11
(PROGRAMA FEBREIRO 2013) EL Mago de Oz Pese ás similitudes coa historia orixinal, nunca houbo un Mago de Oz coma este. Dorothy ten unha voz doce e melodiosa, pero gústalle a música moderna. A bruxa do Oeste, algo neurótica e frustrada, non pon ningún pelo de punta; e o León, vestido á moda dos sesenta, magnetiza o sorriso do público coa súa forma de falar e moverse. A parte da elaborada construción dos personaxes, unha das claves da obra é o ton do guión. Mentres que a historia non perde o rumbo orixinal, permitímonos dar un paseo polo presente, polos elementos da nosa vida cotiá, que o espectador máis adulto nunca deixará de recoñecer, e cos que o neno se sentirá identificado. Un espectáculo enxeñoso, fresco, divertido e atrevido.

Teatro colon (programa febreiro 2013)

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Programación de febrero del Teatro Colón

Citation preview

Page 1: Teatro colon (programa febreiro 2013)

(PROGRAMA FEBREIRO 2013)

EL Mago de Oz

Pese ás similitudes coa

historia orixinal, nunca

houbo un Mago de Oz coma

este. Dorothy ten unha voz

doce e melodiosa, pero

gústalle a música moderna.

A bruxa do Oeste, algo

neurótica e frustrada, non

pon ningún pelo de punta; e

o León, vestido á moda dos

sesenta, magnetiza o sorriso

do público coa súa forma de

falar e moverse.

A parte da elaborada

construción dos personaxes,

unha das claves da obra é o

ton do guión. Mentres que a

historia non perde o rumbo

orixinal, permitímonos dar un

paseo polo presente, polos

elementos da nosa vida

cotiá, que o espectador máis adulto nunca deixará de recoñecer, e cos que o

neno se sentirá identificado. Un espectáculo enxeñoso, fresco, divertido e

atrevido.

Page 2: Teatro colon (programa febreiro 2013)

BABEL

Dúas mulleres enganan aos seus maridos á mesma hora na que eles lle están

enganando. Matrimonios a punto de naufragar nos que todos senten que

precisan algo distingo pero non é doado admitir a derrota, admitir que o amor

rematou.

BABEL é un traballo absorbente sobre a confianza e a traizón, o amor, o

desexo e a culpa.

Unhas vidas que quedarán espidas e uns segredos que se desvelarán cando o

detective Leo Torres trate de pescudar porque unha muller decidiu subir ao

coche dun descoñecido en plena noite e nunha carreteira secundaria.

Nove complexos personaxes para catro grandes actores. Un universo de vidas que se

cruzan. Unha BABEL de historias.

Page 3: Teatro colon (programa febreiro 2013)

AMIGOS HASTA LA MUERTE

Amigos hasta la Muerte é unha comedia que se ri da amizade e do amor. Dous

ingredientes que todos queremos nas nosas vidas. Pero que, como todo o

mundo sabe, cando se mesturan estoupan.

Nacho (Fele Martínez), Ángel (Javier Veiga) e María (Marta Hazas) son tres

amigos de toda a vida, tres amigos inseparables... ou tal vez non. Unha

comedia na que vemos a tres amigos que o pasan moi mal, e canto peor o

pasan eles máis ri o público.

Page 4: Teatro colon (programa febreiro 2013)

ORQUESTA GAOS

A Orquesta Gaos nace en abril de 2009 formada por músicos de toda Galicia,

na súa maioría estudantes e profesores dos principais conservatorios galegos.

A súa presentación tivo lugar o 14 de xullo de 2009 no Teatro Colón-Caixa

Galicia da Coruña baixo a dirección de Fernando L. Briones, director titular da

formación.

En apenas tres anos colaboraron coa orquestra máis de 250 músicos galegos

en 25 programas diferentes, a través de 40 concertos nos principais auditorios

e salas de concerto de Galicia. Participaron como solistas 15 músicos galegos

cunha gran traxectoria artística, algúns dos cales xa posúen unha dilatada

carreira.

Na súa cuarta tempada a Orquesta Gaos continuará acompañando a solistas

galegos como o guitarrista Mateo Arnáiz, o trompista David Fernández ou o

contrabaixista Antonio.

A Orquesta Gaos escolleu para este concerto un programa caracterizado polas

diferentes visións que compositores tan diferentes como Bizet (Francia),

Rimsky-Korsakov (Rusia) e Rodrigo (España) tiveron da nosa música.

Page 5: Teatro colon (programa febreiro 2013)

UNA NOCHE CON GABINO (DIEZ AÑOS DESPUES)

Un actor que quere

montar o seu

espectáculo e non atopa

o fío condutor. Pide

consello e non recibe

respostas que lle quiten

as dúbidas... dúbidas

provocadas non só pola

busca dese bendito fío

condutor que non

aparece, senón tamén

pola súa necesidade de

comunicar.

En clave de humor e

mirando á xente aos

ollos, Gabino paséanos

da man de innumerables

personaxes, algúns moi

coñecidos polo público,

que forman parte desa

fauna humana que lle foi

influíndo ao longo da súa

vida... personaxes que

aborda cunha ductilidade e unha tenrura que sorprende e rouba gargalladas

unha e outra vez...

Una noche con Gabino (diez años después) é un espectáculo feito para pasar

un momento agradable en compañía dun actor que chega directa e

sinceramente a todo tipo de público entre risas, música, cancións, soños e

realidades coas que dunha ou outra maneira nos poderemos sentir

identificados.

Page 6: Teatro colon (programa febreiro 2013)

GALIZIEN AMERIKA LINI

Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de

gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis.

Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando

a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo

da arte popular de Galicia, procedente da tradición do pobo, continuada polo

pobo e para o pobo. Por isto leva desde 1992 apostando pola dignificación da

nosa cultura levando a escena o folclore tradicional, pretendendo demostrar

que o folclore tradicional pode competir como espectáculo con calquera outro.

Con Galician Amerikan Linie Xacarandaina pretende achegar ao público un

fenómeno importantísimo na nosa historia contemporánea máis recente: A

Emigración.

Page 7: Teatro colon (programa febreiro 2013)

EL SORTEO DE CÁSINA

Dous escravos queren casarse cunha escrava da mesma casa; un actúa por

delegación do pai, o outro do fillo. Botan a sortes quen casará con ela e sae o

vello ganando, pero é despois vítima dun engano. No lugar da moza dáselle un

escravo pícaro, que os deixa maltreitos aos dous, ao amo e ao capataz. Cásina

resulta ser cidadá libre, e o mozo cásase con ela.

En novembro de 2008 un grupo de estudantes do instituto de ensinanza

secundaria Ramón Menéndez Pidal (Zalatea) deciden formar un grupo de

teatro. En xuño de 2010 fórmase a Asociación Cultural Noite Bohemia

vinculada a este mesmo instituto co obxectivo de promover e divulgar o teatro

escolar e a cultural entre os máis mozos.

Esta compañía de teatro afeccionado conta xa con numerosas montaxes no

seu historial e con recoñecementos como o primeiro premio no VI Concurso de

Teatro Nacional Grecolatino (Segóbriga) ou o premio Buero Vallejo organizado

pola Fundación Coca-Cola. A intención da compañía é a de centrarse no

Teatro Grecolatino e no Século de Ouro, con montaxes de traxedias e

comedias nesta liña.

Page 8: Teatro colon (programa febreiro 2013)

ILUSTRES IGNORANTES

Ilustres Ignorantes é un debate a varias bandas entregado a iluminar as máis

diversas ramas do coñecemento.

Javier Coronas, Javier Cansado e Pepe Colubi (os CCC da metafísica de andar

por casa) coa inestimable axuda dalgún amigo notable, engánchanse en

discusións delirantes, perturbadas, sorprendentes e moi divertidas sobre todo

tipo de temas: curiosos (inventos, natureza, soños), metafísicos (amor, morte,

futuro), culturais (cine, viaxes, superheroes) ou sexuais.

Page 9: Teatro colon (programa febreiro 2013)

ROSA LÓPEZ

Dentro da súa xira 2013, especialmente pensada para teatros, ROSA LÓPEZ

ofrécenos un concerto moi especial con un percorrido polas cancións máis

destacadas da súa carreira musical desde o seu triunfo na primeira edición de

‘Operación Triunfo’, o seu importante paso polo festival de Eurovisión ‘Europe’s

Living Celebration’.

Presentará tamén varias cancións do seu recente traballo discográfico Rosa

López, número 1 en descargas dixitais ás poucas horas de poñerse á venta e

éxito de ventas, actualmente camiño a converterse en Disco de Ouro.

En concerto e en directo cancións da súa traxectoria musical e dos seus éxitos

discográficos, e outros éxitos internacionais, grandes temas, grandes clásicos

xa da música pop. ROSA preséntase acompañada polos seus músicos

habituais. Un emocionante concerto en directo que o 23 de febreiro chega ao

Teatro Colón.

Page 10: Teatro colon (programa febreiro 2013)

MARTÍN CAMIÑA

Corcheas, semifusas e ilusións

Unha obra máxica a través da música en directo, composta cos acordes da

baralla de Martín Camiña.

Unha das mellores bandas do momento, a Muras Triofunk, vese na obriga de

compartir escenario cun ilusionista melómano.El desexa tocar, pero a súa

calidade musical está á mesma altura que os orzamentos para a cultura, co

que só lle queda continuar cos seus números de maxia.O grupo e a súa

mánager, farán todo o posible para non admitir semellante inquilino, xa que a

ruína do conxunto estaría garantida.

Maxia coas partituras, a auga, os micrófonos, os instrumentos, a luz, os

pensamentos, o son, as cartas, a froita do catering ou as cordas ...e non só as

da guitarra, afinarán esta peza máxica e musical.

Espectáculo para escoitar, ver e asombrarse, creado en ‘clave de fa’: fabuloso,

fascinante e fantástico.

Page 11: Teatro colon (programa febreiro 2013)

IFIXENIA EN ÁULIDE

Compañía Noite Bohemia

Agamenón debe sacrificar á súa

filla Ifixenia para que o

continxente aqueo congregado

en Áulide poida partir cara Troia.

Mándaa chamar, baixo a presión

de Menelao, baixo pretexto da

súa voda con Aquiles (da que

este nada sabe). Despois,

Agamenón, arrepentido, anula a

orde, pero Menelao detén ao

segundo mensaxeiro. Ifixenia

chega coa súa nai Clitemnestra.

Alí coñece os verdadeiros

motivos da convocatoria;

Menelao arrepíntese da súa

intromisión e propón abandonar

a expedición, pero é en vano:

Agamenón nese intre teme a ira

do exército se anula a

expedición. Aquiles, do que o

honor está en dúbida tras decatarse de todo, apoia ás mulleres até o punto de

propoñer a súa propia norte. Nese momento Ifixenia, unha Ifixenia distinta da

nena que suplicaba versos antes pola súa vida, toma resolta o camiño da norte

despois de entoar un canto na honra de Artemis.