15
Uxío Novoneyra

Uxío Novoneira - DLG 2010

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Presentación que inclúe datos sobre a vida e a obra de Uxío Novoneira e poemas do poeta acompañados por fotografías do Courel.

Citation preview

Uxío Novoneyra

BIOGRAFÍA

- Uxío Novoneyra naceu o 19/01/1930 en

Parada de Moreda, unha aldea da Serra do

Courel (Lugo).

- Entre 1945-1948 estudou o Bacharelato

en Lugo, onde coñece ao poeta Manuel

María.

- De 1949 a 1951 residiu en Madrid, onde se

matriculou en Filosofía e Letras. Alí

comezou a escribir en castelán e deu os

primeiros recitais poéticos.

- En 1952, volta a Galiza, onde coincide de

novo con Manuel María e outros

galeguistas da época como Ramón Piñeiro

e Otero Pedrayo.

- Entre 1953-1962 permanece illado no

Caurel a causa dunha enfermidade, tempo

no que escribe Os eidos.

Casa de Uxío Novoneyra

Con María Mariño, Saleta Goi e Manuel María

- Entre 1962-1966 volta a Madrid, onde traballou

en programas de radio e televisión relacionados

coa poesía e asistiu a tertulias literarias. Alí

relacionouse tamén cos membros do grupo Brais

Pinto, entre os que destacan Bernardino Graña e

Ferrín, entre outros.

- En 1966 regresa ao Courel por enfermidade dos

pais.

- En 1968 coñeceu en Lugo a Elva Rei, con quen

casaría en 1973. Terían 3 fillos: Branca-Petra, Uxío

e Arturo.

- Até 1983 viviría a cabalo entre Lugo e O Courel.

- En 1983 estabeleceuse en Compostela,

exercendo como presidente da AELG até 1986.

- O 30/10/1999 finou en Compostela, sendo

velado no Panteón de Galegos Ilustres e

posteriormente soterrado no cemiterio lugués de

San Froilán.

Manuel María, Darío X. Cabana, Ferrín e Novoneyra

POESÍA

- 1955: Os Eidos-1966: Elegías del Caurel yotros poemas.

- 1974: Os eidos-2-1979:Poemas caligráficos-1981: Os eidos. Libro doCaurel

- 1986: Muller para lonxe-1988: Do Courel aCompostela

-1994: Poemas da doadacerteza i Este brillo premidoentre as pálpebras

NARRATIVA

- 1991: O cubil do xabarín-1992:Gorgorín e cabezón

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!Eiquí síntese ben o pouco que é un home…

Augas brancas da Rogueira!

Bouzas pechas d’uces e xestas!!

Abrairas teixos faias xardois e

[reboleiras!

Outo bosco calado!

Fontiñas do corzo!

Carrozos picafondo!

Non hai outro templo máis

[vasto

Nin outro credo

Que este silencio…

Moreda das morodellas!Nogueiras freixos da Barxa!A Boca do Couto! As augasi a Devesa da Rogueira!

Baixando terra fragosadende a fontiña da Rosahastr’o muiño das edraspeta a auga nas pedrasfoza nas portas un tourotecen as mozas na teaun monte lonxe fumeae vai muñando o boi louro…

Neva e non leva.Anque o ceo amoiao silencio aboia.Neva como eu poñonaquil poema neva.

Falopiña a falopiñavai branqueando a cortiña.Cada miniña o seu soño…cada copo a súa flairiña…

Panos brancosesfiañados

da nebraouveando polos vales

polos soutosi as devesas marelas

en busca dun caborcoou dunha valiña outa

que nos acollai os faga acougar!Fiañas da nebra

rubindoe baixando á gaiola do aire

polas serras érmedase polos soutos despidos

do Nadal!

Pacen as vacas na nabarega.Treme a pequenaQue vai co’elas.Febreiro choveFebreiro xeaFebreiro nevaNeve lixeira…

Cousos do lobo!Caborcos do xabarín!Eidos solosonde ninguén foi nin ha d’ir!

Baixa o lobo polo ollo do boscoMovendo nas flairas dos teixosruxindo na folla dos carreirosen busca da vagoada máis sola e

[máis medosa…

Rastrexapárase e ventafinca a pouta ergue a testa e oula

[cara o ceoCon toda a sombra da noite na

[boca

O lobo! Os ollos o lombo do lobo!

Cain as follas….Sinto unha cousa

Que se apousa en min e no me toca…

GALICIA digo eu / ún diGALICIA decimos todoshastra os que calan dine saben

GALICIA da door choraGALICIA da tristura tristeGALICIA do silencio caladaGALICIA da fame emigranteGALICIA vendada cegaGALICIA tapeada xordaGALICIA atrelada queda

libre pra servirlibre pra non serlibre pra morrerlibre pra fuxir

GALICIA labregaGALICIA mariñeiraGALICIA obreira

GALICIAGALICIAGALICIAsabemos

á forzaá forzaá forzaá forzaá forzaá forzaá forza

libre pra servirlibre pra non serlibre pra morrerlibre pra fuxir

GALICIA nosaGALICIA nosaGALICIA nosa

GALICIA irmandiñaGALICIA viva aínda

recóllote da TERRArecóllote do PUEBLOrecóllote da HISTORIA

recóllote i érgote no verbo enteirono verbo verdadeiro que fala o pueblorecóllote pros novos que vein con forzapros que inda non marcou a malla d’argolapros que saben que ti podes ser outra cousapros que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousaSabemos que o home pode ser outra cousa