26
Proxecto Curso 2015-16

Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

Proxecto

Curso 2015-16

Page 2: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Un ano máis contamos cos nosos Pasaportes Solidarios. Nos pasaportes novos fumos com-pletando as actividades solidarias que fixemos no presente curso. Son moitas, porque somos nenos e nenas que non pensamos só en nós; estamos aprendendo a saber mirar o mundo e intentar cambialo.

Rematamos o curso recibindo os nosos diplomas.

Neste curso, ademáis, contamos coa visita de Cristóbal, que veu darnos unha charla sobre os Pa-saportes.

Page 3: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Continuamos sendo un punto de recollida de tapós de plástico. Con este sinxelo xesto, que a nós cústanos tan pouco, axudamos a outros ne-nos e nenas que precisan tratamentos médicos para mellorar a súa calidade de vida.

Seguimos a colaborar co noso amigo Alex, pero unha parte dos nosos tapóns vai tamén pa-ra Alba La Promesa.

Page 4: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

O día 7 de outubro fixemos a entrega a nosa primeira recollida de roupa e cal-zado usado. Estta campaña estaba destinada a colaborar coa Fundación Vicente Ferrer na educación de nenos e nenas con parálise cerebral, no distrito de Anantapur, na India.

Page 5: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Esta cadeira lémbranos que hai moitos nenos e nenas no mundo aos que se lles nega o seu dereito á educación. Da man da negación dese dereito fundamental vai a ne-gación do recoñecemento do resto de dereitos. Os nenos e as nenas do CEIP. Os Casais non queremos olvidar isto, por iso, a nosa cadeira acompañou-nos durante o curso.

Ao principio de curso tivemos que andar ben atentos para descubrir onde a tiñamos, porque uns trasni-ños xogaron con ela (e con nós) e cambiarona de sitio unha morea de veces. Sempre a atopamos, porque esta-mos moi atentos de non perdela de vista. Non queremos esquecela; nin a ela nin a tódolos millóns de nenos e nenas que representa.

Page 6: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

O Servicio de Solidariedade SOS África é unha organización humanitaria recoñeci-da polo Estado. Foi fundada no ano 1992 para promover a solidariedade hacia o continente africano. Dende entón traballa incansablemente cos propios afectados para mellorar as condicións de vida da poboación, particularmente dos nenos e das nenas, a través do apadriñamento e os proxectos de desenvolvemento humano inte-gral no campo da educación, a cultura, a sanidade, a agricultura e no terreo da pro-moción e valoración das culturas autóctonoas. En Europa promove a solidariedade con coñecemento de causa baseada na visión positiva da realidade de África, das súas culturas e das súas xentes. No CEIP. Os Casais participamos nas campañas que nos propoñen, de recollida de roupa e calzado usados, que sirven para recaudar fondos para apoiar os proxec-tos que están a desenvolver en Guinea Ecuatorial, Sur de Sudán, Senegal, Etiopía e Angola.

Page 7: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Un ano máis, os alumnos e alumnas máis pequenos de primaria participaron no blogue REDECMiniverso, de Entreculturas, aportando as súas ideas sobre o coidado do medioambiente, a igualdade ou a importancia da participación para construir unha cidadanía responsable. No Miniverso aprendemos que todos somos diferentes, pero iguais en dereitos. Todos somos importantes. Todos contamos, todos aportamos.

Page 8: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Tamén recollimos roupa para a Fundación GLORR que, dende 2012, traballa para disminuir a pobreza infantil no noso propio país. Dedican especial atención a aqueles nenos e nenas con pro-blemas graves no seu entorno familiar e xestionan axudas de comedor, traballando en colabo-ración cos colexios, as ANPAs e os Servicios Sociais.

Page 9: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Sabemos o importante que é coidar o medioambiente. Por iso esforzámonos en reco-ller elementos contaminantes (como as pilas) para que a súa eliminación sea a correcta e menos lesiva para o planeta. Poñemos tamén moito coidado na reciclaxe, para que os residuos que produce o no-so consumo poidan ser reutilizados e así, xenerar menos contaminación e menos dete-rioro ambiental. Neste curso comezamos a recoller tamén aceite de cociña usado.

Page 10: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Como todos os anos, no mes de novembro prestamos especial atención aos dereitos dos nenos, das nenas e dos adolescentes. Este curso a actividade conxunta que realizamos en-tre todos foi aportar as nosas mans na defensa dos de-reitos.

Page 11: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos que

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

En decembro lembramos os Dereitos Humanos. Son moitos os lugares nos que están a ser vulnerados. Temos que loitar sen descanso porque o seu cumplimento se faga unha realidade para todas as persoas da Terra.

@s mais pequen@s, aprendímolo con Unicef e os Lunnis.

Page 12: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos que

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Page 13: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

“Eu teño alguén no meu corazón”… Tod@s temos alguén no noso corazón. Desexámoslle PAZ. Aprendamos a xuntar os nosos co-razóns de Paz para acadar unha paz uni-versal.

Fixemos un gran mural cooperativo, pe-gatinas, un manifesto, decoramos a pom-ba xigante coas nosas fotos, cantamos todos xuntos….

En 5º e 6º fixeron outro mural….

Page 14: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Neste curso 2015-2016 os nenos e as nenas de 3º e 4º participaron na activida-de de OXFAM-Intermón Conectandomun-dos. Formaron un equipo e chamáronlle @s Gatiñ@s de Mica e aprenderon un montón de cousas sobre a igualdade, a dignidade, a xustiza e a solidariedade xogando con outros equipos de moi dife-rentes lugares. No seu grupo había colexios de Italia e Portugal.

Este ano como traballo final tivemos que facer un pequeño video con monicreques sobre a igualdade. Foi moi divertido!

Page 15: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

No 2015 rematou o plazo que os países tiñan como data límite para acadar a axenda proposta co fin de acadar os ODM. Avanza-mos moito, pero queda moito, moitísimo, por arranxar. Así que, teremos que seguir traballando neste camino. Por iso, agora, fíxanse os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible. .

Adicámoslles o noso Amodiño.

Page 16: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Un ano máis, os nen@s de 5º e 6º participamos no Concurso ONCE, que vai xa pola súa 33 edición. Este concurso ten como finalidade concienciar sobre a diversidade funcional e a necesidade da inclusión. O lema deste ano foi Descubrir o teu talento, cambiao todo e presentamos unha composición fotográfica alusiva a este tema. Presentamos dúas soas ao concurso, pero fixemos unha presentación na que pódense ver todas.

Page 17: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

O Proxecto da Biblio deste ano levounos a investigar sobre a nosa contorna máis próxima, a coñecer o noso Concello, os seus lugares de interese e as súas xentes. Pero nós non queremos perder de vista que Fene ocupa un lugar no mundo, importante por-que é o lugar que ocupamos nós, mais un pequeno lugar que é valioso porque forma un c o n x u n t o q u e f a i a o m u n d o v a l i o s o e i m p o r t a n t e . E, por iso, no Entroido viaxamos polo mundo, achegándonos a outras xentes, outros paí-ses e outras culturas.

Agora o noso Proxecto Somos quen conta cunha bandeira.

Page 18: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2017-18

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Os nenos e as nenas de 5º e 6º fixeron unha activi-dade de investigación sobre tres mulleres relacionadas coa literatura. Todos xuntos, de forma cooperativa, despois de fa-cer esa actividade a través do correo electrónico, con-feccionaron un mural, que colocaron no corredor, para conmemorar o 8 de marzo.

Tamén este ano par-ticipamos, como vimos facendo dende hai xa moito tempo, na activi-dade municipal Fene lendo mulleres.

Page 19: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2017-18

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Page 20: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Un ano máis contamos cos obradoiros da nosa amiga Paula. Paula é técnica de educación de EDUCO, unha ONG global de cooperación para o desenvolvemento que actúa a favor da infancia e na defensa dos seus dereitos,

de maneira especial o dereito a recibir unha educación de calidade. Traballan con nenos e nenas no seu entorno para promover sociedades máis

xustas e equitativas que garantan os seus dereitos e o seu benestar. Nós aprendemos con ela que, ainda que somos nenos e nenas, somos quen de

construir un mundo onde todos disfrutemos plenamente dunha vida digna. Depende de nós.

Page 21: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Neste curso ratificamos o noso compromiso coa terra e co coidado do medioambiente apadriñando pingüíns.

Recibimos cadanseu diploma chegado da Antártida co nome elixido para o noso pingüín.

Page 22: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Dentro da Campaña Mundial pola Educación deste ano transformámo-nos en cidadáns do mundo manifestando o noso apoio á educación univer-sal, gratuita e de calidade para todos os nenos e nenas do mundo e reivin-dicando o necesario financiamento para ela.

Page 23: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

O ano 2016 é o Ano Inter-nacional do Entendemento Global, que persigue como obxectivo tender pontes en-tre as acción locais e os de-safíos globais en temas co-mo medioambiente, seguri-dade alimentaria, migra-ción… O desenvolvemento sosti-ble é un reto global; agora, máis que nunca, é preciso entender e relacionarse co-as posición, pensamentos e expectativas dos demáis dende unha posición de diá-logo, apertura e entende-mento.

Page 24: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Unha exhibición solidaria da Guardia Civil puxo a 80 axentes especializados en diferentes tareas, e aos seus equi-pos (vehículos, materiais, cans…) ao servicio de 2000 escolares da comarca de Ferrolterra. Aí estivemos nós, coas nosas dona-cións de alimentos e material escolar. Foi un día fantástico!

Page 25: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Esta asociación componse de persoas voluntarias que apostan pola xustiza social e colaboran para favorecer a promoción dun sector da po-boación (drogodependentes) que vive na exclusión social. Dende esta entidade realizan programas e iniciativas innovadoras en materia de pre-vención, tratamento e adiccións, educación, desenvolvemento personal e social da xente nova.

Unha das actividades que fan para recaudar fondos é a Campaña de Recollida de Roupa. Todos os anos piden a nosa colaboración. Sem-pre chegan tarde, cando xa entregamos moita roupa a outras ONG. Pero sempre, sempre, levan. Rebuscamos nos armarios e atopamos.

Page 26: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16

PROXECTO Somos quen

CURSO 2015-16

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es/

E contamos tamén co blogue deste proxecto, ao que fumos subindo todas as actividades solidarias e de valores en xeral que realizamos no presente curso 2015-2016.