4
ELEMENTOS DA COMUNICACIÓN A lingua é un sistema de signos que serve para a comunicación e co que unha comunidade se interrelaciona. A comunicación é un proceso complexo no que interveñen diferentes elementos : - Emisor (persoa que transmite) - Receptor (persoa á que vai dirixida a mensaxe) - Mensaxe (contido) - Código (sistema de signos) - Canle (vía ou conduto) - Contexto (situación) A comunicación verbal pode ser oral ou escrita. A linguaxe pode desempeñar varias funcións : - Expresiva (manifesta actitudes e sentimentos do emisor) - Apelativa (chamar a atención ao oínte cun fin determinado) - Referencial (informa sobre algo que descoñece o receptor) - Fática (verificar que a canle entre emisor e receptor segue aberta) - Metalingüísitica (utiliza a linguaxe para explicar ou analizar o propio código da lingua) - Poética (centra a atención sobre a forma da mensaxe) PROPIEDADES TEXTUAIS O texto é unha unidade lingüística con sentido completo que cumpre unha función comunicativa determinada (informar, persuadir…). As súas propiedades son : adecuación : é a propiedade da cal o texto debe ser adecuado á situación comunicativa na que se pro duce. Un mesmo texto pode resultar adecuado nunha situación comunicativa concreta e inadecuado noutra. coherencia : é a que fai que un texto poida ser percibido como unha unidade comunicativa comprensible. É a encargada de nivelar o contido da mensaxe e clarificar o significado (organización da información). cohesión : son os medios lingüísticos que permiten ligar as oracións dentro de unidades máis grandes como parágrafos, estrofas ou capítulos (uso de conectores) O TEXTO ARGUMENTATIVO O texto argumentativo é aquel no que se exponen unas ideas determinadas para convencer o receptor da súa validez. As partes da súa estrutura son : - tese (é a idea que se quere defender) - argumentos (son os razoamentos que apoian a tese) - conclusión (sintetízanse os argumentos expostos para reafirmar a idea principal) TIPOS DE ARGUMENTOS - De coñecemento xeral : son as ideas aceptadas pola maioría da xente (Evitar os accidentes de tráfico benefícianos a todas as persoas.) - De autoridade : empregan o testemuño de persoas consideradas coñecedoras do tema (Unha importante porcentaxe das vítimas que sobreviviron a graves accidentes coincide ao sinalar a posibilidade de evitalos se se circulase a menor velocidade.)

Tema 1 galego

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Tema 1 galego

ELEMENTOS DA COMUNICACIÓNA lingua é un sistema de signos que serve para a comunicación e co que unha comunidade se interrela-ciona. A comunicación é un proceso complexo no que interveñen diferentes elementos : - Emisor (per-soa que transmite) - Receptor (persoa á que vai dirixida a mensaxe) - Mensaxe (contido) - Código (sistema de signos) - Canle (vía ou conduto) - Contexto (situación)A comunicación verbal pode ser oral ou escrita. A linguaxe pode desempeñar varias funcións : - Expre-siva (manifesta actitudes e sentimentos do emisor) - Apelativa (chamar a atención ao oínte cun fin determinado) - Referencial (informa sobre algo que descoñece o receptor) - Fática (verificar que a canle entre emisor e receptor segue aberta) - Metalingüísitica (utiliza a linguaxe para explicar ou analizar o propio código da lingua) - Poética (centra a atención sobre a forma da mensaxe)

PROPIEDADES TEXTUAISO texto é unha unidade lingüística con sentido completo que cumpre unha función comunicativa determi-nada (informar, persuadir…). As súas propiedades son :adecuación : é a propiedade da cal o texto debe ser adecuado á situación comunicativa na que se pro duce. Un mesmo texto pode resultar adecuado nunha situación comunicativa concreta e inadecuado nou-tra. coherencia : é a que fai que un texto poida ser percibido como unha unidade comunicativa comprensible. É a encargada de nivelar o contido da mensaxe e clarificar o significado (organización da información). cohesión : son os medios lingüísticos que permiten ligar as oracións dentro de unidades máis grandes como parágrafos, estrofas ou capítulos (uso de conectores)

O TEXTO ARGUMENTATIVOO texto argumentativo é aquel no que se exponen unas ideas determinadas para convencer o receptor da súa validez. As partes da súa estrutura son : - tese (é a idea que se quere defender) - argumentos (son os razoamentos que apoian a tese) - conclusión (sintetízanse os argumentos expostos para reafirmar a idea principal)TIPOS DE ARGUMENTOS- De coñecemento xeral : son as ideas aceptadas pola maioría da xente (Evitar os accidentes de tráfi-co benefícianos a todas as persoas.) - De autoridade : empregan o testemuño de persoas consideradas coñecedoras do tema (Unha impor-tante porcentaxe das vítimas que sobreviviron a graves accidentes coincide ao sinalar a posibili-dade de evitalos se se circulase a menor velocidade.) - De datos : ofrecen datos que corroboran os feitos (Segundo un estudo realizado recentemente, pro- dúcese un 70% máis de accidentes cando as condicións climáticas son desfavorables) - De exemplo : un caso concreto serve como exemplo das ideas que se queren defender (Un claro exem plo constitúeo o accidente acontecido en Vila de Cruces o mes pasado. Se a estrada non estivese mollada e se se mantivese a distancia de seguridade, podería evitarse o impacto.) - De experiencia persoal : empregan as propias vivencias ou experiencias para apoiar unha idea (Eu mes ma me teño visto envolta en máis dunha ocasión en accidentes deste tipo.) - De analoxía : compáranse dúas situacións semellantes (No mes de agosto deste ano producíronse 67 accidentes menos que o ano pasado.) - Legais : refírense ao establecido na lexislación (Segundo as leis vixentes é obrigatorio o uso do cin-to de seguridade nos asentos traseiros.)CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS : - abundancia de substantivos abstractos e tecnicismos - pre-dominio do presente de indicativo e de construcións impersoais ou de pasiva reflexa - períodos sin tácticos longos - emprego de conectores - enumeracións - definicións, citas e exemplos que apoien os argumentos. O GALEGO NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XXA comezos do século XX a situación da lingua sofre cambios importantes coa fundación de entidades im-portantes para a lingua : Real Academia Galega (1905), Irmandades da Fala (1916), o Seminario de

Page 2: Tema 1 galego

Estudos Galegos e a creación da Revista Nós. Neste período nace o Partido Galeguista (1931) no que militarán durante a II República personalidades como Castelao ou Bóveda, quen redactará o I Estatuto de Galicia, no que se inclúe, entre outras cousas, o ensino do galego e en galego. Durante este período continúan as iniciativas encamiñadas á elaboración dunha gramática galega. As primeiras propostas se-rán das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos (vocabulario castelán-galego e al-gunhas normas para unificación do idioma galego). Cando comeza a guerra (1936) Galiza queda axi-ña baixo o dominio dos sublevados e iníciase unha forte represión xeneralizada. Algúns dos máis desta-cados  galeguistas pagárono coa vida (Alexandre Bóveda, Ánxel Casal), outros con expedientes (Otero Pedrayo) ou cárcere (Carballo Calero) e os máis afortunados co exilio (Castelao).

PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX : A LÍRICA A principios do S. XX a literatura galega experimenta un notable crecemento; destacan a creación de edi-toriais, revistas e xornais. Na produción literaria diferéncianse dúas etapas :-A etapa anterior a 1916 (fundación das irmandades da Fala). Continuación das pautas marcadas polos escritores do Rexurdimento. O xénero máis cultivado segue sendo a poesía.- A comprendida entre 1916 e 1936. Incorpóranse novos autores, e a actividade literaria experimenta un gran desenvolvemento. Aumenta o cultivo da narrativa, o teatro e o ensaio. Destaca Ramón Cabanillas.RAMÓN CABANILLAS : Temática da súa poesía : - Poesía intimista : trata temas referidos ao amor e á natureza, lembra a Rosalía nalgúns aspectos (A rosa de cen follas) - Poesía cívica : é de carácter agrarista e anticaciquil, que continúa a temática cívica de Curros Enríquez. Aparece nela unha exaltación do medio rural fronte á cidade, unha idea de Galicia como unidade colectiva e unha chamada á rebelión (No desterro) - Poesía costumista : con toques de humor e ironía e con trazos modernistas - Poesía narrativa : orientada cara á creación de mitos para mobilizar a conciencia colectiva. Recupera a Materia de Bretaña situando a acción en Galicia (Na noite estrelecida)TRAZOS MODERNISTAS NA POESÍA DE CABANILLAS : - elementos mitolóxicos dun pasado, lendario, arcaico e aristocrático – héroes con calidades de sabedoría, inocencia e valor – mestura de elementos pa-gáns e cristiáns – captación da beleza a través dos sentidos – adxectivización para crear atmosfera de irrealidade e fantasía – métrica esquecida (alexandrinos) – inclinación polo colorismoA VANGARDA GALEGA : as vangardas son movementos artísticos internacionais desenvolvidos entre 1910 e 1930. Representan unha ruptura e reacción contra a arte e a literatura do XIX e van buscar novas tendencias continuamente. As súas características eran : - a liberdade creativa é o maior valor do artista - a arte non debe imitar a realidade, senón que ten que ser autónoma - debe buscar a novidade e a orixina-lidade - Ten un sentido lúdico e transgresor, que racha coas normas e a tradición. Os diferentes movementos de vangarda chámanse ismos e constitúen distintas maneiras de renovación da arte :- Futurismo : creado polo italiano Marinetti. Exalta a modernidade, a velocidade, as máquinas e o progre-so. Rompe coa sintaxe e coa puntuación en literatura.- Cubismo : descompón a realidade e recompona de novo mediante formas xeométricas. Destaca a téc-nica da colaxe. En literatura destacan os caligramas de G. Apollinaire.- Dadaísmo : nace en Suíza con Tristan Tzara. Negación de todo, concibe a arte como puro xogo. Move-mento moi provocador. Pretende plasmar o caos e o absurdo que sente o artista ante a situación mun-dial. - Surrealismo : liderado por André Breton. A arte debe expresar o subconsciente, os soños e as emo-cións máis íntimas. Creación da escrita automática, liberada da lóxica e da razón.