17

56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe
Page 2: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

Son demócrata

4

CONTIDOS1. Que é un Estado democrático?

2. España, un Estado democrático

3. España, un Estado descentralizado

4. O modelo político europeo

5. Os servizos públicos e os bens comúns

56 UNIDADE 4

A empatía

EDUCACIÓN EMOCIONAL

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 19/9/11 12:24 Página 56

Page 3: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

RESPONDE� Que diferenza existe entre vivir nunha democracia ou

nunha ditadura?

� Ponte na pel dos humoristas que falaban cos alumnos.Comprendes a súa postura? Explícao.

� Que farías ti se non puideses expresar as túas opiniónslibremente?

Social e cidadá• Coñecer os valores dunha sociedade democrática e distingui-

los dos que non o son.• Demostrar actitudes e comportamentos democráticos base-

ados na participación.

Comunicación lingüística• Comprender os puntos de vista dos demais e manifestar

con corrección as propias opinións.

COMPETENCIAS BÁSICAS

Vivir en ditadura«Entre 1976 e 1983 os arxentinos viviron baixo unha dita-dura militar. No ano 2000, alumnos de Primaria e Secunda-ria, que naceron e viviron en democracia, reuníronse contres humoristas para preguntarlles acerca destes anos queeles non coñeceron. Como fixo a xente para convivir contanto temor? Non todos facemos o mesmo. O que nosdoe moito, ás veces, é importante reflexionalo desde o hu-mor. Non para minimizalo, pero si para poder convivircon iso.»

Adaptado de Clarín (25-3-2000).

57Son demócrata

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 19/9/11 12:24 Página 57

Page 4: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

1.Que é un Estado democrático?AC

TIVI

DAD

ES

UNIDADE 458

SOBERANÍA NACIONAL O pobo é a única garantía de poder.

DIVISIÓN DE PODERES

Para garantir determinados dereitose liberdades fundamentais do serhumano.

DEREITOS E DEBERES

DOS CIDADÁNS

Inspirados no recoñecemento dadeclaración universal dos dereitoshumanos.

ORGANIZACIÓNTERRITORIAL

Que establece o tipo de divisiónsadministrativas.

FORMADO ESTADO

Pode ser monarquía (se o xefe doEstado é un monarca hereditario) ou república (se o xefe do Estado éun cidadán elixido comopresidente).

A CONSTITUCIÓN GARANTE

Os Estados democráticos son aqueles nos que a cidadanía ten o poder e, xa que logo, hai vías establecidas para que a ci-dadanía participe na vida política.

REFLEXIONA: O poder político dos cidadáns1. Le o texto sobre o caso Watergate e

contesta:

— Quen saca á luz o caso de corrup-ción no goberno? Como se difun-de?

— Quen investiga o caso de formalegal?

— Como actúan os políticos impli-cados? Asumen a súa respon-sabilidade?

— Que texto legal e que instituciónsgaranten que os gobernantesnon abusen do poder que llesconfire a cidadanía?

2. Como se reflicte neste caso o poderpolítico dos cidadáns?

3. Como se reflicten os fundamentos da democracia no caso Wa-tergate?

4. En grupos, buscade unha noticia na que se denuncie algún casode corrupción política.

— Expoñede o caso. Quen o denunciou?

— Houbo algún tipo de presión popular?

— A presión popular serviu para cambiar a situación?

1.1. Os fundamentos da democraciaOs piares da democracia española son tres: a Constitución, a di-visión de poderes en lexislativo, executivo e xudicial; e a so-beranía nacional.

A ConstituciónÉ a lei fundamental dun Estado democrático que, posteriormen-te, se desenvolve por medio das leis.

En 1972, durante a campaña electoral, cin-co homes foron detidos no hotel Water-gate de Wáshington (EUA), que era a sededo comité electoral do partido demó-crata, mentres tentaban instalar aparelloseléctricos de espionaxe.

O daquela presidente Richard Nixon, dopartido republicano, presentábase á re-elección e dixo non saber nada sobre osfeitos, aínda que os detidos pertencíaná CIA e ao FBI. Ademais, un deles era o xefedo servizo de seguridade do comité de re-elección de Nixon.

Nixon foi reelixido, mais dous xornalis-tas do periódico The Washington Postinvestigaron e, grazas a un confidente quealcumaron como «garganta profunda»,

descubriron que no caso estaban impli-cados o propio presidente e algúns dosseus colaboradores.

Os periodistas difundiron a noticia a tra-vés da prensa e acusaron o presidente deintentar conxelar as investigacións.

Ante as evidencias, a xustiza dos EUAencargouse de pescudalo e o Senado for-mou unha comisión para iso. A investi-gación foi retransmitida por televisión.Acusouse dos feitos a colaboradores deNixon. Ademais, revelouse que o presi-dente mentira ao ocultar tanto a súa par-ticipación como as probas.

Avalado pola Constitución, en 1974 ini-ciouse un proceso de destitución contraNixon, pero este preferiu dimitir.

ACTI

VIDA

DES

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 19/9/11 12:24 Página 58

Page 5: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

ACTIVIDADES

5. Que dous poderes estaban implicados no caso GAL?

— Cres que houbo abuso de poder por parte do executivo?— O poder xudicial actuou con independencia?— Por que foi posible descubrir e investigar o caso GAL?

6. A finais do ano 2009 organizouse unha marcha en Palmade Mallorca a través da rede social Facebook. O obxectivo era

sumar cidadáns de todas as tendencias políticas para protes-tar polo incremento de casos de corrupción nos concellos dasillas Baleares e pola pouca responsabilidade dos políticosao exercer os seus cargos. Un dos lemas era «Nin voto en bran-co nin voto útil, voten con convicción». Que cres que signi-fica?

— Como pode amosar a cidadanía o seu desacordo coas prác-ticas políticas dos seus dirixentes?

59Son demócrata

As eleccións

Nun Estado democrático, os cidadáns votan aos candidatos ou partidospolíticos preferidos para que actúen como representantes no Goberno,e fano por medio das eleccións. Para que estas garantan a vontade po-pular, deben contemplar:

— Sufraxio universal. Todos os cidadáns e todas as ci-dadás maiores de idade poden votar.

— Periodicidade. A Lei debe establecer un tempo má-ximo de permanencia no poder dos representantese fixar a data das novas eleccións. Unha lexislaturaé o tempo comprendido entre dúas eleccións.

— Pluralismo político. Calquera opción política que res-pecte a Constitución pode presentarse á elección.

— Liberdade. Calquera cidadán maior de idade podeparticipar nos labores políticos. Ademais, débese poderexercer o dereito a votar sen limitacións ou coaccións.

A que votamos?

A través dos distintos tipos de eleccións, vota-mos:

• Eleccións lexislativas: os representantes dasCortes Xerais.

• Eleccións autonómicas: os representantes dosParlamentos autonómicos.

• Eleccións municipais:os representantes doConcello.

• Eleccións europeas:os representantesque constituirán oParlamento Euro-

peo.

A división de poderesPara evitar o poder ditatorial —unha soa persoa acaparando todo opoder— e asegurar o bo funcionamento do sistema político, outro fun-damento da democracia é a separación de poderes.

A soberanía nacional ou popularNun Estado democrático, o poder reside na cidadanía e exérceo a travésduns órganos representativos (Goberno, Parlamento etc.) que se esco-llen mediante unhas eleccións libres.

Os políticos, ou representantes dos cidadáns, están ao servizo da cida-danía; o seu poder é temporal e está limitado pola Lei. Polo tanto, nonpoden empregar o seu cargo para intereses particulares.

PODER Poder lexislativo Poder executivo Poder xudicial

FUNCIÓNSElabora, aprobaou rexeita as leis.

Aplica as leis e leva a cabo astarefas de goberno.

Fai cumprir a Lei.

INSTITUCIÓNParlamento ou cámara derepresentantes

Goberno Tribunal de Xustiza

Os Grupos Antiterroristas de Liberación (GAL)eran un grupo armado que actuou en contrada ETA e que asasinou 27 persoas entre 1975e 1987. Foi considerado un caso de «guerrasucia» porque foi financiado con «fondosreservados» do Estado e implicou a altos car-gos do Ministerio do Interior. Uns xornalistassacaron á luz o caso e iniciouse un procesoxudicial que durou máis de dez anos. O Con-greso, finalmente, autorizou o TribunalSupremo para que actuase contra o secreta-rio de Estado e o ministro do Interior, queingresaron en prisión.

O caso GAL

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 19/9/11 12:24 Página 59

Page 6: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

7. Completa o esquema coas seguintes palabras.

— Que órgano é o responsable de aprobar as leis e cal, desancionar o infractor se se incumpren?

8. Por que cres que é importante a separación de poderes? Queocorrería en caso contrario?

9. Le os artigos e responde:

— Que valores superiores propugna o artigo 1?— Segundo o artigo 6, para que serven os partidos políticos?— Segundo o artigo 9, en que ámbitos pode participar a

cidadanía?— Nomea as coincidencias entre os principios da Cons-

titución e a Declaración Universal dos Dereitos Hu-manos.

UNIDADE 460

2.España, un Estado democráticoEspaña é unha monarquía parlamentaria, cunha Constitución e cunhas insti-tucións que garanten o Estado de dereito.

2.1. Unha monarquía parlamentariaNunha monarquía parlamentaria o monarca ou rei exerce a función de xefedo Estado; é o máximo representante de España no exterior e exerce o man-do supremo das forzas armadas. El ten potestade para sancionar as leis e osdecretos presentados por parte do Goberno e do Parlamento.

Nas monarquías parlamentarias o poder reside no pobo, que o exerce a tra-vés dos seus representantes no Parlamento. O Parlamento español recibe o nomede Cortes Xerais, as cales son elixidas polos votos dos cidadáns e están cons-tituídas por dúas cámaras: o Congreso dos Deputados e o Senado.

— O Congreso dos Deputados elixe o presidente do Goberno por medio du-nha votación, controla a acción gobernamental mediante interpelacións epreguntas, e redacta e aproba as leis.

— O Senado é a cámara de representación territorial, controla a acción do Goberno mediante interpelacións e preguntas, e revisa e aproba as leis.

ORGANIZACIÓN POLÍTICA DE ESPAÑA

lexislativo - xudicial - ministros - do PoboCongreso dos Deputados - Tribunal Supremo - Cortes Xerais

REI

PODER EXECUTIVO

Presidente do Goberno

CONSELLO DE...........................

DEFENSOR...........................

PODER ...........................

...........................

SENADO ....................................

PODER ...........................

representado pordirixido polo

propón

representadopor

elixen o

elixen o

formado pordúas cámaras

ACTI

VIDA

DES

Artigo 1. España constitúese nun Estado social, democrático e de dereito, que propugna como valoressuperiores a liberdade, a xustiza, aigualdade e o pluralismo político.A soberanía nacional reside no poboespañol. A forma política do Estado es-pañol é a monarquía parlamentaria.

Artigo 6. Os partidos políticos expre-san o pluralismo político, concorren á formación e á manifestación da von-tade popular e son o instrumento fundamental para a participación política.

Título preliminarda Constitución española

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 19/9/11 12:24 Página 60

Page 7: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

ACTIVIDADES

REFLEXIONA: Participas en política?10. Con cal destas opinións estás de acordo? Con cal delas estás en desacordo? Razoa a túa resposta.

11. Velaquí algúns dos principais problemas que máis lles preocupan aos españois: o paro, os problemas económicos, a inmigra-ción, a inseguridade cidadá, o acceso a unha vivenda, o terrorismo... Completa a táboa.

— Cales destes problemas che preocupan máis de cara ao futuro? Razóao. Se foses gobernante, como o tentarías solucionar?

12. Por parellas, redactade unha carta dirixida ao Valedor do Pobo por un fallo nun servizo público mal prestado: unha neglixenciamédica, un notable atraso nun transporte público sen motivo xustificado etc.

— Elaborade unha listaxe das posibles consecuencias do mal servizo prestado. Despois, redactade a carta.

2.2. Un Estado de dereitoA Constitución define España como un Estado de dereito porque tanto os cidadáns coma os poderes públicos están suxeitos ao establecido pola Lei. Asnormas ditadas pola colectividade a través dos seus representantes e enbeneficio común non poden transgredirse.

61Son demócrata

Artigo 9. Os cidadáns e os poderespúblicos están suxeitos á Constitu-ción e ao resto do ordenamento xurídico. Correspóndelles aos pode-res públicos promover as condiciónspara que a liberdade e a igualdadedo individuo e dos grupos en que seintegra sexan reais e efectivas; remo-ver os atrancos que impidan ou dificul-ten a súa plenitude e facilitar a parti-cipación de todos os cidadáns na vidapolítica, económica, cultural e social. AConstitución garante o principio de legalidade, a xerarquía normativa, a publicidade das normas, a seguridadexurídica, a responsabilidade e a inter-dición da arbitrariedade dos poderespúblicos.

Título preliminar da Constitución española

O Valedor do Pobo

Cando non te sentes ben tratadopolo teu Concello; se a xustiza nonfuncionou nalgunha ocasión; se cresque te enganaron nunha compraetc., existe a figura do Valedor doPobo, en Galicia, ou do Defensordo Pobo, en España. A súa funcióné garantir os nosos dereitos e liberdades, e supervisar o funciona-mento das Administracións públi-cas.

Calquera persoa pode solicitar aintervención do Valedor do Pobomediante unha carta asinada na quese expoña o motivo da queixa.

<www.valedordopobo.com>

Os partidos políticos

Son agrupacións de cidadáns quecomparten unha ideoloxía comúne que participan nas eleccións paraacceder aos órganos representati-vos.

As ideas dun partido concrétansenun programa político, que se di-funde tamén durante as campañaselectorais.

Existen moitos partidos políticospero, a grandes trazos, emprega-mos o termo dereita para as ten-dencias conservadoras, esquerdapara as progresistas e centro paraas que se sitúan nunha posición in-termedia.

Problemas Que consecuencias se derivan?Paro Dificultades económicas familiares

Problemas económicos ......................................................................................................

«Eu paso da política. Todos os políticos son uns interesa-dos. Dáme igual quen gañe. Coido que non me afecta paranada.» Xosé

«Abofé que é importante! Logo, non é importante ter saúde e medicina? Poder ou non comprar un piso? Con-tar cunha pensión para a vellez?» Mariana

«Gustaríame votar, mais estou completamente desinforma-do. Os meus amigos están coma min. Realmente é im-portante votar?» Iago

«Eu estiven moitos anos sen poder votar. Para min é unorgullo que España volva ser democrática, pero non sei sesoubemos contaxiar os máis novos.» Manuel

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 19/9/11 12:24 Página 61

Page 8: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

España é un Estado plurinacional, o que significa que a compoñen distintas nacionalidades e rexións constituídas comocomunidades autónomas, erixidas cada unha delas por un Estatuto de Autonomía. O autogoberno de Galicia fundamén-tase na Constitución e nos dereitos históricos do pobo galego, quen aprobara en referendo un Estatuto de Autonomía en1936, ademais de contar con partidos políticos nacionalistas.

3.1. O Estatuto de Autonomía de GaliciaÉ a norma institucional básica e foi recoñecida pola Constitución en 1978. Aínda así, as comunidades autónomas teñen apotestade de modificar os seus Estatutos de autonomía, sempre que sexan aprobados polos seus respectivos parlamentose que sexan posteriormente referendados polos cidadáns.

3.España, un Estado descentralizado

O noso Estatuto

O Estatuto de Autonomía de Galicia foi referendado polo pobogalego en 1980 e posteriormente, en 1981, foi aprobado polasCortes Xerais.

O noso Estatuto establece o sistema institucional no que se orga-niza Galicia, as competencias que lle corresponden, o réximelingüístico e as competencias da nosa comunidade, entre outros aspectos.

13. Le o artigo 143 da Constitución e responde:

— Que territorios poden chegar a formar unhacomunidade autónoma?

— Que provincias forman parte da nosa comuni-dade?

14. Observa o esquema sobre a organización políti-ca de Galicia e complétao no teu caderno.

— Quen goberna Galicia na actualidade? E no teuconcello?

15. Le información sobre o Estatuto de Autonomíade Galicia.

— Cando e por que foi aprobado o noso esta-tuto?

16. Consulta o artigo 16 do Estatuto de Autonomíade Galicia e explica como está composta a Xunta de Galicia. Podes buscalo no seguinte en-derezo web:

ACTI

VIDA

DES

PODERLEXISLATIVO

...............................

...............................

• Elabora as leis autonómicas.

• Controla o goberno autonómico.

PODEREXECUTIVO

...............................

de Galicia

formadapolo

formado polos

...............................

e polos ...............................

PODERXUDICIAL

Tribunal Superiorde

...............................

• Interpreta as leis.

• Xulga e castiga as persoas ou as institucións queincumpren as leis.

• Con funcións executivas e administrativas.

Parlamento de Galicia - Xustiza de Galicia

Presidente - deputados - conselleiros - Xunta

http://www.parlamentodegalicia.com/sites/ParlamentoGalicia/BibliotecaInfInstitucional/Estatuto_Autonomia.pdf

@

@

Artigo 143.1. No exercicio do dereito á autonomíarecoñecido no artigo 2 da Constitución, as provincias li-mítrofes con características históricas, culturais e eco-nómicas comúns, os territorios insulares e as provinciascon entidade rexional histórica poderán acceder ao seuautogoberno e constituírse en comunidades autóno-mas segundo o previsto neste Título e nos respecti-vos Estatutos.

Constitución de 1978

O dereito ao autogoberno

COMO SE ORGANIZAN AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS?

UNIDADE 462

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 19/9/11 12:24 Página 62

Page 9: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

17. Observa o gráfico de rendas brutas en Es-paña e di que comunidades autónomas seatopan por enriba da media española (98,8)e cales, por debaixo.

18. Le os artigos da Constitución sobre a soli-dariedade entre rexións.

— Como cres que se pode materializar a so-lidariedade entre comunidades autóno-mas? Investiga se Galicia proporciona ourecibe axudas doutras comunidades.

19. Consulta o título preliminar do noso Estatu-to e di como se estrutura o territorio de Ga-licia e quen goza de dereitos políticos comogalego.

ACTIVIDADES

3.2. Os desequilibrios rexionaisEntre as comunidades autónomas españolas existen gran-des diferenzas de superficie e de poboación (Andalu-cía e Cataluña superan os 7 millóns de habitantes, mentresque Cantabria e A Rioxa teñen menos de 600 000 hab.).

Ademais, existen desequilibrios económicos interterrito-riais. Para compensalos e facer efectivo o principio de so-lidariedade, a Constitución española constitúe un Fondode Compensación destinado aos gastos de investimen-to en distintos ámbitos económicos: agricultura e desen-volvemento rural, comercio, transportes, comunicación,ambiente, turismo, educación, cultura...

Os recursos destinados aos fondos de compensación sondistribuídos polas Cortes Xerais en cada comunidade au-tónoma.

Artigo 2. A constitución fundaméntase na in-disoluble unidade da nación española, patria común e indivisible de todos os españois, e reco-ñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a soli-dariedade entre elas.

Artigo 158. 2. Co fin de corrixir desequilibrioseconómicos interterritoriais e facer efectivo o prin-cipio de solidariedade, constituirase un Fondo deCompensación con destino a gastos de investi-mento, cuns recursos que serán distribuídospolas Cortes Xerais entre as Comunidades Au-tónomas e provincias, no seu caso.

Constitución de 1978

Solidariedade entre rexións

RENDAS BRUTAS EN ESPAÑA

Turistas en Lanzarote. O turismo constituíu o principal motor económico en moitascomunidades, como as Canarias.

Paisaxe de horta en Murcia. Nas comunidades onde a agricultura representa unha granfonte de riqueza, o crecemento económico non foi tan notable.

63Son demócrata

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 19/9/11 12:25 Página 63

Page 10: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

4.1. As institucións políticas europeasAs principais institucións europeas foroncreadas para unha estrutura de poucosmembros. Ante a ampliación da UE a 27membros e con posibilidades de ser máis,era urxente unha modificación.

Co Tratado de Lisboa (2009) adecuá-ronse as institucións e os seus métodos detraballo para afrontar os retos do futuroe responder as expectativas dos cidadáns.

Con esta reforma, o parlamento euro-peo escollido polos cidadáns, así como osparlamentos nacionais teñen máis pro-tagonismo.

Ademais das institucións básicas, exis-ten outras relacionadas coa economía eco desenvolvemento rexional.

Europa é un continente pequeno dividido en numerosos Estados, que foron modificando as súas fronteiras ao longo dosséculos por mor dos conflitos.

A Unión Europea traballa para conseguir catro obxectivos principais: paz; seguridade; solidariedade económica e social;e ter un modelo de cidadán europeo libre, preparado para o mundo laboral, cos seus dereitos e deberes.

4.O modelo político europeo

UNIDADE 464

Poder lexislativo

Poder executivo

CONSELLO• Aproba o orzamen-

to.• Formado por minis-

tros representantesdos Estados mem-bros. Presidencia se-mestral e rotatoria.

• Sede: Bruxelas.

cont

rola

controla

colexislación

codecisión

cons

ulta

consulta

COMISIÓN EUROPEA

• Formada por comisariosrepresentantes dos Esta-dos membros, cun man-dato de cinco anos.

• Sede: Bruxelas.

OUTRAS INSTITUCIÓNS

• Institucións económicas:Banco Central Europeo,Tribunal de Contas.

• Órganos consultivos: Co-mité Económico e Social,Comité das Rexións.

Poder xudicial

TRIBUNALDE XUSTIZA

• Garante o respecto dodereito da UE.

• Sede: Luxemburgo.

PRESIDENTE• Mandato de dous anos e me-

dio prorrogables.• Representa os dirixentes da

UE na escena mundial, e oConsello nas relacións coasdemais institucións.

CONSELLO EUROPEO• Encargado de lle dar impulso

político á UE para o seu desen-volvemento.

• Formado polos xefes de gober-no dos Estados membros, poloseu presidente e polo presiden-te da comisión.

PARLAMENTOEUROPEO

• Aproba o orzamento.• Formado por un má-

ximo de 751 deputa-dos, escollidos encada país cada 5 anos.

• Sede: Estrasburgo.

Os tratados da UE

1951: Tratado de París. Formación da Comuni-dade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA).

1957: Tratado de Roma. Constitución da Comu-nidade Económica Europea (CEE).

1979: Entrada en vigor do Sistema MonetarioEuropeo co fin de organizar unha política finan-ceira común.

1993: Tratado de Maastricht. A CEE cambia o seunome polo de Unión Europea (UE).

2001: Tratado de Niza. Fíxanse as reformas eo calendario das novas ampliacións á UE.

2002: Entrada en circulación da moeda única, oeuro.

2009: Tratado de Lisboa, que lle outorga á UEunha nova estrutura política e fortalece a repre-sentación exterior.

París

FRANCIA

OCÉANOATLÁNTICO

Madrid

ESPAÑA

PORTUGAL

LisboaRoma

ITALIA

ÁmsterdamBruxelas

BÉLXICA

LUXEMBURGO

ALEMAÑA

BerlínLondres

REINOUNIDO

Dublín

IRLANDA

Mar doNorte

DINAMARCA

Copenhague

Mar Negro

Atenas

GRECIA

VienaAUSTRIA

Estocolmo

SU

EC

IA

NO

RU

EG

A

Helsinqui

TallinnESTONIA

FI N

LA

ND

I A

R U S I A

MarBáltico

M a rM e d i t e r r á n e o

Riga

Vilna

LETONIALITUANIA

Varsovia

POLONIA

PragaREP.CHECA

BratislavaESLOVAQUIA

BudapestHUNGRÍA

LiublianaESLOVENIA Bucarest

ROMANÍA

SofíaBULGARIA

Nicosia

CHIPREA ValetaMALTA

ISLANDIA

BIELORRUSIA

UCRAÍNA

CROACIABOSNIA-HERC.

MONTENEGROSERBIA

MACEDONIAALBANIA TURQUÍA

CeutaMelilla

MOLDAVIA

Canarias

0 250 500 km

Membros fundadores

1973

1981

1986

1990(reunificación alemá)

1995

2004

2007

Unión Europea

PAÍSESBAIXOSPAÍSESBAIXOS

ÁmsterdamALEMAÑABruxelas

BÉLXICA

SUÍZA

Tallinn

Helsinqui

Mar doNorte

UCRAÍNA

ROMANÍA

BOSNIA-HERC.

A Valeta

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 19/9/11 12:25 Página 64

Page 11: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

20. Os países da UE utilizan unha divisa común: o euro, e gozan dunha política monetaria común que xestiona o Banco CentralEuropeo.

— Cres que a utilización dunha mesma divisa facilita tomar conciencia de identificación cos demais cidadáns da UE? Argu-menta a túa resposta.

21. Pescuda que son os programas Sócrates, Erasmus, Lingua e Leonardo da Vinci.

— A quen van destinados? Onde se solicitan? Que vantaxes lles proporcionan aos estudantes?

22. Os cidadáns europeos temos niveis de participación e organización nacionais e supranacionais que nos permiten adquirirforza nun mundo cada vez máis competitivo.

— Comenta a frase: «A unión fai a forza».— Argumenta por que razóns é moi importante participar nas eleccións europeas.

ACTIVIDADES

O desenvolvemento rexional

Para corrixir os desequilibrios rexionais entre os países mem-bros da UE, os fondos estruturais, que son o Fondo Europeopara o Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo So-

cial Europeo (FSE) e o Fondo de Cohesiónteñen por obxecto promovera cohesión económica e socialfinanciando proxectos de de-senvolvemento nas rexiónsmáis desfavorecidas.

O obxectivo último é financiargastos de investimento quecontribúan á creación de em-prego e riqueza.

As PAC (políticas agrarias comúns)

Co obxectivo de lles asegurar un nivel de vida razoableaos agricultores, modernizar e desenvolver a industria agro-alimentaria e establecer uns prezos razoables para o con-sumidor, creáronse as PAC. A través destas, subvenció-nanse produtos como o aceite e regúlase a produción doviño e o leite, por exemplo.

Con todo, nin todas as rexións estive-ron subvencionadas de

igual forma, nin axestión de aplica-ción destas políti-

cas agrícolas foi moiáxil, o que suscitou

certa polémica.

A Declaración de Boloña e as titulacións universitarias

Pola Declaración de Boloña de 1999 as titulacións universi-tarias debían estar homologadas, a partir do ano 2010, entodos os países europeos, co obxectivode incrementar a competitividade dasuniversidades europeas e o seu graode atracción mundial.

O obxectivo era que todas as carreirasuniversitarias tivesen uns mesmos con-tidos e métodos pedagóxicos, o quefacilita a mobilidade de estudantes e pro-fesores, e fomenta a posibilidade de tra-ballar en calquera país da UE.

O obxectivo último é financiar gastos deinvestimento que contribúan á creaciónde emprego e riqueza.

65Son demócrata

4.2. Como nos afecta ser europeos?

A libre circulación

Polo Acordo de Schengen, asinado no 1995, permitiuse a li-bre circulación das persoas entre os Estados firmantes. Ata o2009, subscribíronse 25 dos 27 Estados daUE (a excepción do Reino Unido e Ir-landa) ademais doutros Estados eu-ropeos, como Suíza ou Noruega.

Así, actualmente calquera cidadánda UE ten o permiso de circular libre-mente polos Estados membrosacreditando un documento deidentidade, pero sen necesidadede pasaporte.

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 19/9/11 12:25 Página 65

Page 12: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

82,7

% 100

90

80

70

60

50

40

30

20

10

0

O p

aro

econ

ómic

os

Os

prob

lem

as

O te

rroris

mo

A in

mig

raci

ónos

par

tidos

pol

ítico

s

A cl

ase

polít

ica,

A vi

vend

a

cida

A in

segu

ridad

e

47

17,6 16,6 14,99,4 8,1

23. Todos os cidadáns con ingresos superiores a 22 000 euros anuais te-ñen a obriga de facer a declaración da renda. Algúns conceptos des-ta declaración pódense desgravar de Facenda, como por exemploser solidario con contribucións a organizacións humanitarias.

— Cres que é xusto? Xustifica a túa resposta.

24. Le o texto sobre as principais preocupacións dos españois na actua-lidade.

— Cres que son problemas que debe resolver o Estado? Por que?Como pode facelo?

ACTI

VIDA

DES

España é un Estado social e, como tal, o Goberno garante, a través da Administración ou de organizacións especializadas,os servizos públicos e as prestacións destinados a satisfacer as necesidades da colectividade.

Estas actividades procuran compensar as deficiencias da economía de mercado mediante unha redistribución da renda, édicir, que as prestacións sociais cheguen a todos os cidadáns. Contribúen a crear, pois, o chamado Estado do benestar.

5.Os servizos públicos e os bens comúns

UNIDADE 466

ADMINISTRACIÓNPÚBLICA

SERVIZOSPÚBLICOS

ESTADO DO BENESTAR

Pagamos osnosos impostos

Directos Indirectos

Gran parte das achegas dos cidadáns devólvensellesen forma de:

Segundo a tendenciado partido, varían asprioridades.

Estes servizos contribúen a crear un

Votamos os gobernantespara que os administren.

Segundo unha enquisa realizada polo CIS (Cen-tro de Investigacións Sociolóxicas) nun total de235 municipios e 45 provincias a 2500 cidadánsespañois, de ambos os dous sexos, de dezaoi-to anos e máis (novembro do 2006), as princi-pais preocupacións dos entrevistados son:

Que lles preocupa aos españois?Impostos directos. É o diñeiro que se lle paga ao Estado en función do ni-vel de ingresos. Son progresivos, é dicir, a máis ingresos págase proporcio-nalmente máis (IRPF...).

Impostos indirectos. Páganse por consumir determinados produtos eson independentes dos ingresos de cada un (IVE...).

CIDADÁNS

Cultura, deportes, lecer...

Servizos sociais:sanidade, educación...Transportes

Gas, electricidade,vías públicas...

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 19/9/11 12:25 Página 66

Page 13: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

67Son demócrata

O dereito á educacióne o deber dos estudantes

Imaxina que aos seis anos ingresas nun colexio público paracursar estudos de Primaria e que ao rematares esta etapaaccedes a un instituto público para completar a Secun-daria e os dous cursos de Bacharelato. Finalmente, decidescursar unha carreira nunha universidade pública.

25. Despois de coñeceres estas cifras, cres que como estu-dante tes algún deber co Estado? Arguméntao.

O dereito á Seguridade SocialA Seguridade Social é o sistema a través do cal o Estado llesgarante aos cidadáns a protección axeitada fronte aosriscos e ás situacións de necesidade.

26. Algunhas veces as persoas actúan de forma incorrectacando «enganan» o Estado ao finxir que están enfermasou ao declarar a perda do seu traballo cando non é ver-dade.

— Cres que é xusto que todos os contribuíntes teñamos quecarrexar coa carga económica que unha actuación irres-ponsable deste tipo implica?

O dereito a gozar do mobiliario,transportes e outros bens públicos

Le o texto sobre a actuación dun grupo de mozos en relación co mal uso dos servizos públicos.

27. Fai unha listaxe de todas as actuacións incorrectas des-te grupo de mozos e di cal debería ser unha actitudecorrecta.

O deber de pagar impostosTodos os españois cun traballo remunerado teñen a obri-ga de pagar impostos e de facer a declaración da rendaanual, na que declaran os bens persoais, as ganancias anuaisrecibidas e todos os impostos pagados nun ano. Coa de-claración págase proporcionalmente segundo as ganan-cias obtidas.

28. Formade seis grupos. Cada grupo debe escoller, en seis minutos, un destes temas: contaminación acústica, coidadodo mobiliario urbano, axuda á terceira idade, reciclaxe, aban-dono de animais domésticos, sucidade.

— Paréceche xusto a maneira como está pensada a decla-ración da renda, coa que se intenta compensar as desi-gualdades económicas? Xustifica a túa resposta.

— Que outras medidas idearías para que as persoas con menos ingresos non deban pagar os mesmos impostosca as que teñen ingresos elevados?

29. Elabora fichas similares ás anteriores sobre outros aspec-tos do Estado do benestar como: pensión de xubilación, subsidio por desemprego, atención en caso de catástrofenatural, residencias para a terceira idade...

O custo para o Estado dunha praza escolar é duns 4 500euros anuais. Se este custo se multiplica por 12 (osdoce anos nos que se cursa a Primaria, a ESO e o Ba-charelato), o custo elévase a 54 000 euros.

Tendo en conta que o custo total dos estudos universita-rios nas universidades públicas está pagado en gran par-te polo Estado (aínda que tamén unha pequena parte,o 15%, a paga o propio alumno), o custo final para o Es-tado na etapa universitaria é duns 45 000 euros máis.O que suma un total duns 99 000 euros.

Todos temos dereito á asistencia médica gratuíta: mé-dico de cabeceira, especialistas, hospitalización, cirur-xía se fose precisa... A Seguridade Social cobre nonsó casos de enfermidade, senón tamén períodos de in-capacidade temporal ou permanente, xubilación, car-gas familiares para persoas dependentes, perda dotraballo...

A semana pasada fomos á discoteca cuns amigos. Quedamos un grupo de compañeiros na parada do autobús e cando chegou montamos rapidamente á cazados asentos libres, sen observar as persoas do nosoarredor. Ao baixarmos na nosa parada e de camiño á dis-coteca, entramos nun parque e alí pasámolo en grande:cruzamos por enriba do céspede cos nosos monopatíns,collemos unhas cantas pólas das árbores para simularunha loita entre nós e, ao chegarmos á área infantil, mon-tamos nas randeeiras e nos escorregadoiros e asusta-mos os máis pequenos. Por fin, chegamos á porta dadiscoteca e, como había moita cola, un de nós decidiu coarnos a todos.

ACTIVIDADES

REFLEXIONA: Dereitos e deberes no Estado do benestar

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 29/9/11 12:19 Página 67

Page 14: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

UNIDADE 468

EDUCACIÓN EMOCIONALA empatía

Empatía significa a capacida-de de poñerse no lugar dooutro, aínda sen estar nece-sariamente de acordo cosseus actos ou coas súas ac-

tuacións. Se, por exem-plo, teño un amigo tris-te e afundido por unfracaso que ben hou-bo de se poder evitar,

serei empático con el se estou ao seu carón e o acom-paño na súa angustia e tristeza. Neste momento non o cri-ticarei, a pesar de non estar de acordo coas operacións queo levaron ao fracaso. Simplemente intentarei facer meusos seus sentimentos. Iso axudaralle a superarse.

A empatía necesita dúas condicións: ser consciente dospropios sentimentos e ser quen de abrirse aos de-mais, de superar a tendencia ao egocentrismo. É, xa quelogo, un claro signo de madureza emocional.

Para chegares a comprender a situación da protagonistada historia, contesta as preguntas. A. Identifica os feitos: Que lazo de parentesco une as pro-

tagonistas? A ollos de Mariña, cal delas parece ter máissorte? E quen parece ser a menos desafortunada? Que éo que a fai sentir desgraciada?

B. «Ponte na pel» da protagonista: Que razón leva a Mariñaa quedar sen vacacións de verán? Como se sente per-soalmente ante esta situación?

C. Comprende a situación: Cres que ten razón Mariña? Ma-lia a tristura que a protagonista sente por quedar sen vacacións e de que quizais o merece por non estudar,que lle dirías para axudala a superar a situación?

Imaxina que ti presenciaches a actuación de Rosario,pero coñeces a súa situación: seu pai encóntrase no paro eela non pode pedirlle diñeiro para ir a próxima semanaao teatro canda o resto da clase. A. Identifica os feitos: Que ocorreu? Quen é o culpable? Foi

un acto voluntario?...B. «Ponte na pel» do protagonista: Que situación económi-

ca viven na súa casa? Como se debe sentir Rosario? Porque razón roubou o portamoedas? Farías ti o mesmono seu caso?...

C. Comprende e actúa: Cal das seguintes actuacións deno-ta unha maior capacidade de empatía? a) É unha la-droa e ten que pagar polos feitos; b) Dígolle que a vinroubando e que se non o devolve, terei que denuncia-la; c) Interésome por cal é a súa situación persoal, ofré-zolle axuda e recoméndolle que o devolva.

2

1 O mar. Vaia ironía. Sabía que existía polos mapas de xeo-grafía e pola súa irmá Ánxela, que día si e día tamén seremollaba nas azuis augas mediterráneas e lucía un bron-ceado de medo. O mesmo bronceado que pasearía duran-te o mes de agosto polas ruidosas rúas de Dublín encompañía do mozo máis guapo do mundo, o seu amor se-cretísimo, mentres ela permanecería encerrada na aca-demia de repaso.

Por que uns tiñan tanto e outros tan pouco?

A vida era inxusta.

Ese verán Mariña non cheirara o mar. Quedou co nome, abroma e as ganas, por suspender, e permanecía prisionei-ra en Sant Feliu de Llobregat, unha cidade próxima a Bar-celona, aínda que sen turistas, sen veraneantes e senvida.

Traducido de M. Carranza, Magia de una noche de verano. Edebé, 2009.

A

Rosario atopou un portamoedas no corredor da esco-la e decidiu quedar con el, sen dicirllo a ninguén. Aogardalo, pareceulle que un grupo de dúas rapazasou tres que estaban preto dela a viran, aínda que nonestá segura diso. Con todo, non cambia de opinión eleva o moedeiro para a casa. Ao día seguinte resultaque o neno que perdera o portamoedas é da súa cla-se e pensa que a poderían descubrir.

B

Ser empático para comprender situacións alleas

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 19/9/11 12:25 Página 68

Page 15: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

69Son demócrata

SÍNTESE• Nun Estado democrático a cidadanía ten o poder e participa

na política.

• Os fundamentos da democracia son a Constitución, a divisiónde poderes e a soberanía nacional.

• Nunha monarquía parlamentaria o monarca ou rei exerce a fun-ción de xefe do Estado baixo o control do poder lexislativo (Par-lamento) e do poder executivo (Goberno).

• Os partidos políticos son agrupacións de cidadáns que com-parten unha ideoloxía común e que participan nas elecciónspara acceder aos órganos representativos da participación po-lítica.

• Galicia está rexida por un Estatuto de Autonomía, aprobado enreferendo en 1980 e polas Cortes Xerais en 1981, no marco dunha España plurinacional.

• Europa é un pequeno continente dividido en numerosos Es-tados. A Unión Europea (UE) traballa para obter paz, seguri-dade, solidariedade económica e social, e promover un mo-delo de cidadán europeo libre.

• Os servizos públicos son certas prestacións que proporcio-nan os gobernos dos países desenvolvidos para satisfacer asnecesidades da colectividade.

• A empatía é a capacidade de poñerse no lugar do outro, aín-da sen estar necesariamente de acordo con el.

RECURSOS

DEREITOS HUMANOS

Investiga como funciona a Unión Europea, cal é a súa historia, quepapel desempeña a UE no mundo, que futuro depara a Europa,cales son os símbolos europeos...En grupos de tres, elaborade un documento escrito sobre algúndos puntos anteriormente mencionados e despois expoñédelloao resto da clase.

FILMOGRAFÍA

Comedia satírica sobre a corrupción política no México dos anoscincuenta do século xx.

Que visión dá a película sobre o efecto do poder nos políticos?

Como valorarías a reacción dos habitantes da aldea coa corrup-ción exercida polo alcalde?

Cres que a intención da película é denunciar o ocorrido en Méxi-co a mediados dos anos cincuenta do século xx, ou ben é unha crí-tica xeral de todos os abusos de poder exercidos en moitas demo-cracias?

Narra unha historia ao redor das primeiras eleccións lexislativastras a ditadura de Franco. Mostra o enfrontamento entre a vellamentalidade campesiña e a progresista mentalidade política.

Quen representa a cada unha destas dúas mentalidades?

Que mensaxe pretende dar a película?

LECTURA

Este libro reflicte os horrores da Guerra civil española. Narra a his-toria de amor dunha rapaza, filla dun home próximo aos falanxis-tas, e dun médico republicano. O pai oponse a esta relación e can-do comeza a Guerra civil, o mozo é detido e levado á cadea polas súas ideas republicanas. En prisión, os falanxistas fusilan pre-sos clandestinamente.

Que visión podes obter sobre as consecuencias dunha guerracivil?

TÍTULO: La ley de HerodesDIRECTOR: Luis EstradaDATOS: México (1999)

TÍTULO: El disputado voto del Sr. CayoDIRECTOR: A. Giménez RicoDATOS: España (1986)

TÍTULO: O lapis do carpinteiroAUTOR: Manuel RivasEDITORIAL: Ed. Xerais

Podedes consultar estas páxinas web:• http://europa.eu/index_es.htm

• http://europa.eu/about-eu/basic-information/index_es.htm

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 19/9/11 12:25 Página 69

Page 16: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

ACTI

VID

AD

ES

UNIDADE 470

1. Cal é a túa actitude cando traballas cos teus compañeiros e compañeiras? Para axudarte a reflexionar sobre iso, podes guiarte poloseguinte cuestionario: anota unha puntuación do 1 (pouco) ao 5 (moito) para cada unha destas actitudes.

— Que actitude valoraches máis? Cres que esa actitude axuda ao grupo? Por que?

— Que actitudes cres que son máis positivas para un bo funcionamento do grupo?

2. Le o artigo 147 da Constitución e contesta as preguntas.

— Especifica no teu caderno cal dos seguintes elemen-tos están contemplados no Estatuto de Autonomíade Galicia.

a) Os acontecementos históricos máis destaca-dos da nosa comunidade.

b) O territorio que abrangue a nosa comunidade.c) O número de cargos políticos que deben enca-

bezar as institucións autónomas propias.d) As competencias que debe asumir a nosa comu-

nidade.

3. Le o artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia e responde as preguntas.

— Especifica cal é a lingua propia de Galicia.

• Coñeces algunha situación na que alguén fosediscriminado por usar o galego nun determina-do ámbito ou o castelán noutro distinto?

4. Di cales dos seguintes elementos son servizos públicos e cales, non.

— Cal debe ser a actitude correcta dos cidadáns cara aos servizos públicos?

5. En grupos de dous, redactade unha carta dirixida ao Valedor do Pobo por un fallo nun servizo público mal prestado: unha negli-xencia médica, un importante atraso nun transporte público sen motivo xustificado etc.

— Elaborade unha listaxe das posibles consecuencias do mal servizo prestado. Despois, redactade a carta.

O presidente da comunidade de veciños decide pintar a escaleira sen consultar.

Nun traballo en grupo, alguén esixe que se fagan as cousas á súa maneira.

Ter en conta a todos os individuos, sen distinción de raza, sexo, relixión nin nivel intelectual.

Escoller o delegado de clase por medio dunha votación.

Non votar nas eleccións, demostrando falta de interese nos partidos políticos existentes.

Dispoñer dos servizos públicos mínimos necesarios sen abusar deles.

Voto restrinxido a homes ou a clases sociais adiñeiradas.

@

Os Estatutos de Autonomía deberán conter:

a) A denominación da comunidade que mellor corresponda á súaidentidade histórica.

b) A delimitación do seu territorio.

c) A denominación, a organización e a sede das institucións autó-nomas propias.

d) As competencias asumidas dentro do marco establecido na Cons-titución e as bases para o traspaso dos servizos correspondentesa estas.

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. O idioma galego e o castelán son oficiais de Galicia e todos teñeno dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dosdous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os pla-nos da vida pública, cultural e informativa, e disporán dos me-dios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia.

parque urbano – autocar escolar – restaurante – metro – escola – parque de atraccións

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 19/9/11 12:25 Página 70

Page 17: 56-71 UD4 LA Cidadania 2ESO GAL.qxp:. - Edebe

AVALIACIÓN

71Son demócrata

Completa as definicións.— Nos Estados democráticos a cidadanía ...................

— A Constitución é a lei fundamental dun Estado demo-crático e garante ...................

— Todo Estado democrático se divide en tres poderes in-dependentes: ...................

— Os partidos políticos son ...................

— As eleccións ...................

— O sufraxio universal ...................

— Os Estatutos de Autonomía ...................

— A Unión Europea é ...................

— O Estado do benestar é ...................

Le o seguinte texto.

— As actuacións deste gobernante son as propias dunréxime político democrático ou ditatorial? Argu-menta a túa resposta.

— Cres que actuacións políticas como as descritas no tex-to son as desexables para chegar a gobernar un pobo?Por que? Menciona actitudes políticas que cres queserían máis efectivas para un bo goberno.

Contesta as preguntas sobre a organización política deGalicia.

— Cando e por que se aprobou o Estatuto de Galicia?

— Quen forma o Parlamento galego e que función tenesta institución?

— Quen dirixe o poder executivo en Galicia?

— Cal é o máximo órgano xudicial de Galicia? Cal é asúa función?

Explica cales son os obxectivos da Unión Europea (UE)e que tipo de cidadán pretende promover.— Enumera as institucións políticas da UE. Existe división

de poderes entre elas? Explícao.

— Que é un eurodeputado?

— Cita algúns exemplos sobre como nos afecta per-tencer á UE.

Marca no mapa os Estados europeos que forman parteda UE. Anota o nome de cada un.

Explica quen xestiona os impostos que os cidadáns de-bemos pagar para dispoñer de servizos públicos.

— Que nos proporcionan estes?

Le as seguintes accións sobre un mal uso dos servizos pú-blicos e corríxeas.

7

6

5

4

3

2

1

«Se non me apetece estudar para os exames fi-nais, non estudo. Prefiro repetir curso.»

«Non vou ao traballo durante cinco días e alego terunha enfermidade, aínda que sexa mentira.»

«Subo ao autobús e levo un repousacabezas para amiña casa. Á fin e ao cabo, pagámolo entre todos.»

Co obxectivo de manterse no poder, prohibiu ospartidos políticos –á marxe do partido goberna-mental– e exerceu unha dura represión.

Favoreceu os intereses de potencias estranxeiras,e apartou e castigou a todos os políticos do seupaís cunha ideoloxía contraria á súa.

Para iso, permitiu o emprego da tortura, o se-cuestro, os asasinatos políticos e o crecementoda corrupción co fin de vedar os disidentes ao ré-xime.

Sendo incapaz de deter o avance das forzas do exér-cito revolucionario dun país veciño, sumiu o paísnunha fráxil seguridade.

56-71_UD4_LA_Cidadania_2ESO_GAL.qxp:. 29/9/11 12:23 Página 71