O Carballiño)

Page 19: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Igrexa de Lobás (O Carballiño)Igrexa do Mosteiro de Lobás (O Carballiño)

Page 20: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Igrexa de Garabás (Maside) Igrexa de Louredo (Maside)

Page 21: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Igrexa de Santa Comba de Trevoedo (Maside)

Page 22: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Igrexa de San Fiz de Navío (San Amaro)

Igrexa de Salamonde (San Amaro)

Page 23: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Igrexas de San paio de Loeda

Page 24: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Igrexa de Santa María de Vivela (Punxín)

Page 25: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Cruceiro na Ponterriza (Longoseiros, O Carballiño)

Page 26: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Hórreo en San Facundo (Cea)Hórreo con pombeiro en Biduedo (Cea)

Hórreos en Rañestres (Maside)Hórreos en Louredo (Maside)

Page 27: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Eira e hórreos en Framia (Beariz)

Hórreos na Forxa (Beariz)

Page 28: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Pendellos da feira de Moldes (Boborás)

Pazos en Banga (O Carballiño)

Page 29: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

CONCELLOS

SUPERFICIE: 55,93 km2 POBOACIÓN: 1.016 habitantes (2015).PARROQUIAS: Beariz, Lebozán e Xirazga.

BEARIZEstá situado ao oeste da comarca, ao pé das serras da Dorsal, no linde coas comarcas de Pontevedra e Terra de Montes. O territorio tén dúas áreas moi diferenciadas: a montaña, nas serras do Testeiro e A Costoia, e os vales dos ríos, na súa maioría afluentes do Cardelle (da conca do Avia), e unha pequena parte das concas do Verdugo e do Deza.

A Ermida, no porto natural de paso entre Pontevedra e Ourense, nos montes da Costoia.

Page 30: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

As principais actividades son os servizos e a agrogandaría.É un concello eminentemente rural, sen grandes núcleos de poboación e moi afectado pola emigración, aínda que cunha renda moi alta.Acolle espazos de grande interese natural nas serras e nos vales dos ríos, incluíndo partes dos LICs Serra do Candán e Cando. Conserva tamén importantes restos histórico-artísticos e etnográficos: antas, petroglifos, calzada e ponte romana (Ricovanca-Xirazga), hórreos, igrexas, casas tradicionais...Hai varias rutas sinalizadas que permiten visitar o castro de Garfián e os petroglifos, os conxuntos etnográficos de Magros, e Ricovanca e A Serra, onde se atopan os restos das minas de estano, moi importantes noutros tempos.

Carballeira en San Pedro de Muradás, onde se atopa unha ermida e o monumento ao emigrante do escultor ourensán Xosé Cid.

Igrexa de Beariz

Page 31: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

SUPERFICIE: 87,77 km2 POBOACIÓN: 2.510 habitantes (2015). PARROQUIAS: Albarellos, Astureses, Brués, Cameixa, Cardelle, Feás, Laxas, Moldes, Moreiras, Pazos de Arenteiro, O Regueiro, Xendive, Xurenzás e Xuvencos.

BOBORÁSEstá situado no centro-sur da comarca. O territorio ten dúas áreas diferenciadas. Ao oeste sitúanse os cumes máis altos, nas estribacións do Testeiro e do Paraño, e vai descendendo cara ao sur polos vales dos ríos.Os principais cursos fluviais son o Avia, que fai de linde polo sur, e os seus afluentes o Arenteiro, ao leste, no linde con Carballiño; o Viñao (co Lobagueira), que atravesa o territorio do concello de norte a sur, e o Cardelle, no sur.

Albarellos

Page 32: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

As principais actividades son as explotacións forestais, a viticultura, os servizos e as pequenas empresas.Acolle importantes valores naturais asociados aos cursos dos ríos; histórico-artísticos e etnográficos.

Igrexa de Astureses, románica do século XII. Foi construída polos Templarios.

Pazos de Arenteiro. Unha pequena vila declarada conxunto Histórico Artístico en 1973. Arredor da igrexa románica agrúpanse varios pazos e casas tradicionais.

Page 33: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

SUPERFICIE: 54,36 km2 POBOACIÓN: 13.999 habitantes (2015).PARROQUIAS: Arcos, Banga, O Barón, Cabanelas, O Carballiño, Lobas, Longoseiros, Madarnás, Mesego, Mudelos, Partovía, A Piteira, Ponte Veiga, Sagra, Señorín e Seoane de Arcos.

Balneario do Carballiño

O CARBALLIÑOEstá situado no centro da comarca, nun terreo de transición entre as serras da Dorsal e o val do Miño. O Territorio descende pouco a pouco desde o cume do Pico Seco, a máxima altura do concello, situado no nordeste, ata os 200 m de altitude do val do Avia. O río Arenteiro atravésao de NE a SO.

Page 34: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Templo da Veracruz, do arquitecto Antonio Palacios, construído entre 1949 e 1957.

As principais actividades son os servizos, a industria e o comercio.Ten moita importancia o turismo ligado aos balnearios, de grande tradición na vila do Carballiño onde se atopan as instalacións do “Gran Balneario”. No concello atópase tamén o “Bañiño de Arcos” e o balneario de Caldas de Partovía, cun edificio de finais do século XIX.Os lugares de interese natural están asociados a todo o curso do río Arenteiro no que hai numerosas áreas de lecer, sendeiros e museos etnográficos.O Carballiño conserva importantes mostras artísticas e etnográficas: igrexa da Veracruz, numerosas igrexas románicas e barrocas, castros, muíños, pontes...

Pena dos namorados, a carón do paseo que segue ao río Arenteiro.

Page 35: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

SUPERFICIE: 40,01 km2 POBOACIÓN: 2.906 habitantes (2014).PARROQUIAS: Amarante, Armeses, Garabás, O Lago, Louredo, Maside, Piñeiro, Rañestres e Santa Comba do Trevoedo.

Área de lecer arredor das fontes termais da Rañoa

MASIDEEstá situado no centro leste da comarca. O territorio forma parte dos Chaos de Amoeiro, unha penichaira de 200 a 300 m de altitude media cunha suave inclinación en sentido nordés-suroeste. Presenta o aspecto dunha superficie moi erosionada con pequenas lombas onde os cumes máis destacados son O Bolo (544 m) e O Piñeiro (443 m).O río máis importante é o Barbantiño que fai linde polo leste coa comarca de Ourense.

Page 36: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Calzada romana que leva á ponte de San Fiz sobre o río Barbantiño.

Unha grande parte do territorio está ocupado por plantacións forestais de piñeiros. Outras actividades de interese son os servizos e pequenas industrias.No aspecto natural destaca o espazo chamado Pozo do Lago, unha lagoa artificial orixinada por unha antiga explotación aurífera iniciada polos romanos.Maside foi sempre un importante lugar de paso, situado no camiño real de Ourense a Pontevedra. Conserva importantes representacións da arte románica e barroca (igrexas, pazos, cruceiros).

Capitel da portada de San Tomé o Vello de Maside, igrexa románica do século XIII.

Page 37: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

SUPERFICIE: 121 km2 POBOACIÓN: 1.600 habitantes (2015).PARROQUIAS: Campo, Cangues, A Cidá, Corneda, Cusanca, Dadín, Espiñeira, Froufe, Loureiro, Parada de Labiote, Readigos e O Regueiro.

O IRIXOEstá situado ao norte da comarca, entre a vertente sur-leste do Testeiro e as últimas estribacións do Faro, nos lindes con Pontevedra e Lugo Ocupa e tén repartidos nas parroquias de No territorio diferéncianse claramente dúas áreas. Ao norte e oeste están os cumes máis altos, , co punto máximo no monte Uceiro (montes do Testeiro), no linde coa comarca do Deza. cara ao sur vanse abrindo os vales dos ríos principais: o Lobagueiras e Viñao que van ao Navia, e o Pedriña, que vai ao Arenteiro.

Paisaxe do Irixo desde O Testeiro. No centro o monte Sorribas.

Page 38: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

As actividades máis importantes son a agrogandeiría e pequenas industrias. Unha grande parte do terreo está ocupado por plantacións forestais de piñeiros que son a base de industrias madeireiras.É un concello con importantes valores naturais, en especial na áreas de montaña. Unha parte está incluída no LIC Serra do Candán.

Paisaxe do Irixo entre o monte Testeiro e o Couto de Sonelle, co val do río Redondos, afluente do Viñao, e a localidade do Paraño.

Igrexa na Lama, na parroquia de Campos

Page 39: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

SUPERFICIE: 52,65 km2 POBOACIÓN: 1.237 habitantes (2014).PARROQUIAS: Barrán, A Canda, Carballeda, Coirás, A Corna, Loeda e Torcela.

Casa tradicional en Freás

PIÑOREstá situado ao norte da comarca. O Territorio vai perdendo altura desde as estribacións da serra do Faro, ao norte (Val de Égoas, con 864 m e Penas das Greas, con 803 m), ata o val do Arenteiro, cunha altitude media de 500 m.O concello está atravesado polo curso alto do río Arenteiro, que recibe aos afluentes Asneiro, Fonte e Mirela.

Page 40: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

As principais actividades están relacionadas co sector forestal e a agro-gandeiría, cunha importante produción de porcino.Os espazos de maior interese natural atópanse nos cumes próximos á serra do Faro e no val do río Arenteiro.

Ponte sobre o río Arenteiro en Arenteiro. Por ela pasa o camiño de Santiago da Ruta da Prata.

Antiga fábrica de papel en Lousado, construída en 1836, funcionou case cen anos.

Page 41: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

SUPERFICIE: 17,07 km2 POBOACIÓN: 749 habitantes (2014). PARROQUIAS: Barbantes, Freás, Ourantes, Punxín, Vilamoure e Vilela.

Ourantes desde o cume de San Trocado

PUNXÍNSituado ao sur da comarca, cunha pequena parte lindando co río Miño. O territorio ten dúas áreas diferenciadas. Ao oeste está ocupado por unha superficie de erosión cunha altitude entre 380 e 450 m, que ten o cume máis alto en San Trocado (554 m). No leste vai descendendo cara ao val do Barbantiño que atravesa a beira do concello de norte a sur e xúntase ao Miño no linde coa comarca de Ourense.

Page 42: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Detalle da igrexa de San Xoán de Ourantes

É un concello eminentemente rural con pequenos núcleos de poboación. A maior parte do terreo está ocupado por plantacións de viñas da Denominación de orixe do Ribeiro e por explotacións forestais de piñeiros.Acolle importantes restos histórico-artísticos (castros, igrexas, cruceiros, pazos) e etnográficos.

Vista de Punxín desde o castro de San Cibrao das Las

Page 43: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

SUPERFICIE: 28,94 km2

POBOACIÓN: 1.180 habitantes (2014).PARROQUIAS: Anllo, O Barón, Beariz, Eiras, Grixoa, Lás, Navío e Salamonde.

SAN AMARONo sur da comarca. O territorio está situado entre a superficie de aplanamento e os vales dos afluentes do Miño. É de releve irregular e as máximas alturas son os montes de San Trocado e A Cidade. O río principal é o Lavandeira, que se xunta co Miño no veciño concello de Cenlle.

Panorámica de San Amaro desde San Trocado.O monte de San Trocado, próximo a San Cibrao das Las é un pequeno cume de 550 m de altitude que pola súa magnífica situación ofrece amplas panorámicas en todas as direccións: comarcas de Carballiño, Ourense e O Ribeiro e gran parte do val do Miño.

Page 44: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

As principais actividades son o cultivo do viñedo (Denominación de Orixe O Ribeiro), as plantacións forestais de piñeiros, a gandaría (especialmente explotacións porcinas e avícolas) e algunhas industrias derivadas como serradoiros e adegas.É un concello que acolle importantes restos arqueolóxicos como os castros de San Cibrao das Las e San Trocado (compartidos con Punxín).

Fonte-pozo do castro de San Cibrao de Las

Capela e cruceiro de San Roque en Salamonde

Page 45: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

SUPERFICIE: 94,38 m2

POBOACIÓN: 2.418 (2014) habitantes PARROQUIAS: Castrelo, Cea, Covas, Lamas, Longos, Mandrás, Oseira, Pereda, San Fagundo, Souto, Vales, Vilaseco e Viña.

Panorámica da serra da Martiña, co Picote e a localidade de Ricovelo

SAN CRISTOVO DE CEASituado ao nordeste da comarca, lindando coa provincias de Lugo e Pontevedra. O relevo está estruturado en dúas áreas ben diferenciadas. Ao norte sitúanse as serras de Martiñá e as estribacións do Faro, onde se atopan as maiores alturas que superan os 1.000 m. Cara ao sur vai descendendo ata unha superficie de erosión de altitude media de 500 m. Os ríos máis importantes son o Arenteiro cos seus afluentes Oseira-Mirela e Marañao; o Barbantiño que discorre polo linde con Carballedo (Lugo) e a comarca de Ourense (concellos de Vilamarín e Amoeiro) e recibe pola dereita o Ricovelo e o San Bieito, e o Bubal que ten no concello o seu nacemento e parte do curso alto.

Page 46: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Mosteiro de OseiraFundado en 1117 e con sucesivas ampliacións.

As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal, as pequenas industrias, o comercio e os servizos. Destaca a elaboración do pan de Cea.É un concello de grande interese natural que acolle parte do LIC Pena Veidosa, histórico-artístico (mosteiros, igrexas, petos de ánimas, cruceiros...) e etnográfico (fornos comunais, muíños, pontes...).

Torre do reloxo en Cea

Page 47: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

RELEVO

Vista desde o Testeiro do releve do norte da comarca. No primeiro termo Froufe, no monte Sorribas; máis alá os montes que separan O Irixo e Piñor, e ao fondo as serras do Faro e A Martiñá.

O territorio da comarca é moi irregular e está intensamente fracturado e dividido polos vales fluviais. As máximas altitudes atópanse nas serras da dorsal, desde o sur da serra do Faro, O Candán, O Testeiro, A Costoia e O Suído, na súa confluencia co Cando. Desde este eixo parten estribacións cara ao sur e leste (Martiñá, Marcofán...). O cume máis alto da comarca é o Martiñá, con 1.042 m. Estas serras forman a divisoria de augas entre a cunca do Miño, cara o leste e sur, e as do Verdugo-Oitavén, Lérez e Ulla, cara ao oeste. O terreo vai perdendo altura pouco a pouco ata o val do Arenteiro e o Miño. Entre os vales dos ríos sitúanse numerosos cumes de menor altitude e no sur al alturas que forman os Chaos de Amoeiro.

Page 48: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Vista da comarca desde San Cibrao de Las. Ao fondo a serra da Martiñá e á súa esquerda a serra do Faro.

Page 49: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Bolos de granito na Martiñá

As rochas dominantes son os granitos que destacan nos cumes en formas acasteladas, bolos e penedos. Tamén se atopan xistos e gneis.

Xistos no Testeiro

Page 50: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Poboadura, no Val de Oseira entre a serra da Martiñá e as estribacións do Faro

A vexetación dominante nos cumes é o mato atlántico (breixos, carqueixas, xestas, queirugas e toxos) con algunhas áreas de pasteiros e as plantacións forestais de piñeiros. Nos fondos dos vales consérvanse pequenos bosques formados por carballos (a árbore máis abundante), rebolos, bidueiros, ameneiros, castiñeiros, pereiras bravas, acivros... Hai grandes espazos repoboados con piñeiros.

Page 51: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Caravel (Petrorhagia nanteuilii). Florece no verán en lugares secos.

Toxo, unha das plantas máis comúns no mato dos montes

Page 52: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Carqueixa (Chamaespartium tridentatum). Arbusto sen follas que pode acadar ata 70 cm de altura. A función dasfollas realízana unhas prolongacións laminares dos talos.

Page 53: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Liques barba de frade (Usnea...) sobre un carballo

Page 54: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Estas gramíneas de aspecto nebuloso colonizan os solos areosos pobres como os que quedan nas zonas queimadas despois do lavado da chuvia.

Xensá (Gentiana pneumonanthe).Florece en prados e bosques abertos.

Page 55: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Saltón, un insecto común nos montes

A fauna das serras é dun grande interese, pola variedade e, sobre todo, pola presenza de especies pouco comúns noutros lugares como o bufo real, a gatafornela ou a tartaraña cincenta.

Bufo real (Bubo bubo)

Page 56: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi). Os machos teñen unha brillante cor azul na gorxa. É unha especie endémica do noroeste ibérico.

Page 57: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Vista da Serra da Martiñá desde o val de Oseira

SERRA DE MARTIÑÁÉ unha serra con dirección N-SO, de alturas medias que rondan os 1.000 m, situadas ao sur, e moi preto, da Serra do Faro, entre as provincias de Lugo e Ourense, formada maiormente por granitos. O monte máis alto é o Castro ou Martiñá, con 1.042 m. Na vertente leste nace o Bubal, afluente do Miño, na Oeste o Oseira e o Mirela e na Sur o Barbantiño.As diferenzas de altitude do espazo favorecen a presenza de diferentes ecosistemas: bosques caducifolios nas abas dos montes e turbeiras nos cumes erosionados e mal drenados.A zona está moi castigada polos incendios forestais que se suceden moi a miúdo.Desde os cumes hai unhas excelentes vistas da contorna.Está declarada como ZEP e LIC co nome de Pena Veidosa.Accedese pola estrada de Cea a Vales ou desde Oseira.

Page 58: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

A Porteliña

Monte do Castro, o cume máis alto da serra de Martiñá

Page 59: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Vista da aba leste do Faro. No Marco conflúen as provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense.

SERRA DO FAROEsténdese con dirección norte-sur no linde entre as provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense. É unha serra de perfil suave que vai perdendo altura cara ao sur, con numerosas fallas ocupadas por ríos pouco encaixados. Está formada por granitos porfídicos no norte e granitos de dúas micas no sur, separados por unha banda de migmatitas. Serve de divisoria a dúas concas galegas importantes, a do Miño e a do Ulla. As máximas alturas na comarca son o Piorno, Pena Carballosa (953 m), Loma Chaira (941 m) e A Mina (939 m).A vexetación dominante é o mato de toxo e breixo e os bosques de piñeiros de repoboación (piñeiros silvestres). Nas valgadas e partes baixas consérvanse carballeiras.Accedese desde Cea (Oseira) ou Piñor.

Page 60: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

O Faro e as estribacións en terras de Piñor e O Irixo

Page 61: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Vista xeral do Testeiro

MONTES DO TESTEIRO Serra con orientación NE-SO que fai de linde natural entre as comarcas do Deza, ao norte e Carballiño, ao sur. Son montes con formas vigorosas delimitados por unha fractura con direción NNE-SSO e moi diseccionados pola erosión dos ríos. Na vertente leste nacen afluentes do Viñao e na oeste afluentes do Deza. O punto máis alto é o monte Uceiro con 1.003 m, onde conflúen os concellos de O Irixo (Ourense) e Lalín (Pontevedra).As rochas dominantes son os granitos e os xistos.Está incluída no LIC/ZEP “Serra do Candán”. Pódese acceder desde O Paraño e O Irixo.

Page 62: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Monte Uceiro, cume da Serra do Testeiro. Nas súas abas están situadas as localidades de Carballeda e Subirol.

Page 63: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

O Testeiro no verán

O Testeiro no inverno.Os días de néboa os vales cúbrense de néboa que moitas veces non levanta en todo o día.

Page 64: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

MONTE SORRIBAS Ocupa unha posición intermedia entre O Testeiro e as estribacións do Faro, en terreos do concello do Irixo. Separa os vales do Lobagueiras e o Viñao.Accedese desde Froufe (O Irixo).Desde os cumes hai vistas espectaculares sobre toda a contorna.

Page 65: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Cumes da Costoia

MONTES DA COSTOIAAliñación con dirección NE-SO que se estende entre os Montes do Testeiro e o Cando, no linde entre a comarca do Carballiño (Beariz) e Terra de Montes (Cerdedo). O cume máis alto é o Costoia con 953 m. Son montes de formas suaves e redondeadas onde as rochas dominantes son os xistos.Accedese desde Xirazga ou desde a estrada de Beariz a Ricovanca. Unha ruta sinalizada vai desde a ermida de Santo Domingo, pasa polas antigas minas de estano e remata no río Verdugo en Ricovanca.

Page 66: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Cumes da Costoia.A aliñación dos montes da Costoia remata no Alto da Cruz (908 m) ao pé da localidade da Ermida.

Vista dos cumes do Suído entre a néboa, desde o alto da Costoia.

Page 67: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Unha pequena parte da SERRA DO CANDO pertence ao concello de Beariz, e nela atópase Ratel, o pobo da imaxe compartido entre Cernedo e Beariz.

Page 68: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

OS RÍOS

O Arenteiro no Carballiño

A comarca do Carballiño pertence case por completo á conca do Miño, aínda que este so rega unha pequena parte en terras do concello de Punxín. Os principais ríos son O Avia, que fai de linde natural co Ribeiro e o Barbantiño que fai de linde con Ourense polo leste. O Viñao e o Arenteiro, afluentes do Avia, atravesan a comarca de norte a sur. Unha pequena parte do concello de Beariz está atravesada polo río Verdugo no seu curso alto e unha das cabeceiras do Deza discorre entre Beariz e O Irixo.

Page 69: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Río Verdugo en Ricovanca.A carón dos ríos, nos lugares máis afastados a natureza exprésase con toda a súa forza, e moitos casos combinada con obras humanas que se integran perfectamente na paisaxe.

Arredor dos ríos consérvanse ecosistemas de grande interese cunha rica flora e fauna asociadas aos cursos de auga e os bosques de ribeira.

Fento, dentabrú (Osmunda regalis)

Page 70: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Ra verde (Pelophylax perezi). É a máis común e coñecida das ras galegas.

Á beira de ríos limpos e de correntes rápidas podemos atopar ras patilongas.

Merlo rieiro (Cinclus cinclus). Este paxaro, aparentemente pouco dotado para a vida na auga, é un excelente mergullador que se despraza coa axuda das ás ou camiñando polo fondo dos ríos nas zonas de correntes para capturar larvas de insectos, escarabellos...

Page 71: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Ponte Sobreira, no río Barbantiño, entre Faramontaos (Cea) e Sobreira (Vilamarín), no Camiño de Santiago.

Os ríos desta comarca concentran un importante patrimonio histórico e etnográfico: calzadas romanas, pontes, muíños, fábricas de papel...

Page 72: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

O MIÑO desde San Trocado.

RÍO MIÑO Nesta comarca ten un pequeno tramo do seu percorrido (menos de 1 km) na súa marxe dereita, en terreos do concello de Punxín.

Page 73: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

RÍO BARBANTIÑONace en Orbán (Vilamarín-Ourense). Percorre terreos dos concellos de Vilamarín, Cea, Amoeiro e Ourense, e xúntase co Miño en Barbantes. Nesta comarca recibe os ríos San Bieito, Louredo, Garabás e Figueiroa.Unha ruta de sendeirismo de 23 km segue o percorrido do río desde a ponte do Vilar, en Vilamarín, preto do seu nacemento, ata a desembocadura.

Ponte Mandrás (San Cristovo de Cea)

O Barbantiño en Mandrás

Page 74: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

RÍO FORMIGUEIRO, afluente pola esquerda do Barbantiño, Na imaxe antes de xuntarse co Barbantiño entre Amoeiro e Punxín.Ponte de San Fiz entre Maside e Amoeiro

Page 75: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

FERVENZA DO CACHÓN, POZO DO INFERNOEntre Maside e Amoeiro.A erosión do río nas rochas graníticas forma rápidos, pozas e fervenzas de gran beleza. A máis alta mide uns 10 m en varios saltos.Está nunha contorna cunha vexetación moi conservada, con bos exemplares de carballos, freixos, amieiras e salgueiros. Na marxe esquerda hai un grupo de 3 muíños en serie.

O Barbantiño en Punxín

Page 76: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Encoro de Alvarellos. Recolle as augas do curso alto do Avia e os seus afluentes

RÍO AVIANace en Fonte Avia, na serra do Suído (Abelenda-Avión-Ourense) e percorre o sur da comarca facendo linde entre o concello de Boborás e o Ribeiro.Ten un percorrido encaixado no seu curso alto, forma unha ampla veiga no curso medio e volve a encaixarse antes de se xuntar co Miño. Os afluentes máis importantes son pola esquerda o Cardelle (co Doade, Magros e Beariz), o Couso, o Viñao, o Arenteiro (co Pedriña, Fervenza e Oseira) e o Barón.

Page 77: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Val encaixado do Avia entre Boborás e Leiro, augas abaixo da presa de Alvarellos

Page 78: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

O Avia en Salón, onde recibe as augas do Viñao

Ponte da Cruz, en Pazos de Arenteiro, onde o Avia recupera parte do seu caudal ao recibir as augas do Viñao e o Arenteiro.

Page 79: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

O curso do río Doade discorre nun val encaixado formando numerosas curvas para sortear as múltiples irregularidades do relevo.

RÍO DOADE /CARDELLENace na aba leste do Suído, no concello de Avión. Desde preto do seu nacemento ata case a súa desembocadura fai de linde natural entre as comarcas do Carballiño e O Ribeiro e xúntase ao Avia no encoro de Alvarellos. Os seus afluentes máis importantes son os regos de Xirazga ou Pouso, Beariz e Magros.

Page 80: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

O río Doade en Beariz Canón do Doade no comezo do encoro de Alvarellos

Page 81: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

O río Doade en Beariz. Fervenza e muíño da Caldeira.

Page 82: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

O Viñao en Boborás

RÍO VIÑAONace en Cusanca (O Irixo), percorre terreos dos concellos de O Irixo e Boborás e xúntase ao Avia en Salón. Recibe as augas do Lobagueiras e o Lodeiros.

Page 83: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

O Viñao na área de lecer do Irixo

FERVENZA DE SAN BARTOLOMEU DA FREIXANa parroquia de Cameixa (Boborás). O río Viñao forma nesta zona pequenos saltos e rápidos. Un rego que desemboca nel (Lodeiros) pola dereita ten unha fervenza en rochas de xistos duns 15 m de altura en varios saltos.

Page 84: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Río Arenteiro en Loeda. Nesta zona o río encáixase e tivo múltiples aproveitamentos; muíños, serradoiros, e unha fábrica de papel.

RÍO ARENTEIRONace no sur da serra do Faro, atravesa os concellos de Cea, Piñor, O Carballiño e Boborás e desemboca no Avia en Pazos de Arenteiro. Os principais afluentes son pola dereita o Asneiros e Pedriña, e pola esquerda o Mirela (Oseira) e Marañao.

Page 85: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Atranco para a fábrica de papel en Loeda

Page 86: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Río Asneiros en Piñor. o RÍO ASNEIROS nace preto do Castro de Dozón nas estribación do Faro e únese ao Arenteiro en Piñor, nas proximidades de Loeda.

Río Oseira na área de lecer de Oseira (San Cristovo de Cea). O RÍO OSEIRA nace entre o Faro e a serra da Martiñá e máis abaixo recibe o nome de Mirela. Únese ao Arenteiro na confluencia dos concellos de Piñor, Cea e O Carballiño.

Page 87: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Río Mirela en Piñor

Page 88: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

O Arenteiro no Carballiño.Un paseo percorre o río ao seu paso polo Carballiño onde hai varias áreas de lecer e se poden visitar os restos da antiga fábrica de papel, a piscifactoría, o museo etnográfico do Muíño do Anxo ou subir á pena dos Namorados. Unha ruta de sendeirismo de 11 km permite visitar distintos puntos e remata en Pazos de Arenteiro.

Page 89: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

O Arenteiro no Carballiño

Page 90: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

A Ponterriza sobre o Arenteiro no Carballiño

O Arenteiro no Carballiño

Ponte da Veiga sobre o Arenteiro no Carballiño

Page 91: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Museo etnográfico do Muíño do Anxo e área de interpretación do río Arenteiro. Accedese desde a estrada vella de Carballiño a Pontevedra ou seguindo o paseo pola beira do río.

Muíño das lousas, convetido nunha instalación de hostelería.

Page 92: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

O río Arenteiro en Pazos de Arenteiro nun tramo onde abondan os rápidos e pequenos saltos nun entorno de bosques de ribeira de grande beleza. Unha ruta permite seguir un tramo do río e pódese continuar ata o Carballiño.Despois de saír da vila do Carballiño o Arenteiro

encáixase entre penedos granítico formando rápidos e pequenos saltos nunha paraxe de grande beleza e valor ecolóxico coñecido tradicionalmente co nome do Salto.

Page 93: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Desembocadura do Arenteiro no Avia en Pazos de Arenteiro

Page 94: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

POZO DOS FUMESNa parroquia de Pazos de Arenteiro (Boborás).O río Arenteiro forma unha serie de saltos e rápidos en rochas graníticas con grandes bolos. No Pozo dos Fumes encáixase entre dous grandes penedos e cae a gran presión desprendendo gran cantidade de vapor, o que motivou o nome.Accedese desde a estrada de Leiro a Pazos de Arenteiro, seguindo unha ruta que comeza nos restos da Ponte da Cruz.

Page 95: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

RÍO VERDUGONace na serra do Cando, no Outeiro Grande e ten un curto percorrido no seu curso alto por terreos de Beariz nunha paraxe de gran beleza e de interese etnográfico onde se atopa unha ponte romana e un muíño.

O Verdugo en Ricovanca (Beariz). Desde Ricovanca un sendeiro conduce ao río onde se atopa a ponte romana e o muíño, nun antigo camiño empregado polos arrieiros para cruzar a serra camiño de Pontevedra.

Page 96: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Muíño e pontella no Búbal en Vales

RÍO BÚBALNace na serra da Martiñá e ten un curto percorrido por terreos de Cea, na parroquia de Vales.

Page 97: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Val do río Medos, encaixado entre os montes do Testeiro e o Candán. Unha parte pertence ao LIC Serra do Candán, espazo protexido situado nas comarcas de Terra de Montes e Deza (Pontevedra).

RÍO MEDOSÉ unhas das cabeceiras do Deza (da conca do Ulla) que nace nos montes do Testeiro e ten un percorrido moi encaixado no seu curso alto.

Page 98: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

ÁRBORES

Carballos na serra do Cando, en Beariz. A presenza de liques nas ponlas das árbores é un indicador da pureza do aire.

Unha grande parte da comarca do Carballiño está ocupada por plantacións forestais de piñeiros. Só nalgunhas zonas das serras da Dorsal e nos cavorcos dos ríos se atopan carballeiras autóctonas formadas por carballos (Quercus robur) mesturados con cerquiños, bidueiros, ameneiros, castiñeiros, pereiras bravas, acivros...Nalgunhas poboacións atópanse carballeiras formando parte de parques e campos de feiras e exemplares illados de árbores monumentais en parques e xardíns de pazos e mosteiros.

Page 99: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

ÁRBORES SENLLEIRAS

Carballeira na Lama (Campo-O Irixo).Case todas as localidades da comarca teñen unha carballeira onde teñen lugar as festas, feiras e romerías.

Carballo (Quercus robur)

Page 100: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Carballeira en Xurenzás (Boborás). Atópase ao pé da estrada que vai a Xurenzás e acolle varios exemplares de grande porte.

“Carballa” de Eiras (San Amaro). Mide 7,60 m de perímetro. Sufríu un incendio e na actualidade está moi deteriorado. Está situado no campo da feira. Dise que foi plantado pola condesa de Ribadavia no século XVII. Carballeira de San Pedro de Muradás

Page 101: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Carballo no parque de Oseira (San Cristovo de Cea)

Carballo na igrexa de Souto (San Cristovo de Cea)-4,52 m de perímetro

Page 102: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Carballos en Freás (Piñor) Dous exempleres.O máis grande mide 4,30 m de perímetro.Atópanse ao pé da estrada que vai á area recreativa da parroquia, no río de Silvaboa.

Carballos no parque de A Rañoa (Maside). Hai varios exemplares de grande porte e 3,60 a 3,10 m de perímetro.

Page 103: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Castiñeiro en Ourantes (Punxín), situado fronte á igrexa. -6,70 m de perímetro.

Castiñeiro (Castanea sativa)

Castiñeiro na igrexa de Moldes (Boborás). -4,43 m de perímetro.

Page 104: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Sobreira en Namelas (Boborás). Atópase ao pé da estrada de Albarellos a Pazos de Arenteiro.

Sobreira en Munín (Espiñeira, O Irixo)-4,63 m de perímetro

Page 105: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Piñeiro de Freás (San Cristovo de Cea) Eucaliptos en Vilariño (Piñor)-O máis grande mide 6,5 m de perímetro.

Page 106: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Tilleiras prateadas (Tilia tomentosa) de Oseira. Cinco exemplares de 26, 23, 20 e 19 m de altura. Están situados nas proximidades do mosteiro, ao pé da estrada. INCLUÍDAS NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Page 107: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Parque do Carballiño. Situado a carón do río Barbantiño: carballos americanos, chopos, bidueiros, eucaliptos, tuias xigantes, abetos de Douglas, alciprestes de California...

Tuia xigante (Thuja plicata) Parque do Carballiño(O Carballiño, Ourense). Varios ecxemplares, a máis grande mide 3,78 m de perímetro.

Page 108: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa) Parque do Carballiño-4,20 m de perímetro.

Piñeiro de Oregón Douglasia verde (Pseudotsuga menziesii). Parque do Carballiño. -3,42 m de perímetro.

Page 109: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

ESPAZOS PROTEXIDOS

Cume de Pena Veidosa, coñecida no lugar como Pena Ventosa. Na serra da Martiñá a erosicón deixou ao descuberto unha grande cantidade de penedos e bolos graníticos que coroan os montes en formas acasteladas.

LIC PENA VEIDOSAEspazo de 2.355 ha situado nos concellos de San Cristovo de Cea (Ourense) e Carballedo (Lugo). As diferencias de altitude do terreo favorecen a presenza de diferentes ecosistemas: bosques caduciflolios nas abas dos montes e turbeiras nos cumes erosionados e mal drenados.A vexetación dominante é o mato de breixo e toxo. Nas abas hai bosques de carballos, rebolos e bidueiros. Nas turbeiras esfagnos (Sphagnum pylaesii), Littorella uniflora, breixo das turbeiras, rorelas...A zona está moi castigada polos incendios forestais que se suceden moi a miúdo.

Page 110: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

PUZO DO LAGOÉ un espazo natural de grande interese ecolóxico situado en Maside, na parroquia de Lago, nunha zona de granitos en contacto con migmatitas e xistos con xacementos filonianos.É unha lagoa artificial de 1 ha orixinada por unha antiga explotación aurífera iniciada polos romanos e continuada por unha compañía francesa entre 1910 e 1913. Actualmente é unha depresión asolagada. Está declarado, de xeito provisorio, como Espazo Natural de Interese Local (ENIL).As plantas máis comúns son xuncos, Ceratophyllum demersum, Isoetes velatum (fento raro en Galiza), ambroíños, oucas, espigas de auga, espadanas, salgueiros, chopos... e nas partes máis secas carballos e rebolos. En canto á fauna o máis representativo son as aves acuáticas. Nidifican o rascón de auga, mergullón pequeno, galiña de río e galiñola negra.

Page 111: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Fonte no interior do balneario do Carballiño

“Tomando as augas” no balneario do Carballiño. O edificio do “Gran Balneario” foi construído en 1900, aínda que as augas eran coñecidas no século XVII co nome de “Poza de sanar”. O tratamento realízase por inxestión para afeccións intestinais, hepáticas, da gorxa... Hai dous mananciais (Estanque de San Roque e Fonte do Balneario) que abrollan de 22 a 28 ºC. As augas son sulfurado-sódicas, bicarbonatadas, sulfatadas, litínicas, fluoradas e alcalinas.

AUGAS MEDICINAIS E TERMAISNa comarca do Carballiño hai abundantes surxencias de augas termais, con temperaturas de 38 a 21 ºC, e mediciñais asociadas a varias fracturas no terreo que coínciden, en grande parte, co curso dos ríos. Destacan as do Carballiño, Partovía, Arcos, Berán, Brués, Ponterriza, Maside (A Rañoa) e Punxín (Fonte do Lavadoiro e Fonte do Santo)

Page 112: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Fonte de Brués. A xente aproveita as surxencias en pozas ao aire libre para tratar doenzas da pel, reumatismo e trastornos dixestivos.

A Rañoa, ao pé do rego de Garabáns, afluente do Barbantiño. Ademais da antiga casa de baños hai dúas piscinas de augas termais. As augas abrollan a 20,5 ºC, son sulfuradas, alcalinas, fluoradas, boricatadas e de mineralización débil.

Page 113: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

Balneario de Caldas de Partovía, considerado o máis antigo dos edificios dos balnearios de Galiza. As súas augas xa eran empregado polos romanos. Conta con catro mananciais que acadan ata 38 ºC. Son augas de pobre mineralización, sulfurado-sódicas. Empréganse para tratar o reumatismo, problemas óseos, da pel e do aparello respiratorio.

Page 114: Comarca O Carballiño/O Arenteiro

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta xaneiro 2017