93
A CRISE DOS SISTEMAS DEMOCRÁTICOS E O ASCENSO DO FASCISMO EN ENTREGUERRAS (1918-1939).

Crise democracia fascismos

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Crise democracia fascismos

A CRISE DOS SISTEMAS DEMOCRÁTICOS E O ASCENSO DO FASCISMO EN ENTREGUERRAS (1918-1939).

Page 2: Crise democracia fascismos

A) A CRISE DOS SISTEMAS DEMOCRÁTICOS:

Os políticos dos partidos liberais, no período de entreguerras, sofren un profundo desprestixio o mostrarse incapaces de :

- Ofrecer solucións eficaces á inestabilidade económica do sistema capitalista ( crise económica de posguerra, Crac do 29 e Grande Depresión da década de 1930 ) → empobrecemento das clases medias → actitudes conservadoras

- De reducir a crispación da sociedade de clases, alentada polo triunfo da revolución Rusa ( intentos de revolución en Alemaña, revoltas nacionalistas en Europa central e as oleadas de folgas en Francia e Gran Bretaña ) → actitudes prorrevolucionarias de xornaleiros e obreiros

Page 3: Crise democracia fascismos
Page 4: Crise democracia fascismos

O temor o espallamento da revolución bolxevique levou as clases medias a favorecer o triunfo de dictaduras en: - Italia

-España

-Portugal

- Hungria

-Polonia

-Lituania

-Estonia

-Letonia

-Grecia

-Bulgaria

-Austria

-Alemaña

- p. iberoamericanos

- Xapón

Page 5: Crise democracia fascismos

Pero a pesar da crise en Gran Bretaña, Francia, países escandinavos, Holanda, Belxica, Suíza e USA os políticos liberais souberon adaptarse ós cambios de entreguerras e lograr canalizar o descontento de obreiros, campesiños e clases medias: atracción dos partidos socialistas fronte á ameaza dos totalitarismos (Frontes Populares).

Page 6: Crise democracia fascismos
Page 7: Crise democracia fascismos
Page 8: Crise democracia fascismos

B) O AUXE DOS FASCISMOS

O fascismo xorde como un fenómeno totalitario, aproveitando o desprestixio das democracias liberais e o temor ó avance das ideas revolucionarias de socialistas e anarquistas

Page 9: Crise democracia fascismos

B.1. AS SÚAS BASES IDEOLÓXICAS:

As ideas antiliberais:

- Rexeita o parlamentarismo, a división de poderes, a soberanía nacional e o sufraxio universal: o líder, xefe ou caudillo encarna todos os poderes e a vontade nacional.

- Defende a primacía do Estado sobre o individuo e dos dereitos colectivos sobre os individuais.

Page 10: Crise democracia fascismos

As ideas antidemocráticas:

- Rexeitan a igualdade democrática: defenden unha sociedade de grupos superiores ou elites e grupos inferiores ou masas.

- Rexeitan a igualdade e pluralidade de razas, nacións, culturas, ideoloxías, partidos, sindicatos e lideres: defenden a existencia de razas puras, nacións superiores, culturas dominantes, ideoloxía verdadeira única, partido único, sindicato único e líder único.

Page 11: Crise democracia fascismos

As ideas antimarxistas, antianarquistas e anticapitalistas:

- Rexeitan a existencia dunha loita de clases entre burgueses e proletarios: defenden a obriga de colaboración interclasista.

- Rexeitan o concepto de revolución socialista e anarquista: defenden a revolución fascista (a imposición dun estado dictatorial dirixido polo líder dun partido e sindicato únicos, que obrige a burgueses e proletarios a colaborar na obtención do “ben común”).

Page 12: Crise democracia fascismos

- Rexeitan o concepto de propiedade estatal e da propiedade colectiva: defenden a protección da propiedade privada.

- Rexeitan a liberdade de mercado e a iniciativa privada capitalistas: defenden o intervencionismo do estado na economía.

- Rexeitan a dependencia das importacións: defenden un nacionalismo económico de orientación autárquica (autoabastecemento).

Page 13: Crise democracia fascismos
Page 14: Crise democracia fascismos

As ideas antipacifistas:

- Rexeitan o reparto colonial e o mapa de Europa imposto por Gran Bretaña e Francia nos tratados da Conferencia de Paris de 1919: defenden a necesidade de “espacio vital” (unificación da Grande Alemaña) e a recuperación de espacios históricos (irredentismo italiano).

Page 15: Crise democracia fascismos

- Rexeitan o espiritu pacifista da Sociedade de Nacións: defenden o imperialismo militarista, tomando como xustificación as teorías Social-Darwinistas.

Page 16: Crise democracia fascismos

As ideas antirracionalistas:

- Rexeitan ó racionalismo e o positivismo científico: exaltan o irracionalismo dos sentimentos, as paixóns e as crenzas.

- Rexeitan a pluralidade de correntes de pensamento, de principios estéticos, de crenzas: defenden o dogmatismo e a intolerancia.

Page 17: Crise democracia fascismos

B.2. OS SEUS APOIOS SOCIAIS:

- Os ex-combatentes resentidos, que esixen ser tratados como heroes e non como marxinados sociais.

Page 18: Crise democracia fascismos

- Os xoves nacionalistas, frustrados polas fronteiras impostas na Conferencia de París e pola ineficacia do sistema liberal

Page 19: Crise democracia fascismos

Revolución espartaquista en Alemaña 1918

- As clases medias, atemorizadas polos efectos das crises económicas, polo risco de verse convertidos en proletarios e pola posibilidade dunha revolución socialista ou anarquista.

Page 20: Crise democracia fascismos

- Os desempregados, desesperados pola miseria provocada polas crises económicas e o imparable incremento do número de parados.

Nunca na miña vida estiven máis disposto e interiormente presto á loita que nestes días. Porque a dura realidade abriu os ollos de millóns de alemáns ás estafas, mentiras e traizóns sen precedentes dos marxistas engañadores do pobo.

Discurso de Hitler acerca da Gran Depresión.

Page 21: Crise democracia fascismos

Familia do magnate do aceiro Krupp

- Os grandes financeiros, industriais e terratenentes, preocupados pola seguridade das súas propiedades (que desconfían dos políticos liberais e esperan dos fascistas que freen a axitación social dos socialistas, comunistas e anarquistas).

Page 22: Crise democracia fascismos

- Os militares e burócratas da administración, que esperan aproveitarse da defensa do militarismo e da estatalización proposta polos fascistas.

Reunión partido nazi en 1922

Page 23: Crise democracia fascismos

B.3. OS SEUS INSTRUMENTOS CLAVES:

- A agrupación e mobilización de grandes masas desde o Partido e o Sindicato.

Page 24: Crise democracia fascismos

- O emprego da violencia e do terrorismo contra militantes ou simpatizantes doutros partidos ou sindicatos levado a cabo por organizacións paramilitares.

Page 25: Crise democracia fascismos
Page 26: Crise democracia fascismos

- O culto ós símbolos (bandeiras, himnos, camisas negras/pardas/azules, saúdo,etc ) e o xefe ou líder carismático (duce, führer, caudillo)

Page 27: Crise democracia fascismos
Page 28: Crise democracia fascismos
Page 29: Crise democracia fascismos
Page 30: Crise democracia fascismos
Page 31: Crise democracia fascismos
Page 32: Crise democracia fascismos

- O uso dos novos medios de comunicación de masas (radio, cine ….) e das técnicas da publicidade, para difundir discursos demagóxicos entre a poboación.

Page 33: Crise democracia fascismos
Page 34: Crise democracia fascismos
Page 35: Crise democracia fascismos

- A manipulación da cultura e da ciencia en beneficio do fortalecemento das ideas fascistas.

Page 36: Crise democracia fascismos

C) O RÉXIME FASCISTA ITALIANO (1922-1943)

Page 37: Crise democracia fascismos

A Iª Guerra Mundial deixou en Italia certas secuelas:

- Unha grave crise económica

- Un profundo sentimento de fustración, ante os escasos territorios concedidos a Italia na Conferencia de Paris de 1919. Os ex–combatentes ou “camisas negras” tenderon a protagonizar actos de protesta reclamando as terras irredentas, que non lograrán integrar no proceso de unificación e que lles prometeran os aliados.

Page 38: Crise democracia fascismos

- Unha forte inestabilidade política, pois ningún partido lograba maiorías estables para gobernar: os grupos fascistas demostraron ser capaces de acosar con violencia os sindicalistas e os políticos e de abortar convocatorias de folga... e de retar o goberno coa “Marcha sobre Roma” de 1922 ( miles de camisas negras ocuparon os edificios públicos logrando a dimisión do goberno e que o rei chamase a formar goberno a Mussolini).

Page 39: Crise democracia fascismos
Page 40: Crise democracia fascismos

As claves do éxito de Mussolini foron:

- Presentarse como o guía ou duce capaz de dirixir ós italianos á conquista dos territorios irredentos e a conquista dun imperio colonial na costa balcánica do mar Adriático e en África.

Page 41: Crise democracia fascismos

- Ofrecerse ós propietarios como o salvador capaz de impedir unha revolución socialista e de protexer a propiedade privada.

Page 42: Crise democracia fascismos

- Apostar por un modelo de estado intervencionista na economía (fomento da producción industrial e agrícola, compra das accións de empresas en dificultades, proteccionismo contra as importacións, programa de grandes obras públicas para frear o desemprego, imposicións de seguros sociais para protección dos obreiros ).

Page 43: Crise democracia fascismos

- Utilizar o sistema educativo e os medios de comunicación para difundir os valores fascistas.

Page 44: Crise democracia fascismos

balillas

Page 45: Crise democracia fascismos
Page 46: Crise democracia fascismos

D) O RÉXIME NAZI ALEMÁN (1933-1945)

Page 47: Crise democracia fascismos

A IªGuerra Mundial deixou certas secuelas en Alemaña:

- Unha grave crise económica, caracterizada polas dificultades para facer fronte o pago das débedas de guerra e das reparacións impostas no Tratado de Versalles, a hiperinflación...que derivou no peche de empresas, a ruína das clases medias e o desemprego de numerosos obreiros. A economía estabilizouse cos prestamos dos bancos norteamericanos; pero coa retirada de eses prestamos, tras a crise de 1929, entrou en profunda recesión (seis millóns de desempregados).

Page 48: Crise democracia fascismos

“Podo ponerlle outra inxección, no estado no que está, non sentirá nada”

Page 49: Crise democracia fascismos

- Unha forte inestabilidade política, caracterizada pola debilidade dos gobernos e polos constantes intentos de golpe de estado (intento de insurrección dos comunistas, coa intención de implantar o modelo soviético, en 1919; intento dos nacionalistas de tomar Berlín, en protesta contra o Tratado de Versalles, en 1920; intento de pronunciamento nacionalista en Múnic, dirixido por Hitler con pretensións antidemocráticas en 1923...). A estabilización económica favorecerá a estabilidade política.

Page 50: Crise democracia fascismos

O partido nacionalsocialista aproveitou o malestar social provocado polo rebrote da crise económica,agora derivada do crack de 1929, para difundir o seu discurso antiliberal, antisocialista, antisemítico e de rexeitamento do Tratado de Versalles ... logrando, en 1933, un éxito electoral.

Page 51: Crise democracia fascismos
Page 52: Crise democracia fascismos
Page 53: Crise democracia fascismos

O éxito dos nazis pode explicarse polo apoio que lograron entre:

- As clases medias urbanas, asustadas polo empobrecemento e a posibilidade do triunfo dunha revolución socialista.

Freikorps sofocando revolta en 1920

Page 54: Crise democracia fascismos

- Os campesiños, arruinados polos efectos da crise.

- Os obreiros, desesperados polo brutal desemprego.

Page 55: Crise democracia fascismos

- Os empresarios e financeiros, animados polo discurso económico proteccionista e antisocialista de Hitler ( abandonan os liberais e pasan a financiar o Partido Nacionalsocialista ).

Page 56: Crise democracia fascismos

- Os militares e ex-combatentes, entusiasmados polo nacionalismo revanchista e o militarismo imperialista.

Page 57: Crise democracia fascismos

- O clero católico e os pastores luteranos mantiveron ante o ascenso dos nazis unha actitude pasiva.

A imaxe non é da Alemaña nazi

Page 58: Crise democracia fascismos

Os grandes triunfadores nas eleccións foron os nazis e os comunistas ... os partidos liberais preferiron formar unha coalición cos nazis e favorecer o nomeamento de Hitler como presidente de goberno ... Hitler inmediatamente logrou a disolución do parlamento e convocou novas eleccións co obxetivo de lograr unha ampla maioría de parlamentarios

Page 59: Crise democracia fascismos

Para aumentar as posibilidades electorais Hitler decidiu:

- Prohibir a prensa e as reunións dos políticos da oposición.

- Encargar os dirixentes das S.A. accións terroristas como persecucións, atentados e incluso o incendio do parlamento ( acusando do incendio os comunistas e xustificando na desorde a supresión das liberdades dos individuos ).

Page 60: Crise democracia fascismos

Aínda que o novo éxito electoral non foi total, Hitler logrou que o parlamento lle otorgase o presidente de goberno plenos poderes para lexislar por decreto e mais tarde ser nomeado tamén presidente do estado alemán ( proclamase Führer do III Reich ou refundador do estado alemán).

Page 61: Crise democracia fascismos
Page 62: Crise democracia fascismos
Page 63: Crise democracia fascismos
Page 64: Crise democracia fascismos

O ter controlado todo o poder Hitler centrou os seus esforzos:

- Na recuperación económica: logra sacar a Alemaña da depresión económica e convertela nunha potencia industrial aplicando unha política de forte intervencionismo: fomentou a industria de armamento, impuxo un control sobre os prezos e salarios, investiu en plans de obras públicas, favoreceu as concentracións empresariais e a banca (elevase a producción,redúcese a inflación e descende moito o paro ).

Page 65: Crise democracia fascismos
Page 66: Crise democracia fascismos

- Na protección da raza aria: decidiu favorecer a natalidade dos arios, excluír os discapacitados físicos e psíquicos, perseguir as minorías étnicas,etc.( especialmente importante foi o acoso os xudeus ou semitas, que se iniciou cun boicot os seus negocios, a prohibición de matrimonios mixtos con arios, a perda da nacionalidade alemana, a obriga de levar un distintivo identificador ... “a noite dos cristais rotos”, de 1938, foi unha cadea de atentados contra negocios, incendios de sinagogas e asasinatos de xudeus ).

Page 67: Crise democracia fascismos
Page 68: Crise democracia fascismos
Page 69: Crise democracia fascismos
Page 70: Crise democracia fascismos
Page 71: Crise democracia fascismos
Page 72: Crise democracia fascismos
Page 73: Crise democracia fascismos
Page 74: Crise democracia fascismos
Page 75: Crise democracia fascismos

- Na nazificación da cultura e da educación: logra eliminar toda difusión de valores disidentes prohibindo publicacións e actos culturais, queimando libros, depurando profesores.

Page 76: Crise democracia fascismos
Page 77: Crise democracia fascismos
Page 78: Crise democracia fascismos
Page 79: Crise democracia fascismos
Page 80: Crise democracia fascismos

Esta é unha páxina dun libro antisemítico escrito para nenos durante os anos trinta chamado “O Fungo Tóxico.” Para poder identificar e illar aos xudeos con máis facilidade, os nenos alemáns foron aconsellados a buscar certas características do rostro. Según este libro de propaganda, “A nariz xudea parécese ao número seis...”

Page 81: Crise democracia fascismos

- Na uniformización ideolóxica: logra integrar a un grande número de xoves alemáns nas Xuventudes Hitlerianas e silenciar a socialistas e comunistas con represión.

Page 82: Crise democracia fascismos
Page 83: Crise democracia fascismos
Page 84: Crise democracia fascismos
Page 85: Crise democracia fascismos
Page 86: Crise democracia fascismos

- A creación da Gran Alemaña: logra recuperar territorios perdidos no Tratado de Versalles e o desexado anschluss ou unificación con Austria.

Page 87: Crise democracia fascismos

- A conquista do “espacio vital”: logrará ocupar os territorios dos pobos eslavos, considerados de raza inferior (Polonia, Ucraina,etc.), para facer posible o progreso do III Reich.

Page 88: Crise democracia fascismos

- A destrucción dos xudeus e dos bolxeviques: logra un brutal impacto sobre a poboación xudea cos campos de exterminio e un gran fracaso co intento de invasión da U.R.R.S. (durante a II Guerra Mundial ).

Page 89: Crise democracia fascismos
Page 90: Crise democracia fascismos

A coincidencia na ideoloxía e nos obxetivos expansionistas, leva a Mussolini e a Hitler a aliarse na década de 1930 ( eixo Berlín – Roma ): os éxitos da política económica intervencionista e das conquistas territoriais de Mussolini e Hitler chocan cos intereses dos soviéticos da URSS, dirixidos por Stalin, e cos intereses dos EE.UU., dirixidos por F.D. Roosevelt: II Guerra Mundial.

Page 91: Crise democracia fascismos
Page 92: Crise democracia fascismos
Page 93: Crise democracia fascismos